Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

RIDE MALDITOS

RIDE MALDITOS

 

Os palmeros do PP aplaudiron os recortes de Rajoy. A Deputa Fabra, aplaudindo, dixo: “que se fodan” O xesto indignou nas redes sociais. Non solo esta casta privilexiada defende a capa e espada á minoría dos cidadáns burgueses, defraudadores, corruptos e especuladores do país, pisándonos os mais pra quitarnos o pan, o futuro e a dignidade, senón que o celebran. Algúns hasta se rían; ride, ride malditos a todo porco lle chega o se San Martiño. Pra celebrar a gra obra que fixeran no Parlamento, un grupo de peperos vai celebrar unha comida a un coñecido restaurante de Madrid a nosa costa, por suposto, solo cando saen da francachela, con  aires de impunidade e chulería. As súas risas e bromas mudan de xesto cando se atopan con un grupo de funcionarios, que os increpa e lles chama de todo, pero o saberse protexidos por escoltas con pistolas, dáballes seguridade e reafirmábaos no seu cocepto dunha España excluinte.que transmiten os seus vástagos no ADN.

AFUNDINDO O ESTADO

AFUNDINDO O ESTADO

 

     Criáronse baixo as sotanas, por iso non lle esixen a Airexa solidarizade  na crise. Son servidores dos defraudadores e das grandes fortunas, por  iso non  lles morden os petos. Rajoy ensáñase cos mais febles: con funcionarios, parados, dependentes e coa presa favorita dos fisco, que é o consumo.  Sanidade e  educación, así como os asalariados xa lles deu unha boa mordida; a vindeira serán as pensións. As reformas de Rajoy son unhas pitureformas. Son sucesivas trabadas ó estado do benestar, que nunca chegan a enche-lo bandullo do monstruoso estado. Os recortes van mais aló dos que aparecen como as primeiras vítimas dos gürtelianos: as tendas, en xeral, e os propios empresarios sufriran as consecuencias. Unha gran trabada ós pobres, pero tranquilos esto aínda pode empeorar máis, Murphy non se equivoca, se algo pode ir peor seguro que empeorará.  Aínda teñen moitos defensores estes crueis gobernantes; moitos aínda seguen a crerlles as mentiras a Rajoy e a Feijoo. Este pais non ten remedio. Hai moito vicioso, danlle polo cu e aínda se agacha. Os recortes, se son necesarios, non son aí onde se debe recortar, outra política é posible.

O LATIGUILLO

O constante recurso do PP á herdade recibida, ese latiguillo tan socorrido e o da crise, é aproveitada, como coartada, pro   desmantelamento do Estado do Benestar, tanto a nivel autonómico como estatal. Calquera parcela pública é susceptible de saqueo; solo se require un requisito: que de beneficios. Díse que o latiguillo aínda pode durar todo o primeiro ano de lexislatura; así que a aguantar historias

VÉRTIGO

VÉRTIGO

 

  O de Fatima Bañez é un problema de vértigo. Unha muller que anda por semellantes alturas, que fala coa Virxe do Rocío coa familiaridade que outra falaría co se perruqueiro, é normal que sinta vertigo e que non atine a resolver sobre os asuntos térrenas. Xa vimos que cando ten un problema, pídelle á Virxe do Rocío que llo resolva. Tendo tan altos valedores o problema do paro resolverase. De iso vaise encarga-la Virxe. A ela, que non  sabe o que  é o traballo, porque nunca traballou, non se lle pode esixir que sequera vexa o paro como un problema, menos resolvelo. O seu é a intriga, como senón consigui1+u en política o que consegueu.Ó igual que out7ros colegas do seu, e de outros partidos, é unha artista da intriga. Iso serís o de menos, sre non fora porque usa o diñeiro dos contribuintes pra  ese xogo que tanto lles mola, e abandonando a súas funcións de ministra pra dedicarse á intriga

!QUE PAIASADA!

!QUE PAIASADA!

