Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

MOI VIVO

MOI VIVO

  

  Franco está morto, pero a súa ideoloxía está tan actual como cando el vivía; se alguén tiña algunha dúbida aí está  Gallardón pra recordarllo e, sen vir a  conto, revive os recordos crueis do terror en Andalucía; non sei si como simple distracción de cousas mais cércanas, ou como unha manifestación mais do seu desprezo pola reconciliación

ESTÁ QUE SE SAE

ESTÁ QUE SE SAE

 

  A definición perfecta do estado de Gallardón,  é que está que se sae. O do aborto é o reflexo dun estado de afectación mental, que se ve confirmado polo otorgamento do marquesado ós herdeiros de Queipo de Llano.  Que foi, ó que moitos coñeceron como o carniceiro de Andalucía.. Queipo de Llano foi un xeneral, do    franquismo, o que  desprezaba Franco, como a moitos, pero fundamental no  trunfo de Franco. Na sublevación do 1936 sementou o terror en Andalucía, o mesmo que outros o sementaron noutros sitios, porque a táctica dos golpistas pra domina-la poboación civil foi o terror. Un terror que chegou a calar tan fondo que moldeou o ser dunha xeración e deixou colmo sobrevivente daquela traxedia o síndrome de Estocolmo. Pero o caso Gallardón reflicte unha ideoloxía viva. O fascismo non morreu con Franco; aí está estes personaxes que nos sumen na historia mais negra de España, xa sexa ensalzando figuras senlleiras da guerra civil, ou volvendo a poñer a muller no lugar que lle dera a ditadura, como descanso do guerreiro, sen outros dereitos.

 

NON HAIO CASUALIDADES

O ataque  concertado e sistemático á economía de algúns países ten toda a pinta de ser algo planificado, pero contando con dous cooperadores necesarios. Por unha parte o goberno do país atacado, xa sexa por incompetencia dos gobernantes, ou por intres ideolóxico; e mais do  BCE, ó servizo, non dos países, senón dos intereses dos que  levan o dominio da política. En España o  PP úsase a crise pra impoñer un modelo ideolóxico, e  tódalas medidas adoptadas o confirman.  O recortes do PP, aínda que non dan resultado, son os propios dun pais intervido.  Pouco se resolve cun rescate parcial. Os cen mil millóns de euros son un parche que solo prorrogaran a agonía

POLITICA RAPOSEIRA

POLITICA RAPOSEIRA

 

  Feijoo quere vender como aforro a redución de parlamentarios, incrementando o valor do voto en zonas deprimidas e de influencia caciquil, que é o pibideiro de votos do PP, así con esa trampa pretende rete-lo poder. Si realmente quixera aforrar, reduciría o número de asesores e persoal de confianza, quer lle costa, digo, que nos costa seis veces mais do que pretender aforrar. Coa política raposeira de Feijoo non existe un só precedente de norma electoral imposta cos votos dun único grupo. Non hai un só antecedente en democracia. Noutro tipo de réximes, sobraralles onde escoller.  Feijoo buscou apoio nos colegas do PP  para que tamén reduzan os seus parlamentos, co fin de tapar a súa manobra e camuflala  como unha medida xeral. Nembargantes en Castela a Mancha incrementaron o número de deputados, o que evidencia que familia de tauros, cada un vai o seu. De calquera xeito, termine como termine, o proxecto de Feijoo merece un dez. Como dicía un deputado seu: é unha ocorrencia inxeniosa, e tanto el como o trampas Rueda, poden estar fachendosos.

ORDEN DE RETIRADA

 

  España como  potencia colonizadora ten unha responsabilidade cos saharauís. Nin o PP, nin o PSOE lles preocupa o pobo saharauí. Este caso, no que se alega posibles accións terroristas, foron desmentidas por países con cooperantes na zona. Margallo é un mentireiro dun goberno de mentireiros. Os cooperantes españois nos campamentos saharauís foron extraídos e repatriados polo goberno. O PP ten varias razón pra retira-los cooperantes: A colaboración con Marrocos pra extermina-lo pobo saharauí, crear un clima de inseguridade pra que as familias de acollida non vaian ós campamentos  e dificultándolles a supervivencia ós saharauís, privándoos  de axuda.

