Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

¿PAGANDO FAVORES?

¿PAGANDO FAVORES?

 

 

                Feijoo ven de darlle unha axuda de mais de dez millóns de euros a LA VOZ DE GALICIA, pra moderniza-la empresa. Neste feito hai dúas cousas salientables: é a cuarta subvención que se da este medio dende que Feijoo chegou ó poder e outros medios, que solicitaron unha subvención similar, non se lles concedeu. Gato, gato. O apoio a un medio pode ser lexítimo, pero a veces resulta sospeitoso, especialmente cando hai unha corrente bidireccional; así, tanto a liña editorial, como algunhos artigos de opinión parecen creacións de San Caetano.

                A VOZ DE GALICIA permíteche lela en galego, por internet, optando a esta opción cun golpe de clip; eso, ó menos, son puntos o seu favor: a innovación ó servicio da información. O malo é que non é pola súa innovación pola que Feijoo lle da tanto apoio económico, como sería o lóxico, senón polo seu apoio mediático; o que pode lixar a imaxe dun medio punteiro; a obxectividade, ademais de practicala, tamén debía ser unha marca de identidade.

                Xa se empezan a desgrana-las indemnizacións ós concesionarios do concurso eólico que anulou Feijoo; de momento son solo case que mil millóns das antigas pesetas, eu hai meses que non as gano. Estas indemnizacións acordounas a Xunta; o obxectivo é claro: a ver si así desisten da reclamación xudicial en curso; dáme que non.

                Que queredes que vos diga, a min paréceme un escándalo, pero esto vai ser un culebrón.

¿PODÉMOSNOLO PERMITIR? eles si

¿PODÉMOSNOLO PERMITIR? eles si

¿

 

              A  veces somos prisioneiros das nosas palabras, e parece que o rectificar non está no vocabulario dalgúns, pero mais valera que a tiveran no seu vocabulario. Nade esquece a leria que Feijoo montou cos Audis na campaña electoral, creando a imaxe dun goberno despilfarrador. Prometeu vendelos Audis, pero nade llos quere; os Audis, que curiosamente mercara o PP. Si llos queren: o concesionario que lle vende coches novos, mércallos a prezo de chatarra. !bo negocio!    , zi zeñó.

                17 Audis, polos que a Xunta paga seguro a todo risco, están varados na garaxe, perdendo valor; os altos cargos recorren a usar coches que mercan a nome de empresas da Xunta, así, sobre o papel intentan mante-la imaxe de austeridade; son trucos de prestidixitación, cos que intentan enganar o electorado.

                A famosa guerra dos Audis, ademais dunha pasada de freada de Feijoo, tamén pode deberse a unha guerra de marcas, a unha vinganza a un concesionario, ou a algunha razón que non sabemos, pero que se terminará sabendo; cobra forza o da vinganza, ou algún asunto con un concesionario.

                 O Presidente ten pro seu uso catro vehículos de alta gama, a dous deles aínda non se subiu. Eu solo quero cita-los feitos, porque sobrarían os comentarios.  

                 A Conselleira do Mar, seguindo as normas de   austeridade de Feijoo, acorda non merca-lo helicóptero  de salvamento  pra  costa da morte, pero merca, a través do   Grupo de Portos, por medio dunha elaborada inxeniería financeira, un coche de luxo, malia ter coches sobrantes no Parque Móbil. Quere poñe-lo cu no plástico  e que os mariñeiros se salven a nado, si queren.

                  Hai materia pra que opinedes; tamén está colgada a enquisa, que se sacará antes do que se puxo.

                     

COUSAS QUE CHIRRIAN

COUSAS QUE CHIRRIAN

 

                A política no só deixa a imaxe de estraños compañeiros de cama, como a instantánea do exconselleiro Blanco estreitándolle moi sonrinte e feliz a man a  Feijoo,  despois de aproba-la lei das Caixas. Eu non acredito por qué Blanco se sinte tan feliz, pero esa imaxe danos a clave do seu mandato. Este señor debía usar gafas seguro que lle daban bo porte.

                A política tamén nos deixa outras perplexidades, coma as declaracións de Ana Pastor, deputada do PP, a La Razón. Culpa a Zapatero do mal funcionamento da sanidade. Podía empezar por unha autocrítica, esta galega, e falar da mala xestión da Conselleira de Sanidade da Xunta. Galicia é unha das Comunidades Autónomas que menos destina a  sanidade, por elo as listas de espera na sanidade non deixan de medrar. O xiro da sanidade vese en todo, pero sobresae o nomeamento de dos relixiosos católicos pra Comisión Ética Biomédica; gracias á Conselleira os médicos teñen que preocuparse primeiro da nosa alma, a saúde do corpo en segundo lugar. Mezclar e condicionar o exercicio da medicina co relixión é como volver ós tempos de Torquemada. De eso sabe moito o Dr. Montes, que se viu perseguido por practica-la medicina con profesionalidade, ó marxe do que opinaran os cregos. 

