Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

O PEDAZO DE PRESIDENTE

O PEDAZO DE PRESIDENTE

 

        Unha mentira, por moito que se repita non deixa de ser unha mentira. É un feito comprobado que os políticos fan promesas que nunca pensan cumprir.  A mentira e as promesas, lanzadas como sementeira pra colleita de votos,  son mais habituais do que fora de desexar;  non debían confundir ós votantes con promesas valeiras, que se fan co único propósito de enganar. Mais o certo é que a xente cre as mentiras, por iso os políticos as din; penso que é porque ten necesidade de ter unha esperanza. Si as falsas promesas son vendidas por medio dunha boa propaganda, o éxito está asegurado. ¿Qué pasa cando as promesas non se cumpren?. Os asesores de imaxe xa teñen previsto esa eventualidade; pra eles o mais doado é votarlle a culpa ó contrario. Iso é o que fai Feijoo; cunha mentira esconde a anterior. Si ía arranxa-lo paro en tres meses e a promesa non é capaz da  cumprir; o culpable é Zapatero. Cando estaba na oposición a culpa era de Touriño; agora a culpa é de Zapatero. A culpa non é súa, el é un pedazo de gobernante. O malo é que moitos si o cren.

 

CHANTAXE MFIOSO

CHANTAXE MFIOSO

     Feijoo recorre á chantaxe pra minimizar calquera crítica do PSOE a membros do goberno galego.  Co obxecto de evita-las críticas a calquera membro do goberno galego, Feijoo ameazou a oposición con comisións de investigación. Non é a primeira vez que Feijoo recorre á chantaxe, e saben que  cumpre certas promesas. No pasado, el e o  Superconselleiro ameazaron  a Pachi Vázquez con derrubarlle á casa que ten en San Amaro; mandáronlle os inspectores de Vivenda á casa co obxecto de atopar irregularidades. As xuventudes peperas chegaron a rodearlle a casa e bloquea-la entrada, pra intimidalo. Todo pra que non fixera preguntas incómodas no Parlamento. O candidato a alcalde do PP pola Arzúa, que era director da emisora municipal da Arzúa, intentou venderse o alcalde; agora vai de candidato do PP. Non estamos en Sicilia, estamos en Galicia, pero os xeitos son moi similares. A chantaxe estase a converter en algo corrente na telegaita; pero o de Rajoi  pedindo,  esixindo e logrando o cese do director do diario HOXE, porque lle descubriu que paseara nun barco dun famoso contrabandista;  da idea da degradación  e baixeza da política do PP e do perigo que corren as liberdades

S-696 E AS MUNICIPAIS

S-696 E AS MUNICIPAIS

    Non é un número da besta, pero case,  é a clave  baixo a que na Consellería de Traballo agochan os datos reis do paro.  

     O paro foi unha das promesas estrela de Feijoo. Unha das moitas que non cumpriu; de feito, fora o acoso á cultura galega, non cumpriu ningunha promesa. A Conselleira de Traballo, mais coñecida pola Conselleira do Paro, non facilita os datos reais do paro. O feito é dunha significación e dunha gravidade extrema; mais tendo en conta que foi unha promesa estrela de Feijoo. Ia acabar  co paro en tres meses , e agora está desmadrado. Iso non é óbice pra que os peperos o usen como un mantra e, con todo o morro, o presenten como un logro do bo goberno de Feijoo e o saquen na campaña das municipais, pero dándolle o carácter dunha promesa electoral; como  si a política de emprego fora de competencia municipal

FLORECEMENTO DOS AYATOLAS

FLORECEMENTO DOS AYATOLAS

 

         A extrema dereita viu en Feijoo o político que lle garantizaría a preeminencia e imposición da súa ideoloxía. Nos hospitais un cura forma parte dunha comisión ética que vela pola ética médica, medida con parámetros relixiosos. En educación as ayatolas de Galicia Bilingüe impoñen a Lei e permítense desprestixiar ós profesionais que non son do seu agrado, sen que os sindicatos, chamados de clase, movan un dedo. O expresidente Aznar súmase ós aldraxes a Galicia, vendo que é un pobo desvalido, cun goberno que el mesmo manexa, e un pobo que parece necio

FUKUSHIMA

FUKUSHIMA

   Si Feijoo, supoñamos, fora o gobernante de Xapón non pasaría o de Fukusima, Os galegos non valoramos, no xusto termo, o pedazo de Presidente que temos. Non solo é o noso guía, como Enver Hoxha o foi pra  Albania. Tódolos días, dende a radiogaita, nos da a súa opinión sobre os mais dispares asuntos. ! Hai que ver que sabido é ese home!. O do Prestige, si el estivera de Presidente non habería ocorrido, e de ocorrer faría un esconxuro e soltaría unha parrafada pola radiogaita pra que nos sentíramos felices. Di un famoso actor galego:  hai que ter criterio, e Feijoo teno, a súa maneira, claro.

