Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

É O QUE SOMOS

É O QUE SOMOS

 

 

O PP representa a galiza paleta, caciquil, e postfranquista de sempre. Unha Galiza, que en parte, aínda vive na Idade Media. Gran parte dos galegos teñen nos xénes un atavismo histórico que os liga ós servos da gleba. O PP non é un partido democrático, segue a lexitimar os crimes franquistas e amparar actitudes fascistas; é unha suma de intereses das clases dominantes que moitos galegos acatan por esa condición de servos. O PP incentiva políticas que fagan de Galiza un pobo afundido na ignorancia,  na sumision e na pobreza pra facer o que lles da gana, hai que eliminalos reivindicar un modo digno de gobernar. Como dicía na concentración do día da Patria Galega, so nos queda soberanía ou exilio; non nos deixan outra opción.

¿ESMAGADOS, OU XUZGADOS?

¿ESMAGADOS, OU XUZGADOS?

 

 

A nade se lle ocorre xustificar  actos violentos, pero iso non pode evita-la crítica a actuación do sistema cando é merecente delo. A severidade das sentenzas son posibles, logo da reforma do CP que fixo Aznar, que permite calificar de Banda armada a grupos de alboratores;  con esas ferramentas e moito intres, ós supostamente pertencentes a Resistencia Galega, e digo supostos, porque en Dereito non se supón nada, todo debe ser demostrado, foron condenados,  nalgúns casos,  a 18 anos de cadea. A violencia, aínda que non sexa grave,  non debe ser xustificada; pero a xustiza que se precie ten que ser xusta i equitativa. Outros actos similares, noutras partes do Estado, son tratadas  con outro baremo. Iso é o que mais carraxe da. Do mesmo xeito, deixar campar e facer apoloxía da violencia a grupos fascistas, non é ter o mesmo baremo. Feijoo e os seus perderon a oportunidade de ser mais discretos cando arremeteron contra dos que clamaron  contra da sentenza. Estar en contra da sentenza non é apoiar a violencia, simplemente é salientar algo inxusto. O PP galego non condena o franquismo e defende e ampara ós que fan apoloxía da sanguinaria sublevación franquista. Actuemos con mesura e sentido.  

 

ROUBO ÓS PENSIONISTAS

ROUBO ÓS PENSIONISTAS

 

 

 O PP vai recorta-las pensións, dese xeito os pensionistas van perder cada ano poder adquisitivo. Non é que as conxelen, senón que as someteran a recortes anuais. O fondo das pensións, o aforro coñecido como a ucha das pensións, que tiña por obxecto cubri-lo posible déficit, apropiouse del o goberno. Unha vez mais baten sobre as costas dos mais febles, quitan diñeiro ós necesitados pra darllo ós bancos e a airexa. Estes do PP son mala xente, e demóstrano a cotío. Solo coa corrupción,. Cos cartos que esa mafia veu amasando xa se tiña, dabondo, cubrido os desaxustes orzamentarios nos que a súa incompetencia e mala fe os mete. Dende que chegaron ó goberno non fixeron mais que facer mais ricos ós ricos e mais pobres ós pobres, destruír probas dos seus delitos, recortar prestacións, destruír e precariza-lo emprego e subir impostos. A cara cuadrada e a dos ollos, saen nas portadas ríndose do diñeiro que sacarán ós pensionistas pra reparti-lo en sobres.

CON UN PAR DE MELÓNS

CON UN PAR DE MELÓNS

 

 

 O que foi Presidente de Pescanova foi un exemplo de todo o que se pode facer co patrimonio de outros, coas subvencións públicas e cos postos de traballo. Sospeitase que o furado elévase a mais de tres mil seiscentos millóns de euros; así cando se rouba ó grande chámaselle furado,  ou calquera cousa que faga mais honorable a desfeita. O diñeiro está a bo recaudo , supoño, porque por mala xestión que se faga non é posible facer tamaño furado. Cando pretendía facer unha transferencia a China, fai pensar que ha mais niños noutros lugares; os ovos non deben estar sempre xuntos.  É o exemplo de bo empresario, emprendedor de destinos ocultos, ó que a cada non alcalza a comprender, pese o que fixo. que non haxa medidas cautelares. Paréceme curiosa a estafa ós bancos, simulando unhas ventas superiores  nun 80% ás reais pra descontar os pagarés. Sen dúbida é un xenio. Por  algo é amigo de Feijoo

CONSELLOS DE CICERON

CONSELLOS DE CICERON

 

 

 

