Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

Politica

COMENZO NO HORREO

COMENZO NO HORREO

 

          Despois da ausencia vacacional, que parecía un abandono da escena, e en cuxo período o goberno dedicouse comodamente a destruír. A oposición resucita no Pazo do Hórreo, Pachi Vázquez  pídelle o goberno que deixe de humillar ós galegofalantes, eu   engadiría e de acosalos; asemade fíxolle unha petición a Feijoo: “que sae deixe de chulerías e se poña a traballar.

           Feijoo é chulo, pero ademais é un provocador. Vaille a polémica.

          A súa maneira el xa está traballando; dirixe unha brigada de demolición e non está parado. Coido que a estas alturas xa pouco lle debe quedar por destruír. Agora é cando comeza a construcción  do imperio do mal. Recemos, recemos porque chova mansa e derretida.

          As tácticas parlamentarias son segundo o saber do orador; por exemplo: a unha pregunta que lle resultou incómoda, o Conselleiro de Educación respondeu cunha ameaza: “faría pública a lista dos deputados da oposición que mandaban os seus fillos a escola privada”. A ameaza move a risa, porque, que se saiba, non é ningún delito manda-los fillos a colexios privados; pero o ton airado e ameazante con que o fixo, lévanos á seguinte  reflexión: ¿de tan poucas razóns dispón,  que pra responder ten que recorre ó chantaxe.?.

          ¿Teñen vida privada os parlamentarios e os membros do goberno?, ¿ é o mesmo legalidade que inmoralidade?

          Nade  sacou feitos da vida privada de ninguén, nin se aireou as opcións sexuais de nade, porque son cousas da  esfera privada dos individuos e deben permanece nela; pero o amago do Conselleiro de Educación, pode  abri-la caixa de pándora é, polo menos, é impropia; é obriga o PP a pronunciarse publicamente sobre  tema.

          As ameazas do Conselleiro de Educación veñen a confirmar o baixo perfil do goberno; a falta de preparación, fai que á mínima presión estouren.

           As mediocridades, aínda en proceso de floración transitoria, traen reaccións extemporáneas, haberá mais reaccións como  esa, xa veredes.

O PODER DISPUTARASE NAS MUNICIPAIS I

O PODER DISPUTARASE NAS MUNICIPAIS I

          

          Non son analista político, e desto entendo pouco, pero  teño o mesmo dereito que se fora un analista en equivocarme. Considérome un observador modesto, sen mala intención, un espectador, que ve os xogos, zancadillas, codazos, puñadas, arrabuñaduras, rechinar  de dentes e demais dos políticos  

          Este tempo quen nos agarda, deica as eleccións locais, vai ser un  tempo moi revolto,  xa sexa entre os socios dos gobernos municipais, ou as malas artes do goberno da Xunta, que lles vai face-la vida moi difícil ós gobernos que non son do seu color.

           Louzán sempre está presto pra promover e financiar mocións de censura, tanto Rajoy como Feijoo actúan como autores intelectuais e consentidores das operacións. Dende as últimas eleccións municipais son mais de nove concellos, e outros en proceso, en Galicia,  nos que o PP se fixo coa alcaldía por este método.

           Curioso, moi curioso, os peperos berran, e rásganse as súas túnicas patricias por unha posible moción de censura nun concello de Andalucía; Galicia non conta; na política española, pra eles, Galicia ten un valor cero.

           Chegar a facerse coa alcaldía por eses métodos, non é  eticamente democrático, aínda que sexa legal, porque se apoian en   seres socialmente desprezables, con un prezo económico e sen razóns obxectivas; e mudar de alcalde pra que todo siga igual, ou defender algún intres privado.                                                         

           Si damos un repaso ós principais concellos, vemos quen na Coruña, cidade, tanto Losada como os seus socios do bloque non o van  a ter doado pra repetir goberno; enfronte van ter a un Negreira que é todo un mestre das marrullerías; non dan moito que falar das lóxicas diferencias entre os socios, lavan os trapos no patio interior,   como debe ser. Negreira, coa colaboración da Xunta, as residuais, especialmente a Ría do Burgo, e o lixo, de feito xa a Xunta lle está   creando problemas para o tratamento en Cerceda.

           No Ferrol hai unha deriva  no PSOE que pode prexudicar moito ás esquerdas, a tódolos partidos. Se rematan as obras da praza a tempo, o alcalde apuntase un tanto; vótase en falla uns accesos en condicións, e o Porto Exterior non ten mais que problemas. A ría é unha cloaca e a cidade precisa dun adecentamento, que faga esquecer vellos laureles, que non se    resolvan  eses problemas é culpa do goberno.

SANIDADE

SANIDADE

 

.

 

 

 

 

          A Sanidade é un  touro  difícil  de lidiar  e con pouco interese  en   arranxalo. A intención do PP e converter a sanidade,  a educación e os servicios sociais, en servicios de beneficencia, e crear  negocios privados con fondos públicos.

          Suprimiron as peonadas, que  se crearan co obxectivo de     reduci-las listas de espera, pero que os profesionais sanitarios utilizaron para cobrar mais facendo o mesmo, eles mesmo mataron a galiña dos ovos douro.

           O malo da supresión das peonadas está en que o PP non creou nada alternativo, o deles é simplemente   destruír: o mesmo están a facer con tódalas xefaturas, nomeadas nos gobernos Fraga ou baixo o bipartito; chega con que prestaran servicio durante o goberno  anterior.

            Todo esto o único que demostra é a catadura moral de quen nos goberna, que lle importa pouco o funcionamento do sistema, o único que os move é un afán de revanchismo difícil de comprender, que solo unha mente enferma o pode levar a cabo.

             Os altos cargos da sanidade tráennos de Madrid, os profesionais do pais son uns inútiles pra eles.

            O PP non se lle ocorre remediar o inxustificado consumo de actos médicos, ou de farmacia, que nos levará irremediablemente ó copago; o que pretenden é que o sistema explote e se faga inviable pra privatizalo.

             Os centros de  primaria convértense en centros sociais de doentes da terceira idade, a falta de servicios propios, xa que nos centros de  maiores considéranse equipados cunha baralla e un periódico. Neses lugares debíanse equipar con un grupo médico axeitado, incluído un psiquiatra, así non  habería esa carga nos Centros de Saúde e poderían admitir urxencias, derivando os casos graves ós hospitais e os outros ó domicilio

             Houbo unha purga   nos cargos de libre designación, na sanidade seguiuse o guión do partido, nada orixinal se coceu. É de salientar que os hai incombustibles, resistiron o cambio. Cando vin que seguían á Conselleira nas súas presentacións como cadeliños, pensei nos moitos lambecús que hai; todo cambia pra   seguir igual; que me paren o mundo que eu báixome.

 

A RAPOSA VAI GARDA-LOS PITOS

A RAPOSA VAI GARDA-LOS PITOS

          

 

 

                                      

 

          As galiñoescolas, no que se transformaron as galescolas, fíxose co argumento de que se ían a desideoloxizar a educación infantil. E difícil de tragar ese argumento cando se pretende facer das galiñoescolas un monumento á intolerancia e segrega-los alumnos por razón do idioma.

