Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2009.

DESFACENDO O PAIS en cen dias

20090801113041-03.jpg

 

         Feijoo errou o camiño, por querer face-lo contrario do lema: facendo pais. Encargoulle a varias brigadas que recorreran o pais derrubando todo o costruido; estas brigadas seguen tanto o pe da letra o que o xefe guiñol lles ordenou, que non solo derruban o construído polo bipartito, senón que tamén usan a piqueta coas obras da era Fraga; claro, para algúns Fraga era un perigoso demócrata, comunista e separatista.

          Será que a invisible man que o manexa ten un guión que non coñecemos, pero que intuímos, e que a praga de asesores non está a altura dos bonsais. De calquera xeito, a unha persoa que se cree en posesión da verdade, ningún informe o vai a frear. Tamén pra que asesorar de algo que sabes que non van a facer caso e, te vas buscar o cualificativo de dubidoso, de ser un infiltrado; mellor facer un informe que lle dean a razón.

          Xa non é que Feijoo non teña capacidade pra gobernar, o mellor é que non lle deixan facelo; outro, houbérase marchado para casa; por moi vaidoso que sexa e que viva nunha fantasía, sabe que o único que fixo foi destruí-lo feito, sen facer nada novo. En política, non teño coñecemento de que alguén deixara a teta e se fora para súa casa, a menos co chimparan.

          Ten compañeiros de viaxe, ademais dos que ten na sombra, que dan medo o mais destemido. Galicia Monolingüe chama o boicotear as normas legais que non sexan do seu agrado. Antes esto sería incitación á violencia, o socava-la convivencia e o que infrinxía as leis era un delincuente, agora, dun ou doutro xeito, se non participa no poder, anda o seu carón.     

 

          -Intentarei responder ós comentarios que fagais. Si queredes, faremos entre todos un blog  interactivo; así será mais entretido.

 

           Hoxe farei un breve comentario, a modo de engadido, a petición dunha lectora, sobre da consulta do galego, é unha simple opinión; trátase de dicir o que xa dixen: Ha nade se lle ocurriría facer unha enquisa sobre algo que hai que facer, e o que hai que facer co galego ven no Estatuto de Autonomía: o malo non esta no resultado, senón na enquisa mesma. Qué pasa con  ese 40% de abstención no ensino público. ¿É o ensino privado é o que vai marcar a dirección da Consellería?. ¿Alguén cree na honestidade e limpeza do proceso?. ¿alguén cree que os paxaros maman?. Ningún goberno, ningún, dende que se inventou o sistema, convocou un referendo pra perdelo. Outro día falaremos delo.

Etiquetas: , , ,

01/08/2009 11:31 mmarcos #. Politica Hay 11 comentarios.

O NEN@ XA NAEU

20090803102009-getattachment-1-.aspx.jpg

          Foi un parto difícil, unha criatura mal enxendrada, cunha crianza que vai ter moitos problemas, pero xa temos o resultado da enquisa.

          O obxectivo último de Feijoo é efectuar un adestramento ideolóxico dos cidadáns; unha segunda castra e doma de Galicia e se para elo hai que crear un enfrontamento entre os cidadáns, faise; no vai reparar en medios.

          Pra min, a enquisa foi un despropósito, que non se lle ocurriría, nin o que asou a manteiga nun garabullo. Se lle engadimos o apoio mediático, a participación da maioría do PP no apoio á campaña, a punta do iceberg de Galicia Monolingüe, os cartos que gastou a Xunta no enxendro;  o mirar pra outro lado das Institucións oficiais da cultura, etc,  o asunto adquiriu unhas proporcións dantescas, non polo tamaño, senón polas consecuencias e os medios empregados.

          Este goberno paga os favores, e o apoio do ensino privado á enquisa, traerá consecuencias, nade fai nada porque si; non vai ser coma o caso de Viriato, cando os romanos lle dixeron os seus asasinos que Roma non paga a traidores.

          Moitas escolas unitarias non teñen material, suplen as carencias coa imaxinación dos docentes, pero pra Galicia Monolingüe houbo unha escandalosa subvención. A mesma Consellería non escatimou medios económicos e persuasivos.

          Pros que aínda defenden a enquisa, malia o que choveu,  teñen que saber que se fixo sen ningunha garantía de obxectividade, cun fin determinado, co único obxecto  de que lle ratificaran unha decisión que  xa a tiñan tomada. Unha coña

          Si aínda hai alguén  que cree na limpeza de accións do PP, basta recorda-la precampaña electoral, seguro que cree tamén o conto de Caperucita; de sobra sabemos que estando quen está por medio, e tendo de Presidente a Feijoo como garante do proceso, a chapuza estaba servida.

         O PPdeg  fixo da mentira e da manipulación unha conducta habitual nos últimos tempos, o que pon en dúbida o resultado, que se deberon desviar tanto  das súas expectativas que os obrigou a un maquillaxe dos datados da enquisa; por eso dubido que  sexan reais; o que se ratifica co feito de que, nin o Conselleiro de Educación, nin Feijoo, asistiron  a   súa presentación.

