Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

O CONTO DO LOBO

O CONTO DO LOBO

 

       As enquisas, que a veces teñen razón, danlle o triunfo a Rajoy. Un Rajoy deitado sobre un montón de desatinos do goberno, fumando o seu puro, sen mover un dedo, Rajoy vai chegar á Moncloa; non por méritos seus, senón polo deméritos de Zapatero. Os cidadáns, vítimas dos mercados e da incompetencia dos gobernantes, dan por feito que despois do 20 N agárdanos un longo e frío inverno. Poucos teñen mantas pra protexelo ril, o que é o mesmo, millo vello. Dan por seguros os recortes. Non fai falta que Rajoy os pregoe. Funcionarios, pensionistas, Sanidade, Educación, Infraestruturas e Servizos sociais, sentiran a poda da motoserra. As autonomías gobernadas polo PP son, coma as aduriñas, as precursoras, pero non da primavera, senón do inverno e de calamidades. Coas súas políticas antisociais, oriéntanos por onde van os tiros. ¿Son necesarios recortes?; si que o son. O que xa non teñen que ser os mais febles e as políticas sociais os soportes da crise.  Si se estima que os ingresos do estado non se poden reducir, dados os gastos ós que terá que enfrontarse, é todo un xogo de maxia a promesa de Rajoy de reduci-los impostos ás rendas de capital e ós que teñen ingresos mais altos. ¿Quén pagará? Os asalariados mileuristas e o consumo.  Si pensa mante-lo gasto; os cartos dalgún lado terán que saír.

O MUÑIDOR DE VOTOS

O MUÑIDOR DE VOTOS

 

  Como non hai lei que o prohiba , e a moralidade era verde e comeuna un burro, o sr. Feijoo e os seus embaixadores están a facer campaña e colleitar votos na diáspora. Mentres se suprimen os concertos ós concellos pra axuda social, se reducen ás axudas os dependentes e outros colectivos necesitados, reparten axudas sociais na emigración, previa entrega da documentación do voto por correo. Sen dúbida que está ben axudar ós que un día se viron na obriga de deixa-lo pais; pero os que viven aquí teñen tamén necesidades e dereitos, que deben ser atendidos. A única diferenza é que os de aquí son votos seguros,  a emigración van a mercalos. Prácticas comúns no PP e PSOE, por iso sigue esta inmoral práctica.  O custo real da farándula está na maior escuridade e recaerá  sobre as costas dos galegos. Pra aí hai cartos, non os hai pra servizos sociais, ensino ou sanidade. Que Galiza arda, que se esfarele o pais, Feijoo e os seus embaixadores vanse en busca de votos. O de muñidor de votos e mais importante co goberno do pais. O pais arde, o presidente de festas e merendas. Os válidos reparten cheques asistenciais  en Cuba por importe de millón e medio de euros.

GALIZA ESMAGADA

GALIZA ESMAGADA

 

    Parece que non é dabondo que Galiza sufra o  arraso  do Goberno Feijoo. A mesma Europa, coa pasividade de Feijoo e Zapatero,  quere que os galegos non nos quede outro camiño que a emigración, queren facer de nos un pobo que viva na diáspora, un pobo errante. Leite e naval son esenciais pra subsitir. Están empeñados en quitarnos toda esperanza de vivir do noso traballo; precisan, tanto o PSOE como o PP, xente pobre, que agarde percibir unha axudiña pra ir tirando, xente que faga o que lle diga o cacique. En nada se diferencian os caciques do PSOE e do PP. Sen orgullo, sen conciencia, serviles e colonizados intelectualmente, os galegos desintegrámonos.

 

SEMPREA É ÚTIL

SEMPREA É ÚTIL

  

  Dicía un comentarista que lamentaba que o BNG non fora unha forza decisiva en Madrid. Asemade outro comentarista laiábase de que os dirixentes do BNG non tiveran o crisma necesario pra atraer ós electores. Dende logo, o meu ver, distan moito dun carisma como o Beiras. Ós que manexan na sombra o BNG, antepoñen unha ideoloxía ó interese do pais. Calquera corrente ideolóxica que antepoña  a súa concepción da sociedade ó interese de Galiza perde toda lexitimidade. Estas correntes ideolóxicas fanlle un dano moi grande a Galiza. A moitos electores cóstalles interiorizar certas frases. Tal foi o caso da teima co “estatuto de nación”, que espantou a moitos electores,  que non comprendían o significado e a razón do obxectivo, cando no pais había problemas moi reais pra xente e que semellaba non preocupar ós políticos

