Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

¿COHERENCIA, OU FRACASO?

¿COHERENCIA, OU FRACASO?

 

  Pra especulación quedará o motivo da retirada de Esperanza Aguirre. A comunicación da súa retirada   foi como un terremoto na política, dentro e fora do seu partido. Sería o primeiro  caso dun político que cesara por coherencia; así que o motivo da súa retirada da  política pódese deber a algún fracaso. O certo é que Rajoy estaba moi molesto polos compromisos adquiridos con Eurovegas e sostivo con ela unha forte discusión, obrigándolle a dimitir. Coa elección dos terreos de Alcorcón consigueuse un gran pelotazo urbanístico pra xente   do partido. Tamén o de Eurovegas quere que lle financien o 75% do proxecto, 10 anos de vacacóns fiscais, exención da lei do xogo e normas sanitarias e Laborais. De coña

 

¿ÓNDE FORON?

¿ÓNDE FORON?

 

   As esixencias das obras do AVE, da construción de infraestruturas desapareceron xa, a Xunta non pide nada a Madrid, menos esixir. O construído do AVE enferruxase, e nas corredoiras volveran a chifra-los  carros  do país como símbolo do adiando que nos trouxo o PP.

A RECONQUISTA DOS DEREITOS

  

  A política ultraliberal basease nun  plan sistemático para cambiar  o modelo social e avanzar nunha saída regresiva á crise. Desactivadas as clases populares, fan recaer os recortes económicos e de dereitos na masa social do pais, que serán os que soportan a crise. Unha crise orixinada por un capitalismo feroz. O reto para as organizacións progresistas e o sindicalismo é insta-la redistribución dos recortes e impedir os recortes antisociais, facer fracasar esa estratexia, reactivar a cidadanía e conformar un bloque social unitario, en defensa do emprego decente, os dereitos sociais e laborais e o reforzo do Estado de benestar. Particularmente creo que é moi urxente unha refundación dos sindicatos actuais e de organizacións políticas e de participación cidadán. O actual PSOE demostrou que é unha rémora, unha organización pra desactivar e adormecer ós cidadáns.

PERDA DE DEREITOS

   Anos de loitas obreiras pra conquistar uns dereitos, que agora nos son arrebatados.  Agora co escusa da crise, o goberno quita dun golpe de Boletín os dereitos conquistados.  Despois de  deixar indefensa á clase  traballadora,  aséstanlle recortes hasta no aire que respira; pois o imposto medioambiental é solo simbólico. Utilizando de escusa a esixencia de axuste orzamentario, o PP recorta en gasto e en dereitos do pobo, mentres recorta os ingresos por menor presión fiscal sobre o fraude, fortunas improdutivas, capital e grandes fortunas. Os empresarios, que  solo pensan nas ganancias inmediatas, apupan os recortes do goberno, e non son conscientes de que a pobreza e ruína do pais tamén súa  ruína, claro que esa clase empresarial non ten vocación de permanencia nas empresas; eles solo queren encher pronto as alforxas, pra fuxir coa súa rapiña pros paraísos fiscais

TEMOS QUE AGRADECER

TEMOS QUE  AGRADECER

 

   Si, segundo a multisueldos  sª  Cospedal, temos que agradecerlle ó  goberno que nos foda. É que hasta iso se puxo mais caro coa suba do IVE. Dende  Delegación do Goberno minimízase o número de manifestantes contra dos recortes do Goberno; hasta neso se ve a prepotencia dos políticos e o seu desprezo ó pobo.Non sería así,se como  debera, se soltaran ós que están na cadea,pra deixar sitio ós delicuentes que se atopan fora, moitos fachas, pero tamén algún que outro do PSOE e, por suposto, moitos banqueiros. É evidente que durante mais de dúas  décadas unha casta politica e financeira endogamica, e que se creia impune, depredou ó pobo e asolando este pais. Mentres o sistema non se depure, isto será unha democracia doente

ENTRE FACHAS

ENTRE FACHAS

   A ratificación polo TS da condena a Jiménz Losantos significa poñer un pouco de orde no abuso da liberdade de información da que fan uso algúns personaxes, pero tamén que, ademais de ter razón, fai falta diñeiro pra defende-lo honor e a verdade Foron moitos os que sufriron as aldraxes de Jimenez Losantos, pero tiña que ser un do seu entorno ideolóxico o que o sentara ante un xuíz. Da a impresión dun axuste de contas entre os da camarilla.          

