Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

REGRESO Ó PASADO

REGRESO Ó PASADO

 

    Non solo na política laboral, toda apolítica social do PP é un regreso ó pasado. A guinda posta por Gallardón é insuperable. O aire contaminado de Madrid, ou a perda de razón, unha sorte de trastorno transitorio, indúcelle a cometer disparates. Debe ser unha epidemia, un virus que se lles mete nos miolos os peperos e prodúcelles un desequilibrio na percepción da realidade. Feijoo prometeu que a súa labor de goberno faríase con luz e taquígrafos; pero non hai luz, a Xunta ten as bombillas fundidas e os taquígrafos, os que non se foron de vacacións, fixéronlles un ERE. Os recortes en sanidade e servizos sociais son descomunais, o mesmo tempo gastáronse o ano pasado en publicitar  nos medios de comunicación a labor da Xunta, mais de 14 millóns de euros, subvencións a Dorribo mais de catro millóns de euros.  Cántos  dependentes non se atenderían con estes cartos.  Os gastos en propaganda superan, algunhas veces, o gastado en inversión. Esta tendencia a publicitar calquera inversión, coa finalidade de crear unha imaxe artificial  da xestión da Xunta, choca co ocultismo practicado coas actividades e o custe do que se fai na cidade da cultura e na illa der San Simón. Volvemos, aínda que xa hai o departamento de Cabaleiro, a ter unha Secretaria de propaganda como si non deixara de existi-lo Movemento Nacional

UN LAMENTABLE RECORDO

UN LAMENTABLE RECORDO

 

 

 

    O 11M foi un día de inmenso dolor. É triste que o recordo da conmemoración daquel día este presidido polas instrucións do Fiscal Xeral do Estado de reabri-lo  caso,  despois de oito anos. O PP, con Aznar e Acebes, emperráronse e culpar a ETA dos atentados; non quixeron recoñecer que foron culpables dos atentados, tanto pola guerra de Iraq e pola nulo control policial dos salafistas durante a etapa do goberno de Aznar. Os  desmesurados gastos e enerxías en desvia-las investigacións e en pagar a avogados,  con vergozantes resultados nada lles  ensinaron. Como xente obtusa, intentan nadar contra corrente, con tal de sementa-la dúbida, non lles importa a verdade, nin as vítimas. Menos lles importa o diñeiro do contribuínte. Solo lles importa o seu ego. Gustaríame saber quén lle deu vela neste enterro á sª Pedraza da AVT, asociación vinculada coa extrema dereita e os seus medios de comunicación; a non ser pola confabulación fascista pra leva-la auga por determinados rego. Quere evitar parece-los culpables dos centos de mortos e feridos, pero sono.   

DEPURADOS

DEPURADOS

 

 

  Os responsables da Oficina de Loita Contra o Fraude, da Axencia Tributaria foron cesados, deixándoos en “expectativa de destino”, situación que se considera de castigo. Os funcionarios que compoñen esta unidade son persoal altamente cualificado. O persoal cesado ocupaba postos de libre designación, non de carácter político; o cese de persoal nesta situación é algo moi raro, mais en Facenda, onde a profesionalidade é esencial. Destaparon e investigaron, entre outros, o caso Gürtel, o do Duque de Palma, FABRA, EMARSA, BRUGAL ... Pilar Valiente, á que se atribúen os cesamentos, é amiga de Azar, baixo cuxo mandato foi nomeada por Montoro, Presidenta do Mercado de Valores. Envolta en varios escándalos, entre os mais soados o de GESCARTERA, tivo que cesar por prevaricación e corrupción. Unha corrupta pra persegui-la  corrupción, solo falta que lle nomeen a Camps asesor. Agora parece que se vai encargar de tapa-los casos de corrupción nos que está implicado o PP.  O camiño será legaliza-la corrupción por Decreto, así eliminada a tipificación non haberá delitos.