 

   Rajoy non vai o parlamento a explica-los recortes, non vai explicar o rescate dos bancos, non vai a Valencia, pero móntase unha foto con Feijoo e uns señores disfrazados, ós que lles entrega o CODICE, nun estilo Indiana Jons, como si el, en persoa, o rescatara. Parece que na catedral había moitos a roubar, pero o electricista, que non se lucrou do furto do CODICE, simplemente o cambiou de sitio e demostrou a custodia que tiña, e irá a cadea. Non van  os banqueiros, os de Gürtel e demais ganado. Sorpréndeme a cantidade de diñeiro que se manexa na catedral, sen control e sen declarar. E  Rajoy ofrecéndolles correr cos gastos dunha revisión do CODICE, mentres recorta  hasta as ilusións do pobo. Non acudir ó Parlamento nin a catástrofes, pero si a eventos vacuos, forma parte dun plan de imaxe. Como sexa el e Feijoo xa teñen a súa foto pras eleccións. Dado que as fotos son tan solicitadas, propoño ós partidos utilizar dúas fotos de Rajoy e de Feijoo, unha de fronte e outra de perfil. Fichados como elementos perigosos en Galiza, en España e en Europa. "Búscanse". Nunca mellor dito por que nin eles saben onde están. Ou si.

DE TESOUROS

DE TESOUROS

 

O meu can penexo, nada mais desaparer o Codice , comezara as investigacións e dixo que o seu olfato lle dicía que había un cheiro a sotana e que dentro da catedral estaba a clave pra resolvelo roubo. A esa  mesma conclusión, que se derivaba da lóxica dos feitos, parece que naquelas datas chegara a policía. Logo, por qué tardaron tanto tempo en recuperalo. Aí tamén hai responsabilidades.  O Códice e outros tesouros deberan pasar a ser expropiados á Igrexa, dada a neglixencia con que os custodian. Noutras ocasións comercian con obras de arte que pertencen ó pobo español sen o menor reparo. Expropiación e pagamento de impostos é a única política eficaz para que a Seita Vaticana entre no século XXI.  Ese home, católico de misa diaria, estivo a roubar obxectos da catedral dende hai dez anos, cos que pagou o seu chalé e o piso do seu fillo, e os responsables da súa custodia calaron como putas;porque seguro que alguén mais podía mete-la man. Mentres o deán da catedral afirma que comprobou a autenticidade do códice recuperado ("o máis importante do mundo da cristiandade),  porque recoñeceu anotacións que el mesmo fixera con bolígrafo! !que animal!.  E queda máis ancho que longo!  ¿Nunca vai actuar a xustiza contra a prepotencia do clero católico ?. O do millón douscentos mil euros, que lle atoparon en metálico, así como varias obras de arte do museo da catedral  podía terminar  co arzobispo e co dean na cadea, pero o final xa pode intuirse.    

MORALIDADE FRENTE A INDIXENCIA

MORALIDADE FRENTE A INDIXENCIA

 

   O risco de exclusión social medra en Galiza dun xeito alarmante. É coñecida a alta taxa de paro, que sume nunha fonda escuridade social a quen a padece. Se a ese drama do paro lle engadimos un abandono das políticas de protección e reinserción social, temos servida a traxedia. Sen embargo aínda hai unha volta mais de porca que é a utilización partidista da pobreza. Lembramos a utilización electoral dos que viven na marxinación que fixo Feijoo, pra logo, non solo esquecerse deles, senón sumilos mais na miseria.

TRAELLE CONTA

 

     Noya Motor ten unha relación previlixiada coa Xunta de Feijoo, cédelle coches á Xunta, que termina comprando. A Conselleira da terra e do mar, que gusta de luxos, ten a proba, un exclusivo auto, que aínda  non se comercializa. É de esperar que non se aburra do modeliño e que non remate nas mans dun amigo do partido pra uso particular como o passat que conduce Evaristo Lareo, da Cofradía de Caión. Andar en coches de luxo, a nosa costa, sen que apareza o compromiso de habelo mercado, é unha habilidade  mais dos xunteiros de Feijoo. Vese que a relación da Xunta con NOYA MOTOR é importante, a ámbolos dous lles trae conta. No tempo de goberno de Feijoo na Xunta lévalle vendido unha media de mais dun coche diario. A Xunta é un bo cliente. NOYA MOTOR é un colaborador importante nas campañas electorais de Feijoo. Claro esta non é a única empresa de don pra que me deas. Os favores que se pagan cos nosos diñeiros, e que serven pra alienarnos, darían pra unha tesis.

