Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

A SANTA ALIANZA

 

   Hai unha santa alianza entre a virxe do Rocío, a lagarta e a Ministra do paro. A forza dos argumentos da una razón de ser a esta triple alianza. Bañez, Ministra do paro, asómbranos con ese contundente argumento de que se salvaron 225000 empregos, grazas a súa reforma laboral e, por suposto á intervención da Virxe do Rocío. A reforma laboral acelerou a destrución de emprego, precarizou o traballo e, xunto coas maxistrais medidas fiscais, reduciu o consumo interno. A proposición da lagarta de reduci-los salarios nun 10% está na liña da política laboral do goberno, e aínda que podería mellora-las exportacións, restrinxiría, aínda mais, o consumo interno. Pero de prexudica-las exportacións xa se encargou o Ministro de Industria, convertendo a electricidade na mais cara de Europa

 

 

TIÑAO DENUNCIADO

TIÑAO DENUNCIADO

 

Canto mais escoito sobre o accidente do tren mais confuso me sinto. Non se lle pode sacar ningunha responsabilidade ó maquinista. Despois de escoitar o intento de explicacións da Ministra e dos dirixentes de ADIF e RENFE, quedoume claro que non aclararon nada; a aportación apabullante de datos, que pouco viñan ó asunto, parecía un intento canallesco de confundir. O que me quedou claro é  que hai corresponsables, sobre os que sobrevoa a inculpación real do drama galego están escorrendo o vulto e mentindo. Hai un detalle significativo que acaba de saír á luz e que desmantela toda esta porcallada criminal y que desmantela toda esta porquería criminal e que desmantela toda esta porcallada. Parece que o maquinista, inmediatamente ó accidente dicía: frases como: "Isto xa o teño eu denunciado. Non se pode circular por esta vía a esta velocidade sen un protocolo", "se pillo ao de seguridade, mátoo", "non quero ver isto", "canta xente morta.”. si unha sinxela baliza houbera evitado o accidente si deliberadamente se aforraron en medidas de seguridade, a cadea é pouco, a guillotina é necesaria; fan falta 79 mortos pra revisar fallos de seguridade.

DESPREZO DAS ENQUISAS

DESPREZO DAS ENQUISAS

 

 

  Unha enquisa  que fixo pública a SER e que é sucesivamente confirmada, os dous grandes partidos perden votantes, en favor de EU e UP y D. Cospedal, como gra analista política. Quítalle importancia ó feito. E reafirma a supremacía dos dous grandes partidos. Xa a xente deixou de cre las mentiras dos líderes do PSOE e do PP, solo os adictos a unha propaganda alienante seguen fieis a estes partidos; o resto da cidadanía inclínase por uns dubidosas alternativas, ou se refuxia na pouco construtiva abstención                     

A CULPA É DOS PAIS

A CULPA É DOS PAIS

 

Pois si, vai resultar que o deputado do PP ten razón. A culpa da desnutrición infantil é dos pais por haber votado a esa xentuza; si non houberan votado a esa xentuza España podía ser un pais mais normal. A xustiza, con tódalas súas eivas, o mellor perseguía  ós delicuentes;  e xente como os de Gurtël, Nos, ou o alcalde de Baralla estaban na cadea. O impresentable Deputado do PP non houbera dito esa burrada, porque a filla do mafioso xa estaría na rúa, o alcalde de Baralla, e outros da extrema dereita, como el, na cadea. Pero un pais onde a extrema dereita goberna, estes comportamentos son normais. Que mais querería un pai que dar de comer ós seus fillos, pero esta xentuza deixounos no paro e quitoulles as axudas sociais.

