Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

UN DEBATE QUE FOI UNHA ENTELEQUIA

UN DEBATE QUE FOI UNHA ENTELEQUIA

 

 

          Despois de ter pasado o debate do Estado da Autonomía, como se fora un sarampelo, algo segue a ferver na cachola;  penso que non se trataron asuntos esenciais, e os que se trataron foi como unha porfía de quén o fixo peor, pero nada sabemos por qué as ousas se fan así, si se podían facer doutra maneira e que programas hai pro futuro, se é que o hai.

           Na campaña falouse do paro, unha praga que é necesario combater; solo os parados saben o que é a desesperación da ausencia de futuro. Lonxe de ofrecer unha esperanza, ou unha autocrítica leáronse, oposición e goberno, a votarse reproches sobre quen o fai peor: concluímos non teñen solución. En precampaña e na campaña Feijoo fixo deste problema unha promesa de solución, ¿qué foi dela?.

             Cómo está a dependencia, cómo está a sanidade, cómo está a cultura, cómo está a educación, etc. Nada sabemos pra onde imos, si sabemos onde estamos, nun túnel si luz. O debate solo serviu pra cumprir unha formalidade.

              Non se falou de que tódalas resolución do goberno de Feijoo están motivadas pola corrupción, son un pago de favores; este goberno é prisioneiro das axudas recibidas pra conquista-lo goberno, e agora os co subiron ó poder pasan a gorra.

              O paro aumenta en toda España, pero o incremento en Galicia é mais acelerado; a estructura productiva galega está en descomposición, e eso que foi unha das promesas estrelas de Feijoo. No debate da autonomía retomouse o tema e acordaron facer un plan de reactivación económica, todo se arranxa coa promesa dun plan, poucos días despois xa renunciaron a executalo.

               As colas nas Oficinas do Inem medran, a traxedia e ve-la xente con cara de resignación, enfrontarse a impotencia do drama; vense caras de angustia. Si queredes ve-lo sufrimento humano ide a unha cola do paro.

              Aínda que se suscitaran os asuntos mais evidentes, estou seguro que Feijoo e Ruiz Rivas ían dar unha longa cambiada e ofenderse sen responder a nada, porque son especialistas do escapismo.

UN DEBATE QUE FOI UNHA ENTELEQUIA

UN DEBATE QUE FOI UNHA ENTELEQUIA

 

 

          Despois de ter pasado o debate do Estado da Autonomía, como se fora un sarampelo, algo segue a ferver na cachola;  penso que non se trataron asuntos esenciais, e os que se trataron foi como unha porfía de quén o fixo peor, pero nada sabemos por qué as ousas se fan así, si se podían facer doutra maneira e que programas hai pro futuro, se é que o hai.

           Na campaña falouse do paro, unha praga que é necesario combater; solo os parados saben o que é a desesperación da ausencia de futuro. Lonxe de ofrecer unha esperanza, ou unha autocrítica leáronse, oposición e goberno, a votarse reproches sobre quen o fai peor: concluímos non teñen solución. En precampaña e na campaña Feijoo fixo deste problema unha promesa de solución, ¿qué foi dela?.

             Cómo está a dependencia, cómo está a sanidade, cómo está a cultura, cómo está a educación, etc. Nada sabemos pra onde imos, si sabemos onde estamos, nun túnel si luz. O debate solo serviu pra cumprir unha formalidade.

              Non se falou de que tódalas resolución do goberno de Feijoo están motivadas pola corrupción, son un pago de favores; este goberno é prisioneiro das axudas recibidas pra conquista-lo goberno, e agora os co subiron ó poder pasan a gorra.

              O paro aumenta en toda España, pero o incremento en Galicia é mais acelerado; a estructura productiva galega está en descomposición, e eso que foi unha das promesas estrelas de Feijoo. No debate da autonomía retomouse o tema e acordaron facer un plan de reactivación económica, todo se arranxa coa promesa dun plan, poucos días despois xa renunciaron a executalo.

