Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

O BEN AMADO

O BEN AMADO

 

           O ben amado, ou non tan amado Conselleiro de Educación, ese que tira a pedra e esconde a man; amado polo ensino privado, pro que sempre sobran cartos, escapista e tacaño pro ensino público, ó que lle quita docentes, recorta As axudas pra material, a dotación económica ós Centros, as prazas de comedor, ó ensino do galego, etc., vótalles a culpa ós pais dos alumnos de que xiren os planetas, o bipartito dos problemas que non é capaz de resolver, porque a súa ciencia é limitada, ás protestas dos pais, porque non se moven por problemas reais, senón por criterios de opinión; claro, seguro que eses pais aínda non se entearon de que agora a opinión ten que coincidir coa súa; as demais son inspiradas polo ouro de Moscú, o xudaísmo internacional e os grandes expresos europeos. Non é normal que se declare persoa non grata ó conselleiro, como acordaron nunha escola de idiomas; pero en moitos centros, aínda que non fixeron eso, se se presenta ármanlla.

            A Austeridade, na que esconden as súas ideas de recortes dos gastos sociais, chocan coa liberalidade e o dispendio que fan con algunhas organizacións ultras, en Educación e outras consellerías.

            Recorte ou desorganización, falta de ideas; pois as poucas neuronas que teñen empregáronnas en destruír, e agora o músculo non lles funciona e o cerebro menos; os Colexios empezan o curso sen diñeiro pro mais básico. Xa vexo ós pais dos nenos levando papel hixiénico pros colexios, pra logo, unha vez  usado, levarllo á Consellería pra que o reciclen.

           Vin xente no monte, que pensei que andaban os cogomelos, pero non, eran pais da alumnos que apañaban leña pras vellas estufas que terán que acender no inverno pra que os nenos non pasen frío; porque o Conselleiro vai quentar solo o seu cu, e os Colexios quedaran sen calefacción

              A suba do 15% nas taxas de comedor choca co   feito da baixada de prezos dos productos usados, tamén coa crise económica que viven as familias. O Conselleiro debe pasar mala noite, por eso á mañá se lle ocorren estas cousas, aínda que o mellor é unha estratexia feixoniana de  desprestixio dos servicios públicos; facelos caros e malos pra acabar con eles.

¿SEGUIMOS NO 1936?

¿SEGUIMOS NO 1936?

            Pra algúns,  despois de 70 anos, a crueldade da guerra  civil sigue; xa non son os protagonistas directos daquel horror; hoxe manteñen viva a chama do odio os herdeiros;  nade pode odiar tanto  e    durante tanto  tempo. Foron moitos anos de odio, unha noite moi pecha que se prolongou no tempo; un tempo, no que coexistiron dúas razas  de humanoides: os amos   que vivían no lado escuro e os explotados. Eran tempos nos que os explotados tiñan prohibido  pensar, e pra controlalo levaba un colar ó pescozo, que detectaba  calquera signo de actividade cerebral;  entón activábase o colar e voáballe a cabeza o suxeito. Solo se podían xuntar pra aparearse e reproducirse. O fornicar sen que fora con ese obxectivo era pecado e estaba prohibido, menos pros amos, ou señores do lado escuro; podían fornicar polo solo pracer; os guerreiros tiñan que   relaxarse, e as Vader femias tiñan a obriga de compracelos.

              Pretendeuse algo mais discreto e permanente que o control que se facía co colar; o doutor Esperimón inventou un sistema de manipulación xenética que desenrolaría individuos dóciles, moi útiles pra traballar e obedecer; a reproducción faríase en laboratorio, co  que se eliminaría calquera método anticonceptivo, que puidera priva-los amos dos servicios dos servos.

             Cando  Darth Vader morreu, apagouse o imperio do lado escuro, quitáronse os colares, e a xente xa puido pensar:  á xente xa non lle importaba que o acto de fornicar tivera que ser pra procreación, ou que fora pecado. As femias xa non era o descanso do guerrero, agora eran donas de si, dos seus actos e do seu corpo. Parecía que, o fin,  camiñabamos cara a liberdade.

            Algo non foi ben, os explotados estaban acostumados a transixir e a soportar privacións, pero os señores do lado escuro  non sabían vivir sen os seus privilexios. Neles, despois  de tanto tempo, produciuse unha mutación xenética, que a transmitían, e segundo a que xa non sabían vivir nun mundo compartido, de dereitos e obrigacións.

             Deixando o mundo das fabulacións, no que lle gustaría vivir a Álvaro  Cunqueiro, imos volver o día a día, e veredes que segue nesa irrealidade, dese mundo que antes pintamos.

              O PP oponse á aplicación da lei da memoria histórica, eso que xa levamos trinta anos de democracia; un xeito de vivir que eles aceptan de mala gana.

              Non pecharíamos unha relación citando A Coruña, Guadalaxara, ou o Val dos Caídos. O do Val dos Caídos é espeluznante; como non tiñan bastantes víctimas do seu bando, violaron as tumbas colectivas dos que asasinaron, e trasladaron os restos o Val dos Caídos; imaxinade o sufrimento engadido dos familiares dos asasinados cando souberon do feito. Solo pensar que os seus ían descansar nun medio hostil, tiña que ser horroroso.

            Agora, a Xunta do PP obstaculiza a aplicación da lei da memoria histórica, e poñen no mesmo cesto as víctimas e os verdugos. O PP segue a lexitimar o réxime franquista, unha dictadura tan cruel, que non se coñece na historia unha semellante, tendo que nos remontar a Nerón pra atopar algo parecido.

            A sublevación de Franco puido triunfar pronto e aforrar moitos mortos e a devastación do pais; pero el quería eliminar calquera tipo de resistencia, e asasinou, sen piedade, ata que reduciu o pais a cinzas pra crear o seu reinado de terror, que solo rematou cando morreu.

              A pervivencia de algunhas ideas e maneiras antidemocráticas, subsisten, pola peculiar transición española, onde non houbo ningunha depuración.

