Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

PROMETEMOS...MENTIMOS...

PROMETEMOS...MENTIMOS...

 Cando o PP prometeu crear 3.500.000 de postos de traballo, o mellor quixo dicir que crearía seis millóns de parados, cando o PP  promulgou a reforma laboral dixo que era pra crear emprego, a realidade era pra precariza-lo emprego. A redución de salarios; o que chaman a redución de costes, estrangula o consume e funde a economía. Unicamente se salva,  e de iso se trata, favorece ás empresas que producen pro exterior; cando o hospede se morra, chupado por estes explotadores, levantaran o vo e irá pra outro país. Os beneficios  dos empresarios, neste periodo medraron cinco puntos, mentres a renda do traballo desminuiron tres puntos. Vsto así algúns frotanse as mans, sen ser conscientes que viven nunha burbulla e que o despertar  vai ser duro. As perdas das superficies comerciais están baixando alarmantemente e son un aviso do que pode vir. Así que ollo, a alarma está aí, o mesmo que está aí o informe do Tribunal de Contas, segundo o cal Zapatero, en cotra do afirmado polo pp, en 2010 cumpriu con largueza a previsión de déficit. Construír un país con mentiras lévanos ó precipicio. A única e incuestionable verdade e que o PP conduce o país a un tenebroso futuro. Tanto así que filtrou un periódico estranxeiro que o goberno español proxecta vender unha cuarta parte do patrimonio.  Mentres tanto mantendo os escandalosos privilexios económicos da airexa.

EXTRAVAGANCIAS

EXTRAVAGANCIAS Durante os paseos e trotes que Rajoy daba o carón da súa residencia de vacacións en Ribadumia, púxose de manifesto as extravagancias circenses e a pompa que rodeaba os paseos e trotes simulados. sabido é que Rajoy non é partidario deses exercicios, nin lle importa a un país afogado por multitude de problemas, en parte causados polo susodito. Todo se montaba pra face-lo reportaxe de prensa. O m ais salientable era o circo montado ó rededor. Unha cuadrilla contratadapola Deputación de Pontevedra limpaba, e mesmo varría con vasoiras coma as da imaxe, (que é unha das empregadas), o carreiro de autos. O seu lado, simulaban correr un fato de grospanzas.

A CULPA SEMPRE É DOUTROS

  Parece noite, pero non é; o fume fai do día unha noite triste. As lapas achéganse ás casas e causan terror ós veciños. O corazón sufre cando vemos arde-los montes; pero hai desalmados que ven na queima dos montes un negocio, ou un xeito de alimento do caciquismo municipal. A Xunta laminou a política antelumes do bipartito. Suprimiu a obriga de limpar os montes e as fincas privadas, reduciuse temerariamente o cinturón de protección de núcleos habitados. Os alcaldes son os encargados de contratar brigadas, algunhas con catro membros. Pra ser contratado pra unha brigada municipal non se require ningún requisito. Chega a libre decisión do alcalde e un cursillo de seis horas; e alé aí, xa se creou un bombeiro forestal. A redución do perímetro de protección, ou deixar medrar sen control a masa da que se nutren os incendios, así como utilizar persoal sen formación e sen equipo pra combate-lo lume, solo ten un nome: política criminal. Se isto xa é dabondo; a contratación pra formar parte dunha brigada pódese subcontratar; así engadimos a falta de formación a precariedade. Non houbo  detidos, nin perfil do incendiario, semella que hai que gozan de impunidade e campan as súas anchas

A CULPA SEMPRE É DOUTROS

A CULPA SEMPRE  É DOUTROS

A AMEAZA

OS CACHORROS

OS CACHORROS

O abrumador dominio dasInstitucións por parte do PP, destapa  aviolencia e malos modos dos cachorros peperos, envalentonados pola impunidade eborrachos de poder. Dende encuadernar constitucións con bandeiras nazis, facero saúdo nazi en grupo, rirse dun pobre preferetista e insultalo. A pregoeirapepera das festas do albariño, que insultou ás xentes de Cambados, pra logochamar por teléfono ó Presidente das Xuventudes Socialistas e ameazalo. Todoisto é un síntoma da intolerancia e odio enfermo dunha xente que se coloca conestas condutas antisociais. Os poderes públicos n on intentan reconducir estasconductas, pola contra jaleanas e amparanas. 

