Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

DE PERIGRINACIÓN

DE PERIGRINACIÓN

 

        A política sobre cultivos mariños do goberno bonsai consiste en pasear centos de quilómetros o moluscos pra levalos ó norte da provincia de Lugo, e espalla-la contaminación a zonas limpas. Nas piscifactorías instaladas na zona  cundíu a alarma e pode terminar coa ocorrencia da conselleira antes de empezar, de feito, xa recuou e o emprazamento pra depuración aínda non está fixadoUn informe de Medio Ambiente de Madrid, sitúa a produción marisqueira de Galiza, en mais de dous terzos, na zona C, é dicir, altamente contaminada. Ante isto, o.  goberno bonsai, no canto de sanea-las rías acórreselle mover por Galicia as ameixas e os demais moluscos.   En lugar de emprega-los  cartos que a CE lle deu pra sanea-las rías, como faría un goberno responsable,  dállos os concellos peperos pra beirarrúas, arranxo de pavillóns, etc. Aínda vai haber que devolvelos pola mala utilización que fai deles o goberno bonsai.

EVANESCENTE

EVANESCENTE

 

   Así de pequeniña, segundo a imaxe. O encargado de política económica do PP, o sr Montoro, dixo das propostas de Rubalcaba,  en materia económica, que son “evanescentes”. Mais que unha critica, a súa é unha estulticia. O caso americano,  onde os visionarios do Tea Party levaron ós EEUU ó borde do abismo, non é lección, segundo parece, pra que os políticos  españois teñan un pouco de sentido común;  o que nos leva a pensar que os políticos, tanto do PP como do PSOE, carecen dese atributo

¿ QUÉ É PEOR?

¿ QUÉ É PEOR?

 

   Unha dubida tenme desacougado. Quén será peor a corrupción, ou quen a tolera. Por suposto non me refiro, ó dicir  -quen a tolera-, ós que teñen a responsabilidade –in vixiando-, senón os electores, que polo que vimos, non só toleran a corrupción  senón que a premian. Os corruptos  saben moi  ben como  reaccionará o electorado

AÍNDA SIGUE A NOITE ESCURA

AÍNDA SIGUE A NOITE ESCURA

 

 

   A noite escura sigue. A sarabia golpea nos lousados e nas xanelas. Son noites de medo; nas que ouvean os lobos, e nos intres en que o temporal escampa, as curuxas espallan os seus cantos de agoiros dende o campo santo. No medio dunha mar embravecida un barco vai o pairo e os homes co tripulan agárranse con desesperanza a todo o que poida darlles a posibilidade de que a vindeira onda non os barra da cascara de noz na que navegan.

   No pais do millón de vacas, os políticos converten o día en noite e, non todos; fálannos dos despilfarros dos contrarios, das débedas coas que se atoparon; todo pra agocha-la a súa incompetencia e as intencións que teñen de aproveitarse das Institucións que ocupan, no canto de gobernalas. Con moitas débedas non se deberon atopar cando se permiten parir ideas pouco rendibles  e moi caras.

   Non sei se me da mais medo o segundo caso que o primeiro.

  Debe ser o segundo caso o que mais asusta, xa que os mercados dan sinales de estar medrosos e morden nos nocellos a economía do pais como cans rabiosos. O que si é clara, é a irresponsabilidade dos políticos, que antepoñen os seus miserentos intereses ós da comunidade.

PENEXO NON SE RENDE

PENEXO NON SE RENDE

 

    Posiblemente fora o anuncio que se fixo dende a Curia compostelán, dicindo que o CODEX CALIXTINO se ía devolver baixo secreto de confesión; o que o induciu a insistir na busca. A min xa me ten mosqueado; ou pensa que o CODEX  se atopa aínda na catedral, ou nas inmediacións. Tamén pode ser que lle guste o viño de misa e por iso non se quere ir da catedral, ou porque espera que o alcalde gaiteiro toque unha muiñeira na praza do Obradoiro. Hai que ter en conta que a penexo gústalle a festa, e vaille  o da gaita; por iso admira tanto o Conselleiro de Industria. Pra min que o CODEX non aparecerá mais.

 

¿ULA A ECOLOXÍA?

¿ULA A ECOLOXÍA?

 

        Dende que a Xunta permite reforesta-las fincas de labor con  eucaliptos; dende que a Xunta autoriza a construción de piscifactorías en zonas  da Rede Natura, dende que autoriza a instalación de muíños de vento, sen ter  en conta o impacto ambiental, paisaxístico, ou se o chan no que se instalan é da Rede Natura. A ecoloxía esta desaparecida no pais do millón de vacas. O único que prima é o beneficio dos que solo pensan no seu e ven na ecoloxía unha traba ós seus intereses.   

