Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

GALICIAA MEDIEVAL

GALICIAA MEDIEVAL

 

 

                        Pascual deixa de producir en Galicia; non lle interesa a producción do pais, agora vaise dedicar ás marcas brancas e importar leite barato. Normal que unha empresa privada busque o maior beneficio posible; o que xa non é normal é que a Xunta amose unha total desidia polo asunto; frea calquera iniciativa que se oriente á recuperación e á continuidade de actividade da planta.

                          Hai dous grupos de propostas, a do propio sector, pra constituirse e cooperativa, co que se constituiría o xermolo dun  grupo lácteo galego e o de empresas estranxeiras con capital de orixe galego, con diversificación na producción.

                        Á Xunta, o sector do leite non lle preocupa, aí ten os votos asegurados e con unhas pequenas subvencións ós granxeiros, todo volve á calma e os votos as furnas. É mellor un sistema de votos cautivos, que  o rural non se desenrole,  xa que así os caciques podían perde-lo control; a súa receta de atraso, tamén o levou a suprimir o I + D.

                         Feijoo non quere un  sector rural, nin urbano desenrolado,  quere unha Galicia medieval, pobre e  servil, e así pode dominar mellor o electorado.

                          O sistema económico e de producción do proxecto Feijoo pra Galicia é o dunha Galicia  subsidiada e pobre, unha Galicia transportada, no tempo, á épocas escuras; de ai,  que busque, tamén, a castración cultural de Galicia

MENUDO PAPO

MENUDO PAPO

                   Rajoy propón aumenta-las penas por corrupción e  que se teña tolerancia cero  cos corruptos; tamén propón un maior control dos concellos e a limitación dos contratos de adxudicación  directa, ou mais ben  a súa racionalización. Entre a batería de propostas que fai pra combate-la corrupción está a modificación do Código Penal, tipificando varias conductas.

                   Cando o PP busca por tódolos medios algún rasquizo pra tomba-los procesos abertos por corrupción, cando ataca a xuíces, policía e goberno por investiga-los escándalos de corrupción, cando ten medio partido pringado, quén lle vai facer caso o que di, soa a tomadura de pelo.

                  Sería mais crible que propuxera o cumprimento das penas, que apartara os sospeitosos de corrupción do partido, no canto de protexelos.

                    Ó final, sacamos a conclusión de que tódalas propostas que fai, fainas pra galería, sen ningún compromiso serio.

O DESTETE DOS VARÓNS

O DESTETE DOS VARÓNS

                        O PP fixo un convención en Cataluña, da que podemos quitar varias sinais: 1º o PP quere dar imaxe de unidade, de que no partido solo manda Rajoy, 2º o partido, de esguello, desvincúlase da corrupción e afasta a Camps e Esperanza Aguirre, 3ª silencia e limita os afáns de protagonismo de baróns como Feijoo; en Cataluña solo hai lugar pra unidade e nada lle debe facer sombra ó lider. E 4º queren conquistar Cataluña, de ai que se elixira ese lugar, aínda que eu véxollelo difícil.

                         Feijoo fixérase ilusións de que o ían a chamar pra liderar empresas maiores; España precisa  de líderes ambiciosos, e el ambición tena. Xa fai tempo que os xogos de Feijoo non lles fan  gracia os seus xefes; o neno xa se pasa de gracioso; que non se faga ilusións, xa o dixo Giménez de los Santos, que non se salia do papel, porque non é o mesmo ser o Campión, que gobernar o pais do millón de vacas.

 

MAIS DAS OPSICIÓNS DA XUNTA

MAIS DAS OPSICIÓNS DA XUNTA

 

                      

                     Feijoo o impoluto, eso quixera que crera a xente, que segue as instruccións do raposeiro Rueda, o cal se sacou un coello  da chistera, pra calma-lo ánimo dos opositores, inventando unha comisión que dictara unha resolución, na que se deixara a salvo a honradez dos convocantes das probas, desviando a atención sobre os cinco casos mais salientables.

                     A resolución desa comisión non ten mais que valor interno, e hai a vontade de ocultalo todo, no queren que a Fiscalía investigue, non sexa que descubra que a merda ven de moi arriba.

                      A Xunta xoga co feito de que os opositores  non están organizados e non lle plantaran cara; coa comisión intentou lava-la  fachada, de cara a opinión pública. Os sindicatos e a oposición son cómplices e encubridores do fraude, si non fan nada. Neste senso o BNG interpuxo unha pregunta parlamentaria sobre as probas, aínda que lle honra, que é a súa obriga, ocuparse do tema, faino tarde e sen convicción, como pra quedar ben, pero sen ánimo de chegar a ningún lado. Tamén a CIG está no tema, pero sen votar moita carne no asador, ó fin de contas os opositores non son afiliados, e da a impresión de que nade se vai bater o cobre por eles.

                       Da moitas dúbidas que me xorden, unha destaca sobremaneira, si hai un 20% de preguntas que non se axustan ó programa, cómo pode haber opositores que saiban a resposta correcta; sospeito que é parte do fraude.

