Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

MALOS TEMPOS

MALOS TEMPOS

 

 

              Eles ían arranxa-lo das listas de espera pra recibir atención sanitaria, levan camiño de logralo, as esperas son xa de desesperación  medran como unha bola de neve. Esto o mellor ten como obxectivo que estes doentes opten pola privada.

               Nunca hai un tempo bo pra estar doente, pero semella que na actualidade, aínda pode ser peor. A Conselleira de Sanidade, mais que Conselleira é unha costureira, que se dedica a votar  remendos ó xa feito, sen que faga proxectos  de futuro, que non vaian encamiñados a engordalos negocios privados dos amigos: O primeiro gran negocio foi a privatización da xestión do Hospital do Centro Galego de Bos Aires.

               A privatización da xestión xa está pensada pros centros sanitarios proxectados en Vigo e Pontevedra. Os centros construiranse con diñeiro público, pero a xestión dos mesmos será privada. Parece que á vaca non se lle pode sacar mais leite; pois si, este PP aproveita tódalas oportunidades  de negocio. O hospital de Pontevedra proxéctano construír no monte Carrasco, dese xeito, aínda que se gastan cartos en acondiciona-lo lugar,  énchense os petos dos amigos coa especulación urbanística, e pouco lles importa que o de menos custo houbera sido ampliar a residencia de Montecelo.

               No proxecto hospitalario de Vigo suprímense o número de camas que teñen en convenio en Povisa, dese xeito, esta clínica privada, aínda que lle remate o convenio, ten o negocio asegurado. O número de camas que se suprime chega as catrocentas. E digo eu: ¿qué di Louzán, presidente da Deputación,  desto. ¿Qué di Corina Porro, actualmente Presidenta do Porto de Vigo, candidata a alcaldesa de Vigo, cala e consinte, e non se lle oe, nin se lle ve. ¿Qué di Feijoo, candidato a Deputado por Vigo?, nade o sabe. ¿Qué di a ayatola de Galicia Bilingüe, viguesa ela? Que a súa guerra e outra, o seu reino é de outro mundo. Pra completa-la conexión pontevedresa: ¿E Rueda?, xira, e xira coma a roda dun muiño.

               Vigo, motor de Galicia. !que gran vasallo, se tivera un bo señor!

               Os cartos saen dos nosos petos, non dos seus. Toooooooma austeridade.

¿NON ENTENDO?, OU SI ENTENDO

¿NON  ENTENDO?, OU SI ENTENDO

 

 

              Segundo o circo que montou o Conselleiro Rueda,    teñen parados na garaxe unha vintena e coches, que Rueda dixo  que os mercará o bipartito, que eran uns despilfarradores; como             as mentiras teñen as patas cortas, prono se soubo que a maioría os mercara Feijoo  cando foi Vicepresidente, incluso tiña un Audi    de propiedade particular, o  que non sei se o mercou, ou llo       regalaron. O asunto é que, pra non contradicir a  prédica de austeridade recorreron á trampa de  mercar coches pros Altos Cargos, a través de empresas da xunta.

              O mais escandaloso é que por ese sistema levan adquirido, en menos dun ano, preto de catrocentos vehículos, por un importe superior ós mil millóns de pesetas.

                A compra de vehículos por varias  empresas sírvelle á Xunta pra face-la compra con opacidade, sen concurso e, curiosamente, figurando o mesmo operador.

                  O coche da Conselleira do Mar, adquirido por este procedemento, non deixa de ser unha area  nun deserto.

                  O mais indignante é que non hai unha interpelación no Parlamento, o que tamén se podía aproveitar pra que Rueda Explicara o do aforro de 500.000 euros,  e logo se gasta mais de seis millóns de euros . Non son un experto en matemáticas, pero non  me cadran as contas.  Tooooooma austeridade.

CONSULTAS OU APAÑOS

CONSULTAS OU APAÑOS

<!-- /* Style Definitions */ p.MsoNormal, li.MsoNormal, div.MsoNormal {mso-style-parent:""; margin:0cm; margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:12.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-fareast-font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:GL;} @page Section1 {size:612.0pt 792.0pt; margin:72.0pt 90.0pt 72.0pt 90.0pt; mso-header-margin:36.0pt; mso-footer-margin:36.0pt; mso-paper-source:0;} div.Section1 {page:Section1;} -->

 

             Pra  xustifica-la Lei de Caixas Feijoo precisaba un argumento contundente; precisaba dunha consultora de sona, non lle valía a do primo de Rueda, á que tanto recórreo pra    anular decisións do bipartito.

            Nade encarga unha auditoría pra que non lle dean a razón; cando encargan unha auditoría xa contan, por adiantado, coa proposta que pretenden, esa é unha das razóns da falta de credibilidade, así como o escaso rigor das auditorías. Esta custoulle a Feijoo un millón de euros, !demasiadas alforxas pra tan pouco viaxe!

