O PODER DISPUTARASE NAS MUNICIPAIS II
Santiago, dende que falta Estévez e Encarna Otero, hai unha carencia de políticos carismáticos. Bugallo é un triste, e eso en política ten un prezo; van lle votar en cara a falla de talla profesional, pois o mais que chegou foi auxiliar nun Centro médico, tamén carece dunha formación académica co respalde, aínda que as alcaldías gañanse por elección e non por oposición; non esquezamos que Santiago é a capital de Galicia. O meu modo de ver, ten no seu haber unha urbanización da cidade, tanto en vías de comunicación interna como en xardíns, que permitiron darlle á cidade a categoría de capital, aínda que o deseño fora de Estéz. Os seus socios do Bloque tamén lles falta un líder que arrastre; quizás si volvera Encarna Otero, faría esquecer, incluso, as intrigas da UPG.
Lugo tíñao doado, pero o alcalde, moi personalista, ten a cidade descoidada, fai promesas que xa nade cree, é, como si dixeramos, un partidario da desorganización total; Non ten maioría, pero non pon reparos en que o apoie o PP. Precisamente no PP saben dos seu afán de protagonismo, procuran que non se xunte ós socios naturais pra gobernar, danlle corda, e a esperar que a froita caia de madura, O último invento da estación intermodal pon de manifesto que ou ben viven un mundo irreal, ou ten unha consideración moi baixa da intelixencia dos lucenses. Ten un problema, que non é culpa súa; Lugo non están nos trazados do AVE, e ten que asumilo e buscar outras saídas realistas; o malo é que lle gusta escapar da realidade e vivir soños.
Pontevedra é como un circo, o mais difícil todavía. Teresa Casal, tenente de alcalde e líder do PSOE no Concello, socia de goberno do BNG, fai de oposición dende o goberno: é como si Telmo a tivera en nómina. Din que é a tenente de alcalde mellor pagada de Galicia, a súa nómina é case como a do alcalde, pero os cartos non a frean; ela quere ser alcaldesa; é bo ter ambicións, pero eso non está reñido co sentidiño. Telmo, do PP, aínda que ten mais altas miras, fretarse as mans; quere que nada quede solto, todo ben amarrado; por eso lle están a votar unha man a Teresa, tanto Telmo como o Conselleiro de Medioambiente, poñendo contra as cordas o concello na recollida do lixo. Os políticos de corto recorrido non senten na caluga o alento do PP, os métodos mafioso e demais lindezas. O futuro ven moi escuro no Lérez.
Vigo é un bocado moi apetitoso, Corina vaino a intentar; o goberno municipal é compacto, pero o PP está tentando morderlle por varios lados. O Plan de Ordenación Urbana, O Lixo, O Saneamento e mesmo o idioma. Corina préstalle mais atención á cidade que o Porto, do que é presidenta, parece unha raposa axexando a un galiñeiro; ás súas obsesións, gañe quen gañe as municipais, vanlle pasar factura a Vigo. Os partido xa `poden fiar fino, esquecerse de liortas fratricidas e concentrarse no verdadeiro inimigo
En Ourense de todo pode pasar, xa que os problemas de coalición son domésticos. Feijoo tenta dictar a política de acoso, marxinando ó poderoso Baltar, xa veremos en que queda; porque pode leva-lo a apartar a Baltar do mando da provincia, ou fracasar, por eso, mais de gana por gaña-la alcaldía é dominar a Baltar, se é preciso apartaríao da política provincial. A nade lle estrañe que o nomee pra un cargo en Santiago, pra sacalo de Ourense. O Conselleiro do lixo tamén os está amolar.
Feijoo xógase moito nas municipais, se perde votos, a súa estrela murcharase, e a súa política de apoio a grupos ultras e desmantelamento de servicios, cambiará. Polo tanto Galicia tamén se xoga moito.
Nos concellos pequenos vanse a pagar caras as 13 mocións de censura de outros tantos concellos.