Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

A CAIDA DA VENDA

 

  En Europa caeu a venda, si atiñan, respecto ó PP. Xa non é o uso do rescate de bancos privados, que tódolos españois imos ter que pagar a escote dos nosos petos, sen que haxa na cadea nin un solo responsable dos desfalcos. Declararon procente o despido de Amorós. A cousa parecía obvia, con todo, non sería estraño que lle deran a razón. Non hai nade condenado por fraude, estafa, falsidade e apropiación indebida. A xustiza está pra cousas mais importantes que pra perseguir ladróns. Por exemplo: os que protestan por que lles deixaron sen os aforros da súa vida, ou os que os políticos os deixan sen traballo, sen medios pra comer, ou pra operación Pokemon, montada dende o PP.

 

OS CONTRATOS FANTASMA

OS CONTRATOS FANTASMA

 

  Peña Nieto, Presidente electo de México visitou España, e foi partícipe involuntario nas eleccións galegas.  Nun xesto pouco diplomático, foi constrinxido polo goberno español pra que ratificara a versión de Feijoo sobre os contratos de construción de buques pra PEMEX. Peña  Nieto  non confirmou que estes contratos estean pechados, nin amosou papel algún no que se documenten os aludidos contratos, antes ben, contestou con evasivas, afirmando que se comprometera co goberno español pra que continuaran as xestións entre PEMEX e os asteleiros galegos. Mais claro auga. É dicir, están en negociación. Non hai ningún contrato pechado. Incluso na páxina web de Pemex faise referencia a un compromiso, con cláusulas  suspensivas, que se arredan  de calquera contrato firme. Por iso Feijoo non o amosou.

IVEN NOUTRA DIMENSIÓN

IVEN NOUTRA DIMENSIÓN

  Lóxico que un parado queira que os políticos tamén vaian ó paro; iso, ó fin, é un principio de igualdade; quen non o comparte esa idea está a comportarse como pertencente a unha casta social que non lle preocupa o paro, e si os seus privilexios. En España teñen que desaparecer moitos postos de políticos; temos mais que países que nos triplican a poboación. Nada de sabándixas que chuchen o sangue do pobo. A xente esta queimada, está decepcionada; Feijoo prometeulles acabar co paro en 45 días e  cumpriu, vaia si cumpriu. O que ocorre é que non lle entenderon ben; a promesa referíase so  pra determinada xente do partido. Todos recordaran aquelas probas selectivas, nas que se inscribiron certos opositores, pro que lles deu un novo prazo,. Os novos matriculados, que casualmente aprobaron cos primeiros números en tan solo 45 días. Os  que fixeron oposicións saben que son necesarios un ou dous anos de preparación, ou mais; pero eles, como dicía un presidente de Deputación do PP, teñen uns xenes especiais. Pese o lea que se armou, nunca mais se soubo do caso. De asesores, de persoal de confianza, en empresas da Xunta, en chiringuitos, en asesorías, etc. Ten empregada unha cantidade inmensa de xente. A nade lle oín que van a facer unha limpeza. Que siga a festa.

 

 

ALGO NOVO, ALGO VELLO

ALGO NOVO, ALGO VELLO

 

   É nova a profusión de ciberpeperos que non solo fan xogo sucio, o cal é normal nesta xente, senón que dan opinión sobre os políticos e temas galegos, cando eles, nin viva votar aquí, nin teñen ningunha relación con Galicia; o único que lles move neste asunto, o único intres que poden ter é a súa pertenza ás gaivotas. Algo vello: a promesas de Feijoo; volve promete—lo mesmo que na pasada lexislatura e que non cumpriu. Isto, por iso de algo novo e algo vello parecese a un bodorrio, no que a noiva é Galiza, á que solo teñen intención de foder.  Feijoo, o austero,  ten 167 asesores no goberno da Xunta, persoal eventual e de confianza, mais, que se saiba 7 empresas privadas de asesoría e colaboración, con  acceso ós datos que queiran, non que precisen. A oposición ausente, como toda a lexislatura. Si que eliminou o paro en 45 días. Dos peperos,claro

EMPREGO Á VISTA

EMPREGO Á VISTA

 

  A Ministra Bañez non fai caso do que di o FMI, e afirma que en 2013 crearase emprego; palabra de Deus. A ela díxollo a mesmísima Virxe do Rocío. Antes a creación de emprego era pro final do 2012,agora xa o adía pro 2013.  Isto é  como as facturas de Feijoo, pasan de ano en ano. Vai ser difícil que se cree emprego con esta Ministra e os seu asesores, apoiados polo potente goberno de Rajoy. Esta panda solo se escuda na herdade recibida, único xeito de disimula-la súa incompetencia; pero iso xa está gastado

