Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

O PRESIDENTE FALOU

O PRESIDENTE FALOU

  O Presidente da Xunta falou, chegáronlle dous minutos pra fixar un novo prazo da chegada do AVE e esquecerse das promesas. Pra despois do 2018, fixou a data de chegada do AVE. Data xenerosa e aberta. Pode ser no 2018, mais adiante; o mais seguro: é, ¿quén sabe?. Non haberá mais pactos do Obradoiro. Agora Rajoy pode facer o que lle veña en gana. En Galiza hai un Presidente que non lle interesa o Pais. Interésalle servi-lo partido. As reinvindicacións que lle facía a Madrid, gobernando o PSOE , eran unha farsa. Non lle interesaba o AVE, interesáballe desgasta-lo Goberno. Incluso, o colmo, pediu que o goberno e funcións no adxudique novos tramos.  Pasa que o diga Rajoy; pero saíndo da boca de Feijoo, da a medida da xente do pais. Noutro  lado houbéranlle  armado unha boa. Temos o Presidente que merecemos. O AVE morreu, polo menos, esmoroceu.

SEN REMEDIO

SEN REMEDIO

 

  Privatiza-la sanidade, como vai face-la Cospedal, adiantada do PP, ten dúas vantaxes, dende o punto de vista desa ilustre política; por un lado dáselle o negocio os amigos, por outra ocultase un endebedamento, que non contabiliza, como tal, en Eurostart. A xestión é ruinosa pros intereses públicos. As empresas privadas, mais se son dos amigos, están pra facer negocio. O invento xa se puxo en práctica na Inglaterra da Tacher e  na CA de Madrid. En menos de tres anos, a inversión de novas construcións xa está amortizada; a partir de aí todo é gañar diñeiro. Pola súa parte a CA contrae unha débeda pra moitos anos, que terá que pagar mediante un canon anual.  Non se ten demostrado que o servizo prestado ó doente sexa óptimo, mais ben ó contrario; porque se regatea en todo; tampouco é mais barato. Tense constatado que o servizo, sen ser mellor, encarécese en mais dun 60%. O negocio é unicamente pros axudicatarios do servizo, que soen ser sectores moi ligados ó poder. Todo estaba previsto que así fora, nade se pode queixar, nin  os fillos mutantes da cabra lexionaria.

AREA DE CONSUMO

AREA DE CONSUMO

 

    O que pasa agora coa débeda é un aviso do que vai pasar en Europa nun futuro inmediato. Europa deixou de ser un lugar de produción pra ser unicamente zona de consumo. A desproteción arancelaria propicia a deslocalización. Ás empresas buscan lugares de produción baratos; porque o mercado xa está asegurado na Europa do consumo, colocando ós productos ós precios que resulytarían de producirse nos lugares de consumo. Houbera sido doado evita-la deslocalización de empresas si lles r6esultara mais caro, debido os aranceis, vende-los produtos en Europa quje fabricando in situ. Ultimamente, aproveit7ando as facilidades de importación, xa se da un paso mais na comercialización coa instalación de comercios chinos. Normalmente estes centros venden produtos de baixa calidade pero baratos; os clientes seuelen ser os mais prexudicados polas deslocalizacións. A razón destas paradoxas hai que buscalas, por unha parte na nula concienciación do consumidor, e por outra nunhos mercados gobernados polo capital, nos que os políticos ou teñen intereses directos, ou actúan de lacaios das empresas.

SEI ONDE RECORTARÍA

SEI ONDE RECORTARÍA

 

   Non permitiría que unha persoa, como é o caso da Cospedal, cobren mais dun soldo da Administración. Tamén reduciría, hasta o  50% o salario dos que teñen actividades privadas. Tamén  reduciría drasticamente os cargos de elección, asesores e persoal de libre designación. Recortaría en burocracia, eliminando Deputacións e algúns axuntamentos. Recortaría os parques móbiles, nun 50%. Recortaría os privilexios, salarios e gastos santuarios dos cargos electos. Eliminaría a tenencia e teléfonos móbiles a cargo do erario público. Reduciría, ou eliminaría as subvencións a sindicatos, partidos políticos e a airexa. Con elo, non faría falla toca-los salarios dos funcionarios nin ás pensións

DESMONTA-LA SS

DESMONTA-LA SS

 