               As colas nas Oficinas do Inem medran, a traxedia e ve-la xente con cara de resignación, enfrontarse a impotencia do drama; vense caras de angustia. Si queredes ve-lo sufrimento humano ide a unha cola do paro.

              Aínda que se suscitaran os asuntos mais evidentes, estou seguro que Feijoo e Ruiz Rivas ían dar unha longa cambiada e ofenderse sen responder a nada, porque son especialistas do escapismo.

O NEGOCIO

O NEGOCIO

O NEGOCIO

 

                A preocupación da Consellería de Sanidade non é manter un sistema público de saúde, e menos melloralo, pola contra, pretenden ilo privando de recursos e desprestixiando a sanidade pública.

                As listas de espera increméntase alarmantemete, de xeito especial  en cirurxía, pero atoparon un xeito inxenioso de reducilas: A partires dun, tempo na lista, desapareces dela, bórrante, e volta a empezar.

                A mais da política de recorrer á mentira dos furados orzamentarios, na elaboración dos orzamentos de sanidade fixeron un  recorte na asignación á sanidade pública pra facer un incremento paralelo nos concertos con entidades privadas.

                Algunhos  profesionais da medicina nos lles interesa a Sanidade Pública e solo a utilizan pra captar clientes pras clínicas privas. Esto, xunto co abuso das medicinas, constitúen dous problemas que nade quere solucionar. 

                A sanidade ten que ser antes que un negocio un  servicio público, pero o proxecto de hospital pra Pontevedra e Vigo dinnos que a Farjas ve na sanidade un gran negocio,  aínda que non creo que sexa un invento seu, mais ben penso que hai que pagar facturas, algo parecido a Gürtel, pero adoptando un sistema distinto, porque ese medio xa se esgotou e agora hai que inventar algo novo.

O CAOS

O CAOS

 

                   España é un dos países mais corruptos de Europa, aínda que a culpa e dos corruptos, tamén os votantes  temos a culpa de que florezan estes gobernos. Asómbrame que haxa moitos que, definíndose como apolíticos, son os primeiros consentidores deste caos. Vexo lexítimo que haxa apartidarios, pero é de pouco avisados considerarse apolítico, xa que imos sufrir as consecuencias dos actos dos políticos e vannos alcanzar os seus  efectos, por moito que intentemos afastarnos da liorta dos partios porque non vivimos nunha burbulla alleos ó que pasa ó noso orrededor, ademais o exercer unha opción, incluida a non participación, xa estamos exercendo unha opción, pode que pouco intelixente, porque lles damos a oportunidade a que outro decidan por nos.

             Que estemos decepcionados dos políticos no poder non debe implicar que nos automarxinemos da política. Os políticos profesionais, os que  viven da política, non quere dicir que sexan mellores nin peores, son profesionais, carrapatas do poder; nos, que somos os aficionados, temos o, non desprezable, poder de limpa-lo pais de parasitos, somos os limpadores  Solo temos que créelo e exercelo.

             O Gürtel vaise facer público, dedicaresmolles un comentario.

PALABRA DE SEÑORITO

PALABRA DE SEÑORITO

             

             Arenas, con unha mirada de desprezo e vista tendida ó infinito, sacando peito, leulles a cartilla ós votantes, pero especialmente ós votantes andaluces. Animado polas enquisas, xa falou como un estadista, aínda que eu diría mais ben como o señorito andaluz que nos pintaron; como se España fora o seu cortijo; mais que un mitin votounos unha regañina. Nosoutros que xa vivimos co lombo encorbado, posición a que nos levan as moitas cargas que temos que aguantar; aínda, pra mais, ven este home e repréndenos.