O GÜRTEL GALEGO

O GÜRTEL GALEGO

                                       

            Moi sospeitoso, pero que moi sospeitoso. O PSdeG di que a trama Gürtel tivo fortes implicacións en Galicia e cita a Negreirea  cando era Presidente do Grupo de Portos e Crespo  vocal. Daquela Feijoo era Vicepresidente do Goberno Galego e era notoria a súa amizade con Negreira, a mais de se-lo Conselleiro do que dependía o Grupo de  Portos; por eso, que agora renegue del, recórdame a San Pedro cando renegou de Xesucristo, e fai medralas sospeitas. Crespo, o agora detido pola trama Güertel, era vocal do Grupo de Portos. Os tres, pois, están no asunto e teñen que dar contas  no Parlamento, non poden seguir votándolle a culpa os grandes expresos europeos e o xudaísmo internacional; a teoría da conspiración xa no lles vale.

            Sitúan a Louzao, Presidente da Deputación de Pontevedra, como o home de Gürtel no sur de Galicia; que o mesmo fai convite con papancia e entradas á  corrida de touros, ó que  asisten políticos do PP, ós que antes agasallaba o Axuntamento, ata que o Bloque tomou o poder; pero tamén hai algún significado socialista nesta festa a conta do diñeiro público,- (sinvergonza quen o organiza e sinvergonza quen vai)-, Louzao que adxudica contratos a Güertel a cargo da Deputación; un home que sabe camiñar polo fío da navalla.

            Pachi Vázquez anunciou que seguira coa investigación da trama Gürtel e a súa conexión co PP de Galicia, aínda que o ameacen e lle manden aprendices de matón a súa porta, en  referencia ós membros de Novas Xeracións que o acosaron no seu domicilio.

              As novas evidencias de Gürtel co  PP, en especial co PP de Galicia e con Louzao, descóbrense a raiz da apertura dunha caixa de seguridade que Pablo Crespo tiña en Pontevedra.

               No informe do Tribunal de Contas do ano 2004 destápase a relación de Negreira coa trama Gürtel. Negreira e Crepo en Portos e Feijoo de Conselleiro de Ordenación do Territorio, foi un equipo que se marchou porque perderon as eleccións.

                A verdadeira conexión do PP de Galicia co grupo Gürtel aínda está por descubrirse, deica agora só aflorou a punta do Iceberg; pero dubido que estas perigosas amizades teñan unha repercusión electoral; o electorado actúa animado por outras cousa, aínda que sexan irreais, e teñen descontado a corruptela dalgúns políticos. nembargantes o electorado é cada vez mais crítico e pode pasar factura polo engano masivo e a propaganda sucia.  

PROGRAMA PRA VINDEIA SEMANA

PROGRAMA PRA VINDEIA SEMANA

 

 

O GÜRTEL EN GALICIA

 O que parece se-lo inicio dun culebrón

 

 ¿ ESTAMOS NO 1936?

 

Parece que algúns viven atados o pasado e son incapaces de superalo

 

O     BEN AMADO

O Conselleiro de Educación médranlle os ananos

 

POLITICOS E MACARRAS

 

 A festa do PP en Silleda foi un espectáculo que non defraudo

 

COMO ERA VISTO O GURTEL MEDRA

 

O lixo chégalle a Telmo alcaldable do PP para Pontevedra

 

O AUTO DO EOLICO

Hai quen pensa que é unha insólita resolución xudicial, na aliña da do de Gürtel en Valencia; insólita si que é, pero lóxica tamén.

 

 

          Quedou sen saber quen era o pai do polo. Sabíamos que a nai era a galiña de Casares; mais ningunha das opinións atopou parecido dabondo para dar co pai. Sabemos que ten pluma, porque é ave, tamén que é azul: eso, a verdade é que nos confunde; polo que o mellor é facerlle as probas de paternidade

 

           Esto é solo orientativo

MORAL DE RICOS E MORAL DE POBRES

MORAL DE RICOS E MORAL DE POBRES

 

 

 

 

 

            O dereito ó aborto, na súa regulación legal, foi unha conquista  das mulleres, calquera modificación que se leve a cabo, pra lograr un adianto, tamén será un logro delas. Todo xira en torno seu, porque son as protagonistas e principais afectadas. Como non son muller, opinar dun tema que as mulleres lles afecta tan directamente, é meterse voluntariamente nunha discusión, que nunca se sabe como acabará, ademais, non me sinto lexitimado.

           Por evitar discutir dun tema, non vai desaparecer, polo que o mellor é sacalo á luz.  O asunto non se limita solo a se as mulleres poden decidir sobre o seu corpo,  tamén hai mais persoas implicadas no tema, que precisan ter as cousas claras pra non coquetear coa difuminada liña da legalidade; refírome en concreto ós profesionais da medicina, precisan ter un amparo legal pro exercicio da profesión, non lles podemos pedir que sexan funámbulos e que camiñen a cotío polo aramio.

             O exercicio da cláusula de conciencia parece un dereito lóxico, pero presenta problemas que é preciso matizar; pra empezar, é o mesmo que si negaran unha transfusión de sangre por razóns de crenzas relixiosas. Entón xurde a gran dúbida: é mais importante as crenzas persoais do galeno, ou a saúde da muller, xa sexa física ou moral, se é non centro público; porque se seguimos por ese camiño, o médico pode negar calquera intervención, mesmo coidados paliativos; xa vimos o que lle pasou o Dr Montes.

            Qué pasa cos médicos que nos centros públicos exercen a cláusula de obxección  e logo fan a intervención en centros privados. Eu prohibiríalles, de por vida, exerce-la medicina en centros públicos.

             Vense de aprobar a dispensa en farmacias, sen receta médica, da pílula  do día despois ou poscoital, penso que é un erro a falta de control médico, pois actúa como unha centrifugadora e o abuso, sen dúbida non pode ser san, haberá quen a tome tódolos fins de semana.  Leva tamén, moi importante, que se baixe a garda sobre doenzas de transmisión sexual. Eu poñeríalles unha condición: Terían a obriga de acudir a un exame médico posterior pra avalia-los efectos da droga e pra descarta-lo contaxio de enfermidades de transmisión sexual.