    O Conseller de Sanidade da Xeneralitat, propón un seguro médico obrigatorio privado. A idea non aporta, en si, nada novo. Os que teñen moitos medios, igual que algúns sectores xa o teñen. O acento está en “obrigatorio”.  Sería o primeiro paso pra crear unha SS privada pra ricos, e deixa-la SS pública como unha beneficiencia pra pobres. Hai que salientar que o Conseller era presidente da patronal de seguros médicos privados de Cataluña e quere engorda-lo negocio da sanidade privada, deixando na pública unicamente a xente sen recursos e todo beneficiario que non supoña un negocio. O acoso ós profesionais da sanidade, non deixa de ser un recurso mais que empregan pra facer inviable o sistema

O MAUSOLEO DO DICTADOR

O MAUSOLEO DO DICTADOR

  

     Ningún dos ditadores compañeiros de Franco ten un mausoleo. O verdugo de milleiros de españois, o causante da miseria e atraso de España, ten un mausoleo feito coa miseria das súas vítimas. A guerra civil foi unha traxedia que a xente precisa esquecer pra encara-lo futuro. Un futuro con demasiadas nubes no horizonte, pero os fascistas está emperrados en que as xeracións vindeiras non esquezan a súa vitoria. Seguen adorando ós restos do líder, como o fixeron en vida. Pros fascistas Franco sigue sendo un heroe, pra outros non pasa de ser un sanguinario asasino. Hai que comprender ós familiares dos asasinados, enterrados no Val dos Caídos, que ven unha afronta que o ditador presida a traxedia  como si fora a escenificación dun fusilamento diario.

      Os expertos, que nade sabe en que son expertos, agás en templar gaitas, recomendan que se saque a Franco, pero que se pida permiso a Airexa e a familia. !O que deberon suar pra chegar a esa solución!. Nego que a Airexa teña voz no asunto. O lugar é propiedade do Patrimonio Nacional. Non se pode condiciona-la solución á vontade dos cómplices dos feitos a esquecer; ós que en vida o levaron baixo Palio, como o Santísimo, e agora, de morto, o teñen baixo as sotanas.  Á familia, que o deixen nunha cuneta, como el fixo cos fusilados, pra que saiban da anguria de non atopa-los restos. Trátase, en definitiva, de pechar definitivamente unha ferida da mais sinistra páxina da nosa historia, non de axitar medos. A proba de que a transición non existeu son esas voces de seareiros do vello réxime, que solo existen en España; nin en Italia, nin en Alemania existen, e a familia do ditador sigue conservando privilexios e fortuna.

COMO O CARACOL

COMO O CARACOL

 

 

 

   Despois das eleccións do 20N, Rajoy está desaparecido, escóndese pechándose na súa cuncha. Mentres Rajoy se esconde como o caracol, os válidos do PP lanzan ideas, que non teñen ouitra función que sonda-la opinión do público; aínda que non lles importa moito o que pensen. A Finalidade da sondaxe e ir preparando á xente pro que lle espera. Si temos en  conta os antecedentes cos que nos obsequia a Cospedal, teremos unha idea bastante clara da medicina que nos van aplicar. O paro, os recortes nos servizos sociais, en definitiva, a miseria será o noso futuro. Todo elo contrasta coas prebendas ós ricos. Sen ir mais lonxe, a Cospedal cobra tres soldos, que sen contar axudas de custo, van a un millón de euros. Eso non lle supón incompatibilidade; nin é inmoral que os Deputados teñan plan de pensións, pagado polo pobo ó que escravizan. A  evasión fiscal, que pode chegar ós oitenta mil millóns de euros, é o deporte preferido dos ricos. Por qué non se combate a evasión fiscal, por qué os Deputados, se queren incrementa-las súas pensión, xa previlixiadas, e non as pagan dos seus megasoldos. 

 

 

A ENCRUCILLADA DO BNG

A ENCRUCILLADA DO BNG

 

   Leve, pero retroceso ó fin, nos resultados electorais do día 20, arrincaron unha tépeda reacción na dirección. Guillerme Vázquez, ó que nade pode negar a súa calidade de boa persoa, pero home da UPG, amaga con presenta-la dimisión. Todo baixo a estratexia da UPG. Pouco di dos que antepoñen unha ideoloxía comunista trasnoitada, ó intres do pais. Cun PSOE  en caída libre, que deixou un espazo  baldeiro na esquerda, o BNG foi incapaz de sacar rédito desta situación, como era de esperar. Os resultados electorais, xunto coas evidentes divisións apreciadas no congreso celebrado fai días en Teo, barruntan un esborrallamento da organización Galeguista. Os non adscritos a ningunha das correntes existentes no seo do BNG, que son maioría, están en  retirada;  nas asembleas son ignorados e solo soa o monólogo da UPG, unha petrea organización de extrema esquerda que solo pensa en impoñerse; as outras sensibilidades  as cales se organizáron co solo fin de facerlle frente a UPG. Estas correntes foron moi prexudicadas polos trepadores que xurdiron no se seo. A xubilación de fósiles que non  deixan paso ás xeneracións novas, a refundación ideolóxica e de organización, dando paso os bos e xenerosos, que os hai, é  o único xeito de que o nacionalismo non esmoreza.  Os que queiran converter a Galiza nunha reserva comunista, como foi Albania, que se vaian. As xuntanzas da directiva do BNG está acadando grandes tensións.  Mais Galiza plantou a UPG  e non asistiu. Noriega sería un candidato pra Secretario Xeral, no seu concello vótano ata as dereitas; non destaca por facer grandes obras, non é un demagogo,  non minte.

