Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

O PERIGOSO

O PERIGOSO

 

         Non están moi lexos aquelas famosas imaxes, nas que aparecía Feijoo rendéndolle homenaxe a Castelao, diante da tumba do ilustre galeguista.

         Que eu saiba nade dixo nada dos actos que o PSOE organiza tódolos anos en Rianxo honrando a Castelao; nembargantes a foto de Feijoo facendo que lle rendía homenaxe a Castelao foi motivo de escándalo, non porque lle rendera homenaxe, que estaba no seu dereito; eu aínda diría mais, como galego e Presidente da Xunta era o seu deber. A xente sentiuse ferida nos seus sentimentos, porque a foto de Feijoo era tan falsa como un duro sevillano, calcada a de aquela en que aparecía, cunha mangueira de xardín apagando un suposto incendio forestal. Non pasou moito, o tempo deulles a razón a quenes se escandalizaron con aquela foto de Feijoo. O PPg non quere honrar a Castelao porque sería recoñecer a simboloxía de Castelao

 

MAIS IMPOSTOS

MAIS IMPOSTOS

 

          En tódalas eleccións o PP véndenos unha rebaixa de impostos, agora inventouse un imposto universal sobre a auga, ó marxe da que cada persoa consuma. Galia, o país dos mil ríos, dos miles de cachóns, fontes e pozos, sufrirá un imposto sobre a auga. ¿Qué dirán os incautos administrados, que creron o da rebaixa de impostos?. Parece que a xente se rebota e barrúntase uns problemas bastante graves, polo que o PPg xa puxo en marcha toda a  súa rede mediática e a  caciquil. Iso non é nada comparado coa emisión de mais débeda.  

OBSESION

OBSESION

        O PP goberna dende a obsesión e o rancor. Non repara no emprego de medios públicos pra perseguir ós que non participan do culto ó líder Feijoo. Da fe delo a comparecencia no xulgado,como mputados, pola suposta trama agraria, do mesmo xeito que perseguen ó portavoz do  PSOE. Non se para Feijoo nos inimigos domésticos, vainos buscar  a Madrid. Posiblemente elo sexa froito da súa ambición imperial: o mellor unha táctica pra disimula-la súa incompetencia, do xeito en que o fan os ditadores, buscando inimigos fora

        Pra Feijoo, a oposición son inimigos ós que hai que destruír. Persigue despiadadamente os seus opositores, con medios públicos e ó marxe da lei; recordemos o caso da Conselleira do Mar co bipartito, a exconselleira de OT, a trama agraria, onde xa hai imputados dous altos cargos do goberno Feijoo, e o portavoz do PSOE; ó mais puro estilo dos ditadores mais crueis.

        Cada quen que saque as súas conclusións e que obre en consecuencia.

 

BRILLANTE

BRILLANTE

 

 

              A xestión de Negreira no Grupo de Portos, segundo o actual Director do organismo, foi  brillante. O actual Director do Grupo de Portos tamén é brillante. Súa foi a ocorrencia de construír unha goleta que lle custaba dous millóns de euros  pra navegar polas rías. Era un dispilfarro como do yate do Presidente de Caixa Galicia, que llo pagábamos nos, e que o final nos saíu caro. No Grupo de Portos aínda se está pagando sentencias condenatorias orixinadas pola desastrosa xestión de Negreira; pero iso non lle impide o actual Director do organismo califica-la xestión de Negreira de Brillante. Como se nota que os cartos son de Xan pobo, si fora o seu patrimonio non habería tantas extravagancias.

POLITICA CATALANA

POLITICA CATALANA

      Hai quen ten a esperanza de que o modelo catalán pra protexe-las súas caixas poder ser importado a Galicia pra salva-la nosa caixa. Inxenuos se pensan que Feijoo ten un parecido político con Mas. Si fora algunha política caciquil, podía agardarse algo, pero unha defensa real  da caixa, que vaia mais alá das palabras, que se esquezan os cridos.