 

PREVARICANDO

PREVARICANDO

 

   O vo da gaivota ciscando merda sobre as comunidades que goberna, fai irmáns as terras de levante e fisterra.  As licencias de difusión foron dadas polo sr Pons, a dedo, a empresas vinculadas co PP. Agora as licencias foron anuladas por sentencia xudicial. Se da sentenza de anulación se deduce unha prevacarización,¿ por qué non actúa a xustiza de  oficio?. Na democracia teñen cometidos os políticos moitas barbaridades, ningún político foi encausado, menos á cadea. A igual que en Galiza, haberá que pagar indemnizacións ós prexudicados. Dáme que os cartos van saír dos nosos petos.

PREGUNTO

PREGUNTO

 Unha  dúbida teño eu: se pagamos máis impostos, entón o Estado queda con máis diñeiro noso; por contra, cada vez danme menos servizos polo que pago,  iso chámase engano, ou estafa. Non vale o que esteamos moi endebedados, O Estado ten elementos de control  pra saber onde houbo malversacións. Sabido isto, cántos políticos españois están no cárcere por dilapidación, malversación de fondos públicos, etc.?. ¿ Cántos banqueiros ?.  Aquí os diferentes partidos que gobernaron, tanto a nivel local autonómico, nacional, xestionaron sen control, e a ninguén se responsabilizou diso e os órganos de control están baixo, valga a redundancia , baixo o control dos que debían  controlar. Xa sabemos o que lle pasea o xuíz que se atreva a depurar responsabilidades. O caso Garzón está moio presente e os gurtelianos na rúa.  

PRESUMIR, ¿DE QUÉ?

PRESUMIR, ¿DE QUÉ?

   Coas eleccións convocadas comeza a poxa. Nas pasadas eleccións a promesa estrela de Feijoo foi acabar co paro en 45 días. Cando Feijoo colleu o goberno estábamos nunha  cifra de paro, que hoxe sería mais que aceptable, pero ó día de hoxe o paro non deixou de medrar e achegase ós 300.000 desempregados. Estamos na segunda recesión. A débeda triplicouse. Os sectores produtivos esnaquizados. Os servizos sociais polo sumidoiro. Sanidade, educación e cultura na reserva. O I+D+I é unha magoa. As Obras Públicas paradas. Os que teñen sorte de ter un  emprego, é un emprego precario e de mala calidade, dependendo do norte do empresario. E Feijoo a presumir. ¿ De qué vai este tipo? 

GUERRA INFORMATIVA

 


  Seguido o mais clásico manual da guerra, autoridades políticas, entre as que destacou a Delegada do Goberno de Madrid, dedicáronse a filtrar todo tipo de informacións fabricadas polo goberno pra desprestixia-lo movemento do 15M.  O movemento do 15MM, que tiña un carácter apartidista, mais aínda, era contrario ó bipartidismo exemónico, imposible de  controlar dende a cúpula do PP e do PSOE, que intentaron  usalo en beneficio  propio, e non logralo, foi cando determinaron acabar con el, porque non   satisfacía os seus intereses

ANNISTIA E FRACASO

ANNISTIA E FRACASO

 

   O lenguaraz Montoro intentou vendernos o da amnistía fiscal como unha gran medida do goberno. O día de hoxe lévase recadado a modesta cantidade de cincuenta millóns de euros. Nade se ía crer que os defraudadores ían poñer ó descuberto os seus chiringuitos, ou que ían converterse, de súpeto, en modélicos contribuíntes. Posiblemente a amnistía fiscal fose inventada pra algún caso concreto. De calquera xeito contrasta esa cantidade cos case douscentos mil millóns de euros evadidos durante o goberno de Rajoy. Xente de misa, os defraudadores, que teñen como deuse o diñeiro,  grandes patriotas envoltos na bandeira de España, pero que son as sabandixas da sociedade.