MAIS OSCURIDADE

MAIS OSCURIDADE

 

       Cada vez mais, temos que desconfiar das estatísticas. Danse a coñece as cifras do paro e observamos unha lixeira melloría; eu diría tan lixeira que me leva o convencemento de que neste eido seguimos con encefalograma plano. Agora xurde a pregunta do millón. ¿ non ían  ser as medidas que precarizaron o emprego as que dinamizarían o mercado laboral?. Viuse que o problema non  era a rixidez da regulación do emprego. Os mal chamados incentivos á contratación crearon na clase empresarial unha mentalidade perniciosa, concibindo a creación de emprego como un incremento barato, sen esforzo, dos beneficios. Se ten que haber unha liberalización do mercado laboral, non pode artellarse sobre as cargadas costas dos currantes. As xenerosas subvencións ós empregadores teñen que ter unicamente unha función correctora no mercado laboral, pra incentiva-la contratación de grupos de persoas, excluídos do mercado laboral; nunca subvencións pra contratar a alguén, que de todos xeitos o farían, e que pra mais vai a desprazar, pro paro, a outro traballador, o ocupa-lo seu posto; xa que non se trata de novos empregos. 

        As sospeitosas manipulacións de estadísticas quítalle todo o valor ós datos publicados. Sospeitas fundadas lévannos a estimar que a Xunta agocha a cifra duns 7.500 parados, que quitou das estadísticas colocándoos en cursos de formación. Algo había que facer con estes parados que lixaban as estadísticas da  marcha triunfal do réxime. Quén nos di que as  outras estadísticas, de outras autonomías, non están tamén manipuladas.

 

VEÑEN A POR NOS

VEÑEN A POR NOS

 

      Os voitres atacan os mercados, pero como os voitres solo atacan os mortos ou moribundos, e parece que España está moi enferma. Presúmese de que a débeda non alcanza o 75% do PIB. A inxenería estadística é moi usada en España, e iso é algo co quer contan os mercados. Por exemplo  a autovía da Costa da Morte estaba presupostada polo bipartito en algo mais de trescentos millóns de euros, agora sae por case 900 millóns. O Hospital de Vigo estaba presupostado por 250, agora xa se estima que custará 1.900; e aí mais. As construtoras adxudicatarias financian a obra. A cambio multiplícaselles o presuposto, que logo pagará a Xunta a prazos. Un xeito de emitir débeda sen chamarlle así, e que a CEE non a contabiliza;  que pode servir pra enganar na casa, pero os mercados non son uns pailáns calquera, feito  que lastrará a futuros gobernos. Si a práctica é seguida por outras Administracións, xa temos a razón do comportamento dos mercados.  

 

GUSTARIAME VELO

GUSTARIAME VELO

 

    A preparación de argumentos ó futuro goberno do PP, ten metido ó goberno de Feijoo nun sublime e estéril esforzo pra intentar facer crer aos galegos que a chegada do AVE adiarase a unha data lexana, tan lonxana que da por sentado que durante o goberno da Rajoy o AVE non chegará o o pais do millón  de vacas, e  digo o pais do millón de vacas, porque pra Feijoo os galegos están nun nivel inferior as vascas. Un goberno que anda metido nestes enredos, que antepón o partido ó pais, merecería ser reo de alta traizón. O Ministro de Fomento reta a Feijoo a un debate sobre a chegada do AVE. Sería unha desas cousas que merecería a pena ver.

ESPERPENTO

ESPERPENTO

 

   Antes de tomar posesión, e sen que se saiba cómo, os alcaldes do PP que gañaron as eleccións e os Presidentes das Comunidades Autónomas, con intencionalidade política, espallaron os catro ventos a existencia de importantes débedas. Todo sen sequera audita-las contas de Tesourería. A lixeireza e falta de un mínimo de sentido común desa xente xa trouxo consecuencias, as Axencias de Calificación  rebaixaron o valor da débeda. Alguén debera ir ó cárcere: Os que espallaron os rumores, ou os que tiñan a economía en bancarrota; do contrario non se pode dicir que vivimos nun pais civilizado.

O DESBARRE

O DESBARRE

 

        Nin Bilbao, nin outras cidades, que contan cunha infraestrutura deportiva, quixeron a Copa Davis; nesto que chega o alcalde de Santiago e reclama o evento, que se celebraría na Cidade da Cultura. Sería unha pista provisional, que pasado o evento se desmontaría. A Cidade da Cultura hai que promocionala. A cuestión é se o custe do evento é asumible, ou imos de disparate en disparate, enchendo os petos de alguén. Pra disparate ese novo chiringuito que se inventou Feijoo pra calidade, ou algo así. Cando se debían reduci-la Administración pra aforrar, saen con esas ocorrencias. Unha auténtica ocorrencia, despois de cargarse a inovación.

