Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

MALA EDUCACIÓN

MALA EDUCACIÓN

 

 

   Á mala educación si lle sumamos a prepotencia e os malos  modos, temos o prototipo de  Parlamentario chulesco. O Sr. De  Guindos ten arrecendos de tecnócrata soberbio, que no admite mais razóns que a súa. Nese teatro, no que se representaba unha interpelación, representase unha democracia e hai que segui-las regras; aínda  que non se sexa demócrata e se teña madeira de especulador amoral

NA BOA DIRECCIÓN

NA BOA DIRECCIÓN

 

A patronal valora a reforma laboral valora a reforma da lexislacón laboral como unha iniciativa que vai na boa dirección. Iso solo significa que queren volver ós albores da Idade Media. Votan en falta que o Goberno lles de un látego e bula pra usalo. As baixas laborais quedan prohibidas, e os traballadores seguiran producindo de mortos como criadeiros de vermes. Non se pode negar que moitos traballadores abusaban das baixas; pero o remedio non é matalos, senón persegui-lo fraude.

PARADÓXICO

PARADÓXICO

 

   Montoro di que é paradóxico que as Axencias de cailificación de riscos baixen a calificación a débeda española, despois da tremenda reforma laboral que fixo o PP. Á marxe de que nin coas gafas ve nada, semella que as cousas se ven distintas dende o goberno que dende a oposición. Dicían que coa simple chegada do PP ó poder se ía a establece-la confianza e que este pais nadaría na abundancia.  A realidade desmíntelles. Si non se incentiva o consumo, si se precariza o emprego, se mina a confianza no futuro laboral i económico, estamos sementando a inquedanza pros mercados,  porque lles entra a dúbida de que coa desconfianza, a falta de seguridade laboral, a xente deixara de consumir. Haberá un arrefriamento da economía e dificultade en pagar a débeda. Haberá quen pense que o mercado da débeda, con baixada dos tipos de intres, é unha mostra de confianza dos mercados en Rajoy. O BCE está inundando o mercado de euros. A  esta financiación non poden acudi-los países, senón as entidades financeiras, que lles prestan o un e merca o tres; creándose unha paradoxa, a paradoxa de Merquel. O beneficio pros capitais especulativos. Pero a paradoxa mais inexplicable é  que os currantes lles voten a este PP. Todos sufriremos o resultado desta paradoxa, non podemos dicir !que lles aprobeite!. Nosoutros tamén sufriremos as consecuencias.

 

EQUILIBRADO

EQUILIBRADO

 

 

   Pra comprendelo linguaxe do goberno vaise editar un novo dicionario que recolla a terminoloxía do goberno actual. A Ministra do paro di que a reforma do mercado laboral é equilibrada. Non sei o que significa “equilibrada”; antes significaba certa equidistancia das posturas opostas. Agora no dicionario de sor Fátima significa poder absoluto do capital. O obxectivo, di, é crear emprego. Pois parece que colleu o camiño equivocado; porque o emprego crease  con reactivación económica, que é o que pretende facer Obama co investimento de 800.000 millóns de dólares en obras públicas. Dentro dun ano o paro dispararase, pola sinxela razón que nade poderá consumir. Fátima entenderá moito de catecismo; de economía nada.

EQUILIBRADA

 

   Pra comprendelo linguaxe do goberno vaise editar un novo dicionario que recolla a terminoloxía do goberno actual. A Ministra do paro di que a reforma do mercado laboral é equilibrada. Non sei o que significa “equilibrada”; antes significaba certa equidistancia das posturas opostas. Agora no dicionario de sor Fátima significa poder absoluto do capital. O obxectivo, di, é crear emprego. Pois parece que colleu o camiño equivocado; porque o emprego crease  con reactivación económica, que é o que pretende facer Obama co investimento de 800.000 millóns de dólares en obras públicas. Dentro dun ano o paro dispararase, pola sinxela razón que nade poderá consumir. Fátima entenderá moito de catecismo; de economía nada.