DERRADEIRA TRACA

DERRADEIRA TRACA

  

     Seique o goberno está en funcións; en tal situación limítariase a asuntos de mera xestión gubernamental. Non último Consello de Ministros adoptaron o acordo de indulta-lo Conselleiro do banco Santander, que non é un asunto urxente, nin de trámite. Nada ten que ver este acordo coa xestión de asuntos correntes, as razóns hai que imaxinalas. Mariano amosa un acordo tácito; non obxectou nada. Ditar un indulto en contra do parecer da xustiza, sen que haxa unha razón social, de Estado ou outros alicerces sólidos; simplemente porque lle peta, é cargarse a Institución de indulto. O indultado ten unha opinión desfavorable do Estado de Benestar, segundo manifestou en mais dunha ocasión. Sería  ese o mérito que lle viu Zapatero pra indultalo

CON SENTIDO DE ESPAÑA

CON SENTIDO DE ESPAÑA

 

  O 20-N os españois votaron cun sentido de Estado, esquecendo a súa situación real. Dicía Castelao, nunha viñeta, na que un galego dicía: “salvemos a España”. España é a que ten que salvarnos a nos. Nosoutros  debemos ter un microchic avariado e pensamos que España precisa  da nosa axuda e decidimos darlle un cheqe e branco a Rajoy pra que salve España a costa nosa. Non don entendido que quen ten un salario de supervivencia agarda que sexan os que predican un liberalismo económico e a explotación do traballador  os que o salven da miseria. Non don entendido como os que precisan unha SS, unha asistencia por dependencia, unhas pensións dignas, en definitiva, do Estado de Benestar, lle dan o voto a quen, aínda con programa oculto, saben que os vai a explotar. Por moito que Rajoy oculte o programa; os votantes saben como goberna o PP nas autonomías. Parabéns a eses votantes, tan altruistas que antepoñen a hipotética salvación de España, os usureros e os explotadores, as súas familias, a educación dos seus fillos, a unha sanidade pra súa familia  e as pensións dos seu maiores. Grazas a eses salvapatrias camiñamos cara a escravitude moderna.  Da a  impresión de que este pais non evolucionou dende que os gobernantes se consideraban delegados de Deus na terra. Agora o que nos queda e rezar e esperar que Deus se apiade de nos.

 

 

ALGUÉN TEN A CULPA

ALGUÉN TEN A CULPA

   Alguén ten a culpa, e non son eu. Os Parados de longa duración e a xente sen recursos queda sen SS. A Xunta ditou unha orde que segrega a estes colectivos e os aparta do sistema normal de SS. Segundo a orde da Xunta, so terán dereito a urxencias, sen probas, sen atención en especialistas, primaria e menciñas. A traxedia pros afectados xa empezou, i é Cáritas a que lles ten que socorrer. Este feito deu lugar a un agrio e bronco debate n o Parlamento galego. Como ven ocorrendo en casos similares, a Xunta culpa ó Goberno Central, e dicir, ó PSOE; argumento que xa non lle será válido dende que o goberno do PP tome posesión. Isto non pode seguir así; teñen que arranxalo. Non vale intentar ignora-los problemas, menos crealos, os parados bastantante teñen con estar no paro e os pobres con ser pobres.

E CHEGOU A CALMA

E CHEGOU A CALMA

 

    Xa non hai acoso a Zapatero. O Superconselleiro está calmado. Agora é cando se ve que as infraestruturas que se reclamaban ó Goberno Central non eran mais que unha forma de crear problemas.Agora é cando empezo a comprender a concentración de tantos Servizos na Superconsellería de Infraestruturas; non era pra aforrar, xa que a organización periférica, e incluso central, mantívose intacta, era pra incordiar; porque nada leva feito, A icognita é.  ¿qué  fará agora?. O mesmo Feijoo dixo que o AVE a Galicia non chegaría ata despois do 2118. Eu digo ata que nos desfagamos deste atallo de vendepatrias. Espero que no Pazo do Hórreo se arme unha boa lea.

