Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

¿AVANZAR?

¿AVANZAR?

 

    Nin PSOE, nin PP, avaliaron o estado da autonomía. O seu foi un enfrascamento, centrado na loita polo poder en Madrid. Pouco ou nada se falou do desmadre nas listas de espera do Sergas, dos recortes sociais, do despilfarro do goberno Feijoo, do paro, da emigración; ese fenómeno, mérito de Feijoo, segundo o cal os galegos emigran acuciados polo paro e a fame. Mentres Europa afianzase no estado benestar; a Xunta de Feijoo súmenos na pobreza. Cun cuarto da poboación en estado de necesidade.  Ese é o modelo  de goberno exitoso que quere presentar o PP, co aval, nas municipais. O grave será que alguén lles crea ós señores feudais, ós caciques do PP, ós que pretenden pra Galicia un lugar medieval, cun goberno clerical.

 

NON HAI VERGONZA

NON HAI VERGONZA

 

       A vergonza era verde e comeuna un burro como si fora un feixe de herba; por iso Feijoo nin sequera se pon colorado cando esixe que se licite o treito de AVE pendente, sen sequera reprobar as declaracións da Cospedal, diixente do PP, de que o AVE a Galicia é innecesario, e que todo é unha cabezonería do Ministro de Fomento.  Moi certo que é un empeño de Blanco, un proceder pouco habitual nun político galego servidor do centralismo . Neste feito, que no é o único, vese a función de Feijoo, que pasa de Galicia e os seus problemas; solo actúa como mosca  cojonera do PSOE

O IRREDUCTIBLE

O IRREDUCTIBLE

 

   O Alcalde da localidade coruñesa de Oleiros, azoute do PP, fixo parodia carnavalesca, un ano mais,  edís peperos e figuras destacadas do PPg foron motivos da crítica. A parodia montouna con dous equipos de fútbol. O dos peperos de azul e facendo o saúdo fascista o inicio do partido. O equipo pepero estaba capitaneado  por unha xogadora que imitación á Conselleira de Traballo. Os peperos, como na vida mesma, xogaban sucio; pero o final os xogadores do alcalde, que rendían homenaxe á selección española de fútbol, gañaron o partido.  A limpeza e a ética triunfou; pero na vida real non sempre é así.

 

ABURRIMENTO

ABURRIMENTO

    Non sería raro que o debate do estado da autonomía camiñe cara a atonía, cara un esmorecemento, á que o encamiña os repetitivos e previsibles discursos de Feijoo. Non dixo nada novo, nada que non dixera xa. Aínda que fai o contrario, que despilfarra en gastos correntes e que ten a man aberta pra subvencionar ós que lle fan favores, insiste na austeridade, porque iso aínda que sexa certo, a medias,  vende. Feijoo é austero co gasto social e coas inversións, Chega con ver a situación do pais; cando o poñen fronte os feitos, sae con que non é competente. Niso di a verdade, porque é un incompetente.

     Feijoo desenrolou a táctica de durmi-lo partido. Posiblemente esa fora unha das razóns polas que o debate careceu des frescura. O PSOE notóuselle maniatado pola dependencia de Moncloa. A  Moncloa era o lugar de debate preferido de Feijoo; pois unha e outra vez, fixo a Zapatero responsable do seu letargo; falaba como un enviado especial de Xénova, aparcando os asuntos de Galicia. De Galicia Feijoo volveu a repetir as mesmas promesas e os mesmos tópicos de sempre. O representante do Bloque atopouse no medio dun debate no que Galicia solo era un peldaño; os problemas de Galicia resumíanse en vellas promesas, mil veces prometidas e outras tantas incumpridas. O resto, era Zapatero protagonista.