PODER ESCURO

PODER ESCURO

 

 

 A monarquía de JC naceu do franquismo, logo do 23 o juancarlismo adquire unha lexitimación, intentando vincula-la democracia á monarquía. Non falta quen opina que o golpe do 23f foi unha opereta montada pra lexitimar unha forma de goberno. Non faltan razóns pra pensar así; aparecer como o salvador,que renegado vello réxime e eríxese como garante da democracia. Cambio aparente pra que todo siga igual. Democracia e monarquía foron conceptos que nunca conviviron en España. De aí que se necesitara un golpe de efecto. As dúbidas sobre a convivencia entre democracia e monarquía medran co caso Urdangarín, no momento en que o xuíz que leva o caso está sendo investigado polo CXPX. Un xeito de presiona-los xuíces na linea do que se fai con Garzón.

OS INTOCABLES

OS INTOCABLES

 

        A portavoz do CXdoPX fixo unha agra reprimenda ós que criticaron a sentencia no xuízo do sr. GARZON. O ríspeto, ademais de debelo hai que gañalo, non chega con esixilo incondicionalmente. Hai antecendes que non resisten unha comparación. Citemos o caso do xuíz que deixou libre a un mafioso, o caso de  GIL, en Marbella,  o xuíz que vexaba as mulleres, casos de sentencias con redacción e argumentacións cachondas. Todo resolto con  amonestacións e multas benévolas. En  iternacionais de prensa e en medios xurídicos, a mais de calificar a parte dos xuíces do Supremo de pandilla de fascistas, que  puideron cometer delitos de alumnias,  encubrimento e  prevaricación. Choca  que agora o  PP  reclame  ríspeto ás resolucións xudiciais e ás institucións cando o PP nunca o tivo.  ó sr. Garzón foi condenado antes de ser xulgado; así, a sentencia dedica unha mínima parte da sentenza e trata de xustifica-lo fallo, desentendéndose das probas.   A constitución e demais leis téñenas secuestradas.            

DE CALADO

DE CALADO

 

     Unha reforma  de calado, pra xerar emprego, dixo  a  Vicepresidenta do Goberno, co seu característico movemento de ollos. Un insulto ó que  teña  algunha neorona. O único claro é que se facilita o despido barato. Os traballadores que accedan ó  mercado laboral sustituirán, con peores condicións, ós traballadores despedidos, pero non se crearán novos postos de traballo. Con esta reforma aínda se contraerá mais o consumo e as empresas reduciráselles mais o mercado.  Consecuencia: o paro medrará. Nin incentivos ó consumo, nin reforma de Institucións Territorial, políticas, sindicais, financeiras, ect; tampouco se toca as relacións coa Airexa. Mais  que reforma é un enredo,  un xeito de contentar a unha insaciable patronal. A simple baixada de ingresos, non as perdas,  será suficiente motivo pro despido. Rajoy, o mesmo que  dixo que non subiría os impostos, tamén prometera, en campaña electoral  que non abarataría o despido; unha  vez mais fai o contrario do que prometeu. Non sei si o goberno de España é un goberno feble, se non ten claro un programa, ou se manda os mercados; o que si cada vez está mais claro, tamén en contra do que dixo, é que España é gobernada dende Berlín.

UN DIA TRISTE

UN DIA TRISTE

 

   Pódelle caer a un mais ou menos simpático Garzón; pero Garzón representa unha esencia de valores, que os ben nacidos desexarían. Solo os corruptos, criminais, narcotraficantes e especies afíns, se poden alegrar da condena de Garzón. Hoxe é un día triste pra xustiza, pra España e a humanidade; pero os corruptos, e demais, non conseguiran que esquezamos, que teñamos anceios de xustiza; non conseguiran que os disfrazados, os que lixan a Institución da Xustiza, nos leven ó desánimo e a derrota moral. Afiánzannos na crenza dos valores da xustiza, a liberdade e a democracia, e ningún golpe de estado dunha xustiza, que non cree na democracia e vive anclada no fascismo o vai conseguir. Agárdanos un camiño de sufrimentos, pero lograremolo. É hora da verdadeira transición.

