Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

DÍVAR, ¿VAISE, OU NON SE VAI?

DÍVAR, ¿VAISE, OU NON SE VAI?

 

  A lenta agonía do CXPX parece chegar ó se fin.  Despois de que o PP afroxara no apoio a Dívar, e permitira ós Conselleiros do CXPX tomar a decisión de retira-lo apoio a Carlos Divar, parece que o asunto Dívar vai camiño da solución. Dívar defendeuse como o gato panza arriba, e solo cando viu minguados ós apoios,ofreceu tomar pro xoves unha decisión radical e contundente. Non soou a unha decisión firme de cese; os circunloquios i eufemismos semellan mais a salva-lo momento, sen asumir ningún compromiso. Non é entendible non dimitira no momento, nin que os Conselleiros non o cesaran. Que unha persoa na súa situación, participe nos actos do bicentenario é subrealista. De momento o Rei non quere aparecer na foto con Dívar, e vaise a Arabia. É inadmisible que se vai sen devolve-los cartos  e sen ser xulgado. A comparación de trato con Garzón é escandalosa

DARLLE ÓS SEUS

DARLLE ÓS SEUS

 

    Feijoo perdóalle  unha multa de tres millóns de euros a un compañeiro de partido”. Así o dixo no debate dunha interpelación do PSOE no Parlameto do Hórreo. sobre o sobresemento, por parte da Xunta, da multa contra Construcuatro, empresa do deputado do PP Telmo Martín, en novembro de 2011. A multa pola construción dun inmoble de vivendas invadindo o espazo marítimo – terrestre na praia de Silgar, en Sanxenxo, fora ratificada polo Tribunal Supremo, que impoñía a multa e a reposición da legalidade urbanística. Reclamou por este motivo que “cando menos sigan adiante coa parte do expediente que ten que ver coa reposición da legalidade”. Malia contar con sentenzas en contra do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Tribunal Supremo, a Xunta de Feijoo “aparece perdoándolle unha multa de 3 millóns de euros a un compañeiro de partido” Logo non hai cartos pra construí-lo hospital de Vigo, nin pra dependencia e outros gastos sociais . Isto é solo un caso mais do reparto do público. Non se descubriría nada novo si dixéramos que Feijoo está repartindo todo o patrimonio da Xunta entre o PP e achegados, pero este caso xa é de unha corrupción insoportable. Non comprendo como alguén non leva o caso a xustiza, aínda que dirán que fe nada sirve

SANIDADE, ÓNDE VAI

SANIDADE, ÓNDE  VAI

 

Outra volta de porca máis no desmantelamento da sanidade pública. Son insaciables e non van a parar ata converter a nosa sanidade nunha copia da mercantilizada xestión sanitaria privada norteamericana. Ó paso que imos, a maioría teremos que volver utilizar os servizos dos curandeiros como no terceiro mundo, xa que total con todos estes recortes os hospitais caerán a anacos e operaranos un bolseiro a tempo parcial que non terá rematado nin a carreira porque sairá máis barato. Feijoo pretende privatizala sanidades por cachos. Os amigos do PPa ven na sanidade unha oportunidade de facer negocio; Feijoo vai desmembrando a sanidade por parcelas; dese xeito pode mais xente participar no negocio. En Santiago houbo unha gran manifestación defendendo a Sanidade e a educación pública. Sigo sen comprender o apoio electoral a Feijoo, logo que ten acreditado que é  trilero mentireiro. Os das opcións preferentes están que votan lume. A Xunta, en lugar de defendelos, culpa o tripartito e a Manolete. ! Serán castróns!.

