Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

OS MERCADOS AFOGAN ÓS ESPAÑOIS

OS MERCADOS AFOGAN ÓS ESPAÑOIS

 

 

 

  Afogan ós españois, porque os especuladores como o Ministro de Economía non teñen patria , e outros ultras como Aznar tampouco. Con afoga-los consumidores non se activa o consumo e as empresas non terán quen lles compre os produtos e terán que vota-lo peche. Rajoy prometeunos que os mercados confiarían nele    todos seríamos  felices. Os mercados non teñen corazón, nin comulgan con ideoloxías; queren realidades. Rajohy ofrécelles un pais sumidos na miseria que será incapaz de paga-las débedas.  Cando a alguén lle intentas reprochar que lle votara a Rajoy, e agora todos teñamos que sufri-las consecuencias, resulta que todos o negan, pero alguén lle tubo que votar. Tamén din os que nunca ven a realidade que Aznar nos sacou  de algo parecido. Certo, pero a costa de vender todo o que había pra vender

UN CHORIZO MAIS

UN CHORIZO MAIS

 

O de Conde Roa será unha boa oportunidade de ver a validez dese código de bo berno e das normas éticas do PP. Eu mantiven que ese código de goberno aprobado polo PP era unha artimaña mais do PP pra despistar ó cidadán; agora sería un bo momento pra deixa-los fogos de artificio e probalo ditoso código.A sociedade coa que ten contraída a débeda coa Facenda tamén tiña débedas co Concello, do que agora é alcalde. Un raposo  no galiñeiro. O IVE, obxecto da controversia, xa Conde Roa llo tiña cobrado ós donos das vivendas, simplemente se quedou cos cartos.

Por menos, noutro pais,xa houbera presentado a dimisión. De non facelo, o PP tiña que forza--lo seu cese, pero non creo que Feijoo esté en disposición de dar leccións de ética, despois da corrupción que hai na Xunta.

Que Conde Roa non tiña intencións de que respeta-las normas municipais emostrouno coa contratación, a dedo, dun tesoureiro e un interventor, prescindindo dos que legalmente lles corresponde esa función. Feijoo non dixo nada. Comprende que Conde Roa queira as mans libres pra enche-lo saco. Non me estraña que se fundan as bolsas e se dispare a prima de risco. A falta total de ética dos políticos españois ponnos fora do mundo civilizado. E Feijoo mirará pra outro lado.



 

A ELECTRICIDE FAI POBRES

A  ELECTRICIDE FAI POBRES

 

 Somos o segundo pais de Europa coa electricidade mais cara, o primeiro é Malta. Cando nos fogares tódolos aparellos funcionan con electricidade, resulta facilmente comprensible o impacto das subas no ameto doméstico. Comprendemos como os enchufados dos políticos atopan acomodo nos consellos de administración das empresas enerxéticas porque se converten nas pancas necesarias pra  que o  goberno autorice subas incontroladas das facturas. Dese xeito, con mais paro e produtos de primeira necesidade mais caros, seremos mais pobres. No pais no que a clase media desaparece, haberá mai s pobres, e os ricos, serán cada vez mais ricos.

CINISMO

CINISMO

 

Os mercados non son culpables da devale económica, tampouco os gobernos incapaces e corruptos; os culpables, crédeo, somos nos, a masa proletaria, que se empeña en comer tres veces ó día. Cospedal pregoa que agora, dende que concluiron a ruina de España, somos un pais fiable, pero a Comisión Europea non se fía do PP; esas son paradoxas da vida. Antes era oposición, Mari Loli dicía,cando estaba na oposición , que a amnistía fiscal era pra premiar ós defraudadores. Coido que tiña razón. Ela, ou é moi cínica, ou pronto mudou de parecer. Agora o PP presenta a amnistía fiscal como un gran invento. Onde dixen digo, digo diego. Seguen intentado que nos traguemos ese sapo.

 

     A Ministra de traballo, que non sabe o que é  gañar un salario, porque nunca foi asalariada; sempre viviu, a igual que outros políticos, comendo do pesebre, regalounos, aínda que non foi a nai do invento, unha reforma laboral  pensada pro despido, non pra crear emprego. Calcúlase que este ano de goberno de Rajoy vainos deixar 650.000 parados mais. A reforma laboral non foi feita co obxectivo de crear emprego, senón de satisfacer ós empresarios.