 Dez consellos que Cicerón lle daría a Rajoy, e que este debía aplicar no seu  goberno

1.A corrupción destrúe un país  

 2. A inmigración non  toda é mala. 

3. Nunca hai que empezar, e por tanto,  non apoiar, unha guerra inxusta.

4. A intelixencia non é mala

5. O gobernante debe ser íntegro

6. Non hai que subi-los impostos

7.A negociación é necesaria

8. Ter ós inimigos cerca

9.Debe haber un  equilibrio de poderes real

10. A leis deben ser publicadas con vocación de permanencia

Rajoy incúmpreos todos,  ten ese triste record

 

UN FANTOCHE

UN FANTOCHE

 

Carromero, cicais non sexa un perigoso delicuente, pero ten acreditada unha longa lista de faltas en materia de circulación. Oswaldo Payá morreu porque FAES enviou a Cuba a xente  co misión de  apoiar e financia-la  oposición e crear problemas ó goberno cubano. Todo o demais é manipulación mediática dunha prensa afín ó neo-liberalismo que predica Aznar, a cabeza pensante de FAES e a orixe de moitos males. O alto cometido de Carromero é evidente polos apoios da Familia FAES. Esperanza Aguirre mesmo chegou a calificalo de heroe. O terceiro ocupante do coche que sufriu o accidente, era un mozo sueco, o que un medio de comunicación quixo entrevistar pra que corroborara a versión de  Carromero, pero negouse a que o relacionaran con Carromero. Con estas campañas sucias, a figura d Paya queda definitivamente eclipsada. Ese foi o gran logro de FAES.

PAÍS DE FÚTBOL

PAÍS DE FÚTBOL

 

 

España é un país de fútbol, de banalidades, de pasar dos problemas, de vivir unha vida sumida na ignorancia, non se querer dar conta da súa miserable vida. Houbo unha multitude na presentación do extravagante fichaxe que fixo o Madrid, nembargantes é discreta a participación en protestas sociais. Unha magoa que non nos deran os xogos olímpicos. Ós españois, e os madrileños en particular non lles importa que lles recorten en educación, sanidade, ou dependencia. Non lles importa o mal goberno das Institucións. Os políticos o saben; por iso lle dan circo. O pan xa é outra cousa. Un fato de famentos, idiotizados e mais doados de anexar. Mesmo a policía está pensando en sustitui-los equipos de disolución de manifestacións por un balón de fútbol.

MOI DUBIDOSO

MOI DUBIDOSO

 

 

A adxudicación da xestión privada de varios hospitais madrileños vaise a facer sen ter en conta o que digan os tribunais de xustiza. Nunca a mafia se distinguiu por respetar un sistema legal, parece que isto é igual. As empresase adxudicatarias, na súa maioría americanas, e nas mans das que terminaran os hospitais nun prazo de tres anos, teñen graves problemas no seu país, pero iso no foi obvice, antes o contrario, foi un acelerante. Non sexa que se coñezan cousas que den escalofríos. Sen cortarse un pelo, as empresas adxudicatarias xa anuncia que atraeran turismo sanitario. Os ricos de EUU e Arabia poderán  disfrutar de hospitais construídos cos impostos dos españois e os beneficiario lucrarse; mentres os españois solo serán clientes con rango de beneficencia. O mais preocupante é que este sistema é o que quere implantar Feijoo, iso si, dándonos vaselina pra que non nos doa tanto.

A SÚA MANEIRA

A SÚA MANEIRA

 

 

 A Xunta de Galicia  vai acatar, que remedio, a sentenza que lle impide subvencionar ós centros de ensino que segregan ós alumnos. !    co ben que  tiñan montado o choio, dándolles unha subvención extra que lles compensara dese montaxe sexista!. O cumprimento da sentenza non é inmediato, como é de lei. A Xunta tómase un tempo cómodo de cinco anos pra cumprila. Inaudito. Hai un delito de desacato, pero semella que no lles afecta os da Xunta. É unha afrenta a xustiza, pero tamén a sociedade. Esa xente ten que ir a  cadea; a ver si dunha vez toman as cousas en serio.

