Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

TENRO

 

 

Farjas con Romay Beccaría

 

           O de SANTA TERESA  non é un invento meu, foi a comparanza que fixo Romay de Barjas. Os dous comparten unha fe dentro da fe. As súas crenzas relixiosas e a militancia no OPUS DEI é algo que merece ríspeto; o que xa non é, sequera admisible, é que a súa militancia ideolóxica e relixiosa a Queiran impoñer a todos.

            Na foto vémolos compartir as confidencias da política, baixo a atenta e compracente mirada  da Deputada por Pontevedra. Pra darlle un pouco de picante á foto e vida terreal, vótase en falta ó Presidente da Deputación de Pontevedra e Telmo. Entón si que o cadro acadaría unha apoteose de misticismo, digna do Greco, amosando o terreal e o espiritual.

             Sen deixarse levar pola tenrura das imaxes, recordemos catro cousas: Romay foi chamado polos mandamais do PP pra dar unha  nova imaxe das  contas de Xénova, que fixeran esquece-la corrupción económica interna, e pra eso nada mellor que un venerable  ancián.      

            A Sanidade manexa moito diñeiro, si  se  poden facer recortes es destina-los cartos a outros proxectos, é o sitio axeitado. O Hospital de Vigo foi o primeiro en sufrir recortes e a súa construcción e explotación estarán a  cargo dunha empresa privada.    No proxecto de ampliación do hospital de Pontevedra era unha minucia económica o que custaba, a Administración Local xa se involucrara na infraestructura, pero chegou a Administración de Feijoo e escuros intereses se conxugaron, abandonando o proxecto pra mudalo e acomete-la construcción dunha nova infraestructura. A proximidade das eleccións locais, determinou, no mais puro estilo caciquil, recortar 90 millóns de euros, 15.000 millóns das antigas pesetas, pra transferilas ós concellos, por  suposto do PP, pra apuntala-los candidatos de cara ós comicios electorais. Como na antiga Roma Circo pro pobo, que implementan coas algaradas dos galegos da diaspora. ! Que grandes son!.

            Gracias á Conselleira de Sanidade, os doentes do rural terán que desprazarse á capital pra atención médica. Ben feito, son os seu votantes e hai que poñerlles o celicio. OS Centros de Saúde, sostidos na súa maioría polos concellos, irán pechando. Cada pobo ten a colleita do que sementa.

NAVEGANDO NAS CONTRADICIONS

NAVEGANDO NAS CONTRADICIONS

 

          As dificultades económicas do pais, certo que en medio dunha mala xestión de Zapatero, son aproveitadas tan burdamente pola oposición que nos meten o medo no corpo, lonxe de ofrecernos unha saída ponnos fronte a un muro.

          O voto dos galegos na diáspora é o mais laso do mundo, e mais que un dereito, está concibido como un voto clientelar. Recentemente acordouse no Parlamento Español, introducir restriccións pras eleccións locais a este tipo de voto, co appoio do PP. O PPg incitou ós emigrantes galegos pra que protesten, esto é un dobre linguaxe do PP mentres en Madrid di unha cousa, na emigración di outra. Si deberan preocuparse de darlle ó voto dos galegos na diáspora garantías de autenticidade, o PPg solo lle preocupa o cesto

          O bipartito era ineficaz, non era capaz de executa-los  orzamentos por que non era capaz de pasar do 84% de execución; pois ben, o PPg executou en Pesca un 41%, Industria un 66%, a de Infraestructuras, que é a punteira, non pasa do 74%. As outras consellerías por aí andan.

          O PP fixo de Garzón un Deus cando lle interesou, agora ensáñase con el e non lle da cuartel. O perigo de facer Deuses, é que despois poden amolarnos.

          Unha sola mostra da austeridade e  do engano: Á Consellería de Rueda as Superdelegacións supuxéronlle un incremento nos orzamentos dun 6%, a pesar de haberse desprendido, orzamentariamente, da Dirección Xeral  da Función Pública.

          Do clientelismo, mellor non falar; en materia de persoal retrocedemos ós tempos do peor nepotismo. Non pintan mellor as cousas a nivel local; o fondo que estableceu a xunta repártese ós axuntamentos do PP, mentres os alcaldes que non son afectos ó réxime de Feijoo, piden ás portas de San Caetano esmola.

          Do moito diñeiro que os ricos e potentados dirixentes da Xunta repartiron na súa viaxe a Sudamérica, é de salientar esa achega de 120.000 euros a unha fundación do representante do PP en Venezuela. Que lle imos a facer; son os que o pobo  galego elixiu. Seguirá.

 

 

PES PRA UNHA CRISE

PES PRA UNHA CRISE

 

 

          Despois do plan de estabilidade de Franco, esta é a peor crise que afectou á economía española. Con todo, o mais grave non é a crise, que con ser moi grave, agrándase por un goberno incapaz de xestionala e dar solucións.