A MOTOSERRA

A MOTOSERRA

 

    Cando as barbas do teu veciño vexas pelar pon as túas a remollar.  A motoserra está nas mans de Rajoy, pero dende o nordes  xa se fai un adianto da política de motoserra que nos agarda. Non se van a incrementa-los ingresos, cunha maior esixencia tributaria ós ricos. A política de rebaixa de impostos, que levou a cabo a dereita do PP e CIU, amén do PSOE, ocasionou un desarme económico do Estado de Benestar, que lle faría difícil manter certos gastos sociais. Si a iso lle engadimos as ocorrencias de Zapatero, negando a crise e gastando en bombillas, cheque bebe axuda do 400 euros por maternidade; atopámonos coa caixa de Facenda baleira e o estado empeñado. Agora chega o momento de recorta-lo gasto, encarecendo servizos esenciais, ou gravando outros; recaendo as cargas sobre os mais necesitados. Non serán uns recortes levadeiros; serán uns recortes feitos coa motoserra. Posiblemente este sexa o último Nadal normal, aínda que a inminencia da poda non nos vai deixar come-las uvas en paz

 

ASCENSO

ASCENSO

 

   Comentaba o martes un lector do blog a súa perplexidade polo ascenso de Telmo Martín a deputado en Cortes, como premio a súa incapacidade de desaloxar a Lores da alcaldía de Pontevedra. Eu tamén estou perplexo polo ascenso de Telmo. Un home que o único acervo cultural que ten é haber sido fontaneiro. Pero el aproveitouse das axudas de certos persoeiros de Ribadumia, cos que tiña relacións, pra escalar dentro do PP. A súa vez o PP aproveitouse del coa intención de usalo pra facer un planeamento urbanístico propicio, pro que intentou colocalo de alcalde de Pontevedra. Como o PP non conseguiu a alcaldía, premiaron os servizos de Telmo, facéndoo Deputado. A Política ten estas cousas de difícil comprensión. É alucinante oílo falar de temas de intres social, con desparpaxo, sen complexos, como se entendera do tema. Nade lle pode negar a ousadía que ten.  A función de Telmo no Parlamento tampouco vai requirir unha especialización especial, porque se reducirá a chuzar no  botón que lle digan.

AMONTÓNASELLE O CHOIO

AMONTÓNASELLE O CHOIO

 

    A penexo amontoáselle o choio. Non adiantou na búsqueda do códice Calixtino, pero sigue buscado. Agora tamén ten que busca-lo programa electoral de Rajoy. Mais que unha axuda, as declaracións de Rouco Varela sobre as inmediatas actuacións de Rajoy, fixéronlle pensar que o programa electoral de Rajoy estaba en poder da Conferencia Episcopal. Posiblemente esqueceu o programa nalgún confesionario; e as Airexas, que sempre nos dixeron que eran a casa des Deus, están gobernadas por poderes terreais, que se apropian de todo o que cae  nas súas redes. Por iso lle van ditar a Rajoy o programa, devolvéndolle o que perdeu, o mellor, convintemente corrixido. Polo de prono, Rouco xa dixo que o paro e a crise eran castigos de Deus. A culpa da crise xa non é de Zapatero, é de Deus, que castiga ós homes por apartarse de Cristo.

   Tamén a Rajoy se lle amontoa o choio. Non queda moi claro é si é o Presidente do Goberno español, ou o Subgobernador alemán pra España.  Anxela Merkel deulle instrucións por teléfono, debeulle queda-la sensación de que non ha entendía, e púxolle un telegrama; como si Rajoy non fora moi avisado. O bo de Rajoy entre banqueiros, airexa, mercados, ricos e axentes sociais, vanlle a complica-la vida; pra mais ten unha Soraya de Santamaría, que non di mais estupideces porque non ensaia: España, dixo, sempre foi solvente e volverá a selo. Menos mal que ten a penexo.

