Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

DESAFIUZAMENTOS

DESAFIUZAMENTOS

 

   Os dous partidos maioritarios intentan poñerse de acordo pra encaouza-los desafiuzamentos. Chega tarde pras mais de 300.000 familias que perderon a casa; pero aínda así, a cousa non vai ser inmediata por falta de acordo. No fondo, nin o PP, nin o PSOE teñen interés en paralos desafiuzamentos. A banca ten collidos polos collóns ós políticos e poderes do Estado, e eles non se atreven a poñerlles coto. Pola súa parte no Tribunal da UE vese ilegal a lei española de desafiuzamentos, o cal podía levar declarar nulos os desafiuzamentos ditados por os tribunais españois. Ten que ser un tribunal ordinario o realice esta xestión, mentres o TS e o CXPX  e goberno miran pra outro lado. Pra eles é mais importante os bancos que as persoas.

UNHA RELEXION

 

 

  Si non son cousas dunha ditadura, parécenselle bastante. O PP quere que sexa delito sacar fotos das cargas policiais. Si xa pegaban á xente como quen golpea nun saco de palla, despois descargarán as súas frustracións sobre os cidadáns

DA ESPAÑA PROFUNDA Á GALIZA PROFUNDA

DA ESPAÑA PROFUNDA Á GALIZA PROFUNDA

 

   Nade debe tomar o seguinte relato como unha manifestación en contra da Airexa Católica. O certo é que os feitos que se contan son propios daquelas sociedades nas que a ignorancia, a superstición  e o escurantismo fai presa, e intentan explicarse fenómenos descoñecidos recorrendo á relixión. Así dous fenómenos, en Murcia e en Galiza tiveron semellanzas no seu desenrolo. En Murcia, un inminente pedrisco ameaza ós cultivos. Unha procesión percorre os campos, rezando e repetindo “ Satanás os froitos da terra non te levarás”. Un veciño da pedanía, ateo confeso, dispara cohetes pra rompe-la tormenta e evita-- o pedrisco. Resultado.: a finca do ateo non sofre o pedrisco. Na Galiza profunda unha vaca está parindo. A cousa vai mal. Cría e  vaca poden morrer. O carón da vaca, todo o pobo, co cura á cabeza, reza. A vaca morre. Dia mais tarde, noutra casa do pobo repítese unha escea similar, pero o cura pídelles que recen con mais fe. Naquela casa hospedábase a mestra, que non comprendía que unha cousa que era do veterinario se arranxara con rezos. Así que, pola súa conta decidiu ir a busca-lo veterinario, e  pediulle a un raparigo da casa que aparellara o cabalo e a acompañara á vila. A muller, moi áxil, dun salto subiu ó cabalo. Dirixíndose ó rapaz díxolle: “viches a miña axilidade”. –Si, pero aquí chámanlle a cona. A mestra fixo que non oíra e emprendeu a marcha. O veterinario veo no se land rover. Votou a xente fora, onde quedou esperando acontecementos. O veterinario salvou  vaca e a cría. Os rezos, se pre algo serven e pra salva-la alma, do que a teña, o demais é cuestión de ciencia. O dono da vaca quedoulle agradecido á mestra. Esta, pediulle un favor: que votara o rapaz a estudar á capital, porque era moi bruto

RESCATE AUTONÓMICO

 

  En mellores  condicións que  acudir ós mercados, o chamado rescate autonómico,  foi pedido por case tódalas autonomías. Galiza é unha excepción; presa das mentiras de Feijoo, perde unha boa oportunidade de sanear o Tesouro autonómico. A maioría dos expertos coinciden, a falta de datos oficiais, en estima-las necesidades de tesourería entre os 900 e os 1.200 millóns de euros, aquí comprenderíase o custo da construción do hospital de Vigo.  Feijoo xa anunciou dous anos de duros   axustes, o que ven a confirmar as deficiencias de tesourería. Ó informe Orza, no que se admite un desfase de 400 millóns de euros, hai que sumarlle o peloteo de facturas sen pagar, que pasaron dun exercicio a outro, pra cadra-las contas dentro dun déficit contable admisible. Foi un exercicio de enxeñería; do que veremos como diantres saímos

¿NON HABERÍA OUTRO?