COA MANTILLA

COA MANTILLA

 

 

  A Cospedal dixo que agora España si é un pais fiable. Será por iso que van vir os inspectores da CEE a comproba-las contas, será por iso que a prima de risco está por riba da italiana, que a bolsa se funde, que los establecementos de bares e restaurantes e a hostalería en xeral, perden clientes, o mesmo que os centros comerciais, porque os españois están acollonidos co futuro e non consumen, que o paro sigue subindo, que os ingresos das familias son cada vez mais pequenos, menos na súa casa. Mentir é pecado, unha persoa creente non sairía en semana santa con mantilla. Unha mentirosa compulsiba, con poñe-la mantilla por semana santa, é como si puxera ó mundo por montera, e non queda limpa de pecado

ENCHUFES TRIFASICOS

ENCHUFES TRIFASICOS

Relación de agraciados con empleo en las últimas semanas

NOMBRE Y APELLIDO

CARGO

PARENTESCO

Elisa Robles Fraga

Directora General del Centro para el Desarrollo
Tecnológico Industrial (CDTI), organismo dependiente de la Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación.

Sobrina de Manuel
Fraga Iribarne.

Víctor Calvo Sotelo

Secretario de Estado de Telecomunicaciones

Hijo de Leopoldo Calvo Sotelo, ex Presidente del Gobierno

José Ramón Bujanda Sáenz

Presidente de SAECA empresa pública
participada por la SEPI y el Ministerio de Agricultura

Cuñado de
Miguel Arias Cañete, Ministro de Agricultura

José Miguel Martínez

Presidente de la Sociedad Estatal Loterías y
Apuestas del Estado (SELAE) dependiente del Ministerio de Hacienda.

Concuñado de Cristóbal Montoro, Ministro de Hacienda

Ángeles Alarcó Canosa

Presidenta y Consejera Delegada de Paradores
Nacionales

Ex mujer de Rodrigo Rato, ex Vice Presidente del Gobierno y Presidente de Bankia

Ricardo Cospedal García

Próximo Director de la Fundación Carolina

Hermano de María Dolores de Cospedal, Secretaria General del PP y
Presidenta de Castilla La Mancha.

Ignacio López del Hierro

Propuesto como Consejero de Red Eléctrica

Tras hacerse público se ve obligado a renunciar

Marido de María
Dolores de Cospedal

Rafael Rodríguez Ponga

Propuesto para Secretario General del
Instituto Cervantes. Mientras tanto continua de Diputado

Hermano de
María Flavia

María Flavia Rodríguez Ponga

Directora General de Seguros y Fondos de
Pensiones

Hermana de Rafael Rodríguez Ponga

Alberto Nadal Belda

Vicesecretario de Asuntos Económicos, Laborales e Internacionales de la CEOE. Propuesto para ser Consejero de Red
Eléctrica que tras hacerse público se ve obligado a renunciar.

Hermano de Alvaro Nadal Belda

Alvaro Nadal Belda

Director de la Oficina Económica de la Presidencia del Gobierno con rango de Secretario de Estado

Hermano de Alberto Nadal y casado con María
Teresa Lizaranzu Perinat

María Teresa Lizaranzu Perinat

Directora General de Política e
Industrias Culturales y del Libro

Casada con Álvaro Nadal Belda

Rafael Catalá Polo

Secretario de Estado en Fomento

Hermano de Raquel Catalá Polo

Raquel Catalá Polo

Delegada Especial de la Agencia Tributaria en Madrid.

Hermana de Rafael Catalá Polo

José Canal Muñoz

Secretario General Técnico del Ministerio de
Educación, Cultura y Deporte

Casado con Sonia Ramos Piñero

Sonia Ramos Piñeiro

Directora General de Apoyo a Víctimas del
Terrorismo


Casada con José Canal Polo.

Carmen Gámir

Jefa de Prensa de la Secretaria de Estado de
Presupuestos

Compañera sentimental de Alberto Feijóo, Presidente de
la Xunta de Galicia

Marcelino Oreja Arburua

Nombrado Presidente de la Entidad Pública
Empresarial Ferrocarriles de Vía Estrecha (FEVE)

Hijo de Marcelino
Oreja Aguirre, ex diputado y ex Ministro de Asuntos
Exteriores.