          Castelao dicía que cando un galego deixa de falar galego, xa non é galego, pero eso non o converte e castelán. Nese limbo no que se atopan os negadores do noso idioma son obxecto das burlas coma as que fixo a FAES,  que no apoio á campaña contra do galego burlábase do acento da súa xente, pero os de Galicia Monolingüe son xente que precisa un maltrato do seu amo mesetario, e seguen poñendo o lombo, e non son solo son negadores do galego, senón que non  teñen conciencia da súa  rediliculización.

          Cando armaron aquela asonada cívica en Santiago, trouxeron xente de fora de Galicia, pra armar ruído contra do bipartito.    

          Tódolos que vivimos en Galicia temos o dereito e o deber de coñece-lo galego; ademais da obriga legal, é un xeito de coexiona-la sociedade civil..

        A enorme fenda que Feijoo está a producir en Galicia, na súa convivencia, co tema do idioma,  non é doado de comprender. A FAES e Feijoo, cos monaguillos que se lles unen, retrotráenos ós tempos de segunda república.

        A actitude cívica, sen baixa-la cerviz, dos asistentes o acto celebrado en Vigo, ó que asistiu Feijoo, que con pegatinas e outras enseñas, fixeron pública a defensa do Galego, fai pensar co pais aínda está vivo e confírmao a enquisa.

        Non solo falamos o Galego porque nos peta, como diría ó poeta de Celanova, tamén porque é a nosa lingua e nade nos vai quitalo que é noso.

Etiquetas: , , , ,

03/08/2009 10:20 mmarcos #. Administración Hay 10 comentarios.

ECONOMIA ESCURA

20090804104837-roland-ante-lto.jpg

 

          O apago informativo abrangue, non solo á Consellería do Medio Rural, senón a tódalas areas da Administración Autonómica; é unha maneira de facer política do goberno Feijoo, que responde o seu concepto da política e dos administrados. Para eles a Política e algo moi privado, de iniciados, dun grupo moi selecto; os administrados, os cidadáns, os súbditos como gustan eles, o gran público non ten porque saber nada; o que lle interese o poder que se saiba, filtrarase en coidadas doses, cunha orientación propagandística, eliminando, así, toda percepción  negativa; si ademais se conta cunha oposición que non crea problemas asunto resolto; e se a oposición  fai algunha incómoda pregunta no Parlamento, sóltanlle o axeitado parlamentario pra que os cale a berros, non a razóns.

          Debe ser que en cada momento político hai un Parlamento axeitado a ese momento. No que oímos, os parlamentarios non son de alto nivel, !pero hai que ver como berran! E que disparates dicen; todo por gañar puntos.

          O Igape, (Instituto Galego de Promoción Económica), dependente da Consellería de Economía, segundo algúns está a consolidar redes clientelares e a pagar favores, en lugar de axudar ó tecido económico do pais e a impulsa-lo desenrolo e a creación de novos proxectos.

          Nestes momentos de dificultades económicas, a necesidade de marcar unhas prioridades claras, pra asignar uns recursos escasos as moitas necesidades que hai son maiores, pero parece que as prioridades comezan por quenes axudaron a gaña-las eleccións.

          Descoñécense os proxectos, o deseño da política do organismo, (IGAPE), qué é o que fai, pra onde vai; todo queda non compadreo pouco claro, e a economía o que quere é as cousas claras, sen incertidumbres, sen política de amigos.

           As dúas caixas galegas están en perigo, non porque poidan ser insolventes, senón porque Caja Madrid, e outra Caixa dunha autonomía gobernada tamén polo PP, queren consolida-los seus dominios en Galicia e facerlle fronte a outra entidade financeira. É, fundamentalmente, unha estratexia política deseñada dende Xénova. En economía as estratexias políticas a veces dan moi malos resultados, e deso xa temos antecedentes. A economía debe moverse fundamentalmente por criterios económicos. Xa que vivimos nun pais de libre mercado  hai que deixalo funcionar, e non usar esa filosofía económica solo cando a uns políticos miopes lles interese, curiosamente, pra alterar as regras do mercado no ámbito interno do propio estado. Nade pode ignorar o papel que xogan as caixa na economía galega; tampouco que o PP manda moito en Caja Madrid. Parece que, das dúas caixas, Caixa Galicia, que  o nega, mantén un idilio serio con Caja Madrid e outra mais. Pode segui-lo camiño de Fenosa, e deste xeito, ademais de que Galicia quedaría economicamente tocada, A Coruña, sentiría como unha tras doutra, as súas empresas emigran, e a cidade converterase nun cementerio de vivos con glamour; eso si, quédalle Galicia Monolingüe e Negreira. Rajoy e Montoro, aplauden o evento, Feijoo, que de economía debe ter a mesma idea que teño eu de capar grilos, non sabe, nin contesta. Sabendo que é un home obediente, sen criterio propio, o resultado vese vir.

          Outro feito preocupante é que, as  axudas pra incentiva-la venda de coches que prometeu a Xunta, seguen o ritmo normal da acción  de goberno da Xunta, e dicir, parálises total. O IGAPE que ten que conceder as axudas, ten outras prioridades; primeiro páganse os favores, se sobra algo xa se verá.

Etiquetas: , , , , ,

04/08/2009 10:50 mmarcos #. sin tema Hay 12 comentarios.

