Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

DEXENARACION DEMOCRÁTICA

DEXENARACION DEMOCRÁTICA

         Na pasada campaña das autonómicas, Feijoo, unha das moitas cousas que prometía, e coidado se prometía, era a rexeneración democrática; promesa que volve facer agora. Resulta curioso quen está levando o pais  a un nivel de corrupción e de dexeneración democrática, reedite vellas promesas incumpridas e  pretenda aparecer como o salvador da convivencia. Pode que a través dos seus lentes vexa unha realidade distorsionada, pode que solo pretenda cubri-la súa ineptitude con cortinas de fume, pode que considere ós cidadáns uns idiotas  sen  cerebro. Debía empezar por respetar a voluntade dos electores, e non promover múltiples mocións de censura nos  concellos, deberá facer efectivo  o dereito de aceso á Función Pública en igualdade de condicións, e non meter xente a dedo, debera quitar ese control ideolóxico dentro da Administración pra promocionar solo os afíns, debera pensar no ben do pais, como é a súa obriga, e non na camarilla; debera ser mais austero e latricar menos, o movemento demostrase andando, e a austeridade exercéndoa.

 

MAGRA MELLORA

MAGRA MELLORA

       O paro de abril baixou  en Galicia en 4.500 persoas, parabéns ós que atoparon traballo. O líder apropiouse dese feble dato e os lambecús estráronlle o chan de pétalos de rosas. Ademais de ser prematuro celebralo, xa que pode ser un feito aillado, e non unha tendencia; resaltan o inmoral e extravagante comportamento de Feijoo, que se apropia de unha feble melloría no paro, pola contra, cando sube a culpa é de Zapatero.

        Nas eleccións municipais pon como promesa crear emprego; pois ben, solo en 70 concellos de Galicia non baixou o paro, dos que 50 son gobernados polo PP; si temos en conta que eses 50 concellos do PP teñen unha nula, ou baixa actividade. no conxunto da economía galega e que dende a Xunta se lles transferiron fondos, xenerosamente, e con agravio pros concellos gobernados pola oposición, a conclusión é obvia: son rematadamente malos os gobernantes municipais do PP.   

 

A REDE NATURA AGARDA

A REDE NATURA AGARDA

    Non creo que surta moitos milagres a premura da CE á Xunta pra que defina a protección da Rede Natura. Feijoo ten todo o territorio a disposición dos especuladores. Non se pode chamar doutro xeito, cando o obxectivo esencial é a especulación, o que queda patente co freo  das inversións anunciadas polas empresas que se debecen por estas zonas,  diante do desplome do mercado inmobiliario. Non hai alternativa, os bonsais teñen que colgar do pau maior.

PACTO DE INFRAESTRUCTURAS

PACTO DE INFRAESTRUCTURAS

        O superconselleiro está pesimista. ¿Qué lle pasa ó Superconselleiro?. Non Cree que Galicia teña o AVE rematado na data prevista; esa posibilidade prodúcelle un proído que lle da malvivir. Eu estou de acordo con el; aínda que o mellor non coincidamos de todo. O AVE  a Galicia é un empeño do Ministro de Fomento, un galego que se converte nunha excepción. Ningún galego Ministro inverteu tanto en Galicia. Si o PP gaña as eleccións, cousa que é previsible, a construción do AVE paralizarase; non sei que razóns buscará o PP pra facelo, pero seguro que o fará. Así que a todos nos urxe presa coa obra. Como adianto do que pasará está ese intento de que Feijoo asumira un pacto  similar polas infraestruturas a nivel autonómico. Feijoo deu un pase de verónica  e o ofrecemento era un pacto no que el era protagonista e xuíz, con posibilidade de modifica-lo pacto a súa conveniencia

¿VITIMA OU VERDUGO?

¿VITIMA OU VERDUGO?

 

          Feijoo instalouse no papel de vítima, porque non quere admiti-la magnitude de seu fracaso.  Din os achegados, que  intentan xustifica-lo, que en campaña electoral lanzouse a prometer porque nunca pensou que ía a gañar.