                Os moitos anos de exercicio do poder que leva o PSOE en Andalucía, cunha oposición mediocre, permitíronlle crear un clientelismo, co que se foi acomodando nas estructuras do poder, Nesta situación creáronse vicios que non son aceptables en ningún sistema democrático, pero eso non se soluciona co liderazgo dunha persoa, que ademais de ser un perdedor e un enredador, nega a existencia do evidente, nega que exista a corrupción, unha corrupción que non se limita solo a Gürtel de Valencia, Baleares, Madrid, Castela-Leon e Galicia, que é onde é mais notoria, senón que se  estende por toda España como unha mancha  de aceite, que a vemos e a sufrimos mais a menudo e con mais presencia do que fora desexable. Arenas, non solo nega a corrupción da que se fala, vótalle a culpa a Xuíces, á oposición e ós grandes expresos europeos; precisamente o que me da medo é esta negación sistemática da corrupción, o que nos leva a unha desconfianza do personaxe

METERLLE O DENTE

METERLLE O DENTE

 

                         Pachi Vázquez quére meterlle o dente ó transfuga de Ourense e vingarse de quen lle da acubillo, pra procura-la súa vinganza, busca a complicidade de Feijoo, en troques, comprometeu o seu apoio Parlamentario a varias leis de Feijoo. O apoio a Lei de Ordenación do Territorio levantou tormentas nas fila socialistas e Pachi recolleu velas. Presionado por algun alcalde socialista da costa, Pachi non descarta poñé-la la pegada nos proxectos lexislativo-especulativos de Feijoo; pra  xustificar este baile da ienka, pretende que Feijoo non deixe construír a piscifactoría  de Pescanova en Cabo Touriñán; Feijoo non pode chegar a ese acordo, porque Pescanova é a que dicta a política pesqueira do goberno da Xunta e xa lle ten votado o ollo ó lugar; e mais, xa está mercando terreos, que pasaran a súa propiedade e cunha recalificación pasaran ó ladrillo. A Cabo Touriñán solo o pode salvar a Unión Europea, Cabo Touriñán e os demais espacios da Rede Natura.

                         Pachi columpiouse por moito que lle prometeran. Así chegamos a conclusión de que todo é negociable; se me apuran ata Cabo Touriñán.

UNHA BAIXADA DE PANTALONS

UNHA BAIXADA DE PANTALONS

 

 

                Pro viaxe que fixemos coa  Lei de Caixas de Feijoo, houberámonos aforrado aquelas alforxas. Non é que me alede que nesta guerra haxa vencedores e vencidos, tampouco podemos cantar victoria, porque nos espera unha difícil negociación na que algúns van tragar moita quina; sen esperar o resultado da negociación xa temos unha visión da liorta, nela xacen derrotados os exércitos de Feijoo, Caixa Galicia e La Voz de Galicia e resucita un Xulio Fernández Gayoso, ó que quería enterrar en vida Feijoo. Pra esta viaxe non precisábamos armar esta guerra fracticida, que vai deixar fondas pegadas, sexa cal sexa o resultado, nin pelexarnos co famoso Zarrías; Feijoo, que demostrou ser un inepto en materia económica, pódelle a súa vena bullera; xa dividiu o pais co seu conflicto lingüístico e agora fabricou un conflicto financeiro pra enfronta-los galegos.

                Despois do que armou, querendo cargarse a Gayoso, ten o papo de erixirse en salvador do pais e facer que lidera as negociacións pra fusión das caixas, apropiándose deste feito, e poñendo a Gayoso como o cabaleiro branco, mellor faría, se é que quere facer algo positivo, sacarse de enmedio, deixar o protagonismo a outros e que siga dedicándose a cousas mais domésticas: oposicións, mocións de censura de Axuntamentos, vender fume, etc.; A fusión venlle grande.

                Se alguén mantivo a discreción, como se require nestes asuntos, foi o Director de Caixa Galicia, pero é tan zorro que en calquera momento pode sacar un coello do sombreiro. Si tivéramos que declarar a un vencedor sería a Gayoso; pero cuidadín, solo foi o primeiro asalto.