       Xa están pensando en facer unha competicion de regatas na Cidade da cultura. Os regates é especialidadade de Feijoo.

FACENDO FUTURO

FACENDO FUTURO

 

 

    O Superconselleiro xa lle está achanzando o camiño a Rajoy, inventado un estudio, segundo o que se prevé que o AVE chegará a Galiza  despois do 2018. O único que pode adiala chegada  do AVE é a chegada do PP ó poder.  Pra tremer.

 

OS AUSTEROS DO PPg CABALGAN

OS AUSTEROS DO PPg CABALGAN

 

         Os Gobernantes do PPg dan mostras da súa austeridade. Salvo honrosas excepcións, como a do alcalde de Oia, que se enfrontou ós concelleiros do seu propio partido, que pretendían repartirse os recursos económicos do concello, a austeridade volveuse verde comeuna un burro, pero cando a todo o mundo se lle encolle o cinto, vende moito iso da austeridade. As autonomías peperas queren seguir gastando como si estivéramos en plena expansión; pra iso é necesario que alguén poña os cartos; de aí que Feijoo, coas contas do Gran Capitán, pretende que o goberno do Estado, que de momento está en mans do inimigo, lle pague as contas. Feijoo, a mais de vende-la súa imaxe polas distintas autonomías, buscou unha unanimidade pra esixir no Consello de Política Fiscal mais cartos. Rajoy reuniu as súas mesnadas e instruilles pra que esixiran mais cartos. A austeridade era cousa de campaña electoral, agora toca despifarrar se outros pagan as contas.  Como non van a soltar mais cartos, ó menos, van a poñerlle as cousas difíciles ó goberno. De coordina-lo aforro administrativo, nin pensalo.

PROGRAMA OCULTO

PROGRAMA OCULTO

 

    De pouco me serviu que me esprimira os miolos intentando saber cal é o programa de goberno de Rajoy; pero por moito que o intento non logro descubrilo. ¿Ou será que non o ten?. É posible que nin el mesmo coñeza o programa, cousa que estaría na liña do mais puro estilo de Rajoy; pero o lóxico será pensar que ten un programa. Cousa distinta será que o programa o oculte por motivos electorais. Se fora apostador, apostaría que o proxecto de Rajoy fai recaer tódolos recortes sobre o pobo chan, do que pode ser o seu pebideiro de votos, e non lle convén arriscarse a cabrea-las pulgas  dos votantes.

UNHA PATRIA CON MATICES

UNHA PATRIA CON MATICES

 

 

   Os atrancos do alcalde de Santiago ás manifestación de grupos nacionalista e de esquerda, no foi óbice pra que CAUSA GALIZA e  NOS-UNIDADE POPULAR tiveran unha apreciable presenza. Por certo foi moi comentada a indumentaria do Alcalde de Santiago, vestido de gaiteiro, mais propiamente con  traxe galego de gala; o que motivou a chunga de Feijoo e outros asistentes ó acto oficial. O hábito non fai ó monxe, pero deixou descolocado ó persoal. E non sei se o acto foi unha excentricidade cunhas pingas de burla, ou aquilo de que o importante, sen importar cómo, é da-la nota. O que parece seguro, visto o comportamento  do personaxe, que quere reduci-lo galego a algo folclórico. A marcha do BNG  non desmereceu as doutros anos, pero segue falto de líder e de  proxecto a nivel de cidadán. Tamén, o meu ver, houbo cousas positivas. As Medallas de Galiza recaeron en xente destacada da ciencia e  da cultura, pouco, ou nada afectas ó goberno, ó que dedicaron reproches nos seus discursos. Hai que lle agradecer a Feijoo que as medallas non se encamiñaren a un acto folclórico.  

FEDOR POTRTUARIO

FEDOR POTRTUARIO

      Corina blindou a persoal do Porto, de tal xeito que si o novo director se lle ocorre cesalos, por moi maulas e incompetente que sexan, grazas a Corina e a  austeridade do PP, terán dereito a unha astronómica  indemnización. !pra que xogar á primitiva!. Corina politizou o Porto de Vigo  e mantivo unha tensión constante co concello. A súa magra xestión non deixa un pasado glorioso. Os laios seus, cando perdeu as pasadas elección municipais, foron célebres. Muller chea de orgullo, que non admite que a contradigan,  vai deixar a súa pegada no novo posto,  mesmo que  deixou en Vigo; si ben non vexo con quen se poderá pelexar;  ela atopará o inimigo.   