          Sabemos que as medidas que se tomen van a ser dolorosas, pero non é admisible que o goberno faga recaer o peso da crise unicamente sobre parte dun sector económico, mentres sequera se retocan os gastos esaxerados na complexa e extensa estructura administrativa. Así, mentres se mantén  un sinfin de Ministerios, perfectamente prescindibles, multiplicidade de organismos e Administracións paralelas, con chiringuitos que se xustifican a si mesmos pra sobrevivir, asesores a esgalla, que non teñen idea do que asesoran, pero que se manteñen por amiguismo, demonízase ós débiles.

          A solución da crise ten que socializarse, recaendo as medidas sobre toda a sociedade, tanto persoas físicas como xurídicas, e repartindo as cargas en proporción á capacidade.

          O inexplicable e que un goberno socialista grave o consumo coa subida do IVE, mentres se eliminan impostos como o de Patrimonio, que estaba directamente ligado á tenencia de bens, o imposto de luxo que gravaba a adquisición de determinados  bens, e  se dilúe a  idea dun impostos obre os beneficios. Eses impostos, aceptados socialmente, tiñan un alto poder recadatorio e fácil xestión, solo tiñan un defecto, recaían sobre os poderosos.

           Os xubilados, conceptuados como clases pasivas, xa deron a savia a sociedade, non se elles pode  seguir espremendo. Os  funcionarios se non producen mais non é culpa súa; pódese e débese reduci-lo número, conxelando o ingreso en certos sectores, pero non prexudica-los servicios públicos. Non se acomete, nin siquera se plantexa, a reducción de políticos e representantes sindicais, estes últimos, podémolos cifrar en 600, na Xunta, empresas da Xunta e do Sergas, ós que hai que engadir os seus substitutos. Tampouco se prantexa a súa reducción

OPOSICIONS, SUCIAS E LENTAS

OPOSICIONS, SUCIAS E LENTAS

 

         O goberno da Xunta amagou con dictar novas normas pra garantir a imparcialidade e limpeza. Alguén tomou a cousa en serio e propuxeron un sistema informático co que se garantizaría a limpeza. Ademais os membros dos tribunais, que xulgaran as probas, serían designados por sorteo.

         Ese alguén debeuse crer que a Xunta  tiña intres en facer probas limpas. Non é cuestión de que o acceso ó emprego público  dos responsables da Xunta fora escuro, o mellor si, e por eso teñan esa tendencia en manter esa incomprensible nebulosa de dúbida.

         A modificación das regras do xogo, co partido xa iniciado, como fixeron o acceder ó poder, era un indicio claro de como se ían a desenrolar as probas.

         Por si alguén cría cos paxaros mamaban, a  Xunta  xa os espertou do seu soño, e descartou adoptar as ideas propostas pra garantir a limpeza nas oposicións. As chapuzas, ou os chanchullos na probas, foron elaborados con aleivosía, non foron froito da casualidade, nin de duendes enredosos.  As distintas intervencións dos responsables do PPg  foron moi elocuentes.

         Si as tan manidas irregularidades foron, de seu, tan escandalosas, opositores, que xa superaron as probas selectivas, en numero de mais de 1.500, agardan, dende, hai mais dun ano por destino; nese tempo, a Xunta coa velocidade dun caracol, destinou a pouco mais dun cento. Nun deses caneos, a Xunta, xusto cando  ía a adxudicar destino ós inspectores da Axencia de Legalidade Urbanística suprimiu cinco postos, ocupados de antemán por persoal, digamos, non fixo.

OS PAIS DA CRISE

OS PAIS DA CRISE

 

           Despois da polémica entorno ó artigo de onte, intentemos facer facer un recorrido polo camiño  da crise.

           Nade di que a culpa da crise sexa de Zapatero; mais o que é incuestionable é que Zapatero demostrou ser o causante de incrementa-los seus efectos en España. En primeiro lugar, cunha política de gastos que España non se podía permitir; sen ir mais aló co cheque bebé e co abono dos 400 euros, que foi pouco, pero que nun momento en que se debía ser mais austero, foi unha catástrofe. O que entón era Ministro de Facenda viuno como un disparate; consecuencia delo marchouse da política, Aínda que aguantara un tempo. Naquel momento os asesores de Zapatrero aconselláronlle medidas populistas pra gaña-las eleccións. A pesar de que aquelas políticas populistas foron aconselladas polos asesores da Moncloa, a responsabilidade é  de Zapatero. En segundo lugar leva incentivando unha política sexista, en lugar de unha política competitiva. En terceiro lugar ten unha complexa e extensa estructura administrativa, o que favorece o incremento do gasto. En cuarto lugar, Zapatero negouse sistematicamente a recoñece-la existencia de crise.

           As medida que adoptou, de reducción do gasto, por imposición da Unión Europea, fíxoas contra dos mais febles, pero co que fixo, non lle vai chegar.

