Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

NOTICIAS DE PRENSA

NOTICIAS DE PRENSA

 

 RECORTES DE PRENSA ,que son vergonzosas noticias:

O PP mantén a Franco como 'Alcalde de Honra de Salamanca
Os socialistas pediron retira-la concesión de honras e distincións durante o Franquismo
Os concelleiros do PP no Concello de Salamanca impediron onte cos seus votos que prosperase a proposta do PSOE para anula-los acordos municipais tomados nas década de 1940 e 1960 nesta casa do concello relativos á concesión de honras e distincións a Franco, entre eles, a designación de Alcalde de Honra aprobada en 1964.
03/agosto/2011. - O alcalde de Poios do Burato (Ávila) do PP esnaquiza unha tumba de vítimas do franquismo.
13/agosto/2011 A alcaldesa de San Sebastián dos Besteiros (Córdoba) négase a inaugurar un monolito ós fusilados polo franquismo...
16/agosto/2011. - O Goberno 'popular 'da Coruña mantén como fillo predilecto a un xeneral franquista José Millán Astray. (o de viva a morte, morte á cultura).
01/setembro/2011. - O alcalde 'popular de Cancil de Santiago recupera unha rúa para José Antonio Primo de Rivera. .
02/setembro/2011. - Méntrida (Toledo), gobernada polo PP, organiza unha Homenaxe á bandeira e ós caídos por Deus e por España.
15-10-2007Mayor Orella: " Por que vou ter que condenar eu o franquismo? " ... " Por que vou ter que condenar eu o franquismo se houbo moitas familias que o viviron con naturalidade e normalidade?... Era unha situación de extraordinaria placidez. "
http://twitter.com/#!/psoesantona/status/148410454216151041/photo/1
Rodeada de bandeiras franquistas e falanxistas, a alcaldesa de Santoña (PP), Milagres Rozadilla, asistiu hoxe a un acto da Falanxe en homenaxe a Carrero Blanco
Barberá rexeita revogar os títulos honoríficos outorgados a Franco ...28 Marzo 2009
Fabra edita un libro que nega o golpe militar do 36.

 

                      ! que pais!

AS 17 DE QUERÉTANO

AS 17 DE QUERÉTANO

 

     Mais que nunca, o acontecemento do achádego da fosa onde estaban os restos das 17 mulleres asasinadas en Querétano (Sevilla), súmase a unha homenaxe a Garzón. É unha noticia alegremente amarga; alegre porque as súas familias poden, ó fin, dar sepultura ós restos daquelas vítimas;  amarga, porque nos trae a vivencia dun desagradable suceso; 17 mulleres asasinadas polo simple feito de ser familia de demócratas. Entre as asasinadas había, ó menos, dúas embarazadas. A xerarquía do clero foi cómplice do asasinato dos nascituros, mais inocentes aínda que súas nais. Os antiabortista, con Rouco a cabeza, van facer unha misa en Madrid, a que asistirá Mariano Rajoy, como no de Fraga. Non caben diferenzas: as vítimas, sempre serán vítimas, e os asasinos, asasinos.

NOVO INTENTO

NOVO INTENTO

 

     Nun novo intento, e coa plena actualidade do enxuizamento do  único xuíz que se atreveu a intentar facer xustiza ás vítimas do franquismo, o BNG  plantexa no Congreso unha iniciativa sobre a  investigación dos crimes do franquismo. Non cabe esperanza de que esta iniciativa teña mais éxito que a que lle precedeu. Si no primeiro intento o Congreso foi incapaz e condena-la sublevación duns  militares perxuros; agora co Congreso lixado de azul,  fai impensable que se obteñan outros  resultados, pero  fai xustiza ó xuíz que agora xulgan, e a mais de douscentos mil desaparecidos, Que ben  merecen unha mínima preocupación.  Non se trata de abrir feridas como din os fascistas; trátase de pechar vellas feridas sobre a verdade, non pechalas en falso, estendendo un manto de  silencio e mentiras sobre a nosa historia. Os fascistas que fixeron desaparecer a mais de duascentas mil persoas, aqueles  valentes que asasinaron a xente indefensa e arruinaron ó pais, foron cobardes pra quitarlle, pola forza, a Inglaterra o peñón, que si o utilizaron pra facer patriotismo populista.  E moita hora de que os que se beneficiaron coa espoliación dos bens das vítimas do franquismo indemnicen ás vítimas.

