Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

 

MEGAPIXO

MEGAPIXO

               Non me refiro ó órgano reproductor masculino, non se trata de ningún falo xigante. A palabra, como diría Cela, pode ter moitos significados; neste caso, é o dun tío con aspecto galáctico. (en castelán un megapijo). A reacción inmediata é de que se apodera de nos unha irracional gana de cargárnolo; alguén se nos  adiantou, é cubriuno de merda.

                 Do  xeito en que o cargaron, e a incongruencia   das  inculpacións fai xurdir  en nos  unha corrente de simpatía, hacia,o que outrora lle pisaríamos a cabeza.

                 Como el dixo, non formaba parte do goberno pra ter poder pra dicir a quen se lle adxudicaba un contrato; ademais, de antes, mito antes de ser nomeado pro cargo xa se viña traballando coas empresas da trama Gürtel.

                 Intentou votarlle un pulso a Génova,  esixindo que se abrira unha investigación. Eso debeu ser como un tremor, mentar a  corda na casa do aforcado. A corda, de sempre, rompe polo lado mais floxo; o  mais floxo era el. Non facía falta que tivera, ou non tivera algo que ver co tema; había que poñer un cortalumes, evitar que as labaradas chegaran a Génova; e   tocoulle.

                 El pensou que o seu cese ía ser temporal, que despois da investigación e que se demostrara a súa inocencia, ía volver o  cargo. Si era un inxenuo, A Cospedal, como pretoriana do PP, despexoulle toda dúbida: nunca mais volvería ó cargo.

                 O xogo da política é así; un xogo sucio, no que se pisa  a cabeza de quen sexa pre salva-la propia. Así, o que se mete neses xogos, sabe ó que se xoga e o que pode sacar. Moitos van coa idea de encherse, e consíguemo, outros queda sen pelotas.

 

TOMAR COMO EXITO UN FRACASO

TOMAR COMO EXITO UN FRACASO

 

 

 

          Malia a haber neste exercicio un 66%  mais de incendios que nos dous exercicios anteriores  o Conselleiro de medio Rural fixo un balance positivo  do mesmo e amosouse satisfeito da    campaña;  claro se este non fora un verán de chuvias, o  resultado sería de catástrofe.

           O dispositivo contraincendios deseñado polo bipartito non valía, porque eles teñen orde de borrar todo vestixio do goberno anterior, e eso é o único que fan. Non  sei si consideralos uns burros, uns irresponsables ou uns ineptos; pode que as tres cousas.

           Dicían que tiñan o mellor sistema contraincendios; tiñan razón. A chuvia natural é o mellor sistema contraincendios, e Feijoo, que manda mais que Deus, decidía  cando tiña que chover;  xa se veu o efectiva que é a auga contra ó lume, en canto paraba de chover ardía o monte.

            Si algo fallaba tiñan outra valiosa arma, a falla de información. Din que o que non se sabe é coma  si non pasara. Pra facer un engano masivo, pra ter  a un  pobo adormecido é necesario  telos mal informados, e  neso o PP é especialista.

CREER

CREER

          Parece  que o PPg pagou sobreprezos por obras pra Xunta á mesma   empresa  que lle vendeu a sede de Santiago. Diante da sospeita de que a sede fora, por medio deses trapichos, pagada con diñeiro público, PSOE e BNG levaron o asunto o parlamento; Rueda, co   seu clásico sosonete e con cara de non saber porque se dubidaba  de algo tan obvio, intentou explicar, pero non ofreceu nada mais que vaguidades, derivando o problema a Sanidade,  que o explicará, dixo. Xa veremos o que inventan pra xustificar a rectificación de escrituras, coa eliminación dunha clausula que  beneficiaba á Xunta, a bestiada do sobreprezo e a curiosa coincidencia  de valores.

           Din que a mellor defensa é un ataque, así que lles atan ós socialistas coa sede de Sogama e co mobiliario; mesmo lles ameazan con facer unha auditoría; imaxínome que feita polo primo de Rueda.

             Ó lixo hai que atacalo con lixo, non fai falla que se fale     de cousas certas e reais, o asunto é esparexer merda, pra que todo cheire e non se saiba onde está o podre.

          Ribas, que saíu coa súa clásica cantinela na conferencia      de prensa, parecía un cura de pobo, solo lle  faltaba a sotana, votoulle a culpa ó PSOE E o BNG, por inventar corruptelas. Non  se, o final, os socialistas  e os nacionalistas teñen a culpa de que á xente lle chova en vacacións.