SEN HONRA E SEN CARTOS

20090805112249-homer-simpson.jpg

 

 

 

          Aínda que se concibe como unha frase quixotesca, que reflexaría un modo de ser tópico español; foi pronunciada polo almirante Méndez Núñez no sitio do Callao: mais vale honra sen barcos, que barcos sen honra. Anos despois, outro galego, asignaría un acordo financeiro co Estado, absténdose, E dicir, sen opoñer un pero, sen discusión algunha asinou o que lle deron, perdendo case catro centésimas porcentuais na financiación que Galicia viña percibindo; é dicir, si antes éramos pobres, agora serémolo mais.

          Pra Feijoo é mais importante Xénova que Galicia; mais ben Galicia pral el é un accidente xeográfico, na que puxo as pousadeiras, con seres nados pra ser mandados,  que non lles importa que mexen por eles; o mellor algún día esperta  do soño e atópase coa realidade, porque as súas mentiras  foron descubertas.

          Volver de Madrid pra el non é nada novo, vota aló dous días da semana, “traballa” na Xunta tres. Por min podíase quedar aló. Esa case metade da semana, que non está en Galicia, pagámoslla os galegos; estanos estafando. Cando vólveo de asina-lo acordo de financiación veu sen cartos e sen honra, pero obedecendo, o cal me carga de razón pra pensar que Feijoo é solo un Guiñol, é que outros manexan os fíos.

          O modelo de finanzamento podíase considerar pechado, desde o momento en que o goberno do Estado e Cataluña chegaron a un acordo. Madrid e Valencia, malia ser autonomías gobernadas polo PP, tamén lles favorecen os parámetros aplicados a Cataluña, polo que o PP deu orde de absterse. Madrid ten os maiores ingresos por autonomía, non porque xenere mais riqueza, como o caso de Cataluña, senón porque as grandes empresas do Estado teñen a sede social en Madrid, e alí pagan os impostos, aínda que a actividade económica se realice fora da Comunidade.

          O concerto vasco non é tan histórico; eles remóntase a antes da guerra civil, e era unha reivindicación do PNV, e Aznar concedéullela, porque precisaba os votos do PNV. El primeiro, España despois. Con  Cataluña pasa algo parecido e o PSOE claudicou pra conserva-lo apoio parlamentario. De tódolos xeitos a financiación non acada o nivel de privilexio do  Pais Vasco.

          A Navarra, Franco concedeulle un privilexio financeiro, polo apoio que lle deu na guerra civil, co que seguen, moi caladiños pra que non se acorden deles.

          Volver sen cartos e sen honra,  sabendo que nin os compañeiros do partido te respetan, que ninguen quere alianzas estratéxicas contigo, que eres menos que nada, ten que ser frustrante; por eso necesita de desatinadas accións de goberno que o  reafirmen como autoridade. 

         En política, as persoas obedientes e manexables, coma el, teñen futuro; ter pensamentos propios pódete converter en perigoso, pero eso nunca lle vai ocorrer a  Feijoo; ademais, ser intelixente non é un mérito.   

Etiquetas: , , , ,

05/08/2009 11:24 mmarcos #. Politica Hay 3 comentarios.

GOBERNAR DE CU

20090806095229-bigculobacday2009.jpg

 

 

 

 

          Gobernar de cu, ou  de recú, non é o mesmo que gobernar co cu, aínda que vendo o que se ve, non é doado saber cando se trata dunha cousa ou   da outra.

          Pros que gobernan o importante non é o resultado da súa xestión, o importante é parecer que fan algo.

          Cando  o negocio este da Xunta se estaba a poñer en marcha, e  San Caetano aínda estaba baleiro, alguén ordenou que permaneceran acendidas tódalas luces, e unha gran bandeira de Galicia estaba izada no alto do edificio; dicía que así a xente tiña a percepción de que se traballaba.

          O Executivo da Xunta vai de recú, goberna de costas o pais, mirando sempre o que fixeron os que os precederon, pra eles desfacelo; pode que sexa unha voa táctica política a corto prazo, pero o ir de cu, non se sabe pra onde camiña, nin a onde dirixe os seus incertos pasos.

          Gobernando de cu, non se ven os problemas, e nalgún momento terán que da-la volta e camiñar de fronte e atoparanse cos moitos problemas que hai, xa non poderán esconde-la súa incompetencia, votándolle a culpa a outros.

          O malo será si aínda que dean a volta, e xa   non camiñen de cu, gobernarán co cu. Visto o visto,  eso é o mais probable.

          O tempo perdido é malo de recuperar, pero si a eso lle engadimos unha involución que nos achegue o home de Cromañón, terémolo mais difícil. Feijoo despedaza o pais, xa anunciou que ía anula-lo concurso eólico, que era o único que lle quedaba. Os adxudicatarios xa se fretan as mans, facendo contas do que lles toca de indemnización, sen haber invertido un euro.

          Veredes dentro duns días a Feijoo superarse a si mesmo.

           Do prometido na campaña electoral, nada, de nada.

          Vai nevar moito, pasaremos moito frío nesta etapa de xeos, de nos depende que o paréntese dure pouco.    

Etiquetas: , , , ,

06/08/2009 09:52 mmarcos #. Administración Hay 9 comentarios.

