Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

AFORRO E EFICACIA

AFORRO E EFICACIA

 

 

   Nin unha cousa nin outra. Quere o PP que comulguemos con rodas de muiño. Presentan como un aforro a división do mando da policía; aínda van mais aló; segundo o PP haberá mais eficacia policial. Sen entrar na idoneidade do mando; especialmente o Sr Fernández de Mesa é de sobra coñecido, tanto pola súa formación académica como polo seu entusiasmo do vello réxime. Especialmente pola súa traxectoria nos cargos que tivo no pasado, dentro do PP,  deixa unha traxectoria de eficacia. No seu haber, amigo intimo de Rajoy, que é o que mais puntúa. O Director da policía, coñecido activista no Congreso dos Deputados, da fundación FAES e, sobretodo, un dos inventores do caso FAISAN. Non é xente que lle gustaría a ninguén ter o seu lado.  A desactivación da investigación do caso GÜRTEL será o primeiro éxito da división policial; o segundo, prepara-la resposta represora ós cidadáns. A pregunta do millón. Non compartiran información, xa que non hai coordinación entre os dous corpos policiais. Houbera sido mellor suprimir un corpo, pero os intereses do PP non van pola eficacia.

ENGANO OU DISTRACCIÓN

ENGANO OU DISTRACCIÓN

 

   Vendo as declaracións de partidos monárquicos como o PSOE (haberá quen di que non o é) ou o PP, que fan do aceno de claridade orzamentaria da Casa Real, quédome asombrado do pouco que teñen en estima a nosa capacidade de comprensión. Sabendo o que nos costa o tinglado que teñen montado os políticos, e  vendo eles que as cousas lles saen mais que redondas, á panda de vividores e sátrapas  que soportamos, non conformes con vivir unha vida de regalía a nosa costa, aínda nos queren manipular cos seus lamedoiros e construción de realidades obscenas, e que non pensemos, que non teñamos a nosa propia opinión dos feitos

 

RAJOY NON MINTE

RAJOY NON MINTE

Rajoy non mintiu durante a súa campaña electoral, simplemente non dixo a frase completa: dixo que non ía subi-los impostos...ós máis ricos (iso era o final da frase). Subíu os impostos ás rendas do traballo, e subíu, para que non se diga, a algunhas rendas do capital (e non a todas), nunca cantidade ínfima. Asi que si coñecedes algún votante do PP agradecédelle que este ano non poidamos nin soñar.

BOAS FESTAS

BOAS FESTAS

   Rajoy amárganos as festas a pensionisstas e currantes. Relaxádevos e 

chuzade aí. Unha fermosa historia pro  nadal

http://www.youtube.com/embed/YBIwCdvhgX4?rel=0"

ODIAN O PÚBLICO

ODIAN O PÚBLICO

 

     O Goberno sigue como un seareiro  as políticas liberais mais extremas. Anuncia o recorte de 4.000 millóns de euros e non tocará as grandes fortunas, os privilexios de políticos e a airexa, as axudas ós banqueiros ineptos; recaeran os recortes sobre os funcionarios, sanidade, educación pública e políticas sociais. En realidade odian o público e o social; e intentan quer as empobrecidas clases sociais sexan as que paguen unha desfeita na que nada tivo que ver; antes ben, foron as únicas vítimas do egoísmo, dos que por riba, son intocables. Isto solo será un doce azoute nas nosas pousadeiras, e un asalto de ensaio á nosa baleira carteira. O axuste duro, e contra dos febles, virá logo das eleccións andaluzas. Mentres tanto haberá contención. O ultraliberal Ministro de Economía, fixo un relato do estado da economía, dicindo obviedades, que todos sabiamos. Todos esperábamos que nos anunciara solucións, pero iso é o que non fixo; non sei si é porque non as ten, ou porque teme  a reacción social si di o que pensa. O silencio de Rajoy é un silencio que se escoita; non está calado por ningunha razón comprensible; simplemente non sabe que dicir. Haberá periodistas do seu entorno, que poñerán na boca de Rajoy palabras que nunca dixo e susurraranlle á orella as consignas dos explotadores.