                 A Voz de Galicia resístese ó novo escenario e recórdalle a Feijoo a Lei recentemente aprobada, ó mesmo tempo que salienta a dimensión da Caixa Galicia, con mais sucursais que Caixa Nova, asustando ó persoal cunha división no territorio si prevalece o criterio de Caixa Nova. Hai dúas cousas que debemos ter en conta: non é cuestión do número de sucursais, senón de balance, é certo, as Caixas non son propiedade dos directores das mesmas, clara alusión ó director de Caixa Nova, pero tamén A Voz de Galicia debía deixar de enredar e deixar facer ós técnicos. Se non queren que haxa enfrontamentos Coruña-Vigo, que poñan a sede en Santiago, que fagan un edificio na que chaman Cidade da Cultura.

ENTRE DUAS LEALTADES

ENTRE DUAS LEALTADES

 

 

 

                    Como colándose no debate da autonomía, Baltar volveu ó curral e coas orellas gachas; escenificou co apoio a política lingüística da Xunta, aparecendo nunha foto con Feijoo, e proclamando as bondades da mesma. A calquera lle pode resultar unha escena subrealista, o mellor o era, e na escena os personaxes escondías as navallas, de feito a Feijoo non se lle viron os   dentes, con disimulo, miráballe a Baltar pra xugular. As ideas de Feijoo e de Baltar sobre a cultura galega e o galego son diametralmente opostas, polo que intuímos que  ten que haber unha razón pra  esta escena..

                    O fichaxe do tránsfuga do PSOE  foi un mal negocio pra Baltar. Pachi lanzouse a polos Baltar. En busca  da súa axuda, transíxelle a Feijoo o que sexa, mesmo lle da apoio pra un novo concurso eólico e pra unha nova lei de ordenación do territorio. Os acordos de Pachi crearon tensións dentro da agrupacións socialistas e o apoio á Lei de Ordenación do Territorio segue a ser unha fonte de conflictos dentro das filas socialistas, tamén lle restoulle puntos a Pachi pra lidera-lo grupo; non debeu tomar como algo persoal o cambio de chaqueta dun militante de Ourense, por moito que lle amolara, e vende-la alma ó demo; penso  que, definitivamente, se descartou como líder dos socialistas.

                    Feijoo, non solo divide á oposición, tamén abre feridas dentro de cada grupo; hai que lle  recoñecer que ten arte e que á oposición   aínda lle falta moito pra madurar.

                    A foto de Baltar con Feijoo, pra darlle apoio ó Decreto da lingua, escenifica unha volta o redil de Baltar en busca do seu primo de zumosol; o que dubido é que Feijoo o volva a  acoller no seu regazo, dado o seu carácter vingativo, o habelo posto, sen protección, ós pes dos cabalos de Pachi é unha mostra do que lle espera.

O PROB RECURRIDO

O PROB RECURRIDO

 

 

           Aínda que Feijoo e Rueda actúan como os clásicos matóns de barrio, sendo proclives a ameazar o adversario; ten visos de realidade a ameaza que Rueda soltou no Parlamento, dicindo que a Xunta ía recorrer o FROB. Todo esto sae logo de que o primo zumosol do Presidente de Caixa Nova lle votara unha man.

           Pachi pedíalle a Feijoo que deixa de enredar e non entorpecera as negociacións de Caixa Nova e Caixa Galicia, pero os peores contratempos pra Feijoo viñan de Madrid, que cheos dos seus enredos deixaron de escoita-los seu cantos. O recurso do FROB, feito o derradeiro día hábil, levanta a sospeita de que se debe mais a unha rabieta que a fundamentos xurídicos.

           Xa facía tempo que o BNG lle requiriu a Feijoo que presentara o recurso, pero no o fixo; agora vese como un acto extemporáneo e caprichoso.

            Sospeito que o feito de que lle deran protagonismo a Gayoso, na fusión das Caixas, ten moito que ver. Gayoso é a súa besta negra, non cede ós seus desexos e non pode quitarlle a cadeira. Dixo, de Gayoso, que nunca tan poucos fixeran tanto dano a tantos. !Que magoa de que non se aplique o dito a si mesmo!. Nestes desatinos tercia Zarrias e di de Feijoo: “confío en que uns poucos, enganando  a moitos, non  danen a Galicia.