           Ten que afronta-la reforma do sistema fiscal, financeiro, do trabaallo e da estructura administrativa. Restrinxi-lo límite de endebedamento das Admistracións Territoriais e moderniza-lo pais.

           Non creo que Zapatero faga nada, o del é sobrevivir: por eso teñen que releva-lo alguén das filas socialistas. Do contrario imos ter dereita pra rato.

           Que desconfían do rumbo da política económica española, chega o solo feito de que a última emisión de débeda non foi totalmente cuberta, sendo a prima de emisión un dobre de  cara, con relación á precedente.

QUO VADIS ZAPATERO

QUO VADIS ZAPATERO

 

             Aínda que foi un comentario sobre un tema pasado, e non encaixa co que imos tratar hoxe, e que tódolos comentarios aporta o seu, penso que o que se pega a seguir é interesante:

Autor: Verducido

"Os feijonianos"...soa a película de marcianos de serie B, desas nas que o mundo é invadido por seres con intencións malévolas para abducir aos terrícolas, vaciarlle os miolos e facer que todos pensen igual.
O que pense de maneira distinta ao gran Oráculo é un disidente, por iso teñen que rematar con él. Un proxecto integrista aniquilador, de exterminio...

Fecha: 17/05/2010 16:02.

 

            Gustaríame saber pra onde vai España, pra onde nos leva Zapatero, se este capitán de auga doce ten fixado algún rumbo, ou como di o meritorio líder da oposición, goberna a golpe de ocorrencia.

             Os recortes de Zapatero é un ataque ás persoas presas, reas do poder gobernante como son os  funcionarios, os xubilados e os dependentes. Son estes colectivos, con posibilidade case nula de negociación os que sofren o primeiro tesoirazo de Zapatero. O mesmo que as alimañas sempre atacan ó membro mais feble da manada, o goberno tamén ataca os membros da colectividade mais indefensos. Tanto é así que, a Vicepresidenta excluiu ás grandes empresas públicas: Navantia, Aena e Renfe do recorte salarial, porque estas empresas teñen poder de presión, poden poñer ó goberno  de xeonllos. O Eurogrupo non creo á Ministra Salgado, non  se fían de Zapatero. Foi moito tempo de escapismo, de circunloquios, de vender fume e perdeu toda credibilidade. O Eurogrupo adiou o pronunciamento dobre as medidas económicas de Zapatero á reunión da Comisión. Nada bo. Non é un bo presaxio.         

             Aínda que con oportunismo carrañento, o líder da oposición tiña razón cando dixo que a economía española é unha economía vixiada pola Unión Europea. Eso, que é algo sabido publicamente, da idea da desconfianza que xenera o noso presidente. Cada pouco saca un plan co que di vai ataca-la crise, pero o que fai e intentar, sen resultado, poñer parches, e dar voltas ó redor. O resultado dos seus parches é unha caída da bolsa e  unha cualificación menor  da débeda soberana. Os mercados non se lles pode enganar e non se fían del. Barrúntase que España vai ser un dos países mais endebedados

             Pra nosa desgracia non podemos esperar nada da oposición, porque está atizando a crise; pra eles canto mais mal mellor e, ademais, está sumido na corrupción maior, que  non ten comparanza mais que ca  caída de Roma.

OS APATRIDAS no día das letras galegas

OS APATRIDAS no día das letras galegas

 

17 de maio

 

             Rueda  supérase a si mesmo e, incluso, ós grupos de extrema dereita, declarando: “os partidos da oposición, PSOEg e o Bloque, saen  á rua pra clamar pola dictadura.  O Consultivo avala  a política  de liberdade de Feijoo”. ALUCINANTE. Non me estraña que, mirándose o ombligo, vexa algunhos accesos á Función Público como unha cousa de mérito.   

             A Xunta di que o 17 de maio non hai nada que celebrar, Eso é o que pretenden os feijonianos, pra estas datas xa pretendían ter listo o proxecto de exterminio do galego. Pero van ter que esforzarse mais, van ter que ser mais malvados; mais de cinco centos anos gardando o tesouro da lingua, danlle forza a este pobo pra seguir protexéndoa.

            O Lorenzo non se pronunciou sobre o contido do informe do Consultivo sobre o Decreto de exterminio, pero dixo co goberno seguirá pra diante, obviando así o informe. O Conselleiro, malia tódolos informes en contra, séntese respaldado polos resultados electorais e pensa levar adiante o seu proxecto de exterminio.

            Os resultados electorais non so unha patente pra perverter un programa, xustificando unha medida oculta e diluida nunha proposta. Se pretende adoptar democraticamente esa medida, que se ateña o resultado da enquisa, que dun xeito específico fixo ós interesados. A que, por certo, foi clara e contraria o seu proxecto xenocida.