 

¿PRA CÁNDO?

¿PRA CÁNDO?

 

   Parecía que o da memoria histórica estaba en camiño de devolve-la dignidade ós asasinados por Franco, acougo decente os seu restos e paz as súas familias. Tras as últimas eleccións, o PP, erdeiro directo dos causantes daquela traxedia, conxelaron toda actividade de recuperacións dos restos dos asasinados, simplemente porque eles viven no pasado, e non admiten a reconciliación. Antes se conxelará o inferno que se derreterá o odio dos fascistas

 

O CAN FRACO TODO SON PULGAS

  Vendo a dobre presión fiscal sobre o traballador, por IRPF e por consumo, o traballo deixa der ser un castigo divino, pasando  a ser un castigo de Facenda. A cousa non para aí.  Pra despois das eleccións galegas, Rajoy ten previsto  unha batería  de recortes., que agora esconde pra darlles facilidades os seus  candidatos. Claro que Galiza pro PP non é Andalucía, Galiza é terra conquistada.  Temos que estarlles agradecidos, ós que sempre están cos  pantalóns baixados, que o PP aquí campa.

SO COA BANDEIRA

SO COA BANDEIRA

 

    Todos amamos a nosa bandeira e nade pode dicir que a ama mais co veciño. A proposta de Beiras de concorrer tódolos nacionalistas nunha fronte amplo  e rexeitada de plano polo BNG. Quenes  chaman traidor a Beiras, ademais do seu tufo totalitario e intransixente,   andan mal de memoria. Foi Beiras,  precisamente, o que transitou na Soedade dun nacionalismo incipiente  nos primeiros anos da  autonomía. Onde estaban estes stalinistas, pros que é mais importante a súa ideoloxía  que Galiza.. O BNG perdeu a confianza de moita xente na súa etapa de goberno e non a recuperou, e non a recuperan con divisións ou igrorando a realidade. A falta de autocrítica e unha folla de ruta ignorando a realidade social e marcada por un comité  que usa as bases solo como coartada, vaille facendo perder apoio electoral; tal como ven sucedendo en pasados comicios. O final desta historia vai ser unha perda paulatina de centros de poder que non se van a recuperar mais, unha estigmatiización e desmoralización das bases, así como unha desafección do electorado. Poren fai falta moita xenerosidade e pensar no pais. Os minifundios mentais están moi presentes nas cabezas dos galegos xa teñan boina, birrete ou zepelines.. Beiras é un adiantado o seu tempo. É hora de que a xente deixe de lado disputas de marcos e ferrados, que solo beneficia Feijoo. Se non acordamos, perderemos o futuro como perdemos o vento, cousa que vai camiño de facerse unha dolorosa realidade.

 

SESGADA

        

  O periódico, ou o que sexa, El Mundo, publicou un artigo tratando de xustificar o que dixo  o famoso Deputado do PP, por Ourense de que os mais de cinco mil euros que cobra, non é tanto si se ten en conta os descontos por impostos, gastos de gardería etc. Non se entra en que a cantidade  é neta, e que os demais españois, os mais, cuns soldos de 600 euros e tamén pagan impostos e teñen fillos. Periódicos, ou libelos; tiña que ser obrigatoria unha inequívoca identificación, pra saber hasta que punto nos podíamos      fiar das noticias coasqu nos queren ilustrar.

REVIVINDO A HISTORIA

REVIVINDO A HISTORIA

  Revivindo a historia, iso ó menos, é o  que pretende o PP, celebrando o inicio da precampaña no castelo de SOUTOMAIOR. O ambiente medieval que imprime o castelo, é o marco perfecto que lle pon unha imaxe, na que se sitúa subliminalmente a política do PPg. Pretenden unha Galiza feudal, na que os caciques comarcais, a semellanza dos condes medievais, sexan os señores de  cada bisbarra

A NOITE DO 2-9-39

 