AS CAIXAS A DEBATE

20090807095045-ahorro.jpg

 

 

          As caixas carecen de ánimo de lucro, dan servicios a poboacións dispersas, moi importante en Galicia, acceso o crédito, captando a metade, ou mais, do aforro. Calaron tan fondo que, de non existir habería que inventalas.

          O apoio á investigación, a sanidade, o desenrolo, asistencia social, a cultura, etc, son parte dos seus fins e razón de ser.

          A politización dos Consellos de Administración é a nota mais negativa das Caixas. Coa pretendida absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid, tal como se proxecta, sería un deseño político do PP. 

          Os líderes políticos amosaron unha sospeitosa unanimidade, defendendo a autonomía de Caixa Galicia, que nos produce, mais que tranquilidade, desconcerto.

          O PP foi quen deseñou o plan, nembargantes, algunhos líderes autonómicos saen defendendo a necesidade dun grupo financeiro galego. Logo do que dixo Feijoo, e repetiuno, de que non tiña un  criterio sobre o asunto, e que en oito meses terían un informe, (pra autosia, supoño), a luz fáiselle, e sae dicindo que non autorizará a absorción, !flipante!.

          A vontade política é importante, tamén  a decisión do Banco de España; pero Galicia non pode permitirse que a deixen sen un instrumento financeiro para o seu desenrolo, e entrar na guerra que monta o PP con outros territorios do Estado; é a súa guerra, que a libren Montoro e Rajoy.

          Caja Madrid, ademais de estar moi politizada, ten un índice de morosidade moi alto, se tivera menos recursos xa tería quebrado.

          Alguén puxo o exemplo de caixas pequenas, que estaban a punto de quebrar, pero eso no é solo polo seu tamaño; non se poden concentrar riscos, ni estendelos pes fora da manta, o que houbo, sinxelamente, foi unha mala xestión.

          Co gallo do Consello da Xunta do 6-08-09, Feijoo fixo unhas reflexións propias dun gran líder coma el; parecía un tigre de papel. Nade lle vai a impoñer un calendario de fusións das caixas, a competencia é de el, solo de el; vai de sobrado, alucinante. Penso que fala, porque necesita chama-la atención; !que incontinencia verbal a súa!.          Penso que o mais triste e que non sabe o que di. O Conselleiro de Economía seguro que sabe de que vai esto, pra eso é o Conselleiro de Economía e, ademais, está moi ben asesorado. Franco, Franco, eras baixo e pequeno, pero os líderes estes fante grande   

07/08/2009 09:51 mmarcos #. sin tema Hay 10 comentarios.

O CORRUPTO SEMPRE É OUTRO

20090808220939-20090808105344-corrupcion1.jpg

 

 

          Sempre  o corrupto é o veciño,  ninguen sinte que os seus actos sexan corruptos, a razón de que non teñan os actos por corruptos é, nas mais das veces, en carecer de valores morais. Destruír á oposición ou, simplemente, lucrarse, son os casos mais comúns.        

           O PP pretende agora anula-lo concurso eólico pra dárllelo os amigos, hasta aí normal, aínda non construíu nada, todo o que fixo foi desfacer e indemnizar os beneficiarios, con cargo o peto dos galegos, claro.

           O mais parecido a corrupción que atoparon no goberno bipartito foi a Quintana nun iate de invitado. Non foi un feito afortunado, porque non chega con que fora honrado, tamén tiña que parecelo.

          O de Quintana navegando no iate é unha imaxe  nefasta, pero asociala con un acto de corrupción solo o pode facer quen está  cuberto de merda e todo lle cheira; que a sola imaxe do iate   sexa o único que teñen para anula-lo concurso eólico, da idea dos fundamentos xurídicos que se gastan.Vai ser todo un esperpento ve-la anulación e a convocatoria. Por suposto, as indemnizacións pagaranas  cos nosos cartos.

          Encargáronlle a Asesoría Xurídica da Xunta que fixera un informe con argumentos pra tomba-lo concurso eólico. Que papel!; aínda que hai algún que lle pon gañas, menos mal que non é moi bo.

          Pra semana falaremos do concurso. Nos comentarios suxeriron o tema.

          Pra Feijoo a corrupción debe ser o medio esencial de  facer política. Chega con recordar, o nada sospeitoso, e sen ir mais lonxe, o feito de que el, sendo Conselleiro no último goberno de Fraga, e Negreira en Portos, deron numerosos contratos ó grupo Gürtel; que parece correspondeu, segundo un medio de comunicación, coa larga e custosa precampaña de Feijoo.

           Debeu chega-lo momento de pagar favores, porque esa macroconsellería do Territorio e outros negocios, tamén ven de adxudicarlle contratos, sen concorrencia, por mais de dou millóns de euros. Que o Presidente da Comunidade Valenciana o procesen por un  traxe e a Feijoo e Negreira non os molesten, paréceme difícil de explicar.

          Gondomar e tantos outros, sen ter que ir a Palma de Mallorca, nin os detidos pola trama Gürtel,  dan  fe dunha descarada amoralidade na  xestión da Cousa Pública.

          A participación no goberno de Feijoo de persoas que na última etapa da Administración Fraga, deron cuantiosas subvencións ilegais, amosa a moralidade e o camiño que sigue Feijoo. 

          Non tódolos do PP son corruptos, pero son os de moralidade laxa, os que mais medran, e nadan con soltura nas procelosas augas da política.