 

 

EMARSA

EMARSA

 

   EMARSA, ou o saqueo impune do diñeiro público. Esta era unha empresa pública do goberno de Valencia, que foi liquidada e que deixou un furado patrimonial de 17 millóns de euros. A macroestafa está sendo investigada pola xustiza, pero o PP pon todo o seu empeño en agocha-los feitos. O Presidente da CCAA de Valencia, posiblemente prisionero da mafia política valenciana, mira pra outro lado. Un directivo de sociedade facturou a EMARSA  varias noites de hotel con catro señoritas de moral distraída. Parece que actuaba en plan garañón. O Gran Premio de Valencia era un dos moitos eventos cos que se xustificaban facturas falsas; non naceu o GP solo como evento deportivo, senón como un medio mais de fabricar facturas. Destacados personaxes da trama Gürtel, como Crespo, ou Cuesta, tamén estaban recibido diñeiro da sociedade. Como as demais tramas corruptas do PP pode verse tapada e paralizado o proceso, xa que o PP iniciou o proceso de cese dos funcionarios comprometidos na investigación.

NUN DIA ESPECIAL

NUN DIA ESPECIAL

 

 

   Lonxe da loita de sexos como alguén pretende celebrar este día, pra min é o recordo das mártires queimadas naquela fábrica por reivindica-los seus dereitos. Un feito lixa este recordo: A intervención de monseñor Gallardón calificando a maternidade responsable como a xeradora da violencia de xénero. Seguro que si existira a lei, que el pretende eliminar, cando o concibiron, moitos menstruos que hoxe hai na política e na airexa, probablemente  non houberan nacido. Non comprendo  ben o da violencia estrutural  da que fala; quizá nese mundo do  que procede haxa médicos loucos que perseguen pola rúa a mulleres embarazadas armados de instrumentos crueis; mais ben penso que hai gobernos que non constrúen garderías, que non axudan a que as parellas poidan criar persoas, que os empresarios pagan salarios de miseria, que non queren embarazadas na súa empresa, etc. A muller é pra Gallardón e a súa corte un animal reprodutor, como o pode ser unha vaca, nada  mais.

E TI MAIS

E TI MAIS

 

  Non é novo o de “Ti mais”. Nunha recente representación parlamentaria. Si representación parlamentaria; porque en lugar de arranxalos asuntos públicos, os partidos políticos tomaron o parlamento por un corral de comedias, no que simulan ter opinións contrapostas sobre un determinado asunto. Co gallo do debate da reforma laboral, Rajoy reprochoulle ó PSOE que no seu mandato houber mais de 3.000.000 de despidos, razón pola que non consideraba o PSOE lexitimado pra darlle leccións. O argumento, lonxe de aclarar cal vai sela política de Mariano, déixanos acollonidos diante da ausencia de ideas, os dous partidos tíranse merda mutuamente, quedando unha cousa clara: Haberá o mesmo número de despidos, pero mas doados a baratos. Tódolos diarios económicos mundiais coinciden en salienta-la pouca credibilidade que lles da Rajoy. o mesmo pasa nos círculos políticos estranxeiros e nos mercados. A noite aínda está por chegar, pero virá, sreguro.

A FALTA DE DIÑEIRO

  

  As consecuencias do paro son motivadas pola á ausencia de crédito. De ben pouco serviu que o BCE dera ás entidades de crédito prestamos o 1%. A entidades españolas solicitaron o 20% do diñeiro posto a disposición das entidades de crédito da UE. Ese diñeiro non chegou ás empresas, nin ás familias; os bancos utilizáronnos pra invertelos onde lles deu a gana; unha parte importante na débeda que emite o Estado, de aí que a prima de risco baixara.  Os mercados son de reacción lenta, aínda non se enteraron que Zapatero xa se foi, e chegou Mariano  coas súas reformas, ou o mellor pensan que son o mesmo de malos. A prima de risco disparase cada vez que s fachas abren a boca, xa está por riba da Italiana. Xa non podemos votarlle a culpa a Zapatero; pra arranxalas cousas viñeron Rajoy e a súa panda. Por iso están cobrando; así que menos desculpas e mais solucións.