O DEDO MÁXICO

O DEDO MÁXICO

 

       A Adxudicación directa, os concursos amañados e as colocacións a dedo; son divisa do Goberno de Feijoo.  Sempre se abusou da contratación directa; algo que figura na Lei como un xeito de contratación excepcional, atendendo a criterios de contía e urxencia, pero que o PPg converteu nun xeito ordinario de contratación. Este Xeito de contratación non é privativo da Xunta; tamén a nivel local o PPg o practica;  como exemplo os concellos do PPg, e afíns, da Costa da Morte, implicados na operación orquesta Dese xeito, o dedo máxico do goberno autonómico, apunta as empresas vencelladas con eles. Si iso non fora dabondo pra repartirse os pastel,  os concursos van por escuros camiños que levan, indefectiblemente, a adxudicación desexada, pero cun premio adicional de sobreprezo; tal é o caso da autovía da Costa da Morte, que xa estaba en fase de execución, pero o PP anulou o contrato e sacouna, de novo, a concurso, pra adxudicala a unha empresa amiga por o triplo do presupostado, en  sanidade parece que se chegou a quintoplicar. As irregularidades foron tales, que n algúns casos, como a autovía da Costa da Morte, a adxudicación foi anulada, o que retrasa a finalización da obra. O incrible é que os alcaldes do PP da Zona, moitos en fase de imputación por corrupción, vótanlle a culpa ó bipartito. Estes peperos van terminar por acusar á oposición da corrupción do GÚRTEL e da crucifixión de Cristo

 

 

FEBRE PRIVATIZADORA

FEBRE PRIVATIZADORA

 

  

            Todo o que pode xerar beneficio é susceptible de privatización.  Xa na época da Xunta de Fraga se inventaran o das Fundacións pra xestión de hospitais; foi un ensaio xeral. O deconstructor Feijoo foi o encargado de  destrozar Correos e liquida-lo seu patrimonio. Un organismo esencial e enseña na maioría dos Estados. Feijoo non o modernizou; optou por destrozalo. Sería mais doado modernizalo, pero a razón esencial era deixar espazo pras empresas privadas e co desexo de que correos non sobrevivira.Eu, que comencein a miña carreira en correos, sentín a dor da perda de algo querido, de que se estaba atacando a unha Institución emblemática, co fin de acabar con ela.  Xa na Xunta comenzou a privatización de todo o que puidera ser cobizado pros negocios privados, empezando por hospitais, como en Bos Aires, Vigo, Pontevedra, etc. Outro invento de Feijoo é a privatización paulatina, por Servizos, como en Cee; así, cando a xente se queira dar conta, teno todo privatizado; tamén privatiza os servizos sociais, sen que iso derivara nunha mellora dos servizos ou nun aforro pro Tesouro da Xunta; antes ben, o custo, nalgúns casos triplicouse 

 

   

AS GRANXAS MARIÑAS

AS GRANXAS MARIÑAS

 

 

          Pescanova, acostumbrada a que todo o mundo lle baixara a cerviz, liderou unha campaña de desprestixio, persoal e colectiva contra do goberno do  bipartito.  A razón do cabreo foi que quería instalarse  en zonas da rede natura,  e o bipartito non llo  permitía, ofrecéndolle outras zona, igualmente aptas pros cultivos mariños, pero de menor valor urbanístico. É fácil comprender que a pretensión esencial de PESCANOVA é facerse cuns terreos susceptibles  de urbanizar e dar un gran pelotazo. A granxa de cultivos mariños era solo un medio pra consegui-los terreos. Outras concesións en zonas ecoloxicamente sensibles, poden representar un perigo pra produción autóctona polo emprego de antibióticos e outros produtos tóxicos. Pero o negocio é o negocio, que é o que están estas empresas, mentres a Xunta mira pra outro lado.