AFUNDESE

AFUNDESE

 

      O barco da autonomía galega afúndese. Non vai a piques por problemas de suficiencia financeira, senón de mala administración. Sempre, en calquera caso, os recursos financeiros serán escasos, compre, pois, unha xestión eficaz dos mesmos. Nestes intres de dificultades económicas, é mais necesaria que nunca un eficiente    xestión dos recursos. Descoñezo a relación entre bo xestor e dependencia política. Feijoo prometera que ía acabar co paro en tres meses. Cando Galicia, no tempo das promesas de Feijoo, tiña unha taxa de paro do 11%, hoxe despois de tres anos de goberno de Feijoo a taxa rolda o 19%; non é a mais alta de España, pero si é a de maior crecemento do ritmo de  paro.  Feijoo pra manter un coeficiente de endebedamento dentro dos parámetros que sinala o Goberno Central recorre a trucos contables que non entran dentro dos parámetros de fiscalización pro computo do déficit.  Empeza a ser habitual a “colaboración” financeira privada. Pra realización de obras i explotación de servizos, recorre á financiación privada, mediante o pago dun canon anual. Este sistema, o seu abuso, pode comprometer a xestión de futuros gobernos, que se atoparan cun endebedamento, esaxerado e inesperado, ó non estar contabilizado como tal. O Tribunal de Contas xa avisou á Xunta desa posibilidade. Seguiremos.

 

IDE, E PREDICADE

IDE, E PREDICADE

 

 

      O mesmo que Cristo mandou os seus discípulos a predicar ós xentiles a súa mensaxe; Rajoy usando os medios de comunicación, ou calquera tribuna pra predicar  a obriga na que se viu pra subi-los impostos, iso si, sempre entre xente xa convencida; tamén envía a súa infantería pra que prediquen as medidas que tan boas son pro crecemento económico e a creación de emprego. Tódolos entendidos pronostican unha recesión. As subas de impostos, por outra parte necesarias, xenerarán un retraemento do consumo, porque os impostos aplicados son sobre as persoas con pouco poder adquisitivo.  Decide que limparon a caixa, que endebedaron o pais; por iso temos que subi-los impostos; pero non digades que foron as CCAA e os concellos gobernadas polo PP as que orixinaron o furado orzamentario.

CREDIBILIDADE

CREDIBILIDADE

 

  A credibilidade dos políticos españois está  en números vermellos. Non facía falta chegar ó xiro de porca de Rajoy, cargando de impostos a quenes  non son culpables da crise, porque Rajoy xa pouca credibilidade tiña, e agora as axencias de calificación da débeda déronlle a verdadeira e incuestionable valoración do seu goberno, i é  que non se pode confiar en que se esconde; pero os aspirantes  a Secretario Xeral do PSOE, que foron partícipes das políticas de Zapatero, agora renegan del, como fixera Sampedro con Cristo. O PP, na oposición, estaba sempre coa cantinela da baixada de impostos; na campaña electoral dicía que nunca subiría os impostos, que tal medida sería insolidaria e prexudicaría ás clases mais febles. Foi chegar ó poder e fixo todo o contrario do que prometera; iso si, votándolle a culpa ós demais, unha covardía que engade á mentira. Unha lei que obrigue a cumpri-lo  que se promete en campaña, fase necesaria, aínda que  non sería ningunha garantía.  Pra demagoxia a de Montoro que promete un lei penalizando ós que gasten mais do debido. Recorda a película de Berlanga: “todos a la cárcel”. Seguro que vai empezar polos do seu propio partido:  Medio PP á cadea...o Ministro de Xustiza , Castellón, Valencia, Murcia, etc. É un demagogo. Xa está todo lexislado, solo hai que cumpri-la lei

LIBERAL E INTERVENCIONISTA

LIBERAL E INTERVENCIONISTA

 

    Sectores do ensino privado, quéixanse de  que os gobernos dalgunhas CCAA non lles pagan puntualmente os concertos. Isto, ademais de problemas que xera a crise, son distorsións do mercado,  difíciles de conxugar; pois si se predica o liberalismo, cómo se pode ser intervencionista o mesmo tempo. Si houbera un ensino público de calidade non habería que caer na contradición de apoiar con fondos públicos  unha actividade privada. O que queira constituír empresas privadas que se ateña ás regras do mercado. O mesmo os que opten por un ensino privado, son libres de facelo, pero que o paguen