            Non quero pensar mal, pero vende-la pílula se receita médica, supón que non ha vai paga-la Seguridade Social, agudo o goberno.

            As ricas nunca tiveron problemas, nin límites pra abortar; o límite poñíao a carteira; é pois, un problema de pobres. O que nos leva a dobre moral; unha moral pra pobres e unha moral pra ricos.

             Mentres a Xunta, no seu bo goberno dálle unha xenerosa subvención a unha organización antiabortista e négalle unha axuda ó concello da Coruña pra restaurar topónimos, cousas distintas, con desenlaces tamén distintos.

             A xunta do PP ve ás mulleres como seres sen personalidade propia, o mesmo, exactamente o mesmo que as vía o fascismo durante a guerra civil e a posguerra: “como o descanso do guerrero”.

            Frase dun membro do goberno Autonómico: “Axudarémoslles a ser nais”; unha frase que estremece,  ¿e se elas non queren?. ¿haberá violacións en serie?. Haberá violacións das súas conciencias, terán que face-lo que lles diga o PP

             Algúns profesionais da farmacia queren exercer a obxección de conciencia. Que a exerzan e que lles quiten a concesión por non cumpri-la función da farmacia.  

AMEAZAN O CONCELLO DE VIGO

AMEAZAN O CONCELLO DE VIGO

             O Concello de Vigo saca unha  convocatoria pra  cubrir 28 prazas en urbanismo; esto irrita o PP, mais que nada porque non foron eles os cas convocaran, e amañaran as normas da convocatoria.

              O Director Xeral de Administración Local, íntimo  amigo de Rueda, do que foi compañeiro no Concello de Cambados,  e que ten no seu curriculum persoal a pertenza á  dereita mais nostálxica, mesmo figurou como  candidato nas listas de falanxe. Como dicía o  PP, por medio deste Director Xeral, cominou o Axuntamento de Vigo pra que suspenda as probas convocadas, xa que vai esixir unha proba de Galego, non eliminatoria.

              No caso de que as probas no foran paralizadas, ameazounos con suspendelas el directamente. Esta é a 4ª ameaza do goberno  da Xunta no que  vai de ano. Teñen modais de matóns de barrio.

             Funda a súa oposición en que a convocatoria incumpre a recente reforma da Lei da Función Pública de Galicia que o PP, unilateralmente, levou a cabo pra elimina-lo galego das probas de acceso.

             O Concello de Vigo alega o seu favor a Lei de Réxime Local, artigo  6. O mais importante é o afán do goberno da Xunta en suprimi-la autonomía municipal e gobernar Galicia dende San Caetano.

            Xa me parece dunha mesura e un escrupuloso ríspeto á legalidade o contido d convocatoria, na que o exercicio de galego non é eliminatorio.

            Esta leria que lle entrou o PP co galego, amais de facer patente a súa animosidade contra do galego, tamén pon de manifesto a súa falta de ríspeto  polos administrado; négalles o dereito a que as Administracións Públicas os atendan no seu idioma. Eso demostra que nos ven como unha colonia dun estado opresor, que nega tódolos dereitos, que ademais, vennos como súbditos, non como administrados, nin ciudadanos. 

            Os municipais que están de servicio no Concello de Vigo xa saben que teñen que ter coidado cun señor vestido de azul, que vai asalta-lo concello pra metelo en cintura, é poderoso, actúa e ameaza no nome do lado escuro.

 

      

            Por ssuposto, falan na lingua do imperio, e Gloria Lago, a vosa dereita, está ecuipada pra unha guerra química pra aniquila-lo galego

 

           O asunto dos Audis non é unha cuestión baladí, Despois de ser unha das armas, unha das bombas sucias, utilizadas polo PP en campaña, coa demagoxia típica do PP, que facía crer ós electores que o bipartito paseábase por Galicia en coches de luxo, marca Audi, deixando de lado os coches citroën; agora vainos regalar; vai regala-los coches que eles mesmos mercaron, namentres Sogama vai pagar unha fortuna por alugar coches similares ós que Feijoo vai regalar. !que cara!

         O dos Audis xa aburre, pero foi tal a insistencia no tema, polo PP, que fai difícil que esquezamos o asunto.  Eu quixera que o tema se tratara mais, que se relacionara coa austeridade que prometeron en campaña. O dos Audis, os que quere regalar. Touriño, o pusilámine Touriño, non lles respondeu en campaña e aclarou o tema, deixando que a mentira adquirira visos de certeza. O certo é que se atoparan fronte a dúas peras en doce; pois tanto Touriño como Quintana  puxéronlles as cousas fáciles.

             Tanto que pregoou a austeridade, que houbo quen o mellor llo creu; eso foron promesas electorais, que logo se esqueceu delas nadamais chegar ó poder. Na Administración Periférica é onde mais se nota o despilfarro   deste goberno, incrementouse o gasto, non solo polas creacións dese enxendro de Superdelegacións, senón polo incremento de retribucións dos Delegados Territoriais, os LD cesados e que seguen cobrando sen facer nada e os parques móbiles provinciais.  Deica agora, descoñezo que a oposición teña unha proposta sobre a Administración; gustaríame coce-la opinión, se é que a teñen.

            Algo que me resulta curioso é como dentro desa órbita política do poder se recorre á ameaza: pois dende Gloria Lago, o mesmo Feijoo, pasando   polo Conselleiro de Educación recorren á ameaza como algo que pon o punto final de calquera discusión. Eu recordaríalle ós ameazantes que é certo que Galicia é pequena e que todos nos coñecemos, pero Vigo aínda é mais pequeno.

            A    visualización da austeridade o actual goberno queda reflectida na partida de 150.000 euros qe Sogama, empresa da Xunta ten este ano pra alugar coches dunha gama similar ós que quere subhasta-la Xunta. ¿De qué sirve o comentario?.