O SUPERCONSELLEIRO

 

Xa non goberna o PSOE en Madrid e o Superconselleiro relaxouse, xa non ten a quen reclamarlle o cumprimento dos prazos do AVE; mellor dito ten a quen reclamarlle; pero mira por onde, agora ten motivos e non o fai; agora o AVE pode esperar; no  seu lugar, secundando a Feijoo, compara  ó alcalde de Santiago co alcalde de Lugo, o que acusa Dorribo. Así, dun golpe deixa as cousas claras  Dorribo parece un instrumento do PPg, en balde estivo largo rato despachando con Feijoo, non   se sabe do que falaron, do tempo seguro que non, pero, dende aquela  parecen coincidir as accións de Dorribo cos intereses de Feijoo.   Darlle a mesma credibilidade a Dorribo que a Axencia Tributaria e propio de conspiradores e intosicadores. A ferruxe, o abandono, vai se-lo remate das infraestruturas do AVE

 

DIFUNDINDO

AMORAIS

 

O vicepresidente do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, e oito ministros, entre eles Alberto Ruiz-Gallardón e Cristóbal Montoro, non renunciaron a cobrar as axudas de "aloxamento e manutención" que lles paga o Congreso pola súa condición de deputados, e que se suman aos seus soldos oficiais. Mariano Rajoy tamén segue percibindo ese complemento mensual, malia que reside no pazo de La Moncloa.

Dez dos 14 membros do Goberno, incluídos Rajoy e Sáenz de Santamaría, son tamén deputados. Ningún deles cobra o soldo de parlamentario -a lei prohibe percibir dúas retribucións públicas-, pero si as axudas para "afrontar os gastos de aloxamento e manutención", que non teñen carácter salarial e están exentas de tributación. A lista complétase con José Manuel Soria, Jorge Fernández Díaz, Fátima Báñez, Ana Pastor, Miguel Arias Cañete e Ana Mato.

As axudas de Rajoy, Sáenz de Santamaría, Ruiz-Gallardón, Arias Cañete e Mato ascenden a 870,56 euros mensuais, a mesma cantidade que cobran os outros 31 deputados do Congreso elixidos na circunscrición de Madrid. En cambio, Montoro, Soria, Fernández Díaz, Báñez e Pastor perciben 1.823,86 euros ao mes para casa e comida, ao igual que os restantes 309 deputados de fóra da capital. Eses case 1.000 euros de diferenza serven, en teoría, para cubrir os gastos que un parlamentario foráneo debe afrontar para vivir en Madrid. Rajoy vive coa súa familia no pazo de La Moncloa, e os outros catro parlamentarios madrileños do Goberno -Sáenz de Santamaría, Arias Cañete, Ruiz-Gallardón e Mato- teñen piso na capital. O vicepresidente, por exemplo, posúe un apartamento e comparte co seu marido a propiedade dunha vivenda. O resto dos ministros-deputados, que se presentaron ás eleccións noutras provincias, tamén teñen a súa residencia en Madrid, malia o cal cobran máis do dobre que os seus compañeiros -1.823,86 euros mensuais- en axudas para aloxamento e manutención.  O deputado de UPyD Toni Cantó renunciou a ese privilexio porque, malia que concorreu ás eleccións en Valencia, vive en Madrid. "Teño casa aquí; sería un engano que cobrase as axudas que me corresponden por pasar a noite en Madrid nun hotel", dixo entón. Ao igual que Cantó, 62 deputados doutras provincias teñen casa na capital. Pero ningún seguiu o exemplo daquel. UPyD pediu ao presidente do Congreso, Jesús Posada, que suprima esas axudas, pero tanto o PP coma o PSOE riscaron a proposta de "populista" e "demagóxica".

QUE PANDA

 Rato, que foi apartado do FMI e de BANKIA, votoulle a culpa a F. Ordoñez. O do banco do PP, do que era entusiasta Aguirre, non ten pai. Pola súa parte  Gayoso non tiña competencias executivas, pasaba  por alí, e alguén lle encheu os petos con millóns de euros; iso si, sen  el sabelo. As Comisións Parlamentarias demostraron, unha vez mais, a súa inutilidade e a tomadura de pelo no que se converten, cunha panda de cínicos dicindo o que se lles ocorre. 