           Ó final sairá Feijoo con cara de místico e nos reprenderá por pensar mal.

           Os galegos somos pouco agradecidos, non nos  deixamos guiar por   estes líderes, que solo queren o noso ben; tíñamos que ser como o “Tío miseria”, de Labarta Pose; aquel si que  se conformaba, cada desgracia que lle pasaba, daba grazas a Deus, porque eso íalle a supoñer un ferrado mais de sembradura no ceo. Segúndo a súa dona era un avaricioso, quería o ceo solamente pra el debíalle deixar algo de ceo pros demais, non querer levar tódalas desgracias. Nos tamén, non debemos querer tantas corruptelas, debemos crer mais, si din que non hai corruptelas, hai que crelos; eles sempre din a verdade. Case que non.

 

MEDRAN AS LISTAS DE ESPERA

MEDRAN AS LISTAS DE ESPERA

            Hoxe remata o prazo pra vota-lo artigo

 

            A supresión das peonadas en sanidade fai que as listas de espera medren e se desmadren, mentres o negocio das clínicas privadas está no seu mellor momento. As peonadas, que supoñía unha prolongación de xornada dos equipos de quirófano, establecéronse coa idea de que era un xeito de incrementa-la productividade e reduci-las listas de espera; as listas algo reducíronse, pero non na medida en que os xestores da sanidade  esperaban.

              Suprimi-las peonadas foi unha medida que a provocaron os mesmos que as facían, o abuso  facía imposible a súa continuidade, xerando diferencias salariais abismais na          sanidade e un  desprezo ó doente, do   que pasaban pra enche-los petos.

              As peonadas facíanse en xornada  de tarde, pagadas por  horas, co cal non había presa en que as operacións rematasen. E esaxerado, pero podían tomar un café ou xogar unha partida, porque o tempo corría e a conta medraba; o rendemento na xornada normal non  era o esperado, e a mañá solo se facían operacións sinxelas  que levaran pouco tempo; as grandes adiábanse pra tarde, pras peonadas: os doentes espertaban da operación na noite; pero que mais daba o equipo estaba agusto na súa cama, cos petos cheos. O abuso levou a eso.

               O malo é cando se muda un procedemento sen ofrecer, no seu lugar, unha alternativa. Estes, o goberno, andan en busca da neurona que perdeu e non a atopan.

 

XOGAR CO PAN

XOGAR CO PAN

 

 

 Á dereita, en resultados, podedes votar ó artigo de setembro.

 

                  Os traballadores do Consorcio viven momentos de inquedanza, o PPg xoga con eles sen miramentos. Non lles quere realizar probas selectivas obxectivas, o que queren é o camiño libre pra colocar a dedo.

                  O Consorcio non se librou de recortes orzamentarios; de feito a Consellería do paro e  a de Educación   foran   as que mais se viron minguadas economicamente, sen que eso afectara ás subvencións a Entidades privadas, algunhas sen ningunha utilidade pública. Todo elo, é froito da  concepción ideolóxica do goberno actual da Xunta

                  O Consorcio amagou con revisar de oficio probas xa convocadas, de feito a revisión é unha indirecta descualificación dos traballadores, aínda que el se cure en saúde, facendo aclaración de que non teñen nada contra dos traballadores. Que queredes que vos diga, os traballadores son os que pagan o pato destes amorais, que vulneran a seguridade xurídica e nos devolven as cesantías do século XIX. Da a impresión de que se equivocaron no movemento da moviola.

                 Pra que logo digan que o Bipartito non traballaba; segundo este personaxe do Consorcio, cando el chegou, no primeiro trimestre xa as arcas estaban valeiras, polo que non puideron prestar servicios, nin abrir centros xa rematados; non como pensaban algunhos, que dicían que era un inútil. Non xestionaba o consorcio porque se atopaba mirando baixo das alfombras, xa se sabe que teñen os seus mentores unha impecable moralidade na xestión dos servicios públicos, o de Gürtel é un invento

 

AXENDA DA SEMANA

AXENDA DA SEMANA

AXENDA DA SEMANA

 

-XOGAR CO  PAN

           O luns recordaremos ós que están traballando e o PP quérelles quitarlles o pan.