UNHA INSOLACIÓN

UNHA INSOLACIÓN

 

 

 

 O Ministro Montoro declarou froito quizá dunha insolación, nunha escola de verano, por suposto do PP, que España era un exemplo mundial de desenrolo económico. Do único que pode presumir España é do nivel de corrupción.  Dante imaxinaba pros corruptos un lugar no inferno no que estaría asolagados en pez fervendo. O que non se imaxinou é a cantidade pez que sería preciso pra asolaga-los corruptos de España. É mais, ¿caberán no inferno?. Montoro é un personaxe instriónico, que imita a Cantinflas, pero dándolle un toque ó Groucho.  As clases nesa escola  de verán foron de alto nivel, tendo como obxectivo que os asistentes teñan unha conciencia crítica e unha tolerancia hacia os que non pensen o mesmo. O portavoz parlamentario da Comunidade de Madrid, Iñigo Enriquez de Luna, insistiulles en que era necesario combater   movemento do 15M, porque so un perigo pro sistema: evidentemente, son un perigo pro voso sistema de corrupción. Ti e os teus  sodes os inimigos do sistema, do sistema, da democracia, das liberdades, da educación e sanidade publica,

PARQUES NACIONAIS EN NEGOCIO

PARQUES NACIONAIS EN NEGOCIO

Os Parques nacionais tiñan como meta a conservación en estado natural de espazos declarados tales pra súa conservación ecolóxica. Pero o PP quere introducir paulatinamente, dun xeito gradual e silandeiro, pra atopar menos oposición,. a realización de actividades económicas, o que en definitiva se pretende é a privatización e outorgamento de concesións de explotación.  Como a esta xente non a voten do goberno, vanse facer os donos do país e arruinalo. A iles, aínda que se lles enche aboca con en dicilo, sendo un dos seus recorrentes discursos non queren a España como Estado, quérena como propiedade particular, un gran cortijo peperro, que repartirán entre os amiguetes e acólitos do partido. Logo aínda no lo intentarán vender como un gran logro, unha xestión lúcida.  

AS LAPAS DE FEIJOO

AS LAPAS DE FEIJOO

  ¿Cántas bagoas son necesarias pra apagar ós lumes dos criminais?, ¿cántas bagoas son necesarias pra que Feijoo se apee da burra e rectifique a súa política forestal?. A política pra combate-las lapas que segue Feijoo apártanse radicalmente da elaborada  polo bipartito, logo da experiencia do 2006. De entrada vetou a información sobre os lumes, a que agora se da é convintemente tratada. Non se fai a limpeza dos montes e dos predios dos particulares como política preventiva. Sempre falan de brigadas, nunca das persoas que participan nos operativos. En cada brigada participan poucos efectivos, algunhas con catro persoas, sen formación nin medios axeitados, pero amigos do alcalde. As brigadas, na súa maioría son municipais ou subcontratos privados. A falta de coordinación, profesionalidade e medios é asombrosa. A industria do lume, en Galiza, é poderosa e eficiente, inflúe no emprego e a cambio de que arda uns montes alivia, temporalmente, as listas do paro. Os meteorólogos anuncia a chegada de chuvias, con elo virán as mellores medidas que Feijoo ten contra as lapas. Xa non será necesaria mais enxeñería da desinformación, pero nunca oiremos falar do número de efectivos que participaron na campaña, nin do  abandono do monte, nin da desprotección dos núcleos de poboación. Feijoo eliminará os comuneiros, e co monte todo hermo poderá repoboar todo de piñeiros e eucalitos. Os votantes xa se domaran con un pouco de propagada e axuda dos caciques.

PINTORESCO

PINTORESCO

O goberno do PP está moi precupado cos delitos medioambientais. Vai sanciona-las gasolineiras flotantes da Baia de Alxeciras e os buques que se acheguen a repostar, mentres o Ministro competente é un dos implicados neste tráfico. Tamén imputan as autoridades da Roca vertidos de áridos na batía, áridos que son vendidos por España. Isto aliñado cunha lei de costas que permite a privatización de espazos públicos e restrinxe a protección da zona marítimo-terrestre. Asombroso.  

GRAN ÉXITO

GRAN ÉXITO

 Pro goberno é un gran éxito que en agosto baixara o paro. Non importa que sexa verán, nin que a cifra de desempregados baixe solo en 31 persoas. A Alegría do executivo por este ridículo éxito, evidencia a extrema necesidade que teñen de algún dato que non sexa tan negativo; nembargantes a afiliciación a SS descendeu en 99.069 persoas. De Guindos calificou os datos de moi esperanzadores. Non acerto a comprender como se lles pode incha-lo peito con 31 desempregados menos nun océano de paro, adornado cunha baixada tan alarmante  da SS. Pra mais non se sabe si esa cifra de 31 se debe a persoas que non figuran na lista do paro, ben porque emigraron, se xubilaron, ou se aburriron de buscar emprego. Unha cousa si é certa a precariedade laboral incrementouse. Os fantásticos datos do emprego solo existen na cabeza dos peperros mais descerebrados e nas de un goberno desnortado, que os utiliza como cortina de fume pra agochar os escándalos que o acosan.