 

O CABALO DE CARREIRAS

O CABALO DE CARREIRAS

 

  A transformación que produce o poder é incrible. A Rajoy, de súpeto, éntranlle unhas presas asombrosas por reforma-lo Tribunal constitucional, unha Institución, que como outras, foi entorpecida a súa anovación polo propio Rajoy durante anos. Se algo nos ensinou este camaleón é que o Tribunal Constitucional ten que modificarse no sistema de nomeamento dos seus membros pra que sexa realmente independente e non podan paralizar a súa renovación ningunha formación política

NOMEAMENTO POLEMICO

NOMEAMENTO POLEMICO

 

 

    O Director do Igape tiña un amplo curriculum de irregularidades graves que facían imprescindible o seu cese. Pra ocupa-lo seu posto nomease unha persoa inmersa en varios xuízos. Hai quen pensa que a Srª Toca Carús, ourensán ela, lle  deron unha patada pra riba pra quitala do cargo que tiña, e así, deixar sen forza os litixios que tiña; tamén hai que ter en conta que o seu nomeamento entra dentro do copo de prebendas que o PPg ten pra Ourense. Vendo estes movementos de persoal concluíse que o cesado debía ser o conselleiro de Industria. Non pode admitirse que en tódalas áreas da súa consellería haxa asuntos turbios. O personaxe xa está cargado de méritos pro su cese. Como non pode argüírse que non hai outro, a culpa tena quen o nomeou e o mantén no posto; porque demostra que é consentidor, senón impulsor da corrupción. O IGAPE naceu pra impulsa-la industrialización de Galiza; dos seu  orzamentos solo dedica un terzo a esta función; pra mais a maioría, dese terzo, foi destinada a favorecer a familiares e amigos. O persoal é o mellor pagado, os seus salarios soen ser un 33% mais altos que noutros sectores. A maioría do persoal son das escalas superiores. Habería que suprimilo pra refúndalo. Moita cabalería e pouca infantería. Non se pode dicir que este tan mal xestionado como a antiga NOVACAIXA GALICIA; o mellor supera.

TURISTAS

TURISTAS

 

    Os mozos galegos son uns turistas; vanse ás Canarias de camareiros porque lles gusta facer turismo; outros buscan países moi diversos como o Reino Unido, Suíza, Alemaña ou Estados Unidos. A veces, a mais do turismo, van pra  formarse  mellor. A conclusión é que os mozos galegos son  moi inquedos, viaxeiros na procura de aventuras. Iso é o que dixo a Conselleira Mato nunha comparecencia no Parlamento, en resposta a un enquérito do BNG sobre a emigración forzada da xuventude galega, diante das nulas perspectivas de futuro que teñen en Galiza. O remate, concluíu, os culpables son o PSOE e o BNG. Aínda non se enterou que quen goberna en Galiza é o PP.  Esa panda de bonsais aínda non baixaron da cerdeira dos amorodos.

BODORRIOS

BODORRIOS

    Os bodorrios son propios das revistas do corazón; mais hai casamentos que transcenden  ese espazo i e necesario comentalos. O fillo mais vello dos Aznar casou, como non podía ser menos, no Escorial; lugar senlleiro con amplo recendo do poder e do franquismo. A voda non foi tan obscena e pomposa coma a da súa irmá, nestes tempos  de crise hai que garda-las aparencias. Nada de Xefes de Estado estranxeiros, aínda que toda a plana maior do PP, que non están na cadea. Coa dispensa e as beatas bendicións do sr. Rouco , casaron nunha capela privada. A noiva chegou nun 600, hoxe un extravagante luxo. Ganas de da-la nota. Os dous contraentes chámanse como os pais. Aquí vese o afán dos Aznar en perpetuarse na historia do pais, transcendendo  ó tempo. Aínda non se sabe que guerra se planeou no banquete, nin que sinecura se lle reserva a Aznar fillo. O tempo dirá. Decembro tempo de chourizos; a policía non dispersou a perigosa concentración.

REFORMA MENTAL

REFORMA MENTAL

  

    Despois de ve-lo panorama, no que hai duques ladróns, empresarios feudais, políticos corruptos, banqueiros codiciosos e usureiros, condes con temperamento medieval, etc. Urxe unha reforma mental, mais que unha reforma laboral, i eliminar tantos privilexios e inxustizas, deixar en paz ós currantes con salarios mínimos, que bastante teñen con sobrevivir.  

A PATRIA É SÚA

A PATRIA É SÚA

 

   O concepto patrimonial e exclusivo que Aznar ten de España, como si fora unha finca súa particular, transmitiuno a outros prebostes populares. Mais aínda, é unha idea incorporada ós principios fundamentais da dereita española. A mesma Rosa Diaz, sen ideoloxía  definida, usa esa idea de España.