O DESMADRE   DAS LISTAS

            Nun momento, ou noutro as listas de espera da sanidade pódennos afectar

 

CRER

            Hai unha escura dúbida no horizonte co pago dun sobreprezo nun local de    sanidade, ¿acaso o sobreprezo foi pra costear a sede do PP en Santiago?

 

NON   SE CONTENTA QUEN NON QUERE

              Coa comparecencia, en roldade prensa do Conselleiro de medio Rural sobre os incendios, despexouse toda  dúbida, se aínda hai quen pensa que vale pra algo que  o leve pra casa.

MEGAPIXO

              Costa é un megapijo, xogou é perdeu, pero fixéronlle unha  cabronada os de Génova.

 

AS VÍTIMAS DO GÜRTEL

 

               Pode que algunha víctima sexa culpable, tamén hai víctimas de conveniencia, cabezas de turco e culpables libres.

CARBALLO OU REBOLA

CARBALLO OU REBOLA

            Non  sei a que lado encomendarme, si optar por Zapatero, que todo o volve aire:. Promesas, fuxidas pra nade sabe onde; cada día vese mais incapaz de goberna-lo pais; ou Rajoy, incapaz de goberna-lo seu propio partido.

            A nivel estatal a cousa está mais ben escura; mentres que Rajoy ten un partido no que parece que a corrupción é un xeito habitual de facer política, unha corrupción consentida, regulada e institucionalizada, amparada dende Génova.

             Zapatero concibe que na vida e na política hai que elimina-la competencia, evita-la selección natural que a competencia produce, o que dará lugar a que as mediocridades florezan, amparadas por un sistema pretendidamente progresista.

            No goberno da Xunta, ademais danse outras paradoxas; a preocupación foi buscar xente cun perfil  baixo pros  cargos de goberno, tan baixo que algúns conselleiros parece que andan a gatas; dese xeito nade está mais alto que o emperador.

            Podemos emparella-los ós conselleiros por nivel de incompetencia e despropósitos; van  exemplos: ó Conselleiro de Educación pídelle un colexio de Vigo catro docentes pra materias específicas, O Conselleiro mándalle dous profesores de  relixión, !a l u c i n a n t e!.

             O paro entre os mozos galegos, comprendidos entre os 18 e os 30 anos alcanza límites alarmantes; pero os salarios na mesma franxa de idade entre os empregados son de explotación laboral.. O número de ERES, dende que este goberno da Xunta tomou posesión é vertixinoso. Os  altos cargos da Consellería compiten en leva-lo premio da incompetencia. O Presidente do Consorcio buscou furados negros nos orzamentos, foi incapaz de inventar nada, como fixeron outros membros do goberno, pero no Parlamento houbo un rifirrafe e acusouse o bipartito de nepotismo, pedíronlle probas, vermos que pasa; ó mellor solo foi pra alixeira-la presión do caso Gürtel, ou polo que xa dixemos: a reacción típica das mediocridades. Hai na Consellería do paro unha persoa que esconde a súa incompetencia votándolle a culpa ó bipartito, dicindo que tiñan no caixón 22.000 valorados, sen resolve-los expedientes. En 120 días ían arranxalo todo. Xa levamos mais de seis meses de goberno. ¿ A qué esperan pra gobernar?.

            Total, entre carballo é rebola, veña o demo é escolla; parece unha  carreira pra  ver quen é mais malo

 

OPERETAS

OPERETAS

 

            A visita de Feijoo a Bruxelas e os seus supostos contactos con Autoridades Comunitarias, non pasaron, candos as houbo, de meros saúdos protocolarios. Xa vimos que nos medios de comunicación sae unha cargada axenda de asuntos tratados e de extensas entrevistas, amén do proveitoso que foi pro pais esta visita. Dende logo hai que admitir que ten un servicio de propaganda moi poderoso e imaxinativo, xa que non é doado crear da nada semellante historia. Deben de se-los mesmos que “impulsaron” sendas comentarios, en dous xornais sobre as súas destacadas aptitudes de xestor. !É que non no lo merecemos!.

           Se os cartos e o tempo que inverte en propaganda e en representacións de escenas teatreiras, tipo Quevedo, os empregara en algo, do moito que necesitamos, outro galo nos cantaría.

            Feijoo é moi dado a viaxar, xa parece o Papa viaxeiro; a metade do tempo pásaa en Madrid, o motivo será persoal, o que é dos asuntos da Xunta preocúpanlle pouco, pero os gastos e custos das viaxes pagámosllas os galegos.