             De entrada, o logo, se non é intencionado, si que é desafortunado. Non van moi desencamiñados os que o ven como un hibrido da aguia de Franco e a gaivota do PP, ou como un polo presidiario O único certo  e que non se parece á galiña de Casares, nin na forma, nin no espírito.

           Imos falar, e moito, do persoal contratado nestes Centros. Non se poden permitir acosos ideolóxicos e ameazas. Son traballadores que merecen un ríspeto.

           As galiñoescolas non son un chiringuito ideolóxico da extrema dereita, nin de nostálxicos do réxime de Franco, que parece que son os que  determinan as liñas políticas da Xunta, son o meirande insulto a un pobo. Acaso,  ¿vennos como un galiñeiro?, ¿son eles son os raposos?,  ¿é esa a mensaxe subliminal?. Algo debe haber, porque nas portas e cercanias das galiñoescolas que están por abrir,  está colocado o logo ese do polo presidiario. Tentan mandar a mensaxe á xente de que se moven, de que fan algo; o certo é que teñen unha ataxia política e de xestión. Non hai que lle pedir peras o olmo: son uns incapaces, e estanmo demostrando día a día. Despois de case un ano non se pode seguir mirando pra atrás e escudándose no goberno anterior, votándolle as culpas a quen deixou o goberno fai tempo, porque eso demostraría, a mais dunha ineptitude, unha covardía, escondéndose detrás de fantasmas.

            Puxeron a desculpa, pra desface-lo asunto, que ían a quitarlle ideoloxía as escolas de nenos de 0 a 3 anos. Teñen pollóns; bueno,  si non os teñen,  polo menos teñen cara. Xa se viu a onde van.

            Ós nenos quérennos descerebrar.

             !Coidado! Gloria Lago anda solta.

OBXECTO

OBXECTO

 

 

Xa estamos salvados, o PP de g, librounos dunha suba de impostos, eso é o que dixo o portavoz do PP Miranda. O Goberno do Bipartito era un goberno despilfarrador; a quen se lle ocorre gastalos cartos en Sanidade, Ensino e Servicios Sociais; ¿con qué se ían a financiar a sanidade privada a educación de centros de ensino, que vulneran a constitución, etc?

          De tódolos impostos o mais malo é a Débeda Pública. O  primeiro que  fixo Feijoo o chegar ó poder foi emitir Débeda, así fíxonos a todos n pouco mais pobres

          O recurso a Débeda Pública e a suba  de impostos indirectos soen ser habituais nos demagogos; que nos din que baixarán os impostos, e fano, baixando os impostos directos ós ricos.

          Sempre escoiten  nestes tempos de democracia mesma cantinela de baixada  de impostos; a nade lle gusta pagar mais impostos e con eso xogan; dinnos o que queremos oír, e sempre picamos; o final imos pagar mais,  esa é a realidade.

          As contas públicas son claras e nade ten unha variña máxica coa que facer medra-lo Tesouro Público sen entrar no peto dos contribuíntes.

          Os orzamentos teñen dúas partes; por unha parte os ingresos e por outra  os gastos, e entre eles ten que haber un certo equilibrio, senón virá o déficit e a Débeda; ata ai entendémolo todos. O que a min mais me preocupa é o gasto, e ai é onde me entra a gana de facerme obxector fiscal. Un gasto contido, nunha palabra austeridade no gasto axuda a controla-lo orzamento; pero sempre xorden opinións dispares a hora de  facer unha contención no gasto. Vemos o caso dos 400 euros, os 2500 do cheque bebe, etc, que no seu momento foron medidas populistas, pra  rabuñar  votos nas eleccións. En Galicia, o actual goberno  de Feijoo Subvenciona, co diñeiro de todos negocios privados; así é o caso do ensino concertado, nalgúns casos de dubidosa constitucionalidade, como é a segregación por xéneros, con adoutrinamento ideolóxico incluído; logo a segregación por status social, lingüística, etc . Eu declárome obxector fiscal, non quero que cos meus impostos se financien sectas relixiosas, nin negocios privados. Feijoo non atopa cartos pros servicios socias; despois da que se armou coa falta de medios pra poñer en funcionamento galiñoescolas xa rematadas; !o milagre! O Director do Consorcio atopa un furado de 4 millóns de euros. Coartatada: non pode poñer en funcionamento as galiñoescolas, nin os servicios de dependencia, tampouco o de xantar na casa; pola contra, !outro milagre!, si houbo cartos pro logo da galiña, ou como lle chaman algúns o pito disfrazado de presidiario e centros privados.

          Pero o que mais me asombrou foi o anuncio de devolverlle ó Estado os 1.600 millóns de euros dunha atacada, recorrendo, pra elo, o endebedamento máximo permitido. Como a Axencia de Valoración, venlle en rebaixar a credibilidade do Tesouro de Galicia de cara a un endebedamento, custaríanos a broma perto dos 2000 millóns de euros.

          O endebedamento, ó límite, deixaría a futuros gobernos coas mans atadas, sen poder facer novas inversións. Terra queimada ó inimigo

 

        

 

O CONTRATO

O CONTRATO

 

 

 

          Na parte dereita,  baixa, tedes unha entrada, chuzando ali, podedes  votar o artigo do mes de agosto que mais os gustara, gracias por colaborar. 

 

          Non é normal que un político asigne a oferta electoral como un contrato que fai cos electores, a modo de garantía de que vai cumprir o que promete, a menos, que sexa unha das moitas artimañas que se gastan.

          En política, especialmente en campaña electoral, prometese moito, logo, a hora da verdade, é pouco o que se cumpre.

          Recordo que Feijoo, nunha intervención na TVG mostrou un  papel, dicindo que era o contrato que asinaba cos electores galegos, no que garantía que cumpriría tódalas promesas electorais que facía. Parece ser que aquel xesto repetíao en mitins e en tódolos actos de campaña.

           Non me lembrei mais daquel acto, pero recordo a súa promesa de transparencia  e moitas mais cousas, e xa vimos o que cumpriu Aproveitou o mes de agosto, no que todo o mundo se ía de vacacións pra dar moreas   de contratos a dedo. Veume á memoria o do contrato; dubido co papel que brandía con desafío ós crentes  e incautos electores tivera algo escrito, menos que tivera intención de comprometerse.

           Eu esquecérame daquela teatralidade, pero vendo un resumen do que foi a campaña, por certo que moi sucia, reparei no asunto, e pregunteinme, ¿qué foi daquel contrato?; mais sinxelo, ¿qué foi daquelas promesas?. ¿Tan barato sae prometer e esquecerse?.

           Naquel momento eu non lle crin nada do prometido, sobreactuaba e dáballe demasiada teatralidade ó acto; pero estou seguro que moitos llo crearon, o resultado demóstrao.           

           As diferencias e as distancias entre os da boina e os do birrete, seguen ai. Os sectores mais galeguistas do PP ven con  preocupación que unha secta e que un grupo tan minoritario como os de Galicia Monolingüe teñan tanto protagonismo na política do partido. É un feito indiscutible que eses grupos, xunto con intereses  económicos de fora de Galicia, son os que deciden a actuación de goberno da Xunta.