                O mais curioso é a danza do celo, como si fora un urogallo, que interpreta un deputado do PP pra seduci-lo PSOE a fin que apoie de que apoie o Decreto do galego. Despois de que o PP se reunira consigo mesma, e consensuara con parte dos seus deputados. Non lles faltan razóns pra estar inquedos, parte dos deputados do PP non comprenden o ataque de Feijoo ó galego; falta saber se lle pararán os pes ó emperador.

                 Os problemas orixinados por a primeira nevaradiña do ano, o  superconselleiro, non os resolveu con quitaneves, con sal, con limpeza de estradas, ou algo polo estilo, que va, anunciouse a creación dun carril bici, e a culpa de que nevara ó PSOE. ¿Que pasaría si nevara como en Suíza?

OURENSE SI IMPORTA

OURENSE SI IMPORTA

 

          O inicio deste ano vai estar marcado pola loita polo poder en Ourense; Feijoo, ou o que é o mesmo, a dereita mais  cavernícola domina o PP e  ten prisioneira a meirande parte de Galicia.

            Ourense é a aldea gala que se lle resiste ó emperador Feijoo; de feito, en calquera momento podían poñer nun apuro ó imperator; así que caralladas: as xustas.

             Os Baltares son herdeiros directos dos Centristas de Ourense, cun certo arrecendo de galeguismo rural, que tanto anoxa ó emperador; en calquera momento, esa ideoloxía latente de galeguismo pode agromar e poñe-lo poder de Feijoo contra as cordas.

               Feijoo quere aparentar imparcialidade, por si a caso; pero xa ten traballando a todo gas ós peóns. A coordinación e deseño do ataque de Feijoo pra controlar Ourense é de mais aló de San Caetano, pero o seu  desenrolo, o traballo de campo, encomendóuselle ó Delegado da Xunta en Ourense.

                As subvencións son un elemento de convencemento que o Superdelegado utiliza; o teléfono está que vota fume, as  chamadas dende a Superdelegación pra conquerir votos son incesantes, as promesas de subvencións   son como unha chuvia, e alí onde se presenta unha resistencia ou unha voluntade dubidosa, mándase un propio.

                 Os feixoas presentan pra batalla un peón que sempre viviu a sombra do poder, e que constantemente alude a presións imaxinarias, pra que non se fale dos seu manexos, nin das presións dos feixonianos; eu, no lugar de Baltar non tería as cousas  nada claras, a súa  experiencia e artes, non as a poño en dúbida, pero o outro bando non vai reparar en medios, estratexias e malas artes. A ideoloxía é moi vaporosa e pouco fiable, cando se xoga con amarra-lo poder. 

                    Xente que, en teoría, foi expulsada do partido por vulnera-lo pacto antitransfuguismo, agora van de compromisarios, entre eles brila o alcalde presionado; conclusión, o da expulsión era de mentira, pura aparencia, teatro

 

MENTIREIROS E FALSOS

MENTIREIROS E FALSOS

 

                  A última enquisa sobre a indemnización por cese pros políticos  da Xunta foi un pato difícil, porque houbo problemas co servidor, ó final arranxouse, que é o que importa.

                  Mais da  metade dos que opinaban dicían que era unha desvergonza, pero un 17% estaban de acordo coa indemnización, posiblemente tiñan razóns persoais pra opinar así, un 12% simplemente non estaba  de acordo; esta minoría non estaba de acordo, pero supoño que era desa  minoría que  non se indigna; eu como a maioría estou indignado e escandalizado. Habendo   tanto parado, tan mal a  economía, tantas restriccións orzamentarias, tantos dependentes sen axudas, tantas familias sen ningún ingreso, estes dispendios son escandalosos.  O responsable últimos non son os políticos, somos nos, os votantes; temos que ter menos ideoloxía e mais sentido práctico. As listas  electorais tiñan que ser abertas, pra que puidéramos votar a persoas, antes que os partidos.

                   Os feixonianos, basearon a súa campaña en bulos e mentiras, agora como os novos ricos vense por riba dos cidadáns, aínda que dende a súa óptica vennos como vasallos dese castelo feudal no que converteron a Galicia; así que había que dicir que levitan nun plano elevado, pra que nos lles cheguen as miserias do pobo; un pobo, que en parte, vive na mugre, pasa fame e frío, cun paro de vértigo, namentres os gobernantes poñen  as pousadeiras en coches de estrea, literalmente puxeron o cu no plástico; namentres se permiten ter parados 17 audis pros que non atopan comprador; comen nos mellores restaurantes, pagando nos a conta, visten de marca, reláxanse e spas, incuso algunhas políticas galegas levan os caniches a  que lles fagan a manicura.