AS RENOVABLES E Ó PODER

AS RENOVABLES E Ó PODER

 

 

           As concesión pra explotación de enerxías renovables é un gorentoso negocio; tanto polo beneficio que a explotación da enerxía lles reporta ós titulares como polas importantes axudas que concede o Estado.

          A veces unha imaxe vale mais que mil palabras. Fala por si sola a foto do presidente de IBERDROLA abrazando con furor a Feijoo na praza do Obradoiro.

           IBERDROLA vía en perigo os proxectos de minicentrais cos quere sementar Galiza; pra iso precisaba dun goberno, que non poña reparos éticos ou ecolóxicos.

           Mais escandaloso foran as concesións eólicas, pro que tiveron que derroga-las concesións anteriores e, con toda a cara, outorgaron concesións a empresas dos medios que lles  axudaron a chegar ó poder e a empresas creadas pro caso, vinculadas ó PP.

           As Indemnizacións, ós que alegremente expropiaron as concesións, aínda non poden cuantificarse, pero serán moi elevadas; teremos que as pagar a escote; o mais xusto houbera sido que as pagaran os irresponsables que orixinaron a desfeita, e dicir Feijoo e Guerra, ou os que os votaron; pero repetiran o consabido mantra  e os incautos creranlles.

           Tanto os empregos como as prometidas inversións van a quedar lonxe do anunciado. Incluso a inversión estrela da planta de lixo xa está no aire. Isto é solo o comezo.

TODO ESTÁ EN PERIGRO

TODO ESTÁ EN PERIGRO

 

        Feijoo chegou ó poder coa alianza de todos os que viron na orde legal un obstáculo pros seus intereses. Os das enerxías renovables foron os que mais loitaron, ata que conseguiron que Feijoo tumbara o decreto do bipartito e abrira un novo proceso favorable os seu interese. As granxas de cultivos mariños non admiten espazos protexidos pra elas todo o mar é seu. Os que aspiran a facer dos  servizos públicos un negocio, viron que Feijoo podía ser un aliado. Ás empresas de construción afiaron as uñas, porque a adxudicación directa, sen ter en  conta os custos, sería un bocado apetecible. Os de ideoloxía da extrema dereita, ansiosos de impor a súa filosofía, necesitaban un poder político favorable os seus prantexamentos, e pra elo, nada mellor que quen se criara no opus. Intereses comerciais e empresas diversas, viron que se lles podía abrir un lucrativo negocio e arrimáronse ó banquete. A cousa merece unha consideración individualizada. Falaremos do goberno.

 

EU PROMETO

EU PROMETO

 

      Época de eleccións, sinónimo de promesas. Polo tanto, é de agardar as promesas mais raras e espectaculares. Pra asombrosa, a promesa do inefable Baltar; agora xa non prometía colocacións na Administración Pública, prometía mil postos de traballo nunha fábrica de coches que se ia construír no municipio de Melón. A promesa foi refrendada polo Conselleiro de Industria. O alcalde de Melón xa empezou a adxudica-los postos de traballo. Non hai terreos, non hai confirmación da empresa; tampouco cadran os empregos co suposto número de unidades que se fabricarían, a menos que a produción por empregado fora como o da Deputación de Ourense. A promesa está feita. Os candidatos do PPg fan en toda Galicia a mesma promesa de crear postos de traballo no municipio. Si Feijoo non a cumpriu, non importa, a promesa é boa e véndese ben neste intre de crise.

PARECIDO, PERO CRETINO

PARECIDO, PERO CRETINO

 

           É gratuíto insulta-los galegos, xa o fixera Rosa Diaz, a cal non sairía a rúa si se mirara o espello; agora o expresidente Aznar fixo similares consideracións pra salienta-las cualidades negativas de Rajoy. A oposición, e asociacións calificaron de inaceptables as declaracións de Aznar, do que dixeron era un xenófobo racista e cretino. Pola súa parte, Feijoo declarou que el interpretara as palabras de Aznar como un eloxio. Aznar debe unha pública desculpa, mais coñecendo os antecedentes do personaxe non é de esperar. Pola súa parte Feijoo e Rajoy debían desautoriza-las declaracións de Aznar, pero débenlle o posto a el. Aznar está molesto con Rajoy porque non se deixa manexar por FAES como Feijoo; é que Feijoo sempre foi un guiñol, antes nas mans dos do Opus e agora nas de FAES.  Estas aptitudes danse pola compracencia de Feijoo, que non asume os intereses de Galicia e promove o desprestixio do pais.