 

 

A COARTADA

A COARTADA

          Si o goberno ten que devolve-los 1600 millóns de euros  que a Xunta lle debe ó Estado, Feijoo xa dixo donde ían a saír: dos servicios sociais; naturalmente non se van a prexudicar as transferencias a particulares  e as subvencións ós amigos. Feijoo abunda en que non pode devolver o que non ten; leva menos de un ano no poder e xa fixo de Galicia un pais insolvente.

           As promesas electorais non as cumpriu, nin se molestou en intentalo. A dependencia, na que ía a actualiza-los pagos en dous meses, que fixo do tema unha das súas bandeiras de combate contra do goberno, segue esquecida; un asunto pra airealo nos xornais,  e que seguen tapándoo cun tupido velo; por certo, estes días pasados, a Presidencia da Xunta deulle outra subvención a La Voz de Galicia de 120.000 euros. ¿Terá relación con algo?, qué pensades?.

           Si sumáramos tódalas axudas, transferencias e  subvencións que leva feito ós amigos, sen estar presupostadas,  que solo existían na columna do debe dos favores recibidos, teriamos  cartos abondo pra paga-las axudas que prometeu os dependentes, abrir os centros de día rematados e parados, as residencias da terceira idade, e as escolas infantís, do mesmo xeito rematadas e sen abrir.

            Pra retorcerse coa risa, despois de ameazar ó  BNG con tirar da manta, pídelle que lle axude a conseguir mais cartos do Goberno Central. Eu pediríalle dúas cousas: 1º que tire dunha vez da manta pra ver que esconde; non se pode tira-la pedra e esconde-la man.  -Xa vos dixen no artigo publicado o 23 deste mes; habería mais reaccións coma as do Conselleiro de educación-, (que por certo, agora nega que ameazara); son as reaccións típicas de quen carece de argumentos e se sente acurralado, 2º  que  teña algo de testiculina e deixe de poñer coartadas e chorar, se necesita cartros, que suba os impostos.

            Pra mais inri, os cartos indebidamente adiantados non os ten que devolver xa; o primeiro, de tres prazos, ten que devolvelo o 2011, o cal confirma que os está usando como coartada pra recorta-los servicios sociais.  Ademais, ¿ónde meteu eses cartos?.

              É moi amigo de falar en Madrid, como un estadista, onde vota mais tempo que en Galicia, (¿Será por motivos persoais ou políticos?); quere unha lei electoral á medida, non lle importa gobernar contra da maioría, o único que quere e a garantía de que se perpetuará no poder, como Franco.   O que é tan normal en Europa, pactar entre os elixidos nas furnas, el quere prohibilo por lei, pra facilitarlle o camiño o PP, que é incapaz de pactar con nade; e nade quere pactar con eles, agás cun prezo como o que pagou Aznar o PNV na  súa primeira lexislatura.

            Si sumamos os votos da oposición son mais que os seus; gracias a esta Lei Electoral, chamada do sistema D´Hondt, a maioría sae primada no  reparto de escanos; concluíndo: goberna contra da maioría do pais.

FUTBOL

FUTBOL

             

            Non son un seareiro deses  que precisan o fútbol pra vivir, pero recoñezo que é un fenómeno social, que alimenta paixóns e arrastra multitudes en todo o mundo; pero o goberno Feijoo, por boca do Director de Deportes, anúncianos que non haberá o tradicional partido de Fútbol que a Selección Galega xoga polo Nadal; o mais ofensivo foi como se mofou da selección e dos seareiros.

           Non deixa de asombrarnos a baixeza moral deste goberno; xa non se conforman con sacar calquera sino de identidade; non lles importa, nin o seu carácter, nin a aceptación popular; aínda teñen que ridiculiza-la Selección e os seareiros.

            Consciente de que metera mais que a pata, deu un xiro, e tratou de xustifica-lo asunto, alegando a austeridade da que fan gala sempre que lles interesa.

            Non son austeros e sóbranlles os cartos pra subvencionar organizacións de extrema dereita.

            O Sr. Domínguez, tenente de alcalde do Concello de Vigo, colleu a luva e dixo que o Concello de Vigo ofrecíase a organiza-lo evento e correr cos costos.

            Ó Concello de Vigo vanlle a saír mais competidores, xa que é un negocio rentable, pois, non  solo dinamiza os negocios da cidade onde se organiza, senón que os patrocinadores cobren os gastos do evento.Así que o problema non é económico, senón político.

            Eu, ademais de organiza-lo partido, no saque de honra soltaría un pito como o das galiñoescolas, mesmo tería unha mascota, ou disfrazaría os recollepelotas; por suposto se o Presidente da Xunta, ou calquera do seu Circo, quixera asistir ó partido, terían que paga-la entrada. Sería unha oportunidade de ouro pra reivindica-lo municipalismo, invitaría os Alcaldes, menos os transfugas.

             Co gallo do partido de fútbol que a Selección Española xogou en Riazor, uns energúmenos escúpironlle a un seareiro porque levaba a camiseta da Selección Española, son  esa xente a que lle da tan mala imaxe ó nacionalismo.

OS CHIRINGUITOS

OS CHIRINGUITOS

              

  

                          

            Non son chiringuitos de praia, son unha dispersión incontrolada de Unidades Administrativas e de servicios diversos que crearon os arquitectos administrativos de  Fraga. Tódolos los gobernos criticaron a súa existencia, pero nunca se pechou ningún. O goberno bipartito estaba lexitimado pra eliminalos e debeu facelo, pero no seu lugar seguiu coa política  de engorde.

            A xente que desempeña postos de traballo nos chiringuitos ocupou o posto por   dedo, e son tan fixos como os funcionarios que se pelexan cunha multitude por unha praza e se deixan as pestanas estudiando temas.

            Agora que Rueda quere facer unha limpeza, a min éntrame o medo;  todos sabemos que suou a camiseta pra coller unha praza de funcionario de Administración Local, que sabe dos principios de mérito e capacidade pra acceder á Función Pública, que é moi respectuoso coas normas de incompatibilidade, etc; pero mira tí por onde, eso é o que mais me preocupa.