Miguel Cardenal Carro

Presidente del Consejo Superior de Deportes

Hijo de Jesús Cardenal, ex Fiscal General del Estado con José María
Aznar.

Álvaro Ramírez de Haro y Aguirre

Asesor del Secretario de Estado de
Comercio, Jaime García-Legaz

Hijo de Esperanza Aguirre

María Zaplana Barceló

Asesora en la Secretaria de Estado de Turismo.

Hija del exministro Eduardo Zaplana

Iván de la Rosa

Letrado en el Área Jurídica de Telefónica

Marido de Soraya Saénz de Santa-María. Vicepresidenta del Gobierno.

 

....e  hai mais, moitos  mais.

 

SALDO DUNHA FOLGA

SALDO  DUNHA FOLGA

 

    Na hora do saldo, todos gañaron, goberno e sindicatos. Sendo metafisicamente  imposible que as dúas cousas sexan  verdade  á vez. O goberno minimizou o éxito da folga; os sindicatos falan de éxito rotundo. O  goberno  non vai  modificar nin unha coma a súa reforma  laboral;  polo que se  pode entender que non valeu pra nada.  Unha folga,  aínda que sexa  dura, é un acto fugaz, que se apaga no  tempo. Mais posiblemente esta folga sexa solo o comezo dun largo conflito laboral. O mellor a folga xeral non era oportuna, pero o  goberno fíxoa necesaria. Solo unha mellora notable da situación económica e laboral, que non se vai dar, pode abalar unha reforma laboral tan desequilíbrante e agresiva. O goberno galego da   unha  cifra de seguimento da  folga nun 35%, os sindicatos nun 93%. Un dos dous, ou  os dous menten. A  marxe  das cifras, non hai impunidade pra reforma do goberno.

SEN FUTURO

SEN FUTURO

 

 

   Cando a economía non ten futuro, cando a destrución de emprego rematará cando todos  estamos en paro;  verémoslle o rabo ó demo.  A CE, os   mercados e os nosos socios comerciais, queren que reduzamos o déficit e  poñamos orde  na  economía.  As elecións autonómicas xa pasaron; que era un atranco pra política de esganamento  dos currantes e pensionistas. O PP non nos quere afogar, quere que vivamos pra que sigamos mantendos os moinantes e as estruturas de poder e caciquiles.   Non se van suprimi-las  Deputacións e o Senado, nin reduci-los axuntamentos. Non se vai loitar contra do fraude fiscal, porque os defraudadores teñen influencia no poder; tampouco se vai tocar as retribucións dos políticos e dos sindicalistas,o poder da   banca  e dos ricos. Non se vai toca-los privilexios fiscais da airexa,nin o seu financiamento a cargo  Estado. Seremos os  de sempre, os que carguemos coa crise,os vampiros son da clase

UN BO REPARTO

UN BO REPARTO

 

   No reparto das cartas que nos da a vida, hainos cunha boa man. Pra mostra os parentes de cargos do PP, colocados en consellos de administración de empresas, algunhas privatizadas na época de Aznar, que seguen pagando a renda de favores. O marido da Cospedal, e outros parentes da ilustre nomeounos pra copar  cargos, ós que sae viron obrigados a renunciar por presións da Moncloa, diante do escándalo que producían os devanditos nomeamentos.  A Cospedal, co mais descarado nepotismo, quería incrementa-los ingresos familiares e o seu poder,  Soraya, que é a muller con mais poder, dende Isabel a Católica, presionou na Moncloa, pra cortarlle ás as á Cospedal, e de paso,  nomeou o seu marido pro consello de administración de telefónica; non é menos certo que esta é a típica política clientelar do PP , pero no fondo está o enfrentamento das dúas poderosas damas do PP.