 

CONTRA AS CORDAS

CONTRA AS CORDAS

 

        NCG aca de nacer e xa se atopa a veira do abismo e apiques de caer nel. As zancadillas que lle pon o regulador son difíciles de superar pra caixa galega. Non son as mesmas, denuncian, pra todos. Verdade a medias, e como tódalas verdades a medias, deslízanse moitas mentiras e aproveitase pra leva-la auga pro muiño propio. As caixas foron utilizadas por algunhos gobernos  autonómicos pra soluciona-los seus problemas de tesourería, pra saquea-los seus recursos e facer política con eles. Digamos que era un xeito de acadar diñeiro doado. Caixa Galicia atopábase con dificultades  de viabilidade, que lle endosou, coa fusión, a Caixa Nova. Seguro que Feijoo sabe moito deso. Que o PPg fale dos seus manexos e non veña Feijoo desviando as responsabilidades solo pra Zapatero; porque el tamén as ten,  moitas e moi graves.  Por certo ¿ qué fai?, falar, dicir estulticias na súa hora particular do anxelus mitinero.   El quería seguir manexando  a caixa recen creada, non naceu como el quería, pero o mais irracional é a súa política de confrontación, tanto coa oposición como con Madrid, porque a el non lle interesa Galicia, interésalle destruí-la oposición, a que ten visualizado como o seu inimigo.

     Foi curiosa esa pantomima que montaron PSOE e PP no debate do estado da autonomía, no senso  de defende-la viabilidade de NCG, cando foron eles mesmos os causantes do problema

DE BORRACHOS

DE BORRACHOS

 

   O concelleiro do PP, de  Santiago, detido cando conducía borracho, fixo o aceno de que dimitía. Tódolos peperos, minimizando o feito, pedíanlle que non dimitira; unha falta sen consecuencias pra terceiros non era pra tanto. Total que parece que non  vai dimitir.  Sería o primeiro caso no PP . O concellan en cuestión non ten outro medio de vida. Hai que mantelo na chupadoira, onde cobra do concello, con dedicación exclusiva. A exclusiva vese que lle deixa tempo pra ir de copas e de alterne. Sería bo que dixera dónde viña tan cocido ás sete da mañá, hora en que foi detido, cando xa estában os afortunados no curro.  Puido causar un accidende, un perigo real pra seguridade vial, e matar a unha familia, Deus non o quixo, a Garda Civil detivo antes. Fai falla moito rostro pra defender a un elemento así. ¿ Non si, Feijoo?. Ese concellan significouse  por  acusar e acosar  ó alcalde de permiti-lo botellón. Visto así, hai unha diferenza entre beber dunha botella, ou directamente do bocoi. Estar tirado no chan, ou o volante dunha máquina  en plena vía pública. Simplemente de alucine. Si Albertiño, de alucine.

 

O XOGO DO PRESIDENTE

O XOGO DO PRESIDENTE

 

       Sempre hai un responsable dos desatinos. A ciencia está en acha-lo responsable, mellor dito, alguén a quen votarlle as culpas da propia incompetencia, aínda que non sexa o responsable. Feijoo e o seus bonsais xa o atoparon. Xa o atoparon fai tempo. A súa función, porque así a concibiu é se-la mosca cojonera de Zapatero. Non lles importa que Galicia perda; eles o seu: a por Zapatero. Pra algúns parados, os 400 euros mensuais por  asistir a un curso de formación, era unha táboa de salvación; pero Feijoo non os quixo organizar. Non lle importa a Feijoo que grazas o seu mal goberno, Galicia, proporcionalmente, con 300.000 galegos en busca de traballo, é unha das comunidades con mais paro e, cun fenómeno curioso, rexistra un alto índice de emigración, cara outras comunidades de España   e cara o estranxeiro. Nembargantes, Feijoo ten as súas propias estatísticas, cociñadas en San  Caetano. Lonxe da realidade, pero menos negras e mais Feijonianas.

CAFKIANA

CAFKIANA

 

     A Policía Nacional suponse que debe ter un escrupuloso ríspeto ás ideoloxías dos cidadáns que estean dentro da lei, protexer e amparalos seus dereitos civís. A  veces non é así; vexan o que lle pasou a Bieito Lobeira, que por ir de galego, na comisaría da policía tratáronmo peor que un foraxido. Falar galego, segundo onde,  é unha actividade perigosa.  De pouco serve cambiar de uniforme se non se cambia de mentalidade.