POR UN CACHO DE CEO

POR UN CACHO DE CEO

 

 

   Non é moito gastar o ano un millón de euros en capelláns, si temos en conta de que son os que nos poden dar un ferrado de sembradura no ceo. Os doentes do Sergas non terán cama, nin  terán unha cita nun prazo razoable; tampouco haberá guantes pro persoal sanitario, pero a Conselleira Farjas, dános a posibilidade de que adquiramos pra toda a eternidade un cacho de ceo. Mesmo podemos sufrir pra morrer, porque o sufrimento recompensarase con outro ferrado de sembradura no ceo. O final, non teremos un bo servizo sanitario; xa que haberá que aforrar pra pagarlles ós curas, e privatizar pra lle dar choi ós amigos. Peor o teñen os doutras relixións, morreran como cans. Xa elixiron por nos, salvación eterna, pero peor atención sanitaria, con menos profesionais e menos medios

TOMANDO POSICIONS

TOMANDO POSICIONS

 

         Os políticos tiveron claro, dende o principio, cal sería o fin do saneamento das caixas. Engordalas pra que os bancos as comeran. Non contaba o goberno que as caixas resistiran as condicións impostas polo que se viu obrigado a cambia-las regras do xogo novamente, en pleno proceso de adecuación, pra que non as puideran cumprir. Se o que urxe é que o crédito fluía pra que a economía despegue, non ten sentido que se lles esixa as caixas unha inmobilización de capital que podía destinarse a préstamos e dinamiza-la economía. Como iso xa non ten volta porque alia jacta est e os grandes  partidos están de acordo no fin e  na estratexia.

        Estando de  acordo como están resultan alucinantes as declaracións de Rajoy en Santiago de que defendería en Madrid a supervivencia de Novacaixagalicia, estando de acordo coa estratexia de aniquilamento, ¿a qué ven esa parida mitinera?.

        Os dos bancos xa afían as uñas

 

 

O PLAN DO QUE NADE VIU

O PLAN DO QUE NADE VIU

 

 

                Dixo  Cospedal que Feijoo tiña un plan contra do paro, os mais e 50.000 titulados superiores en paro están ilusionados, xa que Feijoo pensa neles e ten un plan. Nas Universidades galegas púxose de moda un novo xogo que consiste en busca-lo plan de emprego de Feijoo, ese do que falou a Cospedal, pero que nade viu. Xa buscaron en San Caetano, como nos despachos non atoparon nada, foron á cafetería, por si alí se atopaban os cerebros da Xunta, non puideron entrar porque xa non cabía mais xente. Recomendoulles un señor d traxe, na Xunta solo visten traxe os Ordenanzas, Conselleiros e algún Director Xeral; así que o informante debía ser un deles, que fora a Monte Pío, que alí vivía unha especie de Merlín, que tiña resposta pra todo. !O que alí atoparon!. Visto que en Santiago non atoparon nada saíron en grupos pra percorre-los montes do interior de Galicia; nas Burgas alguén lles falou de Baltar, que tiña o mesmo plan que Feijoo, pero que non alcanzaría a colocar os 50.000, ademais   tiñan que  ter un ligazón co PP. Como a resposta non lles satisfacía buscaron nas covas, atoparon o normal: Escuridade

GRAN ÉXITO

GRAN ÉXITO

           O Gaias, ese magno proxecto do PP pra Galicia, ese furado negro no que se sumen millóns de euros, tan necesarios noutros eidos, é un éxito de visitas. Os servizos de seguridade levan contabilizados, así a ollo, 40.000 visitantes. O Gaias é un punto visitado pola xente da terceira idade. A cotío vese autobuses que descargan visitantes como si de unha mercaduría se tratara. Unha mercaduría cautiva e valiosa, cautiva porque os conducen alí a forza como gando; valiosa, porque non critican. A calquera se lle pon cara de parvo cando ve circular a eses visitantes cara a biblioteca e pregúntase un qué lerán. A maioría con bastóns, que tamén son contabilizados., como fixeran os portugueses naquela batalla contra dos casteláns, na que contaban os combatentes castelás polo número de cascos de  cabalo.  A recompensa, un café e uns bolos na cafetería. Moi posible que Feijoo vexa ó xeito de rentabiliza-lo Gaias converténdoo nun macroxeriátrico, centro de encontro da terceira idade.

            Algún visitante, con cara de despistado, que se deixa caer por alí, tampouco se lle ve lendo, véselle comentando sobre o edificio e manifestando a súa incredulidade de que se metan alí tantos cartos. 