            En artigos publicados no  ABC  e en EL PAIS, Blesa, o que foi director de Caja Madrid, recoméndalle a Rato que lle susurre      unhas palabriñas a orella de Rajoy, pra que Feijoo lle entregue as caixas galegas.

              O proxecto de Caja Madrid é do vrau, nade pode ignorar que non o coñecía, agora se non impugna a operación da Lei de Caixas, (Rajoy escandalizase con esa posibilidade), o seguinte paso será entregarlle a Rato as dúas caixas xa fusionadas; haberá unha auditoría co aconselle, que pagaremos nos; Feijoo incluso semellará resistirse, pro final dicir que é o mellor.     

             Triste e lamentable papel do BNG neste asunto. Incautos e inxenuos.

             Cando teñamos intres en algo, xa sabemos: unha auditoría, pagada cos cartos dos currantes.  Toooma austeridade.

            

POLAS MIÑAS MAIORIAS

POLAS MIÑAS MAIORIAS

 

                   Alberte, !que despiste!, Alberto, cando quere  xustificar unha acción incomprensible, que deica agora é a norma, alega como fundamento incuestionable á consabida maioría, moi certo que é unha maioría moi xustiña e despois do de Ourense mais precaria, pero maioría, e calquera movemento a pode esnaquizar. Por elo o equipo de fontanería de San Caetano  está a todo  gas. Non creo  que lles chegue con amaña-las tubarias; esta Administración de Feijoo precisa de tubarias novas; fai pouco que empezou a gobernar, aínda non cumpriu o ano; o suficiente pra unha avaliación  e constatar que ningún membro do goberno chega o un, xa non digo ó cinco, estamos o albor dun goberno desnortado e incapaz, e nin el, como director da orquestra, nin os gaiteiros teñen idea do que fan. Teñen que mandarlles as partituras de Madrid, pero son distintas as composicións de Rajoy das de Faes, e os gaiteiros son tan malos, que semella un goberno pro Antroido de algún esquecido pobo. Era mais doado cumpri-la consigna de borra-los logros do bipartito, que aínda que modestos algunhos había. Agora que se trata de gobernar, debe dar conta da inoperancia, sería bo que falara e nos explicara os fracasos e a dirección que leva e, de paso, se o autobús vai sen chofer.

              Pra gobernar, se ten maioría hai que usala pra construír; esborrallar está o alcance de calquera.

O CREPUSCULO as boinas pisan forte

O CREPUSCULO as boinas pisan forte

 

 

             O congreso provincial do PP en Ourense cecais non foi o crepúsculo de Feijoo, pero foi un baño de realismo, pra quen pretende ser líder absoluto, con menosprezo ós sentimentos do pobo, ó que pretende liderar, non gobernar. Esto último dígoo porque Feijoo pasa de gobernar Galicia, el quere liderala, ser o seu cacique único, pra gloria súa e de Génova.

             A súa teima coa lingua e con todo o que cheire a galego, cumprindo como fiel criado as ordes de Madrid, poden ser a súa tumba; unha tumba que lla están cavando xente na que se apoia, vivindo de costas o pobo e buscando o aloumiño doado de grupos ultraradicais da extrema dereita e do poder central, empeñados na alienación cultural de Galicia.

            O congreso de Ourense foi un aviso, e si eso o poñemos e relación coa enquisa de LA VOZ DE GALICIA, nada sospeiosa, veremos que este pobo aínda está vivo, e vaille custar moito enterralo como pobo. O guru Mirinda vai ter que descifrar mellor o futuro  nos pousos das cuncas de ribeiro, se non quer guindar todo polo precipicio.

               A batalla rematou, a guerra non; Baltar sabe que o lume segue prendido baixo dos seus pes e que solo agardan o momento oportuno pra facerse co poder. Baltar coñece ben os personaxes que se querían facer co poder e non se fía deles, non nos admitiu no equipo; porque eso sería como deitarse co inimigo.

              A voz trémula de Feijoo evidenciaba o seu estado tras a derrota.

              O perdedor, o Alcalde de Verín prometeu fidelidade o gañador, Pero eu non fiaría del, non é unha persoa de fiar. Os mentores vanlle a pedir contas do que fixo cos apoios que lle deron; despois de entregarlle unha conta libre pra gastos, o apoio do partido, a nivel nacional e autonómico,  sacou uns resultados pírricos e os colores ós líderes, mesmo Feijoo tivo que improvisa-lo discurso, un discurso lacrimoso apelando a unidade, daba magoa escoitalo, non lle saían as palabras, non disimulaba a dor da derrota. Rueda fracasou e o vello raposo triunfou, unha vez mais,  e  deixou unha mensaxe: cuidadín Feijoo, pisas ovos.