PODER ABSOLUTO

PODER ABSOLUTO

 

  O PP pretendía o poder absoluto; saíulle o tiro pola culata. Andalucía, a inconquistable, é una illa roxa no océano azul; o problema será si EU e o PSOE non entendan a mensaxe es se pasen de freada. Con todo, o PP solo ten un problema menor en Andalucía, os verdadeiros problemas vainos ter en Cataluña e nas Vascongadas. En Asturias, aínda que gobernen en coalición as dereitas, o PSOE amosou  un renacemento  forte. A reconquista de España vaise iniciar, unha vez mais, en Asturias

 

POUCA CREDIBILIDADE

POUCA CREDIBILIDADE

 

 

    Os gobernos, como o italiano, que loitan contra da crise periférica, o mesmo que a UE, están preocupados pola marcha de economía española. Mesmo Monti chegou a insinuar que a reforma laboral do PP non era a que se esperaba; xa que con precariza-lo emprego e crear inseguridade e desequilibrios nas relacións laborais non se reactiva  economía, antes ben o contrario, descuidando o control das contas públicas. As aclaracións e rectificacións do político e tecnócrata italiano déronse de seguido por medio  da súa oficina, diante das protestas do goberno español. Viñeron as rectificacións, pero as cousa as estaban ditas. A Comisión Europea non se fía do goberno español e xa anunciou o envío de inspectores pra examina-las contas. Penosa a imaxe de Rajoy.

TRASPARENCIA

TRASPARENCIA

 

Con moitos anos de retraso, ríspeto ós países mais avanzados, o PP vai sacar un proxecto de lei de transparencia e bo goberno. Pouca credibilidade merece o proxecto cando non se cumpren as leis actuais e se están votando cortinas de fume, como se o goberno fora un calamar, e esa parece se-la función da lei. Pra colmo o de bo goberno soa a medieval. Si a lei se aplicara, con efectos retroactivos, poucos políticos sobrevirían, tanto do PP como do PSOE. Ámbolos partidos sempre ampararon a corrupción; aínda que neso o PP leva as de gañar. Por iso pouca credibilidade merece o proxecto.

O CALAMAR

O CALAMAR



  Con moitos anos de retraso, ríspeto ós países mais avanzados, o PP vai sacar un proxecto de lei de transparencia e bo goberno. Pouca credibilidade merece o proxecto cando non se cumpren as leis actuais e se están votando cortinas de fume, como se o goberno fora un calamar,e esa parece se-la función da lei. Pra colmo o de bo goberno soa a medieval. Si a lei se aplicara, con efectos retroactivos, poucos políticos ían,tanto do PP como do PSOE. Ámbolos partidos sempre ampararon a corrupción; aínda que neso o PP leva as de gañar. Por iso pouca credibilidade merece o proxecto

DORRIBO DORRÍBASE

DORRIBO DORRÍBASE

  

      O Presidente Feijoo ameazou co xulgado a que o vincule a operación DORRIBO. Non sereín eu quen poña en dúbida a honra do pedazo de presidente que temos. Iso non me  quita  as dúbidas que xorden dunha sorte de feitos. ¿ por qué Dorribo se abrochou tantas subvencións da Xunta?, ¿por qué Dorribo cobrou unha sustanciosa subvención, logo de reunirse co Presidente?. A pregunta do millón: alguén utilizou e lle pagou a Dorribo pra poñer falsas denuncias. Cando se van esfarelando as acusacións de Dorribo, e todo adquire o aspecto dun sospeitoso montaxe, o caso vai xirando e oscurecendo e dando a sensación de que todo é posible. Sería bo que o Presidente aclarara algunhas cousas deste enredo; pois sen acusalo, gustaríanos saber qué tratou na entrevista privada con Dorribo e a coicidencia das subvencións.

NON SOMOS O MESMO

NON SOMOS O MESMO

 

 

   Os mil euristas recórtanlles o soldo, os pensionistas fan que lles soben a pensión, pra recortárllela a impostos, a sanidade camiña pra precariedade e os que poden pagan a privada, a educación pública é cada día mais pobre; en cambio os  soldos dos polípticos medran, chegando a desvergonza de cobrar un complemento por vivir fora de Madrid eses 62 deputados con vivenda en Madrid. A axuda rolda os 2000, que pra si xa a quixeran algúns de salario,

 

O GRAN TIMO

O GRAN TIMO

 

 

  Empresas, como PESCANOVA, dedicadas á cria de peixe en granxas mariñas, buscan un beneficio engadido coa ocupación de terreos privilexiados, da Rede Natura; ocupados de balde, pra logo, si chega o caso, urbanizalos. Unha cousa é clara, non fan nada se non é por un gram beneficio. É chamativa a escasa oposición de grupos ecoloxistas, que antes, por moito menos armaban unha gran trifulca; o que fai sospeitar que tras deles andaba o PP. Os prexuízos pros outros cultivos mariños tradicionais e pra pesca nas rías, é inmenso.