            Vai sendo hora de baixa-lo lombo e traballar polo pais, non se pode estar permanentemente en campaña electoral, usando coartadas e votándolles as culpas a outros. Se non lle deixan traballar, ou un ten recursos limitados, e dicir, é un incapaz, debe recoñecelo. Visto o visto non imos pedir honradez, porque era verde e comeuna un burro; pero si, que deixe de actuar é      traballe; si lle gusta a farándula, equivocouse de traballo.

XA NON PODO MAIS

XA NON PODO MAIS

<!-- /* Style Definitions */ p.MsoNormal, li.MsoNormal, div.MsoNormal {mso-style-parent:""; margin:0cm; margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:12.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-fareast-font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:GL;} @page Section1 {size:612.0pt 792.0pt; margin:72.0pt 90.0pt 72.0pt 90.0pt; mso-header-margin:36.0pt; mso-footer-margin:36.0pt; mso-paper-source:0;} div.Section1 {page:Section1;} -

 

             Á dereita, VOTAI

 

            O que está a facer Iberdrola no Sil ponme dos nervios, namentres a Xunta mira pra outro lado, ou trata de xustificar que fai algo, con simuladas actuacións, Iberdrola fai o que lle peta, secando o canle do río e producindo danos ecolóxicos.

           A prepotencia da empresa é tal que se permite intentar inmatricular parcelas do monte como súas.

           ¿Qué fai o presidente da comunidade de montes?: nada; suxeita-los veciños e controla-la situación; o fin de contas é empregado da empresa. Non digo que estea nese posto pra defender de tapádello  os intereses da empresa, pero o certo é que se tomou moitas molestias pra colle-lo cargo, un cargo que é incompatible co seu traballo,

          As actas de infracción de inspectores da Xunta ¿onde pararon?, ah, quén o sabe.

           As paradoxas da vida, o inexplicable non remata aí, qué pasa cos nosos ríos, qué pasa coas concesións das minicentrales, seguro que a culpa tena o bipartito, a crise e o susam corda, menos a Xunta de Feijoo.

            A xestión piscícula dos ríos e a súa limpeza no é un tema de importancia; porque eu non  me imaxino a Feijoo cunha cana.

             Fervíame a cachola, saquei  a boina e votei a cabeza pola xanela pra que me a arrefriara o vento do norte; debeu ser que o vento do norte non viña frío abondo, con esto do cambio climático xa se sabe. Pensei que era cousa de bruxas, que o demo se me metera na cabeza e que estaba cociñando dentro dela. Fun a xunto do crego, votoume unha chuvia d auga bendita e nada. Ó final fun o médico, ademais por urxencias, queríanme abri-la cabeza pra ver que tiña dentro, enchufáronme osíxeno pra que as furgonetas que o transportan o sangue foran mais   cargadas; pero nada, eu sentía mais calor, xa fora polo exceso de osixeno, ou de pensar que me querían abri-la cabeza. O final o ciruxano, logo de evalua-las probas, non viu a cousa nada clara e quixo que eu lle dixera como me empezou aquel terrible mal.  Recordo –dixenlle- que estaba leendo o xornal e decía que o bo xestor Feijoo ía suscribir 1800 millóns de euros de débeda pros orzamentos do vindeiro ano, o máximo que lle permitía a Lei; débeda que a pagaran os nosos netos e os netos dos nos netos. Deume de alta, cunhas pastillas pra durmir e recomendoume que nunca mais lera ó xornal. A ignorancia fai o home feliz.

            Que cabreoooooo.  

XA NON PODO MAIS

XA NON PODO MAIS

NON ESQUECEMOS O PRESTIGE

NON  ESQUECEMOS O PRESTIGE

 

 

        Foi unha noite mais que estendeu o seu negro manto sobre as nosas costas, matando tódolos seres vivos que vivían no mar, pra logo encher de aquela viscosa merda os nosos areais, as rochas e as rías.