 

TAL DIA COMO HOXE

TAL  DIA COMO HOXE

 

     Coroando os 365 días do ano, culmina a data do 25 de de xullo coa novación dun compromiso de vida, que será o vieiro do vindeiro ano. Pensaba que o 25 xullo significaba o mesmo pra tódolos galegos, ou algo similar.  Espertei do meu sono e deime conta, escoitando o que se dixo na convención das xuventudes peperas de Santiago, que non era así,  e que as distancias eran longas. Foi a celebración, anticipada, do 25 de xullo das xuventudes peperas un feito cunha intencionalidade ideolóxica de quitarlle significado á data do 25 de xullo. Da  xuntanza, ademais da consabida atonía, cabe destaca-lo discurso do líder das xuventudes peperas, envolto en naftalina, con aires Joseantonianos, que tiña como mais recente a letra das pasadas eleccións autonómicas,  e o discurso do Inefable Feijoo, sacado da factoría FAES, cargando contra do nacionalismo e  de calquera visión do mundo que se aparte do papel que Deus lle asignou a España como unidade de destino no universal. A  confrontación, a división de Galiza en bos e malos, foi a esencia dunha predica á confrontación bélica de mundos que non teñen cabida no mesmo espazo, razón pola que Feijoo ve razoable o aniquilamento dos inimigos políticos.

    Como di a letra do noso himno sobre os nosos valores: mais son os ignorantes, feridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non.

DEMAGOXÍA

DEMAGOXÍA

  Nunca se perde a capacidade de asombro. Non estou de acordo con prorroga-la idade de xubilación ós sesenta e sete anos; é unha medida demencial; especialmente cando se podían facer recortes do gasto suprimindo Órganos   administrativos inútiles, como as Deputacións, Senado, sostemento da  Airexa, Sindicatos, políticos, redución de axuntamentos, número de cargos electos, etc; pero se non se fan estes recortes, ó que se opón o PP, non queda mais remedio que adoptar estes recortes.  Opoñerse, como o fixo o PP, é froito da mais noxenta demagoxia, ou de  algo peor. Moi posiblemente que o PP pretenda facer inviable a Seguridade social e suprimila; pra iso nada mellor que deixala morrer.  Espremamos ó pobo.

O SUPER NA ALCALDIA

O SUPER NA ALCALDIA

 

      A primeira medida de austeridade foi subirse o soldo. !Bo comezo!. Despois segue coa creación dunha estrutura de goberno con media ducia de concelleiros con dedicación exclusiva, apoiados por outros concelleiros. Unha austeridade pouco austera. Aí non remata o bo goberno municipal do Super. A empresa que xestiona servizos municipais como a auga, pese o seu bo estado financeiro, privatízase e, inaudito, entrégase, cal dote de boa casada, cunha dote de catro millóns de euros. Nunca un se debe esquecer dos amigos e premialos con algunha boa concesión. Lección  aprendida do seu amigo Alberte. Con estes despilfarros, nin os mais seareiros se cren o do déficit nas arcas do concello, táctica popular pra xustificar recortes, antes ben, o Super atopou alí un tesouro.

AUSTERIDADE SELECTIVA

AUSTERIDADE SELECTIVA

 

       España está a un chisco do rescate. Rajoy promete gobernar con austeridade, e pon como exemplo a Feijoo. Bo exemplo, zi zeñó. O home que pese á redución de Consellerías, non modificou un ápice a estrutura administrativa, solo puxo baixo do mando dun Superconselleiro a tres Consellerías. No mesmo período, creou cinco Superdelegacións da Xunta e outros organismos, incrementando o gasto corrente nun 7 %. Bo exemplo, zi zeñó.

       As convencións do PP en Santiago pagounas o PPg cos cartos dos galegos; non hai pra aspirinas, pero pra aí aparecen. Como non, na súa calidade de anfitrión, Feijoo desgranou un florido discurso, dicindo que se necesitaba un líder: ¿postularase? E, fíxome moita graza, aquilo de que hai que ter criterio. Recordoume a manquiña.

        O premio gordo pra convención de Deputacións peperas en Pontevedra, tamén como invitados de Louzao, pagados, por suposto, polos pontevedreses. Mariano presentou as Deputacións como Institucións imprescindibles, Pros políticos, claro e pra pagarlle os touros pola Peregrina, cun endebedamento inferior ó Estado.  Eu que pensei que o normal sería que xa que non valen pra nada, polo menos non se endebedaran. Non é estraño que os mercados acosen a España.