              Nun primeiro momento a Xunta viu correcto, despois amagou con recorrelo, pra logo esquecerse del. Na auditoría fantasma a Xunta chegou a presentalo como un elemento esencia e estratéxico, pra ver o último día a inconstitucionalidade do FROB.

                 A Lei de Caixas non se fixo coa intención de crear un grupo financeiro do pais, tiña por obxecto o control político das caixas polo PP pra darlle o lote a Xénova, este cambélanche non era do gusto de Caixa Nova e púxolle a proa dende o principio; dende as Institucións Económicas, especialmente dende o Goberno, respaldouse a Gayoso. A idea era que as Caixas foran protagonistas da fusión, pero Feijoo é incapaz de facerse a un lado e deixar de enredar. Non se pode negar que a outra opción ten unha compoñente política, sería bo que non xogáramos coas cartas marcadas, pero eso é pedirlle peras o olmo.

                    O divertido, sen que por eso deixe de ser serio, é que Feijoo apoia agora os plans de fusión de Caixa Nova. Agora si que me creo aquelo de que non tiña un criterio tomado. Este home é un camaleón, con tal de estar na pomada apuntase a un bombardeo, incluso din que ten preparados dous discursos distintos: si o asunto prospera o mérito é seu, se fracasa, a culpa é de Gayoso por poñer condicións inasumibles; pero veremos como explica o dos 3000 millóns de euros necesarios pra fusión, terá que asumir que a valoración técnica que encargou, era un fraude. Seguiremos con este asunto.

¿DE QUE NOS EXTRAÑAMOS?

¿DE QUE NOS  EXTRAÑAMOS?

 

 

                     Dicíame un lector do Blog que escribira sobre as diversas probas de acceso que organizou a Xunta. A   verdade é que fede tanto, que nin tapando as narices, se pode respirar. Xa un día me ocupei do tema, non lembro o día que foi. O Xoves escoitei na radio o tomate que se montara nunhas probas na Consellería de Facenda, !aquelo sei que foi un escándalo!; tamén no SERGAS hai casos gravísimos de filtracións, de feito en tódalas probas organizadas pola actual Xunta hai sospeitas, moi sospeitosas, de tongo. Venme á memoria aquela instriónica investigación que organizou Rueda; aquela teatralidade solo tiña como finalidade tapar sospeitas. A denuncia que se fixo no xulgado parece que non se move, o que é peor, quizá nunca vai adiante; todos temos un pouco de culpa de encumbralos ó poder cos votos, agora temos a responsabilidade de chimpalos, pra elo temos a obriga de espallar tódolos seus chánchollos, do contrario, somos cómplices e tan culpables como eles. O das probas é unha mais das corruptelas do goberno da Xunta, pero síntese mais neste intre que hai tanto paro, aínda que non o houbera, doe moito  saber co esforza gastado, preparando unha oposición vese burlado por quenes  nun mes son quen de preparar unha oposición en situarse nos primeiros postos. A mais  de enchufar a familia, como foi o caso dunha funcionaria, que ostenta un alto cargo en Sanidade, engordan o nepotismo con sospeitosos aprobados, familiares de cargos do PP, sospeitosas coincidencias con tránsfugas, etc.

                 A Consellaría de Educación adxudicou en febreiro un contrato a unha empresa de ExAltos cargos do goberno de Fraga, pero ese resulta ser solo o epílogo dunha longa restra de contratos sen publicidade, en distintas Consellerías do Goberno de Feijoo.

                 Empresas do grupo Gurtel recibiron adxudicacións, a dedo, da Xunta. Esta longa lista de corruptelas, a que se vai unir, adxudicacións do eólico e a Lei do Chan.