´       López Sors, entón Director Xeral da Mariña Mercante, intentaron imputalo en diversas ocasións; a súa imputación foi rexeitada tanto polos Xuíces instructores como pola Fiscalía, agora ven de ser admitida a súa imputación pola Audiencia da Coruña; aínda que pode que sexa notoria a súa responsabilidade no accidente, non debemos de cantar victoria. Ó marxe da súa presunta responsabilidade criminal, é un cabeza de turco. É un miserable,  o que se agocha tras del, dito no seu linguaxe

           Teño as miñas dúbidas de que esto teña un final nun  proceso, como moito despois do ruído e do cansazo haberá unha componenda,

           Tanto o elevado número de letrados e profesionais diversos que interveñen no proceso, como o volume das actuacións, con mais de 250.000 folios e os damnificados, aínda sen determinar, hai unha cousa clara a prexudicada foi Galicia, e os que fixeron algo pra remedia-lo mal foron os centos de voluntarios, os que nunca lles agradeceremos dabondo a súa axuda.

            Aquela traxedia xa pasou, aínda hoxe nos produce tremores, como se  a terra se movera baixo os nosos pes. Si miramos pra diante, asáltanos a dúbida: ¿ fíxose algo?, ¿estamos mais seguros e a salvo de outra catástrofe?. A resposta é contundente: non. Salvo que os petroleiros non poden navegar polas augas da Unión se dobre casco, nada de nada; o dos corredores, e o aloxamento da costa, non serve de nada, sen medidas punitivas serias; non se sabe de ningún barco que o fixeran entrar a porto por non respetar os corredores, nin a distancia  á cosa, que sería o que de verdade lles doería. Falta unha vixilancia  aérea cústante. non hai medios de prevención suficientes, nunca hai suficientes, pero os que hai son de pena; non hai porto de refuxio sinalado, non hai un protocolo de actuacións, que evite as decisións erráticas. Conclusión: si sucede algo, que por desgracia pasará, estamos igual de fodidos; non se pode estar fiando todo á sorte.

 

¿FEIJOO INOCENTE?

¿FEIJOO INOCENTE?

 

             A dereita, xunto onde pon datos meteorolóxicos de Santiago, tedes a opción de votar polo que consideredes o mellor artigo do mes de setembro

---    votade

            O levantamento parcial do segredo do sumario de Gürtel, orixinou ríos de tinta e os comentaristas, tanto na prensa escrita como na radio e na televisión parecen estrelas. Algunhas cousas xa se foran filtrando, outras sospeitábanse, pero algunhas fannos alucinar.

            A financiación irregular dos partidos era algo que se sospeitaba, pero eiqui hai algo mais; algunhos políticos  enriquecéronse persoalmente; foron moitos os que meteron a man, era unha corrupción xeneralizada alí onde o PP tiña poder.

            É salientable o caso do xenro de Aznar e o de Costa; tamén o de algunhos políticos de Concellos e os intermediarios cos pelotazos urbanísticos. Esta é, precisamente, a fonte de moitas mocións de censura nos Concellos; eu cando vexo unha, xa entro en sospeita. As mocións de censura, co cambio de chaqueta dalgunhos concellais debían estar mais reguladas, así, Louzao non tería tanto traballo.

            Centrémonos na trama galega. Que Feijoo diga que non coñecía a Crespo, que non oíra del, cando era o segundo do PPdeg e trallaba nun departamento da súa Consellería, é ter moito papo. Ser Vicepresidente dun goberno que financiou dúas campañas electorais con diñeiro negro e dicir que non sabe nada, fai falta ter moito rostro.

            Feijoo e Negreira discrepan do cesamento de Crespo; agora  vai resultar que Feijoo tampouco coñece  a Negreira. É normal que nade se queira ver implicado na trama Gürtel, por      eso, os amigos xa non se coñecen.

            Fáltanos saber algo moi importante, quén financiou a pasada campaña do PPg pras autonómicas, quén a longa precampaña, e  quén paga as papancias como as de Silleda.

            Agora xa atopei a razón da suba de prezo, e a baixada           de calidade nos comedores escolares. Coa a que es á cando, o PPg non  quere que Gürtel e outros semellantes lles paguen as  festas, por   eso lles sacaran a sopa os nenos nos comedores, pra poder

face-las súas papancias. 

               Feijoo que andaba polos foros de Madrid dando recetas e consellos a Camps, que os aplique a si mesmo, que falta lle fará.

PROLINGUA

PROLINGUA

 

          Galicia Monolingüe está a xerar certos radicalismos, ós que persoalmente non me opoño, nin os defendo, xa que lle corresponde opoñerse a eles quen lles da gasolina. Aínda que non é o mais ideal promover posturas radicais na defensa do idioma, creo que entra dentro do concepto de lexítima defensa. Dende logo non sería desexable que se xerara unha división na poboación e que se crearan barricadas ideolóxicas co gallo da lingua; mais ese é o camiño que segue o goberno da Xunta, animado polos ideólogos axitadores de Galicia Monolingüe.