           Feijoo ten unha exigua maioría; solo un deputado lle da o poder, e tamén pode quitarllo. Din os de Galicia Monolingüe que a política de persecución da lingua galega lle deu tantos votos nas cidades e que eso xustifica a súa política contra   da cultura galega. Esto basease  nunha premisa falsa, cal é atribuírlles ós habitantes das vilas un sentimento antigaleguista; do mesmo xeito, non se lles pode atribuír ningún fanatismo relixioso, nin voluntade de favorecer grupos económicos alleos, que nin sequera coñecen.  O único certo é que a crise económica, derruba moitos gobernos, temos o exemplo de Xapón que despois de 55 anos gobernando, o mesmo partido, agora perdeu as eleccións;incluso a carismática Merkel sufriu un revés electoral, cando ten ai, á volta da esquina, as xerais.

          Velaí a razón esencial do éxito de Feijoo: unha campaña sucia, con acusacións de mal goberno; promesas de bonanza, que xa se ve onde nos levan; traballo pra todos, o que o quere  ten que ilo a buscar a Madrid ou a Barcelona.

            A maxia do poder ten un efecto balsámico, pero   cando a algún barón se sinta afogado ou demasiado presionado pódese rebotar  e a maioría saltar feita anacos.

             Feijoo trata de eliminar calquera disensión interna e presentarse como caudillo invicto, para elo conta cun grupo parlamentario de perfil baixo, sen parlamentarios destacados que pensen por si mesmos, e cunha oposición desnortada, preocupada de  lamberse as súas propias feridas.

            Feijoo ten moi servicio de información interna; sabe todo o que pasa no partido, ten moitos chivatos e orellas peludas, que o escoitan todo; eso sábeno moitos baróns e esperan mellores tempos; solo persoas como o fillo do finado Cuiñas, e algún outro, se atreven a dicir o que pensan en alto.

            As eleccións locais poden  ser a  bomba que lle explote a Feijoo, ou ser o que necesite pra afianza-lo seu liderazgo. Esto será o que verdadeiramente importe; non servirán as invocacións a galegos ilustres, nin a profanación das súas tumbas; como fixo fai pouco pra consumo dos sectores mais galeguistas do partido e quitarlle argumentos e mártires á oposición..

           Emisarios seus recorren as Américas, reforza as Delegacións da Xunta en Sudamérica; todo o contrario do que prometeu en campaña electora; os seus emisarios celebran coa comunidade galega no exterior comilonadas,  pagadas por todos nos. Os mellores restaurantes e Quintas privadas son testigos de bacanais. Todo fai que se deixe nunha anécdota os mojitos  da Conselleira Bugallo; comparado con esto, aquelo quedou nunha recepción frugal; eso si, moi ben explotada electoralmente.  

AS AUDIENCIAS MANDAN

AS   AUDIENCIAS MANDAN

 

          Que as audiencias mandan, non deixa de ser algo que ten un valor relativo; si fora algo matemático e inmediato a TVG tería  dado un golpe de temón pra endereita-lo se rumbo.  Din esas estatísticas, que non son as do famoso Miranda, que a TVG perdeu  audiencia.

              O PP ocorréselle poñer parches de urxencia pra saír da desfeita: entreles, reduci-los salarios; PSOE e BNG votaron en contra; non porque non comprendan que  dada a caída brutal de ingresos, non haxa que adecua-los gastos, pra  manter certo equilibrio financeiro, e non recorrer permanentemente ás subvencións. Hasta ai, todo é lóxico e todo entra dentro do guión; o desacordo xurdiu cando o PP pretendeu que o acordo non lle fora aplicable o Director Xeral da Compañía e a outros altos cargos.

          Non rebaixa-los ingresos ós máximos responsables da mala xestión da compañía, solo ten sentido si o PP o que quere e recompensalos por segui-las súas directrices e, en agradecemento, os faga intocables.

          Por qué será que a mínima dificultade ocorréselles sempre a mesma  recepta: meter man nos  salarios   dos que menos  ganan, pero gastos que podían suprimirse, nin se tocan.

          Por   certo a TVG  costa un pastón, unha pasta que todos temos que soportar pra que nos  adoutrinen, nos lancen de continuo mensaxes subliminares,  supriman programas culturais, ou que non lle gusten a San Caetano. Si emiten algún programa   popular,  utilízano pra ridiculizarnos.

          Din que tamén é   coma unha especie de   botín de guerra, que a usan como aparcamento de xente á que se lle debe favores. Algúns empregados, que viñan de vello, sentiron un xúbilo cando gañou Feijoo e  coñeceron a súa liña política; adeus ó galego: falado, escrito, rotulacións, etc. Agora parece Tele Madrid.

OS MORTOS VIVEN

OS MORTOS VIVEN

 

          Os mortos, para moitos son recordos vivos, memoria dun pasado que nunca esqueceremos.

          Un comentarista deste blog suxeriu o tema; a min dáme medo falar de persoeiros que viviron, e nalgúns casos morreron por Galicia, polo menos dáme moito ríspeto.

          Hai unha longa lista de persoeiros que viviron por e pra Galicia, incluso, algúns deron a vida; son os mártires que regaron a nosa terra co seu sangue, os que eu chamo: os bos e xenerosos. Pero os que non regaron co seu sangue o cha patrio e, nembargantes sufriron autoexilio pra salva-la vida, como no caso de Castelao, son, igualmente, merecentes da nosa veneración.

          Moitos deles sabemos o nome, os de mais sona; pero tamén os anónimos, os que día a día  fan medrar o amilladoiro do servicio ó pais, son merecentes do noso recoñecemento.

          A todos nos queda a imaxe de Feijoo levando flores á tumba de Castelao, e irrítanos o seu fariseísmo. Certo que Castelao é patrimonio de tódolos galegos; pero ¿é Feijoo galego?, esa é a cuestión. Mellor estaría levándolle flores a Franco e a José Antonio, que ben seguro que son o seu modelo.

          Dicía o outro día un dos fillos de Bóveda que Feijoo non se atrevería a levarlle flores a tumba de seu pai; eu non estaría tan seguro, Feijoo ten cara pra eso e pra moito mais. Establecía unha diferencia, o fillo de Bóveda, entre Castelao e seu pai; a seu pai asesinaronno os fascistas, dos que Feijoo se presume herdeiro, pola contra a Castelao non.

          Pois ben, si a Castelao non o asasinaron foi porque puxo auga por medio, o mesmo que outros galegos, si o houberan collido a súa sorte estaba cantada. Non   se pode poñer en dubida a talla intelectual de Castelao, nin o seu compromiso con Galicia, sen que eso supoña desmerecer a outros.

          Se xa foi bochornosa a imaxe de Feijoo poñéndolle flores na tumba a Castelao; facer uso do seu pensamento, atribuíndolle cousas sacadas de contesto é ignominioso.

          Quizá fora necesario recordar o que dixo Castelao, cando e cómo, pero sería poñerse a altura de Feijoo e darlle credibilidade as súas palabras, eu négome a rebaixarme a debater con semellante home, pero coido que é necesaria unha segunda parte sobre os devanceiros, nentramentras, a ver que din os comentaristas do blog, e esto deixámolo de limiar. .