ALGO VAI MAL

ALGO VAI MAL

 

 

  Torquemada poida que faga tempo que morreu, pero a santa inquisición segue aí, coa súa organización e o seu poder. Os correspondentes acreditados, algo inusual, transmitiranlle ó mundo o estado da xustiza española e a plena vixencia da santa inquisición, así como a corrupción, amparada polo poder e polos xuíces. Quixera crer na xustiza, pero a miña fe póñena moi costa arriba. Coa  sola iniciación do proceso, sexa cal sexa o resultado, o mal xa está feito.  Cando se encausa a un xuíz por persegui-la maior trama de corrupción coñecida, e se lle limita a defensa, impedindo que compareza o xuíz que  sostituiu a Garzón e que continou coas escoitas; cando se imputa a un xuíz por intentar reparar un mínimo do dano causado por un golpista fai sesenta anos; algo vai mal no pais.

    Se esas escoitas fosen a terroristas en vez de peperos corruptos, o xuíz que  as autorizou,  non só non lle imputaran nada, senón que lle recoñecerían o feito. Esas garantías constitucionais que invocan ían quedar validadas polo interese xeral. É a ostia esto; utilizan o cárcere para reunirse cos seus avogados e planear como estafar ó estado e branquexa-lo diñeiro. Tómase a sabia decisión (Sabia, xusta e merecida) de escoitar as súas podres conversas, e o poder vai contra ti. A xustiza xa perdeu. Miles de ollos de todo o mundo siguen o proceso, no que se inteta queimar a Garzón e a verdade, un Garzón fusilado polos franquistas, contra da parede esborrallada dunha democracia podrida. É hora de depura-la xustiza, ou temos que admitir que a mafia italiana é un xogo de nenos.

 

VERTEBRACIÓN

VERTEBRACIÓN

                      .         

      España con 17 gobernos, ten xeitos  de gobernar que se contrapoñen, e mesmo se opoñen entre si, e entre os gobernos autonómicos e o Goberno  Central, sen outra motivación que manter unha parcela pra colocar lealdades, e dende alí, socava-lo goberno do Estado  pra alcanza-lo  poder. O café pra todos, demostrou que solo é unha maneira de despilfarro e  desorganización.  A creación artificial de autonomías, lonxe de constituír un elemento  equilibrador da organización do Estado, pon  de   manifesto a súa inutilidade e a súa  nocividade pro conxunto do estado.  Pasado o   experimento  e hora de  poñer un novo rumbo e que solo aquelas CCAA que teñan xustificada a  súa razón de ser continúen como tales; doutra, o establecemento dun estado federal, debidamente vertebrado,  é a única opción.

     O problema é qué solución se lle da a territorios, como Galicia, ocupados por gobernos, que en lugar de gobernar, usan as súas enerxías e medios en aliena-la poboación. A  cuestión galega ten unha difícil solución, especialmente si  temos en conta as xeracións xa perdidas, que ven no propio, por obra do complexo de inferioridade que lle inculcaron, unha eiva do seu. A  cousa xa raia o ridículo cando vemos a unha parella que entre si fala galego, pero que lle fala en castelán a un animal de compañía que teñen. Dentro da propia CCAA os que gobernan a Xunta non planifican as comunicacións, nin as obras públicas co obxecto de vertebra-lo pais, senón atendendo a criterios de puro clientelismo político.  

 

 

DOS DERRADEIROS ESLAVONS

DOS DERRADEIROS ESLAVONS

 

    Non foi o eslavón perdido   entre o home é o mono; pero si foi o último eslavón perdido entre o franquismo e a democracia. Falar de Fraga como un gran demócrata sería facerlle a última burla.  Fraga er un home  que non entendía a vida sen poder. De aí, a súa adaptabilidade á democracia. Si houbera que definilo cunha soa palabra sería “temperamento”. A prolongada permanencia no poder, fixo del un ególatra; quería deixar unha pegada , que lles recordara ás xeracións vindeiras o seu paso polo poder. Franco xa tiña  “o valle de los caidos”.   Os aduladores inventáronlle a Cidade da cultura. Un monstro come cartos,  sen proxecto definido, que o glorificaría na  historia.