DIA DA PATRIA GALEGA

DIA DA PATRIA GALEGA

 

Pasaron moitos anos dende a data que hoxe se conmemora, o ignominioso asasinato de Alexandre Bóveda, pero aínda hai moitas familias que descoñecen o lugar onde repousa os restos dos asasinados polos franquistas. A Lei da Memoria histórica intentaba ser un instrumento de axuda pra ata-los restos do asasinados, darlles unha sepultura decente e pechar unha páxina da nosa tráxica historia. Pero a ministra do PP, filla do organizador dos últimos fusilamentos do franquismo, firmou  o decreto de eliminación do orzamento memoria histórica. O Goberno de Mariano Rajoy a través da súa ministra da Presidencia, Soraya Saenz de Santamaría, eliminou a partida do presuposto destinada á memoria histórica do proxecto de Presupostos Xerais do Estado (PGE) presentado  no Congreso. Nas contas públicas do ano pasado esa dotación xa se reducira case un 60%. O pasado 27 de setembro. Coma se fora unha conmemoración, xa ese mesmo día, do ano 1975, foron fusilados, tras un Consello de Guerra, cinco militantes antifascistas. Tres eran da Fronte Revolucionario Antifascista e Patriota (FRAP): José Humberto Baena Alonso, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz, ningún superaba os 30 anos de idade. Os outros dous eran membros de ETA: Juan Paredes Manot "Txiki" (non era vasco de orixe, nacera en Extremadura), de 21 anos, e Anxo Otaegui, de 33. José Antonio Sáenz de Santamaría foi o xeneral da garda civil, que dirixiu os preparativos das execucións. Unha vez finalizado o seu "traballo" marchou á súa casa e alí faríalle cariñitos

SERIA MELLOR

Non o  dubido, houbera sido mellor outra ditadura, ó menos así gañaríamos en dignidade.   Á morte de Franco vendéronnos unha transición que dicían modélica, en realidade tratouse de vendernos unha democracia, tutelada polas Institucións do vello réxime; así todo seguía igual, cunha aparencia de cambio, mediante un verniz que ocultaba toda a podredume. Tragáronse moitos sapos, pero nade sospeitaba que os sapos mais gordos verían das filas dos que debía de ser exemplo e guía. Costa asimila-lo contubernio de líderes socialistas e sindicais, comendo mansamente nas mans do capital, participando en consellos de administración de empresas voitres; iso si, cuns soldos astronómicos. Vemos, dese xeito, que a política está lonxe de un servizo público que beneficie ós semellantes; o beneficio é pra quenes participan na farsa. Expresidentes e ministros socialistas pasan, o cesar, a sentarse en  consellos de administración, cunhas escandalosas retribucións, que non dubido as merecen polos servizos prestados e que han  de prestar; sindicalistas que foron cómplices dende os consellos de  administración de espolios como os das caixas, ou Pescanova.  Nada cabía esperar dos herdeiros do réxime, a corrupción pra eles é xa algo xenético, pero dos demócratas de novo cuño era de agardar algo mais. O noxo á política, debe focalizarse nesa forma de facer política, a rexeneración democrática, non solo é posible, se non que é necesaria

La Comisión Europea mantiene una política de silencio sobre el salario exacto de los comisarios, a pesar de que se trata de un cargo de responsabilidad política financiado por los ciudadanos. Pese a las reiteradas preguntas de los medios de comunicación, el portavoz comunitario de Relaciones Institucionales y Administración, Antony Gravili, ha vuelto a negarse en la conferencia de prensa diaria en Bruselas a facilitar el salario neto de cualquier comisario o de cualquier categoría de funcionario europeo. Esta vez lo que más ha sorprendido ha sido el argumento utilizado: "por dignidad humana".