LIBRES E BILINGÜES, O meleiro

LIBRES E BILINGÜES, O meleiro

 

      Ultimamente está de moda atopar semellanzas, dobres, incluso,  de persoeiros públicos. Aló na aldea, o tío Primo tiña un colmear moi grande, e  á hora  de colleita-lo mel recurría a un personaxe que   parecía, na cara, un dobre de Feijoo, ademais, falaba moito e non dicía  nada; aí terminaban as semellanzas.; el levaba unha vida dea ermitaño, vestía roupa cutre e calzaba botas de goma; era un traballador que curraba moito pra gañar pouco, pero era sinxelo e tiña amor a aquel raro traballo. Podíavos falar mais do meleiro, pero nada interesante, deixémolo en que era un home de vida sinxela e rutinaria, pero que tiña esa peculariedade  de ter unha faciana coma a de Feijoo, aínda que non tan dura, malia que sempre andaba á intemperie.                     

       Feijoo usa o termo libres e  bilingües; pois ben, os galegos queremos ser libres e bilingües; non nos arreda que os fascistas usen eses termos, o mesmo tempo que nos queren mutilar culturalmente; nosoutros queremos ser libres, este feito estase a repetir a cotío polo noso pais; namentras os fascistas din que Galicia seguirá a ser libre ( e serao, malia que lles pese), e falaremos a nosa  lingua.

      É difícil de comprender que a xente xogue coa convivencia, use perversamente, estes conceptos tan nobres pra disimular a súa facinerosa acción de ataque o noso cerne.

        Os adxectivos usados a estilo Feijoo son un NO-DO que nos leva o mais profundo do franquismo, pero a noite, por longa e escura que sexa, será precursora dun día que esperamos sexa luminoso

A PANTERA ROSA

A PANTERA ROSA

 

 

          Despois de que lle pintaran de rosa a fachada o Director Xeral de Política Lingüística, xurde o intre   das interpretacións, si dese feito se deriva unha interpretación directa, ou hai algún mensaxe subliminal. A primeira vista parece claro que pintan de rosa a casa da pantera rosa, esa é a primeira conclusión.

             A pantera rosa ten certo amaneramento, certas poses singulares; sendo intelixente e, o seu modo dilixente, fai os traballos sucios e logra os obxectivos que lle marcan e que esperan dela; é unha boa servidora do poder. Na realidade foi creada como créditos nun largometraxe de Edwards, pero a creación tivo éxito e pasou a se-la protagonista dos seus propios films, pochéndolle a música o mesmo Henry Mancini; é dicir, foi concibido, ó primeiro, como un personaxe de recheo.

               O papel que interpreta o Director Xeral de Política lingüística tamén foi concibido como un recheo, e en todo caso, como un recadeiro, interprete dun papel, no que o director de escena é Feijoo, pero o que pon a música, na que se moven os personaxes, está oculto entre bambalinas; esa sería a mensaxe subliminal

ENQUISA

ENQUISA

 

 

      Da enquisa do galego sorprendeume a cantidade xente que opinou que era partidario do ensino en inglés, eu non a plantexei como un refrendo ó martelazo de Feijoo,; o  sentido da pregunta era que se prescindira do galego e do castelán, e o ensino fora en inglés; foi a terceira opción mais votada.

       Á Pregunta, pra min preferida, de que Feijoo, solo usa o inglés como engado pra minimiza-lo galego foi a que gañou. Penso que Feijoo é moi retorcido e intenta arrrima-la brasa a súa sardiña e utiliza o inglés como arma pra atacalo galego, é unha estratexia.

          Moitos optaron pola opción de que nin os profesores, nin os alumnos están en condicións de cos enfronten a                                    este caprichoso Decreto, sen contar cunha infraestructura e co correspondente orzamento, o que  nos remite ó apartado anterior.

           Na opinión dalgún blogueiro, Feijoo debérase preocupar mais polo paro e outros problemas da sociedade e non crear problemas onde  non s hai. Outros blogueiros din que as súas actuacións son as propias dun acomplexado. Ten tamén razón o que opina que si ós rapaces lles costa superar o estudio dunha asignatura nunha  lingua que coñecen, superala en inglés vai ser o máximo; cando di que o Conselleiro de Educación é un dos peores e o que mais conflictos xerou, tamén acerta, aínda que sollo en parte; se fixéramos unha  avaliación dos Conselleiros, incluído o presidente, custaríanos saber cál é o mais inútil. O que pon o exemplo de Israel, que dunha lingua morta fixeron o idioma dun estado, debe saber que o galego non o apoia un estado, e está acosado e perseguido polo goberno da Xunta, que era o que debera protexer. Os pais dos alumnos están moi esperanzados co Decreto de Feijoo, pensan que os seus retoños van a converterse e astronautas co inglés; levará un baño de realidade cando vexan os resultados.

       Feijoo fixo moitas promesas, enganou á xente, non cumprirá mais que o obxectivo pro que o menstruo foi upado, aniquilar o galego.

O DECRETO DA IMNOMINIA

O DECRETO DA IMNOMINIA

 

     Coido que nada concitou tanta unanimidade como o, xa famoso, proxecto lingüístico de Feijoo; si facemos excepción da estrema dereita, logrou uni-las mais diversas opinións en  contra do enxendro. Todas teñen valor, pero algunhas, ademais, a un gobernante prudente  levaríano a meditar e sopesa-la súa acción.