O MAGO DAS FINANZAS

O MAGO DAS FINANZAS

 

  Montoro, o que figuraba como o mago das finanzas do PP comparece no  Congreso. El foi a quen elixiron pra comparecer no Congreso, non solo polo seu parecido co  Yoda, senón por ese   vago aspecto de mago  e  porque se mantén serio, cando di que  descoñecía o  déficit. A  falta de Presidente do Goberno,  que si de verdade existe, non se ve por ningures, comparece Montoro. Sometíase a convalidación o RD polo que se adoptaron  a suba de varios impostos. Concorrían dúas cousas que precisaban explicación; o PP prometera non subi-los impostos, contradicindo o seu programa  subiunos; subiron o impostos ás clases medias e baixas. O corte establecéronno en 53.000 euros de salario ó ano. Parece que todos, menos o PP,  sabían que había que subi-los impostos . Incluso as Axencias de Calificación presumían un déficit maior. O PP xa dixera que o déficit ía ser maior. Iles sabíano ben, tiñan datos que o goberno ignoraba; porque as CCAA, gobernadas, na  súa maioría polo PP, mentíanlle ó Goberno. Así as cousas, a culpa  da suba de impostos, facendo recaer o esforzo sobre os mais febles, é do malvado PSOE e do xudaísmo internacional, que senten envexa da católica España de Rouco.                                 

CÁL É MAIS

CÁL É MAIS

 

   Atónitos asistimos a  unha carreira  entre  políticos  pra ver  que partido é mais corrupto. Hai argumentos que todos poden utilizar. Non me parece lóxico que o Partido Socialista de Andalucía non coñecera este caso de corrupción. Os superiores do corruptos son tamén culpables por non denuncialos antes; consentidores, encubridores. O daquela ministra, que accedeu ó cargo á temprana idade de 26 anos., con pouca experiencia e abelencias coñecidas, e menos bagaxe cultural. É algo tarde pra escandalizarse. Non menos me chama a atención os peperos que arman un monumental barullo con este caso, por moi chamativo que sexa; con el queren facer unha extensión a todo o Partido Socialista. Parece que mercaron coca con cartos públicos, tamén que se foron esmorga; pero que miren en Castellón, onde a noiva, ou o que sexa, de Fabra (que ten cinco sumarios pendentes), a nomearon vicepresidenta da Deputación, cun mísero salario de  5.000 eurillos ó mes; e así en tódolos lugares onde goberna o PP, incluída Galiza. Os corruptos, sexan do partido que sexan, teñen que estar no cárcere. Quedarían moitos chupes ceibes.

UNHA AUSTERA REMODELACION

UNHA AUSTERA REMODELACION

 

 

     Alguén pensou  que co gallo dos novos nomeamentos, ós que se vía obrigado a facer Feijoo, se ía aproveita-la ocasión pra facer unha remodelación; nunha situación normal houbera sido o lóxico, pero isto non é unha situación normal. O lóxico houbera sido remove-la conselleira de Traballo, porque o paro, que Feijoo prometera arranxar en 45 días, representa o de mais acelerado crecemento de España e, de seguir así, pronto se situará á cabeza do Estado. O problema pra Feijoo non é baladí. Tódolos conselleiros acumulan méritos pra ser cesados, visto dende o punto de vista da eficacia e da corrupción. Iso visto dende un punto  de vista alleo. Mais, canto da corrupción e da ineficacia non lle é imputable a Feijoo. Feijoo non precisa conselleiros eficaces, precisa conselleiros leais; que si fai falla poñan unha pinza no nariz e sexan capaces de face-los chanchullos que lles ordene Feijoo. Por iso non podería cesar ó conselleiro de Industria, metido no asunto dos muiños de vento, o IGAPE, ect; nin o conselleiro de obras paradas, enfangado co de SOGAMA, concursos de obras, persoal, ect,.  Nomeou pra Sanidade á implicada nas oposicións do SERGAS, construción do hospital de Vigo, etc.. (tería moito que agradecerlle). O que se di un bo curriculum. Un antigaleguista confeso en cultura, bo pro proxecto Feijoo, de borrar toda pegada diferenciadora. E así o  resto.  O mais do mais, segundo Feijoo, querían leva-lo  Conselleiro de Infraestruturas. Posiblemente de encargado da fotocopiadora. Os outros conselleiros que  levaron pro Goberno Central foi pra postos de segunda ou terceira categoría. Non debían ver neles moita  valía.