          Un día coma hoxe, atopábame tocado na fibra dos sentimentos e escribín esto, que con modestia, hoxe quero compartir con vos:  

Amor á terra

 

En vales escondidos

Entre serras anudadas

Que gardan os segredos

De liberdades soñadas

 

Naceu o amor intenso

Xurdiu o bacío  inmenso

Póla nazón maltratada

Pola terra asoballada

 

As bagoas derramadas

Os suspiros ceibados

As longas camiñadas

En camiños xa andados

 

Da terra de manto verde

A un ceo iluminado

Que a alma morde

Do que desta terra é ben nado

 

O tempo non borra

Os camiños xa trazados

Teñen que ser agora

Dos devanceiros herdados

 

Será o máximo alento

Dos que noutrora loitaron

Que con dor sufriron tanto

Que arreo traballaron

 

Por limpar esta nobre terra

De chupasangues infesta

Que funden as súas raíces

No sagrado chan amado

 

Son os mártires que chaman

Ás xeracións adormecidas

Pra que limpen o chan

Das malas herbas nacidas

 

Que non quede en baldeiro

Que marcaron o vieiro

Coa xenerosa entrega

Dos seus anos mozos

 

Nos que deron as súas vidas

Pra que sintamos a fachenda

Dunha raza que é digna

Que se nega a ser pisada.

GALIÑA AZUL OU GALIÑA FALANXISTA

GALIÑA AZUL OU GALIÑA FALANXISTA

            A gañadora por elección vosa, aínda que por moi pouco. Por suxerencia dun lector do blog, escribirei unha segunda parten. 

            Nos comentarios do sábado hai unha colaboraión moi boa; recomendo a súa lectura,

 

          Un dos misterios xa se solucionou. As Galescolas xa son recordo dun pasado, no que, non se ensinaba, aleccionábanse ideoloxicamente ós nenos, entraban cantado a internacional e o mestre era o camarada X; agora entran en fila, vestidos de corto, separados por sexos, pra que non pequen, co  xugo e as frechas bordadas na camisa, brazo en alto, paso marcial, e cantando o cara el sol; dentro a mestra de pe, sen maquillaxe, peiteada con un moño; o seu carón o crego, cunha gran barriga, cuberto cunha tella e dándolles a man a bicar ós infantes. A sorpresa: dentro da aula hai unha enorme galiña azul. Dixen pra min: “unha galiña falanxista”, !pensaron en todo!.

          Aínda que é un puido ser, todo é posible na illa de Barataria, mais con estes personaxes. Do anterior borrouse ata o nome, e agora non se sabe onde está o ensino das crianzas, ou se todo se reduce a un elecionamento ideolóxico que todo réxime impón. Porque o esencial é que non estamos nunha alternancia democrática, senón nun cambio de réxime.

          Non sabemos o que cobran os herdeiros de Casares polo uso da ocorrencia. O goberno veulle como caída do ceo o da galiña azul; estou seguro que a interpretación da galiña azul era distinta pra Casares.  Ocúltanse outros custes co meirande celo de secreto de estado, solo se sabe que o custe da carteleira sube dos 22.000 euros. ! cantos cartos teñen!.

          Austeridade e bo goberno, era un lema pra gañar votos, mentres tanto a esperar si o pagan do seu patrimonio, ou van a cadea por despilfarro.

         O que mais doe é que se usen os nenos con fins políticos, que impoñan tanta carga ideolóxica no ensino, que se tire co diñeiro, que se faga, en definitiva, o contrario do que se di.

          Preocúpanme os centos de traballadores das que agora chaman escolas infantís, das que o bipartito creou 86 centros en catro anos, mentres que o PP creou 25 e 16 anos de goberno. O seu non son as escolas, porque non pensan volver a ser nenos, tampouco quitar negocio ós centros privados, e os pais que queiran mandar os fillos a estes  centros que o paguen do seu peto.

          Dento dese clima de austeridade que nos vendeu Feijoo, cámbianse os logos a todo, e non é precisamente pra aforrar: cambia-la casiña coa bandeira de Galicia no tellado, pra sustitui-la pola galiña azul, que tamén ten entre as plumas unha bandeira de Galicia, non pode ser alegado que se fai polo motivo de aforro; o que ocorre é que lle ofende a bandeira de Galicia na casiña, nos mandilóns e ata a de San Caetano. Oféndelles a lingua galega, o ser galegos; eiquí si que se vei a man que acanea o berce, que non é outra que as FAES.

          Intentar elimina-la lingua e os símbolos dun pobo, polo seu propio  goberno é  algo que nunca se veu, unha conducta criminal, que urxe unha petición de amparo xudicial O tribunal de Dereitos Humanos,  polo xenocidio a que están sometendo o noso pobo e da nosa cultura.          

          Hai que pensar que estamos en Barataria, esto non é Galicia, ningún símbolo que recorde ese pais de néboas pode quedar en pe. Ese é o xeito de gobernar desta dereita cavernícola.

          Eu cando me referín á galiña azul, como unha posible galiña falanxista, de ningún xeito asimilei a galiña de Casares cunha galiña falanxista; pero os ideólogos do réxime viron un logo axeitado pros seus fins, lanzando un mensaxe subliminal, que nos leva ós tempos do imperio e o glorioso azul; solo hai un problema: hai que facer desaparece-la bandeira de Galicia da galiña; espero que non se lles ocorra poñerlle cartucheiras e un fusil pra tapa-lo da bandeira.

          A gallinacea ocurrencia das galescolas  é mais que unha ocurrencia; é un insulto á  especie. Ben puideran elixir como logo a galiña de Mos,  pero  non é azul.

SEDUCIDOS POLO LADO ESCURO

SEDUCIDOS POLO LADO ESCURO

 

          Dende Touriño  a Gondomar vaise por un invisible vieiro, polo que transitan crédulos políticos, que pensan que contentando a medios económicos e de opinión; estes vanse a poñer da súa parte e vannos apoiar, permitíndolles gañar  espacio electoral.

          A Touriño, si non lle dixeron algo parecido, fixéronllo: os poderes fácticos non pagan a traidores, e déronllo a entender, por pasiva.

          Cando foi da adxudicación do concurso eólico, quíxose congraciar coa Voz de Galicia, facendo seguídesmo das súas campañas mediáticas, e deixándose seducir, o mesmo tempo, por fortes grupos  económicos que vían na adxudicación do eólico unha ameaza pros seus intereses, facendo unha espantada e deixando o BNG solo.

Esta seducción polo lado escuro da política deixou patente, fronte o electorado, unha desorganización no goberno galego, e unha falta e liderazgo, que o pagaron nas furnas ambos partidos.

           Non hai cartos, non había orzamento habilitado, pero La Voz de Galicia e El Faro de Vigo, asignoulles a Consellería da Presidencia unha cuantiosa subvención,  ¿por qué será?.

          Touriño foi víctima das acusación de luxo, etc, dos famosos Audis, que resulta que os mercara Feijoo, e que agora malvende; tamén a montaxe da sala do Consello e a da Prensa. Puido e debeu adianta-las eleccións, segundo lle aconsellaron de Madrid, así houbérase evitado a longa precampaña e os desprestixios na prensa, pensou que contentaría a prensa dándolle a cabeza do BNG, parece que non o logrou;  porque do que se trataba era do goberno.