CON RESIGNACION

CON RESIGNACION

 

               Os que teñen a necesidade de acudir á sanidade  saben que a espera pra que lles atendan pode ter dúas fases; na primeira, ó doente díselle que xa se lle chamarán; despois de meses de espera chámaselle pra darlle cita. Dese xeito, as listas de espera non son tan longas, porque solo se computa ó tempo dende que se da a cita. Este non é o peor  escenario, o peor é cando non hai especialistas, que no rural soe ser frecuente. Vistas así as cousas, cabe a dúbida de saber pra onde camiña a sanidade pública. A Conselleira, como política do goberno, tenta potencia-la sanidade privada, de aí o abandono da sanidade pública, deteriorada, unhas veces con intención e outras por incompetencia.

 

FAGAMOS UN PLAN

FAGAMOS UN PLAN

 

          Cando no se sabe que facer, a mellor ocorrencia é facer un plan, como fixo Feijoo. Cando se fai un plan co único obxecto de que sexa unha interpretación teatral sen mais transcendencia, o plan xa nace sen credibilidade, É o décimo que fai Feijoo, co antecedente de que ningún dos anteriores se cumpriu. Deste non se espera outra cousa, nin sequera ten dotación orzamentaria. O custo da presentación do plan rondou os corenta mil euros, que se gastaron nas diversas partidas que concorreron no evento; dende acondicionamento do escenario, invitacións, publicidade, etc. As frases valeiras, pero con boa dicción e sentido teatral, estiveron a cargo de Feijoo, ó que se lle notaron boas dotes e entreno pras tablas.

          O famoso plan que se titula de Innovación, desenrolo e  crecemento, é un farragoso tocho de case duascentas páxinas, cheo de vaguidades, sen contido económico, co único  fin de aparentar inquedanza polo desenrolo e futuro  de Galicia.  

          A elaboración do plan, e a súa posta en escena, foi unha estrambótica actuación surrealista.

 

GRESCA

GRESCA

 

        Gresca a que se armou no Pazo do Hórreo na sesión de control o goberno. Todo se desmadrou coa referencia ós parados; a oposición quería coñece-los plans do Goberno pra minimiza-lo paro, logo de lembrarlle a Feijoo que dilapidou a herdanza do bipartito. Feijoo, como sempre, escorreu o vulto e botoulle a culpa a outro. A Oposición diante das evasivas de Feijoo e o seu empeño de  remexer churras con merinas pra evadi-la pregunta, alporizouse, e mesmo lle chamaron incompetente, eu diría que é un charlatán de feira, lugar que lle iría mellor que o Parlamento. Visto o debate comprendese   mellor a recomendación de Blanco: ”si Feijoo  segue así escorrendo o vulto, desface-la autonomía, porque non sirve pra nada”. Na pasada lexislatura acusou, no Parlamento, ó Bipartito  do paro, pola súa mala política económica, aínda que o paro non  era comparable ó de hoxe. Feijoo prometera, no    seu famoso contrato, que ía acabar co paro en tres meses; hoxe conseguiu poñer a Galicia á cabeza das Autonomías no paro. Como desculpa, sempre a ten, di que non ten competencias.  Os douscentos cincuenta millóns que recibiu foron pra nomear á Conselleira do paro Coruñesa do ano,  repartir entre os amigos, na forma de cursos sen sentido. Se non ten competencias, ¿por qué se opón á reforma do Estatuto? . ¿ qué foi  do famoso contrato?; alguén o precisou pra limpa-lo cu non momento de diarrea, que é o que traen as desmesuradas enchentas.

             Os   cartos recibidos pra políticas de emprego son repartidos pola Xunta entre os concellos con criterios clientelares e de afinidade ideolóxica, non en relación ó número de parados. Co se demostra que o paro non é pra Feijoo relevante.

            Cospedal dixo, en Santiago, que Feijoo ten un plan perfecto contra do paro, que habería que copialo en toda España. Iso dixo, aínda que todo o mundo, incluído Feijoo, descoñece ese plan. !Hai que oír cada cousa!.  Pra que digan co albariño non afecta ós sentidos.

 

¿ULA O INEMIGO?

¿ULA O INEMIGO?