              En contra do que a xente pensa, os chinguitos non se localizan en Santiago, hainos noutras cidades, vilas, en Madrid e mesmo no estranxeiro.

             Rueda tentará pechar os que lle molesten, pero engordará os que lle conveña; venderanos a moto,  como o aforro dos catro millóns de euros coa reforma que fixeron na administración, e nos a tragar, poñeremos  cara de xilipollas e a créelo.

             Insultan á intelixencia, ¿Qué concepto terán de nos?, ¿´é posible que nos vexa así de estúpidos?.

 


PROGRAMA PRA VINDEIA SEMANA

PROGRAMA PRA VINDEIA SEMANA

            Non é doado facer unha previsión de asuntos a tratar ó longo a semana, xa que o goberno sempre ten algunha parida a punto, así que, si   eles nos deixan, falaremos:

          CHINGUITOS

           A Xunta sempre foi dada a crear chiringuitos; o Conselleiro da Presidencia anunciou  que vai eliminar moitos.

           FÚBOL

           Non sinto unha paixón grande polo fútbol. Pero o anuncio  do Director de Deportes da Xunta de elimina-lo partido da   Selección Galega porque non hai  cartos mereceu n comentario

            A COARTADA

            O Estado adiantoulle á Xunta 1600 de mais, o estima-la recadación. O Estado pídelle a devolución en prazos; pero el xa utiliza o asunto como coartada pra reduci-los servicios. Nade sabe onde foron a  parar os 1.600 millóns.

             AUSTERIDADE POUCA, AMEEAZAS SEMPRE

             Non se ve a austeridade por ningún lado, o que si se lles ve  ameazar como si foran matóns de barrio.

              HAI UNHA MORALIDADE PRA RICOS, E OUTRA MORALIDAD PRA POBRES.

               Esto aínda que se da sempre, e mais salientable agora coa lei do aborto, que si ben é criticable nalgúns puntos, tamén ten aspectos positivos

                O CONCELLO DE VIGO AMEAZADO POLA XUNTA

                Fai unha convocatoria pra cubrir 38 vacantes, pero a Xunta non está conforme coas bases e ameázao.

 

                Mais asuntos que días, a ver o que pode facer. Por último un consello:

 

DEIXA-LA  LIBERDADE

 

Non poñas portas ó campo

Nin á liberdade fronteiras

No poñas cercas á amizade

Nin ó amor  barreiras

ESTRUCTURAS SANITARIAS

ESTRUCTURAS SANITARIAS

                                                                                       

          O goberno bipartito deixara deseñado un plan de infraestructuras sanitarias pra desenrolalas nesta lexislatura; pois  ben, como todo o  feito polo goberno anterior, os    estudio se os proxectos   foron  cartos e tempo perdidos.

          O novo  edificio  a construír no lugar que ocupa o Casares Quiro, case pegado ó clínico, albergaríaa s consultas esternans, doenzas en especiais e hospital de   día.

           Esto é moi importante, ollo o dato, non subiría o  seu costo por riba dos 30 millóns de euros. Os  financiamentos  de partidos con cargo a inversións en obras, cobrando unha coima, non pode admitirse nun pais decente.

           O cuarto hospital en Vigo, cun estudio xa avanzado,       tamén foi paralizado. O estudio custou cartos, pero tamén  Feijoo os tirou polo retrete. Parece que vai expropia-los terreos e paga-lo acordado polo bipartito cos propietarios. Non se resistiu a   deixar unha perla: o bipartito non soubo actuar, os terreos deberan ser gratis. De quén falaría; quén seria o estúpido. !Esta xente do Opus que lista é!. Seguro que lles cambiaría os terreos por unha fanega de sembradura no ceo.

           Vigo ten nunha necesidade urxente de servicios sanitarios; mentres tanto Corina e a Xunta están a afoga-la cidade pra que       de podrida lles caia nas súas garras e condenándoos a un terceiro mundismo.

          En Pontevedra xúntanse á desunión entre os dous partidos gobernantes. A Tenente de Alcalde do PSOE que non perde oportunidade pra contradicir e acosar ó Alcalde do BNG, Telmo do PP que  ve todo  con ollos  de especulación inmobiliaria. Total, non se dan posto de cordo pro emprazamento do hospital a construír. A Xunta   feliz, xa  que o seu é non   facer nada.

          En Ourense o maior problema é a falta de equipo directivo; están chocando os poderes provincias, que defende Baltar e o ordeno e mando de Feijoo.

           O de Lugo non se sabe cando entrará en funcionamento; a vella  residencia de Domingo Tallo xa deu bastante de si. O mellor, mira por onde, o Alcalde  sabe como anda o conto; tamén pode ser que non se entere de nada; o mais seguro é que quén sabe.

            Os coruñeses seguen co seu porto exterior; os     especuladores teñen as garras listas pra votarllas  a inmobiliaria, que medrará ó redor, alleos ós problemas de financiación. Os cartos  empréganse na cidade da incultura en Santiago. Aí é onde se ve unha inversión  productiva.

              Pilar Barjas acusou a un responsable do bipartito de esconde-las listas de solicitude de asistencia médica no queixón, ¿cándo lles enxeñaran en que as acusación falsas teñen consecuencias penais?; mentres temos que escoitar falsidades, ver como poñen en marcha o ventilador pra enche-lo pais de merda, co fin de esconde-la incompetencia e o desgoberno. ¿seique medran as listas, medra o  caos , a desorganización?

O ARTE DA CHANTAXE

O ARTE DA CHANTAXE

 

          Seguirein a  suxerencia que ffixo Piusillo no Libro de Viisitas e os domingos tratarein de facer un guión do que publicarein na semana.

 

         

Lin unha entrevista que lle fixeron a Gloria Lago, a de Galicia Monolingüe, profesora de inglés, ó remate das xornadas que lle organizou en Pontevedra o Presidente da Deputación, quedádevos con ese dato. A entrevista ía mais aló do desenrolo das xornadas, tanto o entrevistador como Gloria Lago poucos cartuchos se gardaron.