                        O fraude xa foi concibido antes, dende o momento en que anularon as convocatorias das oposicións, o fraude estaba cantado; nade pode crer que en 45 días se prepara unha oposición; ó PP sobrábanlle tempo pra facer os chánchollos e fixoos, que a Oposición, os Sindicatos, a Fiscalía, as Asociacións de Veciños, Xuntas de Montes, mulleres maltratadas, panadeiros, Iglesia, etc calen e traguen, reafirmame na miña decisión: que paren o mundo, que eu báixome.

                         Os opositores ameazan con recorrer ó Supremo pra anulalas probas; é de pena ver a indolencia de Oposición e Sindicatos no asunto, deixando ós opositores na Soedade dos corredores de fondo.

                          Sospeitase que poden ser mais os casos de dubidosa e imprevista superación das probas, o que levaría a un fraude premeditado e organizado.

50.000 ILUSIONS ROTAS

50.000 ILUSIONS ROTAS

 

 

                  Das pasadas probas selectivas para persoal do Sergas, categoría de Celadores,  houbo unha nutrida concorrencia de opositores; ata aí normal nun momento de crise laboral; o que mais e o que menos vai asumindo que terá unha competencia grande. O que costa mais asumir é que as probas estén trucadas, que non haxa xogo limpo, como parece que así foi, o cal viría demostrar que o problema non é solo de ningunha empresa externa, o problema ven de dentro, de moi dentro.

                    Parece que sempre flotou no ar certo cheiro a sospeita, que tivo o seu punto álxido nesas probas, nas que os sospeitosos sacaron a máxima puntuación. Nesas probas, en concreto,  a Xunta constituíu unha comisión interna de investigación, (non independente), que concluíu coa proposta de expulsión dos cinco sospeitosos. Por suposto, a responsabilidade non foi de ningún órgano da Xunta, segundo a conclusión da investigación. O guión do amaño precisaba ese dictame. Pese á proposta os campións non van ser sancionados, solo é un burdo lavado, estilo Pilatos; pero hai mais, as estimacións de aprobados fraudulentos pódese elevar a unha cifra cércana a vintena. Sen dúbida estes rumores desaniman a calquera. Non se pode sinalar a nade, pero queda a pregunta, ó marxe das responsabilidades políticas, de por qué non se investigou a membros do persoal colaborador e o Tribunal  mesmo, a quén os nomeou, etc.  

                      Rematadas as pesquisas da Xunta, sobre as graves irregularidades das probas pra Administrativos e auxiliares da Xunta, con esa proposta de resolución, que nade cree. Non puxeron os feitos en coñemento da Fiscalía, e todo sigue no escurantismo mais absoluto, intentando que  a xente esqueza, o cal ven a votar mais sospeitas sobre un posible amaño interno. 

                       Din cos  exames éranlles entregados ós opositores, abertos e sen ningunha garantía de anonimato; en Vigo íba haber unha manifestación, con todo a xente é moi sufrida.   

                     O mais malo, si é que aínda pode haber algo peor, é que a sospeita recae sobre tódalas probas; como é lóxico a culpa será do bipartito. Feijoo e Rueda son dous santos, pronto os elevaran ós altares.     

AS XOGADAS DE NEGREIRA

AS XOGADAS DE NEGREIRA

 

 

                   A  adxudicación a  dedo  das obras do porto de Sada a unha empresa insolvente e as moitas irregularidades daquela obra leváronmo ó xulgado do Contencio-administrativo de Santiago. Eso non é mais que unha pequena anécdota do  seu reinado no Grupo de Portos. Se investigaran as obras adxudicadas baixo o seu mandato no Grupo de Portos, ía ser un asiduo visitante dos xulgados, confundiríanmo e pensarían que xa era persoal do xulgado.

                   Negreira ten que desvia-la atención do seu pasado, un pasado no que el e Feijoo camiñaban da súa man, e levar a unha parte do electorado, polo menos o da Coruña, que é o que mais lle interesa, e telo entretido en asuntos insubstanciais; como o da L da Coruña, e leva-lo alcalde a polémica estéril,  dividindo a fráxil coalición de goberno.

                   Non sabemos cal é a súa proposta de goberno, pero estou seguro que vai ofrecer todo o que o electorado desexe. Unha gran doses de demagoxia, que rematará con  incumprimentos como fixo o seu amigo Feijoo.                    

O BOTIN DA SANIDADE

O BOTIN   DA SANIDADE

 

 

            Dicíavos o outro día, a propósito do informe  da auditoría de Recoletos ó hospital do Centro Galego en Bos Aires, que estiverais atentos á xogada, pois ben, en parte xa se fixo pública as relacións de Recoletos co PP.

            Burgueño Carbonell, actual alto cargo do goberno de Esperanza Aguirre, foi directivo do Centro de Bos Aires, cando Fraga; a súa  xestión ó cargo do Centro foi desastrosa, e o mesmo D. Manuel fixo que se fora. Considéraselle, xunto con Bartolomé Sánchez, ligados á patronal que defende a xestión privada da sanidade.