          Quintana foi desprestixiado con saña, tanto na vida pública como na privada; votado os pes dos leóns por xente da que se fiou. Usaron ós dependentes e agora esquecéronse deles; de súpeto volvéronse invisibles.  A acaparación de cargos, coas conseguintes retribucións, no Parlamento e o apego ó coche oficial, vaino a deixar en mal lugar. Con el o BNG sufriu  unha  sangría de votos nas sucesivas eleccións; en todo caso, el non foi solo o único responsable, se está na mesa do Parlamento, e non é un parlamentario do montón, é por dous razóns: 1ª porque o apoiou o resto do grupo, 2º O seu sentido da responsabilidade non lle impide optar a cargos.

          Nos concellos priman moito criterios personalistas, e algúns concelleiros non se da conta do que teñen entre mans, e o perigo de  conqueri-lo poder collido por atallos e co abrazo do oso.

          Todos dicen persegui-lo transfuguismo, pero están constantemente buscando a concelleiros que se presten a desetabilización, e sempre hai quen se deixa seducir polo lado escuro.

PERLAS SOLTAS

PERLAS SOLTAS

 

           O Bipartito é culpable do actual problema do galego, segundo dixo unha política do PP, eu pensei que os problemas crearos a Xunta de Feijoo, pero parece que non; o mellor na súa pelica ten razón; si o bipartito xa  tivera erradicado o galego, agora xa a xente do glorioso imperio non tiña esa area amolándoos no zapato.  

           O Conselleiro de medio rural informou, redondeando o que xa dixera o Director Xeral de Montes, que o actual goberno mellorou o sistema  contraincendios e culpou o bipartito de falta de organización e previsión. A auténtica verdade e  que viñeron dous días de verán e xa se cagan pola pata abaixo de medo.

          A Consellería de Sanidade que inventa o que sexa pra xustificar  unha privatización do servicio, elimina as consultas de tarde e non sustitue, na súa totalidade, á xente que toma vacacións. Que non digan que a muller non é efectiva, suprime as consultas de tarde e dálles vacacións as doenzas. A culpa é do bipartito, xa tíñamos doenzas abondo e inventan a gripe A.

          O conselleiro ese de tantas cousas, aínda que non deu unha conferencia de prensa mediante un vídeo gravado, (como Arenas), diante duns xornalistas controlados, informoulles de novos  e urxentes investimentos en Sogama, que tería que ter feito o bipartito, por suposto. Todo pra que non se falase da queima incontrolada de medicamentos, as emisións á atmosfera e o modelo e xestión.

          A construcción será o paradigma da desregularización, non se deben poñer trabas as ganancias doadas.

          A Cidade da Cultura traga millóns de euros, e o malo é que non se lle ve o fin, nin o final;  o Conselleiro está desbordado  e non ten ideas, recupera a idea do mausoleo, é o único que ten claro. Fixo algo importante: suprimiu as axudas á traducción, vixentes dende os gobernos Fraga

          Na nova Xunta non hai nepotismo, nin amíguesmo, por solto. O Conselleiro da Presidencia ten as ocorrencias mais peregrinas, aínda que é difícil saber que é o campión. Un parente seu, o mesmo lle fai un informe, un dictame ou unha auditoría; todo o seu gusto.

          A Consellería de Traballo, (aínda que non se traballe, nin haxa traballo); ten un xeito de interpreta-las estatísticas curioso: Si algo mellora o mérito é da Xunta, se empeora a culpa é de Zapatero.

            En Pesca, ademais de suprimi-los proxectos de seguridade pros mariñeiros, permitirase a construcción de piscifactorías onde queiran os interesados, especialmente Pescanova; esta, aínda que sexa en rede natura. Rescatouse un proxecto de López Viga, que fora anulado por sentencia xudicial.

         O de Industria, por entusiasta, encárgase de cargarse o eólico. Os muíños de vento iran onde lle pete a Iberdrola non hai rede natura, nin participación pros afectados.

          Iberdrola xa se posiciona: paralizou o proxecto das Somozas. É unha coartada que lle quere ofrecer a Feijoo.

          Os concesonariios de automóbiles non reciben as axudas prometidas pola Xunta.; ó mellor é  la Junta.

          Pero o que xa pon a guinda é o de Educación: contratos a dedo, acorralamento ó ensino público, protagonismo de interese privados, etc.

          “Un fermoso xardín bonsai.”

A NEGACION DA DEMOCRACIA

A NEGACION  DA DEMOCRACIA

 

          Si queremos comprende-la actitude do PP, temos que facelo partindo da base de que non é un partido que  cree na democracia, polo menos a meirande parte dos seus órganos de goberno; incluso a súa filosofía, tanto de goberno, como de oposición, é a típica dun partido que está no sistema a desgusto.

          Eu sempre pensei que o da corrupción  e o da trama Gürtel  eran episodios, que se podían   dar en calquera partido, pero a entrada en tromba dos máximos responsables do partido, acusando a policías, fiscais, xuíces e goberno, fai espertar a un do soño e pono no camiño da cruda realidade; a eso é o que nos inducen as intervencións de Cospedal, Rajoy, Arenas, etc, a unha corrupción institucional, que salpica a estructura do partido.

          Sempre se poñen de víctimas, apelan a inventarse tramas organizadas na súa contra, todo pra esconde-la corrupción e o amíguesmo.

          Dentro do PP hai xente que cree e vive a democracia, pero os responsables da estructura do partido e organizacións e persoeiros con pedigree do antigo réxime, impoñen o seu pensamento e modos.

          Non creo que cheguemos a que se fagan festas como as de Berlusconi, aínda que o PP chegue ó poder, porque ese é un personaxe único, pero estase a leva-la política por un camiño moi parecido.

          Non sei si esta xente cree na democracia, na división de poderes e no estado de dereito, semella que non: amosa unha incrible coincidencia cos batasunos e están ó borde de que se lles aplique a Lei de Partidos; non sería nada disparado promover a súa ilegalización, así podería xurdir unha dereita democrática semellante ás europeas.  Mentres en Galicia sigamos a ser a reserva material  da reserva espiritual da ultradereita española, temos un futuro moi negro.

 

 

 

 

PROMESAS QUE SE ESQUECERON

PROMESAS QUE SE ESQUECERON

 

          Na longa precamapaña que padecemos, Feijoo prometeu de todo, solo lle faltou prometer noivo ás solteironas. Dicía que o bipartito practicaba o nepotismo; el agora non anda polas ramas, practica directamente o escurantismo é a corrupción.  No mes en que estamos, case tódolos organismos están a medio gas, o que non esta pechado; aproveitou esta circunstancia pra adxudicar contratos a dedo e publica-las convocatorias no Boletín da Unión Europea. Estas convocatorias non se publicaron no Doga. Por moi ben pensados que queiramos ser, o asunto solta tal tufo e é tan manifesta a intención de limita-la concorrencia, que fai banal  intentar maquilla-lo proceso. A Corrupción non solo se supón que, a mais, quérenos tratar de estúpidos. Pregúntote, si alguén en Letonia terá intres en participar no concurso pra adxudicarse o comedor do Colexio da Cañiza, poñamos por caso.  Está ben eso de publica-lo no Boletín da Unión Europea, pero o DOG é o boletín da comunidade, e os concursos que convoca a comunidade deben publicarse nel, pra eso está: os concursos, ademais de ilegais, por falta de publicidade legal, son o reflexo dun xeito de gobernar. Favorecer solo os amigos, ese é o asunto.