      Vin moi prudente e contundente o informe da RAG, pero non todo o mundo  pensa o mesmo; os incondicionales desacreditan o informe, pero van mais aló, califican a propia Institución  con adxectivos despectivos  din que está fora da realidade; eles si que están fora da realidade.

        A opinión dun grupo numeroso e variado de xuristas, o mesmo que a titular da cátedra de Dereito Administrativo da USC,ven indicios claros de ilegalidade, e si nos atemos os seus informes e moi difícil que o martelazo vaia adiante, pero o efecto perverso é moi difícil de evitar e vai a bater, de pleno, na liña de flotación da convivencia; dese xeito, o martelazo logra o seu obxectivo, que é sementa-la crispación e dividir a sociedade; a estratexia no é nova, xa a teñen experimentada e o resultado pode ser imprevisible

         Feijoo di que está en contra do seu Decreto solo os nacionalistas, pode ser; eu non pensei que tantos había, grupos de xuristas, profesores de  universidade, mestres, sindicatos, cregos, Institucións Académicas, Universidades, e un largo etc.

       A manifestación última, malia ser en día laborable, reuniu moita xente; a folga no ensino foi moi  seguida; todo por coacción, segundo Feijoo. O único certo e que o PP estase a enredar nun lío, no que nunca se debeu meter; xente do PP recoñece a perda de enerxía e popularidade, a fenda social e moitos mais males que poden  vir. É urxente que alguén poña  sentido nesta lea.

A TUTELA

A TUTELA

 

 

           Cando se fala das eleccións pra dirección do PP Ourensán, nin a distancia  física, sentimental ou causa allea, sacan de min o interés polo tema.

              Non me diredes que a situación non é intrigante e chunga; o tutelador tutelado. O alcalde de Verín, home de Feijoo en Ourense, co permiso de Mirinda, solicítalle o seu primo de Zumosol unha intervención oficial e directa; ou sease: nin por un lado, nin polo outro, teñen  asa cousas claras. Baltar antes tutelador é declarado incapaz e tutelado por Rueda, e dicir Feijoo, e dicir, o lado escuro.

                Ademais de decidirse o futuro de Feijoo, non do PP, está claro que todos estamos involucrados nesta loita de  caciques e o que pense que non lle afecta é que nada ten que ver co pais.

                Jiménez Moran  é coma unha cometa que se mece no vento, o seu señor é o que teña mais poder, e se antes foi Baltar, agora é Feijoo.

                 Por un e por outro bando empréganse medios públicos, Rueda, qué o que leva a campaña, no nome de Feijoo, non solamente usa os medios do presente,  tamén fai promesas de           futuro, e eso son, pra algúns, argumentos difíciles de resistir.

                 Fáiseme chocante a apelación a limpeza e a democracia, supoño que non é o  signficado que ordinariamente se lle da a estes conceptos.

                   Rueda falou de que intervirán no congreso de Ourense pra garanti-la liberdade. Cando un personaxe así fala de liberdade dáme medo; usa a mesma linguaxe de Feijoo,: mais ben, quererá dicir, protexe-los intereses de  Feijoo; así que será xogo limpo.

                   Moran, o candidato de Feijoo, arroupado por Mirinda e Rueda, ten avais duplicados, que terían que anular; non sei do método que usou pra obtelos, pero as cousas xa empezan cunha negra sospeita; de aí que pedira axuda os seus mentores.

                    Da independencia e da limpeza encárgase Rueda, que é o mesmo que encargarlle a vixilancia das galiñas ó raposo: O trío: Rodríguez Mirinda, J.Moran e Rueda andan soltos; todos de cu contra as paredes e que sexa o que Deus queira.

EMPRESAS PRO ENCHUFE

EMPRESAS PRO ENCHUFE

 

 

 

                A  cidade da cultura, da que se leva construído pouco mais da metade, xa se ten  gastado mais de seis veces o orzamento inicial. A rendibilidade cultural do proxecto, á vista do descomunal costo, é incerta; pero o PP ten o destino axeitado, pra tal colosal disparate; vai converte-la Cidade da Cultura nunha empresa de contratación pra persoas afíns e empresas do entorno, o cal nestes tempos de crise ten un notable rendemento electoral.

                A compañía da Radio-televisión é outro furado de enchufes, e que enchufes; algúns contratos foron considerados, pola Inspección de Traballo como un fraude de lei.

                A Administración local non pasa polo seu mellor momento, tanto no económico como na imaxe; ó PP chégalle solo co Presidente da Deputación de Pontevedra pra poñer á Administración local na dúbida da súa razón de ser, refírome en especial ás Deputacións, pero sen esquece-los Concellos inviables e custosos; de tal xeito que non sabemos se son fábricas de enchufes, niños  de conspiracións, ou Entidades pra prestación de servicios.

                Quere converte-lo Consorcio en empresas privadas pra que os alcaldes contraten  o persoal a dedo.