              As vinculacións do PP con Recoletos son moi fondas, e varios membros do Consello de Administración son destacados persoeiros do PP. O  PP quere facer un ensaio de Privatización na Arxentina pra logo aplicalo e Galicia; pero non unha privatización calquera, a privatización sería sempre a favor de entidades ligadas ó PP.

             Gesmédica xa puxo unha pica en Flandes e está metida no asunto do Hospital de Pontevedra.

              A piadosa Barjas, mandou incorporar un teólogo e un crego a Comisión Galega de Biotécnica, eles serán os que teñen a última palabra en materia de coidados paliativos e en cantas cuestións de moralidade ou ética que se susciten na sanidade, é como se de súpeto resucitara Torquemada.

                Por experiencia xa sabemos como liga a relixión e a ciencia.

  

¿QUÉ LLES PASA OS ALCALDES?

¿QUÉ LLES PASA OS ALCALDES?

 

 

         Os progresistas deberan ter aprendido a lección, as divisións no seo dos gobernos páganse  nas urnas, pero parece que non, aí tedes o alcalde de A Coruña repetindo o mesmo erro; Losada non  se da conta de que pouco ou nada vai ganar intentando agora dicir que gobernou co demo e resucitando leas que debera dar por rematadas. Na Coruña a herdade política de Paco Vázquez aínda pesa, e Losada intenta recuperala. Dubido de que Losada sexa capaz de aglutina-la dereita mais  rancia; A Coruña non é un cantón de extraterrestres, é unha cidade que pasou polo longo reinado de Paco Vázquez e imprimiulle á vila a súa particular indiosincracia, hasta que se foi, ou o votaron. De ser un funcionario de Traballo, coa facenda acorde cun traballador, pasou a ter unha economía  mellor que a elite coruñesa; aínda que non deixou a militancia no PSOE, tiña de socialista o que eu de bispo; pódese  dicir que a súa ideoloxía evulocionaba en paralelo os seus itereses económicos e o ascenso na política salvouno de situacións que se le ían volver mo difíciles.

                  Aínda que a distancia é grande en todo,  o alcalde de Lugo vive fascinado pola traxectoria de Paco Vázquez, o malo é que a el vaille quedar pouco pra disfrutalo, e os lucenses pouco pra sufrilo.  

 

 

 

            O Mar está picado e os barcos buscan un porto no que refuxiarse, O problema é que se atopan no medio do océano, o malo é que se lle estropearon os instrumentos da axuda á navegación e o capitán non sabe moito de navegación; déronlle o mando do barco, sen mais sapiencia que a cega obediencia; no Opus eso pode ser dabondo, pero  agora atópase se saber como goberna-la nave: non da unha opinión, porque non a ten, se a da, pode mete-la pata; tampouco pode esperar axuda da tripulación, son mariñeiros de auga doce, sen a formación axeitada; cando os enrolaron solo lles esixiron obediencia cega, e agora non lles poden pedir mais. Se o capitán non sabe goberna-lo barco e os padriños non o auxilian no medio da tormenta, e moi probable que o barco se afunda e non chegue a ningún porto; un porto con moitas gruas e moita espeulación, agora en horas baixas.

              Feijoo está reflexionando sobre que facer no asunto  das Caixas. El mesmo admitiu que non ten unha postura definida sobre o asunto, e  adíao a un suposto estudio. Un político que se prece ten que ter mais reflexos e resolvelos problemas, ou, polo menos intententalo. Corre o risco, o mellor é o que pretende, de chegar tarde, cando o problema non teña volta atrás.

              As Caixas non son de Méndez, nin de Gayoso, son dos depositarios e das Institucións

MANIPULACION DA OPINION

MANIPULACION DA OPINION

 

            Moitos so conscientes do poder dos medios de comunicación pra manipular a opinión pública e usan e abusa deste feito, e dende determinados medios trátase de dirixir a partidos políticos e  de fomentar certos intereses.

              A acción da Voz de Galicia co gallo da resolución do    concurso eólico foi elocuente. Entón xurde a incógnita pra que non atopamos solución e buscamos a resposta pra explicar un comportamento partidista e pouco rigoroso da información dun medio  e a belixerancia no terreo da opinión política pra alienarse cunha determinada opción e correr o risco de perde-la credibilidade.  A resposta a esta incógnita pode deberse, ou ben a intereses persoais, ou a intereses do grupo editor, ben sexan ideolóxicos ou económicos.

                Sóubose que na resolución do concurso eólico un directivo da Voz tiña intres persoal no tema, porque era solicitante dunha concesión e estaba lonxe de que a Comisión lla adxudicara, motivo polo que arremeteu contra da Comisión e convencendo á opinión pública  de que as adxudicacións respondían a criterios políticos. Foi entón cando Touriño se asustou e mandou retira-la representación do PSOE  da Comisión, esperando que a Voz lle dera un tratamento informativo de favor, aquí repetiuse e fíxose verdade o de Viriato, lonxe de darlle a Touriño un tratamento informativo privilexiado, deulle munición pra ataca-la Comisión    e todo o que de ela sairá.Os socios do bipartito deberan sacar daquelo unha gran lección.