 

  Non habería outro en España pra ministro  de Defensa que Morenés, expresidente dunha empresa de armamento que fabricaba, entre outros artiluxios, as bombas de racimo que España prohibiu. O PP nomeouno Ministro de Defensa. Entre outros acordos que propiciou: pago prioritario das débedas contraídas con empresas de armamento pro que incrementaron os orzamentos de defensa  cando todos e recortaba; pero a guinda é a indemnización con 40 millóns de euros, por lucro cesante, á empresa fabricante  das bombas de racimo, da que procedía. Pra que non surxira ningunha eiva legal, idearon vender unha suposta débeda a outra empresa, que sería a que recibiría a indemnización. Estes peperos son a hostia de astutos.

PRIVATIZANDO A SANIDADE

PRIVATIZANDO A SANIDADE

 

 Non se pretende mellora-lo servizo da sanidade coas privatizacións   que fan os fachas. Pra mostra chéganos o exemplo da sandade nos EU, na Inglaterra de Margaret Thatcher, nos Hospitais das Fundacións da época Fraga, na privatización do hospital do Centro  Galego de Bos Aires; nas  privatizacións da CA de Madrid, que houbo que inxectarlles diñeiro; na privatización da construcción do hospital  de Vigo, mais pequeno que o proxectado inicialmente e cun custo tres veces superior. A verdade é que non pretenden mellora-la xestión, senón repartirse o negocio.  Feijoo non pretende solo acabar coa sanidade pública, o quere desprestixiala primeitro non cubre as vacantes de persoal, polo que o traballo realizase por menos xente, empeorando a calidade do servizo. As listas de espera, que xa son de pesadelo, malia ise invento de crear dúas listas, estructurales e non estructurales. A finalidade do invento e facer desaparecer da lista de espera a doentes que non os atenden no servizo de saude

EXITO NO CAOS

EXITO NO CAOS

 

 

  Un feito incuestionable é  que Feijoo sacou unha cómoda maioría absoluta, pero non é menos  certo é que con ríspeto ás anteriores eleccións  perdeu 150.000 votos. A  súa salvación foi a división da oposición e, o afundimento do PSOE e o BNG. A  procedencia dos votos de Feijoo é eminentemente rural, de tal xeito que extrapolando os resultados a unhas eleccións locais perdería   en tódolos núcleos urbanos. Mais   que nunca ten que poñerse  a boina. A abstención, xunto cos votos nulos e brancos, evidencian unha intencionalida política de desprestixio da Institución. Pouco valeron as viaxes e as subvencións a diasporan, onde a absgternción foi do 97,5%. O carreto de votantes en zonas rurais e a influencia electoral dos caciques da boina, xunto co masivo envío de SMS en vésperas de eleccións, anunciando a concesión de subvencións, moitas das que non chegaron a facerse efectivas, evidencian unha manipulación pouco respetuosa coa  democracia.  Por certo, moitos acarreamentos fixéronse cunha flota de Audis Intírgame saber donde sairon.

SAMAIN 212

SAMAIN 212

 

  Pasados os anos escuros do franquismo, recupérase unha celebración ancestral, común os países celtas, O SAMAIN. Na cultura anglosaxona, especialmente en
Norteamérica, a festa do SAMAIN chámanlle halloween. O Samain, o mesmo
tempo que era a celebración do final das colleitas tamén era unha oración os
defuntos, que regresaban nesa data pra visitar o mundo no que viviran. Foi,
cecais, esa lembranza os antepasados mortos o que mais perviviu na vida dos
galegos na época do franquismo, sempre dentro dunha clandestinidade familiar;
dende a Santa Compaña, da que se admitía a súa existencia, a deixar o lume acendido e a mesa posta, a noite do Samaín, pra que se quentaran e comeran, que
nada lles falte na visita a que foi a súa casa, as almas dos defuntos da casa.
O Samaín representaba, no culto ós defuntos, unha porta aberta ó outro mundo.
Por esa especie de porta estelar viñan a este mundo os espíritos dos antepasados mortos, logo, pola mesma porta estelar regresaban o seu mundo de mortos, unha vez concluídos os actos do Samain