                 Co  bo goberno de Feijoo o paro subiu o pasado ano en cerca dun 20%. Temos un paro por riba da  media de España; certo é que Zapatero ten a súa parte de culpa, pero non é menos certo que un pilar  da súa campaña electoral foi culpar o bipartito do paro, se é coherente, que  non é, debera recoñecer e aplicarase as mesmas responsabilidades que lle atribuíu a outros, e admiti-lo fracaso da súa política. 

                 O chegar ó poder, apartouse da política de emprego que  iniciara o bipartito, o cal sería lexítimo e comprensible, si tivera un plan propio,  pero non o ten. Pra  colmo a conselleira do paro demostra ser unha  incompetente na xestión da súa area, unha  auténtica bonsai, que non destaca dos colegas de gabinete.

                 Hai profesionais do paro, pero non debemos xeneralizar, nin banalizar o problema

 

ENTREMES EINTERESES DE MENESTEROSOS

ENTREMES EINTERESES DE MENESTEROSOS

                  Prefacio: o artigo de onte suscitou opinións encontradas e reaccións non previstas; non quixen asustar a nade coa viñeta, pero pareceume que  reflectía o horror   da guerra civil como o cadro de Guernica; en canto a que o PP é o único partido que non participo na guerra civil é certo solo a medias, con tal nome non, pero nel milita un abano ideolóxico que vai dende o centro dereita á extrema dereita, que foi a que fagocitou á dereita democrática. Aínda que o PP foi fundado por un ministro de Franco, non é un argumento que desacredite o partido, pois Fraga leva dado mostras de que se reconverteu á democracia, xa quixeran outros militantes do PP ter a mesma actitude. Esquerda Unida, como tal Esquerda Unida non foi parte na contenda; o BNG foi fundado fai pouco por Beiras, tampouco participou.

                 De todos xeitos, as bases sociais dos partidos actuais son moi similares ás do 36 e, moi importante, chegada a democracia, en España non houbo unha depuración de responsabilidades como en Arxentina ou Chile, motivo polo que se  pode  dicir que non houbo unha verdadeira transición. O debate suscitado é proba de elo.

                   Non confundamos, nin lle deamos o mesmo valor as víctimas e os verdugos.

 

                 A declaración de intereses que fixeron os altos cargos da Xunta,  evidencia de que na Comunidade Autónoma goberna un grupo de menesterosos; eso é o que se deduce da declaración de intereses que fixeron. Algunhas son tan manifestas na falta  de  realismo, que evidencia conscientemente, o desprezo da  verdade, e con chulería, fan unha mofa da norma.  Unha norma que trata de por de manifesto conflictos de intereses e inxustificados incrementos patrimoniais.

                 A cuestión hai que vela dende a aplicación de normas pros currantes, que limitan as pensión, determinan a incompatibilidade, etc.

                 Ós case oitenta mil cargos  políticos que hai en España, distribuídos entre a Administración Central, Autonómica, Concellos, etc, non lles afecta ningunha limitación  retributiva, tanto en activo como de pensións.

                   A marxe de que se cachondeen das benignas normas que eles se deron, evidencian o divorcio que hai entre os políticos e os cidadáns de a pe.

                    Por si alguén sente nostalxia direille que con Franco aínda era peor, i é que os hai que nacen estrelados, e outros que nacen con estrelas

                

GROTESCO

GROTESCO

 

 

               Algúns levan nos  xenes a inquina a mala leite, o mal vivir, e o paso dos anos non os fai distintos.

                 Vexo lóxico que os descendentes dos represaliados durante  a guerra civil, e tamén na posguerra, queiran recupera-los restos dos seus antepasados. Xa pasaron moitos anos  daquela traxedia e as feridas teñen que cicatrizarse; no podemos seguir vivindo esa división, ese odio irracional, e é de cristiáns e tamén humano, dar unha decente sepultura ós mortos e borrar calquera símbolo que ensalce aquel horror.

                 É grotesco que parte do PP galego queira manter vivos aqueles tristes recordos, como no caso da Coruña, que se fachandeen dos  asasinatos e gaben a quenes os cometeron; non amosan o mais mínimo sinal de arrepentimento o odio sigue dando forma as súas vidas e os seus actos.

                 A Xunta nega calquera colaboración cos descendentes dos represaliados, aínda segue a considerar indignos a quenes non  cometeron outro pecado que cumpri-la lei.

                 Se alguén o dubidaba, os xenes transmítense, e os atavismos histórico tamén condicionan as conductas; eso, xunto coa anómala transición española, fai que o fascismo siga vivo e puxante.

