Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

ARTIFICIO NO LUME

ARTIFICIO NO LUME

 

  Xa non teñen a quen votarlle a culpa, e a pesar  do apagón informativo, resulta imposible esconde-los lumes, porque o cheiro das cinzas váiselles das mans. Entón recorren a supostos éxitos policiais, informado da detención de supostos pirómanos, que son postos en liberdade sen cargos polos xuíces. Coas súas tropelías  xa se pode dicir que en realidade crearon un pirómano.

   A limpeza de montes pra evitar incendios foi rexeitada polo Conselleiro de Medio Rural, que o pouco de apertalo algo xa saíu arremetendo contra do goberno do bipartito; demostrou, por se alguén o dubidaba que segue polos vieiros do seu xefe. Na nova Lei de Montes protéxese o beneficio particular, a costa de reducir garantías e seguranza ós veciños e o propio monte; como é o caso de reduci-la distancia de protección  das vivendas e a posibilidade de negocio coas areas queimadas.

SOMBRA NEGRA

SOMBRA NEGRA

 

      A crise na construción naval estende sobre Galiza unha nube negra. Parece que pode afectar a 20.000 empregos. Non comprendo como en lugar de arrimar esforzos co goberno Central, dende a Xunta se aprobeite pra facer campaña en contra de Zapatero. É nestes casos cando se ve a talla dos gobernantes. A talla de Feijoo sería tan grande, que si sentara nunha peseta os pes non lle chegarían o chan. En canto a Zapatero xa se vai. Vai con Deus e que nin sequera mire pra tras

NA MEMORIA

NA MEMORIA

 

 

              na memoria

 

PENEXO INVESTIGA

PENEXO INVESTIGA

   Penexo vai a catedral e comeza de contado as investigacións pra acha-lo CODEX CALESTINO; enrédase ó redor das sotanas e non avanzaba. Dixen, -pra min, seguro que algo lle cheira sospeitosamente.  Eu, que son un afervoado crente, voteille man ó colar pra saca-lo pra fora; el volveu a cabeza, cando levaba  arrastras pra fora, e deixou unha pregunta no aire, pra que a conteste quen corresponda: “ónde van os case medio millón de euros que a Xunta deu pra inverter en  seguridade”. ! Este can meu ten cada ocorrencia!. Estes piadosos señores non son sospeitosos das sospeitas; porque o seu é o ceo, non os bens materiais. Non sei donde  sacan que grazas a unha lei aprobada por Aznar no ano 97, están  inmatriculando Airexas, capelas, iglesarios, garaxe, camposantos, fincas, etc.; unha verdadeira rapiña, ante a indefensión dos veciños. Os curas son caritativos, ofrecen o ceo ós crentes, mentres eles sofren e se queda coa terra. Son os ben materiais os que lastran  as  almas; pero aí están os curas pra quitarnos lastre; por iso me estraña a teima de Penexo.

 

          Feijoo, que ten fame  de letra impresa, pídelle ó goberno portugués unha reunión pra que explique  a paralización  do proxecto de conexión  co AVE por Galiza.  Portugal non  está pra brincadeiras, pero Albertiño precisa facer méritos, alimenta-lo seu ego. Seguro que non lle fan nin caso, de facelo, sería humillante  que mandaran á reunión un xefe de negociado. Alberte pide explicacións. Portugal non debe ter preocupación pola débeda, pero que tremen que Feijoo vailles cantar as corenta.   

ÉTICA QUE INDIGNA

ÉTICA QUE INDIGNA

 

  Que o primeiro que se faga a nova Directora do Fondo Monetario, alegando un mellor compromiso ético, sexa subirse o soldo, é curioso. Unha Institución que loita contra pobreza, unha Institución que debía dar exemplo de austeridade, predicar co exemplo; ponlle a súa directora un soldo obsceno,  libre de impostos e cunha pequena cantidade de 60. 000 euros pra gastos sen xustificar. Namentres conxélanse ou rebáixanse os soldos e as pensións dos traballadores; non así os dos directivos de empresas, aínda que se atopen en crise pola súa culpa. !que mundo!. Que o paren, que eu báixome

ÉTICA QUE INDIGNA

ÉTICA QUE INDIGNA

 