 

 

Á PEÑA VAILLE O ENGAÑO

Á PEÑA VAILLE O ENGAÑO

 

    Non consiste en quen mente mellor, chega con  mentir. Esa sería a conclusión que nos deixa un Rajoy que quixo quedar como político que lle vota un pulso a Unión Europea e vence no envite. O déficit do 5,8 % foi consensuado, por Rajoy, co dúo mekosi e co Fondo Monetario. Hai mais, cando Rajoy estaba na oposición, segundo unha revista alemania, pediulle a Anxos Merkel que non lle permitira a Zapatero modifica-los obxectivos do déficit. Ós dous vicepresidentes da Deputación de Málaga, do PP, estanse   abrochando mais de 7.000 euros, cun informe en contra da Intervención. Alcaldes andaluces do PP, imputados, seguen nos cargos; mentres Arenas fala dos ERES do PSOE.

CHARLES CHAPLIN Á ESPAÑOLA

CHARLES CHAPLIN Á ESPAÑOLA

 

 

   Non podo deixar de pensar e imaxinarme a Charles Chaplin dando conferencias por EEUU; senti-lo ridículo que fixo; un ridículo que nos abrangue a todo o pobo español. A xente normal coñecía as veleidades extremistas de Aznar, pero que os mesmísimos neocons se asombraren dos seus delirios e da súa belixerancia antimusulmana faime pensar na pouca consideración na que tiñan a Aznar nos EEUU; nin tansiquera esa Axencia de Intelixencia o estimara digno de unha avaliación. Había  que facer preguntas O señor Aznar, ó que deberán facer un control de alcoholemia  cando se dispón a falar, foi unha ruína para a política deste país, tanto no interior como no exterior, á que degradou económica e moralmente. Malvendeu o parimonio do Estado, que regalou ós amigos. Instaurou a mentira por sistema, a manipulación, a infamia, a falta de respecto, e ton tabernario. As recualificacións e a barbulla inmobiliaria.
  Coa súa pequenez moral, cun ego propio dos acomplexados, capaz de comprar medallas co noso diñeiro para encher as súas ansias de grandeza, un pequeno tirano que se pasea polo mundo vertendo infamias sobre o seu país Aínda hoxe non ten superado a súa saída do goberno.

TECNICAS DE CONTROL aplicadas por Feijoo

 

 

   Noam Chomsky fala das 10 Estratexias de Manipulación Mediática ou lingüista.  Noam Chomsky elaborou a lista das "10 Estratexias de Manipulación" a través dos medios.

   1.-A estratexia da distracción é o elemento primordial do control social. E da estratexia da distracción, que consiste en desvía-la atención do público dos problemas importantes e dos cambios decididos polas elites políticas e económicas, mediante a técnica do diluvio, ou inundación de continuas distraccións e de informacións insignificantes.

2.-A estratexia da distracción é igualmente indispensable para impedir o público interesarse polos coñecementos esenciais, na área da ciencia, a economía, apsicoloxía, a neurobioloxía e a cibernética. "Manter a Atención do público distraída, lonxe dos verdadeiros problemas sociais, ocupándoa por temas sen importancia real.. Mante-lo público, sen ningún tempo para pensar; de volta a granxa como os outros animais (cita do texto 'Armas silenciosas para guerras tranquilas).

2. Crear problemas e despois ofrecer solucións. Este método tamén é chamado"problema-reacción-solución". Créase un problema:; unha "situación" prevista pra causar certa reacción no público, co fin de que este sexa o mandante das medidas, que se desexa facer . Por exemplo:: deixar que se desenvolva, ou se intensifique a violencia urbana, Ou organizar atentados sanguentos, co fin de que o público sexa o demandante de leis de seguridade, e políticas en prexuízo da liberdade. Ou tamén: crear unha crise económica para facer aceptar como un mal necesario o retroceso dos dereitos sociais,, co desmantelamento dos servizos públicos

3. A estratexia da gradualidade. Para facer que se acepte unha medida inaceptable. Abonda aplicala gradualmente, a contagotas, por anos consecutivos. É dese xeito crear condicións socioeconómicas radicalmente novas: O (neoliberalismo) coas estratexias desenroladas durante as décadas de 1980 e 1990: Estado mínimo, privatizacións, precariedade, flexibilidade, desemprego en masa, salarios que xa non aseguran ingresos decentes, tantos cambios que tivesen provocado unha revolución se tivesen sido aplicadas dunha soa vez.