A ALDEA GALA

A ALDEA GALA

  

    Rajoy emula a  Abraracurcix e fixo de España a súa aldea gala. Os invasores que ameazan o seu territorio non son aqueles temibles romanos, ós que se enfrontaba Asterix. Agora é unha teutona, que non recorre a guerra pra dominar Europa, á que Raoy sópralle á orella o seu programa: o mesmo Rajoy que lle reprochaba a Zapatero que se pregara as directrices de Europa. Agora que é xefe da Aldea gala, evita facer concrecións e precisar recortes, so xeneralidades, que non poñan en perigo as vindeiras eleccións andaluzas. O seu programa real teno   tan oculto como a fórmula da pócima de Panoramix. Logo de que se celebren as eleccións andaluzas, e a meirande parte da aldea se tinxa de azul, as gaivotas invadiran a terra e cagaranos na cabeza. Nosoutros, ignorando a realidade, diremos que neva  e que as cagadas son falorpas

ESTÁN QUE MORDEN

ESTÁN QUE MORDEN

 

    O Presidente da Xunta e o seu conselleiro de infraestruturas paradas están que morden. O motivo da súa santa indignación é a adxudicación, polo  ADIF da estación do AVE en Ourense. O ADIF é unha empresa pública que ten a función de executa-los proxectos ferroviarios aprobados polo goberno. O AVE a Galiza é un proxecto en marcha, que debe funcionar, unha vez aprobado, con independencia do curso político. O PPg está que trina coa adxudicación. Dende que Conde Roa, do PPg, chegou alcaldía de Santiago  fixo o imposible pra que non se adxudique a estación do AVE  en Santiago, recurrindo a toda clase de argumentos e trucos, pero en Ourense o alcalde non é do PPg e non puideron entorpece-lo proxecto. É alucinante que un alcalde non queira inversión na súa cidade, que solo lle mova as especulacións que se podan facer cunha obra. Debía de ser razón suficiente pra desterralo.  Por moito que teceron solo lograron unha tépeda reacción do PP de Madrid. Queren que o PP anule a adxudicación e indemnice ós autores do proxecto. Iso é o que fixo Feijoo cando chegou á Xunta; anula-las das obras en marcha.

TARADOS

TARADOS

  

   Por unanimidade a Cámara Autonómica acordara aprobara a declaración da obra de Castelao como ben de intres cultural.  A Xunta deulle o seu toque persoal e intentou cambia-lo mandato e declara-la protección como ben inmaterial. Con esa chulería zafia, propia dos ignorantes, o Director do Patrimonio acusou de tarados ó grupo do BNG. A súas palabras orixinaron unha trifulca no Parlamento, e a Deputada Ana Pontón aclaroulle que o acordo era pra protección da súa obra, non do seu espírito. Posteriormente Feijoo corrixiu ó Director Xeral e anunciou a declaración nos termos acordados no Parlamento. Sen dúbida hai no PP xente intelixente i educada, pero este elemento é un adoquín; sabedor da liña política da Xunta sobre o galego quixo gañar méritos, de aí a súa sobreactuación, a cal nos leva ó convencemento de que desta xente nada se pode esperar. Non se lles pode pasar unha a estes esbirros

OS IGNORANTES CAMPAN

OS IGNORANTES  CAMPAN

 

  Nun libro de quinto curso de EXB sobre o COÑECEMENTO DO MEDIO dise que o idioma propio de Galiza é o galego.  O Ilustre Conselleiro do goberno bonsai, atendendo unha indicación do Valedor do Pobo, que poucas veces, por non dicir ningunha, atende as observacións que lle fai o Valedor, envía istrucións os colexio de EXB, pra que corrixan o texto, e ameazándoos si non o fan. O lea armouse a raíz dunha reclamación que un representante dun partido político en Vigo fixo o Valedor do Pobo. Todo entra dentro do tinglado político e administrativo de Galiza. Hai que darlles a razón ós que din que somos un pais colonizado, porque os feitos así o demostran.  O artigo 5º do Estatuto de Autonomía de Galiza salienta que “o galego é a lingua oficial de Galiza”. A continuación dise que “o galego e o castelán son linguas oficias  en Galiza; o segundo non desvirtúa o primeiro. Pros ignorantes son afirmacións contraditorias. Unha evidencia, que se deduce deste feito, é que estamos retrocedendo ás cavernas do franquismo, cando os idiomas das distintas nacionalidades eran calificados de dialectos. O Valedor véselle o pelo. Dos outros está todo dito.