  Que o primeiro que se faga a nova Directora do Fondo Monetario, alegando un mellor compromiso ético, sexa subirse o soldo, é curioso. Unha Institución que loita contra pobreza, unha Institución que debía dar exemplo de austeridade, predicar co exemplo; ponlle a súa directora un soldo obsceno,  libre de impostos e cunha pequena cantidade de 60. 000 euros pra gastos sen xustificar. Namentres conxélanse ou rebáixanse os soldos e as pensións dos traballadores; non así os dos directivos de empresas, aínda que se atopen en crise pola súa culpa. !que mundo!. Que o paren, que eu báixome

O GALEGO ESMORECE

O GALEGO ESMORECE

     Unha Comisión do Parlamento Europeo investiga a situación do galego, que dende que chegou Feijoo ó goberno da Xunta atópase nun gravísimo risco. Nin  as situacións, nin a aparencia dos persoaxes dan unha resposta por si; nembargante, a parella formada polo Conselleiro de Educación e o  enterrador dan un aspecto deplorable; con solo mirar pra eles xa nos podemos facer unha composición de lugar. Segundo os personaxes  citados, a Xunta cumpre as directrices da UE sobre protección de linguas minoritarias, outros comparecentes  demostraron, con documentación, que o galego está sometido a un acoso despiadado, co indudable propósito, por parte do goberno da Xunta, de eliminalo. O goberno da Xunta, que debía protexe-lo idioma do pais, convértese no termineitor da lingua e da cultura gslega. Que teña que se-la UE a que protexe o idioma, demostra a gravidade do asunto.

CULPABLES

CULPABLES

 

     Aínda que resulte difícil de crer,  houbo quen festexou o peche dun xornal independente e en galego;  mesmo alguén votou man deste feito pra salienta-la acertada política lingüística da Xunta. Certo que a Xunta deberá apoiar eses medios en galego, pero iso sería contrario á política da Xunta, non como sostentadora dunha política neoliberal, porque esa filosofía non lle impide subvencionar xenerosamente ós medios que publicitan o fantasmagórico goberno; senón porque apoiar os medios independentes e en galego sería ir contra dos  principios. Ese cinismo non exculpa ós que se supón deberían apoialo, tanto grupos políticos  e  sociais progresistas como ós cidadáns de a pé. É asombroso que non haxa en Galiza mais de 250 galegos que eran  os que mercaban o Xornal. Con toda seguridade este acontecemento sexa a escenificación do suicidio de Galiza como pais cunha conciencia de seu. Está visto que a independencia e o galego non venden.  

PENEXO

PENEXO

 

 

 

  Penexo é un can coelleiro que me regalaran. Ten un gran olfato, capaz de seguir calquera rastro. Despois de escoita-lo alcalde de Santiago e o Conselleiro da Incultura ofrecerse á Airexa pra axudar a recuperalo CÓDICE CALEXTINO; pensei e ofrecer a penexo pra que seguira as pegadas  do ladrón e os seus cómplices. Cousa moi seria o do furto do CÓDICE;  polo que non comprendo a banalidade dalgúns persoeiros. Ademais de recuperalo, que debe ser o primeiro obxectivo, convén que, de unha vez, o Estado poña orde. O roubo podíase producir en calquera lugar, pero a airexa en España detenta a posesión e custodia da maior parte do patrimonio artístico, as medidas de seguridade son pequenas, pese ás subvencións que recibe pra melloralas. Debían ser museos especializados os que custodiaran estes fondos, con  independencia da súa propiedade. Sabidas as condicións de seguridade nas que se atopaba o CODEX foi un milagre que o roubo non se  producira antes. É de dominio público as precarias condicións de seguridade na que se atopan estes fondos. Coñecido o elevado número de furtos que sufre o patrimonio  eclesiástico. A Airexa coa súa cobiza e miopía, e os políticos, insensibles os furtos, son responsables solidarios do espolio.