               A conta de resultados dalgúns medios medra coas subvencións, na mesma proporción que perde credibilidade, pero si lle sumamos unha motivación ideolóxica, a ecuación está resolta.

OS DEENDDENTES NON VOTAN

OS DEENDDENTES NON VOTAN

              Os dependentes non votan, solo así se comprende que Galicia sexa unha das comunidades que menos diñeiro dedica á atención os dependentes. Moi posible que os que atende os dependentes tampouco voten porque non teñen tempo pra facelo.

O PPg, ademais ter unha folla de ruta da que, raramente, se afasta, coida moito economicamente aqueles sectores nos que pode sacar votos, ou aqueles sectores que lle son afíns ideoloxicamente.

           Non son solo os dependentes os que padeceran recortes nos orzamentos; tódolos sectores de asistencia social sofren o axuste orzamentario do goberno da Xunta, pero tamén a educación e a investigación, así como  cultura.

             Eu  recomendaríalles ós  dependentes que se constituíran unha piadosa asociación

O RAPAZ DOS RECADOS

O RAPAZ DOS RECADOS

 

              A historia de Feijoo parece sacada dun entremés de  Cervantes, cunha diferencia, nos entremeses os rapaces dos recados pra  sobrevir son astutos, Feijoo, pola contra é fel, unha calidade necesaria na política de hoxe pra sobrevivir.

                Que Feijoo non ten moitos recursos propios demóstrao cando un avisado politólogo o pon diante de feitos  novos; se lle fan unha entrevista el pretende responder cos clásicos tópicos que usou na campaña electoral, aínda que non veñan a conto, eso demostra que é un home moi limitado e que ten medo a saírse do guión que lle marcaron.

                    Cando lle preguntaron a súa opinión sobre as fusións das caixas, deu unha resposta sincera: non tiña un criterio persoal. Diante de todo se atopa no mesmo calexo, el non  ten criterio sobre nada que non lle deran instruccións; é un bo xeito de non equivocarse, pero unha moi mala sinal de un dirixente político, é que pon de manifesto a súa lealdade pero, o mesmo tempo, a carencia de ideas propias.

                       Agora non se trata de anular proxectos do bipartito, hai que tomar unha decisión de goberno de moito calado, temo que Feijoo non dea a talla pra eso e outros tomaran as decisión e  diranlle o que ten que facer. La Voz de Galicia intentou crear opinión, varrendo pra Coruña e pra Caixa Galicia, o que cabreou ós vigueses e dificultou calquera entendemento entre as dúas caixas. O conto saíulle ben no eólico, pero agora parece que lle saíron mal as cousas. É curioso como, no eido financeiro, algúns se dan de galeguistas e loitaron por entrega-lo eólico a empresas de fora de Galicia e contra dos intereses de Galicia; non sei que explicación darán pra   eso, si é que a dan.

                     Os movementos das fusións son, coido, promovidos por intres da gran banca, que quere fusionalas, que perdan  o arraigo territorial e demais signos de identidade das caixas de aforro, pra levalas o seu terreo, e unha vez desnaturalizadas, comelas

                      Aburre, sobremaneira, as escusas ó bipartito, xa cansa, que despois dun ano, Feijoo non nos ofreza unha ilusión de futuro, que o paro, o que tanto recorreu en campaña, lonxe de arranxalo, como prometeu, medrara exponencialmente; hoxe,  por desgracia, destacamos, negativamente, noutros sectores sociais i económicos; como son en servicios sociais e innovación: pola contra lideramos o apoio á iglesia católica, entidades privadas, incluídos medios de comunicación afíns.

                       Non sabemos de quen é preso Feijoo, nin que futuro nos agarda, si sabemos que estamos mandando unha sinal de fatalismo e desesperanza ó resto do estado. Falta unha alternativa solvente a Zapatero, e Feijoo danos un desacougo do que nos agarda.

PROGRAMA PRA VINDEIRA SEMANA

PROGRAMA PRA VINDEIRA SEMANA

 

          Aconteceu que unha amiga tiña un pequeno problema, para animala fíxenlle estas dúas poesías:

Sueños de libertad

 

Por buscar la libertad

Me converti em paloma

Quise darte mi libertad

Me pagaste com mi doma

 

! Cazador del alma libre

De la inocente paloma

No tomes por costumbre

Que en tu mano siempre coma!

 

Libertad me prometiste

Para que dejara de soñar

¡ libre cuando me conociste!

Era libre para volar

 

Ahora de que me sirve ser libre

Si  ya no puedo volar

Caí en tu servidumbre

Dejé mis alas cortar

 

 

Preso e ceibe

 

Desa pomba que está presa

Quixera se-lo carceleiro

Pecharme na mesma gaiola

Na que ela se sente presa

 

Côas as había envolvela+

E coma um tesouro escondela

Sem importarme do mundo

Mais que estar xunto dela

 

Na gaiola voaría

Un vo de liberdade

Porque a liberdade sería

Estar sempre xunto dela

 

             ó noso:                                        

O RAPAZ DOS RECADOS

             A falla de recursos e ideas propias, o limitado do noso Presidente.