XA ESTÁN CERCA

XA ESTÁN CERCA

   É hora de colleitar votos na diáspora; un Feijoo viaxeiro volve cruzalo charco.  Parece de aquela serie, que fai tempo pasaran na TVG do telegato. Van chegando, veñen voando. As eleccións están cerca. Feijoo co se manido desprezo á intelixencia, di que os gastos dos seu viaxes por España adiante e polo mundo, non llos carga á Xunta, que é o primeiro presidente en non facelo. Supoño que haberá quen o crea, hasta quen crea que os paxaros maman. Hai patrocinadores, o mesmo que o do coche que lle prestara pra campaña electoral NOYA MOTOR, e outras empresas que correron con algúns gastos da súa campaña. Nade fai nada gratis, o final a Xunta, que somos todos, paga esas atencións. Personaxes coma Feijoo, cargado dun edonismo enfermizo moven a hilaridade. Pro rexistro, non fixo absolutamente nada do que prometeu, as súas proclamas están dirixidas á seita e ós descerebrados, que hai dabondo  

NO OLIMPO

NO OLIMPO

  Mentres do Olimpo de FAES non chega a solución, ó pobo solo lle queda recorrer a guillotina pra facer xustiza. Hai moito ladrón neste país. De Guindos á vista de que a economía vai tan mal, e que el mete o zoco continuamente, solo lle queda suicidarse á xaponesa. O país agradecerallo. Haberá mais recortes, que Rajoy lles chama reformas, coa mesma orientación: Educación e Sanidade recortaron  os seus orzamentos nun 19%. Casa Real recortou os seus presupostos dun 2%. A Igrexa recortou os seus presupostos nun 0%. De Guindos non da solucións, pero avisa de que podemos ir a peor; eso chámase ser bo xestor. Na foto aparece co principal culpable da crise,  un Aznar que pon cara de sorprendido.; un Aznar que sabía como saír da crise, o que so fanáticos, os descerebrados,  e os da secta lle creían

 

ELIXIDO MELLOR CHISTE 2012

ELIXIDO MELLOR CHISTE 2012




  Un médico israelita comenta:'A medicina en Israel está tan avanzada que nós quitámoslle os testículos a unha persoa, poñémosllos a outra e en seis semanas xa está a buscar traballo'.
  Un médico alemán comenta:'Iso non é nada, en Alemaña, sacámoslle parte do cerebro a unha persoa, poñémoslla noutra, e en catro semanas xa está a buscar traballo'.
  Un médico ruso comenta:'Iso tampouco é nada, en Rusia a medicina esta tan avanzada que lle sacamos a metade do corazón a unha persoa poñémoslla a outra e en dúas semanas, ámbalas dúas están a buscar traballo'.
  Ao que o médico español responde:'Nada que ver, todos vostedes están moi atrasados! fíxense que nós en España, collemos a unha persoa sen cerebro, sen corazón e sen ovos, poñémolo de PRESIDENTE e agora todo o país está a buscar traballo!!!

JEJEJEJEJJEJEJEJEJEJEJEJJEJE


NON TE RIAS SÓ.... PASALLO ÓS TEUS AMIGOS

DE VERGONZA

DE VERGONZA

 

Fai pouco  Feijoo dicía que Galiza non tiña que facer recortes, que a Xunta tiña os deberes  feitos,  e que era contrario o copago. Pois ben, co seu coñecido servilismo modificou os orzamentos pola porta traseira, recortando mais aló do insinuado pra contentar a Madrid, ademais, pídelles ós beneficiarios da SS que colaboren, cos hospitais, que son seus, é dicir, pensa desplumarnos. Que eu saiba, os hospitais de nova factura son privados, arrendados pola Xunta. Os recortes en Sanidade estanse a facer con criterios ideolóxicos, aproveitando a crise; do mesmo xeito privatizou areas de Dependencia e outros servizos sociais. Alí onde hai un euro, hai un cazo dun amigo do PP pra recollelo. Agora di que en  Galiza será onde os medicamento serán mais baratos, xa poden porque é onde os ingresos son mais baixos. O acto parlamentario, no que Feijoo facía esas afirmacións soaba oco e a acto propagandístico; polo que coñecendo os antecedentes de Feijoo, que non  di unha verdade, nin por erro, a cousa non pinta ben.