 

SUPRESIÓN DAS DEPUTACIÓNS

SUPRESIÓN DAS DEPUTACIÓNS





 



   A Deputación de Ourense contratou a 95.
Persoas dende a toma de posesión
de Baltar fillo. Iso é caciquismo, de tal pau, tal estela.  Non ós recortes en educación, sanidade e servizos
sociais. Supresión das Deputacións. Supresión dos chiringuitos de Feijoo, as
chamadas Axencias que creou en cada Consellería, con persoal contratado a dedo.
 Feijoo tamén incrementou a nómina de
persoal dependente da Xunta; por suposto esa xente incorporouse a dedo, co
inestimable mérito de ser do PP, ou do seu entorno. Forman parte de ese
exclusivo club do 10%, pros que todo vai ben, e definen a Feijoo como o mellor
líder que tivo Galiza. A eles non lles importa que duplicara a débeda, que
privatizara servizos, pra que os xestionen os amigos, que o paro medre, que se
paralicen as axudas á dependencia e outras prestacións sociais, que se cargue o
ensino público, que os escándalos, pese o control dos medios de comunicación,
salgan como as setas. Xa está ben de tanto sarao. Privatización da Cidade da
Cultura. Os peperos entenderon que as maiorías absolutas lles daban dereito a
saquear, mentir, manipular e enchufa-los seus. Temos que rescatarnos,
recobra-la dignidade e ser donos dos nosos destinos.



EVITAR FALAR DE RESCATE

EVITAR FALAR DE RESCATE

 

  Cabreo dos socios comunitarios, porque non entenden os eufemismos do goberno español. O PP evita que Rajoy teña que comparecer no Parlamento, e presentando o rescate como unha operación beneficiosa, grazas as habilidades de Rajoy. Si tan beneficioso é, ¿por qué non o solicitou antes?. Quédome asombrado da sortje que temos, pois aínda non entendo c Na comparecencia do domingo Rajoy non dixo a verdade; pero unha mentira mais non importa. Barroso aseguraba esta mañá que fora el quen premeu a Rajoy para que pidera o rescate da banca, e non o presidente do Goberno quen premeu a UE, como asegurou este último o domingo. SE ten  tempo, logo de que termine a eurocopa, cando estemos fora do euro falarannos do rescate,ou como di el, do préstamo. De certo que o rescate é un mal negocio pra España, non solo no eido económico, poñendo de manifesto a nosa ruína, senón tamén no eido moral, desposeendonos do noso orgullo. É innegable que Rajoy, consciente do comprometido momento, sabe manexar os tempos, deixando que as cousas se arrefríen e se pudran. Penso que o rescate non lle vai supoñer unha perda considerable dos votos que ten, en parte porque son votos de fanáticos que non atenden a feitos reais, senón emocionais.

RESCATADOS

RESCATADOS

 

   Por moitos eufemismos que use o goberno e a dereita mediática, un rescate é un rescate. A UE vixiará as contas de España, do que se encargará unha troika na que curiosamente estará o FMI, aínda que non participou no rescate. Non se fían de Rajoy, e España estará economicamente intervida, sen soberanía na política fiscal, nin orzamentaria. Rajoy intento ata o derradeiro momento, que o rescate fora directamente ós bancos, pero a UE non se deixou seducir polo engado de Rajoy e esixiu que fora o estado español o destinatario e garante da operación. O rescate, limitado a unha actividade, económica, pode ser unha grave limitación, mais que unha vantaxe, pois non se pode destinar a outra cousa que non sexa a recapitalización das entidades bancarias. Dicía Ruvalcaba, e ten razón, que os cen mil millóns de euros, por moitas manobras dialécticas e políticas do goberno, non é ningunha lotería; pois á perda de soberanía hai que engadirlle as cargas que se contraen, que van dende o pago de interese, pasando pola garantía na devolución e a intervención económica, ás condicións complementarias que impoña a UE, que aínda se descoñece o seu alcance, i é que nade da os cartos sen mais. Que a UE queira asegurarse a devolución do importe do rescate e interese, ten mais explicación despois de escoitar do presidente de BANKIA afirmar que era unha recapitalización se mais, sen obriga de devolución nin  boa xestión. Non se trata de unha opinión persoal, por moi impresentable que sexa o personaxe, ningún deles é de fiar.