UNHA PARTIDA DE PÓKER

UNHA PARTIDA DE PÓKER

     Pra min o debate dos dous principais candidatos á Presidencia do Goberno foi un latricar sen propostas; pero non solo as propostas estiveron ausentes, tamén os distintos territorios do pais. O pobo estaba ausente. Rajoy obviou falar de cousas concretas,  pra non meterse en compromisos e perder votos, subido enriba da crise e de cinco millóns de parados, limitouse a poñer cara de póker. Rubalcaba semellaba un polo descabezado, lastrado polo pasado. Unha sola pifia, que non foi tal, de Rajoy, chamándolle Zapatero a Rubalcaba, pra que o público identificara a Rubalcaba con Zapatero, foi un golpe nas partes nobres do aspirante socialista. Quén gañou: eles os dous; quén perdeu, perderon os cidadáns. O debate, que non foi tal, foi unha escena teatral, ríxida cun libreto pactado, sen entrar en programas de goberno; que o moderador solo era o encargado do reloxio.

CUMPRINDO O DEFICIT

CUMPRINDO O DEFICIT

 

   Cumpri-los obxectivo de déficit pode que sexa unha medida necesaria, despois das alegrías irresponsables que houbo. O que xa non me parece lóxico é que os desequilibrios orzamentarios se teñan que corrixir cuns recortes no gasto, que recaen sobre os colectivos mais desfavorecidos. Aínda virán tempos mais duros. Os ingresos non se incrementarán, antes o contrario barrúntase unha mingúa, polo que os recortes aínda serán mais duros.  Semella que o obxectivo de déficit hai que cumprilo; pero serán os pensionistas, os funcionarios mil euristas e os recortes sociais os sacrificados. Nin os políticos, nin os sindicatos, nin o capital pagaran a factura.  

 

CALCULADAMENTE AMBIGUO

CALCULADAMENTE AMBIGUO

  

       O PP, despois das moitos puros que Rajoy fumou na oposición, sen que o fume dos seus cigarros deixara ver o seu programa de goberno; presentou un programa, que non é un programa de goberno, senón un conxunto de intencións ocultas, que Rajoy quere elevar á categoría de programa, pedíndolle ós electores un auto de fe. No programa utilízanse eufemismos; así fálase de medidas liberalizadoras, non de privatizacións; fálase do aforro, referíndose ó capital; as concesións a empresas privadas chámalles colaboracións, etc. Nese nebuloso programa, Rajoy promete unha baixada de impostos, mantemento do gasto social e cumprimento da redución do déficit.  É evidente de que esas promesas son contraditorias, que seía mais doada a cuadratura do círculo que leva-las a cabo. Poren as enquisas danlle uns resultados de vértigo. É comprensible que lle retiren a confianza ó PSOE, porque lles roubou as esperanzas a tódolos que depositaron as súas ilusións nel. Mais apoiar a un PP,  que vai ás eleccións cun programa calculadamente ambiguo, con claras intencións de engano, resulta incomprensiva. Houbera sido lóxico, no caso e Galiza, un trabase de votos do PSOE ó BNG; pero a inexplicable lóxica electoral, semella ter outro discurso.

DE XULGADOS E ÁRIDOS

DE XULGADOS E ÁRIDOS

 

 

  Unha vella maldición galega di: “que teñas preitos e os ganes”. Hoxe, mais que nunca, parece de plena vixencia ese dito. Cando se quere desprestixiar a alguén, nada mellor que metelo nalgún enredo xudicial. Non importa ter razón; o dano xa queda feito coa cuestión  xudicial. A lentitude xudicial engade o resto. Tamén soe ser un procedemento utilizado pra despistar ó persoal, ben facendo que o foco se oriente pra outro lado, ben poñendo en marcha o ventilador e ciscando merda sobre outros. De pouco importa que co tempo, como pasou na caso  dos muíños de vento, probas selectivas da Xunta,  Atocha, ou Faisán, se demostre a falsidade das acusacións, o obxectivo cumpriuse, e con custe gratis.