OS DEPENDENTES NON VOTAN

             Solo así se concibe o abandono e a mingúa de recursos.

A MANIPULACIÓN DA OPINIÓN

             O papel dos medios nas eleccións; eles crean realidades paralelas, crea  e derruban gobernos.

 ¿ ONDE ESTÁ O PORTO?

             Malo cando o capitán non sabe cal é o rumbo pra leva-lo barco a porto.

¿QUÉ LLES PASA ÓS ALCALDES?

             Están tan obsesionados coas eleccións que fan verdadeiras cafradas.

A CORRUPCION, UNHA MANCHA DE ACEITE

             A corrupción, que é moita, fainos desacreditar nas Institucións.

             Agardo os vosos comentarios; verémonos.

AS DERIVAS DE FEIJOO

AS DERIVAS DE FEIJOO

 

 

                   O Feijoo viaxeiro recórdame o Papa Juan Pablo II. Feijoo quere pasar á historia como o Presidente viaxeiro; non se senta agosto na cadeira presidencial, próelle o cu e necesita espándi-los seus reales fora do pais. Non debe ser casualidade que escolla  un lugar de tanta concentración de Cubanos, opostos ó réxime de Fidel, pero sobretodo, un lugar onde os negocios escuros e a moral teñen un significado especial; alí recibirá un premio, como en tempo o recibiu Aznar, e eso significa moito. A viaxe sorprende, e pregúntome cál é o obxecto; xa sei que dixo que era unha viaxe de !estado!, diplomática; non se pode ignorar o peso dos EEUU e Feijoo vai colonizalo. Algo de verdade pode ter, pero non a verdade que el pretende que nos creamos. Sospeito que nestes procelosos mares pretende pescar inversores pra súa privatización. A política súa é vomitiva, pero sempre se pode subi-la aposta e venderlles Galicia troceada a eses benefatores, a cambio dunha substanciosa apartación á causa.

                   A esquecida e  sufrida Galicia queda, mentres tanto en boas mans; Rueda, o incorrupto, a piadosa Farjas, a profesional Mato, o preclaro Conselleiro de Educación, o enterrador da cultura, o home das eléctricas; todo ben atado. Non hai como ter xente que sabes que vai segui-lo libro de ruta mellor que tí; quen llos escolleu, fíxoo moi ben.

                   Teño, serias e fundadas dubidas de que a oposición parlamentaria lle pida contas polo despilfarro da viaxe. Algo cheira moi mal, Aznar recibiu tamén a medalla e  se é o mesmo custo da que quería mercarse do Congreso, menuda nos espera.

                   A seguir vivindo na opulencia, sentados en mulidos asentos, tirando  da  tarxeta, mentres o pobo está cada vez peor. Temos o goberno que merecemos, estannos hipotecando o futuro, arruinando o pais, enganándonos nas probas selectivas pra persoal da Xunta.

                   Ían a gobernar con austeridade, eso dicían, de momento gobernan co cu; gústalle viaxar á conta do noso pecunio; teñen un parque móbil cheo de coches, que non usan e que os van ter que regalar, mercaron unha flota nova; non lles importa tirar cos cartos. Con eses cartos podíanse mellorar as prestacións sociais, facer obras públicas, etc. Pero eso non da gloria e sensación de opulencia; cada vez mais parécese a certos dictadores africanos

ACOSO O GALEGO

ACOSO O GALEGO

                Por un lado, queren facer de nos un fato de mudos, pretenden quitarnos a fala; na ignorancia, hai quen lles fai seguídesmo; son tempos moi complicados.

                É un feito universalmente admitido que o acoso ó galego non é unha creación orixinaria de Feijoo, nin ten relevancia a belixerante postura de Galicia Monolingüe; ( en todo caso é unha desculpa), Feijoo é un home afeito a medrar á sombra de alguén e de executar políticas que non son súas, senón dos co manexan.

                 Non foi idea súa a privatización de Correos, nin o da Sanidade; certo que el foi o executor, pero cumpría ordes; eso non lle resta responsabilidade, pero pono onde debe estar, no lugar dun boneco de trapo.

                  As Institucións Culturais, como a RAG e o Consello de Cultura, sorpréndense de que lles recorten os orzamentos. Pregúntome si non eran conscientes, fai tempo, que esto ía a pasar; non poden vivir nunha burbulla, alleos o que pasa no pais. Feijoo é partícipe dun xenocidio cultural, e no pode ter a mínima desculpa.