   A sentencia segue unha cronoloxía necesaria, primeiro condenase a Garzón polas escoitas pra logo condenalo por investiga-lo franquismo.  Do contrario tería  unha peor presentación pública. Tamén  deixa a mensaxe pra outros xuíces que se salten o guión  terán problemas: hai cousas que é mellor non investigar e os poderosos son intocables; así haberá dous tipos de valores: as dos  poderosos e as do común.  Ó xuíz  Garzón condénano, pero acada sona e recoñecemento internacional.                

A ULTIMA VICTIMA DO FRANQUISMO

A ULTIMA VICTIMA DO FRANQUISMO

  

    Garzón é, por agora,a última vítima do franquismo, pero témome que non será a derradeira. Pódese admitir que Garzón íalle o papel dea xuíz estrela, e iso despertou moitas envexas dentro da profesión; tamén, o logo da súa carreira pisou moitos callos e con iso gañou moitos inimigos. Ousou tocar temas tabú pro fascismo español; como foi o da investigación dos crimes do franquismo; pero o catalizador de todo, o detonante foi a escoitas da trama Gürtel. As investigacións ós crimes do franquismo ían ter un limitado recorrido, pero moi importante pras familias dos afectados. Non se imputaría a ningún responsable, porque case todos morreron xa, pero os descendentes dos asasinados poderían darlles unha decente sepultura. Os fascistas descendentes dos asasinos do franquismo   viron a investigación dos crimes do franquismo como unha posible ameaza o seu status e, posiblemente o descubrimento do orixe de moitos patrimonios e a súa propia posición na escala da sociedade. Non houbo ningún tipo de depuración coa chegada da democracia, polo que algúns postos públicos son ocupados por dereito divino, aínda que os queiran disfrazar cunha oposición. O PP está moi contrariado co caso Gürtel, que é o maior caso de corrupción dos países democráticos e queren avisar do que lle pasaría a quen intente investigar. O proceso nace con importantes sombras de imparcialidade e lexitimidade. O xuíz Varela e manos limpias, chegan pra estender un escuro e sospeitoso manto sobre  da  limpeza e imparcialidade do proceso. O circo que o fascismo montou en torno  de Garzón vai traer consecuencias pros señores da Toga. Isto termina en Estrasburgo.

 

HOMENAXE A GARZÓN

HOMENAXE A GARZÓN

 

 

    A un insigne persoeiro encargáronlle que dirixira unhas palabras nun homenaxe a GARZÓN. Desta homenaxe salientaría os seguintes párrafos:

Estou aquí coma GALEGO para manifestar a nosa solidariedade e sobre todo o noso AGRADECEMENTO O XUIZ Baltasar Garzón por ter trocado nosas conciencias.O longo dos seus trinta anos de carreira xudicial foi un pioneiro en encetar loitas que outros moitos consideraban perigosas ou o que pode ser peor politicamente incorrectas.

Loita contra o contrabando

O Terrorismo,.

A corrupción.

Os crimes do franquismo.

.../...

“a transición española baseouse mais no esquecemento que na verdade”

.../...

         Fai moitos anos impresionoume  unha máxima que lin pendurada da parede da casa dun afamado letrado pontevedrés

                   “Defende co teu título de avogado o Dereito

                   Mais se algunha vez se contrapoñen o

                   Dereito e a Xustiza, defende a Xustiza”

         Eu teño a convicción de que Don Baltasar andaba a procura da verdade e en degoro da Xustiza.