PERIGOSO DELICUENTE

PERIGOSO DELICUENTE

  A solidarizade de anónimos cidadán permitirá a recuperación dos restos de  José Vals Casanova, fusilado o 2 de setembro de 1938. Un cidadán que foi fusilado polo polas topas franquistas, nun pobo de Valencia, reo do perigoso delito de ser demócrata,  Unha virtude que os golpistas do 36 converteron en delito.  Pra demostrar que dentro do PP non todos son cavernícolas , o alcalde da localidade, do PP, apoia o feito. O fin, os seus restos descansaran ó lado dos de súa mai, e non como se fora un can, igual que acontece con moitos españois, asasinados polos fascistas. A solidaridade cidadán e a colaboración dun alcalde d PP, fai deste asunto unha noticia. DE. Isto ten toda a actualidade despois das declaracións de Hernando,  voceiro do PP; que por certo non terían maior importancia si non fora polo cargo que ocupa dentro do PP.  Os seus argumentos son a repetición dos usados polo franquismo, intentando votarlle toda a culpa dos mortos á república; un goberno lexítimo, que se viu obrigado a ir a unha guerra pra defenderse dunha rebelión protagonizada por militares felóns, pero incitada pola airexa e os civís de extrema dereita. Os case un millón de mortos hai que contabilizalos entre os producidos na guerra e os fusilados na posguerra. Foi o conflito mais sanguento da historia mundial, tratábase de exterminar a oposición e os franquistas levárona a cabo con rigor. Os alcaldes obrigábaselles, o que moitos facían con gusto, a facer listas de civís pra fusilar, que en casos eran transportados ó campo de batalla pra simular que morreran en combate. Non debemos , nin podemos esquece.los feitos, nin terxiversación  da historia, por que do contrario estaremos condenados a repetila. O que lle acontece o sr Hernando e outros peperros, non é amnesia, nin ignorancia, é froito dunha transición que non foi tal. Aquí non se depuraron responsabilidades e os criminais do pasado e os seus herdeiros, seguen entre nós, e neste momento, moitos deles en cargos de responsabilidade política. A banalización e proliferación de xestos fascistas co beneplácito do goberno motivou unha advertencia ó goberno español, con apercibimento de sanción. É condición esencial ser un país democrático pra ser membro de UE. España podía, incluso, ser expulsada. 

UNA VELLA HISTORIA

UNA VELLA HISTORIA

O actual presidente da Deputación de Pontevedra, militante do PP  e antigaleguista acérrimo, ven da canteira de militantes peperos de Ribadumia, ese lugar no que Rajoy pasou uns días de vacacións. O Presidente da Deputación de Pontevedra era porteiro no axuntamento  de Ribadumia, antes de trepar ó posto de Presidente da Deputación. Dende o posto de porteiro do axuntamento de Ribadumia a súa fulgurante carreira política, vai ligada a influencia do seu valedor e amigo NENE, que foi alcalde do PP do axuntamento de Ribadumia. Ribadumia é unha destacada canteira de políticos populares. O actual Senador: Telmo Martín,  iniciou a súa carreira como fontaneiro, foi de éxito en éxito. Socio de construcuatro, sobre a que pesaba unha sanción do goberno bipartito da Xunta, pero que logo o acceder a Xunta o PP, o expediente foi sobresido. Construatro é unha empresa en auxe; a súa estrela ía a brillar mais coa construción e urbanización do entorno dun novo hospital pra Pontevedra, aínda que o atasco na construción do de Vigo, terminou afectando a un proxecto, no que o Axuntamento capitalino, gobernado polo BNG, e a Deputación e  Xunta, gobernadas polo PP, manteñen posicións encontradas. Volvendo , de pasada, ó asunto do exalcalde do PP, que  atópase sumido nun proceso xudicial por contrabando e branqueo, que se espera termine prescribindo.