O AVE GALEGO

O  AVE GALEGO

 

   Os periodistas intentaron que a Ministra Pastor dera un data pra chegada do AVE; non houbo maneira. Solo lles contestou que vai paga-las obras rematadas. Non vai ser doado. O primeiro que fixo o PP e reter tódalas disponinbilidades de crédito. Isto supón que  os créditos afectados a un contrato vanlle a dar outra finalidade, e a obra queda sen pagar. Primeira consecuencia: xenérase un endebedamento encuberto, non computabilizable a efectos de déficit. A empresa acredora queda nunha difícil situación económica. Haberá mais paro, arruinaranse empresas. Que mais da, Todo sexa pra mais gloria do PP. O  importante: ¿Van a continua-las obras do AVE ?. Complicado, algunhas empresas xa levantaron o pe do acelerador e o pesimismo e a norma. Na Xunta pasouse dunha reivindicación constante a un cómplice silencio.

A MESA

 

   As mesas soen ter catro patas; tamén os que debían responder da crise forman unha mesa de catro patas: Airexa, sindicatos, políticos e banca. A airexa é a maior posuidora de patrimonio do pais, en parte grazas a un privilexio hipotecario do ano 1946, que lle permite inscribir bens o seu nome sen necesidade de título, e sen pagar nin un euro de impostos, pero tamén está exenta de pago de impostos por calquera adquisición ou actividade que realice; pra mais participa no imposto do IRPF e  o Estado dálle unha subvención suplementaria que non baixa dos 10.000 millóns de euros ó ano. Os sindicatos, a mais dos liberados, que indirectamente todos pagamos, reciben unha cuantiosa subvención do Estado; por iso os líderes sindicais tragan moitas falcatruadas dos gobernos que prexudican ós traballadores. Os políticos, aínda que os hai honrados, son un neal de privilexios e corrupción. A banca evade impostos e recibe axudas escandalosas do goberno, entre os directivos, moitas veces incompetentes, repártense beneficios, aínda que non existan. Non hai ningún banqueiro no cárcere. De centro de mesa as SICAV, e con elas tódolos grandes patrimonios e especulacións.

 

A BECARIA E O FRAUDE

A BECARIA E O FRAUDE

 

     Dixo a becaria que se ía a inicia un plan de loita contra do fraude fiscal, e que esperaban recadar 8.000 millóns de euros. Tendo en conta que se estima a existencia dun fraude fiscal de entre os 60.000 millóns de euros e os 150.000 millóns de euros, o obxectivo do goberno parece mais ben modesto. Ou ben o plan é de cara a galería, ou se pretende deixar á marxe da investigación as grandes bolsas de fraude, o cal é moi posible. Unha adecuada lexislación, houbera sido mais efectiva que calquera custoso plan de investigación e mais sinxela.  No exercicio pasado facenda recadou mais de 10.000 millóns de euros por este concepto, pero agora o obxectivo é menor e, por riba chámanlle plan ; soa a estrataxema, a querer facernos crer que intentan facer algo novo, que agora hai lei e se vai cumpri-la lei. Como si fóramos monos e hasta agora viviramos na selva. Os Botín parece que ían paga-lo f raude; nesto apareceu de la Vega e as actas volvéronse fume. Agora, mais do mis mo. Investigar ós currantes

OS BOCAZAS

OS BOCAZAS

  

    Pol boca morre o peixe. Os bocazas non saben o que din. Son unha especie sen continencia verbal, bos pra ladrar, pero nada mais, cando se teñen certas responsabilidades hai que saber o que se di. O PP quería buscar unha desculpa pras medidas que tomou e colleron o camiño, xa coñecido, de  botarlle as culpas os demais. Non se privaron de soltar os mais gordos epítetos. Entre eles; Soraya, a ministro do paro, Boca Negra e Arias Cañete revalidaron en dicir animaladas. O resultado: un susto ós mercados; algo que, sen dúbida non pretendían, pero que lograron. O efecto Rajoy non deixa de ser unha traca; a situación económica empeora a prima de risco medra; e Rajoy agochado, mentres os seus ladran. Os palurdos piden o PP caña, sen saber onde nos levará a irresponsabilidade dos bocazas. Hai un dito: “si non podes mellorar o silencio, cala”. Iso debían facer.