                 As actuacións do PP andaluz e o colectivo manos limpias, sácannos de calquera dúbida, e esa xente, xunto coa que acanea o berce, seguen no pasado mais rancio e  sinistro.

 

 

 

NUNCA É DABONDO, queren mais

NUNCA É DABONDO, queren mais

 

 

 

 

            As caixas teñen moito control político e non tanta profesionalidade;ese é o seu principal problema, pero Feijoo non ten dabondo, non quere unhas caixas profesionais, quere unhas Institucións manexadas dende a Xunta; pra elo necesita unha lei de caixas que lle permita ter un dominio dos seus Consellos Administración; o mais gracioso é o papel estrambótico do BNG, que actúa neste caso de palmeiro do PP.

             Con gallo da movida organizada pola lei de caixas, o deputado do PP Ribas, manifestou que o PSOE quere seguir politizando as caixa, xusto o que prende o PP; pero é mais doado ver a palla en ollo alleo que a viga no propio. Pra mais abundamento, sinalou que o PSOE segue instruccións de Madrid e intenta boicotear a lei de caixas; en parte é certo, Blanco así o di sen rodeos, o que ten miga é que o diga Ribas, cando eles reciben as ordes de Xénova.

                Pachi Vázquez di que Feijoo quere manexa-las caixas, e el quere impedilo; no fondo operaríase unha muda de poder nos Consellos de Administración, desprazándose do PSOE ó PP.

                 O asalto de Feijoo ós aforros dos galegos é algo inaudito, e agora quere utilizalos pra beneficio propio; no canto de facer unha lei que despolitizara as caixas e profesionalizara a súa xestión, incrementa o nivel de politización das mesmas, en beneficio propio; o que xa non  ten pes nin cabeza é a actuación do Bloque.

 

 

O MEDULIO

O MEDULIO

O dia do Medulio

con sangue quente e roxa

mercámo-lo dereito

á libre honrada chouza

                                                          Ramón Cabanillas

 

 

 

               Din que os antigos poboadores de Galicia, cando os romanos invadiron o noso pais, refuxiáronse no monte Medulio; cando a resistencia se fixo inútil, inmoláronse antes que caer na man do inimigo.

               Escribiuse:

 

... "os indíxenas ao ver chegada a fin da súa resistencia, a porfía danse a morte co lume e co ferro, no medio dunha comida, cun veleno que alí se extrae comunmente do teixo, librándose así a maior parte da escravitude que a unha xente ata entón indómita parecía máis intolerable que a morte

              Pregúnteme: qué foi daquel espírito, ¿acaso morreu?

              Baltar fillo intenta facerse forte en Ourense e resisti-los embates do poder autonómico; as hordas de Feijoo cabalgan polas   terras da Limia, prometen unha  especial protección pra pataca; mais probes delas como as traten do mesmo xeito que están tratando as vacas leiteiras; tamén pisan as terras do ribeiro e Monterrei, non respetan a viñas, aínda que traseguen ben o            viño; así seguen polas distintas bisbarras de Ourense, unha política que é como o lume, detrás deles deixan so  terra queimada.

              Baltar ten a súa idea da política e unha visión do pais, e moi particularmente de Ourense, que nada ten que ver coa folla de ruta  da actual dirección rexional do PP.

              Fronte as promesas que non  cumpre Feijoo, Baltar opón un pragmatismo pegado á realidade. Esto simplifica a elección, e mesmo semella que é doada a opción por Baltar, pero non é tan simple como parece; a vontade dos rexedores locais está condicionada polo poder, e o poder de Feijoo non ofrece dubidas, o mesmo  que súa decisión de utilizalo en  beneficio propio; poucos son os que dubidan de que Feijoo se vai empregar ó máximo, con toda caste de trucos, sen que senta asco polos sucios; non pode permitirse que o seu poder penda dun  fío, malia a que  presume dunha maioría ampla e homoxénea, non é  tan ampla, nin tan homoxénea; sacou menos da metade dos votos do censo electoral, concretamente un 40%, solo gana a maioría parlamentaria por un deputado.

              O poder provincial que ostenta Baltar pai, é un poder efémero e mudable, o que pode influír en non poucas vontades, de por si   xa volátiles.

              Baltar é da xeración dos fillos que ven a Galicia como a súa terra, unha Galicia nai, que pra Feijoo non pasa de ser unha mercadoría sen valor; temos que admitir, non sen pesar, que Feijoo non é o único que vende o que sexa e a quén sexa polo poder, e eso Baltar vaino a saber.

              Baltar quere facer de Ourense o seu Medulio,  non o vai ter doado; simpatizando cos mais febles e, supostamente, coas causas mais nobres, o meu voto, aínda que non vale nada, é pra Baltar.

                        Epílogo: os vosos comentarios, poñédeos, senón esto é moi soso.