                  Sanidade vai a darlle a propiedade dos hospitais de Vigo e Pontevedra ás sociedades que os constrúan; por eso en Pontevedra non queren ampliar Montecelo, queren un novo, que non teñan problemas de privatización.

                  Unha Administración que o é todo, menos transparente, de que nos estrañamos, pois

 

 

         Sería bo que asinarais no libro de visitas pra ter un mapa ideal de toda a Comunidade do Blog.  Hai unha enquisa colgada. Espero as opinións.

UN REVOLTO

 

 

                          Coñecín a un gaiteiro que solo sabía tocar unha peza, que comezaba así:  “pola ponte non vou, polo río non pasa...”, seguía con engadidos doutras pezas, de tal xeito que nunha atacada daquela, podían convivir mais de media ducia de pezas distintas. Eu. tamén, hoxe vou facer algo parecido; de entrada, a enquisa non a puiden descolgar, quixestes que gañara :   Ineficacia, ineficiencia, vinganza - 16 votos - 35,56%, en segundo termo: Non fixo nada do prometido - 12 votos - 26,67%. Aínda que case todas agocha algo de certeza, sobresae os eu carácter vingativo; de eso hai xente que pode dar fe delo, porque sufriu na súa persoa a vinganza deste singular personaxe; os casos mais coñecidos son o do Presidente de Caixa Nova, que gracias o seu primo zumosol, deulle a Feijoo nos fociños, tamén Baltar xa sente que a vinganza está preto, de aí, as súas derivas; que dicir dos moitos profesionais, que na Administración sufriron o cese fulminante nos seus destinos. A destrucción sistemática, neste ano de réxime, de todo o feito polo Bipartito, responde a este comportamento vingativo. Non son quén de valora-los comportamentos humanos, xa que carezo da formación suficiente, mais é de todos coñecido, que a vinganza, como comportamento dominante, é típica de seres mediocres; pode que neso estea a resposta de moitas cousas.

                         Coa desculpa de recadar fondos para Haití, estivo non acto no que aproveitou pra poñer verde ó bipartito, que é unha obsesión que ten; un vídeo do acto foi colgado en internet, pero gracias ás presións foi retirado, se o  queres ver, descargalo de: http://www.mediafire.com/?fjyldk1q4uj.

                           Non todo ían ser malas novas. !Albricia!, Touriño incorpórase ó Consello Consultivo. Non sei que fará alí, algo é seguro: 70.000 euros mais ó ano, compatibles con todo,  pro seu  peto.

                            Asinade no libro de visitas, así sabemos donde sodes. Unha amiga dime que entran xentes de toda América e Europa

SOLO PODIA PASAR EN GALICIA

SOLO PODIA PASAR EN GALICIA

                    Non se pode quita-la enquisa por un problema no servidor. Estamos nelo.

                   Se alguén esperaba que o Valedor do Pobo estivera no seu papel Institucional está soñando, ou pensando que vive noutro pais. O Valedor criticou a oposición, mostrou parcialidade  nas súas opinións, así como desprezo e desconsideración ós Deputados da Oposición.

                   A mesa de Normalización Lingüística calificou a súa intervención de chulesca, e a oposición presento un escrito na mesa do Parlamento protestando pola súa intervención.

                   O meu modo de ver, a súa intervención debía limitarse o seu cometido, evitar enfrontamentos no Parlamento e  dar sensación de imparcialidade. Fixo todo o contrario, extralimitouse nas súas  competencias e, non solo foi parcial, amosouse como  un seareiro de Feijoo.

                   O Valedor ten que ser independente de tódalas ideoloxías, e se non é independente e imparcial, ó menos ten que parecelo, garda-las formas e non declararse un seareiro dunha corrente política e faltar ó ríspeto as demais formacións.

                   A presentación do escrito de protesta na Mesa do Parlamento, non solo me parece unha reacción morma, senón que peca de falta de vigor, dada a dimensión do insulto. A Oposición debía pedir un pleno pra reprobalo, como o PP se ía opoñer,  non se podería cesar.  O Valedor aínda que seguiría no seu cargo,  a reprobación serviría pra poñelo en  evidencia.