             As datas emblemáticas da nosa identidade: 17 de maio, día das letras galegas, 25 de Xulio, día  da Patria Galega. 17 de agosto, día de Galicia mártir, aniversario do asasinato de Alexandre Bóveda.  Son datas que os feijonianos non nos van impedir celebrar, aínda que é o que pretenden.

           Cando me refiro ós feijonianos, fágoo coa intención de diferencialos do resto do PPg; especialmente de aqueles do PPg que non comparten o ataque desapiadado de Feijoo ós símbolos    da cultura galega.  Algunhos preguntarédevos si hai xente o PPg que mereza consideración; quero pensar que si.

             Os feijonianos son xente sen patria, o seu único norte é o poder. Desexo, empeñémonos todos nelo, que ese poder sexa efémero. Polo ben de Galicia.

AFOGADOS NA MERDA

AFOGADOS NA MERDA

 

 

          Hai que ver o tirón de orellas de Bruxelas á Administración Autónoma Galega, recórdalle a necesidade de sanear as augas residuais, baixo ameaza dunha forte sanción.

          Claro, Bruxelas non comprende as prioridades do imperio que naceu en Fisterra.

          Os cultivos mariños,  o marisqueo e a pesca mesma das rías teñen a comercialización dos productos baixo sospeita. Non  nos deberá estrañar que en calquera momento se prohibira a comercialización

           Da a impresión de que nin a Conselleira de Pesca, nin o goberno da Xunta teñen preocupación polo asunto. Quérenos afogar en merda.

QUÉN NOS DEFENDE DOS TALIBANS

QUÉN NOS DEFENDE DOS TALIBANS

 

 

            O Día das Letras Galegas está próximo. Este ano vaise  celebrar baixo a ofensiva da Xunta, que tenta destruí-lo idioma galego. Queren sumilo nunha longa noite de pedra.

            Xenocidio non é solo a eliminación física dos elementos humans da sociedade; tamén é xenocidio a eliminación sistemática do habitat e de todo o entorno cultural e étnico, pra facela irrecoñecible. Está clara a intención do PP de elimina-la memoria e de crear masas acéfalas. indirenciadas e serviles.

            A plataforma QUEREMOS GALEGO está sendo acosada  e perseguida pola Xunta, mentres o vento da represión enche as velas dos intolerantes, das organizacións de extremadereita, que  ensaian tácticas de guerra ideolóxica en Galicia. Nese contesto, os debates parlamentarios no Pazo do Horreo soben de ton. O espécime que ameaza a oposición con facer públicos datos da vida dos parlamentarios si se opoñen ó exterminio do galego. Ameazar e coaccionar a un parlamentario co fin de coartar o seu libre exercicio  está tipificado no Código Penal. O que non sei e como a oposición no o denuncia ó Fiscal. Os membros da Mesa do Parlamento están moi ben pagados; deben xustifica-los privilexios e defende-la la liberdade dos parlamentarios  

            Sen  estrearse o curso escolar, xa se barruntan problemas pra aplicación nos colexios do decreto represor, o que tódalas Institucións informaron negativamente. A Galicia Monolingüe, organización inspirada en Torquemada, xa está azuzando os órganos represores pra que barran calquera atisbo de resistencia.

            O Estado Español ten desprazado o exército en Afganistán pra protexe-lo mundo dos talibáns, mentres tanto, os talibáns domésticos atácannos sen que nade nos defenda deles. Dende San Caetano deséñanse e execútanse políticas represoras.

            Hai unha crise económica, non imos a negalo, pero as arbores non poden impedirnos que vexamos o bosque e que loitemos na defensa do noso ser. Eles teñen que ocuparse da crise, e non utilizala como néboa encubridora das súas feitorías.

            A cabeza visible, e presidenta do que la chama Galicia Bilingüe, nega a vinculación con sectores da ultradereita e co goberno da Xunta como algúns  din. Non quito, nin poño, as coincidencias coas políticas da Xunta, ademais de ser evidentes, hai unha interacción de persoeiros de ambas formacións nas súas respectivas políticas; eso no que se refire á Xunta. Nade pode afirmar que “Galicia Bilingüe” sexa unha organización da extrema dereita como Falanxe, Manos Limpias, Libertad, etc. Polos seus actos os coñeceredes.

UN ANIMAL POLÍTICO

UN ANIMAL POLÍTICO

 

              Non lle importa de quén sexa o callo que pise; non ten reparos  en votarse flores. Con desparpaxo dixo que o Gürtel o descubrira ela, que lles cortara a cabeza ós corruptos. Certo que  reacciona con rapidez, é de caneo corto, procura apartar de si a porqueira, o que é de moita utilidade en política; o mellor por eso é tan valorada nas enquisas. Ten unha sombra no seu expediente o do espionaxe ós seus compañeiros de partido pra ter munición por si lles da por atrancarlle o camiño. Esperanza  debe o goberno de Madrid ós tránsfugas Tamayo e Sanz, dos que nunca   se volveu a falar, e sen que tampouco se soupera a cambio de qué. Os madrileños non son distintos de outros votantes e esqueceron os pecados orixinais de Esperanza.