                Pero si falamos de Cerceda, quedámonos perplexos e non comprendemos como este pais aínda funcion e  segue a resistir o goberno de Feijoo.

SOLO CANDO CONVEN

SOLO CANDO CONVEN

          

              Xa e vella a retrónica do PP de que debe goberna-la lista mais votada,   agás cando lle  beneficia.

               No Porriño viña gobernando a lista mais votada, pero o Presidente  da Deputación de Pontevedra, a igual que noutros     concellos da provincia organizou unha moción de censura pra que o PP se fixera cargo da alcaldía; por un lado, non foi unha tarefa doada; a oposición estaba atomizada en varios grupos amarelos e negociar con todos, dándolles un anaco do pastel supoñía revalidar a fragmentación política. Os grupos políticos que hai no concello, os que  están fora da disciplina dos partidos, foron creados pra ocasión e a  súa única ideoloxía e coller o que poidan; así as cousas, solo   era cuestión de tempo  chegar  a un acordo de reparto, contentalos a todos.

          Certo que a meirande parte dos políticos, do partido que sexa, móveos o seu intres persoal, pero cando se constitúen grupos con  ese único fin, o intres  xeral xa non é nin sequera crible, e unicamente hai lugar pro eu.

           As mocións  de censura deben  existir, pero ponderadas a un fin constructivo e   sempre xustificadas. O de xustificadas é o argumento mais manido das mocións, xa que o que pra uns é xustificado, pra outros  no deixa de ser unha operación de asalto ó poder. Xustificadas debía ser, en lóxica, cando se fai imposible gobernar, cando no funciona o goberno; pero ese concepto tan usado por algúns populares de parálise de goberno, que pra eles é algo peor que camiñar pra tras, de tal xeito que o de quieto ou en movemento non pasan de ser conceptos relativos, e calquera moción de censura non é mais complexa que un alixo de tabaco.

              Teño fe, porque necesito créelo, que a Deputación de Pontevedra vai cambiar de color político nas vindeiras eleccións, e que a paz volva ós concellos pra que poidan adicarse o seu.

MAIS ALO DA FACHADA

MAIS ALO DA FACHADA

 

 

 

            Colguei unha nova enquisa; gustaríame saber a túa opinión.

         Os agudos comentarios que os blogueiros fixeron este martes, obriga a que adiquemos un artigo xeral sobre os temas tratados.

          1.-A postura do alcalde de Vigo, respecto das  caixas, hai que vela como a pugna pueblerina entre A Coruña e Vigo, e que lle  reportou xa un incremento da súa popularidade, e os alcaldes gústanlles estas polémicas, aínda que no fondo non pretenden que o sangue non chegue ó río. LA VOZ DE GALICIA propiciou a polémica coa súa postura ca campaña en  favor de Caixa Galicia e da Coruña; logo todo foi rodando e medrando como unha bola  de neve.

          2.- A concentración das caixas e a evolución, achegándose  á Banca, é intres da patronal bancaria; o da solvencia é un engado; como di un blogueiro é unha expropiación sen indemnización.

             3.-Pachi Vázquez foi mais astuto que o BNG; non se prestou a entregarlle as caixas a Feijoo, malia que dende Madrid non  compartían a súa postura. Eu non dubido da boa fe do BNG, pero da mostras da súa inocencia si cree que Feijoo quere propiciar a formación dun grupo financeiro galego. Feijoo quería que Caixa Galicia absorbera a Caixa Nova, pra que lle fora mais doada a operación a Caja Madrid. Rato xa enseñou a pezuña e coa nova lei, Feijoo vaille dar en bandexa as caixas a Rato, por elo Caixa Nova non quere caer nos seus brazos e busca outros aires.

        O resultado da empresa de auditoría, avaliando o resultado dunha posible fusión das caixas non é un artigo de fe, normalmente os resultados da auditoría coinciden coa opinión de que os encargou, polo que o seu valor é moi relativo.

       Por último, o liderazgo de Pachi pode non ser mais que unha aparencia e todos se están dando patadas por debaixo da mesa, pero esa aparencia vende.

        No PP conviven un abano de correntes ideolóxicas, que van  dende unha dereita civilizada a unha extrema dereita cavernícola; e dende un tépedo galeguismo a un odio irracional a todo o galego. O goberno actual da Xunta pódese situar á dereita da extrema dereita e con férreo liderazgo e antigaga, o que puidera ser bo, pero o seu  extremismo e intransixencia, a súa teima en destruír todo signo de identidade, o seo desapego do pais, non é compartido pola totalidade do PP, e fai delo a súa principal debilidade.

    O BNG  coa súa condición asemblearia fai que pareza un galiñeiro, pero hai que recoñecer que é o que mais se asemella a unha democracia, pero a falla de un lider carismático pódelle pasar factura.

O CAMIÑAR DO CANGREXO

O CAMIÑAR DO CANGREXO

 

             O informe, dictado pola RAG, acordado pola unanimidade de todos os seus membros, evidencia, unha vez mais, a soedade do líder na defensa do seu proxecto xenocida, o seu martelazo, co que pretende esmagarnos; pero resistiremos. Si resistimos a longa noite do franquismo, tamén imos resistir este Atila moderno.