           Tanto Aznar como Rosa Díaz son personaxes, en si, cómicos, pero iso non lles resta responsabilidades a eles e a quenes os xalean. O que Aznar se quitara o bigote dálle un aire distinto, pero iso non borra a súa imaxe de Charlot á Hitleriana e as súas paiasadas.

¿PREVARICACION?

¿PREVARICACION?

 

 

        A recente sentenza do TSXG sobre o Decreto do Eólico do bipartito pon as cousas no seu sitio e claras. O Conselleiro Guerra alega un informe da Asesoría Xurídica da Xunta pra xustifica-la política de demolición do Decreto do eólico. Antes de que chegaran ó goberno da Xunta xa prometeran, sen informe, que ian derroga-lo Decreto. Aí están as hemerotecas,   Chegados ó goberno buscaron a un afecto  pra que lles fixera un informe propicio, oposto o emitido con anterioridade, pola propia Asesoría Xurídica. Mais o problema agora é afronta-las indemnizacións millonarias, ademais do atraso ó que nos levou a irresponsabilidade de Feijoo e o seu cruzado. Eles deberan pagar do seu peto as indemnizacións; por iso non chega con pedi-la dimisión do Conselleiro de  Industria. Isto non é a deslocalización de empresas, logo de ter embolsado as axudas; estamos diantre dunha conduta criminal, unha mentira  masiva, solo igualada pola guerra de Iraq; unha prevaricación, ditando unha resolución inxusta, sabendo que o era, persistindo na mentira, enganando a un pais, acusando da actuación ilegal a un goberno, lixando o nome dun partido político. Naturalmente que teñen que responder co seu patrimonio e coa cadea.

 

 

A PALLA EN OLLO ALLEO

A PALLA EN OLLO ALLEO

 

  Cando as eleccións autonómicas o PPg montou un tremendo escándalo porque o Secretario Xeral do BNG subira a un barco, propiedade dun amigo, pra  dar un paseo polas rías; insinuando que algo lle daría. Curiosa a moralidade do PP; nas europeas do 2009 Rajoy embarcou, xunto con outros peperos, e actuando de guía o Delegado da Xunta en Pontevedra, nun barco propiedade dun coñecido narco pra facer campaña electoral. Pachi Vázquez denunciou as  relacións do PPg cos narcotraficantes. Ese é un exemplo; hai mais, quixera saber, habida conta do diñeiro que se gasta o PPg, si entre os narcos e os contrabandistas financian as campañas do PPg; cando na época Fraga xa se daba; co cal agora parece mais sospeitoso.

OS SALMÓNS

 

            Os salmóns, ano tras ano, volven remonta-los ríos; os políticos, como en tódalas campañas electorais volven a sementa-lo pais de inauguracións, primeiras pedras e, sobre todo comer. As inauguracións non son nada sen unha boa papancia. Esta semellanza entre os políticos e os salmóns e mais aparente que real; pois mentres pros salmóns remonta-los ríos é unha cuestión de vida, os políticos fan das inauguracións ofensivas orxías. A tódolos políticos lles gusta aparentar que fan algo. Non todo o mundo se lle pode meter no mesmo saco; certo é que o PPg ganou por puntos, que aproveitaron que o Presidente da Deputación  de Ourense inaugurou varias portas novas  no Pazo provincial pra ubica-la superpoboación de porteiros, que o Presidente da Deputación de Pontevedra presentou ós tránsfugas como un trofeo das súas artes. As obras municipais e autonómicas, que volveran a servir pra inaugurar en vindeiras eleccións, algunhas solo son esbozos de proxetos feitos pra ocasión; alí onde non houbo que inaugurar, non faltaron os pinchos e a xuntanza social. Todo foi como si o tempo pasado fora a retención e a paralización de toda actividade, pra logo soltalas en precampaña como se foran unha pozada coa que asolagaron o pais.