 

 

         Estamos perdendo o tempo si andamos a buscar en Que tobeira se atopa o inimigo. Non vive lonxe, por mais de que os males pro noso sistema financeiro veñan de Madrid, da man da ilustre Ministra de Facenda, que ten de tras a Zapatero ó Gobernador do Banco de España, a Mariano Rajoy e os grandes bancos. O que realmente resulta chungo é que os políticos locais, con Feijoo a cabeza, ou pasan do tema, ou se lían en cuestións estériles, que pouco teñen que ver coa realidade do problema. Si a todo elo lle engadimos un feixe de directivos, conselleiros e persoal vario, mais preocupado das súas poltronas que do futuro da caixa, temos un cóctel moi preocupante.

            A interpelación ó goberno do Senado BNG Pérez  Bouza, sobre os bandazos do goberno de Zapatero no tema das caixas, foi como si se acendera unha luz na pecha noite do sistema financeiro. Non é xustificable a medida polo motivo de reduci-lo sector, pois Alemania ten mais de 400 e non ten esa necesidade. A razón é que o goberno e a oposición están de acordo en entregárllelas ós bancos, ós que lle deben moito. Nese obxectivo de acoso está o mudar de esixencias cando cumpriron as ditas anteriormente, e seguiran polo mesmo camiño, si fai falta.

           Mas fixo un discurso pra Cataluña  que votamos de menos no noso Presidente. Temos que comprender que estamos a falar de dous políticos moi distintos; mentres Feijoo está condicionado polo que pensen en Xénova, Mas solo lle move o intres de Cataluña; mentres que Mas é un político de talla que conta con xente moi capacitada pra asesoralo e ten vocación de servizo á comunidade, Feijoo é un político rodeado de caciques e con aspiración de irse pra Madrid;  Galicia non lle preocupa o mais mínimo.

MORALIDADE Á CARTA

MORALIDADE Á CARTA

         É mais que aconsellable volve-la vista atrás e sacar ensinanzas da campaña electoral das autonómicas, mais cando o PP confesou que vai repeti-los mesmo plan da campaña das autonómicas. O PP pode abanear e sacar supostos temas de corruptelas, ou inventalas; porque iso fai mella no electorado, tanto do PSOE como o do BNG; pola contra o electorado do PP é mais comprensivo coa corrupción. Os dirixentes do PP son moi conscientes deste feito e explótano. Fai ben pouco vímolo cos alcaldes da Costa da Morte, tapados e protexidos polo PP, incluso se di que lles pode favorecer electoralmente; similar paradoxo dáse cos tránsfugas. Asemella como si a corrupción fora como un esterco máxico que lle dera forza ó PP. Por un caso moito mais leve que os dos alcaldes da Costa da Morte, o PP pediu a dimisión dun concelleiro de Ourense e o concelleiro non quixo que a dúbida alcanzara a súa xestión e  dimitiu; o mesmo que o PP, coa súa moralidade á carta.

MAIS DUN CULPABLE

MAIS DUN CULPABLE

 

               De certo que Negreira é un home de moral distraida; solo así se entenden moitos chanchullos que deixou por alí onde pasou, sendo  un dos casos mais sonados o do porto de Sada. Sada foi pro PP a Marbella galega; non solo era Negreira, dende o Grupo de Portos, o que repartía prebendas; todo o  que tiña unha parcela de poder dentro do PP repartía algunha prebenda pra explotala en Sada, o que atopaba coa comprensión do entón alcalde do  PP.   Sada non é o único espacio onde o PP campaba as súas anchas, aínda que era coñecida coma a vila sen lei, unha vila na que non solo se ignoraba a lei, senón as Sentencias Xudiciais, que xeraba a particular situación de  Sada. O Porto de Sada, grazas ó goberno da Xunta, segue toreando as sentencias xudiciais,  aplicándoas como lle parece. O inefable Negreira, que deixou tanta sucidade  en Sada, agarda facerse coa Coruña pra que se ensombreza e se recorde como unha minucia o de Sada; pra elo non regatea en demagoxia.    

¿PRESIDENTE?

¿PRESIDENTE?