O TRIO

O TRIO

Floriano, Hernando e Pons, o trío de voceiros, ou vocazas, do PP dáselles moi ben o oficio; pois non fan mais que vociferar, sen reparalas paridas que din. Di o voceiro Hernando que non condenan as NG peperas por exhibir signos franquistas e facer saúdos fascistas, porque o PSOE non condena a exhibición da bandeira republicana. Tres causas chegan pra desmontar os argumentos dre Hernando. As xuventudes socialistas, como pertecentes ó PSOE, que acatou os símbolos monárquicos, incluída a bandeira, nada teñen que ver cos republicanos, a bandeira republicana está lexitimada democraticamente polo pobo español, e así o recoñeceu unha sentencia xudicial, os símbolos  franquistas e os saúdos fascistas, ademais de ter orixe na deslixitimación democrática e nunha rebelión militar, unha felonía, aséntanse sobre mais dun millón de mortos e de milleiros de represaliados e exiliados, a bandeira republicana ten o ríspeto e o recoñecemento das democracias do mundo, cousa que non se pode dicir da franquista.  A bandeira republicana é símbolo de liberdade e dignidade, a do franquismo é símbolo de terror e intolerancia

POR SABER

POR SABER

 O extesoureiro do PP, Luis Bärcenas "O Cabrón" entrega ó Xuíz Ruz información na que afirma que Pescanova era o maior doador de diñeiro de forma presuntamente ilegal para campañas políticas do PPdeG, que á súa vez, unha vez no goberno da Xunta de Galicia regala o diñeiro público en forma de subvencións a fondo perdido a mans cheas.... A Plataforma en defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia insta ós partidos políticos da oposición en Galicia a que pidan de inmediato a dimisión do Goberno de Feijóo e a apertura urxente dunha Comisión de Investigación baixo os acontecementos coñecidos de presunta corrupción para acceder ó goberno de Galicia. As carpetas de Luis Bárcenas están a poñer as verdadeiras xestións do Partido popular de Galicia ó descuberto no que se está facendo co diñeiro que non lles pertence e que é de todos os galegos. O mesmo pasou coa VOZ, que xa leva sete millóns e medo de euros de subvencións, dende  que goberna Feijoo. Cousa común a tódalas empresas doadoras do PP. Os cartos que dan en doazóns sonlles reembolsados con creces, en forma    de subvencións, contratos,   etc..  Sería bo que Feijoo que Feijoo aclarara as doazóns  pra campaña do PPg e a relación preocupante con algunha xente, pera sería inxenuo esperar fixese

TAMBORES DE GUERRA

TAMBORES DE GUERRA

Fai tempo que EEUU ven falando dun castigo a Siria.  Agora atopan esa perfecta escusa na suposta utilización de armase químicas.  Coa situación temporal dos acontecementos, semella que as supostas probas son prefabricadas. O empeño en involucrarse nun conflito, no que nada ns vai, obedece a dúas razóns: 1. O intres das industrias bélicas, 2.- o intres do estado de Israel de eliminar calquera goberno forte na rexión,  aínda a costa de aupar ó goberno posicións mais radicais, pero menos perigosas pros seu intereses. Así o poderoso lobbis xudeus implican ás potencias occidentais nos proxectos xudeus, usándoas en beneficio de Israel. Non hai proba fiable de o suposto ataque con armas químicas se teña producido, antes ben, parece unha proba fabricada pra propiciar unha intervención en contra dun actor determinado. O caso de Iraq Afganistán e5 Libia debían servir de lección. Europa,  dende logo España, xóganse moito; pois non solo é cuestión de algo malo e outro peor, senón de darlles o poder a xente que vai propicia-lo terrorismo islamita en países con forte presenza de emigrantes árabes.  De ser certos estes ataques químicos, difundidos polo medio saudita Al Arabiya, (propiedade da Fmilia Real Saudí)poderían constituír a ’liña vermella’ que o presidente Obama dixo que impulsaría a EUA a unha intervención militar activa en Sirya, o que podería desatar unha conflagración en Oriente Medio e unha confrontación de superpotencias (con Rusia, China e Irán, por un lado, e EUA, Reino Unido, Arabia Saudí, Turquía e Catar por outro) ", sinala Engdahl. De calquera xeito, EEUU e  Reino Unido xa adiantaron que non é necesaria a confirmación dos feitos. Razón polo que se confirma o tufo a montaxe. Nunha enquisa o 51% cre que os rebeldes usan armas químicas, solo un 12% culpan ó goberno Sirio, o resto pensan que é un simple montaxe

Os lumes de Feijoo, o sufrimento do pobo

Os lumes de Feijoo, o sufrimento do pobo

¿Cántas vaguas son necesarias pra apagar ós lumes dos criminais?, ¿cántas vaguas son necesarias pra que Feijoo se apee da burra e rectifique a súa política forestal?