            Non se pode dicir que a corrupción é algo marxinal e residual, cando vemos que é o xeito que algúns entenden de facer política, e solo aparentan reaccionar cando se lles descubre o tomate. Nembargantes, aínda que sexa por intres propio, apartarse do proceder dalgúns, que insisten en nega-lo evidente, aínda   que afoguen na merda, é de intelixentes,  hai que renderse e recoñece-las aptitudes pra sobrevivir.

             Rosa Díaz acusou os Deputados de vivir no privilexio de ter unha xubilación e outros beneficios, que distan moito do que poden soñar outros mortais. Neso ten moita razón. Unha cousa esqueceu, ela vai cobrar tres xubilacións; non renuncia a ningunha. Eso chámase ve-lo argueiro en ollo alleo e non ve-la viga no propio.

 

 

OS DOUS DE SEMPRE

OS DOUS  DE SEMPRE

 

                      

               O titulo daquela novela de Castelao podía valer pra titula-la reunión que tiveron na Moncloa Zapatero e Rajoy. O resultado da xuntanza foi o que cabía esperar. Solo acordaron o que lles esixían os seus respectivos intereses particulares. Pra nada oímos falar do que nos interesa e n os preocupa; como moito frases vacuas, as mesmas de sempre, sen conexión con solucións reais.

               Rajoy chegou á Moncloa montado no camión das mudanzas coa sola intención de reemplazar a Zapatero, pero sen ánimo de aportar nada positivo. Pola súa parte, o inquilino da Moncloa amosouse como un coello asustado, que ten medo a saír da madrigueira. Zapatero parece un pozo seco, sen auga, sen ideas, que non sabe reaccionar. Un e outro, deron a sensación de que o único que lles importa é o mando. O Pais, os cidadáns son alleos, solo lles interesan nas eleccións.

               Os dous líderes non chegaron a acordos significativos, especialmente de cara a alivia-la presión dos mercados financeiros sobre a economía española, co que nos agarda un futuro de pobreza. Eso non é o que lles preocupa ós dous líderes, a eles solo lles preocupa a teta.

               Un acordo, que supoño que será importante pra patronal bancaria, dos dous ós que chegaron, é o da apertura do camiño á privatización das Caixas de Aforros; dese xeito, os bancos poderán mercalas e acabar coa competencia. Requiéan polas caixas.          

               A banca, cando da os partidos políticos tantos créditos, non os da porque si.

               Rajoy non lle quería dar a man a Zapatero; posiblemente por si  se lle quedaba con ela, tamén podo ser por que non lle quere dar nin auga.

               As propostas se Rajoy non pasan de vaguidades.

CONSORCIO OU AXENCIA

CONSORCIO OU AXENCIA

 

 

 

               O PPg ten nomeado a Roberto Rodríguez Director do Consorcio Galego de Servicios Sociais, non podemos afirmar que sexa pouco avisado, que non dea mais de si, el fai o que lle ordenan, navega no mar das incertezas e no sabe pra onde o leva a marea. Que a estas alturas teña mais de 20 Galeescolas sen abrir, que lle entregou o goberno anterior, non é culpa súa. Tampouco é culpa súa que mais de media ducia de residencias se atopen pechadas e sen abrir; que haxa que pintalas de novo e repoñer equipamento, xa que a falta de utilización está producindo un deterioro. Nin sequera se lle pode vota-la culpa ó prodixio de conselleira que ten.

              Feijoo atópase nunha encrucillada, ten que entregarllas a alguén dos que o apoio nas eleccións pra que as exploten e se enriquezan, á costa dunhas infraestructuras creadas cos cartos de todos  nos. A cousa non é tan sinxela, xa que pra carraña hai mais dunha bandada e todos reclaman a súa parte no reparto do botín. Eso é un exemplo do bo goberno; un goberno no que mandan os grupos agochados na sombra.

              O Consorcio mudará de nome; van lle a chamar a Axencia. O cambio de nome no é unha cuestión baladí. Polo de pronto supón un cambio de carteleira. Un gasto sen importancia pra un goberno austero, como o da Xunta, que anda a chorar e os gasta en cousas superfluas, prescindibles.  O cambio de nome é algo mais que semántica, responde a unha concepción ideolóxica do servicio que presta e do seu desenvolvemento, xaque non é o mesmo un consorcio no que tódalas Administracións estean implicadas, que esa Axencia, fundada pra dirixi-los servicios, unilateralmente, dende Santiago, e poder aplicar un clientelismos, tanto dende cara ós beneficiarios como ós empregados.