 

 

chuzai nese enlace. É moi interesante

http://curartenaturalment.blogspot.com.es/#!/

A REDE

A REDE

 

  O PP actúa como unha rede de corrupción, amparando ós defraudadores, os políticos culpables de corrupción, perseguindo ós que denuncian corrupcións e vetando os periodistas molestos. Estes métodos de depuración aplícanos sen ningún recato ós    funcionarios que non son cómplices coas arbitrariedades dos políticos corruptos. Se algún político pepero  é condenado por corrupción o goberno do PP aprestase a indultalo. Como foi o caso deses políticos recen indultados, cando normal sería apartalos da política pola hixiene  do sistema. Visto que os políticos non teñen a mais mínima disposición a apartar ós corruptos, fase necesaria a adopción de listas abertas pra que sexan os electores os que teñan oportunidade de depuralos. En tódalas comunidades onde goberna, o PP  existe  unha rede brutal de corrupción; incluso paga ós avogados dos corruptos. Cando apartan a un cargo público, como o alcalde de Majadaonda, é pra sacalo dos focos informativos compensándolle cun outro cargo importante. Mención especial merece a hermanisma de  Feijoo, que apaña contratos da Xunta e de axuntamentos peperos como o da Coruña sen cortarse un pelo.  A volta ó ruedo de Camps e o homenaxe ós implicados e corrupcións, son feitos subrealistas.

QUE MAL ESTÁ ESPAÑA

QUE MAL ESTÁ ESPAÑA

QUE MAL ESTÁ ESPAÑA, XA NON NOS QUEDA NIN A… “ E S P E R A N Z A “

 
 

1- Se dormirá, extenuado, sabiendo que hoy, en la mesa de operaciones le salvó la vida a un anciano y a un bebé.

2- Se irá a la cama, agotada, después de transmitir parte de sus conocimientos a veinte alumnos.

3- Se acostará, exhausto, tras haber rescatado de la muerte a dos adultos, a dos niños y a un perro.

4- Esta noche cerrará los ojos, orgulloso, recordando como por la tarde torturó, mutiló y asesinó a seis toros.

A tres de ellos en España se les recorta el sueldo. El otro se lleva treinta millones por una jornada de "trabajo" y es calificado de héroe.

A tres de ellos el Rey Juan Carlos les pide que hagan sacrificios. Al cuarto le cuelga en el pecho la Medalla de Oro de las Bellas Artes.

Welcome to Spain.

ESPAÑA VAI BEN, GALIZA MELLOR

 

    O paro medra vertixinosamente. O PP .reforma o mercado laboral, din, pra crear emprego. Si en lugar de crear emprego se dedicaran a recoller cogomelos iríanos mellor. Pouco fata pra chegar ós seis millóns de parados. Este  goberno é capaz de grandes cousas, e conseguirao.  Precarizan o emprego, creando unha situación laboral incerta, nade consume e a economía encóllese.  Feijoo é feliz coa marcha do emprego en Galiza. Cada día 100 mozos de  menos de 30 anos abandonan Galiza en busca de traballo. A estatística certa é que Galiza volve ser un país de emigración. Os galegos non lle queren crear problemas a Feijoo, emigran.. Cada vez está mais cerca unha revolución, porque isto vai camiño da miseria total. A gasolina que lle deron os galegos a Rajoy pode servir pra incendiar España.

FASCSTAS COMÚNS

FASCSTAS COMÚNS



FASCSTAS COMÚNS



Dixo un Senador Republicano dos Estados Xuntiños que os embarazos tras unha violación son porque Deus o quere. SI Deus é o responsable último do ben e do mal, dado que é todo poderoso e nada sucede contra da súa vontade; o culpable último dunha violación é Deus, ou ben temos que admitir que Deus non existe. Conclusión: os fachas, non importa donde sexan  son uns descerebrados.