                        A enquisa está enquista, pendente dun arranxo.

A INSOLENCIA

A INSOLENCIA

 

 

 

                O desprezo de Feijoo á lingua galega faise dende a óptica dun insolente, unha posición de quen mente coa mesma facilidade que se bebera un vaso da auga mais pura no deserto, pero ademais, como aínda non lle parece  dabondo, usa unha linguaxe e unha xesticulación, que por si solos son uns insultos.

                Os ataques o idioma galego non debemos velos  dende o simplismo de un grupo de ignorantes que se confabulan na  contra da lingua.

                A esencia do goberno é a dun goberno de ocupación; é aí onde atopamos as razóns tanto da deconstrución, como a do ataque virulento á  cultura galega.

                O goberno de Feijoo, e el mesmo son seres vidos de outros mundos, aterraron nesta Barataria, que pra nos é Galicia, e afánanse, coma posesos  á destrucción e a liquidar calquera atisvo de progreso ou convivencia; xaleados e incitados por grupúsculos de extrema dereita, seguen entregados á danza sinistra da desfeita.

                O que no grupo haxa bos libadores de ribeiro, pode ser unha sinal de que pra facer algunhas cousas hai que estar nun estado de relativa consciencia.

                O consenso sobre a lingua foi rachado por Feijoo, e agora é unha imposición da extrema dereita, que é a que mangonea a Feijoo, e aínda lle parece pouco.

                Feijoo traslada ás aulas a división e o enfrontamento, pretende unha auténtica confrontación social, un conflicto civil, que nade sabe como terminará.

                O último consenso, que era o que se viña aplicando, era do 2004, no que se publicou un decreto, por unanimidade: PP, PSOE e BNG, que agora foi  rachado unilateralmente por Feijoo.

                Agora Feijoo pretende introduci-lo inglés no ensino, o curioso é que solo algúns colexios privados, que gozan, gracias a Feijoo, dunha superfinanciación o poden cumplir; o ensino público e parte do privado non poden, nin de lonxe, pensar en aplicalo. Non debemos esquecer que eses colexios de elite son financiados por todos nos pra beneficio duns poucos. Aquí ségue o  mesmo modelo que o seu colega valenciano,  unha  pantomima dun trilingüismo pra elimina-lo galego.

                A Constitución determina que son os poderes públicos, e non os pais, os que determinan o plan de estudios. Claro el non debe saber o que é a democracia,  e inventouna.

                Algúns din que Feijoo non é mais que un boneco de guiñol, e que son outros os que manexan os fíos; pero o certo é que Feijoo está moi metido no papel e gústache  mais o poder que un caramelo a un tolo e pasará historia como o quixo rematar coa identidade, a cultura e o idioma de Galicia, volvernos os tempos da guerra civil e gobernar pros privilexiados

FEIJOO MOVE OS CACHORROS

FEIJOO MOVE OS CACHORROS

                   Ano novo preitos vellos, nos ó blog, Feijoo a acosa-lo galego; pero resistiremos, e todos nos temos que loitar xuntos contra do fascismo, volvemos ós anos trinta, do pasado século, temos que impedir que outra traxedia como a do 36 marque este tempo.

                  Xa que as universidades non lle deixaron a Feijoo organiza-los claustros e elaborar programas, mozos do PP maniféstanse contra da inclusión do galego na selectividade; a algara foi semellante á  que lle organizaron á porta da casa do líder galego do PSOE en Ourense; dicimos que foi semellante porque houbo coincidencia   de estratexias e personaxes. Visto o cal, o PP semella que ten comandos de axitación callejera, como fixo o fascismo nos principios do pasado século.

                Feijoo meteuse nunha lea co galego que o leva  a esperpentos e desatinos, que fan dubidar de si realmente está na realidade, ou no mundo dos seus soños.                

                 Cando lle resposta o BNG, co gallo da interpelacións sobre do galego, que Galicia non lle ten que pedir permiso ó BNG pra falar galego; coido que certamente o pobo galego non lle ten que pedir permiso ó BNG, nin a nade  pra ser galego. O subconsciente, ou o pasado de freada traizoou a Feijoo, e  quixo salientar que os permisos pra falar galego dáos el, e camiño deso   vai; de seguir así deixaranos falar galego na intimidade, como pode ser na cena familiar de noite boa.

                Ruiz Rivas, e penso que non tiña unha taza, dixo que o PP  co Decreto do ensino do galego quere restaura-lo consenso, que o bipartito rompeu; decreto que tiña unanimidade parlamentaria, ata que Xénova  deu ordes. Pra escoitar estas cousas hai que estar vivo

 

 

GALICIA PODE ESPERAR

GALICIA PODE ESPERAR

 

 

          Galicia é como unha nai á que lle saen tódolos fillos uns lampantíns, ou a noiva que pasa a vida esperando; ningún político a ten como o cerne da súa vida pública, indígname que a utilicen como unha mercadoría, que sempre estean dispostos a vendela por un intres cativo, ou unha gloria efémera

          Pensaba adicar o artigo de hoxe a facer un balance das promesas dos políticos e do cumprimento das mesmas durante este ano que remata; así como a valoración que me merece cada un deles, pero desisto, non merece a pena.  

