Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

COMENZA A RECONQUISTA

 

    En Galicia comenzou a reconquista pepera, tamén en Galiza debía comenza-la súa morte.  Pero visto  o que pasou en Valencia;  calquera cousa é posible e corremo-lo risco de que a noite dure mais. Din os lamecús que Feijoo é o mellor presidente que tivo  Galiza, o mais austero.  Non te fode, en catro anos non fixo nada; salvo incrementa-lo paro e a débeda, arruina-los sectores produtivos e deteriora-los servizos públicos. Por non esquecerse da cultura e da dependencia.  Un Atila da política.

RAJOY ORDEA

RAJOY ORDEA

 

   Rajoy chamou a Feijoo a Xénova e ordéalle adianta-las eleccións, antes dos novos recorte que ten previsto. Dicía un Senador do PP, con referencia á data das eleccións galegas, que Feijoo faría o que sexa mellor pra Galiza. Rebéntame esta confusión, identificando o que é mellor pro PP, co que é mellor pra Galiza. Por calquera lado que miremos, os case catro anos de goberno Feijoo solo trouxeron números negativos: triplicou a débeda sen inverter mais que en propaganda , multiplicou o paro, desfixo tódolos sectores produtivos, gobernou con rancor e sectarismo, arruinou o ensino público, bloqueou a sanidade pública pra desgastala e desprestixiala, converteu a Función Pública nunha oficina do PP. Todo o que funcionaba  machacouno. Nade o podía facer peor. Chegou a hora das contas: Qué fixeches na túa provincia, terra magoada polos caciques. Qué pasou cos centros de saúde que ias facer . Qué foi da fábrica de coches eléctricos . Qué foi do pazo de xustiza. Que foi da depuradora de Vigo e demais prometidas.  Como vai o hospital de Vigo, a autovía da costa da morte. Qué foi do porto seco de Salvaterra. Qué foi da autovía do Morrazo. Qué foi da estrada Vigo- Baiona. Cómo vai o naval. Qué pasou con Ferro Cómo vai a pesca.  Cómo vai o lácteo. Cómo ai a investigación do pucheirazo das oposicións. Cómo vai o eólíco. Como vai a segunda pranta de tratamento do lixo. Cómo vai o sector financeiro. Cómo chegamos nunha sola lexislatura a triplicar o endebedamento da Xunta, en qué se meteron  os cartos. Qué foi da investigación e a innovación. Pero qué fixeches

 

O GALO

O GALO

 

   O meu humilde e fondo pesar polo pasamento do avogado santiagués Oscar Fernández  Refoxo, fundador do Galo, asociación cultural galega creada no 1961 e que lle supuxo atrancos profesionais e persecucións. Facía falta votarlle arrestos a, naquela época de escuridade cultural, especialmente a cultura galega, fundar unha asociación cultural, contraria ós principios uniformistas españolistas   da doutrina franquista. O mundo da cultura ten unha inmensa débeda con Oscar Fernández, pero ademais todo bo galego ten a obriga de recoñece-la labor destes loitadores, que sufriron  por defende-la nosa lingua e a nosa cultura, sen importarlles o custo

EU MAIS

EU MAIS

 

  Parecía que as ocorrencias de Zapatero era insuperables, pero chega Mariano, ansioso por emular o seu predecesor en todos os campos: máis parados, máis débeda, máis desafiuzamentos, máis mulleres-floreiro, máis inútiles ministeriais, etc e decídese a superalo tamén no difícil terreo das  estulticias.    Os dous teñen en común un amplo repertorio de frases ocas e sen sentido. Mariano e como o tirano que nos quita todo, obrigándonos á ilusión de supoñer que nos deixa algo ó que chamamos alma. Mariano, tirano por subscrición popular, recorre á vida interior cando a exterior xa case non alcanza ó fin de mes e entón ten que osmar no lixo dos supermercados. Máis de media España votoulle na confianza de que a súa soa presenza atraería os investidores e o país se levantaría e botaría andar, como Lázaro. Pero case un ano despois España segue ulindo a morto, a paro e a desafiuzamento, e a inmensa maioría dos estafados nas urnas van comprendendo o que moitos sospeitabamos, é dicir, que se este home nin sequera era capaz de abrir unha lata de mexillóns cun milagre, dificilmente ía poñer de pé a economía como un mesías barbudo que lle ordena a Lázaro que se erga e ande.  De romaxe, que é como el fai as cousas, xa sexa en touradas, comilonadas ou visitando á Vire do Rocío, Mariano caeu na conta de que todos os españois temos unha alma, mesmo os políticos, e ese descubrimento debería preocuparnos, porque seguro que agora lle mete á alma o IRPF e o IVE,     

 

O DILEMA

O DILEMA

 

 