NOVA ALBORADA

NOVA ALBORADA

 

Teño esperanza en que calle un proxecto político galeguista plural e democrático, sen comisarios políticos, nin extremismos ideolóxicos, que sexa Galiza o límite e o obxectivo. Vexo que hai vos vimbios; mais voto de menos que algunhas persoas que non se impliquen mais. Este é un deses momentos históricos, no que os que sintan amor polo pais non se poden agachar. Galiza necesítanos.

O MARISCAL FEIJOO

O MARISCAL FEIJOO

 

   O mariscal Feijoo inventou o ano de nove meses. Cerrou os orzamentos a 30 de setembro pra cumpri-lo déficit. O resto do ano foi de hibernación e deixa-las facturas a fiado. Feijoo non ten sentido do ridículo e crese as súas propias mentiras, solo así se explican as súas burdas intervencións. O déficit rexistrado hai que incrementalo, ó menos, un 25%, froito do periodo aplicado e dos pagos pendentes. Cando interpelaron a Feijoo polo déficit maquillado, foi moi claro, falou da culpa do déficit oculto, segundo o PP, é de Zapatero. Non importa que foran as CCAA gobernadas polo PP, nin que o asunto non teña moita relación coa pregunta; así de clara e contundente foi a contestación de Feijoo. No actual exercicio, o déficit de Galiza, no primeiro trimestre foi do 0,56, cando a media das outras autonomías foi do 0,45. Grazas ás transferencias a conta dende o Estado, o déficit aparece como 0, pero é previsible que para fin de ano se dispare, nembargantes, atendendo ós antecedentes, é previsible que Feijoo reduzca o ano ós meses necesarios para cadra-las.  Parece unha burla, pero é unha triste realidade, a da propaganda da lei de asistencia, ou proteción social, pensada pras vindeiras elecións. Durante tres anos de goberno dedicouse a recortar dereitos sociais, facendo de Galiza un pais cun paro crecente, un risco de exclusión de 600.000 persoas e cunha mingua constante de axudas de todo tipo. No día do medio ambente dixo que o desenrolo que non respeta o medio ambente non é desenrol Qué será, pois, o establecemento en rede natura e onde lles peta, de instaslacións piscículas, ou os eólicos. ¡que cara!

SALVAR Ó SOLDADO RYAN

SALVAR Ó SOLDADO RYAN

 

   No PP deuse a consigna de salvar a Rato. As querellas que hai en curso e as que se aveciñan alarmaron en FAES.  Si o mito Rato cae, con el cae o cerne da propaganda do bum económico da era Aznar. Malia que se sabe que durante o goberno Aznar non houbo ningunha explosión de expansión económica, e que solo houbo a bonanza que deu a venda masiva do patrimonio do Estado, venda que e realidade foi o reparto do botín dos activos do Tesouro entre os amigos de Aznar; así como o desmadre da burbulla inmobiliario, que agora sufrimos, moitos peperos, impulsados por FAES, seguen mantendo que durante a época Aznar foi o momento dorado da economía española. O afundimento de Bankia motivou a caída de Rato e o denudo do mito. Rato, que se consideraba intocable e protexido por Aznar, non esperou a cabalería e desmelenouse nunha rolda de prensa, na que atacou o modo do goberno de intervención en BANKIA. Si Rato ten  algo de razón, que toda parece que non a ten, faise necesaria unha auditoría seria, pra sabe-lo que pasou en Bankia. Rato ten moita culpa do que pasou, presuntamente mentiu e roubou, pero tamén o PP ten moito que ver no que aconteceu; por iso a intervención da Fiscalía Xeral é sospeitosa                                    