   Os áridos almacenados no porto exterior do Ferrol xa foron usados pra asfaltar rúas, pistas forestais, pistas de concentración parcelaria, e mesmo entradas de predios particulares. Unha colleita de votos pras municipais e uns cartiños pro emprendedor. Agora a pregunta do millón. Polo fume sábese onde hai lume. Actuou en solitario o Deputado Escribano, ou era un mero enlace, formando parte dunha trama mais ampla, e co seu cese quíxose facer un cortalumes. A choiva filtra os contaminantes  á capa freática; pozos e captacións de auga de consumo están a ser contaminadas. Evidentemente, hai mais que unha corrupción, hai un delito ecolóxico. Tamén queda, e non é menos importante, o caso do alcalde de A Coruña, que avisou o Deputado que estaba sendo investigado. Filtracións, revelación de segredo, etc, tamén poden ser delito.  

ALEN DO PADORNELO - Grecia

ALEN DO PADORNELO - Grecia

 

2ª parte

O dos 50 condutores pra un solo coche oficial que se concentran nalgúns departamentos da administración pública. O dos marcapasos que os hospitais gregos adquiren a un prezo 400 veces superior ó que pagan os hospitais británicos.

Por non falar dos 4.500 mortos cuxos, moi vivos familiares non tiñan comunicado á Seguridade Social a súa defunción para así poder cobra-la pensión do finado, custándolle ao Estado 16 millóns de euros ó ano.

A propósito de xubilacións: en Grecia son numerosos os traballadores que se beneficiaron de xubilacións anticipadas fixadas en 50 anos no caso das mulleres e 55 anos no dos homes- por pertencer a algunha das 600 categorías laborais consideradas especialmente extenuantes, e entre as que se inclúen os perruqueiros (por aquilo de que as tinguiduras que utilizan poden resultar nocivas), músicos de instrumentos de vento (soprar unha frauta é esgotador) ou presentadores de televisión (suponse que os micrófonos provocan danos na saúde).

Protección a un lago que se secou en 1930, pra nota.

E que dicir dos numerosos entes inútiles que funcionan no país,y entre os que se leva a palma o Instituto para a Protección do Lago Kopais, un lago que se secou en 1930.

Por se fose pouco, a todo iso hai que sumar unha evasión fiscal rampante: segundo cálculos do Ministerio de Traballo un de cada catro gregos non paga nin un céntimo de impostos.

É verdade que durante o último ano se adoptaron fortes medidas de austeridade: os soldos dos funcionarios foron recortados nun 20% de media, as pensións de xubilación baixaron nun 10%, elimináronse plus e pagas extraordinarias, subiron os impostos. Pero todo iso non foi suficiente.

Así que agora o Goberno baralla a posibilidade non só de levar a cabo un amplo programa de privatizacións e maiores medidas de austeridade senón tamén de comezar a despedir a algúns dos 750.000 empregados públicos que se contan en Grecia, un país con 11 millóns de habitantes e un total de 4,3 millóns de traballadores.

 

ALEN DO PADORNELO

 

O XARDÍN DAS DELICIAS GREGO - primeir parte

 

Os catro arbustos prantados á entrada do hospital Evaxelismos, en Atenas. |

Xardín o que se di xardín, é imposible chámalo tal. Como moito, e sendo extremadamente xenerosos, se lle podería calificar de gracioso parterre.  Falamos dos catro arbustos prantados á entrada do hospital Evaxelismos, un dos principais de Atenas.

Pois ben: a pesar de que tódalos  anos iste centro sanitario pecha as súas contas en números vérmellos e de que o Goberno vese obrigado a suministrarlle inxecións extras de diñeiro para lograr mantelo con vida, fai unhas  semanas saliu á luz que pra manter todo o seu verde esplendor dise diminuto pedazo de terra, o  hospital ten en nómina, a nada menos, que 45 xardineiros! Pagados, claro está, con diñeiro das arcas públicas gregas.

50 conductores pra un coche oficial, como na Xunta.  É un dos exemplos que explica como Grecia chegou á onde se atopa nestes intres á beira da quebra e da bancarrota do Estado; o que     se lle engade o ter acumulado unha descomunal débeda pública de 340.0000 millóns de euros (o equivalente a mais de 30.000 euros de débeda por cada grego). Pero os casos son tantos e tan escandalosos que sería necesario un libro pra recogellelos todos.