UNHA PATADA NO NOSO CU

UNHA PATADA NO NOSO CU

 

   A perla de Rajoy de que os recortes, que il chama reformas, traerían crecemento e emprego, é insuperable. O único que se ve, é paro e recesión

   Patética e fora de todo realidade estaba a Ministra de Traballo cando dixo que España era o exemplo de Europa polo ben que ía todo

    Tamén unha patética e descerebrada Cospedal declaraba onte que o Goberno estaba a negociar o rescate con "dureza". Non son quen de asegurar que non estaba no seu san xuizo

    Ser corrixidos polos organismos internacionais cada vez que un abre a boca, debe de ser moi difícil de xustificar cun mínimo de coherencia.

     A CEE déronlle unha patada a Rajoy no noso cu. Humíllanno e fainlle retificar as medidas de goberno.

     A Ministra de Sanidade non lle chega co copago de medicamentos, simplemente suprime a financiación de 456 medicamentos, algún esenciais para doencias crónicas. O medicamento contra da diarrea mental dos políticos sigue a cargo da SS.  É un homicidio premeditado dos pobres. Viva el vino. 

!QUE FRANCACHELA!

!QUE FRANCACHELA!

 

  Dicía eu que onde hai algo raro está metido o PP, tal é o caso de Dívar, pero é que neste pais estar metido en algo gordo, ábreche as portas do poder. Vimos como Dorribo foi recibido por Feijoo e recibiu o apoio do PP en bloque. Como nos teñen afeito a desconfiar, de que o que parecen casualidades non o son tanto, desconfiamos de que algo hai por debaixo da mesa. Os optimistas din que pronto se saberá  porque Dorribo solo e fiel a si mesmo. Do mesmo xeito, os moitos favores que Feijoo lle ten feito a  Telmo Martín, entreles perdoarlle unha multa de tres millóns de euros dunha sanción que xa tiña que ter ingresado, así como promocionalo a Senador. O certo é que Telmo medrou como a escuma á sombra do PP , pois pasar de fontaneiro de aldea a Senador, é unha carreira boa. Os poderosos teñen unha egolatría que lles fai cómicos pero ademais teñen a tendencia a presentarnos como un éxito o meirande dos seus fracasos. A Cidade da Cultura é un exemplo do fracaso dun goberno que nos queren colar como exemplo de boa xestión.

 

O QUE MAIS LLE DOE

O QUE MAIS LLE DOE

 

    O que mais lle doe a Dívar é no disfrutar co seu amigo dos longos e luxosos fins  de semana . Non era a dimisión o final de traca que tiña pensado, pero os desplantes nos fastuos do bicentenario do TS., axudáronlle a toma-la decisión de dimitir. Dimitido Dívar, facémonos a pregunta: ¿ Agora qué?. Pois nada, todo muda pra que  todo siga igual. No asunto Dívar houbo moitas cousas das que non nos enteramos, solo as sopeitábamos. Por unha parte, o presuposto pra axudas de custo é de tres millóns e medio de euros. Por elemental dedución, os cartos alguén os cobrou, debeu ser algo así como un reparto a xeito de plus. Se os membros do poder xudicial son,  tocarían a case douscentos mil euros por cabeza non todos o cobraron, nin  foron solo Conselleiros os que cobraron as axudadas de custo. A oposición a que se investigue o caso Dívar, fundamentalmente é por esta causa. De todos xeitos supón un desprezo á cidadanía, cobrarse un sobresoldo e negarse a abrir unha investigación. Por outra parte no apoio a Dívar volcouse o PP, a Vicepresidenta do Goberno chamou a cada un dos vocais pra esixirlles que apoiaran a Dívar. Agora comprendo; onde hai algo de corrupción, alí está o PP.