ALGO SABIDO

ALGO SABIDO

 

O extesoureiro do PP, Luis Bärcenas "O Cabrón" entrega ó Xuíz Ruz información na que afirma que Pescanova era o maior doador de diñeiro de forma presuntamente ilegal para campañas políticas do PPdeG, que á súa vez, unha vez no goberno da Xunta de Galicia regala o diñeiro público en forma de subvencións a fondo perdido a mans cheas.... A Plataforma en defensa do Sectos Marítimo Pesquero de Galicia insta ós partidos políticos da oposición en Galicia a que pidan de inmediato a dimisión do Goberno de Feijóo e a apertura urxente dunha Comisión de Investigación baixo os acontecementos coñecidos de presunta corrupción para acceder ó goberno de Galicia. As carpetas de Luis Bárcenas están a poñer as verdadeiras xestións do Partido popular de Galicia ó descuberto no que se está facendo co diñeiro que non lles pertence e que é de todos os galegos. O mesmo pasou coa VOZ, que xa leva sete millóns e medo de euros de subvencións, dende  que goberna Feijoo. Cousa común a tódalas empresas doadoras do PP. Os cartos que dan en doazóns sonlles reembolsados con creces, en forma    de subvencións, contratos,   etc.  

NA LONGA NOITE DE PEDRA

NA LONGA NOITE DE PEDRA

 

O alcalde do PP de Baralla, Lugo, dixo que os fusilados por Franco merecíano. É inaudito que a estas alturas aínda haxa energúmenos de este calibre, que digan estas  burradas, e que o partido, o que representa, o PP, non diga nada, proba que Feijoo e a súa panda son igual.  A este sinvergonza, fanático, debíano quitar da rúa, merece o mesmo ríspeto que el amosa polos demais. Alguén debía de instar á Fiscalía a que o encausara por apooxía da violencia. En Alemania iría preso por dicir esas burradas; pero en España non houbo transición á democracia , e así nos vai.

 

 

MAIS ALÓ

 

Mais aló das fronteiras, a comparecencia de Rajoy no Parlamento tivo eco. Mais que a comparecencia de Rajoy, o motivo da comparecencia, a corrupción, ocupou un lugar importante das noticias. España é un dos países mais corruptos do mundo, e semella que dentro do país témolo por algo cunha importancia relativa. Mentres n o estranxeiro asombra, e é motivo de noticia destacada, como acontece en: “En España todo el mundo sabe que no se trata de un caso puntual de corrupción, ya se llame Bárcenas o como sea. Hay un problema estructural”.
Die Welt publica un texto de Annette Prosinger titulado “Nepotismo español”. “España -dice- sufre tanto bajo su crisis económica como bajo sus políticos. Y el presidente del gobierno, Mariano Rajoy, con su comparecencia sobre las acusaciones de corrupción, no ha cambiado nada. Desde el estallido de la burbuja inmobiliaria, España, en su día floreciente, está viviendo una caída vertiginosa: quiebras de bancos, desempleo masivo, recortes drásticos en Sanidad . Entretanto está claro que todo esto, que al parecer era sistemático, no es digno de una democracia. Y España hace tiempo que está sumergida en un amplio debate sobre la debilidad de las instituciones políticos. Pero los más afectados no parecen querer participar. El jefe del gobierno Rajoy, que se tomó medio año para hablar sobre las acusaciones de corrupción, se ha presentado ahora como víctima de calumnias. Pero en España todo el mundo sabe que no se trata de un caso puntual de corrupción, ya se llame Bárcenas o como sea. Hay un problema estructural. España no solamente tiene que poner en orden en sus finanzas, sino también renovar su cultura política. Si no, seguirá siendo un problema. Para sí misma y para Europa.”

MISERABLE

MISERABLE

   A comparecencia de Rueda no Parlamento do Hórreo pra falar do accidente do tren, mais que un relato dos feitos, foi unha loubanza do ben que o fixo a Xunta, foi a comparecencia dun miserable que non admitiu os graves fallos de coordinación e asistencia, utilizando a traxedia pra esconde-las carencias. Ademais de que non contestou a ningunha pregunta, adiantou a intervención, sen coñece-las causas do sinistro. Pero non era a verdade o que lle interesaba, o seu intres era solo espallar un pouco de incienso sobre un podrido    goberno.

 Non explicou por qué o camión de comunicacións tardou as horas en chegar  lugar do sinistro.