          De momento ven de nacer PROLINGUA: unha organización apartidaria, sí política, na que se integra  xente de todo o arco ideolóxico galego, incluíndo xente do PP.

          A pregunta é inevitable: ¿ Cómo pode Galicia Monoligúe determinar, algo tan sensible, como é a política lingüística do goberno?. É sabido o escaso apoio popular de Galicia Monolingüe, nembargantes o goberno galego dálle un cuantioso apoio económico, cos cartos de todos, e asígnalle a calidade de interlocutor privilexiado pra  todo o relacionado co galego.

           Tamén na toponimia parece que ten que dicir Galicia Monolingüe, tanto este grupo como a mais tramontana rama do PP, queren eliminar todo vestixio do galego, incluso nos nomes dos lugares. Actúan borrachos de poder e coa ousadía que da a ignorancia.

           O topónimo de Sanxenxo, que os ignorantes, e pretendidamente sabidos, traduciron por Sangenjo, cando   si querían facer unha boa traducción  tiñan que ser San Ginés; o mesmo que “el niño de la guía”, traducción de  -niño da aguia- é dicir: -nido de águila- . eso é unha mostra do nivel cultural que tiñan e teñen.

           A Toponimia que pretende Galicia Monolingüe e algún sector do PP é un retorno a ese monumento da cultura franquista.

            De alucine a acusación a Galaxia de promociona-lo uso do galego; Galicia Monolingüe entende que a política da editorial Galaxia prexudica ó castelán.

            Do poucos que son, e o moito ruído que fan comprendémolo, cando o mesmísimo Presidente da Deputación de Pontevedra lle esixiu o presidente da Mesa de Normalización que de explicacións sobre o presuposto. E dicir o Presidente dunha Administración pública, sospeitoso de corrupción e malversación, esíxelle a unha entidade privada explicacións sobre o presuposto. A implicación de certos poderes públicos en Galicia Monolingüe é evidente, e utilizan esa formación pra que outros Poderes Público os sigan.

            A xunta    suprimiu as  axudas ós grupos de normalización do galego no ensino; espero que non quiten a do tabaco, porque aínda que o  tabaco é malo pra saúde, é bo pro peto dalgúns, sobretodo se non se paga á  Facenda, non hai mais que ver, parecen porcos cebados.          

A AXENDA DA SEMANA , e recordade

A AXENDA DA SEMANA , e recordade

 

                                            -PROLINGUA

            Nace vizosa e decidida a defende-la lingua; facía moita falta, ¿a ver ónde chega e o que dura?

 

-¿É FEIJOO   INOCENTE?

           Vendo dónde sopran os ventos, cada pao, palabras súas, que aguante a súa vela, que non faga como que o asunto non vai con el.

-NON ESQUECEMON O PRESTIGE

            A xustiza teno de actualidade, pero nade puido esquecer aquela traxedia.

 

-XA NON PODO MAIS

          As noticias coas que nos golpean os xornais, estropéannos o café

-OPERETAS

           Ó noso Presidente gústalle a farándula; monta o entremés e Madrid ou Bruxelas

-¿CARBALLO OU REBOLA?

 

            Entre eles veña o demo e escolla: Rajoy-Zapatero; Vázquez ou Ana Mato

 

          Si o goberno me deixa algún día libre, quixera dedicar ese día á literatura

OS VENTOS DA DISCORDIA

OS VENTOS DA DISCORDIA

 

           Zoa o vento en Pena Partida, son ventos que traen a chuvia do outono; nas carballeiras soa un mormullo lastimeiro que chora o tempo que pasou; un outono que esta deixando as polas dos carballos denudas, e o chan cuberto de follas secas, que agochan os ratos que andan á busca de landras pra pasa-lo inverno.

           No souto do lado as castañas seguen caendo cunha cadencia, solo alterada polos refachos de vento. Cando chegue a noite aquel tamén será o lugar dos porcos bravos.