  Fai anos daquel efemérides, cando na noite do dous  de setembro do 1939, un vello barco, fletado por Pablo Neruda, atraca en chile cargado de españois. Co mérito de Pablo Neruda, home comprometido e soñador, hai que recoñecer o comportamento humanitario da República de Chile, que contrasta co comportamento da dereita española, que aínda hoxe, se  nega a condenar as atrocidades do franquismo, o que lle confire unha complicidade na traxedia; que nade pode esquecer, na que milleiros de persoas foron masacradas por pensar diferente que os fascistas

CANDO ERAMOS FELICES

CANDO ERAMOS FELICES

 

  Dicía onte que hai que reduci-lo déficit. Iso o goberno entendeuno; o que ocorre é que segue, pra logralo, o vieiro da ideoloxía mais  ultraliberal, aliñado con intereses do sector mais rapiñento do PP. Ó final do camiño atoparémonos na mais terrible das miserias. Iso non é ciencia ficción; é a realidade que xa case a palpamos. Eu calculo que en dous  anos chegaremos ó final do túnel, como di o PP, non pra ver a luz, senón pra constatar que se fixo  e noite. Non tódolos empresarios comparte e apoia as medidas económicas do PP. Os empresarios profesionais son conscientes do desastre que se aveciña, outros,  avidos de mais beneficios,  son tan torpes, que non se dan conta que están cavando a súa propia sepultura. A actividade económica é un círculo no que todos  xiramos, e cando a pobreza, da que poucos escaparan, chegue ó consumo do seu sector de actividade, sentiran o alento da fame. Partindo  dra base de os recortes son necesarios, é incomprensible que se recorte sobre os sectores produtivos e de consumo, e non sobre o superfluo e prescindible, así, de pouco sirve subi-lo IVE si o consumo se retrae. O mais lóxico  sería:   Os profesores de relixíón e o clero que o pague que queira ese asunto. Invertir en I+D.  Restruturación dos  axuntamentos, supresión  das Deputacións   e  do Senado. Impostos a airexa, ós bancos e os ricos. Loita contra o fraude. Aplicar a incompatibilidade ós políticos. Non ó  rescate, lo que quebre, que se apañe,  así habería mellor xestión. Poda a Casa Real e supresión de privilexios económicos ós políticos. Reducción dos cargos electos e parques móbiles.

 

MOI FELICES

  Non hai dúbida de que o euro supúxonos disfrutar dun tipo de intres pras hipotecas como en Europa, e do que antes sentíamos envexa; o que nos lanzou a compras compulsivas de bens e inmobles que, debido a esa forte  demanda, revalorizábanse en espiral. Foron tempos felices, de abundancia; un espellismo de riqueza, do que estamos a ter un amargo espertar. Si queremos seguir no euro de Europa rica, temos que reducir déficit; aí é onde  entra a ideoloxía. Non se pode cargalos sacrificios sobre unha parte da poboación, mentres que a outra rise da crise, porque ó final, moitos  dos que se aproveitan da crise, tamén a sufriran. Seguirá

INDUSTRIA COA DESGRACIA

INDUSTRIA COA DESGRACIA

 

   Ó redor do lume hai unha puxante industria. Hai ó redor do pastel unha fragmentada trama empresarial, sen moita conexión entre si, polo que a efectividade está lonxe do desexado, ademais de ser un servizo caro; pero resulta o m ais lóxico pra un goberno que o único que fai é que os amigos fagan negocio. Semella que os gobernos autonómicos do PP e afins leron o mesmo catecismo. Este ano a superficie queimada en España multiplico a doutros anos. Fundamentalmente tres foran as causas: a.-falta de coidado e labores preventivas no inverno, b.- mingúa de efectivos contra o lume debido á crise, c.-pouca coordinación, debido á fragmentación en negocios privados independentes. Con todo isto, o noso presidente, sacando peito, non sei si froito da súa ignorancia, ou si é que falaba pra ignorantes, presumiu de ter o mellor sistema contra lumes. Razón non lle falta. Por sorte en Galiza, o nivel pluviométrico é superior o das outras comunidades, este ano mais, e iso nos salvou. Hai algo que é moi grave: reduciu i eliminou os perímetros de protección de zoas poboadas, que establecera o bipartito, e iso pode traer grandes traxedias, pero que se pode esperar  do esperpento..