Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

UN BO DESEMPREGO

UN BO DESEMPREGO

 

                    Xa había unha lei de privilexios pro presidente, que unha  vez cesara no seu cargo tiña garantido un paro de un 60% do salario durante dous anos, ademais de poder integrarse nun inoperante Consello Consultivo, que lle suporía 68.000 euros anuais mais. Fraga renunciou a formar parte do Consello Consultivo, pero non ós outros beneficios, que compatibilizou co posto de Senador. A Touriño non lle pareceu suficiente, e promoveu a reforma da lei; agora o paro aumentou a  contía a percibir; Touriño vai cobrar algo mais de 68.000euros anuais, ademais dous outros beneficios e ingresos. Feijoo ten unha asignación  anual de mais de 81.000 euros,  coche, chofer e secretaria, tamén  ten garantido un bo paro.

                        Tanto a pertenza ó Consello Consultivo, como de coche oficial, pódense disfrutar por 12 anos con solo haber sido Presidente dúas lexislaturas seguidas

                      As asignación ós expresidentes choca e fai un agravio insoportable cos 420 euros pros parados sen dereito xa o escaso subsidio. Sería interesante saber que opina  desto a instriónica Esperanza Aguirre; pola miña parte dáme repelos o que temos que pagar a esta xente.

                       Todos recordamos aquela lea do BNG propoñendo que se reformara a lei de Touriño, proposta que por suposto non prosperou. O BNG alegou pra formular aquela proposta en que fora enganado polos seus socios de goberno, e que descoñecía, no momento de aprobala, do alcance da lei.  Non comprendo como o engano se produciu, sooume, a proposta de reforma, como un brindis ó sol.  

                         Ós Altos cargos cesados, tamén lles é de aplicación esta lei; a única Lei que Feijoo non tocou aínda, pero que prometeu reformar, seguro que pra empeorala.   Sinto un insoportable peso nas miñas costas.

MENUDO BALBORDO

MENUDO BALBORDO

 

                     Desconcértame o tránsfuga do PSOE de Ourense, non acerto a comprender que gaña Baltar con esta adquisición: Teño seguro que algo gañou o tránsfuga; mais que saber quenes son os enchufados que entraron na Deputación, teño intres en saber cal é o prezo da alma do tránsfuga; así, se me atopo co demo teño a suficiente información pra negocia-la venda de almas parecidas ó tránsfuga de Ourense, que sei que hai moitas.

                     Boa a armou Baltar, xa ten que ter valor o que hai escondido, pero non creo que lle compese, a non ser que solo pretenda desestabilizar.

                     Os enchufes da Deputación son sabidos, o mellor ata se esaxera, pero o certo é que o emprego de persoal no Organismo Provincial está cuberto dun manto de sospeita. Non sei onde pretenden  chegar coa lisa de enchufados, pero voto en falta que non se estenda ós concellos porque aí tamén hai tomate e, xa que estamos, á Deputación de Pontevedra; porque en apaños, tránsfugas e demais arranxos, poucos se poden igualar o presidente da Deputación de Pontevedra.

 

EU TAMÉN PROMETO

EU TAMÉN PROMETO

 

                        Zapatero leva prometido moitas veces o final da crise, “o fin está despois do verán, xa hai brotes verdes”, que eu saiba despois do verán ven o outono, pero a crise segue, eso é o único certo. Parece que a todo o mundo lle da por prometer, esperando que as promesas teñan un efectos balsámico e se soporte mellor a crise; o mal é que xa cada vez creémonos menos as promesas dos políticos e sufrimos na nosa impotencia a irresponsabilidade dos dirixentes. Fai pouco, Zapatero declaraba nunha entrevista que se sentía responsable da perda de traballo de cada persoa, naturalmente que é o responsable, quén si  non; o que non nos dixo, e ese é o que realmente nos importa, cales son as solucións que pensa aplicar; o que calquera pode ver é que sen medidas  contundentes, aínda que sexan dolorosas, non imos saír.

                        A meirande desesperanza e ver que a oposición dista moito de ilusionar, pois xunto a fata de liderazgo unitario e forte, temos uns líderes secundarios, caso de Esperanza Aguirre, famentos de protagonismo; ademais as súas receitas neoliberalistas e populistas foron causantes da crise mundial, polo que non poden considerarse seriamente como solución.

                        Conclusión: estamos fodidos.