           Son ruídos de sempre, cuxo orixe se perde na noite dos tempos; agora temos os dos xigantes plantados no outeiro grande; moven os seus enormes brazos como se quixeran coller o vento coa súas poderosas mans. Dicen que tamén os van a instalar nos outeiros pequenos. Antes coa repoboación forestal deixáronnos sen monte, agora quérennos deixar sen vento. Prometéronnos que íamos ter unha pequeniña parte no negocio, pero a cousa deu  a volta e quedamos sen vento e sen participación; foi como sacarlle unha lambetada a un neno, E se protestamos seguro quen nos mandan a Garda Civil.       

           O asunto vai traer rabo,   xa que agora o TSXG, dictou un acto conforme ó que se suspende provisionalmente a adxudicación do concurso eólico. Neste auto cada un parece       que ve o que lle convén; namentres a Xunta de Feijoo ve un respaldo a súa decisión de paraliza-lo proceso de adxudicación.  A doutrina científica amosa a sorpresa polo sorprendente auto, xa que se aparta do criterio seguido en actuacións precedentes, no que era moi restrictivo a hora de dicta-la suspensión, contra da eficacia inmediata dos actos administrativos.

           A opinión da Xunta carece de rigor científico e soamente ven a resolución como un seareiro de parte, pola contra, comentaristas expertos na materia, amosan a súa perplexidade polo auto, xa que o prexuízo sería maior coa paralización do proceso, que levará á perda de beneficios económicos que outorga a Administración Central, e o recorrente non se lle esixe caución pra responder, no seu caso, deses prexuízos.

            Da sociedade recorrente é accionista un alto cargo de La Voz de Galicia, de ai a campaña mediática que organizou a Voz de Galicia, co gallo do reparto, e  apostura do inxenuo de Touriño.

            Ó menos, dous beneficiarios do reparto do eólico personáronse como parte no proceso, pra opoñerse ó demandante, pero a Xunta non se personarse pra defensa dos seus propios actos.

            Pros beneficiarios no reparto o Auto non é malo, pois aínda que non crea xurisprudencia, porque eso é solo competencia do Supremo, si crea un precedente, no que apoiarán as súas peticións de suspensión. Esto vai ser un proceso longo e liado

 

VAISE DESDAPANO O GÜTEL

VAISE DESDAPANO O GÜTEL

 

            Con motivo do artigo que publiquei sobre o Gürtel  en Galicia, dicía que o que se sabía do Gürtel  en Galicia era solo a punta do iceberg.

              Con esto do quecemento global os xeos do polo norte vanse derretendo e despréndense bloques, ós que as correntes mariñas arrastran pra  Galicia. Nun deles ondeaba unha bandeira       de pirata, parecía unha gran illa deserta, que aboiaba no atlántico; non traía letreiro, pero xa a OTAN sospeitou de que podíaa ser o Gürtel, que se dirixía a Galicia, e que o artefacto solo era perigroso pro PP. Da parte sumerxida despréndese de cando en   vez unha boia  de  xeo co nome dun implicado. O iceberg viaxa lento i é unha incognita súa chegada e que segredos irá soltando no camiño. Os alcaldes do PP da costa xa se lles deron instrucción pro caso de que chegue o seu concello: 1º negalo todo, 2º decir que é un artiluxio dos Socialistas e dos Nacionalista pra  desprestixia-lo PP e en 3º lugar, manda-la policía municipal    a prende-lo artiluxio.

              Esto ensínanos que a merda, aínda que  a mandemos ó Polo Norte, termina volvendo.

              Telmo, exalcalde do PP en Sanxenxo, autorizou unha macrourbanización dunha empresa de Gürtel, que non tivo o visto e prace do goberno e foi paralizada polo Bipartito, imaxínome que  agora non  terá problemas. O proxecto contou coa oposición veciñal e de grupos ecoloxistas e gozou de importantes privilexios outorgados por Telmo, que parece comprender moi ben ós especuladores. Os socialistas de Pontevedra pídenlle que aclareo  financiamento da campaña municipal; el di estar tranquilo.  Non hai como ter a moral lasa,

             Pachi Vázquez, Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, dixo que non o ían a deter con ameazas, nin con chantaxes e seguiría denunciando as conexións do PP de G coa trama Gürtel. Recordemos que o PP lle mandou a un grupo de Novas Xeracións o seu domicilio particular, e eso debeu cabrear bastante a Pachi; pero xa lle buscaran por onde presionalo.