HAI QUE SER MODERNOS

HAI QUE SER MODERNOS

 

   Neste século XXI é cavernícola falar de usa-los topónimos auténticos; hai que ser modernos e poñelos en castrapo. Iso foi o que dixo o deputado pepero Agustín Baamonde. A escena desenrolouse no Parlamento, con ocasión dunha proposta do BNG sobre a defensa dos topónimos. O deputado pepero calcou frase tópicas e ocorrentes de Galicia Bilingüe. A coincidencia en métodos e argumentos co fascismo mais intransixente non debe sorprender a nade. A pregunta é.  ¿Onde están eses Deputados do PPg que teñen en estima o pais?. Aquí é onde se fai mais visible o pesebre e a pouca vergonza

CHOVE LIXO

CHOVE LIXO

 

 

       Chamoulle o forno o muiño queimado, sendo el mais aburado. O mesmo que fixera nas autonómicas, o PPg está quentando motores nas municipais, levando a cabo unha campaña de rumores, mentiras e toda clase de lixo. Non demostran nada, solo o insinúan irregularidades, que de ser certas deberanmas denunciar no seu momento, e actuar, tanto administrativamente como xudicialmente; do contrario son participes dos feitos, por complicidade.

         Farían ben  en mirar pro embigo e dicir que fai a Xunta. É unha táctica o de esparexer lixo. O cheiro  sempre  queda.  

SELO E PARECELO

SELO E PARECELO

 

        Todo sería mais normal se Feijoo, facendo gala da súa prepotencia e ignorancia, non deixará caer unha sombra de dúbida sobre o TSXG. Houbo dúas razóns que deron pábulo a uns supostos manexos do PPg. A arrogación dunha razón por parte de Feijoo, que o TSXG lle deu a Xunta. As resolucións dispares de do TC sobre a mesma cuestión. A resolución do TSXG  foi sobre unha cuestión incidental, non sobre o fondo. A exclusiva e preponderante competencia do TSXG sobre o TC, invocada por Feijoo ben a denotar unha supina ignorancia procesal do Presidente da Xunta, aínda que parece que estudou Dereito. Debera gobernar mais e falar menos. Metería menos a pata. Aínda qué opinable, o TSXG debera  inhibirse a favor do TC, habendo unha mesma causa, prantexada, ante os dous tribunais, aínda que por distintos actores. Iso é as saídas de ton de Feijoo, xunto co feito de que haxa unha relación privilexiada co PPg, deixa unha sombra, á que non debera haber lugar.-

 

¿FEIJOO O IGNORANTE?

¿FEIJOO O IGNORANTE?

 

 

     Algunhas das afirmacións de Feijoo atribúense a súa tendencia a mentir, que son acompañados por frases tópicas de grandielucuencia, que nos recordan os usos do  vello réxime. Pode que Feijoo sexa un mentiroso compusivo, de feito non se pode dicir que a verdade sexa unha das súas virtudes; nade pode dicir que dixo unha soa verdade na súa carreira de aspirante e Presidente do Goberno Galego.

    Na súa rolda de prensa da Cidade da Cultura, dada o mais puro  estilo  dos tempos escuros, gabouse dos logros do su goberno; non foi o feito de suprimi-las preguntas o mais grave, penso que foi con moito, tratar a á prensa dunha capacidade nula de intelixencia, facendo dos mais sonoros fracasos unha rea de éxitos.

       A perda de poboación, o deterioro do estado de benestar, o incremento do paro, a involución cultural, a mingua da  actividade económica, o sectarismo e a corrupción son feitos innegables deste tempo.