 

 

    Supoñía que o Presidente de Goberno tiña unha función de Estado, logo a do partido.  A escura dúbida xurde  cando atúa movido por intereses que non son de Estao e nin  sequera de partido. A autorización que lle deu a Generalitat pra que aínda se endebede mais, por riba do legalmente permitido; tomando a decisión a titulo persoal, sen intervención do Consello Fiscal, nin da Ministra de Facenda, fai do acto unha decisión persoalísima, pasado polo arco de triunfo os procedementos e as Institucións.  Á  solidaridade entre s españois deulle a puntilla. Ós  mercados deulles una sinal inequívoco de que España está sen goberno e un tipo perigoso ocupa a Moncloa. Imaxínome o cabreo do Alcalde de Madrid, do Presidente da Comunidade de Castela a Mancha, e tantos mais.  Simplemente é un perigo

VENDER FUME

VENDER  FUME

 

            Pra vender fume e ter éxito, fai falla moito arte. Sendo cuestión de arte poucos lle poden gañar a Rueda. A campaña pras autonómicas non foi deseñada por il aínda que a dirixiu. Incluso nos mais banais extremos, deseñouse en FAES, Rueda foi un xestor. Pra vindeira campaña das municipais o PPg quere calca.la campaña que lle de o triunfo, de momento, Rueda será o cabeza a visible. Faltan outras variables. ¿achegaranse tantos cartos como nas autonómicas?, ¿ implicarase tanto  FAES?.  Unhas eleccións requiren fundamentalmente cartos; mais cando se vende fume. O lóxico sería pensar que Rueda teno difícil pra vender un programa que non se cumpriu e incidir nas mesmas mentiras da campaña pasada, pero nada hai imposible, habendo cartos; pra mais a oposición non será problema pros intereses do PPg, ten dabondo con subsistir

PROPOSTA LÓXICA

PROPOSTA LÓXICA

 

           O ministro de Fomento, a vista de que Feijoo lle vota a culpa de todo a Zapatero, propón disolve-la Xunta total. Si hai un goberno que non serve pra nada , ¿pra qué se quere?. É unha proposta extrema, pero como siloxismo é lóxica.

 

DEMAGOXIA E PARO

DEMAGOXIA E PARO

         O paro lacera a sociedade;  é unha pesada lousa nas costas de moita xente; unha nube que ensombrece  o futuro do pais. Galicia, e xa leva meses, lidera a destrución de emprego. Qué fai o goberno galego mentres tanto: nada.  Entristece ve-la preocupación de Feijoo e os seus conselleiros bonsai polo panorama social de Galicia, pero tamén desconsola ver a unha oposición desnortada que non lle esixe a Feijoo que goberne en  lugar de andar de viaxe  polas españas.

        Sentinme asombrado pola ocorrencia do orondo e ben mantido, candidato do PPg de Pontevedra, votándolle a culpa do paro ó alcalde.  As competencias de emprego tenas, en exclusiva a Xunta, i é a quén lle hai que esixir responsabilidades, pero si con esas artimañas conseguen desvia-la atención dos responsables, a culpa é toda do PSOE  e do BNG.

         Os concellos son os primeiros que deben manifestarse preocupados polo paro. Se os alcaldes e concelleiros do PSOE e o BNG non lles preocupa a situación dos veciños do concello, non sei que é o que lles pode inquietar e removerse nas súas cadeiras. É natural que diante da quietude dos políticos municipais xurdan demagogos como Telmo Martín,un  personaxe que demostrou nadar en turbulentas augas.

         Se a Conselleira de Traballo é unha inepta, un floreiro no consello, a culpa é de Feijoo. Qué Galicia coa súa estrutura produtiva lidere a destrución de emprego debía acende-lo pais.

         Os Concellos debían celebrar debates monográficos sobre o tema, i esixirlle unha solución a Feijoo, e unha igualdade de trato na distribución de fondos. Non se entende como a Xunta lle da ó Concello o triplo por un parado se o Concello é do PP. Con isto non se debe tragar. Mocións en tódolos Concellos.

BATENDO RECORDS

BATENDO RECORDS

        Hai records que era mellor non ter. Galicia baixo o goberno de Feijoo está a bate-las cifras do paro. Pero ten unha estratexia oculta inspirada na política de Baltar. Combaterá o paro enchufando ós parentes do PP. Non é nepotismo, é a nova política de emprego do PPg.  Xa o dicía Cacharro os   do PP teñen  uns xenes que fai deles os mellores   opositores do mundo. Aínda que alguén que dubide da imparcialidade  dos tribunais, ou das artes de meter xente como si fora o público un supermercado de colocación  do PP. Dese xeito o paro seguirá afectando a moitos galegos, entrementres, a falta de moralidade fará que a algúns a crise lles esvare. É o código ético do PP, que cando lle interesa sácao, e cando non, méteo no caixón; o que se chama unha moral de quita e pon.