             Ignoro si hai investigación oficial en Galicia da trama Gürtel, de calquera xeito, de habela espero que non a tapen o mesmo que en Valencia, onde o dos traxes era unha anécdota, xa que o verdadeiramente importante era a financiación do PP valenciano.

             Eu non sei moito de logaritmos neperianos, nin de matemáticas financeiras, pero teño unha incógnita que non consigo resolver; na campaña das municipais de finais dos noventa,  mais nas autonómicas, parece que Gürtel financiou con diñeiro negro a metade do coste da campaña do PPg, segundo documentos que a policía achou nunha caixa de seguridade do Banco Santander; agora aparece como o segundo partido en gasto electoral, detrás do PSOE, na pasada campaña autonómica. Gastaron moitos cartos, non me saen as contas. ¿algún día saberase a verdade?, ¿irase sabendo, pouco a pouco?. Esto  continuará.

POLITICOS E MACARRAS

POLITICOS E MACARRAS

 

 

             Na festa de Silleda había de todo, do que había non  faltaba de nada. Moitos políticos, normal; tamén había macarras; houbo discursos mitineros, vamos, de todo.

            Os macarras son persoas, fundamentalme chulescas, cun xeito parasito de vivir, pagados de se mesmo e que pensan que todo lles  está permitido. 

            Entrando na política, podemos dicir que estes días foron días moi revoltos en  política, pero o ollo da política galega, o mais salientable, foi a xuntanza de Silleda; alí non foi solo un lugar pra luci-la mantilla española; non estar no evento podíache supoñer que te afastaran do poder; había que demostrar que se era un adepto da causa.

             A mesa, á que lle podíamos chamar presidencial, estaba moi poboada, non faltaba o caporal, e lucía, como un unto, a cabeza do Presidente da Deputación Pontevedra. Non sei se repartía tabaco ou outras cousas, porque aquela zona era moi visitada, o mellor solo era pra que os visen, ou pra luci-lo tipo.

             Canto mais próximo estabas o poder era sinal de que       eras dos afortunados, e eso notábase no lugar da mesa na que estabas; naquel sarao de mantillas españolas e banderilleros importaba,  e moito, estar perto do torero.

             Quero que, por un intre, pechedes os ollos e fagades unha representación imaxinaria da festa de Silleda: Empezamos polas das mantillas, con capas de pintura pra sacar anos, tantos anos que o final non se sabía que clase de animal era; mozas en idade de merecer, que paseaban inquedas, cunhos vestidos curtos e tacóns e unhas pernas largas, largas.......Os persoeiros vestidos de banderilleros, entre os que sobresaía Louzao, na primeira fila, a pelo, é un dicir, cunha cabeza como un unto brillando baixo o sol, o estreito traxe facía que as xenerosas carnes se lle desbordaran;   ningún gaiteiro; cando o toureiro fixo o paseillo pra ocupa-la presidencia da mesa, os muletillas tirábanlle os capotes o seu paso; as señora de peineta e mantilla lanzábanlle maliciosos bicos( algún home tamén), as mozas retorcíanse, xirando á dereita e esquerda pra qque se lle viran os perfiles. Negreira non estaba, fora o Cuartelillo pra presentar unha denuncia contra dun camareiro bébedo que lle quixo trincharlle a cara, o confundi-la cun molete de pan. Moitos pensaban que ía na Garda Civil pola trama Gürtel, pero non , de momento todo está ben atado; o día que se solte vai cubrir a moitos de merda.

             O goberno da Xunta recorta en gastos sociais, pero a festa de Silleda era a típica dunha casa grande. !                                        menuda enchenta!,

             A entrada á casa de Pachi Vázquez, estaba bloqueada por unha manifestación de unha ducia de seareiros do PP; Pachi aínda non sabe do poder dun alcalde do rural; a mais a que se lle ocorre reformala cociña da vivenda e cambiar as portas interiores e outras cousas, sen o permiso do alcalde. Se o Axuntamento lle corresponde cobrar unhas taxas polas obras que fixo, hai uns canles legais pra facelo; ou non está moi claro o devengo das taxas, ou se lle quere intimidar pra que non fale dós que con diñeiro público promoven mocións de censura,  provocan a inestabilidade nos Concellos e perverten o sistema democrático. Por certo, unha moción do Grupo Socialista do Parlamento Galego pra que o Tribunal de Contas investigara a contabilidade da Deputación de Pontevedra e uso que fai dos diñeiro de todos, foi rexeitada polo PP.