           Non é relevante, pra el, ter sumido o pais na desesperanza. porque nunca lle preocupou Galicia; preocupoulle asalta-lo poder, pensando  que sería un medio, un trampolín pra maiores empresas. Do incumprimento das súas promesas, parece que todo o mundo é culpable, menos el. Non é culpa súa que a xente estea parada, que emigre como fixeron outros; non é culpa súa que haxa dependentes, a Xunta non é unha ONG; non é culpa súa que a xente non sexa atendida na sanidade, seguro que son da oposición e queren lixa-la.

           Non é vítima, aínda que intente parecelo, é o verdugo de tódalas políticas sociais que se fixeron, dos espazos naturais, da economía , do emprego, das infraestruturas e da convivencia.

DIA DA LIBERDADE DE PRENSA

DIA DA LIBERDADE DE PRENSA

 

     Non hai liberdade de prensa. O día da liberdade de prensa queda nunha data baldeira, que nos recorda que a liberdade de prensa non deixa de ser mais que un soño. Na case totalidade dos países democráticos nos que hai é a liberdade de empresa. Son elas as que definen a liña editorial;  por conseguinte orientan a información, pra influir na opinión: Os periodistas son simples asalariados, sen autonomía pra expresar unha opinión propia distinta da empresa. Incluso aqueles medios que se caracterizan por unha independencia dos partidos políticos, vense na obriga de pregarse ós ditados dos poderosos poderes políticos; tal foi o caso do Xornal, que se viu obrigado a cesa-lo director porque lle ordenou Rajoy, molesto con unha fotografía súa no barco dun narco.  

A NORMA EMBOSCADA

A NORMA EMBOSCADA

   Os peperos presentan como unha norma moi progresista a que regulará a convivencia nas aulas. En Galicia non hai problemas graves de convivencia; pero o PP aproveita unha feito sensible pra introducir con engano e elevosía instrumentos que lle permitan extermina-lo galego, que nada ten coa violencia nas  aulas, pero que si o ven moi perigoso. O acoso escolar, dentro e fora do colexio, parece que non é un problema. Pra algúns nunca chove dabondo; tal é o caso de Galicia Bífida, que quere mais extremismo; a norma parécelle branda, puro marketing, din

1º DE MAIO

1º DE MAIO

 

 

         O deste ano foi un primeiro de maio pasado por auga. Foi, supostamente, a festa do traballo; debera haber sido a festa do paro. A chuvia deulle mais valía as manifestacións  e mais valor reivindicativo, do mesmo xeito que fai a auga co ferro co transforma en aceiro. Zapatero ten o mérito de ostenta-lo título de se-lo peor presidente de goberno. Fixo unha política de dereitas cos votos da esquerda; o cal lle agradeceron os empresarios, e diante da cal os sindicatos, con escaso poder de convocatoria, pouco fixeron. Houbo tempo pra avalia-la reforma do mercado laboral que fixo Zapatero: como reforma que ía activa-lo mercado laboral  foi un fracaso. Tamén foi un fracaso, mais grande, a promesa de Feijoo de reduci-lo paro. En Galicia o paro medra tres  veces mais rápido que no resto de España; se non estamos xa, á cabeza das estatísticas é grazas ó bo cociñado das enquisas. Feijoo fai ben o que teña que ver co trampeo  

 

       Nun mitin celebrado en Ourense, o excelso Presidente da Xunta e demais coristas, ademais de lanzar anatemas contra do goberno do concello, facendo responsable do atraso da provincia de Ourense e accidentes meteorolóxicos, prometeron crear dous centros de saúde, ( malo, recoñecer a incompetencia da Conselleira de Sanidade), e o turismo, coa explotación das Burgas, (recoñeceron a incompetencia e inoperanza do Conselleiro de Industria). Conclusión: prometeron o que tiñan que ter feito. O mais, do mais é a austeridade. Cos exemplos da residencia do Presidente, coas cadeiras de 600 euros, a unidade, da Cidade da Cultura; co luxo do despacho que Corina se montara en Vigo, co parque móbil; estas parrafadas moven a hilaridade.  A compra de titulares de prensa é outra incongruencia da austeridade predicada; despilfárranse millóns de euros pra esconde-la incompetencia, tan necesarios en dependencia, paro, sanidade ou educación, afondando no descrédito dos medios e dos políticos, facendo evidente esa complicidade en contra da limpeza e da ética.