          A consellería de Educación, cos Colexios, e a de Traballo coas Residencias da Terceira Idade, son as que mais contratos outorgaron, Pero tódalas Consellerías practicaron a mesma política. Sería un motivo mais que xustificado pra pedi-la xuntanza da Deputación Permanente do Parlamento.

          Os parlamentarios do PSOE e os do BNG  non farán tal cousa; non van perder un día de praia ou de parranda, por algo que lle afecta o pais, eles seguen cobrando igual; despois non comprenden porque os electores lles volven as costas.

          Moito prometeu da aplicación da Lei da Dependencia, que se saiba está, igual que todo, paralizada; pero o mais gracioso é que Teresa Táboas, mencionou o tema, e xa saíu unha deputada do PP, ladrando como se estivera rabiosa ,xa se sabe canto mais baixo é o perfil, mais ruido, e votándolle a culpa de todo, como non, o goberno anterior. Eu pensei, inocente de min, na promesa electoral que fixeran: eles ían arranxa-lo todo.

          O que non entendo é como alguén se presta a protagoniza-lo vídeo que fixo o PP sobre a dependencia. É de moi mal gusto utilizar un dependente pra facer ese lixo. A min danme náuseas.

           Estou contando as promesas incumpridas polo tecnócrata; contei polos dedos das mans, logo as dedas dos pes, e non me chegaron; eso si, sobráronme dedos cando contei as obras feitas.  Se fan algo, primeiro encáranlle un informe a un amigo, e logo danlle a obra a outro amigo, que non ten porque ser necesariamente da trama gürtel.  

           

OS CONSELLOS DA XUNTA

OS CONSELLOS DA  XUNTA

 

         

          Ídesme permir unha licencia. Como o artigo de hoxe non é moi longo, vou falar dos   asnos; si, dos burros de carga ós que os romanos chamaban cabalos pequenos; pero vos sodes libres de pensa-lo que  queirais, diredes que burros hai moitos: Eu o meu, xa  se citan na biblia, unha vaca e un  asno están no pesebre, tamén foi un ser mitolóxico; en Roma, polas dimensións do   seu falo foi consagrado a priamo; estivo presente na literatura, pero hoxe está en  extinción,  case. É posible que muten pra adaptarse, que se creen granxas, etc ; sempre haberá burros

          A xunta non se dedica a dar consellos; mellor que non o faga. Eu referíame a eses conclaves que celebran unha vez á semana, nos que os acordos se toman por aclamación; o presidente propón, e os membros do Consello aclaman. Fai bonito un Consello no que non hai disentimentos, non coma no goberno anterior, onde disentían, discutían, e logo tiñan que votar. Claro pra eso hai que escoller a Conselleiros, que saiban estar caladiños e obedecer e, sobretodo, que non pensen, pensar é malo. Xa pensaran os que lle dan as ordes ó líder.

          Pra prestar asentimento calquera cova bale, debe hasta  escura e sen ventilación; así a presencia do líder é mais notoria i é meirande a intimidade.

          A sala de San Caetano é demasiado sofisticada.  A verdade e que aí a Méndez Romeu, fóiselle a man; cecais non entendía eso da transitoriedade e a brevidade da vida.

          Houbo  un correspondente que protestaba polos locais indignos que lle asignaran á  prensa; un pouco de razón tiña. Unha vez que arranxaron aquel cuchitril, xunto coa sala do Consello, comezou a largar e a criticar, as súas accedas columnas non parecían súas, as mais das veces non lle faltaba razón, pero deixaba notar que era un xornalista por encargo, case nunca de opinión independente, que deixaba en mal lugar á profesión. Conclusión: pasarse non é bo.

FEIJOO ATACA OS MUIÑOS DE VENTO

FEIJOO  ATACA OS MUIÑOS DE VENTO

 

          Feijoo é coma o Quijote, a   súa lanza é o Doga, tampouco é idealista como o Quijote, compórtase, mais ben coma un Sancho, non precisamente en sabiduría e demais, ninguen pode negar que é un home agradecido, bo vasallo.  Agora arremete contra os muíños de vento; son xigantes que tentan plantar nos montes da súa Barataria e que lle recordan un goberno, do que el tenta borra-lo recordo, pra que os seus súbditos se esquezan do pasado  e non esperten do feitizo o que os ten sometidos, e que sigan sumidos nos soños das promesas incumpridas. En serio, non é doado falar do eólico, sen   coller un cabreo. Despois de escoitar a Feijoo, na conferencia de prensa, falar ex catedra, deixa a un tan anestesiado que non sabe que dicir; a min, o primeiro que se me ocorreu é que a roda de prensa era un pesadelo, que non podía ser real.

          No pouco tempo que leva no poder, leva feito moitos disparates, pero agora supérase a si mesmo. Este tipo é un perigo público,  co DO deGalicia o seu alcance, e coa chulería que ten é capaz de calquera cousa.

          Todos esperabamos coñece-los argumentos “legais”,  que esgrimiría pra anula-lo eólico, pero solo dixo vaguidades.

          O mais importante foi que quería restaura-la seguridade xurídica; eso xa solo o podía dicir el, o que a vai vulnerar, e converter a Galicia no único pais do mundo coñecido, (evito dicir civilizado), con inseguridade xurídica. Segundo el, e insistiu moito nelo, sinal de que nin el mesmo o cría, o anterior goberno dictou un  Decreto ilegal, agora dictaría unha norma transparente, tan transparente que non se ve o instigador. O de decreto ilegal decidiuno el, non un Tribunal de Xustiza (para que se quere estando el).

         Pra sortea-las numerosas reclamacións e indemnizacións, van construír unha ficción xurídica, segundo a cal a resolución do concurso non é   definitiva e non poderían instar amparo xudicial; pra que nos lles contradigan o inxenio non solicitaran ningún informe consultivo. Todo esto, á marxe de calquera instigación externa, decidiuse no Consello.

         Esto vai dar lugar á paralización do proceso, a unha cascada de reclamacións xudiciais e a cuantiosas indemnizacións, malia que el diga o contrario. Con ser esto grave hai que ter e conta que cando se encha o cupo asignado as autonomías, outras, que non anden nestes enredos, poderían asumilo o que lle corresponde a Galicia e nós quedar sen nada. Dirá alguén , eso non o vai a permitir Iberdrola e demais beneficiarios presuntos. Estas compañías nos lles importan tanto os kilowatios a adxudicar, coma que outros entren no negocio; son como o can do Hortelano: nin comen, nin deixan comer.

                   Por certo, o abrazo do oso. O Poder do kilowatio estivo na toma de posesión de Feijoo; e menudo abrazo.Si a foto de Quintana no iate  podía ser unha síntoma  de corrupción, esto xa deixa de   ser síntoma.

          Di que a participación da Xunta e os concellos na xestión dos eólicos atenta contra a liberdade de empresa; eso será no seu credo ideolóxico de home de Cromañón.

          O mellor: aplicará un canon pra xeneración eólica; así mentres outras Administracións bonifican as enerxías renovables, el ponlles un canon. !Pra nota!.

          Podíase levar a termo no Parlamento un proceso pra inhabilitalo por inepto e prevaricador, pero xa se cubre as costas pedindo un informe xurídico pra cada caso; así, a quen emporca e a Asesoría Xurídica.