              Por suposto, o de sempre, fan o cambio de nome pra aforrar, unificar servicios, prestar mellor servio ós beneficiarios. Nada  de clientelismo, nin do afan destructor de todo o que fixo o goberno nterior. O dos gastos en  nova cartelería, o deterioro de infraestructuras, a mengua na calidade dos servicios, e cousa dos roxos, que non comprenden a grandeza e desvelos deste novo goberno, que antepón os ideais de gandeza da alma, ós efímeros logros materiais. O de colocar xente nosa, faladurías. O das oposicións foi culpa do  bipartito. O Plan Hurbe, que queres que che diga. O da TVG, estamos mellorando o do biparetito.....

              O persoal do Consorcio, preocupado pola súa estabilidade laboral, está sumido na desesperanza. Non os colocou o PP co Visto e Prace dos alcaldes peperos, e eso a ollos da actual Xunta, supón un grave pecado orixinal. Pódese admitir que todo o persoal sexa do PP, pero chegará un só do Bloque pra que contamine a Institución.

CARO

CARO

 

 

         Non podo dicir eu, si o emprego das linguas españolas, distintas da castelán, que supón un millón de euros, é un dispendio. Como di Feijoo, un despilfarro nestes tempos de dificultades económicas.

         Cando tanto se fala de separatismo, convén que non nos esquezamos dos separadores, dos que pouco se fala, e que esto o vexamos en clave política.

         Si as razóns pra opoñerse a este modesto incremento do gasto total do que supón o orzamento do Senado son razóns políticas e non económicas. Si unicamente hai un problema económico, de custe, suprimamos o Senado, porque nada se notaría na marcha política do pais.

         E sigamos, reduzamos gastos, suprimamos as Deputacións, concentremos os axuntamentos, suprimamos os Ministerios de Igualdade, Vivenda, Cultura, Relación coas Cortes.

         Digámoslle o sr Feijoo que deixe de dispalfarrar diñeiro en viaxes ó estranxeiro, que aforre en rotulacións e carteleira mudando de nome os órganismos, que non gaste un millón de euros en publicitar un decreto do galego, que tanta división causa en Galicia, que modernice a agricultura, pero que non cambie subvencións por votos. Os 86 coches novos que vai mercar solo se lle ocorre a quen non lle doe gastar. ¿En que quedou o despilfarro de Touriño? Así que menos cus no plástico, viaxar menos e gobernar mais.

OS MATONS

OS MATONS

 

              O PPg no Parlamento actúa como os matóns. Cándo a oposición, como é o seu deber, pregunta algo que incomoda ó PP, o partido do goberno solta os  cans e ameaza. Á pregunta do Deputado do Bloque sobre as viaxes de Feijoo e Rueda a Sudamérica, acompañados de amplos séquitos, como corresponde ó dos reis midas do rico e poderoso reino de Galicia, foi contestada ameazando a Aymerich con investiga-lo que eles chamaron o caso Currumeiro. Esta xente  non entende o xogo democrático, aínda están nas cavernas e andan coa cachiporra ameazando á xente. Por certo Currumeiro era unha empresa, na que  había algún accionista parente de un militante do Bloque, que prestou servicios de subministro pro Consorcio, o seu pecado e non haber sido recoñecida como unha empresa do PP.

          Vázquez tamén lle fixeron o mesmo, incluso lle mandaron ás xuventudes peperas a siata-lo seu domicilio particular.

          Similares tácticas lévanas a cabo en Madrid. Deste xeito, a nosa democracia erra na dirección, camiña pra atrás e de cu, en canto de ir pra diante.

OS TROTAMUNDOS

OS TROTAMUNDOS

            OS VIAXEIROS DA LUZ sería un bo título pra unha película e ciencia ficción; os protagonistas Rueda e Feijoo. Cos cartos que din non ten a Xunta páganse viaxes a Sudamérica pra facer campaña pro partido cara as vindeiras eleccións municipais.

            En moitos concellos galegos hai unha abrumadora maioría de emigrantes fronte a unha minguado número de residentes. Hai, ó menos, cinco concellos nos que os emigrantes so maioría no censo. As eleccións locais están a caer, e como aves precursoras, non da primavera, senón das eleccións o dúo multiplícase en viaxes a Sudamérica pra traballa-lo voto emigrante.

            Segundo as promesas de Feijoo, os emigrantes non votaran nas eleccións locais. Esto sería o mais normal non pais con forte despoboación nos núcleos rurais, soporte dunha elevada emigración. Este desequilibrio propiciará que votantes que non teñen relación algunha coa vida veciñal destes concellos, decidan quen  vai a goberna-los.

            Eu non creo nada do que Feijoo di, ou promete, porque no tempo que leva gobernando, demostrou que é un mentireiro compulsivo. Estes afáns viaxeiros, pagados cos cartos dos nosos petos, ós que hai que engadir o frenesí con que se traballa nesas Delegacións da Xunta no exterior, fannos pensar que están traballando o voto emigrante.