 Non explicou por qué no interviren os helicópteros, con un lugar amplo e seguro pra aterrar.

 Non explicou quén tiña que dar a alerta dous

 Non explicou por qué algúns feridos foron derivados a centros privados, cando ó lado había un hospital público que non utilizaron.

  Non explicou por qué os veciños de Angrois, durante moto tempo, foron os únicos e auxilialas vítimas.

 Non explicou que os veciños de Angrois suministraron mantas, auga, luz e palés pra traslada-los feridos e os cadáveres, etc ;en lugar da Xunta

  No explicou por que servizos esencias de hospitais públicos estaban pechados, dándolles literalmente coa porta nos fociños ós profesionais que se presentaron voluntariamente a traballar.

  Non explicou o caos no auxilio, solo superado por unha entrega total do persoal.

  Seguro que pensaba mais na festa do albariño, que na traxedia do accidente. Se non no se atopa explicación.

  É obsceno facer política partidista e rastrera ca dor, cos mortos, cos feridos. ¿Non terán un pouco de ética, ou descoñecerán o qué é?.

QUÉ QUEDOU

 

 Quedou a sensación de bochorno, de ridícula opereta, na que se interpretaron os papeis predeterminados, xa sabidos. Cada partido estaba mais pendente de satisfacer a súa clientela que de chegar ó fondo do asunto; especialmente Rajoy que, poñendo cara de inocente, parecía que a cousa non ía con el. Non sabemos, ou si o sabemos, porque Rajoy defendeu a Bárcenas, o Presidente, o defender a Bárcenas ten un problema i é que a medida que o corrupto fale, vai  quedar co cu ó aire, aínda que pra un presidente que está afeito a face-lo parvo, dálle o mesmo. O problema é que detrás ten mais corruptos que lle están animando a que aguante, que tire polo medio pra diante, que si dimite déixaos en pelotas. Por iso, malia que a oposición llo pediu, non pode dimitir. Será o monigote pra tapalos. O país a ningún deles lle importa.

 

POLAS ORELLAS

   Rajoy vai ó Congreso arrastrado pola oposición polas orellas, segundo o PP a petición propia,. durante mais de seis meses estivo agochado; solo agora, que o ameazaron cunha moción de censura, acude ó Parlamento, pero en agosto, cando a xente está de vacacións. Quería ir de noite, as agachadas, pero terá que ir á luz do día. O mais gracioso é que oss peperros o celebran como un éxito esta comparecencia. Terá que falar do que interesa, non da súa verdade, que solo interesaría ós peperros. Sería bo que tamén falara do contubernio que o PP e PSOE mantiveron coa financiación e que, ambos n os levaron á ruína. Cospedal, mentindo como é normal nela, di que Rajoy acude por vontade propia, non vai presionado por nade. E crémola.  Mariano Rajoy non debe dimitir. Debe ser ingresado inmediatamente en prisión como cabeza visible da mafia peperra, sacarlle toda a información posible que leve a próximos arrestos de dirixentes Peperos. O obxectivo debe ser desarticular a toda a mafia criminal, non facer caer un ou dous destes mafiosos. porque nese caso todo seguirá igual. Isto, ademais de ser ilusorio, xa o PP se encargou de dominar tódalas institucións do estado, incluída a xustiza.

 

ASI OCORRE

   Axente ten un concepto dos políticos que se reflicte na seguinte historia:Viaxaba nun autobús unha comisión especial de Deputados de tódolos partidos, para analizar os problemas agrarios. Nunha das tantas curvas o condutor do autobús perdeu o control e chocaron contra algunhas rochas. Despois dalgunhas horas chegan ao lugar dos feitos, ambulancias, Garda Civil e o Exército para tratar de dar auxilio aos lesionados, pero non había ningunha persoa entre os restos do autobús. Empezaron as investigacións e a Garda Civil decatouse de que preto do accidente había unha casa onde foron a preguntar. Saíu un campesiño da casa a recibilos, e pregúntanlle:
¡ Oia, vostede!!! Viu os políticos que se accidentaron?- ¡ Si, si os vin!! ¡ Xa lles dei cristiá sepultura!! - ¡ Non me diga que todos estaban mortos!! - ¡ Bo... algúns dicían que non, pero xa sabe vostede como menten eses cabróns!!