          Sen dicir cales dereitos e normas se vulneraron, arremeteu, cal carneiro, contra do anterior Conselleiro de Industria, porque segundo el non sabe do asunto. A súa sapiencia, a de Feijoo, cheira; así que é doado adiviñar onde a ten e, coa benia dos xuristas, preguntariámoslle cal é a súa razón de ciencia; porque a descoñecemos.

          Esto vai dar moito de si,  estamos no comenzo.

O CORRUPTO SEMPRE É OUTRO

O CORRUPTO SEMPRE É OUTRO

 

 

          Sempre  o corrupto é o veciño,  ninguen sinte que os seus actos sexan corruptos, a razón de que non teñan os actos por corruptos é, nas mais das veces, en carecer de valores morais. Destruír á oposición ou, simplemente, lucrarse, son os casos mais comúns.        

           O PP pretende agora anula-lo concurso eólico pra dárllelo os amigos, hasta aí normal, aínda non construíu nada, todo o que fixo foi desfacer e indemnizar os beneficiarios, con cargo o peto dos galegos, claro.

           O mais parecido a corrupción que atoparon no goberno bipartito foi a Quintana nun iate de invitado. Non foi un feito afortunado, porque non chega con que fora honrado, tamén tiña que parecelo.

          O de Quintana navegando no iate é unha imaxe  nefasta, pero asociala con un acto de corrupción solo o pode facer quen está  cuberto de merda e todo lle cheira; que a sola imaxe do iate   sexa o único que teñen para anula-lo concurso eólico, da idea dos fundamentos xurídicos que se gastan.Vai ser todo un esperpento ve-la anulación e a convocatoria. Por suposto, as indemnizacións pagaranas  cos nosos cartos.

          Encargáronlle a Asesoría Xurídica da Xunta que fixera un informe con argumentos pra tomba-lo concurso eólico. Que papel!; aínda que hai algún que lle pon gañas, menos mal que non é moi bo.

          Pra semana falaremos do concurso. Nos comentarios suxeriron o tema.

          Pra Feijoo a corrupción debe ser o medio esencial de  facer política. Chega con recordar, o nada sospeitoso, e sen ir mais lonxe, o feito de que el, sendo Conselleiro no último goberno de Fraga, e Negreira en Portos, deron numerosos contratos ó grupo Gürtel; que parece correspondeu, segundo un medio de comunicación, coa larga e custosa precampaña de Feijoo.

           Debeu chega-lo momento de pagar favores, porque esa macroconsellería do Territorio e outros negocios, tamén ven de adxudicarlle contratos, sen concorrencia, por mais de dou millóns de euros. Que o Presidente da Comunidade Valenciana o procesen por un  traxe e a Feijoo e Negreira non os molesten, paréceme difícil de explicar.

          Gondomar e tantos outros, sen ter que ir a Palma de Mallorca, nin os detidos pola trama Gürtel,  dan  fe dunha descarada amoralidade na  xestión da Cousa Pública.

          A participación no goberno de Feijoo de persoas que na última etapa da Administración Fraga, deron cuantiosas subvencións ilegais, amosa a moralidade e o camiño que sigue Feijoo. 

          Non tódolos do PP son corruptos, pero son os de moralidade laxa, os que mais medran, e nadan con soltura nas procelosas augas da política.

          A Feijoo dálle moita carraxe que lle recorden a corrupción no último goberno de Fraga. Fraga non era o corrupto, pero el era o vicepresidente.

          Mallorca, Levante, Madrid e Galicia, sen esquecer Canarias, son feudos do PP, nos que a corrupción é moeda corrinte.

           Unha corrupción curiosa, das moitas, é a do Conselleiro de Cultura que se vai a Estocolmo  a entrevistarse coa viúva de Casares; cando ela reside habitualmente en Galicia. Eso é austeridade, hai que ver que ben administra os nosos cartos.

          ¿Será que en Suecia non viron nunca un champiñón? Esto é austeridade, esto é unha administración eficaz.

SEN HONRA E SEN CARTOS

SEN HONRA E SEN CARTOS

 

 

 

          Aínda que se concibe como unha frase quixotesca, que reflexaría un modo de ser tópico español; foi pronunciada polo almirante Méndez Núñez no sitio do Callao: mais vale honra sen barcos, que barcos sen honra. Anos despois, outro galego, asignaría un acordo financeiro co Estado, absténdose, E dicir, sen opoñer un pero, sen discusión algunha asinou o que lle deron, perdendo case catro centésimas porcentuais na financiación que Galicia viña percibindo; é dicir, si antes éramos pobres, agora serémolo mais.

          Pra Feijoo é mais importante Xénova que Galicia; mais ben Galicia pral el é un accidente xeográfico, na que puxo as pousadeiras, con seres nados pra ser mandados,  que non lles importa que mexen por eles; o mellor algún día esperta  do soño e atópase coa realidade, porque as súas mentiras  foron descubertas.

          Volver de Madrid pra el non é nada novo, vota aló dous días da semana, “traballa” na Xunta tres. Por min podíase quedar aló. Esa case metade da semana, que non está en Galicia, pagámoslla os galegos; estanos estafando. Cando vólveo de asina-lo acordo de financiación veu sen cartos e sen honra, pero obedecendo, o cal me carga de razón pra pensar que Feijoo é solo un Guiñol, é que outros manexan os fíos.

          O modelo de finanzamento podíase considerar pechado, desde o momento en que o goberno do Estado e Cataluña chegaron a un acordo. Madrid e Valencia, malia ser autonomías gobernadas polo PP, tamén lles favorecen os parámetros aplicados a Cataluña, polo que o PP deu orde de absterse. Madrid ten os maiores ingresos por autonomía, non porque xenere mais riqueza, como o caso de Cataluña, senón porque as grandes empresas do Estado teñen a sede social en Madrid, e alí pagan os impostos, aínda que a actividade económica se realice fora da Comunidade.

          O concerto vasco non é tan histórico; eles remóntase a antes da guerra civil, e era unha reivindicación do PNV, e Aznar concedéullela, porque precisaba os votos do PNV. El primeiro, España despois. Con  Cataluña pasa algo parecido e o PSOE claudicou pra conserva-lo apoio parlamentario. De tódolos xeitos a financiación non acada o nivel de privilexio do  Pais Vasco.

          A Navarra, Franco concedeulle un privilexio financeiro, polo apoio que lle deu na guerra civil, co que seguen, moi caladiños pra que non se acorden deles.

          Volver sen cartos e sen honra,  sabendo que nin os compañeiros do partido te respetan, que ninguen quere alianzas estratéxicas contigo, que eres menos que nada, ten que ser frustrante; por eso necesita de desatinadas accións de goberno que o  reafirmen como autoridade. 

         En política, as persoas obedientes e manexables, coma el, teñen futuro; ter pensamentos propios pódete converter en perigoso, pero eso nunca lle vai ocorrer a  Feijoo; ademais, ser intelixente non é un mérito.   

