¿CAL É O FIN?
Os criminais non se toman un dia libre, eu tampouco
Cando o eco da traxedia aínda está aí, a Xunta, excepcionalmente, deu unha cifra de hectáreas calcinadas, que dista moito da real. ´E posible que esta seudoinformación sexa un truco mais da política de ocultamento de datos que practica o goberno de Feijoo.
Diversos colectivos relacionados coa natureza resaltan a pouco eficaz política de loita contra do lume. A Xunta, din, centra a súa política na extinción e despreza a prevención. Non se incentiva, nin se esixe a limpeza en fincas privadas, tampouco se limpa o monte comunal. ¿Daquela que esperamos?. A política do lume é a que sempre levaron os gobernos do PP. Unha política que fracasou, ano tras ano; a mesma que estivo nas orixes dos incendios do 2.006. Catástrofe ecolóxica esta dos incendios, que arruína os nosos montes, o mesmo que o acoso o noso mar, con vertidos e embarrancamentos non menos criminais.
Con cara de cinismo e xesto teatral, compareceu Feijoo, pronunciando un discurso institucional, sen admitir preguntas, e instando a colaboración da oposición na loita contra da praga incendiaria. A oposición pronunciouse e condenou os feitos que deron orixe á traxedia, lonxe da súa política mezquina do 2006, que acusou ó goberno das mortes habidas; incluso algún cargo local do PPg montara un chiringuito, os peperos son especialistas en chiringuitos, ecolóxico pra acosar ó goberno de entón. A Intervención de Feijoo non foi moi convincente, non recoñeceu responsabilidades, nin erros pasados ou presentes. Feijoo está destruíndo silenciosamente ó pais, non é solo o sector forestal. A política agraria, o mesmo que a acuícola, a enerxética, a sanitaria, de infraestructuras, etc están concibidas como negocios especulativos
Todo ocorre nunha Galicia feliz, na que todo se oculta e se manipula; os nenos do urbano pensan que a leite nace nos centros comerciais, o marisco e de cor roxa, os mares infindos e o Presidente da Xunta un home sabio e traballador, que nos libra dos roxos e dos nacionalistas.