MENTEN E MENTEN

MENTEN E MENTEN

Menten, ata cando din a verdade. Segundo a EPA houbo creación de emprego, salvo na Rioxa e Santander; así como na aldea gala de Feijoo, onde subiu o paro. Aínda así a subida do emprego é enganosa; pois non sube a afiliación a SS. O que en realidade hai é unha baixa da poboación activa; en parte polo retorno de emigrantes, xente que desanimada deixou de buscar emprego e a  emigración en busca de emprego. Os poucos que conseguiron traballo, atopárono en réxime de semiexcravitude. Levamos mais de cinco anos cos brotes verdes, coa luz ó final do túnel, e iso parece que solo o ven os mortos

UN PAPA PERIGOSO

 

 A dereitísima, política española, que é case como dicir a idea de Rouco, ve O Papa, coas súas ideas sociais, que quere unha Igrexa máis sensible e próxima ós pobres, un perigo, así o manifesto Vidal Quadras, segundo EL PLURAL. Isto non só molesta á oligarquía eclesiástica que gusta de luxos e poder, tamén a algunha   parte da dereita, o que ven como unha ameaza. É o caso do eurodeputado do PP Alejo Vidal-Quadras, que lle recrimina o seu afán de humildade e lle advirte de que cos seus actos pode dar ás á Teoloxía da Liberación. Di en Intereconomía, A Igrexa como institución ha de procurar que os seus activos inmobiliarios, artísticos e financeiros crezan continuamente, xa que só así poderá alcanzar os seus benéficos fins". O Papa nunha homilía, fundamentalmente social na que remarcou que "Xesús se une ás familias que se encontran en dificultade, que choran a perda dos seus fillos ou que sofren o velos vítimas de paraísos artificiais como a droga. Xesús únese a todas as persoas que sofren fame nun mundo que cada día tira toneladas de alimentos. Xesús únese a quen é perseguido pola súa relixión, polas súas ideas, ou simplemente pola cor da súa pel; nela, Xesús únese a tantos mozos que perderon a súa confianza nas institucións políticas porque ven egoísmo e corrupción, ou que perderon a súa fe na Igrexa, e mesmo en Deus, pola incoherencia dos cristiáns e dos ministros do Evanxeo,".

VAI DE POBRE

 

 Bárcenas non quere os puros que se venden no economato da cadea; pro seu gusto son de baixa calidade. Manda un propio pra que lle leve habanos da rúa. Choca este feito co súa petición de que lle levanten o embargo das contas, xa que a súa muller non ten pra comer. Por si isto fora pouco, descóbrenlle varias contas mais; seguro que aínda atopan mais. Malia metelo na cadea, e incluso ameazalo con encadearlle a muller. Bárcenas está certo na cadea, pero entre algodóns e a todo luxo.

 

CANDO O PRIVADO É PRIVILEXIO

 

  Iberdrola adianta o pago de 316 millóns de euros en pago de impostos, co cal fai que as contas de recadación de Facenda cadren. A cambio aforra mais de 1500 millóns de euros en impostos. O goberno penaliza a xeración de enerxía pra autoconsumo, co cal tranquiliza ás electrizas, moi preocupadas coa perda de negocio e funde a industria de xeración de enerxías limpas por particulares. Privatiza o sol e o vento. Os altos cargos do PP nutren, como non podía ser de outro xeito, os consellos de administración das enerxéticas. Eses son os poderes e os privilexios desas compañías.  