COUSAS VEREDES

COUSAS VEREDES

 

    O PP de Poi –Pontevedra- celebrou un mitin nunha airexa, acompañado dunha misa e demais parafernalia, ó estilo do nacionalcatolicismo dos vellos tempos. Non creo que nade teña dúbida de que a airexa, como institución, sigue cos vellos aliados i é responsable da represión e atraso do pobo. Non alcanzo a comprender como o Estado Español lle da a airexa unha subvención anual de mais de 38.000 millóns de euros ó ano.

     É posible que o acto mitin misa tivera como función exorcizar e esconxura-los demos que se apoderaron do goberno municipal de Poio; en  balde o PP propúxose sacar maioría absoluta en Poio.

     Pra ver cousas hai que es tar vivo.  

O MONSTRUO

O MONSTRUO

     Galicia é unha nave que surca uns mares procelosos, capitaneada por un Presidente ó que non lle importa o rumbo da nave. Pra Feijoo Galicia é un peldaño do poder pepero. Si xa así tíñamos bastante, o menstruo da Cidade da Cultura ameaza a nosa imprevisible singladura.

    Negábame a visita-la Cidade da Cultura; cun engano leváronme alí, e podo dicir que, si antes tiña un concepto negativo da obra, agora sinto  anguria o ve-lo menstruo, aquel despropósito, no que xa levan enterrado centos de millóns de euros.  

    Espazos enormes e arquitectura orixinal pero sen funcionalidade, sería o ditame de urxencia. As cubertas, que arrancan da cota cero, fan sentir un escalofrío, cando se ve os nenos utilizalas pra algo que non foron pensadas: a escalada. Correndo polos enormes andares e escalando as cubertas, vese un montón de nenos; nade nas sala de biblioteca, nin noutras dependencias  de natureza cultural, que se supón son a razón de ser do menstruo. Vendo a cantidade de nenos e o goteo de autobuses do INSERSO, a Cidade da Cultura pode ter unha función pra que non foi proxectada. Lugar de encontro interxeneracional, encontro da terceira idade, ou parque infantil de xogos. Carísimo, desproporcionado, inútil.

    O custe do mantemento das instalacións será como unha lousa que pesará nos orzamentos da Xunta. Os efectos debastadores sobre os museos da comunidade xa se deixa sentir; reducíronlles as asignacións económicas ó mínimo. Solo sobrevirán os que non dependan da Xunta e podan sobrevir con recursos locais. Resistirse ó espolio e o saqueo vai ser outro reto ó que se enfrontarán os museos.

    Touriño perdeu unha oportunidade de poñer orden neste despropósito e destinar as edificacións en execución a outros fins, ou simplemente arrasalo, porque é un proxecto inviable, que lastrará o desenrolo de Galicia.

 

O CONQUISTADOR

O CONQUISTADOR

 

         Feijoo presumiu no cocido de Lalín de frear o avance do galego e soterralo. Tódolos peperos gorróns que se encheron os bandullos a conta nosa, gabaron a figura de Feijoo e asentían coa cabeza. O que moi ben podía ser debido o exceso dos vapores etílicos, non eran tal; eran declaracións feitas dende o convencemento de que o fixera ben. Nada raro se o producto e froito dos toxos de Belesar; aínda que non hai que ser tan enxebre, nin ser nado entre os toxos. Chega ver internet de ese señor amigo do Deputado do PP Cobián en Oleiros. Entre o mellor trigo medra a zizaña.  Nunhas declaracións á prensa reafirmouse nas declaracións do cocido sobre o galego, sen que explicara por qué non deu os resultados da enquisa feita ós pais dos alumnos sobre  sobre o galego. A citada enquisa foi sometida a un proceso de cociñado; aínda así non era asumible por Feijoo

BO DENTE

BO DENTE

 

 

       Os convidados da papancia pantagruélica de Lalín demostraron ter bo dente. As viandas desaparecían  nas gorxas dos comensais como si fora un furado negro. Nada do outro mundo en xente avezada a tragar. O acontecemento gastronómico amosa unha tendencia hacia a política; alí víase unha superpoblación de gorróns, un tráfico de influencias e negocios. Esa é a evolución da festa do cocido.