          A Feijoo dálle moita carraxe que lle recorden a corrupción no último goberno de Fraga. Fraga non era o corrupto, pero el era o vicepresidente.

          Mallorca, Levante, Madrid e Galicia, sen esquecer Canarias, son feudos do PP, nos que a corrupción é moeda corrinte.

           Unha corrupción curiosa, das moitas, é a do Conselleiro de Cultura que se vai a Estocolmo  a entrevistarse coa viúva de Casares; cando ela reside habitualmente en Galicia. Eso é austeridade, hai que ver que ben administra os nosos cartos.

          ¿Será que en Suecia non viron nunca un champiñón? Esto é austeridade, esto é unha administración eficaz.

Etiquetas: , , , , , ,

08/08/2009 10:54 mmarcos #. Politica Hay 8 comentarios.

FEIJOO ATACA OS MUIÑOS DE VENTO

20090810135502-20090810104421-quijote-dibujos.jpg

 

          Feijoo é coma o Quijote, a   súa lanza é o Doga, tampouco é idealista como o Quijote, compórtase, mais ben coma un Sancho, non precisamente en sabiduría e demais, ninguen pode negar que é un home agradecido, bo vasallo.  Agora arremete contra os muíños de vento; son xigantes que tentan plantar nos montes da súa Barataria e que lle recordan un goberno, do que el tenta borra-lo recordo, pra que os seus súbditos se esquezan do pasado  e non esperten do feitizo o que os ten sometidos, e que sigan sumidos nos soños das promesas incumpridas. En serio, non é doado falar do eólico, sen   coller un cabreo. Despois de escoitar a Feijoo, na conferencia de prensa, falar ex catedra, deixa a un tan anestesiado que non sabe que dicir; a min, o primeiro que se me ocorreu é que a roda de prensa era un pesadelo, que non podía ser real.

          No pouco tempo que leva no poder, leva feito moitos disparates, pero agora supérase a si mesmo. Este tipo é un perigo público,  co DO deGalicia o seu alcance, e coa chulería que ten é capaz de calquera cousa.

          Todos esperabamos coñece-los argumentos “legais”,  que esgrimiría pra anula-lo eólico, pero solo dixo vaguidades.

          O mais importante foi que quería restaura-la seguridade xurídica; eso xa solo o podía dicir el, o que a vai vulnerar, e converter a Galicia no único pais do mundo coñecido, (evito dicir civilizado), con inseguridade xurídica. Segundo el, e insistiu moito nelo, sinal de que nin el mesmo o cría, o anterior goberno dictou un  Decreto ilegal, agora dictaría unha norma transparente, tan transparente que non se ve o instigador. O de decreto ilegal decidiuno el, non un Tribunal de Xustiza (para que se quere estando el).

         Pra sortea-las numerosas reclamacións e indemnizacións, van construír unha ficción xurídica, segundo a cal a resolución do concurso non é   definitiva e non poderían instar amparo xudicial; pra que nos lles contradigan o inxenio non solicitaran ningún informe consultivo. Todo esto, á marxe de calquera instigación externa, decidiuse no Consello.

         Esto vai dar lugar á paralización do proceso, a unha cascada de reclamacións xudiciais e a cuantiosas indemnizacións, malia que el diga o contrario. Con ser esto grave hai que ter e conta que cando se encha o cupo asignado as autonomías, outras, que non anden nestes enredos, poderían asumilo o que lle corresponde a Galicia e nós quedar sen nada. Dirá alguén , eso non o vai a permitir Iberdrola e demais beneficiarios presuntos. Estas compañías nos lles importan tanto os kilowatios a adxudicar, coma que outros entren no negocio; son como o can do Hortelano: nin comen, nin deixan comer.

                   Por certo, o abrazo do oso. O Poder do kilowatio estivo na toma de posesión de Feijoo; e menudo abrazo.Si a foto de Quintana no iate  podía ser unha síntoma  de corrupción, esto xa deixa de   ser síntoma.

          Di que a participación da Xunta e os concellos na xestión dos eólicos atenta contra a liberdade de empresa; eso será no seu credo ideolóxico de home de Cromañón.

          O mellor: aplicará un canon pra xeneración eólica; así mentres outras Administracións bonifican as enerxías renovables, el ponlles un canon. !Pra nota!.

          Podíase levar a termo no Parlamento un proceso pra inhabilitalo por inepto e prevaricador, pero xa se cubre as costas pedindo un informe xurídico pra cada caso; así, a quen emporca e a Asesoría Xurídica.

          Sen dicir cales dereitos e normas se vulneraron, arremeteu, cal carneiro, contra do anterior Conselleiro de Industria, porque segundo el non sabe do asunto. A súa sapiencia, a de Feijoo, cheira; así que é doado adiviñar onde a ten e, coa benia dos xuristas, preguntariámoslle cal é a súa razón de ciencia; porque a descoñecemos.

          Esto vai dar moito de si,  estamos no comenzo.

Etiquetas: , , , , , ,

10/08/2009 10:45 mmarcos #. Politica Hay 7 comentarios.

ESCOLA UNITARIA

20090811131324-20090811102745-escuelamixta.jpg

 

 

           Foi cerne   do noso ensino.