MAIS DAS PROMESA DE FEIJOO, mais campaña

MAIS  DAS PROMESA DE FEIJOO, mais campaña

 

                      Do debate da autonomía falaremos outro día, porque aínda resoan os cascos dos cabalos na vila de Pontevedra, onde Feijoo prometeu un paquete de medidas que axudará a supera-la crise á familias e dependentes. De entrada, esta é unha promesa cruel, esto mismo xa o prometera en campaña electoral, e logo fixo o contrario do que prometera; polo que da a impresión de que trata á xente de idiota e pretende que lle crean que vai facer agora todo o que antes non fixo. Despois destas promesas xorden as preguntas: qué pasa coas residencias de maiores que ten pechadas si entrar en servicio, qué pasa coas galescolas que non se abriron, pese a estar rematadas, que pasa  cos nenos  que non  teñen praza  nos comedores escolares. qué pasa cos libros de texto, qué pasa co ensino público.

                      Os dependentes, de cada tres, so un recibe axuda,  e se as promesas seguen o camiño das que antes fixo, nunca verán un euro.

                      Non se artella, nin sequera se plantexa a necesidade de dotar de crédito ás familias e ás pequenas empresas, co que se dinamizaría o consumo e o emprego

LINGUA HOSTIL

LINGUA HOSTIL

 

 

                      Feijoo fai que a lingua galega sexa unha éstrana na súa terra; o galego vive coa Xunta do PP en terra hostil, do Decreto do Galego o mais salientable é a súa indefinición, que unido á regresión fai do Decreto un perigo incendiario pra convivencia social.  

                      Unha enquisa, da que non se soubo aínda o día de hoxe o seu verdadeiro resultado, a creación  artificial dun conflicto, os enfrontamentos lingüísticos, que nunca deberon xerarse e con elo toda a tensión social, houbéranse evitado si o goberno da Xunta se dedicara a gobernar e dar solucións ós problemas reais. A tensión social que se xerou, co galego, cumpriu a función de ter entretida á xente  e desvia-la súa atención de outros asuntos.

                      Faime gracia a valoración do Decreto que fai algún prócer dicindo que o Decreto restitúe a liberdade, eso evidencia, mais que nada, as carencias; garda unha paralela posición espacial e de expresión filosófica con Galicia Bilingüe e Manos Limpias, é dicir, a voz de FAES.

                       O Decreto e a política de crispación foi deseñada no seo de FAES, actuando como punta de lanza e coartada Galicia Monolingüe. Dende Xénova seguiuse moi de preto a elaboración do Decreto a sinaláronlle á Xunta a  Política lingüística que  tiña que levar, de feito o Decreto  no viu a luz sen o visto e prace de Xénova.

                        Pretendeuse vende-la unidade do PP de g sobre a política lingüística da  Xunta, nada menos  certo,         si non houbo unha revolta foi pola constante ameaza da fouce e a falta de compromiso, valorando mais os favores, recibidos u prometidos que as ideas, pero o polvorín está aí.

PROMETO

PROMETO

PROMETO

 

                  Prometo que a Xunta creará 25 postos de traballo diarios; neste ano imos a crear 10.000 postos de traballo; esas eran as palabras de Feijoo no foro que organizou no Hotel Palace de Pontevedra; parecen promesas electorais; a verdade, non sei si era froito de  algún vapor etílico, pero alí as promesas chovían e os aplausos resoaban con  forza; eu sempre dixen que pra solta-la lingua e pro aplauso doado non hai como unha boa comida, regada de abundante viño.

                      Baixemos á terra e, cos estómagos baleiros, analicemos esta importante promesa. Basicamente é o mesmo que prometeu en campaña electoral; si aquelas promesas quedaron nun aumento do paro en once puntos, e pasamos de estar na zona media do emprego a estar case na cola das autonomías; non podemos confiar na palabra de quen non demostrou ser mais que un charlatán, que non cumpriu o que prometeu en campaña.

                    Como non cremos en promesas repetidamente incumpridas, non podemos esperar que agora o faga. Feijoo sacouse outro coello da chistera pra dar credibilidade o seu plan: a Xunta vai dar un soldo a 10.000 parados. Non se sabe o importe da axuda, nin a duración da mesma, tampouco cáles serán os elixidos, ou se haberá algún criterio obxectivo pra obte-la axuda. Cando el mesmo se opuxo a axuda  de 420 euros que o Estado da ós parados sen dereito de asistencia,  agora sae con esta promesa, que non se  sabe se a cumprirá, ou si irá o mesmo pozo das súas promesas incumpridas.  Que o cumpra, e de  que xeito,  aínda está por ver.