Qué se pode dicir, por seguir cos despropósitos, das 40.000 señoritas que reciben una pensión vi-ta-li-cia de 1.000 euros mensuais polo mero feito de ser fillas solteiras de funcionarios falecidos, e que lles custan ás arcas do Estado 550 millóns de euros ó ano (a partir de agora solo se cobrarán hasta cumpri-los 18 años).

O XARDÍN DAS DELICIAS GREGO 

 

Os catro arbustos prantados á entrada do hospital Evaxelismos, en Atenas. |

Xardín o que se di xardín, é imposible chámalo tal. Como moito, e sendo extremadamente xenerosos, se lle podería calificar de gracioso parterre.  Falamos dos catro arbustos prantados á entrada do hospital Evaxelismos, un dos principais de Atenas.

Pois ben: a pesar de que tódalos  anos iste centro sanitario pecha as súas contas en números vérmellos e de que o Goberno vese obrigado a suministrarlle inxecións extras de diñeiro para lograr mantelo con vida, fai unhas  semanas saliu á luz que pra manter todo o seu verde esplendor dise diminuto pedazo de terra, o  hospital ten en nómina, a nada menos, que 45 xardineiros! Pagados, claro está, con diñeiro das arcas públicas gregas.

50 conductores pra un coche oficial, como na Xunta.  É un dos exemplos que explica como Grecia chegou á onde se atopa nestes intres á beira da quebra e da bancarrota do Estado; o que     se lle engade o ter acumulado unha descomunal débeda pública de 340.0000 millóns de euros (o equivalente a mais de 30.000 euros de débeda por cada grego). Pero os casos son tantos e tan escandalosos que sería necesario un libro pra recogellelos todos.

Qué se pode dicir, por seguir cos despropósitos, das 40.000 señoritas que reciben una pensión vi-ta-li-cia de 1.000 euros mensuais polo mero feito de ser fillas solteiras de funcionarios falecidos, e que lles custan ás arcas do Estado 550 millóns de euros ó ano (a partir de agora solo se cobrarán hasta cumpri-los 18 años).

UN DEREITO ESENCIAL

UN DEREITO ESENCIAL

 

        A Educación é un dereito esencial. En comunidades do PP; como son a de Madrid, Galicia, Castela ou Valencia; os recortes no ensino non reflicten a realidade. Os recortes valóranse sobre unha cifra global. Logo, si vemos a aplicación da cantidade presupostada pra educación, apreciamos que é nese intre cando os recortes a un tipo de ensino, como é o ensino público, que debera ser un ensino de calidade e con suficiencia de medios, sofre o1 brutal recorte, mentres se  mantén a financiación do ensino privado, incrementándose a financiación de   determinado tipo de ensino privado de ideoloxías ultras.

CINCO MILLÓS DE TRAXEDIAS

CINCO MILLÓS DE TRAXEDIAS

 

   Non son uns datos fríos, son cinco millóns de traxedias. Os datos da EPA non son unha boa nova. O mais asombroso é que as ventas de produtos de luxo está non momento de crecemento, mentres se contrae o consumo do sector menos previlixiado. Nada bo nos ilusiona, xa que os candidatos recorren a vellas receitas fracasadas. As empresas prescinden case dun tercio dos empregados, e os que quedan, quedan en peores condicións, con menos salario, peores condicións laborais e mais traballo, que non significa mais produtividade. O empobrecemento e incerteza no futuro laboral supón menor consumo e menos crecemento económico. Mais pobreza e mais concentración da riqueza. As últimas reformas fiscais supuxeron unha baixada de impostos ós mais ricos, mentres se incrementaban os impostos sobre o consumo pra manter a recadación. Dentro  dise programa oculto do PP, parece que xa non é tan oculto a promesa do PP de baixar impostos ás rendas de capital e  os mais ricos. O resultado pode ser un incremento mais grande no estado do déficit, ou unha redución dos servizos e un incremento dos impostos sobre o consumo; os que pagamos todos, independentemente da renda.