          Carmela, nome ficticio, aprobou a oposición de mestra de escola. Como non ten puntos e é das últimas do escalafón  tocoulle unha escola unitaria, nun pobo perdido . No lugar da escola non atopou pousada, e ten medo de vivir sola na casa escola, que está aparta do dos veciños, nun lugar sombrío e cunha arborada que a enche de longas sombras e de ruídos sospeitosos.

           Os pais de Carmela entroulles un desacougo e non quixeron deixala sola no lugar, polo que a nai foi vivir con ela a casa escola namentres non atopaban unha solución.

          Decidiron que o mellor era que vivira na vila, nunha pensión de moi boa sona, e pra desprazarse a escola mercaríanlle un coche; pero Carmela non quería ser unha carga mais pros seus pais; así que decidiu mercar un coche pequeno a prazos. O pai, un urbanitas, vía aquel mundo do rural coma un mundo cheo de perigos e meteulle no coche tódolos aparellos pra sobrevivir naquel mundo; entre eles unha cousa curiosa: unha machada pra corta-las ramas que o aire tirara ó camiño e lle impediran pasar, aquela “extravagancia” de seu pai sacouna de moitos apuros, tamén lle saíron callos nas mans, e uns músculos que parecía unha cammionera.Tiña na escola unha estufa de leña, que alimentaba coa leña que lle traian os  pais dos alumnos.

          Tiña alumnos vestidos con roupa de marca, pero coas orellas sucias.

           Decidiu que tiña  que ensinarlles as nais antes cos alumnos  e  que a hixiene era boa, que os nenos non había que engordalos, senón alimentalos.

           Non tiña material escolar; así que, despois  de mandar varias peticións, as que non obtivo resposta, presentouse na Delegación de Educación; tiña esperanza  de  que o novo Delegado  de Educación fora receptivo as súas demandas; recibiuna  a Inspectora de Zona, que lle entregou unha relación a un ordenanza pra que lle cargara o material no coche. Carmiña marchou moi contenta,  e foi directa pra escola a deixa-lo material.Nada do que lle deran servía, a estrela era un PC que funcionaba, a luz verdosa da pantalla facía xogo cos seus ollos, o sistema operativo era o ms-2, funcionaba con comandos; o resto do material, aínda que non valía pro ensino, podía valer pra un museo.

          O día siguiente informou os pais da burla que lle fixeran,        e decidiu devolve-lo material, acompañada por unha comisión de pais de alumnos. Tirou o material na entrada da Delegación e pediu ser recibidos polo Delegado, pero non os recibiu; atendeunos a Inspectora e díxolle que lle   dera o que tiña; o presuposto reducírase porque os cartos precisábanse pra enquisa do galego.

          Os pais dos alumnos volveron pra casa sen dicir chío; votaran a austeridade e bo goberno, o mesmo que Carmiña, no xornal que había na mesa leron que os cinco colexios segracionistas lles darían de subvención dous mil millóns de euros nos vindeiros catro anos. Non había nada que dicir, nin que falar; estaba todo dito.   

          Os alumnos de Carmiña era candidatos ó sacho, ou  a algo    similar, os colexios segregacionistas eran pra  formar elite. A xunta  solo lle interesaban  cando   tiveran idade de votar

 

Etiquetas: , , , , ,

11/08/2009 10:27 mmarcos #. Administración Hay 9 comentarios.

OS CONSELLOS DA XUNTA

20090812100641-burro-pic.jpg

 

         

          Ídesme permir unha licencia. Como o artigo de hoxe non é moi longo, vou falar dos   asnos; si, dos burros de carga ós que os romanos chamaban cabalos pequenos; pero vos sodes libres de pensa-lo que  queirais, diredes que burros hai moitos: Eu o meu, xa  se citan na biblia, unha vaca e un  asno están no pesebre, tamén foi un ser mitolóxico; en Roma, polas dimensións do   seu falo foi consagrado a priamo; estivo presente na literatura, pero hoxe está en  extinción,  case. É posible que muten pra adaptarse, que se creen granxas, etc ; sempre haberá burros

          A xunta non se dedica a dar consellos; mellor que non o faga. Eu referíame a eses conclaves que celebran unha vez á semana, nos que os acordos se toman por aclamación; o presidente propón, e os membros do Consello aclaman. Fai bonito un Consello no que non hai disentimentos, non coma no goberno anterior, onde disentían, discutían, e logo tiñan que votar. Claro pra eso hai que escoller a Conselleiros, que saiban estar caladiños e obedecer e, sobretodo, que non pensen, pensar é malo. Xa pensaran os que lle dan as ordes ó líder.

          Pra prestar asentimento calquera cova bale, debe hasta  escura e sen ventilación; así a presencia do líder é mais notoria i é meirande a intimidade.

          A sala de San Caetano é demasiado sofisticada.  A verdade e que aí a Méndez Romeu, fóiselle a man; cecais non entendía eso da transitoriedade e a brevidade da vida.

          Houbo  un correspondente que protestaba polos locais indignos que lle asignaran á  prensa; un pouco de razón tiña. Unha vez que arranxaron aquel cuchitril, xunto coa sala do Consello, comezou a largar e a criticar, as súas accedas columnas non parecían súas, as mais das veces non lle faltaba razón, pero deixaba notar que era un xornalista por encargo, case nunca de opinión independente, que deixaba en mal lugar á profesión. Conclusión: pasarse non é bo.