 Feijoo vive no dilema de adianta-las eleccións e coller a oposición  desorganizada, ou reforma-lo Parlamento,  recortando o número de  Deputados pra obter maioría absoluta. Feijoo teme unha debacle nas eleccións e quere amaña-la cousa como sexa. Tiña a cousa fácil cunha oposición dividida e desorganizada, pero a inoportuna entrada en escena de Mario Conde trastocoulle os plans, ameazando o seu feudo de Ourense, quedando solo Lugo como reserva  material, Xa están tecendo pra desmonta-lo asunto Conde, que me imaxino se pode amañar; por cartos que non sexa, pero hai sectores moi descontentos, que se sentiron marxinados nestes anos de Feijonianismo, tamén os defraudados polas promesas incumpridas. Moi complicado o panorama. Os medios de comunicación xa están traballando arreo pra presentarnos un Feijoo salvador do pais,  fronte ó caos da oposición. Aínda haberá quen o crea. Pra complicarlle mais as cousas, esa sentencia declarando nulo e ilegal a anulación do concurso eólico resolto polo bipartito e que suporá unha forte indennización os afectados, a cargo da Xunta, cando debía saír do seu peto

AMEAZAS

AMEAZAS

   Onde a democracia ten séculos, e a diplomacia é un oficio, cometen o erro da soberbia e a prepotencia, ameazando e humillando a Ecuador, dándolle aire o presidente  do Ecuador.  Cómo terminará este enredo non se sabe, pero os gringos e os ingleses debían ter menos prepotencia. Isto seguro que lles dará que pensar

 

O PARENTE GALLARDON

O PARENTE GALLARDON

 

   Tod Arkin, político antiabortista, dixo que os embarazos en casos de violación 'real' ' son "realmente inusuais" e que en todo caso, se acontece algo, a interrupción non debe ser unha opción legal. Unha violación e sempre unha violación –dixo Obama-. O comentario de Arkin levantou tantas reaccións en contra que os radicais de dereitas volvéronlle as costas. Esta reacción contrasta coas dos seus curmáns españois; que pese os disparates de Gallardón  Esperanza  Aguirre, Botella, Mato, Marioli, etc, parecen vivir noutra dimensión e aplauden os disparates.  Estou seguro, si os homes preñaran non habería polémicas.

NO PASAMENTO DE AVELINO

NO PASAMENTO DE AVELINO

  

   Os 98 anos finou, na súa casa de Teo,  Avelino Pousa Antelo. Non era o galeguista mais importante da historia do movemento galeguista, pero era un galego de corazón, entrañable e afable, próximo e moi pegado á terra; o derradeiro dunha saga. Con el foise algo de nos. Os da xeración de Avelino xa finaran; el era o faro que alumeaba ás conciencias galeguistas. Nade se pode atribuír a exclusividade do seu maxisterio, porque o seu corazón e os seus anceios estaban con Galiza. Nese senso, todos podemos dicir que influíu nas nosas vidas. Sendo eu mozo, tiven o privilexio de visitalo na súa casa, acompañando a tres ilustres galeguistas. Un deles, o pai de Beiras, que xa finou, (descanse en  paz), os outros viven. Pero seguro que en todos deixou unha fonda pegada,. Polo menos en min, si. Non me foi posible darlle, en vida, o último adeus, mais telo programado. O que me ensinou, que si algo o consideramos importante, debemos facelo, sen ningún tipo de adiamentos; porque o  mellor mañá é tarde.

NON TE DEIXES

 

O fatalismo, a derrota anticipada, o esmorecemento lévanos a que nos deixemos ir. Pero: Muere lentamente quien no viaja quien no lee, muere lentamente quien destruye su amor propio, quien no se deja ayudar, muere lentamente quien se transforma en esclavo del hábito, repitiendo tódolos los días los mismos trayectos, quien no cambia de marca, quien no se atreve a cambiar el color de su vestimenta, o bien no conversa con quien no conoce , muere lentamente quien evita una pasión y su remolino de emociones, justamente aquellas que regresan el brillo a los ojos, y restauran los corazones destrozados, muere lentamente quien no gira el volante cuando está infeliz, con su trabajo, o su amor, quien no arriesga lo cierto por un incierto, para ir tras un sueño, quien no se permite ni una sola vez en la vida huir de los consejos sensatos, !Vive hoy!. !Arriesga hoy!. Hazlo hoy!. !No te dejes morir lentamente!, !No te impidas ser feliz! .- pablo neruda

SON IGUAIS

SON IGUAIS

    Grazas o informático Falciani, A Botín e outros patriotas españois descubríronlles contas ocultas en SUIZA. Conforme á lexislación vixente, moitos destes defraudadores terían que ir ó cárcere. Todo se arranxou cunha regularización en tempos do PSOE; o que pon de manifesto que PP e PSOE teñen pouca diferenzas de actuar fronte ós ladróns de luvas brancas. Dentro desta caste de xente tamén hai categorías; pois algúns aínda están ensarillados coa xustiza, e outros como Botín, sen molestia nin da AT, de iso xa se encargara a que fora vicepresidenta do goberno, Teresa de la Vega. Falciani pra evita-la extradición a Suiza,  ofrécelle colaboración ó  goberno español pra destapar mais evasións. Non sabe con quen trata.   