                       Xa o  dicía aquel mestre: a un pobre non lle  deas un peixe, enxéñalle a pescalo; tamén a un parado non lle das unha esmola, dálle un traballo.

Concentracións contra o decretazo do galego 15 de marzo

Como xa anunciara, Queremos Galego convoca para esta segunda feira (luns) 15 de marzo concentracións cidadás simultáneas contra o decretazo do ensino para as 20 horas.

Santiago: ás 20 h na Praza do Toural

Vigo: ás 20 h na Rúa do Príncipe (diante do MARCO)

A Coruña: ás 20 h na Praza de Pontevedra (diante do instituto)

Ourense: ás 20 h na Avenida da Habana (diante do edificio administrativo da Xunta)

Lugo: ás 20 h na Rolda da Muralla (diante do edificio administrativo da Xunta)

Pontevedra: ás 20 h na Praza da Peregrina

Ferrol: ás 20 h na Praza de España (diante do edificio administrativo da Xunta)

A Mariña: ás 20 h en Foz, na Praza do Concello

Bergantiños-Costa da Morte: ás 20 h en Carballo, diante do Concello

Noia: ás 20 h diante do Concello

A Barbanza: na Pobra do Caramiñal, ás 20.30 h no Cantón do Forno

Vilagarcía de Arousa: ás 20 h na Praza de Galiza

A Estrada: ás 20 h na Praza do Concello.

ACUDE E DIFUNDE!

EVOLUCION

EVOLUCION

votade na enquisa

 

                     Despois dos esforzos de Feijoo, os medios de comunicación afins e os servicios abnegados de Rueda, a fusión das Caixa Galegas pasa a un segundo plano, Feijoo coa súa chulería e verborrea de charlatán de feira, dixo  en Pontevedra que acataría a sentencia do Tribunal Constitucional, (que remedio).

                     Zarrías acudiu a reunión, cos comisionados de Feijoo, acompañado de Avogados do Estado que marearon e fixeron uns zorros a comisión de Feijoo. O realmente decisivo pra convencer a Feijoo foi a chamada de Rajoy. Rajoy pode permitirlle a Feijoo batallar polas caixas, ou polo que se lle antolle; sempre será bo que lle cree problemas a Zapatero; pero o rapaz xa se volvía cárgante, ademais en Vigo pedíronlle que lle votara po freo, e Rajoy reconverteuno, porque está ben que se lle creen problemas a Zapatero; pero eso de crear unha banca pública galega, como pretendía o Bloque, saltarse o acordo co PSOE  de repartirse o poder financeiro e crearlle problemas ó PP en Vigo, era demasasiado.

                         Nese foro, que celebrou  en Pontevedra, no Hotel Galicia Palace, no discurso de Feijoo atemperouse ese ardor guerrilleiro pra fusión das caixas; non descartou a idea, pero pasouna a un segundo plano, dese xeito, os que antes eran aliados do proxecto, o BNG, perde os seus favores, non quere saber de Guillerme; agora cortexa a Pachi Vázquez, ó que tanto ten denostado, pero a política é así: cambios de parella,  de leito e do que faga falta; a fidelidade en política non existe.

                         A relación epistolar entre Zarrías e Feijoo ten un feito salientable; Zarrías escribiulle a Feijoo en galego; Feijoo dixo, en castelán, “meigas fora, vade retro”, púxose todo irritado, a súa  color era dun amarelo  verdoso. Un equipo medico de urxencia desprazouse a San Caetano cunha Unidade Móbil. Pensouse que lle sentara mal a tragonada de marisco que se zampara, porque tamén Rueda estaba vomitando; despois de analiza-lo contido dos ilustres bandullos, chegouse á conclusión de que os afectara a forma da carta de Zarrías. !que insulto, escrita en galego!o; aí se puido perder ese amor, ente Feijoo e Zarrías. A verdade que Zarrías debe ter un singular sentido do humor, e sabe como sacar de quezo a Feijoo.  Feijoo  xa pediu que  non figure Zarrías na comisión de negociación; non sei si sería polo da carta en galego, (xa sabemos o que irrita o galego a Feijoo), polo nivel da Comisión Negociadora, pola pasada e o ridículo a que someteu á Comisión da Xunta.