          Feijoo non da asimilado que é presidente de Galicia e sempre que ten oportunidade de defender outros intereses, esquécese do seu papel institucional e a quen representa,  actuando como seareiro do PP.  A razón pode ser que el ten grandes esperanzas, que pronto se vai a ir pra Madrid; dese xeito Galicia é un amor de verán, un pasatempo, namentras no o chaman pra ser emperador.

            En Galicia pouco para, anda polas Españas, dando receitas políticas e participando en festexos populares, aínda que os asesores de imaxes non viron oportuno que asistira a unha  tenta privada, por si alguén quitaba fotos.

           A nivel Institucional é ninguneado por Madrid e asina o que Xénova lle di, aínda que sexa inasumible pra Galicia, como o asunto da financiación.

             El fai mais ben pouco, ou nada, por darse a valer cando representa a Galicia; a min dóeme o pouco  carisma Institucional que ten, pero vendo as súas actuacións nas reunións Institucionais, no se pode esperar outra cousa.

CAEN NA TRAMPA, nada é o que parece

CAEN NA TRAMPA, nada é o que parece

 

                 O BNG, coa mellor intención apoia a Feijoo na Lei de Caixas, o sorprendente é que os incautos se deixen seducir por semellante personaxe, que ten amosado a patiña varias veces. Feijoo quere sustitui-los conselleiros na administración das caixas por uns  afíns e quitarlle poder o PSOE.

 

               O mellor fusiona-las dúas caixas galegas pra que sexan absorbidas polo grupo que dispoña Xénova; os do BNG axudándolle.

                Se tedes un BNG a xeito, dádelle unha  chapada pra que esperten, porque é intolerable que o Bloque referende o asalto de Feijoo o sistema financeiro galego e poña en perigo os fondos  que as vilas reciben pra asistencia social.

                 Aínda que Feijoo repartira cartos  nestas festas como facían algúns emperadores, eu non os collería; seguro que Feijoo os ía a empezoñar pra  desfacerse dos necesitados, pra mais ir con el, como fixeron os incautos do BNG..

               Se Feijoo boicoteou a constitución dun grupo lácteo galego, hai que ser pinpín pra cre-lo do grupo  financeiro galego; el non é quen de contradicir a Xénova, e a estratexia está deseñada dende alí, o gran mestre Montoro é o que decide.

AS COUSAS VOLVEN O SEU

AS  COUSAS  VOLVEN O SEU

 

LIMMIAR : A viñeta do artigo de onte é a foto dun "COUSO". un couso era un tipo de construcción, algúns bastante     , hasta que lograban que se meteran no couso, o acoso continuaba hasta que caían no foso, que estaba disimulado con rgrandes, que consistia en duas paredes de pedra, e forma de uve, rematando nun foso, costruido na vértice,  no que cuncrrían as paredes. A finalidade do coso  era dar caza e morte ás alimañas e animais brabos en xeral. Ian  acosando os animaisamas e  daban alí morte ós animais. Preguntáronme que era un couso, e es a é, mais ou mewnos, a  resposta.

 

                 O TSXG quítalle a razón e ós argumentos ó PP pra suspende-lo eólico. A cuestión é: ¿agora que vai pasar?, sobretodo con esas adxudicacións que o PP estibo dando, sen amparo legal ningún, como a que lle deu agora a toda presa a Iberdrola, o amparo dunha norma administrativa do goberno Fraga, recuperada milagrosamente do baúl dos recordos, pro caso.

                 Unha vez escóitenlle a un profesional da saúde  que:  un médico intelixente, sendo cauto era bo médico, un médico pouco avisado sempre será un mal médico, pero un médico moi listo e pouco cauto é un perigo. Un mal político e con mala fe e o mais perigoso  dos profesionais, non solo lle fará dano a un o a moitos cidadáns, tamén fundirá o pais.

                 Coa resolución do TSXG parece que todo queda claro, pero estou seguro que quen fixo unha aposta con bens alleos non se rende; e fará o que sexa, non lle importará pagar indemnizacións, total os cartos non son seus e o pais non lle importa.

                 Teño o presentimento de que os xulgados van ter moito traballo coa política de Feijoo.el quere deixar pegada na historia e pagando a conta outros insistirá.

                  Dalgún xeito terá que indemnizar ó pobo galego polo dano  que lle fai; a cuestión é ¿cómo?