Na presentación dos orzamentos, Montoro di que son os mais os mais socias da
democracia. Pra min este home sempre estivo un pouco lelo, pero agora demostra
que tamén é perigoso. Bueno, alguén da súa parroquia igual o cree,
especialmente si é galego. O igual que outros ministros de Rajoy, é un
camorrista. Os políticos, do signo que sexan, sabedores de que algún seareiro
lles crerá, non se cortan en dicir paridas

GALIZA NON SE RENDE-II

GALIZA NON SE RENDE-II

 

 

É imprescindible, é urxente que as bases falen, que os dirixentes se retiren ou se vaian ó paro, que a UPG deixe voar ó Bloque. Un comunismo ortodoxo como o da antiga Albania, que encorsete a militancia, vivindo fora da realidade do país, ten pouco futuro. Non deben crerse os de Beiras no camiño de rosas porque tiveran un notable éxito electoral, produto dunhas circunstancias puntuais e beneficiados polo carisma de Beiras, ó que todos veneran en Galiza; pero a realidade é que Beiras vai pros oitenta anos,  e Galiza non se pode acabar con él. Beiras é e o único que pode liderar unha catarses do  nacionalismo  pra que tódalas familias galeguistas pensen en Galiza e pospoñan as súas particulares ideas da organización. Compromiso  x Galiza ten que ser unha pata mais dun novo proxecto galeguista, que o que menos importa é como se chame . Un comentarista do blog, logo de dicir que é moi difícil loitar contra da propaganda do PP, pregúntase si realmente existe unha alternativa viable ó PP, xa que uns románticos antisitema non son tal.   A loita continúa di, outro, e preguntase si o grupo de Beiras se manterá, ou rematará nun soño. Eu estou de acordo en todo, o mesmo co que di que hai que seguir loitando; porque perdemos unha batalla, pero segue a guerra

GALIZA NON SE RENDE-I

GALIZA NON SE RENDE-I

  Loitamos, puxemos ilusións, pero perdemos. Levantarémonos do cha pra seguir loitando. Galiza non se rende. O galeguismo esnaquizado, unha esquerda desnortada non facían presaxiar nada bo. O contexto electoral, cunha situación económica catastrófica; un goberno do estado, pregado de ineptos; un goberno da Xunta sen programa e sempre mentindo, facía concibir esperanzas de que algo podía ocorrer. O final si ocorreu, o PP volve sacar maioría absoluta. Certo é que perdeu 150.000 votos, que os botos obtidos son unha quinta parte dos galegos. Tamén PSOE e BNG perderon moitos votos; así que todos perderon, os que mais os galegos. É difícil loitar contra da maquinaria mediatica e propagandística do PP. Pensar que no ano das eleccións gastaron case 20 millóns de euros en engraxa-lo aparato mediatico, por supostos con cartos nosos, o cal é indignante, da poucas esperanzas.  Cando leo un comentario no PAIS sobre a presentación dos orzamentos que fixo Montoro, sinto unha terrible vergonza, non de  vivir no pais ó que amo, senón dos conciudadanos que teño a desgraza de convivir. Dicía un comentarista. Crese o Ministro que todos somos galegos, uns imbéciles que se nos pode en ganar e consegui-los nosos votos...-Isto segue, entre outras cousas, quero facer referencia a comentarios de lectores do blog, mañá vémonos

A LOITA SEGUE

 

  Un amigo meu de fora de Galiza, a propósito das eleccións, declame que non entendía ós galegos; cómo despois das facaltruadas de Feijoo, non solo sacaba maioría absoluta, senón  que a incrementaba. Pode que o pobo galego sexa un pobo masoquista, que canto mais lle dan polo cu mais se agacha. Pode que o constante bombardeo de publicidade, no último ano a Xunta gastou nesta labor 20 millóns de euros, lles fixeran crer ós galegos que vivían nun mundo marabilloso, gobernado con sabiduría e honradez. A min tamén me costa entender que teñan que paga-lo transporte pra asistir a un tratamento do cangro, e tratándose de votar, non solo lle poñen transporte gratuíto, senón tamén  lle poñen un asistente. O problema da persoalidade galega, deixando á marxe ós liberados, é que é un pobo que aínda segue vivindo na servidume, que non soltou aínda as cadeas do servilismo; como senón, a un pobo que lle menten que lle quitan o futuro, que o maltratan, aínda segue baixando o cerviz e apoiando os seus maltratadores. Pasamos do tópico do galego paleto e a criada en Madrid ó xubilado, que se empastilla e vota compulsivamente ó PP como se fora un analxésico. Non se debe esquecer aquela viñeta de Castela na que un galego dicía que tíñamos que salvar España. As manifestacións contra da política do goberno, os problemas nas nacionalidades históricas, quizá fixo renacer aquela vocación salvadora. Pero, ¿?quén nos salvara a nos?. Invoco a un SER superior, si o hai, pra que nos axude neste calvario