.../ ...

como dixo Cabanillas 

“Amou un imposible / Amou a luz dunha lonxana estrela./ E non perdoa o mundo/ Os que mirando o ceo.Del se arredan

DIGNIDADE PISOTEADA

DIGNIDADE PISOTEADA

    O xuízo a Garzón é a evidencia de que Franco vive, ó menos o seu espírito, pois a xustiza está impregnada polo espírito franquista e joseantoniano. Algunhos dos maxistrados teñen participado en actos de exaltación do vello réxime, xunto a Jiménez de los Santos, entre outros, con Pena Moa; así como significándose como a ultradereita mais dura. Dos catorce maxistrados que participan nos xuízos, solo un, non participou como instrutor dos outros xuízos. Con estes vimbios non se pode facer un cesto presentable. No fondo, persíguese a anulación das probas pra xulgar ós gurtelianos, o demais é secundario.

O MAL DE ESPAÑA

O MAL DE ESPAÑA

                           

    O mal de España, ademais do paro é a desfachatez  con que menten os políticos. Como o mentir é de balde;  e por riba dalles bos resultados, teñen asumido o de mentir. O mais incrible é que os votantes ven natural que mintan. O paro é unha praga; Rajoy prometeu crear un millón de autónomos: se as autonomías e os axuntamentos gobernados polo PP lles pagaran o que deben, moitos autónomos e pequenas empresas non terían que pechar. Cunha destrución de  mais de 9000 empregos diarios en España, durante o mes pasado, na era mariana,nade no seu san xuízo  se cre xa  as promesas de Rajoy, que son igual, calcadas, as promesas de Feijoo. O mellor, como soen dicir todos, non lles entendemos ben, e a culpa é nosa, o mellor o que prometían é que acabarían co traballo. O paro  é como calquera andazo; remitirá cando xa non haxa  traballadores por conta allea;  entón os políticos gabaranse de ter acabado co paro

A MACARENA IMPLICADA

 

     Camps, liberado e declarado non culpable, foi visita-la MACARENA pra agradecerlle o prodixio de que os gurtelianos estean abandonado o cárcere e se xulgue o malvado Garzón. Agora solo falta que a MACARENA interceda pra que o resto da banda tamén sexan absoltos como foi el. A Camps acompañábao Arenas Bocanegra. Non me estrañou a compañía de Arenas, pero si que estea implicada, ou se implique, no asunto á virxen macarena; xa dicía eu que aquí había forzas moi poderosas. Por certo, nesta basílica está enterrado un suposto criminal da guerra civil, Queipo de Llano, do que me da noxo falar. As pezas van encaixando.

ENSÍNANOS O CAMIÑO

ENSÍNANOS O CAMIÑO

 

    Baten un reord. O PP solo leva dous meses no poder e xa ten todo patas arriba; non solo se cargan as liberdades gañadas, senón que poñen un escuro manto sobre a historia pasada, facendo dela un furado escuro. Empezan a sacar da cadea ós que, presuntamente, roubaron a man chea. O xuíz, bo ou malo, que se atreveu a por luz na historia e, os presuntos, ladróns no cárcere está sendo xulgado por estes feitos. Si non queremos que o cheiro da merda  nos impida respirar haberá que irse deste pais. O PP non nos sacará da crise, pero sacará ós corruptos do cárcere

LIBRES E CRITICOS

LIBRES E CRITICOS

 

   O goberno, co aplauso entusiasta dos bispos, suprime a asignatura EDUCACION PRA CIUDADANÍA. Coñecer hábitos democráticos, fomenta-la convivencia, ampliar cultura son adoutrinamentos; a relixión non. É perigoso ensinar á xente a pensar por si mesmo, que sexan libres e críticos. Formemos borregos. Rouco pensa por nos. Manda ovos

NA QUEBRA

NA QUEBRA

 