 

 

 

 

AS PROBAS TRUCADAS

AS PROBAS TRUCADAS

 

 

                     Na pasada enquisa, na que houbo un pronunciamento a favor  de que as probas de acceso á Xunta se repetiran, seguiulle moi de cerca os que se inclinaban polo cese do Director Xeral da Función Pública. Os que menos opinaban que non foran unhas probas limpas, coido que esta opinión, aínda que minoritaria, era compartida por todos.

                      Certo de que se houbo graves irregularidades, que fan dubidar da limpeza do proceso  e eso víase vir dende o momento en que anulan unha convocatoria en curso pra nomear outros tribunais.

                        En vista das irregularidades detectadas, os blogueiros, por maioría, opinaron que as probas debían repetirse.; penso que aquí é onde a GIGa debera haber pedido ó xuíz que dictara auto suspendendo cautelarmente o proceso selectivo,  e motivos había dabondo.

                        Os que se pronunciaron polo cese do Director Xeral da Función Pública, perderon por pouco, pero tiñan moita razón; aínda que penso que de cesar ó Director Xeral, tamén debía cesar ó Conselleiro da Presidencia, que foi quen organizou a lea e é o máximo responsable, aínda que non se  deu esta opción; por certo, O Conselleiro da Presidencia declarou que o bipartito obrigaba á xente a ir os partidos da Selección Galega. Eu poño a el baixo a sospeita de ser o único responsable  da desfeita dos exames; resúltame incomprensible que suspendera os procesos selección de persoal, pra nomear novos tribunais e dar lugar a unha ampliación de prazo pra presentar solicitudes pra participar nas probas, sendo de ese sector os casos sospeitosos. Nade en 45 días prepara unha oposición, a menos que haxa gato encerrado, e el deses manexos, e de como sacar unha oposición sen machucar o temario, seguro que sabe

                          Por fin houbo interpelacións parlamentarias  sobre os escándalos de filtracións nas probas de acceso á Administración Autonómica; pero non se aclarou nada, o PP non foi; eu tampouco

O VELLO ZORRO

O VELLO ZORRO

 

              Feijoo respira tranquilo, o vello zorro, que lle podía dar moitos problemas, ábrese, e vaise para casa; por fin xa, ningún galo lle vai entrar no curral pra crearlle o mais mínimo atranco.

              Non vou facer unha loubanza de Baltar, e menos facer leña da árbore caída. Solo recoñecer que, a súa maneira, traballou por Galicia  e especialmente por Ourense.

              Xunto con Cuiña, defendía un galeguismo dentro do PP, que chocaba coa doutrina de Feijoo; agora, como representante do que algúns chamaron a corrente da boina,  estaba cada  vez mais acurralado, o aparato do partido quitábanlle o apoio dos Alcaldes, que eran  a base do seu poder. Fai uns meses que fixo un sóndeo entre os alcaldes da provincia prea saber con que apoios contaba, o que lle sentou moi mal a Feijoo. O proceso de minado continuo e agora chegara a un punto no que se sínteo traizoado por moitos dos que antes lle xuraran obediencia.

              Baltar era un político profesional e sabía que a hora  estaba a caer, que a súa estrela estaba a se apagar e preferiu irse cando a gloria aínda era súa.

              É hora de pensar e decidirse, se é mellor un cacique á galega, ou un vendepatrias.

              Baltar fillo xa lanzou a súa campaña a presidi-lo  o PP de Ourense; quere ofrecer un perfil de moderado galeguismo, o cal choca coa liña de Feijoo e que é o que impulsou o seu pai a abandona-la primeira liña da política; se o Baltar pai non foi quen de soste-la corrente política mais galeguista do PP Ourensán, os que veñan pra ocupa-lo se posto, vanmo a ter mal

MAL EMPEZAMOS

MAL EMPEZAMOS

             O PP inventouse o do código de boa conducta. Eu  cando vin a noticia abrín os ollos como pratos, porque xusto antes  saíu a noticia de que o PP habíase feito cunha alcaldía en Canarias co apoio e dos concelleiros expulsados dun partido por corruptos. Esto non nos colle de novas; ese suposto código, que xa nace morto, parece que ten o único fin de  dar unha imaxe da cortiza do PP; en Galicia e onde lle sexa posible, non reparan en medios pra coller o poder. Se teñen que mentir, menten; Se teñen que recorrer a medios pouco éticos, recorren, a moralidade non existe.

             Pra poñe-la guinda, Rajoy apareceu cunha restra de tomates, como se foran allos contra o mal ollo; o del, non é mal ollo, é o mal tomate, querendo culpa-lo goberno dos males dos agricultores. Non aparece cunha vaca leiteira, defendendo ós gandeiros galegos; debe ser que os gandeiros galegos son doutro mundo e Feijoo xa se encarga de telos de xeonllos.