 

TOMADURA DE PELO

TOMADURA DE PELO

 

  Non sei que pretende Feijoo coa redución parlamentaria. Si é  aforro, podíase reducir mais o número de Deputados, total, pro que serven. Non teñen autonomía, non discuten; solo fan o que lles diga o xefe do grupo; a súa función limítase a chuzar nun botón. O recorte de Deputados solo ten un obxecto:  rete-lo poder. Si o obxectivo fora o aforro, empezaría por eliminar asesores, coches, tarxetas de débito con cargo á Xunta, teléfonos móbiles, pagados pola Xunta. Supresión das Deputacións, empresas e reducir axuntamentos. De pretender reduci-lo número de Deputados, sen intencións partidistas, habería que crear unha circunscrición única, pra que  tódolos cidadáns tivera a mesma representación e valera o mesmo un voto en Lugo que na Coruña. Actualmente un voto en Lugo ou en Ourense vale mais do dobre que o de Coruña ou Pontevedra. O interior  de Galiza, A  Galiza deprimida e atrasada, é onde o PP ten mais apoio. Que cuco é o noso presidente, rebaixa deputados para intentar non perder as eleccións e o vende como un favor "ó pobo" para aforrar. Pódese ser mais manipulador e cínico?.  Un deputado pepero, que da igual como se chame, loubaba a inxeniosa manobra. Definitivamente sabe manipular, aínda que non saiba gobernar.

INQUITANTE

INQUITANTE

 

  A comparecencia de Fernández Ordoñez na comisión parlamentaria aclarou pouco e inquietou moito. A afirmación de que a sociedade e o Goberno van ter que enfrontarse a unha situación moi difícil, non é dicir nada, eso xa o sabemos; o que nos tiña que falar era da súa responsabilidade. Hai un gran consenso entre todos os partidos e os implicados non falar nunca sobre o baleirado de fondos nos bancos, facendo aparecer como culpables a tódolos cidadáns que compraban pisos. Fernández Ordoñez foi o de sempre, queréndonos dar leccións de goberno, pasando do asunto. As Comisións Parlamentarias demostraron, unha vez mais, a súa inutilidade e a tomadura de pelo no que se converten, e que se verá hoxe coa outra estrela Rato..

 

UN 25 MAIS

UN 25 MAIS


 Segue a  loita, nunca remata; porque en canto se consegue algo, os inimigos do pais saen da tobeira pra arrasalo todo. Iso é o que a experiencia nos ben demostrando. Tanto dende a Xunta como dende algunha Administración local, atácase, cunha forza desmedida, a todo  o que lles cheire a galego. Esta xente precisa saber que Galiza é coma nosa nai,  non unha madastra, é que nai solo hai unha; e pros seus fillos o día da patria galega é todo o ano; pois onde queira, e cando queira, que asome unha afronta, alí nos terán pra defende-la nosa terra.

VOLVE O NACIONALCATOLICISMO

VOLVE O NACIONALCATOLICISMO

 

  As declaracións de Ruiz Gallardón feítas á LA RAZÓN teñen un dobre significado, polo contido, que supoñen o anuncio da volta do nacionalcatolicismo, como  polo medio, que considera idóneo pra facer unhas declaracións de semellante calado. A lei sería mas restritiva que a do 1985. Habería dúas clases   de mulleres: as que recorrerían a métodos clandestinos, como n o franquismo, con resultados xa coñecidos, e as que terían medios pra ir ó estranxeiro A nade se obriga a abortar, pero a persoas, colectivos e a airexa católica que paguen os impostos, como todos, pra antender,  de por vida, nos hospitais a eses seres. Moita presa teñen en desvia-la atención da situación económica e a corrupción, que tamén pesan nesto. Afecta a homes e mulleres. É unha volta as cavernas   

 

OS DONOS DO DESTINO

OS DONOS DO DESTINO

 

   Ía escribir un comentario sobre as dificultades económicas, presentes e futuras, pero o escoita-los comentarios de Pons deume un dolor de barriga tan forte que desistín de facelo. Quedei cavilando, o fío das paridas de Pons, de que se rira Montoro. Agora Montoro exhibe unha risa conxelada, de idiota. Un deficiente rise de calquera parvada. Estes do PP deberon inxerir algún alucinóxeno. Pons culpa agora do  desnorte do PP a Europa. Xa lle botabamos de menos a  este bocazas. Agora reaparece, como non, cunha das súas grandes especialidades, as paranoias. Eu pensei que ía falar dos 3,5 millóns de empregos que prometía,  pero non.