OPACIDADE CONTRACTUAL

OPACIDADE CONTRACTUAL

 

         Todos pensamos que os contratos se adxudicaban conforme a unhas regras de transparencia, aprobadas polo bipartito, e logo, ratificadas e ampliadas polo PP. Enterámonos co PP, incumprindo a súas propias normas, adxudica contratos a dedo vulnerando, non só a legalidade, senón, a mais elemental ética. A conexión coa trama corrupta da Costa da Morte, e outras vinculacións caciquiles e corruptas, en proceso de investigación, fixo como é norma  no PP, ataca a todos e ameaza a todos. Xa está ben de mafias, é necesaria unha osixenación das Institucións, e non defenderse estendendo a dúbida.

¿LEGAL?

¿LEGAL?

 

         Daquela lea de ilegalidade do Decreto do eólico, que inventara Feijoo, queda algo mais que o rumor das mentiras. A constatación de que se inventaron inversións, que estaban incluídas no propio proxecto de explotación, computándoas como inversións pra comunidade, coa agravante de, que se sospeita, que foi dende a propia Xunta ónde se suxería este procedemento torticeiro  pra burlar as propias normas. Veremos en que acaba

O IMPORTANTE É O VOTO

O IMPORTANTE É O VOTO

 

 

      Ante a mediocridade  de xestión o recurso é a compra de artigos periodísticos que enxalcen unha imaxinaria acción de goberno. Este xeito de publicidade, que sentará precedente, danos unha idea das  Consellerías menos efectivas na  labor de goberno. O mas difícil é dicir cal se presume mais mala.

      A compra de publicidade periodística xa non é de agora, mais é, precisamente agora cando chega a límites descoñecidos; non se preocupan de gobernar. Non valen, nin lles importa, lanzan unha propaganda, que agoche a súa desidia e incompetencia, e xa está. O que importa é o voto, non o pais.

 

TRANSFUGAS

TRANSFUGAS

     O transfuguismo é un concepto aplicado os edís que mudan de grupo pra aliarse coa oposición e facerse co goberno. Hai que admitir que o transfuguismo é un caso grave en canto comercian cos votos recibidos e os usan pra beneficio propio e prexuízo de quenes os elixiron. Aínda que n on sexa público, é común mente admitido de que non son intereses altruitas os que moven esas noxentas condutas. Dificilmente se saberá ao prezo, ou que transición houbo nos casos de transfuguismo, pero o que si parece seguro e que algo houbo. Parello a este fenómeno son os das migracións ideolóxicas. Xente que milita nun partido e que se lles presupón unha ideoloxía, aparecen noutra formación antagónica, xeralmente en postos destacados. Nada hai legalmente encontra destas milagrosas reconversións; pero iso é a proba indubitada da súa amoralidade.   Os electores deben xulgar.

A CONQUISTA DA RUA

A CONQUISTA DA RUA

        Á conquista da Rúa lánzase as mesnadas Populares. Está ben que, ó menos, unha vez ó ano traballen; os demais españois traballan tódolos días do ano; a diferenza non está solo na xornada de traballo, senón en que a súa xornada está rodeada de suor, a do PP de mentiras.