ALEN DO PADORNELO

ALEN DO PADORNELO

 

   Ós cidadáns honrados, que son a maioría neste pais, cústalles comprender por qué este elemento non está na cadea. España é o pais do mundo no que hai mais ladróns de luva branca por metro cadrado; pero cunha peculariedade; certos delitos gozan dun tratamento de privilexio por parte dos políticos e da Maxistratura. Si T Bautista houbera cometido un roubo menor, movido pola necesidade, estaría na  cadea, como roubou millóns, e forma parte desa caste creada polos políticos, está libre coma un paxaro.   Esta especie social, que nunca ven satisfeita a súa codicha, actúan con descaro e prepotencia, porque se saben protexidos, que gozan de privilexios 

COUSAS DO SAMAIN

COUSAS DO SAMAIN

 

 

   O cese do deputado do PPg, investigado pola xustiza, o segundo en poucos días. Nestas  datas do Samaín, os esqueletos que o PPg esconde no armario saen a face-la ronda. Alberte sabe e coñece casos de corrupción que, igual que os descubertos ata agora, poden estourar en  calquera momento. Coa chegada de Feijoo ó poder multiplicáronse os casos de corrupción. A razón esencial é que no asalto ó poder, houbo  unha política de todo vale; o que foi entendido, por algúns, como a barra libre da corruptela, vendo que os contratos se adxudicaban a dedo que os servizos sociais, a sanidade o ensino, aceso á Función Pública, etc. eran negocios pra premiar ás axudas prestadas. Tamén a materia prima se incorporou sen criba, de tal xeito que foron uns poucos os que impuxeron as regras ó todo, ante a pasividade e complicidade de Feijoo.

     O caso Dorribo destapou as conexión cos narcos, que xa fora denunciado por Xornal de Galicia, cando publicou a foto de Rajoy navegando polas Rías a bordo dun  barco dun coñecido fariñeiro, e que lle custou o posto o director do Xornal.

   Nade, no grupo Popular, baixo a ferrea dirección de Feijoo, se atreveu a denunciar nunca  unha inmoralidade, diante do temor a caer en  desgraza. O goteo, que vai aparecendo, prodúcese diante da imposibilidade de agochalos.

    O último Deputado do PPg que cesa, o sr Escribano, que procede da canteira do partido. Se a canteira se comporta así, o futuro que nos agarda non é nada limpo.

     Entre cargos electos e altos cargo da Administración, xa van unha ducia de implicados en casos de corrupción na Administración de Feijoo, e isto sigue.

FOZANDO

FOZANDO

 

 

   Non solo ós porcos lles gusta fozar, tamén hai humanos que revolven e fozan nas cousas intentando atopar un premio. No concello de Santiago están revolvendo caixóns e buscando papeis que lles permitan acusar ó anterior equipo de goberno de mala xestión; polo de pronto, xa atoparon o expediente dunha obra cun presuposto de case 200.000 euros, que non foi adxudicada en concurso. A xestión de investigación non parou aí. Dende o Concello suxeriuse a empresas que contrataron obras co Concello, que reclamaran o pago de novo. Todo pra intentar culpar ós xestores anteriores de deixar as facturas sen pagar. En lugar de gobernar dedícanse a inventar e urdir todo tipo de argalladas. En San Caetano, onde puideron parti-las instrucións de maquiavélicos plans, mellor estarían traballando. 

   A veces as conspiracións vólvense en contra do conspirador; tal foi o caso da Presidenta pepera de Castela a Mancha, que mentres estivo na oposición aplicouse a mandar informes, suxerencias e demais ás axencias de calificación de riscos pra prexudica-lo  goberno da Comunidade,  que pretendía derrubar. Agora, que goberna, ve premiados ós esforzos e a débeda de Castela a Mancha acaba de recibi-la calificación de bonos lixo.  ¿Será posible que os electores non pasen factura ?

VIVE EN NOS

VIVE EN NOS

 

       Hai moito do que ocuparse en Galiza; esta nosa casa te novas tódolos días. Agora que Feijoo consígueo silenciar tódolos medios de comunicación en galego, os cales non loaban a súa acción de goberno. As noticias pulan por saír, seméllanse a Fonmiñá. Burbullan nunha gra poza. Aínda co Superconselleiro intente acubilla-la poza, chimpándolle camións de terra as corruptelas na Xunta, sempre agromará algunha e, aínda que consígueo silenciar unha prensa que non se deixaba manipular; haberá vieiros, fendas polas que a liberdade camiñe, e a porqueira salia á superficie. XORNAL DIARIO, o teu espírito sempre vivirá en nos.   