                    Cada pais ten o que se merece, e nin Feijoo, nin o Valedor está ai por que naceron no cargo por xeración espontánea; está aí por culpa dos galegos.  Xa é hora de que este deixe de ser un pais do inframundo  e estes personaxes ridiculicen as Institucións.

                   Debería aprender un pouco, solo un pouco, do Ministro de Educación, elegante e educado; a preguntas de periodistas sobre o tema, negouse a comentalo asunto por respeto ás Institucións e a Autonomía, pero dixo que as linguas eran patrimonio sagrado dos pobos e hai que respetalas e protexelas, e non utilizalas como arma de discordia pra dividi-la sociedade.

RESUMO DO DEBATE

RESUMO DO DEBATE

 

                      Ningunha resolucións pra aplicar no goberno  de Galicia, podíase esperar, logo de cómo se desenrolou o debate. Haber, o que se di haber, houbo resolucións, laminadas por unha maioría intransixente e feitas mais pra galería que pro pais. Houbo resolucións curiosas, pactadas, como esa do fomento da natalidade; o paro no tivo pai, foi penoso o xeito en que se votaban as culpas; no plan eólico dise que se  restitúe a legalidade, coa inseguridade xurídica que se xenara, fai falta moito morro pra dicir eso. O pacto polo territorio ten moita retranca, tanto polo que é en si, como polo que circulou por debaixo da mesa; Pachi estaba mediatizado polo tránsfuga de Ourense e por algún alcalde   socialista da costa, que quería ter as mans libres no urbanismo; A lei é unha concesión ós intereses  do ladrillo, unha volta atrás, pra satisface-la glotonería dos especuladores. Dentro do grupo socialista xenerouse unha gran tensión, ó final abstivéronse, que pra min é un xeito de apoio, porque si se ten algo claro hai que mollarse, non quedar na indefinición.

                      Pachi ameaza con leva-lo PP ós Tribunais si tocan a Touriñan. Difícil de entender si se apoia a lei que o permite, aínda que  sexa absténdose.         

  1.                       Pensaba facer un resumo das propostas; sobre a marcha, dinme conta de que sería darlle importancia a un debate que non a tivo. Pra min Feijoo, en lugar de render contas a Galicia, nun desprezo á  xornada parlamentaria , deuse unha  volta pola Vía Láctea, e as súas  Señorías a durmir, e a xornada pasará a hitoria polo que non se fixo e se debeu facer.

NOUTRO PAPEL

NOUTRO PAPEL

 

               Feijoo falou dúas horas e solo pra vota-las culpas a outros, non estaba no papel do presidente dun goberno que rende contas do feito, nin dos proxectos de goberno, o tempo empregado debía dar pra explica-lo que fixo; o problema e que durante o ano que leva gobernando dedicouse unicamente a destruír, non fixo nada novo, salvo crear e inventar problemas, tampouco ofreceu proxectos de futuro, fora dos plans que xa anunciara na campaña electoral, pouco cribles polos seus antecedentes.

               As culpas do non feito levounas o bipartito, e os proxectos de futuro non dependen do seu goberno, senón do de Madrid, nesta liña desenrolou unha fase do discurso, cun ramallo de reivindicacións ó goberno do Estado, as propostas aprobadas, debatidas, a centos e no medio dun caos, poden resumirse nunha filloa que fixo o PP co seu rodillo.  Total, inquiro: ¿pra que está ai? Se non é quen de facer nada.