GALIZA MARTIR

GALIZA MARTIR

 

Nun día como hoxe foi fusilado Alexandre Bóveda, unha data de triste recordo, na que se centra o recoñecemento de tódolos mártires que deron a vida por Galiza e a liberdade. Pasaran anos, choverá e nevará, volverá a saír ó sol; pero nada borrará a lembranza que os vivos lles debemos ós que co mais preciado que posuían, que era a vida, marcáronnos o vieiro que os fillos desta terra debemos seguir. Por desgraza sóbrannos exemplos de personaxes que prostitúen, a cotío, este pais; mais a culpa é nosa. Tradicionalmente no cementerio pontevedrés de SAN MAURO, onde repousan os restos de Alexandre Bóveda, celébrase unha homenaxe a Bóveda e a tódolos mártires.

DE TOUROS

DE TOUROS

  Mentres arde media España, Cañete vaise ós touros. A deixación de funcións de Cañete, que non é cousa solo súa, é comprensible nun home que disfruta coa tortura de animais. Cañete prometera plantar 500 millóns de árbores; dixéronlle que non había terreo pra tanto árbore, agora estase a facer  espazo, por mor dos incendios, pros 500 millóns de árbores. Solo falta  cumplir media promesa. Cando non son os touros de Cañete, son os elefantes do Bobón, ou a caza de Cascos, ou os hilillos do Mariano, ou as procesións da Cospedal, ou as peras e as mazás da Botella, ou as armas de destrución masiva do pousa pés na mesa, o caso é que viven de puta nai, e rin de todos nós grazas aos votos dos estómagos agradecidos e dos incultos e ignorantes deste país, que non len e non se informan, fan o que lles diga o cacique local.

XA ESTÁ BEN

 

   Fagamos como en Islandia: Os políticos á cadea, e se un banco quebra, pois que o faga, como calquera empresa. E se os seus acredores son os bancos alemáns, que se fodan. De nada se queixaron en vacas gordas. Xa veriamos o pronto como baixaría a chularía do Bundesbank dentro desa falsa unión monetaria europea. Máis cárcere para os chourizos e menos premios ás estafas. Xa esta ben de xolda. Non é unha crise, é unha estafa.Os asalariados non somos os responsables da crise. Aínda queren recortar mais.  Co tempo acabaremos pagando ós empresarios pra que nos deixen traballar. Bo xa o estamos a facer. que mais nos queredes recortar? Só quédanos a nosa vida e esa defenderémola ata o final

ÓNDE ESTÁ A AIREXA

ÓNDE ESTÁ A AIREXA

 

Tiña a esperanza de que a airexa ía  saír á rúa e protestar pola política do goberno contra dos pobres, que excomungara os ladros de  entidades financeiras, políticos corruptos e gobernantes que poñen ós gobernados na veira  da pobreza, pero non. O  Vaticano só actúa, cando hai diñeiro e poder por medio, o demais non lle importa. Si se move, cando non concorren os dous casos anteriores, é pra evitar que se le desmadre o rabaño e que pera o poder sobre del, como no caso do aborto. Non lle importou que Marcial Marciel, fundado dos lexionarios de cristo, fóra pederasta, con fillos e barraganas.  Non lle. importou que Lugo ex predidente de Paraguai e ex bispo tivese fillos de distintas nais mentres administraba a diocese como bispos.  Non lle importou o de Cáritas en Arxentina,  cuxo responsable se ía de festa coas súas amigas a custa do que lle daban os pobres arxentinos para que o administrase e o desen aos mais necesitados. Non e non. Solo o que lle da diñeiro e poder.