O MESTRE ACUSADOR

O MESTRE ACUSADOR

 

 

  Feijoo acusa ó Presidente da Deputación de Lugo de gastar cartos en publicidade. Chamoulle o forno o muíño queimado,  sendo el mais aburado. Feijoo, que o mestre da publicidade, gasta unha cantidade inxente en publicidade, de feito é unha das principais fontes de ingresos de algúns periódicos. No caso similar ó da Deputación de Lugo, encheu dúas páxinas de tódolos xornais galegos de publicidade, mentres ten na indixencia a sectores enteiros da poboación. A publicidade parece rendible, e neso non se recorta

SI SEÑOR

SI SEÑOR

 

 

 

   Cando se sabe gobernar non hai cosa que non se solucione. Feijoo, pra corta-la sangría de custo de mantemento do bodrio do Gaias. Múdalle o nome. Agora xa non será Cidade da Cultura; nomes, que denotan un tufo centralista, así aforra un 50% de custo de mantemento. Unha cousa tan sinxela a nade e lle ocorreu; tiña que ser un líder cunha mente preclara como Feijoo.    Ó bautismo asistiron a pana maior do goberno xunteiro  quixeron vende-lo complexo como «oportunidade para as industrias culturais e creativas», , así como un  lugar de encontro dos  axentes públicos e privados» e financieramente equilibrado. Esta tolemia non ten pes nin cabeza. Solo mantela a 25 º, valeira de contido e de servizos á cidadanía, costa un pastón; na mentres non hai cartos pra nada.

UN FANFARRON, ¿ a qué xogamos?.

UN FANFARRON,  ¿ a qué xogamos?.

 pro 21

  Rajoy quere presentar como éxito  o que é un gran fracaso. Esa é a estratexia de FAES. Rajoy ten fama de vago, inepto en política e fanfarrón. Este último pode ser produto do que lle susurra Aznar a orella, pois non se poden entende-las accións de Rajoy  sen pensar no ventrículo. Os gobernantes doutros  países témenlle. Cando ven o aposto galán non saben a que grado de presión os vai someter. Mais nos asusta a nos, que non sabemos onde nos vai levar. As chamadas Institucións financeiras non están ó servizo dos países, senón dos especuladores; o mesmo que algúns  gobernos, dunha e doutra veira, solo lles preocupa que lles paguemos ós especuladores. Nos lles preocupa a fame dos nenos, a ruína dos países nin o euro, solo os especuladores. ¿ a qué xogamos?.

RESPETO INTERNACIONAL

 

Unha das cousas que esgrimía o PP na oposición e que Zapatero carecía de peso en política exterior; cando o PP chegara ó poder, non serían os gobernos de outros países os que marcaran as directrices da política interior de España. Un día tras doutro, dende a vergoñenta actuación na crise de Repsol, na que se limitaron a sacar peito e tragarse toda a chulería pepera, cando os arxentinos viron que o can non tiña dentes, e que solo ladraba, hasta Evo Morales lles votou unha mexada. Logo veu o dos pescadores da baía de Alxeciras e seguiu coas labazadas que nos deu Europa. Solo estamos no comezo, aínda se poden superar. No  cumio do G20. Rajoy foi o gran ignorado. Un fracaso rotundo da diplomacia española. É como si nade quixera saír na foto   con Rajoy. Non confían en Rajoy, son demasiado mentiras; no G-20 léronlle, mais dun, a cartilla. A contrariedade vese na cara de Mariano, xa que  non estaba afeito, porque na casa fai o que lle peta. A tódolos porcos lles chega o seu san martiño.

QUÉ SE CELEBRA

 

        A fría celebración dos actos do bicentenario do TS, fixo do evento unha escena surrealista, na que un Presidente solitario vagaba como unha alma en pena polo Salón dos Pasos Perdidos, que neste caso parecía que o nome do local o dicía todo. Moitos Maxistrados e personaxes  políticos  refrendaron coa súa  ausencia, o divorcio que existe na Institución. A nivel internacional o descrédito da xustiza  española coincide coa patética imaxe dunha España postrada, a imaxe dunha España en bancarrota cun goberno de inútiles. O único que parecía digno de celebrarse é a corrupción do PTS e do CXPX e a definitiva vinganza de expulsión do xuíz Garzón por denunciar o Gürtel. A proclamación da independencia dos xuíces, cando convén, e proclamar a dependencia, naqueles casos dos en que os amigos o precisan. Foi un día triste pro pais, pra dignidade e pra democracia.