          Confeso que me resulta repugnante falar de Gloria Lago, considérome tolerante cos que non pensan coma eu, pero a miñas dificultades xorden cando se trata de baixar o infrainferno da inquisición e tratar de falar de seres irracionais.

          Directamente e sen disimulo, ameazou a Feijoo se non seguía as súas suxerencias, con esta frase textual: “ se Feijoo non cumpre o que prometeu podémoslle dar moitas sorpresas”. Faille chantaxe e ameaza ó Presidente do Goberno Galego., “chantaxe e ameaza a funcionario público no   exercicio   da súa función” intento de subverter a  orde democrática. Preguntaríalles ós profesionais do dereito si eso no está tipificado no Código Penal. Si coñecera a algún político ou parlamentario, tamén lle preguntaría sobre o asunto e lle pediría que actuaran.

           Chantaxear é unha arte, non é preciso que o chantaxeado se lle diga qué é o que vai facer o chantaxista, porque o chantaxeado xa o  sabe ou o intúe.

          Nas xornadas non había ningún filólogo, Galicia era representada pola mesma Gloria Lago e un señor encastrado na Consellería de Educación, Físico e vicepresidente de Galicia Monolingüe. Sobran os comentarios.

          Gloria Lago acusou á Universidade de Vigo de enviar ós colexios unha “nota” sobre o galego, contrarias ás teses de Galicia Monolingüe, utilizando para elo fondos públicos: Pois ben a Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo actuou dentro da súa competencia, Polo tanto, non hai uso indebido de fondos públicos; Galicia Monolingüe si os usou.

          Ela é bilingüe; domina o inglés e o  castelán, Non está o alcance de todos ser bilingüe; segundo o seu razoamento, os nenos galegos non son capaces; ¿acaso os considera retrasados mentais?

¿AINDA ESTAMOS DE CAMPAÑA?

¿AINDA ESTAMOS DE CAMPAÑA?

 

          Os que seguiron as declaración de Núñez Feijoo, seguro que dubidan de se a campaña electoral  rematou; seguen coas rebaixas, eu pensei que xa estabamos en temporada de inverno, pero non, para algunhos a temporada de rebaixas segue. A Xunta vai reducir un 15% os gastos de funcionamento, segundo Feijoo.

           Todos estamos de acordo en que a austeridade debe ter como consecuencia inmediata a reducción dos gastos correntes. Feijoo xa cuantificou a reducción nun 15%, eso é o mesmo que prometeu en campaña; pero como vai reduci-los gastos de funcionamento, si o primeiro que fixo, nada mais tomar posesión foi aumenta-la estructura administrativa, sen que se compensara, nin de lonxe coa reducción nominal do número de Consellerías; digo reducción nominal porque as sedes, estructura administrativa e servicios anexos das Consellerías nominalmente suprimidas, segue intacta.

          Vendernos ese conto, insistindo na mesma mentira non ten sentido, a non ser que  se ateña a aquel dito de que unha mentira, a foza de repetila, a xente crea. Si quixera practicar unha austeridade orzamentaria ese sería un bo comezo. O malo son os feitos, que deixan en propaganda electoral as declaracións:

           1º.-incremento da estructura administrativa da Xunta coa creación de cinco superdelegacións, que nin de lonxe, son compensadas por supresións de Consellerías; insisto, non  da súa estructura..

            2º.-Incremento de altos cargos e asesores, así como outros cargos de libredesignación.

            3º.-Transferencias correntes, sen sequera estar presupostas.

            4º.-Diminución drástica en gastos sociais: educación, servicios sociais e dependencia.

            5º.-Diminución en gastos de inversión; especialmente en infraestructuras, xa presupostadas, sanidade, educación e servicios sociais, onde chegan a non abrir centros xa rematados.

            Qué pasa cos remanentes de crédito, é dicir co presupostado e non gastado. Que se saiba, a mais de dar cartos os amigos, non executaron os orzamentos, imaxínome que pro ano van ter moitos cartos.

              Non é cousa de que fagamos aquí un análise pormenorizado simplemente reseña-lo mais salientable.

              ¿Quén da mais?; agora contarannos milongas.

COMENZO NO HORREO

COMENZO NO HORREO

 

 

 

          Despois da ausencia vacacional, que parecía un abandono da escena, e en cuxo período o goberno dedicouse comodamente a destruír. A oposición resucita no Pazo do Hórreo, Pachi Vázquez  pídelle o goberno que deixe de humillar ós galegofalantes, eu   engadiría e de acosalos; asemade fíxolle unha petición a Feijoo: “que sae deixe de chulerías e se poña a traballar.

           Feijoo é chulo, pero ademais é un provocador. Vaille a polémica.

          A súa maneira el xa está traballando; dirixe unha brigada de demolición e non está parado. Coido que a estas alturas xa pouco lle debe quedar por destruír. Agora é cando comeza a construcción  do imperio do mal. Recemos, recemos porque chova mansa e derretida.

          As tácticas parlamentarias son segundo o saber do orador; por exemplo: a unha pregunta que lle resultou incómoda, o Conselleiro de Educación respondeu cunha ameaza: “faría pública a lista dos deputados da oposición que mandaban os seus fillos a escola privada”. A ameaza move a risa, porque, que se saiba, non é ningún delito manda-los fillos a colexios privados; pero o ton airado e ameazante con que o fixo, lévanos á seguinte  reflexión: ¿de tan poucas razóns dispón,  que pra responder ten que recorre ó chantaxe.?.

          ¿Teñen vida privada os parlamentarios e os membros do goberno?, ¿ é o mesmo legalidade que inmoralidade?

          Nade  sacou feitos da vida privada de ninguén, nin se aireou as opcións sexuais de nade, porque son cousas da  esfera privada dos individuos e deben permanece nela; pero o amago do Conselleiro de Educación, pode  abri-la caixa de pándora é, polo menos, é impropia; é obriga o PP a pronunciarse publicamente sobre  tema.

          As ameazas do Conselleiro de Educación veñen a confirmar o baixo perfil do goberno; a falta de preparación, fai que á mínima presión estouren.