AUSTERIDADE DE COÑA

AUSTERIDADE DE COÑA

 

 

    Oia é un pequeno concello do sur de Pontevedra, famoso, entre outras cousas, pola lea que teñen montado os concelleiros do PPg. Queren que o  alcalde, tamén do PP, lles asigne cinco dedicacións exclusivas, ó que o alcalde se nega; en represalia deixaron o alcalde sen soldo . Outros alcaldes do PP reducen o número de asesores, ou din que os reducen. Moitos dos supostos asesores non son idóneos, como o caso do asesor do famoso Conselleiro, familiar meritorio. Semella que os alcaldes do PP, que estrean alcaldías, longamente cobizadas, senten a necesidade de que os cidadáns visualicen un modo de gobernar mellor, facéndolles crer que gañaron co cambio,  cando os únicos que gañaron foron eles; así falan de supresións, aforros, etc. . Cando se di que se suprimen asesores e se recorre a empresas de asistencia externa, o aforro transformase en mais incremento de gasto. Sen mirar moi no fondo, vemos que o alcalde da Coruña gaña como Feijoo, subiuse o soldo a un teito impensable; os concelleiros con dedicación exclusiva terán un segundo de apoio, iso que ía de austero. Sendo Coruña mais pequena que Vigo, o goberno municipal, non esquezamos o mantra de partido único, é moito mais caro. Solo é cuestión de ideoloxía. De diminución do gasto nada.

 

!QUE MAL CHEIRO!

!QUE MAL CHEIRO!

 

 

        Ó pasar por San Caetano notei un insoportable cheiro; pensei que a alguén lle morrera un animal e estaba en descomposición. Aquel insoportable cheiro tróuxome o recordo da miña infancia, cando camiñando polo campo, unha desagradable tufarada indicaba que había un niño de culebras. Alguén dicía que, nin  unha cousa , nin outra; pero aproximábase bastante. Sen dúbida había bastantes culebras por alí; incluso pode que houbera algún animal morto. O que si era seguro, que o cheiro viña do  edificio da Xunta. Alí  cos casos de corrupción que hai é normal que cheire  mal. Non sei si algunha consellería se salva da queima: probas selectivas de persoal, eólico, IGAPE,  Cerceda, infraestruturas, medio ambiente, operación orchesta, operación campión,  dependentes, traballo, Galego, ensino público, comedores escolares, abalar, listas de espera en sanidade, ordenación pesqueira, loita contra incendios, etc, etc. O propio dun goberno bonsai, sen dirección e sen obxectivos. A ambición pode ser boa, cando vai acompañada de talento. Cando se cae nos vicios da incompetencia, cando se vive na fantasía, cunha propaganda indisimulada, que nos quere convencer de somos un pobo feliz, que vivimos no pais do bo goberno.  É cando me pregunto, qué foi do código ético de Feijoo.

DE BOLOS

DE BOLOS

 

   Mentres a Conselleira de  Facenda pide en Madrid  805 millóns de euros, que segundo as súas contas lle debe o Estado; mentres os montes galegos se calcinan: Feijoo anda de turista polas Españas. Aínda que a xente pense que anda de turista, o obxectivo de Albertiño é outro. A súa ambición é Madrid, polo que está buscando apoios na autonomías peperas. Nunca lle importou Galiza, o seu horizonte está alén dos montes, na ancha Castela. Galiza, !que bo pais serías,  si tiveras un bo goberno!           

TOTAL, 805 MILLÓNS PRA UNHA ESMOLA

TOTAL, 805 MILLÓNS PRA UNHA ESMOLA

 

     A Xunta asegura que o Estado lle debe 805 millóns de euros. As contas do Estado son outras, e desafía á Xunta a ir os tribunais. Non fai falla facer contas pra decatarse de que 805 millóns son moitos cartos; mesmo se poderían construír dous hospitais, estradas, etc. Sabendo como actúa o goberno da Xunta, dubido moito que ese fora o fin. Os 805 millóns poderían servir pra mercar voluntades. A veces non solo hai que ter razón, tamén obxectivos  beneficiosos pro pais ; solo  entón as razóns son firmes e entendibles; neste sentido, asómbrame a pouca visión da política que ten o Bloque, cando non condiciona o seu apoio o PPg a proxectos pro pais. Cómo se pode pedir un financiamento extra e acusa-lo goberno, a semana pasada, de manirroto. A representación do Goberno Central na reunión coa Xunta foi de afronta e era o presaxio do resultado da reunión. Á Conselleira foi atendida por Directores Xerais: nin Ministros, nin Secretarios  de Estado a recibiron. Quen sementa ventos, recolle tempestades. O PSOE quere que a Xunta presente recurso; así sería o PP o que tería que pagar, no caso improbable de estimalo.