A GRAN OBRA DO PP

A GRAN OBRA DO PP

 

   O ego dos gobernantes failles concibir obras faraónicas, que sexan a pegada pola que os recordaran na posterioridade .A Cidade da Cultura, á que moitos chaman o mausoleo  de Fraga. Costa mais o seu mantemento que o presuposto da Consellaría de Cultura, ademais non saben que facer con ela, nin como enchela, nin  de que. O custo de construción cuadruplicouse. E iso que solo se chegou á metade da obra prevista gasto. Os negocios de Pérez Varela, o cuñado de Rajoy, o irmán de Celso Currás, a irmá de Feijóo, o gasto desaforado de diñeiro publico etc. De 108 presupostados a 400 millóns de euros, nada menos. E agora véndennolo como bos xestores.

MAL CHEIRO

MAL CHEIRO

 

  Feijoo quérese quitar de encima o asunto Castelao, di que Castelao Braña dimitiu e que outros imputados non o fan. Só fodería que non dimitise, ou que non o cesasen. Pero aí non se remata a súa responsabilidade. Fixo apoloxía de dous delito, incitando á vulneración da lei; iso comporta unha responsabilidade penal. Non dixo que hai mais de douscentos cargos públicos imputados de varios delitos e ningún esta na cadea. O 75% destes imputados pertence ou PP.. Nn é doado quitar o asunto Castelao, nin os contratos  da irmá, nin as mentiras do déficit, nin paro, nin os dependentes, nin a sanidade, nin as oposicións, nin os chiringuitos, nin  os contratos de PEMEX. Demasiado merda

NAS NOSAS MANS

NAS NOSAS MANS

 

  Nas nosas mans está decidir que Feijoo, o austero. Unha persoa, siga destruíndo o país. El correspóndelle, dándolle o Opus unha debida protección ós colexios católicos, o mesmo que o patrimonio. Nesta dispensa de favores tamén lle da contratos a dedo ás empresase das que súa irmán é apoderada; se fai falta divídense ós contratos pra que o seu importe non obrigue á concurrencia; xa se sabe que pro PP a familia é o primeiro. Pese á parálise tamén  ten facturas nos queixóns; porque o diñeiro destínase preferentemente o autobombo. O Consello de Contas, segundo El Pais, denuncio que escondera catrocentos millóns de euros pra que figurara un déficit menor. Nade sabe que agocha coa súa contabilidade creativa. Non pide o rescate por dúas razóns: 1.-Non quere crearlle problemas a Madrid. 2. Figurar como o campión do déficit, mais cando no seu mandato paralizou tódalas obras iniciadas polo bipartito: autovía Carballo -Verdoia, vía rápida da Costa da Morte, Parador de Muxía, autovía Santiago Lugo, Hospital de Vigo. E unha longa lista. Foi a lexislatura da parálise. Fai falta cara. Feijoo volve a prometer loitar contra do paro e todo o que non fixo nesta lexislatura.  Señor Feijoo ¿pero vostede que fixo?. Vostedes solo fan promesas en campaña, logo, celebradas as eleccións, esquécense do prometido. Os galegos non debe esquecer o que non fixo

GROUCHO RAJOY

GROUCHO RAJOY

 A Rajoy non o entenden en Europa, España esfarélase, a violencia na rúa pode estoupar, parte do pobo pasa fame; pero Rajoy non se inmuta. A súa imaxe de Nova York, paseando pola rúa e fumando un puro, é cómica, asemella a Groucho Marx. Deixa que os problemas se resolvan co tempo por si solos, e se pudran. Si é imprescindible pedi--lo rescate, xa o tiña que ter pedido. Non condicionar medidas urxentes ó proceso electoral,  porque goberna, supoño,  pro país, non pro PP. Ó menos debía ser así.  No mitin do seu amigo del alma, Feijoo, dixo que tomara as impopulares medidas polo ben do país; pero non dixo que tomou esas medidas, non outras, polo ben dos ricos, da airexa, dos bancos, etc.

!HAI QUE VER!

!HAI QUE VER!