 

 

 

O CLAN DOS MIRINDAS

O CLAN DOS MIRINDAS

  hai unha enquisa colgada

                        Había uns refrescos de laranxa e de limón que se comercializaban baixo o nome Mirinda; non tiñan nada, pese o nome, de laranxa, nin de limón, no seu lugar usaban un ácido cítrico, é dicir, nada era  o  que se  prometía. O mesmo lle pasa ó PP cos Mirindas e demais membros do clac teatreiro do goberno da Xunta.                          

                        Co aniversario da toma do poder na Xunta polo PP, abandeirando un neoliberalismo, co que se pretende facer desaparecer o sector público e converter Galicia non espacio de negocio clientelar, viron a conveniencia de vende-lo proxecto que están desenrolando, orquestando unha campaña publicitaria, que faga comulga-los cidadáns con rodas de muíño.

                        Eu, igual que lles pasaría a moitos lectores da prensa quedábame atónito ó ler algunhos artigos de prensa, entre eles, como non, os dos famosos Miranda, Mirinda pros amigos, gabando a labor do ano de réxime de Feijoo. Cando facías unha síntese dos logros, non atopabas mais que a demolición do que outros fixeron, así como  vagedades e consignas políticas como  si aínda viviramos no réxime de Franco.  

                        Foi unha ofensiva mediática onde se reflectía a talla periodística dos asinantes e as auténticas carencias do réxime, así como no que fundamenta a súa labor deste ano, que non foi, a mais das demolicións, unha parálise                      e  un adulamento ó poder.  Un ano que perdeu Galicia,  non por culpa de Feijoo, por culpa nosa, porque o puxemos nos  ai.

                         Mentres   apuntan unha dieta, chúchanlle o sangue  ó pais, !menudos gaiteiros!

VARELA E SAN PEDRO

 

                                                                           

 

                      Que San Pedro me perdoe pola comparanza, pero o Sr.Varela Conselleiro de Cultura negou  no Parlamento, amosándose ademais moi ofendido e usando palabras de groso calibre, barriobaixeiras quizá, con desprezo ó interpelante, terse referido en Madrid a Sobrado dosa Monxes coma  Faiado dos Monxes. As cousas hai que ve-las no seu contesto: ese día nade lle  fixo un control de alcoholemia o Sr. Varela, tamén hai que comprender que lle puido haber xogado unha mala pasada o subconsciente; no faiado agóchanse trastes vellos e segredos que se subtraen á   xente. Seguro que tiña en mente a operación retablo, ou calquera outra falcatruada da súa Consellería.  

                      Os galegos non saben valorar a valía e os desvelos do ilustre Varela, un valedor da cultura  galega, quizá candidato  a unha medalla Castelao, a proposta do senlleiro personaxe que preside a Xunta.

                      Ningunha das desculpas dadas por Varela lle restan responsabilidades, xa chove sobre mollado e o normal sería o cese, pero nin o cese, nin a dimisión, están no haber dos personaxes involucrados, e Conselleiros tan malos hainos no goberno; así quen non esperemos ningún xesto de dignidade política de ningún membro do goberno, seguiran mentindo, seguiran facendo o ridículo, seguiran molestos por acudir ó Parlamento e responderan con malos modos ás preguntas  dos interpelantes.

                      O comportamento dos membros do Gabinete é como un xeito colectivo de conducta, unha forma de comportamento, imposta, ou copiada do Líder, a  saber: autosuficiencia, chulería e prepotencia,; unha chulería que non scorta nin ante a morte

 

 

SOBREACTUANDO

SOBREACTUANDO

 

                     O día da muller traballadora, o goberno da Xunta montou un espectáculo na Praza do Obradoiro, na que o Conselleiro de Economía foi o actor principal, interpretando o papel de ama de casa. O mais rechamante era o atrezo e, especialmente o disfraz, cunha falda hawaiana, cofia, ferro e escoba

                     Seguro que pensaron que facían algo orixinal e gracioso, pero de gracioso ten pouco, é vexatorio e denigrante pro xénero feminino, algo que nos avergonza a todos.

                     Pra min a mellor celebración do día da muller traballadora sería que non houbera ningunha razón pra celebración, pero nade pode borrar aquel triste suceso no que morreron aquelas pioneiras dos dereitos femininos, por eso, por ríspeto a aquelas mulleres, a bufonada da Xunta é inadmisible.