            Feijoo noutra vida debeu ser -o viaxante no espacio-, por eso agora viaxa mais que o Papa. Non se fía dos muñidores de votos. Multiplica a súa presencia en feiras, platós, centros galegos, colectividades con dereito a voto etc. Deica agora non foi ós bancos de pesca. Todo se andará. Ten vocación de misioneiro, e toma os viaxes como unha función apostólica; mentres tanto o goberno do pais languidece.

           Si se recorta o orzamento de sanidade, ó mesmo tempo que se amplían os beneficiarios, incluíndo os emigrantes, algo non cadra. Non é temerario pensar que eses  recortes orzamentarios, o mesmo tempo que se multiplican os beneficiarios, co conseguinte incremento do gasto; farase a costa dunha menor calidade.

               Como bo dictador, prepotente e chulo, Feijoo non dará conta no Parlamento Galego das súas viaxes as Américas

NADA QUE CELEBRAR

NADA QUE CELEBRAR

 

 

          O primeiro de maio foi un día triste, sen nada que celebrar e cunhas reivindicacións que reflectían o acollonamento do persoal. Cunha cifra de paro de vértigo, un futuro negrísimo e unha economía feita uns zorros.

            O partido socialista enrócase ó rededor dun cadáver político, un cadáver, que o que fai é hipoteca-lo futuro do partido socialista. Vai deixar  un cheiro a morto, que apestará, por anos, a casa dos socialistas, poren os traballadores   agárdalles unha longa convivencia coa dereita.

            A visión dun POSOE divido, no que Montilla actúa, non solo de costas a Madrid, senón tensando a corda do separatismo pra aparecer como mais nacionalista cos nacionalistas, faille un fraco favor ó socialismo. Cando alguén, como Montilla, monta nun bravo, sen cre-lo que fai, o resultado da partida está cantado, especialmente cando  hai interesados en sacar tallada. O que ocorre, llanamente, é que Montilla non quere que o asocien con Zapatero, que é un cadáver moi contaxioso; senón que llo digan a Pachi Vázquez que perdería, segundo as enquisas, dous deputados, gracias ó efecto Zapatero.

            Os traballadores que, sen ser invitados, terán que paga-la conta, agárdanlles moitos primeiros de maio negros, de convivencia con políticas neoliberais. Non se contenta quen non quere, a menos libraranse de Zapatero, que querendo parece-lo aliado da crase traballadora, é o seo peor inimigo.   

NA CORDA FROXA

NA CORDA FROXA

 

           España precisa aforrar mais de 30.000 millóns de euros ó ano, algúns rebaixan esa cantidade e din que 12.000 millóns.  Hai quen pensa, asústme, que podía precisar España cerca de 300.000 millóns de euros, pra ter unha economía solvente e saneada. O Goberno está traballando no asunto. A última cantada, non medida, foi ese aforro de 20 millóns de euros, mediante a supresión de algúns membros de Consellos de Administración de empresas públicas. 

            Tódolos xornais económicos do mundo prognostican malos augurios pra economía española, dubidan da capacidade do goberno pra xestiona-la crise. Non me estraña, despois de ese asombroso aforro de 20 millóns de euros e de non cumprir ningunha das promesas que a Ministra Salgado fixo, pros mercados financeiros, en Londres.

              A credibilidade de Zapatero, a nivel internacional, é nula; a eso hai que engadir un grado de corrupción, principalmente na oposición,  inaudito; o que nos leva a que os mercados, cada vez mais, desconfíen de España e nos  vexan como un serio candidato a que sigamos o camiño grego.                                                                                                                                                                                                                                                                  

              Indo ó asunto: Os mercados  non creen que a economía española varíe o rumbo e logre reduci-lo déficit nos termos  que esixe Bruxelas. As compañías que valoran os riscos rebaixaron a          calificación a España. Eso é soamente un aviso. Posiblemente siga perdendo  crédito a economía española, o cal non é unha broma, e está cundindo o medo.

MALVERSACIÓN

MALVERSACIÓN

 

            Imaxínome que coa intención de colleitar votos na emigración, a Deputación de Pontevedra elaborou un programa pra traer emigrantes de vacacións. Pódese pensar, sen risco a equivocarse moito que, o obxecto inmediato é coller votos, non a preocupación do benestar dos emigrantes, pero obxectivamente non se pode obxectar moito; Nembargantes o asombroso é que incluídos neste programa viaxaron un grupo de militantes e simpatizantes do PP, ricos, procedentes de distintos puntos de España, nun auténtico viaxe de luxo. Esta é a austeridade do PP. O feito paréceme una canallada, sobretodo cando se atreven a votarlle a culpa da crise os do salario mínimo.

             O programa chamábase: -Saúde e Benestar-. O selecto grupiño de veraneantes, á costa dos pontevedreses, foi recibido, en nome do Presidente da Deputación, pola alcaldesa de Mos. Non é este o único despilfarro do Presidente  Louzao; polas festas da cidade invita a distintas personalidades ás corridas de touros. Pagan os pontevedreses. O mais notable é Rajoy.