         O PP xa elaborou un caticismo electoral, que servirá de base as súas mesnadas pra que conten ós electores as fantasías que Feijoo ve coas súas gafas máxicas. Natural, se se considera un enviado de Deus e da poderosa FAES e estima que os súbditos son tan estúpidos que non ven a realidade do que pasa ó seu carón, e cren o que se lles diga. Certo que vivimos nun pais no que os feitos foron os que o cacique dicía, independentemente da súa veracidade, son moitos anos, ó largo dos que se vai formando unha idiosincrasia. O caciquismo sempre tivo  unha estrutura piramidal; de aí, que o caciquismo asuma como estrutura axeitada, a que se da actualmente, e que se lle dirixa dende San Caetano. !pobre pais!

EN BUSCA DO VOTO

EN BUSCA DO VOTO

  

          Ós Deputados do PP son chamados a filas, non porque fagan o vago. Le-la prensa e chamar polo móbil son actividades penosas dos Deputados, de calquera grupo, cando acoden á Cámara. O PP necesita a tódolos seus Deputados pra que lles conten unha historia rosa ós votantes e os convenzan do moito que se traballa  na Xunta  polo pais, que parece que é menos que nada. Non importa que non se faga nada, que o único que se fixo nestes dous anos foi desfacer; o mérito está en contar unha bonita historia. Se alguén, que non será o caso, non crera eses milagres, a culpa de que non se faga mais é da oposición e, sobretodo, de Zapatero. Os Deputados serán o apoio ós candidatos a alcalde; aínda que eu penso que un bo cacique fará mais. Hai tres temas estrela pros mitins e  nas que os Deputados deben incidir: Os concellos combateran o paro, ( espero que do mesmo xeito que o fixo Feijoo): de momento, dende a Xunta estase a apoia-los concellos gobernados polo PP mediante xenerosas transferencias fondos; tamén dende as Deputacións, pra que sirvan de exemplo pros outros concellos e gañar votos  no propio. Os alcaldes do PP serán austeros, supoño que como Corina cando foi  alcaldesa de Vigo, que se gastou nun despacho secundario, case medio millón de euros; debía ser exposto pra que a xente vira a austeridade do PP.  A terceira pata son os servizos sociais. Vendo a política da Xunta, solo cabe rezar.

TOUPEIRA

TOUPEIRA

  

     Feijoo ten menos vista que unha toupeira. Sen poñerse colorado, sen inmutarse, Feijoo larga  que Galicia, grazas a el, vai dous anos de adianto con respecto a España, que son os que el leva gobernando. Vese que as gafas que usa son pra ver fantasías, que non lle deixan ve-la realidade. Non ve os miles de persoas que acoden os comedores sociais. O traballo das ONGs que reparte alimentos, enseres e vestimenta; ós voluntarios que prestan asistencia social; o paro, que en algúns sectores pasa do 40%; o fenómeno da emigración; as estadísticas fiables que sitúan a Galicia no rabo do touro; o amiguismo e  a corrupción, típicos dunha república bananera, tanto do Goberno Autonómico, como dalgunhas entidades da Administración Local  gobernadas polo PP. Vende fume; as gafas de Feijoo teñen a virtude de que a través deles non se ve a realidade, vese un pais de fantasía;  non parece o Presidente da Xunta, senón Alicia no Pais das Marabillas..

 

 

     A Feijoo e o seu conselleiro de Industria cústalles admiti-lo revés xudicial pola derrogación do Decreto do eólico e seguen cunha mentira tras doutra. O único certo é que atrasou o desenrolo de enerxías renovables co risco da perda de axudas estatais, perda de empregos, espolio ós propietarios dos terreos, perxuizo pro Tesouro da Facenda Autonómica, pros concellos, etc.. A impresentable chapuza fíxoa pra compensar ós que lle axudaron a chegar ó poder. A rectitude do reparto queda retratada polo seguinte: Os favorecidos no reparto son empresas ou persoas vinculadas ó PP. Algunhas empresas créanse pro caso. Os proxectos de inversión co que se xustifica as adxudicacións, ou ben xa estaban feitas, ou son irrealizables. Os baremos non son públicos. Que un encausado por contrabando, veciño do Presidente da Deputación de Pontevedra, resultase agraciado, pode ser unha casualidade. Outros adxudicatarios como o empresario ese do Barbanza, ou a empresa castelán, tamén poden ser casualidades. Sospeitosas, iso si. Cheira a podrido. As indemnizacións ós prexudicados, millonarias. Quén as pagará, nos.