               O martes, que non foi un martes calquera, pro único que serviu foi pra que súas señorías devengasen lexitimamente unha dieta, ben merecida por aguanta-los anodinos discursos

                        Feijoo no debate non estaba no papel de Presidente da Xunta; o debate desenrolouse como si se tratase dunha investidura, non se fixo exame do resultado do ano de goberno; deixounos un  ácimo de proxectos, de plans, que xa sabemos que fin terán; practicou escapismo político, votando a culpa a outros e evadindo os problemas, falando de promesas valeiras, con medias verdades. En termos futbolísticos, durmiu o partido,  así a oposición  xogou ó ritmo que a el lle conviña

                         Neste partido adormecido, non solo se examinaba a labor do goberno, que era o obxectivo principal, tamén se debe valorar a labor da oposición; si o goberno non  tiña mais que ofrecer que un pais  destruído, repetindo a mesma salmodia das eleccións, facendo promesas, verbas ocas, repetindo o de sempre, sen cambiar sequera a música; a oposición non se lle vía no seu papel, e todo resultou insulso e soporífico

SOBRAOO

SOBRAOO

 

 

                      Logo de escoitar o debate da autonomía sumímonos na perplexidade do debate; coa que está a caer, co que Feijoo leva irritando e axitado á xente, coas nulas políticas do goberno, esperaba un acontecemento mais movido, polo menos mais expectación. O día pasou, con mais pena que gloria, e os debates, agás contados momentos, transcorreron na monotonía dun guión pactado e escrito; votouse de menos os debates de Beiras e Fraga; pero tamén se votou de menos a falta de intres cidadá; non me refiro a algaradas dos prexudicados polas políticas da Xunta, senón a que o pobo non se interesou en absoluto polo debate; era como unha pantomima allea ós interese do pobo, desenrolada nun lonxano planeta, moi por debaixo do nivel de Fraga e Beiras, de balde eles eran catedráticos.

                      Feijoo ía de chulo e sobrado, aburrindo ó respetable e soslaiando os puntos problemáticos, incluso se permitiu dáselas de galeguista, un galeguismo inventado por el, rematou a  xornada recollendo velas; Pachi Vázquez, do que esperaba mais, solo tivo algunhos lóstregos na súa oratoria; Aymerich foi mais incisivo e de mais brillante oratoria, pero tampouco foi unha estrela; destacou, eso si, o portavoz do PP Ruiz Ribas, non pola calidade da súa oratoria, senón pola súa chabacanería, lixando o pouco bo que se escoitou.

                      Non lle podemos vota-las culpas a Feijoo, nin á oposición, foi o que eliximos. En Galicia vivimos alexados da democracia, parece que non creemos nela, o mesmo que non cremos nos políticos, tampouco nos axudan os medios de comunicación, pola súa fata de independencia e crítica, atados a uns intereses partidistas non axudan a formar unha opinión e unha conciencia política.

NON FOI UN MARTES CALQUERA

NON FOI UN MARTES CALQUERA

 

                       Foi o pasado martes, non foi outro martes, cando o Delegado de Xénova pronuncia un discurso co que se encetaba o debate sobre o estado da autonomía no Pazo do Hórreo. Varias cousas me chamaron a atención: en primeiro lugar a escasa atención que lle adicaron os medios de comunicación nacional, en segundo lugar a nula expectación na Tribuna durante o discurso do Presidente. Ó longo do tedioso discurso repetíase coas  promesas xa feitas en campaña electoral, das que non cumpriu ningunha, e gabábase de haber recuperado a harmonía social coa política lingüística, afimando que o seu era un galeguismo do século XXI, fronte as concepcións trasnoitadas dos devanceiros, asegurando que o seu contrato con Galicia seguía vixente; todas estas parvadas esvaraban na sufrida oposición e non se vía reacción algunha; entón foi cando fixo unha cita literal de Castelao en castelán; aquelo foi como un lostrego que sacudiu ó foro adormecio. Foron mais importantes os seus silencios que as súas promesas, que á forza de repetilas, e non cumprilas, xa cansan e nade as cree nin lles fai caso. O discurso, na interpretación, foi un calco o estilo aznarista, notándose  a man de FAES, pero sobretodo comportouse fiel o seu estilo de chulo e provocador, como na cita de Castelao.

                        Ó longo dos vindeiros días faremos un repaso do que deu de si, pero a vosa opinión é moi importante.