OREMOS POR GALIZA

OREMOS POR GALIZA

 

 

  España da as condolencias a unha Galiza de loito, sabendo que é o anuncio do seu propio enterrro.

LEAS PARLAMENTARIAS

 

  Despois de ve-lo aburrido que foron as sesións do Parlamento Galego durante a pasada lexislatura, na que Feijoo contou  cunha descafeinada oposición, que a facía calar cuns cantos ladridos; a lea que se armou no Parlamento da  CA de Madrid, onde o portavoz socialista lle votou  en cara ó do PP que os fascistas lles quitaran a infancia a unha xeneración de españois, e agora os seus herdeiros lles quitaban as pensións, a sanidade  e os servizos sociais a aquela xeneración. Certo que hai moitos cadáveres en tódolos armarios. Iso fai necesaria un apertura das portas pra que entre o aire fresco, ó que sempre se opuxo o PP. Dese xeito, mentres non encaremos a historia, os cadáveres seguiran aí pra amolarnos

TEMPO QUE REMATA

 

    O que nos trouxo o tempo que remata, preñado de promesas, presumindo de cousas feitas, que nade viu.  Feijoo tan obsesionado está polas contas, que el exhibía como o se maior logro, que o descubrirlle o Tribunal Económico  as  súas trampas, foi como se o deixaran coas partes íntimas o aire. Sentiu a necesidade de lava-los trapos sucios, que compareceu nunha amañada rolda informativa na televisión da Voz de Galicia, con preguntas amañadas e entrevistadores coidadosamente adiadestrados, facendo un balance, que podía causar unha doenza cerebral, o que o escoitara, porque non se sabía de que país falaba, facendo promesas vellas e, sobretodo, facendo unha magnífica interpretación teatral daquela parodia política. Tamén vin a imaxe dun acto electoral de Feijoo, con profusión de xente currante, especialmente xubilados cunha cara de  felicidade inmensa como se viran o seu creador; entón comprendín porque Rajoy é fai recaer os recortes en cousas que afectan á xente mais necesitada. Os galegos, diante do tempo escuro, agarrámonos ó coidado dos señores, como si en nos espertase un atavismo histórico de servos

BEIRAS

 

  Non fai falla que defenda a Beiras, deféndese el ben; pero irrítame que o Feijoo queira minusvalora-los  contrarios e atribuírse uns méritos que non ten. Feijoo Entrou de interino na Xunta co patrocinio do seu padriño do OPUS, que o promocionou a tódolos cargos, incluído o de Presidente da Xunta. É funcionario do grupo A da Xunta porque era interino e concorreu a unhas oposicións, nas que lle deron unha puntuación adicional que outros non tiñan. Beiras é Doutor e Catedrático xubilado da Universidade de Santiago, publicou diversos traballos, e nade lle pode, nin as mediocridades, discutir os seus dotes de profesor. Non pode dicir o mesmo Rueda, que se  mofou de Beiras, o que definiu como un pijo resucitado. Beiras nunca estivo morto, nin esquecido, xa ten gañado un posto ó carón de Breogan, un Olimpo nos que os vendepatrias non entraran. Rueda non ten méritos propios dos que presumir. Este fillo dun funcionario de Deputación de Pontevedra, con xenes herdados pras oposicións, chegou a Secretario do Axuntamento de Cambados, ese é o seu bagaxe. Respetade si queredes que vos respeten.