 

NADA CLARO

NADA CLARO

  

    Cómo dicía un comentarista do blog, espero que Rajoy teña claro o que vai facer. Podía ser unha estratexa electoral, non desvela-lo programa de goberno, pero agora urxe non xogar ás adiviñanzas. As eleccións pasaron e xa podía dici-lo que vai facer; pero non, é o seu estilo; a indecisión, a ambigüidade. Os mercados non lles senta ben o escurantismo; así a bolsa recibiuno cunha baixa, e a prima de risco segue subindo. Si el non o ten claro, si hai que o ten. O sr. Rouco xa se pronunciou e vaino instruír no que ten que facer. Mercados e Airexa van ser os dous osos mais duros que terá que roer 

ESMAGADOS

ESMAGADOS

 

 

    O 20 de novembro non ten, pra algúns boas connotacións. Pola contra outros veno como a data da liberación, o principio do fin. É de esperar que a data do 20N non sexa tráxica. Unha cousa é segura, a data do 20N marcará un antes e un despois; unha fronteira, á que, mais dunha vez nos asomaremos pra consolarnos cun pasado, que se nos antollará glorioso. Os gobernantes, que non souberon pilota-lo barco no medio desta tormenta de crise mundial, deixan unha herdanza non demasiado boa. A gran incógnita é si o goberno que sale das furnas será capaz de goberna-la nave. Prometéronnos a felicidade: mais ben teremos moito sufrimento, e a nave vogará por un mar formado polas nosas vagüas.  

A INDEFINICION

A INDEFINICION

  

        A prima de risco da débeda española parece non ter teito. As intervencións públicas dese estadista chamado Aznar, que con frecuencia solta unha parida en canto lle poñen un micrófono ó alcance, o mesmo que ambigüidade de Rajoy, en lugar de tranquiliza-los mercados, sementan o desconcerto. Claro,  as eleccións están aí, mellor non pronunciarse pra que os votantes non se espanten. Con España en linia de rescate, mellor, por non dicir imprescindible, pronunciarse. Iso, de importarlle o pais. Seria o lóxico, e non dicir obviedades. Nade sabe cal é programa real de Rajoy, o mellor é que non o ten, i é esa escuridade a que pon nerviosos ós mercados.

CENSURA E MORDAZA

CENSURA E MORDAZA

 

   O lobo perde o pelo, pero a maña nin tarde, nin cedo. Como nos vellos tempos da ditadura, o PP recorre ás vellas tácticas da censura. O caso da información aparecida no XORNAL, ilustrada cunha foto de Rajoy a bordo do barco da polémica, nas augas augas da Rías Baixas, e que motivara  o cese fulminante  do director do XORNAL, e o esmorecemento e desaparición dese medio de comunicación, atopa continuidade nas redes sociais. Un vídeo que parodiaba a Rajoy en Twintter, motivou ó peche da conta.  O caso evidencia unha pauta de conduta. Nada se escapa á censura. Non sei canto tempo durarán os rasquizos polos que flúe á crítica. A liberdade de expresión está en perigo, solo estará permitido, como nos vellos tempos, falar do fútbol e do tempo. O peche da  conta tivo uns efectos que non esperaban. Clones da conta e unha difusión das mesmas, moi superior á que tiñan uns inxeniosos comentarios, tivo uns efectos, que seguro, están lamentando.

 

A PATIÑA

 

    Din que Rueda, dende San Caetano, Goberna os Concellos. Algúns alcaldes xa se lle adiantan; son alcaldes moi aplicados. O de Santiago, como nos mellores tempos do ladrillo, prepara pelotazos como o da finca do Espiño, mercado de gando ou estación do AVE. Non é dabondo o reparto do público, nin os contratos de persoal a dedo; sempre se pode superar. Non sei cal levará o premio, supoño que cada quen ten un preferido. Dende logo, eu non sei cal é o número un. Non sendo necesarios, porque hai na planeilla de persoal funcionarios cualificados, contratou persoa,l a dedo, que lle supoñen ó Concello 150.000 anuais. A concelleira de persoal alega que a normativa llo permite. Permitirallo, pero inmoral si é. A finca do Espiño ten vía libre pra urbanizar, grazas o PP. Moi ilegal, ou moi inmoral, ou ámbolos dous. Os terreos do mercado de gando son algo cobizado, pero non é a única razón; o complexo de Silleda é unha obra do PP, igual que a da Cidade da Cultura; outro desatino que hai que encher de contido. Espir un santo, pra vestir outro. A estación do AVE ten, esencialmente, un defecto: non é     suficientemente especulativo. Non hai lugar pros pelotazos; pra mais non é un proxecto  do PP, aínda, que por interese da cidade, podíano facer seu. A crise económica pon o descuberto a imposibilidade de manter certas infraestruturas, de dubidosa rentabilidade, por non dicir nula, pero que foron concibidas á imaxen do VALLE DOS CAIDOS