              Sempre dixo, era outra das súas cantinelas, que o   tempo do bipartito era un  tempo perdido, agora o comprendo, e dou fe delo, o goberno do bipartito pra Feijoo foi un tempo perdido, porque el nese tempo xa tería andado moito camiño, o malo é que Feijoo camiña como os cangrexos.

                 O retroceso da política de Feijoo non se circunscribe ó idioma. Tódolos avances que logrou o bipartito en desenrolo científico, especialmente en I mais D, en Cultura, cos incentivos á traducción e a creación, música, cine teatro, arqueoloxía, etc; en Agricultura (recordemos o banco de terras e a limpeza de matorrais), o impulso o sector leiteiro; en Educación, con apoio ó ensino público, medios pros centros e pros alumnos; en Sanidade, co incorporación o sistema público de novos centros, en Asistencia Social, coa construcción de novas residencias e centros de día, o xantar na casa, a asistencia progresiva ós dependentes, a Vivenda, establecendo baremos de calidade e facilitando o acceso á propiedade e o aluguer, en Ordenación do Territorio que  sae planificou e executaron obras de infraestructura pra vertebra-lo pais, salva-la costa; en Pesca que se pretendía que fora rendible, pero sen espoliacións, que fora unha erdade pras xeracións vindeiras, que os que traballaban na mar tiveran medios de socorro, pra cando o precisasen, que os cultivos mariños se fixeran respetando a vida que conflúe na costa, o medio ambiente, e  os intereses xerais, e non o  das multinacionais do sector.

             Feijoo avanzou,   case nos leva a Idade Media.

POUCO DUROU A AUSTERIDADE

POUCO DUROU A AUSTERIDADE

 

      A austeridade foi como unha néboa que envolveu a campaña electoral de Feijoo, pra disiparse en canto amarraron o poder. Comezaron co engado de reduci-la administración xuntando nunha superconsellería as competencias, que pra eles non eran importantes: a vivenda non é pra eles unha prioridade; son  da clase económica poderosa e non precisan unha orientación do mercado, eles queren unha especulación dura, pra que os mais ricos se fagan mais ricos; os que non poden pagar uha vivenda que sigan vivindo na casa de seus pais, ou baixo unha ponte.A     especulación do territorio non lles permitía enchelos petos como eles querían, así que derrogaron a lei e fixeron unha a súa medida.

      A simplificación administrativa, que non foi tal, coroárona coa creación das Superdelegacións, concibidas como un instrumento político pra controla-la Administración Periférica dende San Caetano, sobretodo ante a eventualidade de que perderan o control das Deputacións.

       Emprendérona co parque móbil, cos coches que curiosamente mercara o goberno Fraga. Dise que foi unha vinganza ó concesionario; o conselleiro Rueda,  levou os periodístas pra que fixeran unha reportaxe fotográfica do luxo de San Caetano e o do seu Parque Móbil. Os coches íanos sacar á poxa; solo lograron malvender tres, que trocaron por outras tantas furgonetas, que non serven pra nada. A sala de xuntas, que renegaron dela, e que eu pensei que a ían destinar pra reunións das asociacións veciñais, xa tomaron posesión dela.

        A miña intriga quedou resolta; non sabía en que se ía a move-los altos cargos; sería lóxico que fora en burro, dese xeito recuperábase a especie, o problema era distinguir quén era o xinete.

         Fai tempo que se detectou que varias sociedades da Xunta mercaban coches de alta gama; a cousa estourou  cando se  soubo que os coches, en realidade, eran pra Conselleiros e outros grospanza do goberno.

          O coche adquirido pola Conselleira de Pesca é o que levanta mais polémica; pois mentres suprimiu a adquisición dun helicóptero, alegando austeridade, ela mércase un coche novo, prea pasearse, e non lle valían os Audis do parque móbil, porque quería poñe-lo cu no plástico.

           Non se sabe cantos mais coches se mercaron por este procedemento, intentando oculta-lo despilfarro, mentras o honesto Rueda organizaba o circo mediático pra amosa-los Audis barados, a maioría mercados   cando Feijoo era Vicepresidente.

           A austeridade do goberno bonsai quedaba ó descuberto. Xa que os pillaron nas patacas, non hai razóns pro encubrimento e van mercar a friolera de 70 coches de gama alta  pro parque móbil.  Como diría Moreno: toooma austeridade.

 

UNHA AREA NO ZAPATO

UNHA AREA NO ZAPATO

 

 

                Feijoo ten unha area nun zapato, non é precisamente Zapatero, chámase Pachi Vázquez: non se deixa seducir polo canto do urogallo e a Feijoo úrxelle atopar con quen aparearse e non aparecer como o político extremista que é.

                 Visto que  Pachi Vázquez sigue o seu rumbo e non cae nos  seus seductores brazos, optou por atacalo, votándolle a  culpa de alentalos enfrontamentos lingüísticos e tachándoo de radical e partidario de impoñe-lo galego.