Durao Barroso ofrece un discurso en Viena, el 31 de enero. GEORG HOCHMUTH | EFE

El Ejecutivo comunitario solo facilita unos datos generales sobre los salarios básicos de los comisarios a fecha de 1 de julio del 2010, sin incluir las sucesivas actualizaciones que se han producido en los últimos años, más los complementos salariales previstos, también sin actualizar. Pero no indica cuáles son los porcentajes precisos de impuestos que se aplican a esos comisarios. La misma regla se aplica para los altos funcionarios o los eurofuncionarios: unas tablas complejas, difíciles de manejar, y sin detalles precisos.

El salario bruto del presidente de la Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, a partir de los datos facilitados por la propia institución, asciende como mínimo a más de 30.500 euros mensuales, sin incluir las actualizaciones, ni complementos por hijos. En el caso de un vicepresidente del Ejecutivo comunitario, el salario bruto supera los 27.300 euros mensuales, y en el caso de los comisarios, más de 24.374 euros mensuales.

La Comisión Europea, sin facilitar datos precisos, ha afirmado que "no son exactas" las informaciones publicadas en la prensa alemana y holandesa, en las que se afirma que hay 3.000 funcionarios comunitarios que ganan más que el primer ministro holandés, Mark Rutte, y unos 4.365 que tienen un salario más elevado que el de la cancillera alemana, Angela Merkel.

DE TRACA

Despois pídennos a nos  austeridade. A empresa pública Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA) anulou a licitación dun Audi Q3 "tapizado en coiro e con teito de seda", que saíu a concurso o pasado 1 de abril, para a súa posta a disposición da directora financeira, Beatriz Puente Ferreras, e que tiña un importe bruto límite de 70.422 euros en cinco anos.  A Director do FMI cobra 375.000 euros anuais, libres de impostos. Os membros do goberno da Unión Europea ocultan o que cobran suponse que mais de 250.000 euros anuais. Teñen, esta xente, o morro de pedir a redución de salarios ós traballadores.

A EVOLUCIÓN

 

España vai camiño de converterse nun estado falido. O nivel de corrupción é insuperable; non ten credibilidade internacional. PP e PSOE, aínda que aparentan enfrontarse, apóianse mutuamente como dous borrachos. Dende 1975 o PSOE sufriu unha metamorfoses, na que foi perdendo a súa ideoloxía orixinal; hoxe non hai unha deferencia sustancial, solo aparente, entre PSOE e PP. Os dous están inmersos nun estado de descomposición e perda de valores éticos, e solo sobreviven para medrar no medio dunha pestilente corrupción. O PP é o que foi no seu nacemento, unha empresa de privilexios, enraizada no mais rancio franquismo.

UNHA CAIDA

UNHA CAIDA

 

  O afundimento de Pescanova é, ademais de un estandarte caído, a mostra do camiño seguido por outras moitas empresas españolas m al xestionadas. Fálase do facer ególatra e caprichoso do que foi presidente da compañía, que actuaba impulsado por caprichos persoais, deixado á marxe criterios de bo xestor, pero tamén hai que falar dos conselleiros, ben pagados pero que non pegaban vola, despreocupados da marcha da empresa; dos representantes do Comité de Empresa na dirección, moi ben pagados, que gardaron silencio e miraron pra outro lado, que foron cómplices da mala xestión.  Non se sabe onde foron a parar eses mais de tres mil millóns de euros, porque non todos foron pra  tapar malas xestións. Algúns irían a Suíza. Os responsables, ademais, despois  do espolio, conservan intacta a súa participación accionaría, as perdas iran a cargo do contribuínte. Hai que socializar as perdas; pero sobretodo hai que roubar ó ó grande, pra non ter responsabilidade penal, nin patrimonial. A isto que diría a Srª lagarta. O FMI  está pra defender o gran capital, los grandes estafadores, nunca ó traballador. Eles teñen  que baixarse  salario pra salvar a desfeita, o contribuínte poñerá o resto