 

A CRISE SO É PRA ALGÚNS

A CRISE SO É PRA ALGÚNS

 

 

      Comentábase que na crise hai un pebideiro de oportunidades. As crises sempre foron así. A xente agudiza a imaxinación, pero tamén abunda aqueles que viven e medran á costa das necesidades e das miserias dos seus semellantes. O que realmente resulta indignante é que a crise a teñan que paga-las persoas con menos ingresos, e agora aínda van recortar sobre os recortes, mentres que os políticos e os especuladores, que son os realmente responsables da crise saen ben parados. Indígname que Institucións ricas como a airexa lle sigan mantendo os privilexios fiscais, declarando membros do goberno, que os privilexios da airexa son intocables. Desa maneira resulta mais entendible a postura ultramontana do Ministro de Xustiza, porque os curas son os que marcan o vieiro  

 

CON APARIENCIA DE VERDADE

CON APARIENCIA DE VERDADE

 

 

  Pouco lle importa ós manipuladores de opinión a verdade. Eles ven na desorientación da opinión como unha parte da guerra psicolóxica na que están empeñados. Xa se sabe que nas guerras, i estes dende o 36  seguen en guerra, a primeira vítima é a verdade. Causa un nauseabundo cansazo a manipulación, inventan noticias, métennos nun mundo de falsidades e odios. Son fillos de pai descoñecido, sementadores de rumores,  difamadores en grupo como lobos dunha manada, que escriben panfletos cos que nade se limparía o cu. ¿Hai corrupción en Andalucía?, moi posible; por desgraza tamén a hai en Galicia, Baleares, Valencia, Madrid e en tódolos lugares onde goberna o PP. Unha corrupción protexida e amparada polo poder. A razón de tamaño cruzada mediática  pra acada-lo goberno de Andalucía, obedece a dúas razóns. 1.-teñir España de azul, empregando os bulos e as mentiras, ou os medios que se lles poñan a tiro, 2.-desenrro-la corrupción en réxime de exclusiva. Pretenden, ademais, desmantela-los servizos públicos, deixalo traballador desvalido diante do empresario e regalalo diñeiro ós curas. Que o PP use a corrupción como arma pra atacar ós contrarios, resulta irónico.

TRAXEDIA NA INDEFERENCIA

TRAXEDIA NA INDEFERENCIA

 

 

   Case 25.000 fogares galegos non teñen ingresos. Nunha cidade coma Vigo, 50.000 persoas viven na pobreza. Si esta cifra a extrapolamos ó resto do pais, que se lle engadimos os mais de 270.000 parados, danos unha idea da situación real do pais, moi distinta desa fantasía que nos pinta Feijoo no Parlamento.  A Consellería de Traballo, da que depende a política social, atópase nesa parcela do estado de benestar, na que se centran a maioría dos recortes, dunha parte polos imperativos orzamentarios, de outra pola política do PP de elimina--lo estado de benestar e deixar unha residual acción social a imaxe da que había no século XIX. O RISGA converteuse nunha sorte de trampa burocrática pra marea-los solicitantes pra que desistan antes de que chegue unha resolución. Resolucións que xa están nos oito meses, cando a lei da un prazo máximo de tres. Pra iso, ultimamente nin se ditan. Todo está paralizado. Nada parecido o que se prometeu en campaña electoral. Dificilmente pouco se poderá, nun futuro,. retoma-la acción social ó goberno de Feijoo; porque nestes tres anos de goberno, a Xunta laminou toda a política social.  Mentres estas desantencións se dan, a Xunta, sen concurso público, vai destinar a subvencionar medios que difundan a labor da Xunta; pra elo, faranse convenios entre cada unha das  consellerías e os medios escollidos.