TU INVITAS E EU PAGO

TU INVITAS E EU PAGO

 

                    Algo así, foi a viaxe de Feijoo ó Vaticano. Feijoo non cumpriu o trato, o seu, era ir no séquito do Arcebispo, de paquete, portarse como membro do séquito, o que supoñía non simular ser a estrela da viaxe, e paga-las constas.

                     Feijoo tiña o seu proxecto segredo e consistía en converte-lo acto nunha visita de Estadista e apuntarse o éxito de lograr que o Papa visitara Galicia. A cantada de Feijoo está na súa liña de propaganda, o que pasa é que todo lle saíu mal, ó Arcebispo sentoulle mal que Feijoo non respetara o acordo, previo á viaxe, e se quixera apunta-lo tanto da visita do Papa.

                      Zapatero, a Vicepresidenta, o Ministro de Exteriores, o Embaixador e o mesmo Arcebispo xestionaron a visita do Papa co obxecto de bendicir a inauguración da catedral da Sagrada Familia e deixarse ver polo Xacobeo; Feijoo viu a posibilidade de apuntarse a xestión e facerse a foto; pediulle ó Arcebispo que o deixara acompañar, a cambio facíase cargo dos gastos da viaxe. A Santa Sede confirmara, fai uns días, a viaxe, cousa que ignoraba Feijoo, por eso quixo apuntarse o tanto. Hai quen di que a foto é trucada; pero é o mesmo, Feijoo que se apunta a un bombardeo, con tal de figurar, non rebelou nada novo, como sempre, actuou e mentiu.

                      En Mirás de Abaixo, dous parroquians leían ó Xornal na cantina e un deles preguntáballe o seu contertulio quén era o de branco que estaba na foto con Feijoo. Pra que digan que Feijoo no é coñecido. xa vedes.

                      En lugar de andar buscando figurar, si se dedicara a gobernar mellor nos iría, si  ben pra artellar un xacobeo hai que ter mais que serren na cabeza, non seria capaz.  

A DE CAL

A DE CAL

                  Baltar baixa a cerviz e escribe un panexírico do ano triunfal do réxime de Feijoo; Baltar leva nos xenes a sobrevivencia política, e tende pontes, lisonxea o cabreado líder, pero de pouco lle vai valer, a súa sorte está votada; certo que venceu a Feijoo unha vez, pero no é menos certo que a victoria débella o seu pai, e papa non estará ai sempre pra protexelo. Feijoo é moi vingativo, e xa se pode poñer como queira, pode face-lo que sexa, que llas fai facer pagar. Mellor houbera quedado, aínda que a procesión fora por dentro, unha vez que elixiu o enfrontamento, que gardara a compostura e non amosa unha febleza como fai agora; o dragón non se vai calmar porque si. Os lectores do blog xa se pronunciaron así nunha maioría.

                  Non teño a Baltar por un lambecús, pero é desconcertante o seu panexírico, é tan irreal, que non se sabe certo si é unha burla, un intento vano de congraciarse co líder ou qué esconde tras as esaxeracións.

                  Ós profesionais do poder, como é o caso de Baltar, son sempre enigmáticos. Pode que recibira algún recado intimidatorio, o mellor solo o percibiu, pero nunha intensidade extrema.

                   O señor das tebras debeuse materializar en Ourense, incluso as augas do Miño baixaban negras e revoltas; o medo estremece o espiñazo dos que se enfrontaron ós segundos de Feijoo, pero incluso estes non as teñen todas consigo, pode haber moitos movementos, xa sabemos que Roma non paga a traidores, pero Feijoo non é Roma.

                   Dise que Feijoo ameazou con fundar unha agrupación do PP en Ourense,    desautorizando a Baltar.

                   Baltar demostrou que non é moi bo xogado de poker.

TIRÓN DE ORELLAS

TIRÓN DE ORELLAS

  

                      A historia das caixas é unha historia sen final, o ninguneo do Goberno Central ós negociadores  da Xunta, uniuse o freo a Feijoo que lle puxo Rajoy; aínda que non podemos esquecer as verbas de Cospedal, dicindo que as caixas tiñan que ser dirixidas dende Madrid, e que a política do PP é a mesma aquí e en Madrid, co que  deixou a Feijoo coas cartas ó descuberto.