TARDE, PERO É TEMPO

TARDE, PERO É TEMPO

 

 

 As perdas en BANKIA seguen en progresión xeométrica, o que nos leva a contemplar o tempo pasado como un tempo perdido. O que nos leva a unha reflexión fonda do rescate bancario. A baca é un negocio. Como calquera negocio, cando vai mal, vótase o peche. Os depósitos de menos de 100.000 euros están garantidos, e os resposables da quebra teñen que responder. É lóxico que eu, o veciño, e o de mais aló, non temos por que responder da mala xestión dun negocio  privado. Cos cartos do rescate podíanse tapar moitos furados; mais o principal banco en crise era o banco do PP; así que me temo que as gaivotas non están polo labor, menos que procesen o mais florido do PP.,

ALBA DE GLORIA

ALBA DE GLORIA

O día 21 a Alba de Gloria volve soar no Pico Sacro
O próximo día 21 Galiza Cultura organiza por segunda vez o Roteiro Castelao Pico Sacro para rememorar a subida ao monte do autor de Sempre en Galiza.Sermosgalizahai 5 horas

Castelao no Pico Sacro

En 1924 Castelao subía ao Pico Sacro para conmemorar a festa nacional galega prohibida pola ditadura. Desde Bos Aires, o 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciaba o seu máis coñecido discurso, o Alba de Gloria no que a súa memoria evocaba a terra da que se tivera que exilar. “Si no abrante d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única”. O inicio do Alba de Gloria constitúe un dos textos máis emocionantes escritos desde o exilio galego. Cos miles de quilómetros de separación, Castelao naquel día da festa nacional sinte ca terra da que se exiliou despois do golpe militar, terra e historia que evoca no seu discurso. “Pero ninguén pode sentila, coma nós, os emigrados, porque en tal día coma este revivien as lembranzas acuguladas, e coa moita destancia agrándase o prodixio da patria” sinala nun dos seus textos máis intensos. O texto está inzado de lugares e nomes cos que percorrer Galiza e a súa memoria, unha nómina da “Santa Compaña de inmortaes” que vai canda el no máis sinalados dos días.

Volver sobre os seus pasos

Nesta festa que chama de culto panteísta, Castelao volve de novo no seu discurso ao lugar que escollera como peregrinaxe para a conmemoración de 1924, cando anota que “ten por altar a terra nai, alzada simbólicamente no Pico Sagro”. A ese mesmo destino diríxese de novo a federación de asociacións culturais Galiza Cultura para rememorar por segunda vez cunha lectura pública do Alba de Gloria o roteiro desenvolvido cando a ditadura impedía a conmemoración da festa nacional.

“Volver sobre os seus pasos”, este é o o obxectivo desta convocatoria popular na que se quere volver sobre a peregrinaxe pagana do Pico Sacro como Castelao regresou imaxinariamente a ela ao pronunciar o seu intenso discurso en Bos Aires. Con esta homenaxe ao autor de Sempre en Galiza, búscase ademais “lembrar e retomar unha tradición que apesares das circunstancias coxunturais adversas porfía en alumear un futuro mellor, unha alba de gloria para Galiza e a súa cultura”.

Quérese tamén lembrar o labora desenvolvido polo Seminario de Estudos Gaelgos arredor do simbólico monte que “visitou e estudou, amosando unha actitude intelectual de interese e respecto polo propio que contrasta cos valores que se están a transmitir de fascinación provinciana polo alleo”, comentan desde Galiza Cultura.

O sábado ás 21 terá lugar a lectura de Alba de Gloria e o inzado da bandeira no curuto do Pico Sacro coa participación da escritora Marta Dacosta. A continuación desenvolverase unha visita guiada a redor do monte para continuar cun xantar de confraternidade no que haberá recital poético e a actuación do grupo A Quenlla. O pasado ano tivo lugar por vez primeira este roteiro popular polo emblemático monte, no mes de xullo, na memoria daquela conmemoración da festa nacional. (para se inscribir no xantar www.gzcultura.org).