.
4. A estratexia de diferir. Outro xeito de facer aceptar unha decisión impopular é a de presentala como "dolorosa e necesaria", obtendo a aceptación pública, no momento, para unha aplicación futura. É máis doado aceptar un sacrificio futuro que un sacrificio inmediato. Primeiro, porque o esforzo non é empregado inmediatamente. Logo, porque o público, a masa, ten sempre a tendencia a esperar inxenuamente que "todo irá mellorar mañá" e que o sacrificio esixido poderá ser evitado. Isto dá máis tempo ó público para acostumarse á idea do cambio e de aceptala con resignación cando chegue o momento.


5. Dirixirse ó público como criaturas de pouca idade. A maioría da publicidade dirixida ó gran público utiliza discurso, argumentos, personaxes e entoación particularmente infantís, moitas veces próximos á debilidade, coma se o espectador fose unha criatura de pouca idade ou un deficiente mental. Canto máis se intente buscar enganar o espectador. Máis, téndese a adoptar un ton infantilizante. Por que? Se un se dirixe a unha persoa coma se ela tivese a idade de 12 anos, ou menos, entón, en razón da suxestionabilidade,tenderá, con certa probabilidade, a unha resposta ou reacción tamén desprovista dun sentido crítico como a dunha persoa de 12 anos, ou menos de idade,:(ver "Armas silenciosas pra guerras tranquilas") ".

6. Utiliza-lo aspecto emocional moito máis que a reflexión. Facer uso do aspecto emocional é unha técnica clásica para causar un curto circuíto na análise racional, e finalmente o sentido critico dos individuos. Por outra parte, a utilización do rexistro emocional permite abrir a porta de acceso ó inconsciente pra implantar ou inxertar ideas, desexos, medos e temores, compulsións, ou inducir comportamentos...
7. Mantelo público na ignorancia e a mediocridade. Facer que o público sexa incapaz de comprender as tecnoloxías e os métodos utilizados para o seu control e a súa escravitude. "A calidade da educación dada ás clases sociais inferiores deben ser o máis pobre e mediocre posible, de forma que a distancia da ignorancia que planea entre as clases inferiores e as clases sociais superiores sexa e permaneza imposible de alcanzar pras clases inferiores (ver 'Armas silenciosas'pra guerras tranquilas) ".páx. páx. Páx”.


8. Estimulalo público a ser compracente coa mediocridade.


9. Reforzar a autoculpabilidade. Facer crer ó individuo que é soamente el o culpable, pola súa propia desgracia, por causa da insuficiencia da súa intelixencia, as súas capacidades, ou dos seus esforzos. Así, en lugar de rebelarse contra o sistema económico, o individuo se auto desvalida e cúlpase, o que xera un estado depresivo, un de cuxos efectos é a inhibición da súa acción. E, sen acción, non hai revolución!10. Coñece-los individuos mellor do que eles mesmos se coñecen. No transcurso dos últimos 50 anos, os avances acelerados da ciencia xeneraron unha crecente brecha entre os coñecementos do público e aqueles posuídos e utilizados polas elites dominantes. Grazas á bioloxía, a neurobioloxía e a psicoloxía aplicada, o "sistema" hai gozado dun coñecemento avanzado de ser humano, tanto de forma física como psicoloxicamente. O sistema conseguiu coñecer mellor o individuo común do que el coñécese a si mesmo. Isto significa que, na maioría dos casos, o sistema exerce un control maior e un gran poder sobre os individuos, maior que o dos individuos sobre si mesmos.

ELIMINA-LA CRÍTIPCA

ELIMINA-LA CRÍTIPCA

 