UN RESCATE

UN RESCATE

 

 

       O rescate ós países en crise non é un rescate da súa economía; é un rescate ós bancos, en xeral ós acredores.; o país non lles  importa. Saben que o pais rescatado tardará anos en recuperarse. Todo se da por ben feito se ós voitres están cheos. Sería bo que todos tomaran nota, non solo os políticos, tamén os electores,  que son os que van ser os que teñan que pagar.

MUDA DO APOI ELECTORAL

MUDA DO APOI ELECTORAL

               

    Tradicionalmente o PPg tiña o seu apoio no rural, pero as pasadas eleccións municipais viñeron a confirmar unha tendencia, segundo a cal o PPg entraba nas cidades e grandes núcleos urbanos, deixando de ser un partido ruralista apoiado no tradicional caciquismo.  Non queren dicir estes cambios que o caciquismo desaparecera e se modernizara o partido; simplemente que o PPg conseguiu amplia la base de apoio con sectores urbanos. Os caciques evulocionaron e adaptáronse. O resultado é mais gasolina.

 

 

     Galiza é unha continua cacharela. O día de San Xuan pasou e os nosos montes seguen ardendo. Xa é un feito grave Que a nosa principal riqueza se converta en cinza; pero indígname a parálise dun goberno que solo actúa pra propaganda. Arbores centenarios, que foron parte da nosa paisaxe e erdanza dos devanceiros, son hoxe un braseiro, un montón de morta cinza. Vexo os montes cubertos de loito e morte. Sinto unha inmensa tristura. A xunta sen mais capacidade que a de facer propaganda, chama a UME, que acude de contado. O Delegado do goberno recórdalle á Xunta que a UME é un complemento, nunca pode sustitui-los medios da Xunta.

PAIS DE ZOMBIS

PAIS DE ZOMBIS

 

 

       Feijoo fixouse como obxectivo anular calquera  idea de cambio, de mellora dos galegos; facendo de Galiza un pais de zombis, habitado por seres descerebrados, sen criterio, que solo segue as consignas do líder, lanzadas por uns medios controlados dende San Caetano. Ós galegos díselles que viven nun pais gobernado por un líder único, irrepetible na historia, que grazas  el son  un pobo feliz, e creno; esa é a mensaxe subliminal da propaganda de Feijoo. Un pobo sen metas, sen mais ambición que ser funcionario da Xunta, ou recibir unha pequena subvención, é un pobo condenado a ser escravo. No eterno viaxe do PP ó centro, o PPg axítase nunha centrifugadora de ideas e interese, que o levan ós confíns do universo democrático; nesa perigrinaxe, intentando centrase, moitos grupos, como os que detentan uns ideais galeguistas, quedan descolgados, o mesmo que os que non comulgan cos ideais totalitarios e ultraconservador

O XARDIN DO PPg

O XARDIN DO  PPg

       A Política forestal do PP volve á imaxe cutre de Feijoo, pousando pra cámara, apagando un lume cunha mangueira de xardín e lucindo a indumentaria de oficinista pijo. O pasado fin de semana houbo mais de douscentos incendios; Galicia era un inmenso braseiro. Se ben ten que haber mais dun culpable pra tanta desgraza, hai que concluír que o  director da orquesta non se pode sustraer a súa responsabilidade. Despois da utilización demagóxica que fixo dos incendios, chegoulle o seu San Martiño; e agora é de esperar que estea altura das circunstancias, e que , polo menos dea unha información veraz do que pasa, e non oculte e terxiverse os feitos como está a acontecer.    

 

AFOGADOS

AFOGADOS

 

 

     Posiblemente gasta-los cartos en propaganda; en definitiva comprar vontades informativas da mais rédito electoral que pagalas débedas. Pese o que dixo Feijoo no Parlamento, a Xunta é unha das autonomías que mais debe ós autónomos. Afogados como están pola banca, Feijoo adíalles, sen prazo fixo, o pago de  suministros e obras menores. Mentir no Parlamento non debe de ser difícil pra un mentireiro compulsivo. Agrava mais a consecuencia das mentiras, e preocupa, polo menos débenos preocupar moito, o desbaraxuste económico da Xunta. Adiase, sen data de abono, axudas e subvencións aprobadas, pero tamén se empeza a atrasar o abono dos salarios, e dicir, nade cobra no seu momento. As únicas  axudas que se abonan puntualmente son as destinadas a propaganda. O Goberno da Xunta vai de pintor; solo se ocupa do verniz, da propaganda