 

  Hai que ver como as gastan os pijos peperos, amparándose na súa inmunidade parlamentaria pra insultar o xuiz Pedraz por non ser servil ó goberno e ditar unha resolución que non lle gusta ó PP . A crítica do Deputado do PP evidencia a fonda decadencia e alonxamento destes políticos que se apropiaron das Institucións e arróganse a facultade de determina-lo que está ben ou mal. Este despropósito danos idea da man de quen estamos. Ó fin íspense e amósanos a súa verdadeira cara. Nunca creron na democracia; solo simularon. O prepotente e antideomcrata sr Hernando debe ser cesado por non respeta-la independencia do Poder Xudicial e ampararse na súa inmunidade parlamentaria pra insultar e lanzar proclamas fascistas contra do Estado de Dereito. Faise necesaria a disolución do Parlamento e a apertura dun proceso constituinte,depurando o sistema

A RÚA É MIÑA

 

  A Delegada do Goberno de Madrid resucita aquela frase do franquismo “A rúa é miña” e agora que o PP goberna quere modular, é dicir, prohibir as manifestacións en contra do goberno. No fai moito que estes fascistas tomaban a rúa, pro que lles bastaba o mínimo pretexto. As hemerotecas gardan o testemuña das manifestacións da AVT, da airexa presidida por Rouco, ou as convocadas polo mesmo Rajoy. Non teñen desperdicio as imaxes da concentración diante do Parlamento de Galiza, con Feijoo á cabeza, cando era oposición. Agora a Delegada do Goberno suxire modular o dereito de manifestación. Cando intento aprende o verdadeiro significado dunha palabra dos políticos do PP, saen con outra nova. Isto de modular equivale a prohibir. Solo poderemos pararnos na rúa pra ve-los pasos das procesións

 

LUXO E POBREZA

LUXO E POBREZA

 

Feijoo, o austero, almorzou no Ritz, nada menos. A conta a cargo noso. Encargáronlle ser o dique de contención das reivindicacións autonómicas, especialmente dos baróns do PP. Escudeiro fiel da Rajoy, arremeteu contra tódolos que non deixan disfrutar a Rajoy dunha merecida sesta, sexan do partido que sexan. Foder que austeridade a do PP. Veña recortes e eles almorzando no Ritz. Na prensa americana relátase como os recortes funden a España nunha onda de pobreza. É penoso ver de costas a un home remexendo no lixo buscando comida; unha comida que a Feijoo lla poñen adornada sobre mantel de liño no exclusivo hotel Ritz...

¿ÓNDE NOS LEVAN?

¿ÓNDE NOS LEVAN?

   A CA de Madrid pecha puntos de encontro familiar, que serán xestionados po-la organización Lexionarios de Cristo. A Institución fundouna un dexenerado e pederasta. Esta xente do PP ten esas cousa . Non vos estrañedes se a memoria histórica lle encargan a un falanxista que a xestione, ou a diversidade sexual ó bispo de Alcalá. A vixilancia nas cadeas vanlla encargar a Mayor Oreja; a educación a airexa, etc. O negocio na familia. Mais queb é merecedora do premio é a Cospedal que deixa os Parlamentarios autonómicos sen soldo, a partir do un de xaneiro, aforra con esta medida un millón de euros. Mentres mantén unha partida de 76 millóns de euros para altos cargos. A privatización da política, retrotráenos ó século XVIII. E os políticos lexislaran no seu beneficio, ou no dos seus patrocinadores. En lugar de avanzar, co PP volvemos a Idade Media

EN TEMPO DE CRISE

EN TEMPO DE CRISE

  Feijoo, o austero, 167 asesores no goberno da Xunta, persoal eventual e de confianza, mais, que se saiba 7 empresas privadas de asesoría e colaboración, con  acceso ós datos que queiran, non que precisen. A oposición ausente, como toda a lexislatura. Si que eliminou o paro en 45 días. Dos peperos,claro.

COUSAS CURIOSAS

COUSAS CURIOSAS

 

   Dos detidos na operación pokemon,  en Ourense, un é do PSOE e outro do BNG. En Ourense a corrupción limítase ós dous pringados. Aínda máis, de todos os detidos, só un era do PP, non moi ben visto no cumio do PP. Conclusión: no PP non hai corrupción, no PP de Ourense tampouco. Sen en absoluto, xustifica-la corrupción, algo ule a podrecido nesta operación. Como se montou? Quen a dirixe?. Realmente perséguese a corrupción?. No diario PUBLICO de onte, nun comentario dicíase que a xuíz que levaba a operación Pokemon estaba casada cun alto dirixente do PP de Lugo. Pra rematar o exalcade de BOQUEIXÓN, único imputado do PP, manifestou que el figuraba na operación pra darlle a operación credibilidade, xa que as pezas a cazar eran os do axuntamento de Ourense. Si, cheira mal