                       As Caixas van a ir pra fora, fusionadas entre si, como pretendía Feijoo, ou cada unha polo seu lado, pero sen que a Galicia se lle indemnice pola súa perda. Os aforros de tantos anos, peseta a peseta, que nosos avós depositaron, as ilusións dun pobo, os edificios que ocupan, as coleccións de arte que con tanto mimo se xuntaron; todo voará. Perderemos un pouco mais do noso ser, falaremos menos galego e mais inglés, quizá algo de castelán, gracias a Gloria Lago, seremos obxecto de chascarrillos, estereotipos e  burlas a cargo de Rosa Díaz; a nosa autoestima será cada vez  peor; non nos resignemos, !vivamos como galegos!.

                      Os dous Conselleiros que foron a Madrid negocia-la Lei de Caixas demostraron ser uns ignorantes na materia. Zarrías xogou con eles coma podía xogar cun rato un gato sen fame, non era unha negociación  era unha triste parodia, unha tomadura de pelo e un menosprezo a un pobo que lle  fixeron a dous incompetentes.

                      A vergoña mais grande pra eles, se tiveran vergoña e sentido do ridículo, tivo que ser cando pediron que fora igual a Lei Andaluza; déronlles unha copia exacta e  decatáronse que non valía pros intres de Feijoo. Eles descoñecían a Lei andaluza; solo coñecían da Lei Andaluza o que lles dixera o Campión, que o mellor sabía ler, pero que se demostro que non a entendía.

                      O mesmo que lle pasará a moitos, o das Caixas cada vez o entendo menos. Parto da base de que a intención da fusión das Caixas galegas non é a mesma, a que ten o Bloque, e a que ten Feijoo; mentres o Bloque ve a fusión como a oportunidade pra crear un grupo financeiro galego, no que se apoie o desenrolo do pais, Feijoo  veno como a oportunidade de quitarlle un instrumento ó PSOE, e poñer nas mans do PP os aforros galegos e manexalos dende Caja Madrid.

                      Montoro, responsable económico do PP, vistas as dificultades  da fusión e que Feijoo no se fai coas Caixas, léelle a cartilla, en plan doméstico, e retoma o discurso da  centralización e  reparto dos aforros.

                       Feijoo traga o que sexa, ero quere vingarse do Director de Caixa Nova por facerlle fronte e non ceder os seus desexos. Quere, se non lle confiren facultades pra votalo, que o  fagan dende Madrid.

URRACAS E ANORÉSICAS

URRACAS E ANORÉSICAS

 

                As persoas anorésicas son persoas que sofren un gran desarranxo psicolóxico, son propensas a dicir calquera parida, porque o  seu estado emocional non lles permite facer unha valoración lóxica das cousas, que vaia mais aló de tópicos e muletillas.

                Algunhas persoas anorésicas, xunto ó seu aspecto de febleza física teñen tamén unha febleza psicolóxica e, a menudo, son presas de delirios; precisan sobresaír, facerse notar.

                Hai neste espacio quenes gardan un parecido coas pegas, son córvidos; hai terras, como  no Pais Vasco, onde lles cháman picazas, e urracas en castelán.

                Non é casual a silueta de galgo de palleiro, que se debe adquirir pola carreira  dun a outro comedeiro na precura de mellor choio.

                 O mes de febreiro  non deixou de chover, facía tempo que non chovía tanto, un clima que rebrandece os miolos; eso precisamente foi o que lle pasou a Rosa Diaz, unha política oportunista e amoral. Non ven acaso sacar á luz o que pasa no patio dese partido que ela fundou, porque este patético personaxe non merece sequera o desprezo.

                   So quero engadir unha cousa: Rosa Díaz é amiga de Galicia Bilingüe e de Manos Limpias; polos seus amigos os coñeceredes.

NO PAIS NO QUE EU V IVO

NO PAIS NO QUE EU V IVO

  