      Cando  falamos dunha quebra pensamos nas numerosas  ruínas           económicas que se producen tódolos días . Nembargantes, neste caso a ruína será política. O BNG pártese pola metade. E isto non é unha metáfora; desgraciadamente é a constatación dun feito que quedou patente na asemblea de Ameo. A ausencia da falta de vontade dun proxecto nacionalista de unidade quedou patente na presentación de dúas candidaturas opostas, non alternativas.unha e outra deron mostras de querer excluír ó contrario e apartalo  dun proxecto único. A repartición en case un cincuenta por cento pra cada opción, evidencia a existencia de dúas sensibilidades, que teñen concepcións ideolóxicas de difícil convivencia nun proxecto común. A manifestación de pareceres distintos foi sempre típica do BNG, dado o seu carácter asembleario e democrático. Neste caso o  asunto parece serio e  a ruptura moi probable; falta por ver o rumbo que toma cada corrente nas próximas datas, e ver si a UPG deixa parte do seu dogmatismo e da cabida ós demais. A Feijoo tocoulle a lotería sen xogar; porque os socialistas tampouco parecen moi unidos, aínda que sen dubida están moito mellor, a anos luz, do BNG.

CRONÉTRO EN MAN

CRONÉTRO EN MAN

 

   O Conselleiro de Infraestruturas paradas, tamén coñecido polo alcume de “o superconselleiro”, andaba co cronometro na man, pra acosar ó goberno central  co asunto do AVE. Hai que ve-la metamorfose que sofre Hernández. Agora o corredor A Coruña-Vigo, moi necesario adiase a mediados do 2014, data desexada, pero non probable. Os tramos pendentes coa meseta non se sabe aínda pra que data se adían. Os xa rematados ou en construción sustráenselles os orzamentos comprometidos. Algún día pagaran e intentaran aparecer como os salvadores.

 

A DINASTIA

A DINASTIA

 

       Neste pais, os cargos públicos parece que se herda por dinastía; non solo a coroa, tamén as presidencia das deputacións; así parece que o entendesen os Baltar. Durante os anos de poder provincial,  Baltar teceu unha ampla rede clientelas, na que apoiou un poder absoluto sobre a provincia. Feijoo fixou a meta de ser o único patrón.  Non quere patróns intermedios; quere ser o único patrón. O gran cacique. O que ten que  pensa-la xente é cal dos dous; Baltar ou Feijoo é mellor cacique. Unha cousa é  segura: os dous son caciques e usan as mesmas técnicas. Feijoo usa os traballos  e as obriñas, así  como as subvencións  pra asenta-lo seu poder caciquil. Nada mais chegar ó poder fixo unha tortilla coas probas selectivas que estaban en curso pra colocar xente; agora inventou o das Axencias pra seguir colocando xente a dedo; todo no puro estilo Baltar.

SOLO UNHA COICIDENCIA

SOLO UNHA COICIDENCIA

 

 

     Despois da declaración de “non culpable” de Camps, a Rajoy preséntaselle un problema. A cuestión é que facer con Capms. Algunhos peperos xa saíron en tropel a defender a Camps, entre eles o Boca Negra e a Cospedal. Como diría Trillo: manda ovos; que sexa a Cospedal a que fale das infundías  sobre Camps, ela que non reparou en lixar a honra de moita  xente, que nunca tivo reparos en latricar o primeiro que se lle viña a boca, fose ou non certo, sen que nunca amosara o mais mínimo arrepentimento. Os Deputados autonómicos valencianos formaron parte de listas elaboradas por Camps, e xa vai tempo que veñen organizando un pronunciamento. A sentencia sobre Camps non é definitiva, pero a Rajoy xa lle xurdiu un problema. Eu suxírolle que, pra cumprimento dese código  ético que volveu a publicar, nomee unha comisión formada por Costa e Camps pra persegui-la corrupción dentro do partido. O xurado do caso Camps estaba formado, salvo tres, por xurados menores de trinta anos. O dirixente das xuventudes peperas visitou  o  hotel onde  os membros do xurado; podía ser unha coincidencia, pero unha película  americana que vin sobre o xurado, no caso dun xuízo a un membro da mafia, deixoume mal corpo