Etiquetas: , , , , ,

12/08/2009 10:08 mmarcos #. Politica No hay comentarios. Comentar.

PROMESAS QUE SE ESQUECERON

20090813104430-getattachment.jpg

 

          Na longa precamapaña que padecemos, Feijoo prometeu de todo, solo lle faltou prometer noivo ás solteironas. Dicía que o bipartito practicaba o nepotismo; el agora non anda polas ramas, practica directamente o escurantismo é a corrupción.  No mes en que estamos, case tódolos organismos están a medio gas, o que non esta pechado; aproveitou esta circunstancia pra adxudicar contratos a dedo e publica-las convocatorias no Boletín da Unión Europea. Estas convocatorias non se publicaron no Doga. Por moi ben pensados que queiramos ser, o asunto solta tal tufo e é tan manifesta a intención de limita-la concorrencia, que fai banal  intentar maquilla-lo proceso. A Corrupción non solo se supón que, a mais, quérenos tratar de estúpidos. Pregúntote, si alguén en Letonia terá intres en participar no concurso pra adxudicarse o comedor do Colexio da Cañiza, poñamos por caso.  Está ben eso de publica-lo no Boletín da Unión Europea, pero o DOG é o boletín da comunidade, e os concursos que convoca a comunidade deben publicarse nel, pra eso está: os concursos, ademais de ilegais, por falta de publicidade legal, son o reflexo dun xeito de gobernar. Favorecer solo os amigos, ese é o asunto.

          A consellería de Educación, cos Colexios, e a de Traballo coas Residencias da Terceira Idade, son as que mais contratos outorgaron, Pero tódalas Consellerías practicaron a mesma política. Sería un motivo mais que xustificado pra pedi-la xuntanza da Deputación Permanente do Parlamento.

          Os parlamentarios do PSOE e os do BNG  non farán tal cousa; non van perder un día de praia ou de parranda, por algo que lle afecta o pais, eles seguen cobrando igual; despois non comprenden porque os electores lles volven as costas.

          Moito prometeu da aplicación da Lei da Dependencia, que se saiba está, igual que todo, paralizada; pero o mais gracioso é que Teresa Táboas, mencionou o tema, e xa saíu unha deputada do PP, ladrando como se estivera rabiosa ,xa se sabe canto mais baixo é o perfil, mais ruido, e votándolle a culpa de todo, como non, o goberno anterior. Eu pensei, inocente de min, na promesa electoral que fixeran: eles ían arranxa-lo todo.

          O que non entendo é como alguén se presta a protagoniza-lo vídeo que fixo o PP sobre a dependencia. É de moi mal gusto utilizar un dependente pra facer ese lixo. A min danme náuseas.

           Estou contando as promesas incumpridas polo tecnócrata; contei polos dedos das mans, logo as dedas dos pes, e non me chegaron; eso si, sobráronme dedos cando contei as obras feitas.  Se fan algo, primeiro encáranlle un informe a un amigo, e logo danlle a obra a outro amigo, que non ten porque ser necesariamente da trama gürtel.  

           

Etiquetas: , , ,

13/08/2009 10:45 mmarcos #. Politica Hay 6 comentarios.

A ADMINISTRACION LOCAL

20090814101902-84-8192-343-5.jpg

 

         Coa creación  das Superdelegacións da Xunta, houbera sido un bo momento para facer unha fonda e necesaria reforma na administración; o malo é que temos un Presidente que non   ten capacidade, nin independencia pra meter a  Galicia  no século  XXI, e o único que se lle ocurreu foi crear esas Superdelegacións. Efectos: incrementase a burocracia, mais gastos, ningún servicio, pero contrólase dende San Caetano, a través delas, a Administración Periférica da Xunta.

          Os órganos administrativos proliferan como setas. Nun nivel inferior a Xunta hai: comarcas, fundacións, agrupacións, areas , etc; un verdadeiro bosque administrativo, plantado sobre o lombo dos galegos, que teñen que soster unha enmarañada burocracia.

          O lóxico sería suprimir dunha vez estes órganos e articular unha administración local axeitada para este século.

          Despois de escoitar a Feijoo, na reunión cos presidentes das deputacións, falar do seu proxecto; comprendemos que, o que non ten e proxecto, funciona a  golpe de presións e intereses.

          Si quen ten que gobernar, carece de capacidade e non ten ideas, se é a primeira flor dun xardín de bonsais; non podemos esperar que sexan precisamente os órganos a suprimir, nunha posible reforma, os que se eliminen de seu, pra dar paso a unha organización administrativa austera, e que responda ás necesidades sociais do momento.

          O Presidente da Deputación de Lugo. Deu signos de ter un pouco de siso; pois segundo el non consiste en agranda-las Deputacións con mais competencias e mais financiación, non se trata de votar mais peso enriba das costas dos administrados, senón de optimiza-los recursos que teñen, no lado contrario está o Presidente da Deputación de Pontevedra, que quere mais de todo, sen saber pra que.