                   Na pasada lexislatura, as forzas afíns ó PP learon unha campaña feroz contra a política lingüística do bipartito e inventaron toda clase de infundías,; esta campaña foi deseñada e promovida pola FAES, pero sobre o terreo hai uns responsables executores da campaña, que son ben coñecidos. Pras forzas do lado escuro a campaña en contra do galego foi un éxito, e aínda hoxe hai moita xente convencida de que o bipartito pretendeu impoñe-lo galego en detrimento do castelán e atcando a liberdade das persoas. Agardo, aínda que sexa en vano, que esa xente sinta a súa liberdade en perigo coa moral ultra relixiosa que impón a Xunta, co ataque o librepensamento, ós servicios públicos e a toda diferenciación cultural.

                    A austeridade económica, entendida a súa maneira, permítelle, ademais de ter coches parados e en saldo, reformar rotulacións e anagramas, tanto en inmobles como mobles e material funxible; moitas con anos de uso, que xa calaran no seu dos cidadáns. O momento económico non é o propicio pra estes despilfarros, pero a Feijoo parece non importarlle, sóbranlle os cartos e segue a folla de ruta que lle marcaron; dese xeito cando veñan outros farán, en boa lóxica, o mesmo, e o pobo a pagar.  

 

MANTEÑAMOS AMERDA AGOCHADA

MANTEÑAMOS AMERDA AGOCHADA

 

             A algún parlamentario da oposición ocorréuselle solicitar unha comisión de investigación pra aclara-la compra do FEGAS, que como sabedes é  pra formación de persoal do Sergas.

              A adquisición dese local fíxose polo goberno do PP, e o mesmo constructor que lle vendeu a sede do FEGAS a Xunta, vendeulle, pola mesma data, a nova sede ó PP. Déronse rectificacións de escrituras de venta pra dar cabida a un maior prezo na venda do local do FEGAS. Sospeitosamente o sobreprezo pagado pode coincidir co valor do local do PP. Os mal pensados sospeitan que ese sobreprezo foi pra paga-la sede do PP. O que suporía que o PP utilizou diñeiro público pra adquirir o seu local.

              O PP non quere que se constitúa a comisión de investigación, nin que se plantexe o asunto, e pon en marcha o ventilador e inventa toda serie de irregularidades.

              As comisións de investigación non teñen precedentes de éxitos, sobretodo porque  a parte investigada dedicouse sempre a boicotear as pesquisas. Se hai irregularidades, que é posible. o lóxico sería que investigara a Xustiza, pra eso está, e non politiza-lo asunto, sen que se chegue a ningún resultado; o mesmo resultado ó que vai chega-la comisión interna de investigación, que creou Rueda pra investiga-las irregularidades das probas selectivas. Certo que a Xustiza non se pronunciou sobre o caso Gürtel en Galicia i é moi posible que non o faga sobre outras presuntas corruptelas, pero sería a única esperanza.

¿CAIXAS MEIRANDES?

¿CAIXAS MEIRANDES?

                                                                  

                O sistema financeiro galego é feble, é un reflexo, nin mais, nin menos da potencia económica de Galicia; sen a presencia das caixas, o minifundio empresarial galego, que é a base da estructura económica do pais, non sobreviría.

                 O típico entrabado empresarial galego non sobreviría igual, si os seos pequenos créditos se decidiran en Berlín, por exemplo. O empresario galego, o pequeno empresario, ese que crea emprego, precisa de Institucións financeiras próximas, interesadas, non solo nos beneficios, senón no desenrolo do pais.

                  O Bloque albiscou a necesidade de contar cunha Institución financeira que servira de instrumento o goberno pra impulsa-lo desenrolo do pais. Non tivo moi boa acollida esta idea por dúas razóns. O Bloque non soubo explica-la idea, con toda seguridade porque os encargados de explicala non ha entendían ben, non eran os mesmos que os que a idearon; en segundo lugar, a xente viu nela unha burocracia innecesaria que inventaba o Bloque.

                   Queiramos ou non, o sistema das Caixas de Aforros vai pasar a ser un recordo dun tempo pasado; e aquelas organizacións políticas que teñan a visión de adaptarse os novos tempos, adiantaran moito. Penso por exemplo, tomando a idea do Bloque, que se terán que crear institucións oficiais, que ademais de facilitar avales pra créditos medios e grandes, concedan microcréditos, tanto pra inversión como pro consumo; así ampararanse as familias e as pequenas empresas.

                  Non é por unha necesidade, pero as Caixas están nun proceso imparable  de medrar; nade sabe onde nos levará o proceso; o mellor a crear unha caixa española única, e  por qué non, europea. Polo que respecta a Galicia, parece que ningunha das dúas caixas está pola fusión entre elas pra crear unha única caixa galega, e buscan parella fora. Esta postura pode deberse a localismos, pero tamén a directrices políticas, e nesto penso que está o problema. Xa vimos o intres do PP en crear unha caixa que lles plantara cara ás catalanas, temo  que nos poden sacrificar pra maior gloria do imperio, sen reparar en se é bo ou malo pra Galicia.

                   É un feito incuestionable que as caixas teñen unha excesiva presencia dos políticos, en detrimento dunha dirección mais profesional. As Caixas son pros políticos como a mel pras moscas.