ESTADISTICA CREATIVA

ESTADISTICA CREATIVA

 

 

         En principio non ten moito que   ver a estadística co cocido: hai persoeiros que a empregan; quizá a xeito de avance do que vai ser a estadística creativa, en virtude da cal Feijoo vai facer desaparecer das listas do paro a moitas persoas que buscan emprego. Pódese pensar que Feijoo é un mago. Do que si estou seguro é que o vai facer, do mesmo xeito que o fixo coas listas de espera do SERGAS. De feito, no cocido de Lalín, nese no que toda unha longa lista de peperos comeron gratis, nunha convidada que pagamos todos, xa deixou unhas perlas, que solo se entenden o abeiro de grandes enchentes e sen control de alcoholemia: SE ESPAÑA TIVERA O MESMO PARO QUE GALICIA HABERIA UN MILLON MENOS  DE DESEMPREGADOS Tomaaaaaaaaaaaa  

AS INCONGRUENCIAS

AS INCONGRUENCIAS

 

         En Caldas de Reis o PP pide a dimisión do alcalde por ter dado unha subvención de 2.000 euros ós organizadores da feira do viño. O Axuntamento de Lalín, do P, paga ós gorróns a papancia da festa do cocido. Non é o mesmo estar en contra do alcohol que a favor do cocido. O porcos non se  tocan.

         O PPg dálle unha subvención de 10.000 euros a  Crespo, ese coruñés socio da Conselleira do paro e confeso antigaleguista pra promoción do galego. Si sobre algún político da oposición pesa calquera sospeita, non fai falta que sexa imputado, nin que se demostre  nada; o PP xa fará o meirande espolio e pedirá a dimisión. Si o paro se  desmadra en Galicia, a culpa non é de Feijoo, a culpa, según Feijoo, é de Zapatero. Hai un retraso nas infraestruturas, a culpa, sendo o PP, é do Goberno Central; das da Xunta non se fala. Iso que hai tela que cortar. Pra mostra a vía da Costa da Morte; paralizada por Feijoo, volveuna a sacar a concurso cun sobrecusto de 400 millóns de euros. Ir a cadea non é cuestión de delinquir, senón de roubar pouco. A cotío  vese cos grandes roubos.

 

O MUNDO DOS IGNORANTES

O MUNDO DOS IGNORANTES

     Alguén dixo que perseguir unha lingua, ou unha cultura, é típico de ignorantes. GALICIA MONOLINGUE demostrouno, impugnando unha convocatoria dun concurso de obras da Fábrica de Tabacos por estar unicamente en galego, alegando un suposto perxuicio pros castelan-falantes. Dúas cousas:  Calquera empresa da Unión Europea pode acudir ó concurso, porque as normas comunitarias así o dispoñen e a publicación non vulnere os dereitos dos europeos. Non estamos no imperio de Franco, estamos na UE e o galego está recoñecido no Estatuto como a lingua propia de Galicia, aínda que non polos Principios Fundamentales del Movimiento . segundo: si o que se `pretende é que haxa folletos en castelán, non se demostrou que non os haxa. Non se lle ocorre protestar porque a Directora Xeral de Infraestruturas da Xunta solo use o inglés e o castelán na licitación da autovía da Costa da morte, prescindindo do galego.

SEN RESPOSTA

SEN RESPOSTA

  

       Non sei se Feijoo non tiña resposta e foi o motivo de que respondera que foi do seu famoso contrato con Galicia, especialmente en materia de paro. Como a contestación de non ter competencias no lle serve de coartada sacou un folleto electoral do PSOE, preguntándolle o PSOE de Galicia   qué fixera Zapatero co paro. Eu penso Que esquivou tres cuestións: 1._ a pregunta era pra el, de inquerido pasou a inquerir; 2ª  a pregunta era sobre o cumprimento do contrato, 3ª non lle respondeu o BNG. Do que se deduce que PPg non toma en serio o Parlamento; tal foi o caso de Negreira, que non solo mentiu no Parlamento, senón  que contestou o que lle pareceu