           As mediocridades, aínda en proceso de floración transitoria, traen reaccións extemporáneas, haberá mais reaccións como  esa, xa veredes.

COMENZO NO HORREO

COMENZO NO HORREO

 

          Despois da ausencia vacacional, que parecía un abandono da escena, e en cuxo período o goberno dedicouse comodamente a destruír. A oposición resucita no Pazo do Hórreo, Pachi Vázquez  pídelle o goberno que deixe de humillar ós galegofalantes, eu   engadiría e de acosalos; asemade fíxolle unha petición a Feijoo: “que sae deixe de chulerías e se poña a traballar.

           Feijoo é chulo, pero ademais é un provocador. Vaille a polémica.

          A súa maneira el xa está traballando; dirixe unha brigada de demolición e non está parado. Coido que a estas alturas xa pouco lle debe quedar por destruír. Agora é cando comeza a construcción  do imperio do mal. Recemos, recemos porque chova mansa e derretida.

          As tácticas parlamentarias son segundo o saber do orador; por exemplo: a unha pregunta que lle resultou incómoda, o Conselleiro de Educación respondeu cunha ameaza: “faría pública a lista dos deputados da oposición que mandaban os seus fillos a escola privada”. A ameaza move a risa, porque, que se saiba, non é ningún delito manda-los fillos a colexios privados; pero o ton airado e ameazante con que o fixo, lévanos á seguinte  reflexión: ¿de tan poucas razóns dispón,  que pra responder ten que recorre ó chantaxe.?.

          ¿Teñen vida privada os parlamentarios e os membros do goberno?, ¿ é o mesmo legalidade que inmoralidade?

          Nade  sacou feitos da vida privada de ninguén, nin se aireou as opcións sexuais de nade, porque son cousas da  esfera privada dos individuos e deben permanece nela; pero o amago do Conselleiro de Educación, pode  abri-la caixa de pándora é, polo menos, é impropia; é obriga o PP a pronunciarse publicamente sobre  tema.

          As ameazas do Conselleiro de Educación veñen a confirmar o baixo perfil do goberno; a falta de preparación, fai que á mínima presión estouren.

           As mediocridades, aínda en proceso de floración transitoria, traen reaccións extemporáneas, haberá mais reaccións como  esa, xa veredes.

BENEFICIENCIA

BENEFICIENCIA

 

 

 

            Na Consellería do paro todo é posible. Mal imos se  a Conselleira do paro non arranxa a casa; unha Directora Xeral súa, que  ten o  seu  cargo a  vixilancia do cumprimento das normas de relacións laborais foi condenada por violar a súa empresa as normas, cuxo cumprimento ten que protexer; mal, moi mal anda a cousa.

            A citada Consellería é todo unha mostra do que pretende Feijoo, o peor  gobernante dende Godoy, a eliminación de tódolos servicios públicos.

            A muller fai o que pode, malia imaxe de extremismo ideolóxico. Son estereotipos que a perseguen.

            Que culpa ten ela de que haxa xente que teña a mobilidade reducida ou outras eivas; eso de xantar na casa non deixa de ser un capricho; ela mesma come fora da casa.    ( as facturas pagas a Xunta, e   dicir, nos).

            Tamén hai xente moi caprichosa. ¿ A que ven eso dos Canguros pra coida-los nenos mentres os pais saen?. Eses do bipartito non se enteraran de que os canguros son uns animais de Australia. Menos mal que esta muller tan lista, traballadora e preocupada da cousa pública e da humanidade chegou a tempo de poñer remedio.

           A   dependencia está paralizada;  Feijoo prometeu pagar e agora non se lle pode deixar co cu o aire; hai que  inventar algo, o problema é que non saben onde foi a neurona  pra  pensar; o mais socorrido: votarlle a culpa o bipartito.

            O Xerente do Consorcios anda moi ocupado buscando furados no orzamento; ten detectives examinando con  lupa  tódolos papeis do bipartito; así cando lle pregunten por qué ten paralizados ós servicios, pódelles dicir que o bipartito deixou un buraco orzamentario, que en dous meses gastaron o presupostado pro ano. Así plantexadas as cousas atópase nun dilema; ou ben os do   bipartito traballaban moito e eran moi eficientes, ou el é un inútil, incapaz de xestiona-los asuntos. Difícil elección.

PLAN DE VIVENDA E CONTRATOS A DEDO

PLAN DE VIVENDA E CONTRATOS A DEDO

            Non son os Conselleiros os que fan esa noxenta e impresentable practica de adxudicar a dedo  os contratos de obra é prestación de servicios públicos. Danos a impresión de que  o PP tomou a Administración da Xunta como un botín, que reparte entre tódolos amigos e  aqueles carroñentos que se enganchan ó poder pra zugar da teta.

            O  mes de agosto trdicionalmnte é un mes de baixa actividade administrativa ,pero o PP tiña presa e desfacer o que o bipartito había construído e asignar contratos a dedo á            camarilla, nunha palabra había que reparti-lo botín de guerra

            Hai trimestres que non se asignan tantos contratos, pero este mes de agosto, pese a  ser un mes en que a administración     está baixo mínimos, era un mes especial: había que reparti-lo botín de guerra entre os amigos, e para elo nada mellor que este momento en que todos estaban de vacacións e o Parlamento pechado. Foi unha actuación con aleivosía e ocultamente, sustraida a calquera fiscalización.

            Xa non me  asombra a cantidade de contratos que  a Xunta deu a  dedo, nin sequera que algúns os adxudicaran a empresas da trama Gürtel; pero o do Presidente xa non podo con el.

            Veredes, o Conselleiro ese de infraestructuras e moitas cousas, ( que ten un dedo que lle medrou como o de ET, polos moitos contratos que da a dedo), deulle un recentemente á empresa onde traballou, despois de que foi cesado na Xunta, un contratiño de nada; case 400 millóns de pesetas; pouco cousa, pero eu hai días que non os gano.