A TRAXEDIA

A TRAXEDIA

 

Non se recorda unha véspera de Santiago tan tráxica. Galiza está de loito e a dor non cabe no peito. As traxedias sempre teñen un responsable; neste caso, a resulta das investigacións, parece que os responsables son os maquinistas, que en lugar de  ir a menos de oitenta kilómetros por hora ían a mais de 120.  Os controles de consumo de sustancias prohibidas a esta xente debía ser normal. Pilotos, capitáns de barcos, condutores de tremes, ou calquera responsable dun transporte colectivo, tiñan que ser sometidos, ó final do traxecto, a un  rigoroso control de consumo de estupefacientes, incluído, por suposto o alcohol. Son responsables de mais de setenta mortos, de lesións a mais de un cento de persoas, de danos materiais, etc. Perol á cadea solo van os pringados

PERDA DE CREDIBILIDADE

PERDA DE CREDIBILIDADE


Bosh , de  Xuíces pra Demoracia, afirmaba en declaracións a Europa Press que este tipo de informacións, a militancia pepera do Presidente do Constitucional, "o que fai é restar credibilidade, independencia e imparcialidade ao noso Alto Tribunal, o que provoca na sociedade española unha perda de confianza na xestión do Constitucional. Engadiu ademais que a posible vinculación entre Pérez de los Cobos e o PP "xera unha comprensible desconfianza sobre a imparcialidade" no funcionamento do Alto Tribunal. En consecuencia, opinou, o actual presidente non debería participar naqueles asuntos que teñan relación co partido do Goberno.  "Sería bo para a imparcialidade" do Constitucional que non continuara á fronte deste órgano unha persoa afiliada ao PP. "Coas informacións que se achegaron, parécenos suficiente como para que se detecte unha conexión moi importante co PP", engadiu. A posible afiliación de Pérez de los Cobos ao PP, é especialmente delicada cando hai que decidir causas "moi importantes que chegan ao tribunal nas cales está en xogo a adecuación á Constitución. Pola súa banda, o presidente do Foro Xudicial Independente, Anxo Dolado cualificou a situación de "demencial" e "inadmisible" e asegurou que no caso de que legalmente non estea obrigado a dimitir, el mesmo debería tomar a decisión de abandonar xa dende un punto de vista ético non é conveniente a súa continuidade á fronte da institución " porque "está contaminado de orixe". Recorda que o presidente ten un voto de calidade para dirimir as cuestións. "Se estivo afiliado é evidente que hoxe por ética e por imaxe do TC debe dimitir", declarou a Europa Press.

 

MANIPULADOR

MANIPULADOR

  No Pazo do Hórreo Feijoo, facendo uso dos mellores dotes de manipulador e mentireiro intenta pintar un país, que nada te que ver co real. Non merece a pena pra Feijoo falar do paro, da corrupción, da pobreza, do endebedamento, é cando o fai é pra minimizalo ou, incluso, pra facerse unha loubanza do ben que o está a facer. De nada serve o cabreo duns poucos; hai moito come merda, e solo a manipulación e a propaganda zafia triúnfa. Feijoo gasta tanto en propaganda como o orzamento que precisaría o CSIC pra sobrevir. Iso é o que mellor retrata ó goberno. A ignorancia é fundamental pra súa existencia, a ciencia non da votos, antes o contrario, uns cidadáns instruídos non son doados de manipular.

 

 

A  xustiza quitouse a venda dos ollos, xa non é cega, agora ve moi ben a quen xulga. Hai personaxes que están por enriba da xustiza, solo responden ante Deus. O mais sobranceiro é que as inxustizas da xustiza xa se cometen á luz do día, sen ningún disimulo. A prepotencia é tan grande que fan as meirandes falcatruadas sen a mais mínima preocupación en disimulalo. O xuíz Silva pagará moi caro ter encarcerado ao banqueiro Blesa... Porque neste país aos banqueiros non se lles toca, aínda que os seus atropelos sexan máis que evidentes para todos. E porque Blesa é, ademais, amigo do intocable Aznar e pedra no alicerce da financiación do PP. Todos somos cómplices do macabro funcionamento dunha xustiza endogámica, que sempre estivo do lado do poder. A xustiza é un instrumento dunha casta, aínda que algúns incautos pensen que é un servizo público, a disposición do ciudadano