 Pra chegar ó poder, e logo pra transitar nel como si fora un camiño de rosas, o PPg deseñou a súa estratexia nun control total dos medios  de comunicación, chegándolle a pagar, a un solo medio 20.000 euros diarios en subvencións, outorgadas baixo as mais éstranas denominacións. Dese xeito os medios mais influentes convertéronse nunha sorte de DOGA, controlados dende a Consellería da Presidencia. Os obxectivos do PPg, con respecto ós medios de comunicación non se limitaron ó control dos de mais difusión. Con diversas  estratexias, pero cun obxectivo común, foron eliminando medios como Vieiros, A Nosa Terra e Galicia Hoxe, que non tiñan unha gra difusión, pero eran pouco, ou nada, afectos ó réxime. Algunhas emisoras de TV locais, que se escapan ó equipo de censura do PPg, están sendo acosados, de xeito que, ou aceptan o abrazo de morte do PPg, ou terá unha subsistencia difícil. Cabaleiro, ó que se atribúe a tarefa de censura e control da información da Xunta, non deixa de ser o que cumpre unha tarefa case  administrativa. A información sobre casos de corrupción, de incumprimento das promesas de inversión de empresas  beneficiadas por concesións administrativas, como as do eólico e a TDT, ou a adxudicación a dedo de contratos de obra, ou de suministros, son especialmente controlados. Non deixemos no esquecemento os escándalos das distintas oposicións pra Xunta, sobre os que o PP teceu unha confusa información, de tal xeito que hoxe nade sabe en que remataron os escándalos denunciados.

MARI LOLI

MARI LOLI

  

      Mª Loli non minte; non di a verdade: si mente  faino polo noso    ben, e iso non é mentir. Curioso, usa os mesmos razoamentos  que os maltratadores. Das moitas estulticias que saen pola súa boca, destacaría a do déficit, perdoable cando fala como Presidenta de Castela a Mancha, porque esta CCAA era gobernada polo PSOE e tiña un déficit tremendo; pero si fala como alto cargo do PP minte, xa que o déficit tan elevado ten a súa orixe nas CCAA, gobernadas, na súa maioría, polo PP. Foi moi posible que os Presidentes das Autonomías lle mentiran ó Goberno Central, incluso, que os baróns das CCAA do PP non lle dixeran a verdade a Xénova e ela ignorara a  realidade. Unha cousa é certa, tan metida está no papel de oposición que en lugar de gobernar dedícase a votarlle a culpa á oposición. Ela, acumulando sueldos estratosféricos, e outros roubando, son culpables  de que non se acade o déficit; porque xa non nos queda onde recortarlles ós traballadores e pensionistas. As súas receptas son: baixalos salarios, menos o seu, e privatizar educación e sanidade. Os dependente que se busquen a vida, non é un problema seu. Deus non está cos eivados, porque el é a perfección. Ela está do lado de Deus. Si se privatiza a sanidade e o ensino, é porque hai negocio, n on pra dar un mellor servizo. Esa a súa filosofía política.

NON CADRA

NON CADRA

 

   Non cadra que teñamos aeroportos sen avións e aulas se calefacción, bateres sen papel hixiénico e chourizos na rúa ceibes, farmacias ás que non lles paga o goberno autonómico e circuítos de fórmula un. Duques que saquean a facenda, e facenda superendebeda, xuices que destapan mafias corruptas e son procesados, mentres os chourizos saen ceibes. No medio estudantes, que non son estudantes, senón terroristas que non agradecen os recortes que o goberno fai no ensino público pra preserva-lo ensino privado da crise. Uns estudantes que pretenden ter os mesmos dereitos que os do  ensino privado, que non asumen o papel  que lles asigna o goberno do PP, man de obra barata, sen cualificación. Hai que ser comprensible co Director da Policía, que vía unha boa oportunidade de proba-la preparación da policía pra reprimir futuras protestas de famentos e desesperados, que non agradecen a miseria pra alcanza-lo reino celestial

AS PRIORIDADES DO RÉXIME

AS PRIORIDADES DO RÉXIME

 

     Reforma-la lei do aborto e outras leis de contido social, como unha prioridade do goberno, da idea do que é importante pro PP. Xa en Galicia sabemos o que pro PP é importante. Destruír, borrar tódalas pegadas do goberno anterior, son programas, non publicado, deste goberno que pretenden mais deus pra nos e mais euros pra elles. En primeiro lugar quere contentar á airexa, en segundo lugar ós poderes económicos; non os mercados; si  contenta ós mercados é algo que lle ven imposto dende fora, e fai o mesmo que faría outro partido no seu lugar. O paro queda moi ben como cartel electoral, pero despois deixa de ser prioritario. Agora parece que é prioritario modifica-los programas das oposicións de maxisterio. Verdadeira kafrada. Neso tamén actúan como o fixo o PPg nas oposicións da Xunta e do SERGAS. Polo que se ve é marca  da  casa.  