               Hai que ter cara, e a mais, moi dura, pra achacarlle a outro a incitación a creación do conflicto lingüístico que el mesmo xerou,  e chamarlle radical, sendo el un radical, ó que solo apoia a extrema dereita.

               Láiase de que non reciba propostas positivas, de que os outros carecen de proxecto lingüístico; certamente, despois de rachar un consenso unánime, oírlle esto é irritante.

               Pachi di que Feijoo non usou un decreto, usou un martelo co  que pretende esmaga-lo galego.

               O mais prometedor, según Pachi, é que neste ano vaise destapar o caso Gürtel  en Galicia. Eu penso que o PPg, de por seu, xa é un caso especial, eles fan da corrupción un arte, e nesta ano  no vindeiro vanse a destapar apaixonantes casos, como pra que a Telegaita faga unha novela.

               Hoxe pásovos o  testigo, non escribo mais, algunhos fascistas póñenme dos nervios.

NON SE REPARA EN ARGUMENTOS

NON  SE  REPARA EN ARGUMENTOS

 

 

 

                  O acoso ó galego é unha estratexia de partido, polo menos da parte gobernante, segundo os estrategos, a aprendizaxe en inglés incrementará as posibilidades de emprego nun 40%. Eu penso que se quedaron curtos, se tódolos galegos emigraran a países anglófonos as posibilidades de emprego poderíanse incrementar nun 100%. Se esta é a única idea que se lle ocorre a Feijoo pra combate-lo paro, non me estraña a nulidade da súa política de emprego.

                  Un bo ensino sempre oi unha base esencial pro éxito no traballo, pero de aí a afirmar que co inglés teremos as portas do emprego abertas, é un simplismo ofensivo, propio un inepto.

                  Se de verdade ó Sr, Feijoo lle interesara a calidade do ensino, empezaría polo ensino da formación profesional, preparando á xente pra saber do oficio; o inglés sería moi secundario; se  de verdade lle interesara intentaría formar un profesorado punteiro, coidaría o ensino público, no que el non estudio, por certo; elevaría a calidade do ensino medio, e orientaría o ensino universitario ás necesidades do mercado, non como fábrica de parados; pero si solo fora verdade algo do que di, non intentaría meter nunha inmersión lingüística ó alumnado, sería gradual e con medios. Quere disfrazar a calidade do ensino coa introducción, non do ensino dunha lingua estranxeira, senón en lingua estranxeira pra contenta-la ala mais extremista, da extrema dereita, atacando a toda a cultura galega, á que identifica, intentando desprestixiala, co nacionalismo 

PROCESO A UN PRESIDENTE

PROCESO A UN PRESIDENTE

 

            Non  é moi común que o Presidente dun pais sexa xulgado por traizón, e que tamén se lle atribuía outros cargos penais, témolo que ver como excepcionalidade, pero é un caso factible, incluso necesario cando  un político transgride as normas básicas de conivencia, prescinde das regras democráticas que marcan       tanto Constitución, coma Estatutos de Autonomía e demais  normas de dereito común.

              De entrada, xurde unha  dúbida, debe ser xulgado el solo, ou a responsabilidade política e criminal tamén abrangue a todo o    gabinete e altos  cargos.

                A responsabilidade política solo lle alcanza O Presidente. A responsabilidade criminal, pode ser  do gabinete, ou individual, de  cada cargo, segundo o caso; por eso débese diferenciar entre a acción política do goberno, que é de responsabilidade exclusiva do Presidente e que unicamente pode ser suscitada e resolta no Parlamento, e a responsabilidade penal, esixible polos Tribunas de Xustiza ó gabinete ou a calquera  dos seus membros por ilícitos penais que cometan no exercicio dos seus cargos.

                Vistas así as cousas, todo parece sinxelo. ¿qué ocorre cando  xurde un delito contra a Facenda Pública?. Eu teño a miñas dúbidas de si é un delito común cometido ó amparo do cargo, ou se é un delito político. A dúbida sobre o seu encadre, non pode levar a unha impunidade e deixar que se   saquee o Tesouro, pra pagar caprichos, favores, ou mercar voluntades; pola contra hai supostos delictivos, como é crear  enfrontamentos sociais, que son claramente políticos.

                O xenocidio transcende as fronteiras e debe ser o Tribunal Internacional o competente.

                Hai motivos pra que as Institucións dea un paso ó fronte e soliciten a incapacitación do Presidente; que o Parlamento desperte do seu letargo e se poña a traballar.

       

UNHA CUNCA DE RIBEIRO

UNHA CUNCA   DE RIBEIRO

 

          Un vello político, cacique tal vez, recordaba con nostalxia, como se arranxaba o pais, como se decidía o voto ó rededor dunha cunca  de ribeiro; eran tempos da UCD. As polémicas eleccións do PP en Ourense son como se alguén lle dera a moviola do tempo pra tras.