CINISMO

CINISMO

 

    A presentación das candidaturas do PP pras vindeiras eleccións ó parlamento, levada a cabo en Santiago, foi unha escenificación de ataques ó Goberno Central, por min que lle dean leña ó mono. Nada se dixo do curriculum dos candidatos, nin que ían facer. Foi unha competición entre os líderes do PPg, con Feijoo á cabeza, pra ver quen poñía mais verde ó Goberno Central. O tema mais socorrido foron as infraestruturas, especialmente o AVE. Comprendo de que lle teñan medo  a Blanco; pois ningún Ministro, na vida dos nacidos, fixo tanto por Galiza. Que os electores lle correspondan xa é outra cousa. Por si acaso o PP, todos a unha, atácanlle sempre, aínda que a munición empregada se volva en contra súa. Nestas rifas o BNG  é o gran ignorado,e iso non me da bo bo, nada bo.  O dous grandes partido queren reproduci-lo modelo de alternancia do século XIX.

ACOSO

ACOSO

 

      O pretendido enredo a Blanco foi un episodio mais do escuro asunto Dorribo. Por unha e outra banda, intentase politiza-la xustiza e mediatiza-la súa labor. Quixera saber que man acanea o berce; xa que algo oculto parece interesado en axita-lo asunto. Non deixa de ser curiosa esa persistencia de Feijoo en negar que na reunión, ou audiencia con Dorribo, non trataron das subvencións á empresa de Dorribo.  ¿Logo de qué trataron?. O mellor de fútbol; porque a concesión de mais de catro millóns de euros á empresa de Dorribo, logo de celebrala reunión con Feijoo, foi casual. E eu chúpome o dedo.  O principal encausado, o exDirector Do IGAPE, que foi cesado no cargo por Feijoo, agardan que sirva de cortalumes, e as responsabilidade non se esixa a niveis superiores.

      Curioso. O mellor foi coicidencia, aínda que soe a sabotaxe. Dorribo foi citado a declarar ó xulgado. O sistema informático no que se recollía a declaración, que depende da Xunta, fallou. !Que mal cheira isto!.  Veremos que pasa. O mais seguro é que nada. Hai que saber camiñar polo fío da navalla,

ALEN DO PADORNELO -Alto o fogo indefinido-

ALEN DO PADORNELO -Alto o fogo indefinido-

 

  Fai uns días que ETA declarou unha tregua indefinida. Todos eufóricos e contentos, e  iso é o que me preocupa; porque penso que todo  froito dun síndrome de Estocolmo colectivo. A palabra dun terrorista non vale nada, a de ETA menos. Nunca cumpriu ningunha expectativa de paz. Por qué ía cumprilo agora. Nin se disolveu, nin entregou as armas, polo que a tregua indefinida poderá deixar de selo en calquera momento. A   declaración de ETA  hai que tomala con esperanza e con precaución. Nunha posible negociación teñen que ter asento as asociacións de  vítimas, si realmente se quere lograr unha reconciliación.

LUMES NO MONTE E NO PARLAMENTO

LUMES NO MONTE E NO PARLAMENTO

 

        Mentres Ourense ardía e o aire se volvía irrespirable, o Superdelegado, o home  de Feijoo en Ourense, pasaba dos problemas da provincia e ía a Madrid ver un partido do Real Madrid, do que é un gran seareiro.  Non ía ir apaga-los lumes cunha mangueira, dixo. Entre iso e  demostrar, ou facer  crer, que lle preocupa a provincia, as súas xentes e os seus bens, hai moito recorrido. Ademais, coa mangueira emulaba a Feijoo; seguro que o ían  retratar tan guapo como a Feijoo.  Despois da lea que se montou e dunha chamada á orde  dende  San Caetano, rectificou parcialmente e dixo que fora a Madrid ve-los  fillos, O partido tamén. No Pazo do Hórreo, o Presidente coa súa habitual maneira de comportarse, respondía con dureza as interpelacións parlamentarias sobre o tema, con chulería, desprezo e unha alarmante agresividade.  Voto de menos a Beiras, pra responderlle como se fixo merecente.