FINOU

FINOU

 

 

   Finou un visionario, un emprendedor, un exemplo de un amor á terra herdado dos seus ancestros, un conservador libertario. No ceo brila unha estrela mais, mentres un lume entre nosoutros se apaga. O teu maxisterio permanecerá entre nos. Sempre estarás nos nosos corazóns. Descansa en paz Isaac

MENTIRAS SOBRE O DEFICIT

MENTIRAS SOBRE O DEFICIT

 

    O déficit non é solo o que agora di o PP, moi posible sexa maior. O PP, acostumbrado a mentir, minte hasta cando di a verdade, fanse de novas. resgan as vestiduras e intenta votarlle a culpa da suba de impostos a un déficit superior o declarado polo goberno anterior. O incremento do déficit previsto é producido polo desorde financeiro das CA, a maioría gobernadas polo PP.  Dende maio, data das derradeiras eleccións autonómicas e locais, o déficit destas administracións non deixou de medrar. O PP opúxose a que se acordara unha redución do déficit coas CCAA na pasada lexislatura. Dáme carraxe defende-lo PSOE; pero non soporto esta perda de memoria do PP. Coñecían o déficit mellor que o goberno. Escandalízame os seus xestos; por obscenos.

 

QUÉ DIRIA

QUÉ DIRIA

 

  Qué diría Unamuno da equipa económica do PP ó falar do principio do  principio dos recortes. Non sei realmente o que diría. Si o que  dixo Montoro estando na oposición, contrario á suba de impostos:  “baixando os impostos recádase mais, por iso o PP os vai baixar:”. Faltoulles tempo e sobráronlle desculpas pra cargar contra das clases baixa e media.

    No PP Teñen que estar a partiser o cu da risa, escarallándose de todos eses empregadiños de dereitas (pp+psoe) que ven minguando o seu poder adquisitivo e que seguen votando a quen só e exclusivamente velan polos moi ricos. Diríalles que se fodan, por bobos, pero non o direi porque tamén están a foder os demais pola súaculpa.

    Rajoy e o lado escuro do pder; o yoda, o que sen dúbida se asemella Montoro, si  fora do PP,  diría:

"O apego ás cousas lévanos ós celos" – por eso nos vos  alixeiraremos ós petos

"O apego ós celos conduce, a negra sombra da cobiza é"
Queredes comer tres veces ó día; sodes uns cobizosos


"O crepúsculo chega e a noite debe caer, así é a orde das cousas, a orde da forza,".A noite chegou con nos (o PP), e nos temo-la forza

"O medo é o camiño ó lado escuro"Para que as tentacións non vos perdan, a garda civil e a policía están prestas

"O noso encontro non foi unha coincidencia, nada acontece por accidente. Encontralo foi vontade de Forza". E do teu voto

"O medo lévache á ira, a ira lévache ao odio e esta ó sufrimento...”, Así que deixate dominar, non  te resistas, nacihe para ser dominado

"A guerra non o fai a un mais grandioso". Por eso non hai mais memoria histórica; a historia é a nosa, a dos vencedores

"Difícil a miña misión é, pero imposible non". Recortarein o que faga falta e o que me pete

Ben, calma, si; a través de forza verás cousas outros lugares, o pasado, o futuro, os vellos amigos que se foron... " que vos agardan nas cunetas

"Sempre en movemento está o futuro". O noso.  Vosoutros non tedes futuro

"Moitas verdades que cremos dependen do punto de vista". A do PP é ha que hai. Ela é a verdade

"Non, non o intentes, faino ou non o fagas, pero non o intentes". Date por fodido

"Ten moi presente que o teu efoque determina a túa realidade" . Non penses distinto. Convenche créelo que che digamos.

"Sempre ha de haber dous, nin máis nin menos. Un mestre, e un aprendiz". O mestre son eu, o aprendiz tú. Limita te ó teu papel.