DESFACENDO O PAIS en cen dias

DESFACENDO O PAIS  en cen dias

 

         Feijoo errou o camiño, por querer face-lo contrario do lema: facendo pais. Encargoulle a varias brigadas que recorreran o pais derrubando todo o costruido; estas brigadas seguen tanto o pe da letra o que o xefe guiñol lles ordenou, que non solo derruban o construído polo bipartito, senón que tamén usan a piqueta coas obras da era Fraga; claro, para algúns Fraga era un perigoso demócrata, comunista e separatista.

          Será que a invisible man que o manexa ten un guión que non coñecemos, pero que intuímos, e que a praga de asesores non está a altura dos bonsais. De calquera xeito, a unha persoa que se cree en posesión da verdade, ningún informe o vai a frear. Tamén pra que asesorar de algo que sabes que non van a facer caso e, te vas buscar o cualificativo de dubidoso, de ser un infiltrado; mellor facer un informe que lle dean a razón.

          Xa non é que Feijoo non teña capacidade pra gobernar, o mellor é que non lle deixan facelo; outro, houbérase marchado para casa; por moi vaidoso que sexa e que viva nunha fantasía, sabe que o único que fixo foi destruí-lo feito, sen facer nada novo. En política, non teño coñecemento de que alguén deixara a teta e se fora para súa casa, a menos co chimparan.

          Ten compañeiros de viaxe, ademais dos que ten na sombra, que dan medo o mais destemido. Galicia Monolingüe chama o boicotear as normas legais que non sexan do seu agrado. Antes esto sería incitación á violencia, o socava-la convivencia e o que infrinxía as leis era un delincuente, agora, dun ou doutro xeito, se non participa no poder, anda o seu carón.     

 

          -Intentarei responder ós comentarios que fagais. Si queredes, faremos entre todos un blog  interactivo; así será mais entretido.

 

           Hoxe farei un breve comentario, a modo de engadido, a petición dunha lectora, sobre da consulta do galego, é unha simple opinión; trátase de dicir o que xa dixen: Ha nade se lle ocurriría facer unha enquisa sobre algo que hai que facer, e o que hai que facer co galego ven no Estatuto de Autonomía: o malo non esta no resultado, senón na enquisa mesma. Qué pasa con  ese 40% de abstención no ensino público. ¿É o ensino privado é o que vai marcar a dirección da Consellería?. ¿Alguén cree na honestidade e limpeza do proceso?. ¿alguén cree que os paxaros maman?. Ningún goberno, ningún, dende que se inventou o sistema, convocou un referendo pra perdelo. Outro día falaremos delo.

CEN DIAS

CEN DIAS

 

          Moito se ten dito, nunca se falou tanto de tan pouco; todo podía resumirse coa frase “cen días de destrucción”.

          Parece que xa pasaron cen anos, pero solo pasaron cen días, dende que ese, por fortuna democrático, accidente electoral colocou a Feijoo de Presidente do goberno galego. Non facía falta espera-los cen días de cortesía, como el dixo, porque el mesmo se encargou de amosa-las súas intencións.

          Pódese dicir que agora lle vimos o verdadeiro rostro, ademais de ser un bo actor, basta recorda-lo sentimento que puxo na toma de posesión  coa lectura do discurso de investidura, con  bagoas incluídas, dando mostra de ser un actor moi logrado, con moitas horas de entreno; é un doente, cunha patololoxía común a cantos fan da mentira unha verdade.

          Dixo que intentou gobernar con austeridade, o dos coches, as papancias e oropeles  fóiselle a man; menos mal que ía a ser austero, solo se lle foi a man e a lingua. Que había unanimidade no goberno; certo , o mellor xeito de ter unanimidade é elimina-los motivos de discrepancia; nos Consellos da  Xunta reina a paz dos cementerios; os Conselleiros son  cipreses e os mortos somos os galegos. A terceira parte é que parece que vai dici-la verdade , a súa verdade.

          Segundo Feijoo, estamos a atravesar unha crise económica; eso xa o podía dicir cando estaban na oposición, daquela era culpa do goberno. Fixo moitas consideracións sobre as dificultades que xurdían para gobernar  nos tempos de crise. A culpa, como non, do goberno anterior; por el non había crise, por nos tampouco. Enterouse da crise agora,antes non o  sabía; todo o mundo, menos el, o sabía; por eso prometía o paraíso, fermosas uries pros crédulos.

          A pesar de preguntarllo, non respondeu sobre o conflicto lingüístico; tampouco dixo nada do aumento do paro nos seus cen  días de goberno, dos  dependendientes, dos conflictos laborais actuais e das promesas incumpridas.

          O mesmo que outros, está aí cunha larga man de tras que o manexa coma un guiñol, pero ten moi ben sabido o rol e o ser un home de palla non lle quita a responsabilidade.

          Eu, o que non dixiro e que poña a Castelao coma o seu modelo. Eso é emporcar a imaxe de Castelao; que dixera que Franco é o seu modelo sería mais crible. Seica Castelao non poñía en dúbida a existencia de España; non coñezo a nade que o faga, nin que cuestione a existencia de Europa. Cousa distinta é admitir a España como Unidade de Destino Universal, el quizá si, Castelao non.

          Os crédulos, que os hai, sobre todo en tempos de crise, necesitan creer en paraísos, nas uries, en líderes  que lles fagan concibir falsas esperanzas, pra esquecerse de miserias.               

TACTICAS

TACTICAS

           Cando foi da guerra civil española, a lexión cóndor, ensaiou  en Guernica un sistema de bombardeo aéreo, que logo os nazis utilizarían durante a segunda guerra mundial.

         O PP está ensaiando en Galicia unha nova táctica electoral, imaxínome que pergueñada na súa  factoría de ideas,  coa que pretende gañar, con trucos sucios, e o mesmo tempo crear un estado ideolóxico co que   agochar as súas falcatruadas, e desamar á pobo de calquera idea, simboloxía, xeito diferenciado de ser ou de pensar, que o poidan apartar do pensamento único.

         Aínda que non esteamos por eses xogos,  temos que admitir que nos meteron na partida,  e temos que ver de saír vivos dela, alguén se xoga moito e ensarillaranos coas súas malas artes.

          O revisionismo de tódolos actos do anterior goberno ten unha finalidade política, que vai mais aló do revanchismo; o obxectivo último é deslexitimar o anterior goberno e deixalo como un goberno inútil diante dos electores, si é preciso ir contra os propios actos, vaise, como é o caso dos Audis, que lle atribuíu a compra o bipartito, cando en realidade os mercara Feijoo, pero a verdade, neste e  noutros casos, é a primeira víctima.

          Agora comprendo porque aquela obsesión de Feijoo de saber con que presuposto contaba cada Consellería; non era para gobernar, porque aínda non fixo nada despois de cen días de goberno, era para saber con canto dispoñía para idennizar pola anulación de contratos firmes, e para as operacións de propaganda.

          Noutros episodios, tristemente famosos, como 11M, utilizaron tódolos medios de propaganda, escritos, visuais, sonoros, manipulación de asociacións, etc, pra inculpar a outros, hasta que os Tribunais  de Xustiza lles desmontaron, un a un, o tinglado.

          Por poñer un exemplo das súas manipulacións, os dependentes, os que usou na campaña electoral, tenos esquecidos, e non protestan, os opositores, os que lles cambiou as regras do xogo, en pleno partido, tampouco, etc, etc.

         !Hai que ver o que fan uns medios de comunicación ben usados e engraxados!