GOBERNO SEN INFORMACION

 A tódolos gobernos lles molesta a información libre, pero o PP, tanto a nivel autonómico como estatal, ten unha tendencia a controlar todo o que o cidadán deba coñecer, porque saben que é o xeito en que a incompetencia, nepotismo e todo tipo de corrupción non  chegue á rúa.  Os populares precisan domina-los medios de comunicación pra gobernar; pra eles é esencial á manipulación da opinión publica; forma parte da súa cultura. A televisión que pretende o PP é o modelo Aznar. A enfermiza obsesión do PP por controlar e manipula-los medios de comunicación reflíctese na reforma da TVE que propiciou pra volvela a converter nunha TV de partido, seguindo os modelos das televisións autonómicas do PP, das que sobresaen a TVM e a TVG, verdadeiras factorías de control ideolóxico. O control da información complétase coa manipulación e fideIización dos medios escritos e TV locais, mediante xenerosas subvencións e a persecución implacable dos que non seguen as consignas de San Caetano, o que é completado con interesadas filtracións, que o dilixente Canbaleiro presta.  O PP promete acabar coa parálises de TVE. Solo andará co pe dereito, e recordaranos tódolos días o felices que somos co PP. Non vos resistais, deixádevos seducir.

SANIDADE, ÓNDE VAI

SANIDADE, ÓNDE  VAI

Outra volta de porca máis no desmantelamento da sanidade pública. Son insaciables e non van a parar ata converter a nosa sanidade nunha copia da mercantilizada xestión sanitaria privada norteamericana. Ó paso que imos, a maioría teremos que volver utilizar os servizos dos curandeiros como no terceiro mundo, xa que total con todos estes recortes os hospitais caerán a anacos e operaranos un bolseiro a tempo parcial que non terá rematado nin a carreira porque sairá máis barato. Feijoo pretende privatizala sanidades por cachos. Os amigos do PPa ven na sanidade unha oportunidade de facer negocio; Feijoo vai desmembrando a sanidade por parcelas; dese xeito pode mais xente participar no negocio. En Santiago houbo unha gran manifestación defendendo a Sanidade e a educación pública. Sigo sen comprender o apoio electoral a Feijoo, logo que ten acreditado que é trilero mentireiro. Os das opcións preferentes están que votan lume. A Xunta, en lugar de defendelos, culpa o tripartito e a Manolete. ! Serán castróns!.

PAGAMOS A CENSURA

PAGAMOS A CENSURA

 

  Os xornais que mercamos no quiosco, ou ós que estamos suscritos debían ser gratis; Feijoo xa lles deu millonarias subvencións pra que loen a súa errática política de despilfarros, ocultando a negativa xestión dos asuntos públicos. A prensa, cunha orientación ideolóxica propicia, préstase a ese xogo de ocultación da verdade  e fai dos galegos un dos pobos peor informados e mais manipulados. É chungo o caso, pagamos á censura

 

 

OS FANÁTICOS

OS FANÁTICOS

 

    Hai fanáticos que non precisan ningunha razón, nin ningún dato pra formar unha opinión, porque a opinión xa a teñen formada. Son ignorantes que non queren deixar de selo. Como dicía Bertolt Brecht O peor analfabeto é o analfabeto político. Non oe, non fala, non participa dos acontecementos políticos. Non sabe o que  custa a vida, o prezo do pan, da fariña, do vestido, dos zapatos e dos medicamentos; e que todo elo depende dos políticos. O analfabeto político é tan burro que se comprace e ensancha o peito dicindo que odia a política. Non sabe que da súa ignorancia política nace a prostituta, o menor abandonado e o peor de todos os bandidos que é o político corrupto, mequetrefe e lacaio das empresas nacionais e multinacionais. Isto explica que despois de que se acendera tódolos botóns de alarma, co incremento do paro, deterioro dos servizos sociais, incremento da prima de risco, bancarrotas bancarias, deterioro da convivencia, etc. O PP sigue tendo un apoio grande. Non sei si se debe este feito á persistente propaganda, na que tódalas culpas son do goberno anterior. Pero como explicar que a prima  de risco aumento 200 puntos dende que goberna Rajoy, cada 100 puntos supoñen 12.000 do incremento do custo de financiación ó ano, que aumentara o paro, que se incremente o déficit, grazas á contribución das CCAA, clásicas do PP. Solo  los fanáticos son incapaces de ve-los feitos.