                          Escoitei na ser un balance do ano de réxime feixoniano, feito por Feijoo, decateime, escoitándoo, de que viviamos en países distintos; no pais no que eu vivo, no ano do réximede Feijoo, o paro incrementouse en once puntos, pasando a ser unha das autonomías que mais emprego destrúe, pero según Feijoo crease emprego; no pais no que eu vivo os servicios públicos deterióranse e privatízanse, no de Feijoo a política social e de servicios públicos é exemplar; no pais no que eu vivo a sanidade estase deteriorando por momentos, na de Feijoo constrúense hospitais, baixase as medias, sóbense as faixas, !un lío!; segundo Feijoo, aprobase unha Lei da enerxía eólica pra garantir a transparencia, pero páganselle ós adxudicatarios  do goberno anterior un montón de diñeiro, co obxecto de que non impugnen a Lei, así que non é tan clara a cousa; no pais  no que eu vivo, o goberno mercouse mais e catrocentos coches en dez meses, no de Feijoo hai austeridade; no pais no que eu vivo, péchanse explotacións gandeiras, porque o leite ven de fora, no pais de Feijoo o campo é unha harmonía; no pais no que eu vivo o acceso á Función pública non ríspeta os principios de mérito e capacidade, hai filtracións nos exames, preludio das privatizacións e acceso a dedo, no de Feijoo hai solo algunha anécdota.

                          Xa sei o por qué da lea do inglés. O que busque traballo terá que emigrar, coma no réxime de Franco; co inglés terao mais doado. Tamén como se reducen as listas de espera na Sanidade, coñezo xente que lle pasou, cando levan un determinado tempo nas listas, e o tempo pasa, bórrannos.

                          Resumindo, Feijoo desprestixia a autonomía, preside un goberno desnortado, vive fora da realidade,  multiplícase a corrupción. Non é un ano perdido, é unha desgracia pro pais.

IGUALDADE DIANTE DA LEI

IGUALDADE  DIANTE DA LEI

 

 

                     É un vello principio de que todos somos iguales ante a Lei; daquela, eu pregunto, ¿por qué queren que un albanel ande ós 67 no andamio, pra cobrar unha mísera pensión, namentres os Parlamentario, sentados en mullidas poltronas, necesitan menos de dúas lexislaturas pra  devenga-la pensión  máxima?

                     Aí non rematan os agravios, hai mais; ós políticos poden compatibilizar a pensión con outros ingresos, se límite algún.

                     Son, pois, acaso, os traballadores que menos cobran os que fan peligra-la caixa da seguridade social, ou os que meten a man na caixa, no lugar de coidala.

                       Penso que a norma é inconstitucional, e os sindicatos, se defenden os intereses dos traballadores, deberían impugnala. Tamén opino, que son os traballadores, porque son os que mais perderán, os mais interesados en que se garantice a viabilidade das pensións; así que  a baixar do monte e loitar contra o inimigo real

ENQUISA DA SITUACION DO PP de Ourense

ENQUISA DA SITUACION DO PP de Ourense

  

                      A enquisa que prantexamos sobre as consecuencias dos resultados do congreso do PP de Ourense evidencia unha polarización nas opinións. Penso, coma a exigua maioría,  que as municipais van ser clave pra perfilar o futuro político de Ourense, en especial o de Baltar; sexa cal sexa o resultado das municipais hai que ter en conta que no congreso pesou, e oito, o feito de que Baltar pai teña o poder da Deputación; o que pon de releve que as Deputacións non son unha fonte de servicios, senón de poder; se alguén ten dúbidas chegaralle con ve-lo proceso que leva o presidente da Deputación de Pontevedra.

                      Aínda que un elevado número de enquisados opina que Baltar eliminará a linea oficial, digamos feixoniana, en Ourense, deben ter presente que no día de hoxe non existe PP fora de Feijoo. Non é casual que se rodeara de políticos de perfil baixo e aduladores do poder, co que  se garantiza un liderazgo absoluto, sen que nade lle discuta o poder, nin as decisións de goberno, por moi desatinadas que sexan; aquí o intres xeral é o de un mesmo.

                      Eu vexo moi probable, como opinan moitos enquisados, en que a liña oficial se cargará o baltarismo, de feito, penso que a vinganza xa empezou, e unicamente se mantén unha tensa tregua pra non romper e perde-lo poder na Xunta.

                      Unha cousa é certa, a mais de lixar o inmenso ego de Feijoo, o congreso de Ourense foi unha patada nas parte nobres de Feijoo e os seus aduladores.

                        Non  ven ó caso do tema, os comentaristas do artigo de onte, fan unhas reflexions moi fondas sobre este último ano de réximen de Feijoo, intentarei poñer un artigo de como vexo eu o tema, despois de ler estes comentarios; tamén non podemos deixar de lado que a súa peregrinación a Roma quizá  se deba a purga-los pecados que leva cometidos neste ano de goberno. É singular o feito de que o Presidente dunha Autonomía lle  vaia a render pleitesía o Papa.

 

AS CELEBRACIONS DE ATILA