            Aínda que solo son unhas eleccións internas do PP, e a nade, fora dos militantes do PP debera importarlles, aféctannos a  tódolos galegos, ó presentarse dúas versións do PP, que teñen unha visión de Galicia moi distinta. Por un lado a do Baltar de sempre, barón de Ourense, que controlou a provincia cun clientelismo durante os derradeiros anos. Por outra a de Feijoo, señor de unha Galicia feudal, cacique maior do  reino, de moralidade distraida. Nin un, nin outro queren unha Galicia moderna; e eso, é a súa práctica política de supervivencia; son rexímenes que precisan un pobo pobre, escravo e servil.

             A precaria maioría parlamentaria de Feijoo e a súa visión patrimonial dunha feudal Galicia, xógase en Ourense. Amagou cunha imparcialidade que non colaba nin no 28 de decembro; as cartas xogadas polo Superdelegado da Xunta en Ourense e o predilecto campión do señor Feijoo, tamén campión en xogadas sucias e que cambia de señor coa mesma facilidade que outros de chaqueta.

               Xa entran na liorta personaxes alleos a Ourense, o que da a medida da importancia do que alí se coce; incluso A VOZ DE GALICIA, que  pasou de ser un medio que gardaba as formas da noticia e unha aparente independencia, a suciarse cunha noticia dunha compromisaria de Baltar no feudo de Rodríguez Mirinda, o portavoz  do PP. Pois ben, a compromisaria en cuestión é parente da alcaldesa do axuntamento, que goberna o BN; o  que A VOZ DE GALICIA lle parece moi noticiable, pero non di que Rodríguez  Mirinda, político que manexou o concello durante moitos anos, se algo fixo, foi axudar a sumir o concello no mais absoluto abandono; o descrédito da política, propiciou que o BNG se fixera co goberno do concello, e o sr. Rodríguez Mirinda emigrou pra ser portavoz de Feijoo; aínda que se esquece do cidadáns do seu  concello de orixe , segue fel ó  Ribeiro; non así A Limia na que están paradas infraestructuras esenciais polos caciques, e non precisamente polos Baltares, porque as fixo o bipartito. Con Feijoo Ourense, e Galicia enteira, vaise enterar do que é o caciquismo.

ALEVOSIA, TEIMOSIA E OS ANANOS

ALEVOSIA, TEIMOSIA  E OS ANANOS

         Os comentarios ós artitos son mui bos, cada vez son mais visitados; fan mais interesante o blog.

         Co obxectivo claro de minimiza-la oposición ó Decreto feixoniano de ataque directo ó galego, no remate de ano presentase o enxendro que ideou Feijoo pra dar cumprimento o seu proxecto xenocida de aniquilamento da cultura galega. A Feijoo non lle saíron as contas, pensou que sacando o enxendro no Nadal, cara o fin de ano, a oposición ía a ser mínima; tampouco ten éxito as súas comparecencias en medios afíns, cantando a excelencia do proxecto, nin as socorridas e profusas campaña mediáticas a prol do proxecto; pola contra, en San Caetano medra  a preocupación polo impacto que o proxecto está a xenerar nas filas do  grupo Popular e o disentimento aberto de certos persoeiros, que teñen mais eco do que Feijoo desexaría.

          Os escolares teñen que ter unha mellor base de inglés; hai que formar mellor ós profesionais pra que o fracaso escolar, pra que fagan mis comprensible e asequible as asignaturas ós alumnos. A implantación de asignaturas en inglés é un despropósito que vai traer graves consecuencias, tanto pra comunidade educativa como pra sociedade.

             Galicia xa non é o pais dos mil ríos, nin o  pais dun millón de vacas; gracias a Feijoo, os ríos son  invadidos por  minicentrais dos seus amigos, e os labregos teñen que vende-las vacas porque Feijoo aposta polo leite importado. Onde realmente se luce Feijoo é na educación: haberá tantos modelos educativos como colexios de ensino, non solo  de primaria, senón do ensino enteiro; Feijoo renuncia á potestade de fixar un modelo educativo xeral e trasládalles ós pais o exercicio das competencias que a Lei lle encomenda. Gracias a Feijoo e o se goberno bonsai, o fracaso escolar medrará, aínda que non vai medrar por igual, a Galicia rural vaise a diferenciar da Galicia urbana, na que haberá colexios privados financiados co diñeiro de todos; esto non é unha casualidade, é un plan concibido pola extrema dereita e executado por Feijoo. Un político galego, do interior, dixo que si os pobres estudiaban, quén ía a traballar; velaí tedes a resposta. As vosas opinións, ademais de contar, gustaríame coñecelas, porque aínda que a Feijoo non lle guste, a opinión eiqui é libre.

        Na  mascarada, os ananos bailan a danza da imnominia e califican como radicais ós que defenden a cultura galega; eses que non fai moito axitaban e predicaban as bondades do decreto do bipartito pra agora mudar de chaqueta e ser un inimigo declarado; é esta errátrica traxectoria a que amosa o seu verdadeiro ser