                O código que se sacaron da manga non deixa   de ser un intento de desvia-la atención dos moitos casos de corrupción nos que están inmersos, pra que a xente non fale deles.  

 

 

FELICES FESATAS A TOD@S

FELICES FESATAS A TOD@S

 

 

               Poñámonos hoxe a mellor roupa e ollémonos no espello, convidemos nestas festas os recordos dende a infancia, busquemos no fondo do caixón as fotos de nadales pasados, alí está a de ese amigo inesquecible, a lembraza dos agasallos que nos fixemos, o  baile de fin de  ano, convidemos os recordos de aqueles que compartiamos a cena de noite boa, convidamos ó espírito do nadal, ese desexo de paz e amor que sentimos, abracemos forte eses desexos e deamos un bico á ausencia: Cando te fuches levaches ó corpo, per o os recordos quedaron conmigo,

Feliz nadal e benfadado aninovo a tod@s

O PANTEON DOS PROXECTOS

O PANTEON DOS PROXECTOS

 

 

            Moitos  din que Feijoo non fai nada constructivo, en parte é verdade, segundo como se mire. Cargouse, un por un, tódolos proxectos do bipartito; coido que non lle queda nada por arrasar; así que si fai, desfai, que sempre foi mais doado que facer, sobordetodo pra quen non  ten outro proxecto de goberno, que non sexan vaguidades.

             Fai anos do Prestige; no aniversario, Feijoo declarou que gracias o PP Galicia está agora mais preparada, imaxínome que pra sufrir, porque precisamente gracias ó PP ensaiamos a cotío, e xa pensamos que nada vai superalo presente.

             Quere arrasar Cabo Touriñán, os ecoloxistas que antes berraban, e que algúns medios de comunicación, ligados ó PP,  aireaban e lle facían de altoparlantes, agora están en silencio. Os danos que Feijoo vai ocasionar en cabo en Touriñán serán mais grandes que os ocasionados polo Prestige.

             Despois de estar rompendo os miolos pensando que poden meter na cidade da incultura, ocorréuseme que, como dicía Fraga, é moito carto pra un museo da gaita, tamén pra biblioteca,  non espacio en que os libros non teñen un recoñecemento popular aceptable e que, claro,  como de cultura, xa que logo, non andamos sobrados, nin a esperamos, e  por riba Feijoo, o insigne Torquemada, quere pecha-la cultura galega non rocho e tira-la chave, podíamos convertelo no panteón dos proxectos  rebentados

A CRISE NON VAI CON NOS

A CRISE NON VAI CON NOS

 

 

             Vendo a xente mercando como posesesos, ou vendo cheos os restaurantes de luxo, constatamos que a crise no vai con eles.

            Do mesmo xeito a austeridade, ben entendida, da que tanto presumía Feijoo, era unha austeridade en sentido poético e aplicada sempre ós currantes, non a eles, nin ós seus protexidos;cando lle afecta a un mesmo, o sentido do voto é distinto.

              Tiven a oportunidade de escoitarlle a un señor, con pinta de garulo, unha xustificación pra non celebrar o partido da Selección Galega de Fútbol; segundo el, non sería de bo goberno destinar fondos públicos pra paga-lo partido de fútbol, hasta ai ben, a austeridade tráenos ese regalo navideño.

               A austeridade da Xunta é unha austeridade segundo pra que, non é o mesmo, por exemplo, os dependentes, pros que non hai  cartos, que as asociacións de ideoloxía ultraconservadora, pras que si hai; tampouco é o mesmo a promoción da cultura, pra que non hai cartos, que as subvencións a empresas particulares dos amigos, pras que si hai cartos; tampouco é o mesmo o  custo do partido da Selección de Fútbol, pro que non hai cartos, que o plus de altos cargos: Delegados, Directores Xerais, Administradores, Conselleiros .etc. pros que si hai.

                No plus de altos cargos, houbo no parlamento a conivencia vergoñenta do PP e do PSOE, que votaron xuntos pra mante-lo plus, impedindo que prosperara unha iniciativa popular pra suprimilo.

                   A xustificación do voto, opoñéndose á supresión dos plus de cese, foi tan kafkiana, que fai do Parlamento o lugar dos desatinos. Feijoo incluso falou de hipocrisía, si hipocrisía; non é hipocrisía presumir de austeridade e manter, ese ofensivo privilexio; sí é austeridade intentar suprimir un complemento pras pensións mínimas; total os pobres xa están afeitos ás estreiteces. Moitos prados verían como unha lotería cobrar 15.000 euros ó ano, estes privilexiados vanmo a cobrar dunha atacada.

                   !Que mal repartido está o mundo!, !que mal goberno!