                   A  fusión que levou á creación de dúas caixas en Galicia foi unha opción acertada, ensombrecida por unha política de expansión interna, comendo territorio á competencia, o que orixinou certos roces, que agora, lonxe de dificultar a fusión, debera ser a oportunidade pra rectificar errores do pasado.                    

                   O afán das caixas por medrar levounas a expansións inxustificadas, sen que lles reportara un incremento parello nos beneficios, e perdendo as súas señas de identidade. Perderon a súa existencia ligada a un territorio e quedando como entidades financeiras normais; de aí que o título: “sen ánimo de lucro”, xa non lles é aplicable.

                   Na fusión das caixas, que non esquezamos serán absorcións, con outras de fora de Galicia, que é o probable, non o desexable, van a influír intereses políticos e o balance; si así fora, a posibilidade de que a Xunta inflúa na nova caixa resultante, é nula. A sede e as decisións estarán fora de Galicia; que Feijoo se faga alleo ó asunto, é un insulto, porque Galicia vai a perder  moito; vai ser un proceso similar ó de FENOSA e Autopistas do Atlántico, nesta última tivo moito que ver Feijoo.

                     O intres que ten o goberno de Feijoo na fusión das dúas caixas galegas xa se ve no tempo que lle dedica o tema; agora mesmo nin figura na súa axenda, todo porque se ten que entregar a proxectos mais importantes pro partido, como é esa viaxe á Florida;   así pasou de non ter un criterio sobre a fusión a non importarlle o tema.

                   Galicia non se pode permitir quedar sen institucións financeiras por culpa de políticos de medio pelo, por personalismos, localismos ou xenreiras do pasado.  

DESACOUGO NA EMIGRACION

DESACOUGO NA EMIGRACION

 

 

                     Desta vez non foi o primo de Rueda o que fixo a auditoría do hospital do Centro Galego da Arxentina, pero si foi unha empresa de Castela-León, ¿pilládela?.

                     En Economía non caben as cousas sentimentais, e o negro sempre será negro, e o branco, branco; mais, hai algo sospeitosisimo; as contas do Centro non cadran coas do auditor, que o face-la auditoría pasou delas, sen sequera molestarse en documenta-los desacordos. O hospital privatízase e a empresa auditora é a co vai xestionar. Eso si que é xogar sen un intres no asunto; con eses vimbios nade vai entende-la  actuación da Xunta. Non solo hai que ser independente, tamén hai que parecelo.

                     Ben mirado, non nos podemos estrañar do que fixeron co Centro Galego da Arxentina; cousas similares estanas facendo en Galicia a cotío, é a súa folla de ruta: negocios privados co diñeiro público.

                     Tampouco me estraña a actitude chulesca e intimidatoria. Estes chicos son  así.

                     Carlos Aymerich aínda ten a esperanza de que Rueda explique no Parlamento o intres que ten en que esa empresa, que non esquezamos  ela mesma fixo a auditoría, xestione o Centro, e  por qué razón actuou de axente  da empresa adxudicataria, así como o feito da chantaxe, en lugar de negociación; que espere sentado. Pode que a Rueda ata o apoie Louzao.      

                     Un tal Rosendo do PP trataba de xustifica-la privatización, comparándoa co que fixera o PSOE con determinadas consultas externas, con perdón, eso foi coma confundi-los collóns cos riles.

                     A Conselleira de Sanidade,  votoulle a culpa do estado económico do Centro Galego ó bipartito, como non podía ser de outra maneira; da actitude chulesca, mafiosa e chantaxista aínda non falou, pero non me estrañaría que tamén lle votara as culpas ó bipartito.

                     As distintas asociación que concorren no Centro, de esquerdas e de dereitas, están de acordo en opoñerse a opción da Xunta; elas teñen o 50% da representación, o outro 50% correspóndelle á Xunta. Feijoo ten que romper esa unidade  pra lle entrega-la xestión do Centro á sociedade auditora. O convenio íase firmar en , pero os representantes do Centro Galego xa anunciaron qu non asistirían e, nin ameazas, nin a chantaxe lles fixeron mudar de idea. A Xunta,  o ver que  con ameazas non lograba os seus propósitos, mandou un propio á Arxentina pra acadar un acordo; houbo unha comida con xente do Centro Galego, que pagou a Xunta, é dicir, nos; cos estómagos cheos sempre se discute mellor; a final, o diñeiro manda.

                     Hai que recoñecerlles o mérito de unir ós sectores progresistas e conservador da colectividade, i é que estes políticos solo fan política partidista e sucia.

                      O   actual sistema de xestión leva mais de 20, é dicir, non é cousa do goberno  anterior, pero o    goberno de Feijoo debe querer sacar unha financiación pro partido, e que mellor que empezar hipotecando os bens da emigración pra  facer  caixa. O do Centro Galego da Arxentina é un   ensaio da súa política de espolio; pronto chegará a Galicia outros escuros inversores a comer a parte de tarta que Feijoo lles servirá a cambio de achegas; pra eso vai a ver ese grupo de negocios limpos á Florida. ¿A qué se non vai a ir alí?

