Feijoo tiña previsto a celebración do seu primeiro ano triunfal. Nada tiña O Emperador que celebrar, solo o seu aniversario, o aniversario da chegada das hordas fascistas ó poder, como naquel ano do 1939. son semellanzas, que aínda que distantes no tempo, gardan un rancio paralelismo, e eso é o que pretende salientar o líder; non creo que pretenda, aínda que debía, destaca-los logros en corrupción Miranda, Cerceda, Parque Móbil, oposicións, eólico, retablo, comedores escolares, Consorcio, Xacobeo, Abegondo, Telegaita, Cidade da Cultura, Albergues dos peregrinos, subvencións, Deputacións, dictamines, e mais que agocha e que a oposición non sabe explotar. Mais da metade dos contratos da Xunta por adxudicación directa e sen pulicitalos.
Dentro dos contratos non se pode esquece-las adxudicación a sobriña de Romay, o seu padriño na política, a min dáme repelos falar deles, porque so a indecencia absoluta.
Quero deixar ven claro que unha parte do PP non aproba a deriva de Feijoo e son tan demócratas como calquera, ó mesmo tempo hai que salientar que eses mesmos militantes son corresponsables das políticas de Feijoo por omisión.
A corrupción, como xeito de gobernar, é rendible cliantelarmente, pero leva ó pais a un atraso secular; pero eso ó líder non lle importa, o único que lle importa é o boato.
Ruiz Miranda resistiuse a devolve-las de custo, porque o mesmo Feijoo fixo o mesmo, ó final conseguiron que fixera unha devolución simbólica pra dete-las críticas, e Feijoo saliu coa súa muletilla de honestidade, demostrando que é capaz de vender xeladeiras no polo norte, que ten moita cara e moi dura.
O concesionario de Citroën en Santiago regaloulle un C-6, tamén Citroën lle regalou un peugeot, sendo líder da oposición, de eso deulle ós periodistas unha resposta inaudita, alegando, sen inmutarse, que os pagara.
Tiña pensado celebrar o aniversario do seu primeiro ano triunfal, pero o temporal estroupeulle a festa: o caso é que Basagoite lle prometera asistir o aniversario do sae ano triunfal. Mais mal lle foi a entrevista co Lendakarí, quería exportarlle a idea da súa política de confrontación, pero parece que eles están pola convivencia.
Feijoo é un personaxe que vai facer grande a Franco, o dictador xa deixará de ser pequeno e baixiño, e a Longa noite de pedra, de Celso Emilio, tróuxonola Feijoo.