DE QUÉ SE FALA

DE QUÉ SE FALA

 

  Por suposto dos logros de dous anos de desgoberno, amiguismo, corrupción, clientelismo, etc. Eu chamaríalle o segundo ano de embustes. Non se fala do desemprego, promesa estrela, que a mataron, e que agora a resucitan no ameto local. Non se fala dun fenómeno que se consideraba superado, pero que agora con Feijoo volveu, o da emigración, Miles de galegos teñen que emigrar a outras autonomías con mais dinamismo económico, ou ó estranxeiro, como en tempos que desexaríamos esquecer. Non se fala de que a metade dos dependentes seguen sen axuda, aínda que a Conselleira do paro di que resolve mai solicitudes de dependes das que lle chegan, será que algún enchufado dos implicados na operación Orquesta cobra mais dunha prestación; de aí que conceda, segundo a Conselleira, mais prestacións das que se solicitan. Non se fala de que o brutal endebedamento non foi pra inversións, senón pra transferencias a concellos amigos, mocións de  censura e todo o que axudara a conserva-lo poder.

  ¿De que falarán os Deputados  autonómicos pra convencer ós votantes de que a Xunta o fai ben?

 

¿DE QUE SE FALA?

¿DE QUE  SE FALA?

 

   É o primeiro mitin de cara as eleccións municipais. O lugar é o idóneo, na cidade da Coruña. O público actúa como si se atopara baixo dun poderoso feitizo; unha atmosfera electrizante e uns seareiros enfebrezidos; Feijoo fala das eivas de Zapatero, Negreira da terceira roída, pero ningún deles do goberno municipal. Noutros mitins os candidatos prometen reduci-lo paro, repetindo a promesa estrela de Feijoo. Feijoo promete austeridade e apela os seus dous anos de goberno, facendo un panexírico do seu goberno, que nada ten que ver coa realidade. Promete austeridade quen triplicou, en dous anos de desgoberno, a débeda, multiplicou a burocracia, creando novos chiringuitos, reducindo aqueles que considerou ideoloxicamente perigosos, pero sen atender a criterios económicos e de eficiencia, creou novas unidades administrativas: como as Superdelegacións, cuxa esencial función é controlar politicamente a administración periférica; mudou de nome as delegacións das Consellerías, pero mantendo a súa organigrama interna e os gastos. Simula suprimir Consellerías; no  fondo fai unha reorganización pra poñelas baixo un mando da confianza do sector pontevedrés, e mantén as estruturas territoriais. O gasto de funcionamento da Administración Autonómica sufriu un incremento do gasto, en  conxunto, do 7%. Pódese da-la cifra de mais de mil duascentas persoas que colocou a dedo; sen contar as achegas de Baltar. De qué se fala, terá varias entregas

DE PROFESION: MENTIREIRO

DE PROFESION: MENTIREIRO

 

 

          A pregunta é lóxica ¿Queren os galegos que lles menta o Presidente?. A resposta debía de ser obvia; nembargantes as cousas non son tan sinxelas; temos que pensar nos seareiros, nos servos da gleba manexados polos caciques rurais, no poder dos medios de comunicación pra formar e deforma-la vontade popular, na formación intelectual do receptor da mensaxe, e sobre de todo, na habilidade do orador pra esconder cunha mentira, outra mentira.

         Cando pillan a Feijoo nun renuncio gordo, non da explicacións, nin admite a mentira; minte mais, ameaza e as bancadas populares patalexan como posesos e aplauden. !Unha imaxe surrealista, nun éstrano pais.!