                     Cando o bipartito chegou ó goberno, o debíanse no Centro 6 millóns de euros, e as instalacións tiñan moitas carencias, que se arranxaron; agora pretenden chantaxear ós administradores pra que entreguen a xestión a unha empresa privada, postulada polo PP. O contrato con esta empresa sería de 13 anos, nese tempo solo tería que inverter 6 millóns de euros, a facturación, nun solo ano, é de 7,5 millóns. Non fai falla votar contas pra ver que o negocio é redondo.

                      A resistencia das Sociedades Galegas, presentes no Centro, que por unanimidade se opoñen o espolio, estase  a traballar por altos funcionarios, comisionados pola Xunta con  e se fin, logo de ver que o plan que tiña   se lle viñera abaixo. Todo ten un prezo, é lograrán ó fin, o que queren, me  temo.

                     Os emigrantes en Suiza tamén están  moi molestos coa Xunta; ferve a emigración; normal, non son un cortello de votos doados, hai que prestarlles servicios, non tratar de facer negocios a conta súa, nada mais.

                     Hai que garda-las maneiras a hora de face-las cousas, !Don Manuel non o houbera feito así!, pero os chicos estes sóbralles chulería e fáltanlles modais.

¿GÜRTEL EN OURENSE?

¿GÜRTEL EN OURENSE?

  

                 Sempre, día a  día, atoparedes noticias novas; o GÚRTEL de ser unha trama que lixaba a imaxe do PP coas súas conexións co poder, pasa agora a ser unha arma interna do PP.

                  No réxime   de Franco atacábase os inimigos acusándoos de roxos e masóns; agora os novos cachorros do poder acusan a calquera que lles poida estorbar no seu camiño triunfal de estar implicados na trama corrupta de GÜRTEL.

                   Aínda que Baltar sexa un lobo con pel  de  ovella, sen que a miña intención sexa defendelo: resúltame sospeitoso que publiquen a noticia como algo transcendente, e o mesmo Feijoo pida unha investigación.

                    Posiblemente Baltar tivera que ver con GÜRTEL; o mesmo que el outros cargos do PPg, incluído o mesmo Feijoo. GURTEL engordou na sobra do PP e moi poucos cargos do PP poden cuspir sen que lles caia enriba o cuspe. Feijoo se quere axustarlle as contas a Baltar debera buscar outra munición.

                     Era Crespo Secretario Xeral do PPg cando Feijoo iniciou o ascenso; sendo el Conselleiro, Crespo foi vocal de Portos e Negreira Presidente; sendo Feijoo Conselleiro GÛRTEL obtivo gorentosos contratos da súa Consellería.

                     Implicados na trama GÜRTEL forman parte do goberno de Feijoo como a Conselleira de Sanidade e o Director Xeral de Deportes,  ó cal abraza en público, para apoialo.

                      Que unha persoa  que forma parte do comité provincial tivera tratos con Gürtel é asunto  do Secretario xeral, é dicir, Feijoo.

                     ¿Cal é o xogo de Feijoo?, ¿resúltalle incomodo Baltar e quere que lle axudemos a liquidalo?.Comigo que non conte; de ter que elixir entre dúas opcións malas, prefiro a un cacique do pais a un vendepatrias

AXENDA DA SEMANA

AXENDA DA SEMANA

 

 

 

            Detrás de cada liña,sempre hai unha historia, sobre como naceu, e por qué naceu Da letra dunha poesía cadaquén debe facer  unha interpretación persoal, pois non pra todo o mundo ten o mesmo significao.

 

 

Na illa

 

Non quero só fartura

Chégame co que me deas

Un pouco da túa tenrura

E saberte sempre meu

 

Cando nada poidas darme

Quedarei recordándote

Coa mirada no mar perdida

 

E a esta esquecida illa

Sobre as ondas camiñando

Virás pronto a buscarme

Pra estar sempre o teu lado

 

Eu estarei agardándote

Preparada pra partida.

 

GÚRTEL EN OURENSE.- Baltar non  lle resulta cómo a Feijoo e pretende que outros lle fagan o traballo de desgaste.

FERVE A EMIGRACIÓN.- Feijoo pensa na emigración como un horto de  votos doados e para ensaiar a súa política de espolio.

¿CAIXAS MEIRANDES?.- A rendibilidade e viabilidade das caixas non se consigue cun tamaño meirande, senón cunha mellor xestión.

MANTEÑAMOS A MERDA AGOCHADA.-o PP non quere oír dunha comisión que investigue a compra do local do FEGAS, parella a súa adquisición patrimonial en Santiago.

ACOSO O GALEGO.- as campañas de acoso propagandístico, sumase agora os recortes orzamentarios,

AS DERIVAS DE FEIJOO.-Antes tíñamos o Papa Juan Pablo II como o papa viaxeiro,   agora tamén   temos a Feijoo buscando o Tesouro do galeón da Florida.