HAI QUE ROUBAR MAIS

HAI QUE ROUBAR MAIS

 

 

    O da exdirectora da CAM motivou un río de comentarios. Estráñase a peña das pretensións de Amorós. Non ten tanto de raro que pida indemnizacións polo lucro cesante, polos danos a súa imaxe, calificando o seu cese como despido improcedente. Os outros executivos das demais caixas tamén arruinaron as Entidades que dirixiron a tivo o Estado que rescatalas. Os directivos marcháronse con escandalosas indemnizacións, e non pasou nada. Por iso vexo normais as pretensións de Amorós. Neste pais, si roubas moito on tes que reocuparte. Hai de ti que furtes 1500 euros pra salva-la casa dun desouzo, ou unha barra de pan pra engana-la fame dos teus fillos; irás á cadea por mito tempo. O de Amorós é un caso moi similar ó de Tedy Bautista. Conclusión, si roubas, hai que roubar moito. Nalgúns casos incluso non terás que recorrer á desagradable experiencia de acudir ós tribunais. Sen ir mais lonxe, a multitude de altos cargos das caixas galegas, que despois de arruinalas, marcháronse pra casa cun cuantioso botín. Si se pode dicir que os políticos contribuiron a afunda-las caixas, no  caso da CAM o PP valenciano  tiña nela o seu banco privado.

 

A HSTORIA INVENTADA

A HSTORIA INVENTADA

 

 

  As consecuencias da ausencia de unha transición democrática, non solo se ve no xuízo de Garzón. A contaminación e manipulación da historia, recollida nun libro editado cos auspicios, da que debía ser unha Institución científica e seria coa Historia, puxo colorados e   revolvéronselles as tripas ós expertos historiadores e científicos. Mais dun incluso vomitou co noxo, cando O Diario PBLICO revelou que no dicionario bibliográfico da Real Academia da Historia, subvencionado con case seis millóns de euros, dicíase que Negrín era un ditador e que Franco era un valeroso militar  que montou un réxime “autoritario, non totalitario”. O feito viviuse con asombro fora das nosas fronteiras, e púxonos, de novo,  fronte á realidade da nosa podrida sociedade. Editores e científicos decidiron elaborar un dicionario alternativo, baseado en feitos reais.  Non é solo o PP, nin os fachas, que viven sentados nas cadeiras, das que debían ser venerables Institucións, tamén o PSOE ten que asumi-la súa culpa; pois os feitos ocorreron baixo o goberno do pusilánime Zapatero. Por moito que queiran reescribi-la historia, non poderán ocultar que Franco foi un ditador xenocida. Agardo con impaciencia que salia a venda o libro pra mercalo.

 

LIBERALIZAR

LIBERALIZAR

 

 

  Non hai lugar pra dicir, algo queda sen liberalizar, porque si algo queda está o PP pra poñérllelo na man dos seus amigotes. Non se resiste a sanidade, non se resiste a educación; aínda que non deixa de ser sorprendente que o goberno volva a permti-las posicións especulativas á corta. É dicir, a especulación pura. O Goberno parece mais preocupados en que os especuladores gañen mais, sen importarlle a recuperación do país. O sr Cañete, no seu puro estilo, quere cubrir de cemento e de granxas mariñas, o pouco litoral que segue virxes. Non hai quen os encha; estes non teñen límites.

    Un estado minimizado e escuálido, sen poder para regular e garantir nada deixa ás bandas capitalistas mans libres para levar a cabo a propiación dos recusos públicos; sen ningunha barreira, matando a galiña dos ovos de ouro; así  un traballador precario consume precariamente, e mentres aumenten estes, ameazan con facer desaparecer os postos de traballo "normais" que garanten poder comer e vivir minimamente. O mercado  do traballo será como unha praza de comercio de escravos onde se cotiza a man de obra para explota-la sen ningunha regra de protección.
    Liberaliza-lo todo, privatiza-lo escencial, leva con si a desprotexe-las grandes masas de traballadores de tódolos estamentos. Xa non afectará só ó obreiro, senón ás mal chamadas clases medias; así como a mediana burguesía obtusa, miope, clerical, avara e ignorante, que non ven o perigo que pende sobre as súas cabezas. Os pequenos  aforradores non  terán ningunha seguridade de que os seus haberes tamén sexan tocados en beneficio dunha oligarquía voraz e avara, que concentra o gran capital e riqueza, pero que non pasa mais alá do 1% da poboación. Haberá unha concentración da riqueza e rendas parasitarias improductivas en presurizo das maiorías.
    Este é o modelo de Mariano o breve, aplaudido polos empresarios e a egresa, que se fregan as mans pola repartición do botín producido pola crises, da que eles mismos son responsables.