SOMOS OS SEGUNDOS

 

   Despois da Camboia de Pol Pot, España é o pais do mundo que mais asasinados ten sen identificar. Non é normal que despois de tantos anos da sublevación de Franco aínda hoxe as familias dos desaparecidos non podan dar digno repouso as vítimas, xa que descoñece o lugar onde se atopan os asasinados. O PP está a boicotear  a reconciliación nacional, impedindo a recuperación dos restos dos desaparecidos, pra eles a guerra continua, nunca aceptaran a convivencia pacifica con xente que pense distinto a eles. Xa sexa eliminándoos fisicamente, ou creándolles unhas condicións de vida difíciles  de superar  

SOLO SABEN MENTIR

SOLO SABEN MENTIR

 

  Non aprenderon nada das mentiras dos atentados de Atocha. Volven a mentir coas manifestacións diante do Congreso. A Delegada do Gobieno fala de grupos violentos,  de 300 kls de pedras. Que de pedras non? claro, como hai tantas en pleno Madrid, pero a quén quere enganar esta señora?. O de onte foi como nos bos tempos de Franco, a policía entrando no metro detrás dos manifestantes e con infiltrados que vergoña!. O que non ten desperdicio é o vídeo que acabo de ver no "País" do policía camuflado e os outros arrastrándoo polo chan e el berrando ¡ que son compañeiro, que son compañeiro, coño!! para que non lle sacudisen, claro, e outro afirmando que si, que era compañeiro.. Estas mentiras vanlle pasar factura ó PP.

QUE NOS RESCATEN

 

 Despois de ler o artigo de5 Claudia Müller vemos que é urxente que nos recaten, pero cos políticos na cadea, é a conclusión que sacamos despois de ler o extenso artigo:  Resumindo: non é unha falta de vontade de traballo, como se pensa, tal vez, nalgúns países do norte de Europa, o que fai que España sufra a peor crise económica da súa Historia. É un sistema corrupto e ineficiente. A crítica do Goberno alemán e as súas condicións para unrescate de España deberíanse concentrar na solución deses problemas. No caso contrario, só conseguirán que unha casta política incompetente e corrupta arruíne á nación para varias xeracións.
*Stefanie Claudia Müller é correspondente alemá en Madrid e
economista. Dada importancia do artigo seguirei colgando algunha partes de el

NON ATOPABA UHA EXPLICACIÓN

NON ATOPABA UHA EXPLICACIÓN

 

  Non atopaba unha definición; era algo difícil de  explicar. Vía aquela cara e non lle atopaba un xeito. É unha cara difícil. Pero mais difícil é entender a suba das pensións que nos vendeu. É que hai cousas que teñen que explicarchas, e aínda así non as entendes. Intentei atopa-la suba das pensións da que me falaba a Ministra do ramo; as contas non me saíron, porque, pese o aumento anunciado, o líquido a percibir era menor do que viña cobrando. Din os entendidos en finanzas que é por aquilo da suba do IRPF, do repago e non sei cantos trabucos mais. Un pensionista non é un experto fiscal e non entende que subindo as pensións cobre menos; solo entende que antes cobraba X e agora cobra menos,  pero a súa sorpresa  é maior cando ve que todo costa mais e agora aínda ten que restrinxir mais as xa esfamiadas compras. Igual que eu, habería milleiros de pensionistas que non entenderon esa maxia do aumento das pensións.  De aí que a Ministra gastara 3,5 millóns de euros en explicarnos algo tan difícil de entender, bueno, por iso,e por darlle os 3,5 millóns ós amigos. +Eu sigo sen entendelo, Por iso collín medo cando Rajoy falou dunha posible suba das pensións. O primeiro que pensei é cánto me van quitar desta vez.

CARRILLO

 

  Da dereita ultramonta, nada normal se pode esperar. Carrillo foi un actor mais da traxedia de 1.936, e a dereita española utilizouno como tapadeira da represión franquista  A historia demostrou que Carrilllo non foi o culpable daquel episodio, pero o fascismo, que nunca deféndeo a verdade, utilizou a mentira como arma política. No pasamento de Carrillo que brille a verdade e que, tanto Paracuellos do Jarama, como os moitos dos paracuelllos que dormen na escuridade do recordo, polos campos de España, atopen a xusta luz. Dende a miña militancia non comunista, quero render homenaxe a quen intentou que a reconciliación entre españois fora posibl