NON DIMITE

NON DIMITE

 

 

  Carlos Dívar  compareceu en rolda de prensa, pero non aclarou nada. Se algo quedou claro é que non ten intención de aclarar nada. Dívar tamén levaba un acompañante con cargo ós fondos públicos. Tamén é importante saber quén era, e qué facía, tanto el como o acompañante. Onda cero fala de cenas cun amigo á luz das velas; cousa que choca coa imaxen de ultractólico. Non sei si Rouco o excomulgará. Pregúntome, se alguén con esa confusión de valores é fiable a hora de xuzgar. Que é algo particular a compañía, pero os gastos non deben se a costa do me peto. Non é cuestión de cantidade. El fala da desprezable cantidade 14.000 euros, que pra min xa é moito, senón de dignidade.  ¡Que coño!. Os deuses, aínda que sexan deuses menores, non teñen que xustificar nada. O CXPX sofre un desprestixio o teléfono ó público colapsouse e as querellas choven  contra Carlos Dívar, aínda que se estrelen contra do muro do corporativismo. Si o comportamento de Divar é pouco edificante, o dos palmeros é penoso. O Ministro e Xustiza sr Gallardón ve ben a actuación de Dívar. Parece que el tamén o houbera feito. O subrealismo de cine negro é a pretensión de Dïvar de comparecer no Senado pra cear con algúns Senadores, como cortesía. Imaxínome que non sería á luz das velas, non están os tempos pra orxías. O negarse algún Senador, Dïvar adía a comparecencia a setembro, cando todo xa estea enfriado.

PUDOR

 

   Montoro pide ó PSOE pudor no asunto do déficit das CCAA gobernadas polo  PP, tamén  pìden pudor  co de Carod Dqivar. Ou  non sabe o que significa pudor, ou é un cínico. A forma de falar de Montoro é como unha cantinela de prepotencia que sempre resulta tediosa pra a xente. O personaxe,  de si, xa me resulta patético. Definitivamente tómannos por imbéciles. E o peor é que pode que teñan razón, porque se non se explica que esta xente leve gobernando moitos anos con maioría absoluta en Madrid, Valencia e Castela e León, xusto as tres comunidades que mentiron.

SEN RUMBO

SEN RUMBO

 

 Tódolos índices marcan o ocaso de España: fraude, prima de risco, paro, déficit, etc., produto da desconfianza que xenera Rajoy e o seu goberno Si non o largamos espérannos tempos moi negros.. Da a sensación que todo o que pode mete man no saco do diñeiro. Se alguén lle lo afea, irrítanse. Caso Divas, que non solo non devolve os cartos e dimite, senón que ataca a quen lle descubre. España así non pode seguir. Hai que limpa-lo pais da mediocridade, dos vagos e dos chourizos. O PP en cinco meses arruinou o país, non quero pensar o que poden facer en catro anos.  Si realmente lle tivera algo de apego ó pais, iríase; pero como bo pepero o amor a España é solo un engado, un dito pra xustificarse na apropiación de todo, un xeito de envolverse na bandeira, mentres se sangra ó país. Co ánimo de tranquiliza-los mercados e a opinión pública, Rajoy compareceu en Xénova, ollo: nin no Parlamento, nin sequera na Moncloa. Non conseguiu nin unha cousa, nin outra. Foi falar da fariña e subiu o pan. Non deu resposta a nada, narrou necesidades, as que todos coñecemos, pero non deu esperanzas, porque non ten solucións.