 

 

PREPOTENTES

PREPOTENTES

 

           Unha regra do gabinete bonsai, seguindo as instrucións do preside Feijoo, é considerarse na posesión da verdade absoluta e actuar con prepotencia e chulería; pensan que así impresionan mais. A chulería e a prepotencia do Superconselleiro dicindo que posiblemente lle tirarían a casa a Pachi Vázquez, pra logo admitir que a inspección non atopou nada ilegal, malia o empeño que puxeron, deixamos unha reflexión; ¿ é lícito e ético usalos fondos públicos pra acosa-los inimigos?, como eles conciben á oposición. ¿ quén paga esa chulería?. Os de sempre. ¿ Serán Quen os paganos de pasarlles factura electoral? .

NO PAIS DOS MIL RIOS

NO PAIS DOS MIL RIOS

 

         Entre outras cousas, Galicia é coñecida polo PAIS DOS MIL RIOS, pero tamén podía ser coñecida por algúns candidatos a Alcaldes. Os mais senlleiros son Telmo en Pontevedra e Negreira na Coruña; entrámbolos personaxes teñen en común os seus desvelos tratando de anular en Santiago calquera proxecto que se acometa dende o concello. Aí é onde se ve o valor que lle dan ás cidades das que prenden ser alcaldes. Como diría alguén: “menudas preas”. Pra eles    a cidade é un botín. Non lles importa que a cidade esmoreza no atraso, antes ben, queren unhas cidades e un pais sumidos na pobreza, no atraso e cunha carga ideolóxica que lles impida diferenciar e ter conciencia crítica. Tanto Telmo como Negreira teñen moita superficie de cara, en parte,  porque  están ben mantidos; ademais téñena dura, os problemas dos seus concellos non lles quitan o sono; e iso é outra cousa. Como si non, poden paralizar en Santiago proxectos das súas cidades, e utiliza-la Xunta pra poñerlle todo tipo de atrancos os seus gobernos municipais.      

 

XAQUE MATE

XAQUE MATE

 

         Non sei si o seu papel era só o de mosca cojonera; o certo é que Feijoo perdeuse no espazo e non deu unha nin na ferradura. O mérito das súas divagación financeiras, o mellor non eran solo súas; porque é sabido que os seus coñecementos nesta campo son moi limitados. Agora ben, como el gústalle aparentar un coñecemento universal, e apuntarse  tantos, tamén lle anotaremos este fracaso.  O seu no asunto de NCG foi un fracaso. Seguro que Feijoo  non o ve como un fracaso, pero éo. No tema de NCG sobraban as liortas políticas, había que buscar unha solución posible, admitindo as ideas dos demais, NCG tiña que ser o único importante; pero non, pra Feijoo o único importante era desempeña-lo papel de mosca cojonera e, ó remate morreu esmagado. NCG  era a única caixa que non tiña definido o seu futuro, e todo era grazas a Feijoo. A conclusión é que Pachi deulle un xaque mate a Feijoo.

 

COMO NOUTROS TEMPOS

COMO NOUTROS  TEMPOS

 

    O PPg resucitou o vello concepto da familia, poñendo á muller no lugar que noutro tempo ocupou. A muller deixa de ser unha persoa indibidual, con persoalidade propia e autonomía. O PPg decláraa ben público, con función de órgano reprodutor. Solo lles faltou dicir que era o descanso do guerrero.

   Dixeron os peperos da Xunta que a Lei tiña que ser copiada noutras autonomías de España, tamén dixo a conselleira Farjas que o modelo sanitario da Xunta, incluído o de medicamentos tiña que se imposto noutras autonomías. Imos á conquista d imperio. “por el imperio hacia Dios”, lema franquista. Síntese, a egrexia está presente.

 

COCHES

COCHES

 

    Aquela imaxe cutre de Rueda, amosando os Audis do Parque Móbil, pra xustificar aquela campaña despiadada, acusando ó bipartito de instalarse no luxo con 20 Audis, dos que 18 foran adquiridos por Fraga, deu paso a denuncia de que a metade dos cargos LD da Xunta utilizan coches do Parque Móbil pra uso particular. Todo acreditado con documentación gráfica,  non en rumores,  como nos ten acostumbrados o PPg. Feijoo, na súa austeridade, mercou un  milleiro de coches pro Parque Móbil; xa se ve o uso que lles está dando. O despilfarro do goberno Feijoo atopa o contrapunto nos recortes do gasto social.  Algún concesionario ponse cheo.