            Louzao, presidente da Deputación  de Pontevedra, ten un chofer empresario, que recibe, a dedo contratos da Deputación. Eso chámase un chofer emprendor. 

            Descoñezo si hai algunha acción xudicial ou política pra esixir responsabilidades. !que asco de políticos!

MAIS LUZ

MAIS LUZ

 

            A  veces danse situacións realmente kafkianas, como a que se deu o outro día no Parlamento Galego a propósito de unha proposición non de Lei do BNG. A razón que deu o voceiro parlamentario do PP pra non apoiar a proposición retrata o verdadeiro ser do PP. Segundo o voceiro do PP, non apoio a proposición simplemente porque a formulaba o BNG. Si xa esto, de por si, nos sorprende pola solidez e singularidade dos argumentos do PP; as perlas que foi soltando ó largo do debate son de nota. Segundo o singular e ilustrado parlamentario do PP, durante o goberno do bipartito o BNG perseguiu a cultura en castelán  e  agora con eles había mais luz.

            Venlles de vello a querencia pola cultura, no idioma que sexa; xa o dicía aquel militar en Salamanca, co que tanto se identifican sectores do PP, “muera la cultura”.

            Incluso pode que o PP trouxera mais luz á cultura, como dicía o voceiro do PP, espero que esa luz non sexa froito das fogueiras de libros.

            Aínda que é un feito separado; as enquisas dan que o retroceso do galego foi dun 15% nos derradeiros cinco anos, que coincide, segundo a organización de extrema dereita: Galicia Monolingüe, con esa persecución do  castelán.

            Algúns políticos radicais menten tanto como falan.

            Na última enquisa sobre a intervención do valedor do Pobo no Parlamento, os  blogueiros decantáronse, na maioría, por considera-la intervención pouco respectuosa coa oposición. O que non debía ser normal, nin siquera ser motivo de pregunta, como é o tema do galego, ocupan demasiada paixóns. Aí tedes senón o Conselleiro de educación, que o medio da crise gástase un millón de euros en promociona-lo Decreto do galego e xa está pensando en facer outra enquisa entre os pais, que espera que lle sexa mais favorable que a anterior. O remate, por aburrimento, vai consegui-lo que pretende. É un teimoso. 

 

RECEITAS MILAGROSAS

RECEITAS MILAGROSAS

 

            Galicia foi líder, neste último ano, en destrucción de emprego, en valores relativos. A Conselleira do Paro bate a marca,  o asinar un promedio de tres ERES  diarios.

            O Director do Banco de España, privilexiado pola súas retribucións e polo seu  réxime de relación laboral, non para de darnos receitas pra reduci-lo paro; todas coinciden en reforma-lo mercado laboral, pra abarata-la man de obra e incrementa-la precariedade no emprego. Que este tipo de receitas as dera o presidente da patronal non sería tan raro oí-las, pero faise raro escoitalas da boca do Director do Banco de España, que preside un organismo con empregados inamovibles e moi ben pagados. A maioría dos contratos laborais son eventuais e con retribucións de mínimos.

            Se a xente pensa que cunha reforma laboral como a que propón o Director do Banco de España vai supoñer un incremento da contratación está non erro.

            A reforma do mercado laboral en España ten que empezar polo ensino, orientándoo ás necesidades da man de obra das empresas e simplificando os modelos de contrato, reducindo os distintos tipos ó mínimo imprescindible, o mesmo tempo que se limita as indemnizacións nos contratos fixos, flexibilizándoos a e adecuándoos á marcha da empresa e a súa actividade. Paralelamente tiñan que aproximarse, en indemnizacións e en garantía, ós fixos.

            O custo do salario, pro empregador, é dos mais baixos de Europa; entre a metade, ou menos, do que gaña un traballador alemán. Polo tanto esa non é a cuestión, senón a formación.

             O goberno ocupado noutras leas, e os sindicatos ocupados en defender unicamente ós privilexiados que teñen traballo. A cousa pinta mal.   

              Conclusión; a culpa de que a economía vaia mal é dos mil-euristas e dos que gañan o salario mínimo.

               As axencias internacionais de calificación rebaixan o valor da débeda do reino de España a categoría  AA+, o que supón que teñamos que pagar pola débeda dous puntos e medio mais que Alemaña, e con probabilidade de seguir caendo, a eles ocórrenselles receitas pra que a  crise a pagan o mais pobres. O mais serio sería pedir unha reducción dos gastos non productivos e a supresión inmediata de catro Ministerio: Igualdade, Cultura, Vivenda e Relacións coas Cortes. Non está o momento pra farándulas, e como non collamos o boi polos cornos ímolo a pasar mal.

               Eu, o que lamento que Zapatero sexa tan malo que nos faga perde-la esperanza, e nos faga caer nas mans doutro que tal baila.