LMPEZA DO SISTEMA

 

   O sistema político non é o  que falla, o que fallan son os actores e parásitos que viven nel. Compre que fagamos unha limpeza do sistema.  Unha cousa está clara, empresarios, banqueiros e políticos están a arruinar a vida de millóns de traballadores empeorando dun xeito moi estudado as condicións laborais, económicas e sociais destes para así poder seguir vivindo de puta nai á conta da suor e o traballo alleo. Pero estáselles a rematar o choio porque xa non estamos dispostos a sufragar os gastos e manter tantos corruptos,canallas e vividores disfrazados de reis magos. O sistema está construído para manter os privilexios duns poucos e o mellor xeito de rematar coas inxustizas é acabando con este. Custe o que custe e caia quen caia

 

OS POLÍTICOS DO NORTE

 

  Compréndese de que España se atope na crise económica cando comparamos o status dos políticos de España cos políticos escandinavos. En España, ademais do elevado número de políticos profesionais, teñen ó seu servizo un elevado número de persoal eventual, que tamén participan do festín; o seu salario e privilexios ponos fora da  realidade na que vive o pais, situación distinta á dos políticos escandinavos, que viven  cunha austeridade que nos asombra. Hai tres cousas que son necesarias pra saír da crise: Reciclaxe da clase política e que pasen a formar parte da clase traballadora,  reparto dos sacrificios entre a clase traballadora e o capital, así como a supresión das cargas económicas que supoñen o mantemento  con cargo ó Tesouro de Institucións parasitas  

ROUBO DE NECESIDADE

 A acción do alcalde de Marinaleda poda que non sexa legal, pero no contesto en que se desenrolou é, ó menos, ilustrativa. Non creo que expropiar uns carros de produtos básicos sexa unha acción recriminable, si esa expropiación non é pra lograr ningún lucro, senón que é producida como unha acción didáctica e por necesidade. As grandes superficies comerciais está vendendo algunhos produtos cun beneficio do 200%, o mais, prexudicando ós produtores e ós consumidores. Eles si son uns ladróns. Tamén os banqueiros, moitos políticos e as empresas que conspiran e alteran o prezo das cousas coas que comercian

FAGAMOS ALGO

 

 

  Nunha librería vin arrinconados os libros escritos en galego; avergonzados de que nade lles prestara atención. Todos somos responsables. Propoño que cada un recomendemos un libro en galego.. hai moi boa literatura en galego, e pra tódolos gustos.  Si lemos, non nos esquezamos da literatura en galego, é nosa, e temos que facer que non esmoreza

MERECE UNHA REFLEXIÓN

MERECE UNHA REFLEXIÓN

 

 

    DESPEDIDA DEL PRESIDENTE DE LA COCA COLA ( MUY CORTO Y EXCELENTE)
El discurso más corto...por Bryan Dyson, ex Presidente de Coca Cola… Lo dijo al dejar el cargo de Presidente de Coca Cola.

"Imagina la vida como un juego en el que estás malabareando cinco pelotas en el aire”. Estas son: - Tu Trabajo, - Tu Familia, - Tu Salud, - Tus Amigos y - Tu Vida Espiritual, Y tú las mantienes todas éstas en el aire. Pronto te darás cuenta que el Trabajo es como una pelota de goma. Si la dejas caer, rebotará y regresará. Pero las otras cuatro pelotas: Familia, Salud, Amigos y Espíritu son frágiles, como de cristal. Si dejas caer una de estas, irrevocablemente saldrá astillada, marcada, mellada, dañada e incluso rota. Nunca volverá a ser lo mismo. Debes entender esto: apreciar y esforzarte por conseguir y cuidar lo más valioso. Trabaja eficientemente en el horario regular de oficina y deja el trabajo a tiempo. Dale el tiempo requerido a tu familia y a tus amigos. Haz ejercicio, come y descansa adecuadamente. Y sobre todo...crece en vida interior, en lo espiritual, que es lo más trascendental, porque es eterno. Shakespeare decía: Siempre me siento feliz, ¿sabes por qué? Porque no espero nada de nadie. esperar siempre duele. Los problemas no son eternos, siempre tienen solución. Lo único que no se resuelve es la muerte.

La vida es corta, ¡por eso, ámala.! Vive intensamente y recuerda:

Antes de hablar... ¡Escucha ! Antes de escribir... ¡ Piensa! Antes de criticar... ¡ Examínate ! Antes de herir... ¡ Siente ! Antes de orar... ¡ Perdona ! Antes de gastar... ¡ Gana ! Antes de rendirte... ¡ Intenta ! ANTES DE MORIR... ¡¡ VIVE !!

A DESESPERACIÓN

A DESESPERACIÓN

 

  Vivimos no constante desacougo que nos produce ó temor ó que nos agardará á volta da esquina. En Grecia xa o recortan todo, salarios e pensións. Todo nos indica que aquí vai ser parecido; porque Alemania, que defende os intereses dos mercados, así o quere. Dise que o vindeiro recorte é pras pensións. Coa votación a favor de CIU e UPD a airexa líbrase de recortes. O PP evita gravalas grandes fortunas e persegui-lo fraude fiscal. Nos cinco primeiros meses de goberno do PP saíron de España 160.000 millóns de euros. O PP carga sobre as costas dos pobres o custo da crise. Deben ter ben estudada a cousa porque, pese a súa xestión, sigue a ter o respaldo electoral. Aquí algo falla,