             Eso é o de menos, entra no xeito de gobernar desta xente. Pra eles Galicia foi o botín, e despois de ter ganado a guerra, hai que repartilo cos amigos.

             Nesto que sae Feijoo nos xornais, e sen que se lle movera un músculo, di que a culpa da adxudicación do contrato tívoa o bipartito. Este home, ademais de ser un mentiroso compulsivo, debe padecer algunha doenza, ¿ou será o aire de Monte Pio?; porque dicindo disparates é un ciclón.

              O conselleiro  vacilón suprimiu  as axudas pra arranxa-los cascos históricos; pode ser porque era  un proxecto do goberno  anterior, ou porque queren especular coas propiedades agora que aumentaron de valor coa crecente moda da rehabilitación.

            O mais  do mais, e a creación dun rexistro novo de petición de vivendas protexidas e  a supresión do rexistro anterior.  Por decreto, os demandantes de vivenda desaparecen; os motivos tamén poden ser: o rexistro é da época  do goberno anterior, ou precisan os cartos pra papancias, pros amigos, incluídos grupos de extrema  dereita; afórranse os cartos porque  este ano xa non se fan proxectos.

          Mentres  a vivir en tenda de campaña; o Presidente da Xunta  deixará instalalas nos xardíns da súa luxosa residencia de Monte Pío.

          Tamén ía presentar no Parlamento un plan de infraestructuras, coartada pra gardalos cartos e incorporalos como remanente os vindeiros orzamentos.

CONVITE

          Non é un convite a unha cea, nin siquera tedes que poñervos de gala, convidovos a votar na enquisa que figura á dereita. grazas, grazas, moito obrigado.

A GALIÑA AZUL, OU A GALIÑA FALANXISTA II

A GALIÑA AZUL, OU A GALIÑA FALANXISTA II

             

       Parece, aínda que por pouco, gañou a Galiña azul. Tiña diante miña unha encrucillada, non sabía que camiño tomar; metérame nun fregado coa enquisa e non sabía que solución darlle ó resultado; ocurríranseme varios, pero no libro de visitas un comentarista do blog deu a solución axeitada: farei nunha segunda parte da GALIÑA AZUL, aínda que dun xeito surrealista; non quero desfacer aquel dito de que: “nunca segundas partes foron boas”, pero non hai que ser fatalistas; non ten porque ser así.

-----No parque da vila, sentados nun banco,  dous avós tomaban o sol de outono, a cada lado do banco estaba atada unha corda, no extremo da corda estaban atadas  unhas pacificas crianzas fozando na terra; quen os vía agora pensaría que eran uns nenos pacíficos, pero  un anaco antes, cando chegaron con eles ó parque parecían auténticas feras. Os avós xa non tiñan enerxías pra loitar con eles, e vendo a unha señora pasear un perigoso doberman, ocorréuselles prender do mesmo xeito ás crianzas. Evidentemente, os pais das criaturas non o sabían,  pero a eles aquelo axudáballes. O malo foi cando un municipal paseaba, con traballo o seu corpo polo parque e lles chamou a atención, dicíndolles que os ía denunciar por malos tratos e levalos á cadea; xa xuntaran as mas pra que os prenderan, !por fin ían ter un fogar con comida e sen ter que traballar! O garda deu marcha atrás cando non soubo que facer cos nenos. Eles desatáronnos e leváronos da man; as cordas levábanas no peto á vista dos nenos, pra que non se esqueceran de que estaban alí. Non volveron utiliza-las cordas, nin fixo falla; os avós e os netos non volveron falar daquelo, e nade mais soubo do asunto; eles non deixaron de leva-las cordas no peto, nunca lles fixo falla falar delas. Os nenos sabían pro que valían e coñecían os límites.  

            Os avós, no fondo tiñan as mesmas preocupacións: as pensións, que  cada vez chegaban a menos; as doenzas, físicas e do corazón, a un deles morréralle a súa dona e agora xa non tiña con quen pelexar; o médico, o que acudían pra consulta, supoñía un oasis nas súas vidas, alí podían falar cos supostos doentes, mentres agardaban, a sala de espera era un lugar de tertulia, onde se escoitaba de todo, cando lles tocaba  a quenda, pregaban pra que o médico lles puidera adicar uns minutos pra contarlle as súas cuítas; logo recetaríanlles unhas pastillas, mais que nada pra dor da alma.

           A Xunta recortara moitos servicios socias, os cartos tiñan que destinalos a  subvencións pros amigos, e a corda sempre rompía polo mais froxo.

          Aquel fin de verán ía a  ser distinto, eso pensaban eles, o fin remataran a galescola e xa  non terían que ter conta dos netos.

           As cousas non  van sempre como se espera, e os avós tiñan que termar o remate do verán dos netos; a Galescola estaba lista, pero non se abrira, o seu caron había un enorme pito presidiario cunha camisa a rais en azul; parece ese sería o novo logo. Déranse presa  no cambio de nome, pero ai pararon as presas. A conciliación  da vida laboral e a familiar non era unha prioridade pro PP. O diñeiro necesario pra apertura da escola gastáronmo no cambio de logo, na carteleira e en propaganda.

            Os días seguintes pasáronnos falando da escola; según lles dixeron o  pito era fillo dunha galiña azul, o pai no se sabía quen era, podía ser alguén do goberno  presente, ou do pasado lonxano, a eles non lles preocuba quen tivera relacións coa galiña,  o que mais lles preoucapaba era que a escola non se abría.

               Aparte de que o polo de marras ten parecido cun presidiario, tamén o ten coa abella maia e cun do goberno.

            Pra evitar lios, xa que non calla o da galiña   de Mos , por aquelo de que é galega, e eles o galego failles dano; poñería unha galiña do Perú, que cando quixeran que puxera un ovo terían que meterlle  un dedo no cu.

              Propóñovos xogar ós detectives; hai que busca-lo pai do polo. Sabemos que a nai é a galiña de Casares, pero, ¿quén é o pai?. Vou ver de facer algo parecido ó que fixen pra votar polo artigo do mes; mentres, podeis usa-lo espacio pra comentar.