 

CO CAZO PREPARADO

CO CAZO PREPARADO

   Nin o mellor pensado admitiría como casual a constitución de empresas privadas, en período electoral pra explota-los negocios que se van privatizar despois das eleccións na Mancha. Con esa visión de futuro, o patrón dos empresarios manchegos xa constituirá unha empresa pra xestión dos hospitais. Iso é estar co cazo preparado. De pouco sirve que algúns digan que van disolve-las empresas. Algúns recuamentos non fan mais que confirmar que toda a política da Cospedal é un premeditado asunto , unha folla de ruta que marcará a política do PP no goberno, sempre tendo en conta que o peso da Cospedal na dirección do PP, a nivel nacional, é grande.

XA REMATOU O EFCTO RAJOY

XA REMATOU O EFCTO RAJOY

 

 

  A Prima de risco camiño dos catrocentos puntos, as bolsas en caída libre, son os augurios do que lle espera a Rajoy; e do que nos espera a nos con Rajoy, logo baixa; todo como si fora unha montaña rusa. Menos mal que nos queda Arenas pra instruírnos na dinámica dos mercados. A saída do túnel, que nos prometeu Rajoy, semella a que se produciría si o final, como el di, fora un fundido en negro, no se fixo a luz. Mais que as estúpidas arengas de Arenas, queremos ve-los poderes máxicos de Rajoy pra acadar esa felicidade que nos prometeu; porque me da co efecto Rajoy solo foi un espellismo. Oito anos no goberno Aznar, déronlle a Europa un fondo coñecemento de Rajoy, e non se pode dicir que teñan un bo concepto del. Europa seguirá as nosas costas; no interior, os seareiros que aclamaban a Franco na Praza de Oriente, e os seus descendentes, aclaman agora a Rajoy

XOGANDO A DFESPISTAR

XOGANDO A DFESPISTAR

 

     Sospeitosa, pero que moi sospeitosa esa publicación do patrimonio dos membros do Goberno da Xunta. Despois de mais de dous anos gobernando, así, sen mais, a Feijoo dálle un rauto de transparencia e publica o patrimonio dos seus conselleiros. Iso xa debera ser obrigatorio ó acceder ó cargo. Agora, ¿a qué ven?.  ¿ serán os caso de corrupción que atinxen o goberno bonsai, o que motivou esa extemporánea transparencia?. Por poñer un exemplo, sen que iso supoña prexulgar, nin dubidar, da orixe lícita do patrimonio do Conselleiro de Industria, obriga a unha reflexión lóxica, especialmente á vista de  que nesa Consellería prodíganse os pelotazos, como a dos muíños de vento; corrupción coma as do IGAPE. ¿ será  a folla de ruta pra obter unha boa fortuna?.

 

CORRUPTOS E LADRONS

CORRUPTOS E LADRONS

 

   Mallorca, Valencia, Canarias. Madrid. Galicia, Castellón, etc. Alí onde o PP puxo as mans, hai casos de escándalos e de corrupción que nos fan dubidar de todo o xénero humano; por iso resulta sorprendente que os que están no medio de tantos escándalos sexan os que mais apoios electorais reciben.  A dereita non se distinguiu nunca por busca-lo benestar do pobo; mais ben se preocuparon dos seus negocios e enche-los bolsillos. Sería inxusto que lle concederemos ó PSOE un certificado de limpeza; lonxe quedan os principios de Pablo Iglesias; algunhos pensan que ser socialistas quere dicir “socios listos”. Nos dous partidos hai corruptos, pero cunha diferencia, os votantes do PP dan por supostos, entenden e perdoan o comportamento pouco ético dos xestores políticos; os votantes socialistas non.

A PRIMEIRA NOS FOCIÑOS

A PRIMEIRA NOS FOCIÑOS

 

   A UE ven de darlle a Rajoy nos fociños; non me aleda, porque a labazada levámola  todos. Votarámolo, ou non é o Presidente de todos. O que si me aleda é que Bocanegra, !que ben lle pega o nome!, lle deran unha desautorización que, a un ser normal o houbera deixado mal parado; pero Arenas é un redundante dos disparates, parece que de pequeno lle deron unha pedrada. Rajoy, que ten a solución pra todo, non lle van a facer caso en Europa; si llo fixera, Europa sairía da crise. Da a impresión de que alguén é tan fato como parece. Quizá, a propósito de Europa,  Rajoy non se enteara de que xa non somos ningún imperio; iso eran proclamas vacuas do réxime de Franco, reverdecidas pola FAES; pero non teñen mais sentido, no día de hoxe que facer o ridículo. Mal imos si non sabemos vivir na realidade.