LIBROS CONTRA PORRAS

LIBROS CONTRA PORRAS

 

 

    Na imaxe vese a unha delicuente, unha perigosa inimiga coa que se enfronta a policía e o delicados que son con ela.

    Hai  que poñer en dúbida as conviccións democráticas do Ministro de Xustiza, despois de dicir que a actuación da policía en Valencia era pra garanti-la nosa liberdade, que a policía foi agredida pola chiquillada. Nos vídeos vese como os rapaces e rapazas agriden a unha equipada policía, chocando as súas cabezas coas porras da policía; unha policía, preparada, segundo o xefe da policía, pra         enfrontarse o inimigo. Chamarlle a unha protesta de alumnos dun Instituto inimigos, denota un espírito guerrero, incompatible coa función da policía de mante-lo orde público. O poder transforma ás persoas; era este mesmo Gallardón o que se cría na ala liberal do PP. Pouco tempo tardou en quitarse a careta; xa o fixo antes cos   ataques ós dereitos civís amosando o seu verdadeiro ser, agora pon a guinda cos menores de Valencia. A actuación da policía non é a típica da extralimitación ailllada de axentes, senón a programación dun ensaio e advertencia do goberno, semellante á que fixera a Lexión Cóndor en Guernika. Os nenos , teñen razón os do PP e a policía, van armados con uns obxectos que non identifican, pero que deben ser moi perigosos; fan apoloxía da democracia e a liberdade, si se poñen en contacto coa materia gris do cerebro, o pensamento único corre perigo. A policía solo usa a cabeza pra leva-lo casco e os do PP, algúns, pra urdir tramas

FALOU

FALOU

 

 

   O  que malvendeu tódalas empresas públicas pra facer caixa, o que creou a meirande burbulla inmobiliaria coñecida, creando un falso espellismo de bonanza económica, o abeiro do que se empeñaron a maioría das familias, e que é unha das    consecuencias da nosa crise económica actual. Home baixo, con delirio de grandeza, que nos meteu nunha guerra  criminal, que sementou e segue a sementa-lo odio coa súa incontinencia verbal. O que nos aconsellaba beber tintorro pra poñernos ó volante. O que falaba de rexenerar España e deixounos a herencia dunha corrupción xeneraliza, que vivía á  sombra  do poder; el mesmo sentou na súa mesa ó mais  florido dos corruptos, e tiveron un protagonismo destacado na voda da súa princesa, espectáculo grotesco, que retrata o personaxe.  Homes baixos, con  bigote  e delirios de grandeza e complexo: Hitler, Franco e Aznar. 

 

PRO MAL RECORDO

PRO MAL RECORDO

 

 

   Dicía Pachi Vázquez que Feijoo pasaría á historia como o presidente que afundiu a precaria economía de Galiza, ca privatización dos servizos públicos, a corrupción amparada dende a Presidencia  e os recortes do benestar e  de persoal, o despilfarro do diñeiro público, sostendo embaixadas no estranxeiro, que ningún beneficio lle reportan a Galiza. É escandaloso o luxoso palacete de Madrid, pero nada comparado ás 15 Delegacións nas que non hai ningunha actividade; noutras solo serven como oficinas electorais, sendo residual o traballo que pode beneficia-lo pais. Algunhas oficinas, ou Delegacións no estranxeiro foron creadas por iniciativa do Conselleiro de Industria, que é, con moito, a Consellería onde mais notoria é a corrupción. Despois recorta en sanidade, educación e servizos sociais; escaramuzas de redución de persoal en servizos administrativos, diferenciando ó persoal que non enchufou el, sexa do goberno que fora, e os que colocou el.

l