RATO Á FUGA

RATO Á FUGA

 

  Con case 25.000 millóns de euros pra reflota-lo banco do PP, sen que nade vaia ó cárcere; pero si, unha larga lista do PP na nómina de Bankia, é o desfalco mais grande que se deu en España.  O PP saca unha lei sobre a transparencia, pero sen ánimo de cumprila, oponse a que os responsables da crise de Bankia dean explicacións no Congreso. A empresa contratada pra audita-las contas de Bankia non se decatou de nada, unha vez máis, limitouse a cobrar unha boa minuta Trátase de Deloitte; leva dentro a antiga Arthur Andersen- e as súas responsabilidades alcanzan non só a Cajamadrid, senón tamén a Bancaja e o Banco de Valencia. Falsea-la contabilidade, anunciando un beneficio de 300 millóns, cando as perdas superaban os 3.000 millóns é un delito, pero vivimos entre ladróns. O mesmo presidente de Bankia dixo que non estaba pra depurar responsabilidades… claro él é un dos responsables e está pra forrarse, porque a súa ambición non ten límite, non lle chega co que levantou.  Non sei si os 10 millóns de votantes do PP isto lles importa; polo que se ve, en Valencia e en Madrid, a corrupción e o roubo non quitan votos.  Comprendo a postura do PP sobre BANKIA. Foi o seu banco e afundírono os seus homes estrela. Crearon a imaxe de Rato como un mago das finanzas. Pode que Rato sexa efectivamente un mago, fai desaparece-lo diñeiro  público, pero engorda o seu patrimonio. Sen quitarlle mérito a Aznar, vendeu a totalidade de empresas públicas, regalándoas ós amigos de Aznar, creou a burbulla inmobiliario, coa que deu morte ás caixas, pero enriqueceu a moitos peperos, non é pra recorda-lo seu paso polo FMI, remata de fundir BANKIA, iso si, levándose  mais dun millón de euros de premio

TAX LEASE

TAX  LEASE

 

     Diante do inquirimento de Deputados do BNG e do PSOE, a reposta de Almunia foi tallante: Bruxelas non pode aprobar un novo tax lease para España, sinxelamente porque o Goberno español non formulou unha petición oficial. Fontes de Competencia explicaron que ata agora, o Executivo se limitou a realizar consultas e elaborar, borradores, o último deles, tería sido presentado de forma extraoficial, sen pretensións de obter unha resolución, hai menos de oito días. O que está a pedir Bruxelas é un documento definitivo. «Unha vez que o Goberno de España o presente, a Comisión está en disposición de poder emitir unha valoración inmediata en menos dun mes», informou Almunia á eurodeputada socialista. Miranda, ou Mirinda, di que o plan xa xe presentou, o que é mentira. Unha razón mais pra que nos teñan por mentireiros en Bruxelas. O noso Presidente Feijoo asiste como convidado de pedra, como si a ousa non fora con el. Nentramentras, diante da pasividade do noso presidente, e as mentirase duns e a indolencia de MADRID, o naval desaparece

UN NUREMBERG FINANCCIEIRO

  A necesidade obriga a buscar novos medios de loita contra do espolio dos pobos. Hai que plantarlles cara ós buitres neoliberais que nos están sumindo na miseria. Propiciado polo movemento do 15 M, hai un grupo organizado, con un buzón en internet pra recibir información e suxerencias, co obxecto de sentar no banco ós responsables da crise e do espolio, entre eles a Rodrigo Rato

 

 

 

 

UN VALEDOR DESPILFARRADOR

 

   Cando lle escoiten ó proposto pra valedor que vendería o  coche mercado polo anterior valedor por consideralo un coche de luxo, acordoume que Feijoo, que fixo o mesmo ó gaña-las eleccións. A propensión a demagoxia ten sentido cando se considera ó cidadán un estúpido, que parece que é o caso. Feijoo inventouse o da austeridade pra desfacerse dos coches usados e mercar uns novos. Hai que ver como se copiou o discurso. Todo o mundo quere senta-lo cu no plástico, estreando coches; e por riba queren vendernos que o fan por aforrar diñeiro. Esa proposición de Valedor non prospera. Feijoo precisa un Valedor que lle tape os chanchullos e, o mesmo tempo, xunta-la necesaria maioría pro nomeamento