 

DOS MOITOS INEMIGOS

DOS MOITOS  INEMIGOS

  Non vaimos buscalos inimigos lonxe; os inimigos non están emboscado, nin sequera no estranxeiro; están perto de nos   Cada vez estou máis convencido de que algúns membros do goberno sofren trastornos graves de personalidade, entreles o de Facenda: Ri cando anuncia duros recortes, pártese de risa cando mente descaradamente nas roldas de prensa despois do consello de ministros e no Parlamento fai declaracións do tipo "Que se afunda España... " ou "Non" temos "diñeiro para pagar nóminas", de seguido dispárase a prima de risco... Están os nosos dirixentes mentalmente capacitados para sacar o país adiante? . A Ministra do Paro, esa que fala  directamente coa Virxe do Rocío, ía reforma-lo mercado laboral pra crear emprego. Feitas as reformas, xa ten 400.000 parados mais. A culpa é de Zapatero, polo visto.

A MEDIOCRIDADE

 

    Un amigo meu, falando da mediocridade que somos, dicía: Chegou a hora de aceptar que a nosa crise é máis que económica, vai máis alá destes ou aqueles políticos, da cobiza dos banqueiros ou a prima de risco. Asumir que os nosos problemas non se rematarán cambiando a un partido por outro, con outra batería de medidas urxentes ou unha folga xeral.Recoñecer que o principal problema de España non é Grecia, o euro ou a señora Merkel. Admitir, para tratar de corrixilo, que nos convertemos nun país mediocre. Ningún país alcanza semellante condición da noite á mañá. É o resultado dunha cadea que comeza na escola e remata na clase dirixente.Creamos unha cultura na que os mediocres son os alumnos máis populares no colexio, os primeiros en ser ascendidos na oficina, os que máis se fan escoitar nos medios de comunicación e os únicos que votamos nas eleccións, sen importar o que fagan. Porque son dos nosos. Estamos tan afeitos á nosa mediocridade que rematamos por aceptala como o estado natural das cousas. As súas excepcións, case sempre reducidas ao deporte, sérvennos para negar a evidencia.

A MERCA DE TITULARES

 

  Hai crise, abandónase as políticas sociais; pero a Xunta merca titulares. As subvencións da Xunta a algúns medios de comunicación alcanza cotas de vértigo. Subvencións, sen que medie concurso,  pagadas cos nosos cartos, pra que nos desinformen e nos laven o cerebro.  Coidase moito a Xunta de que non haxa información, nin crítica dos seus despilfarros e da súa política errática i oportunista. Isto non pode ser tomado como normal, dalgún xeito temos que combatelo. Na viaxe que o noso Presidente vai facer ceas privas e encontros que non figuran na axenda oficial. É de presumir que estes actos ocultos son unicamente privados, de partido. Pra esas xestións tan relevantes hai cartos; non os hai pra educación, sanidade ou dependencia. A prensa, non digamos a telegaita, teñen outras noticias.

AUSTERIDADE, ¿DE QUÉN?

AUSTERIDADE, ¿DE QUÉN?

  Mentres ós cidadáns se lles piden que se aperten o cinto o equipo de Goberno de Feijoo  (PP) utiliza coches oficiais da Xunta de Galicia, que pagamos tódolos  cidadáns para irse de compras e de farándula particular. Hasta a gasolina lles pagamos.  Case medio cento de coches da Xunta circulan, a diario, polas estradas de Galiza, e mesmo en Santiago, utilizándoos pra uso particular.  Feijoo presume de austeridade cando vemos que ten unha dobre moral. Estamos diante dun derroche maiúsculo.

AS CONTAS Ó REVÉS

AS  CONTAS Ó REVÉS

 

   Obama propón subilos impostos ás cases mais rica e baixalos ás clases media e baixa. Rajoy vai ó revés, súbellos ás clases baixas  e medias e báixallos ós ricos, así vai o pais. Os farrapentos e desposeidos defenden as súas políticas; os deputados non fan crítica, todos a unha, como un rabaño, aplauden, algúns, incluso van mais aló, e insultan. Que os ricos, e os que representan os seus intereses, sexan así é comprensible. Intentan manter os seus privilexios, O que non comprendo é todo ese lumpen-proletariado que os defende a morte, aínda a custa do seu propio benestar e do futuro dos seus fillos. Pero o da Fabra xa é pra matrícula