          Tanto o POSOE como o PP intentaron blinda-las Deputacións e que foran unhas entidades territoriais eternas, déronlles un recoñecemento constitucional; así, nun ou noutro territorio, (Cada partido tiña o dominio dunha parte de España), controlaban as redes clientelares.

          As Deputacións responden a un concepto de división territorial do Estado, unha división artificial, que co paso dos anos, logo de mais de dous séculos, adquire certa carta de natureza.

          Distintas son as estructuras territoriais seculares  coma a parroquia, que Fariña Jamardo  remitía as súas orixes ás Citanias celtas, nas que se asentou a Igresia, pasando a chamarse parroquias.

          A división territorial ideada por Javier de Burgos, fíxose dende Madrid, sen ter en conta a realidade do territorio; por eso temos hoxe un Bierzo, unha Sanabria e un occidente de Asturias; chamándolle algúns a estes territorios “terra irredenta”, Pero vexámolo como simple feito histórico e non caiamos na tentación de reclamalos, que por moi romántico que fora, tamén o podían entender como un  afán imperialista, e si aínda non defendemos o  que temos, non é cousa de meterse en mais lerias.

          Os Concellos necesitan dunha urxente reordenación  do  territorio, pra optimiza-los recursos e prestar uns servicios axeitados. Si queremos facer algo mais que deixar cos concellos sobrevivan esmorecendo lentamente,  temos que pensar en reducir drasticamente o número de concellos.

          A integración da Administración local na  autonómica e a súa reordenación  territorial, terá moitos inimigos, non solo dende o plano político, que se eliminarían concelleiros, deputados, alcaldes, etc, senón dende o propio funcionariado local, que o equipara-los ós da Administración Autonómica verían  diminuídos os seus ingresos.

14/08/2009 10:19 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

A NEGACION DA DEMOCRACIA

20090815175019-20090815111223-dictadura-democracia.gif

 

          Si queremos comprende-la actitude do PP, temos que facelo partindo da base de que non é un partido que  cree na democracia, polo menos a meirande parte dos seus órganos de goberno; incluso a súa filosofía, tanto de goberno, como de oposición, é a típica dun partido que está no sistema a desgusto.

          Eu sempre pensei que o da corrupción  e o da trama Gürtel  eran episodios, que se podían   dar en calquera partido, pero a entrada en tromba dos máximos responsables do partido, acusando a policías, fiscais, xuíces e goberno, fai espertar a un do soño e pono no camiño da cruda realidade; a eso é o que nos inducen as intervencións de Cospedal, Rajoy, Arenas, etc, a unha corrupción institucional, que salpica a estructura do partido.

          Sempre se poñen de víctimas, apelan a inventarse tramas organizadas na súa contra, todo pra esconde-la corrupción e o amíguesmo.

          Dentro do PP hai xente que cree e vive a democracia, pero os responsables da estructura do partido e organizacións e persoeiros con pedigree do antigo réxime, impoñen o seu pensamento e modos.

          Non creo que cheguemos a que se fagan festas como as de Berlusconi, aínda que o PP chegue ó poder, porque ese é un personaxe único, pero estase a leva-la política por un camiño moi parecido.

          Non sei si esta xente cree na democracia, na división de poderes e no estado de dereito, semella que non: amosa unha incrible coincidencia cos batasunos e están ó borde de que se lles aplique a Lei de Partidos; non sería nada disparado promover a súa ilegalización, así podería xurdir unha dereita democrática semellante ás europeas.  Mentres en Galicia sigamos a ser a reserva material  da reserva espiritual da ultradereita española, temos un futuro moi negro.

 

 

 

 

Etiquetas: , , , ,

15/08/2009 11:12 mmarcos #. Politica No hay comentarios. Comentar.

SEGREGACION NAS AULAS

20090816110354-educacionmixta.jpg

Si é polo Opus, Galicia Monolingüe e  da actual Xunta, non veremos mais unha imaxe coma a da viñeta. O resultado da enquisa sobre a lingua non foi o esperado por Feijoo e agora tentan arranxalo, contentando ós colexios privados, variando os criterios de admisibilidade.

A separación por razón de idioma foi o primeiro que se lles ocorreu, pero eso íalles a resultar mais caro e non querían meterse en mais gastos. Están discurrindo a implantación de novos criterios de admisión nos colexios privados, que lles permitan escolle-los alumnos. Son centros privados, pero financiados, non cos cartos de Feijoo, senón cos cartos de todos nos. Si xa sería inadmisible varia-los criterios de admisión en centros privados, pra soslaiar o galego,  a segregación por lingua, non mesmo centro é inviable e sería unha barbaridade pedagóxica: pero nada é imposible pra Feijoo; solucionado o asunto cos colexios privados, logo do asesoramento dos radicais de Galicia Monolingüe, os públicos, que serían como un caixón de xastre, recollerían todo o que os privados rexeiten.

A alteración  dos criterios de admisión, non s pode facer establecendo unha diferencia  de criterio entre público é concertado. A Consellería pretende impor tantas trabas ó galego, e desprestixialo tanto, que os pais opten unicamente polo castelán.

 Feijoo é tan cínico, que é capaz de dicir que o invento da persecución do galego  e a segregación é porque Castelao llo dixo, non porque llo ordene Galicia Monolingüe.  Si un colexio concertado non ofrece galego e os criterios de admisión son distintos dun público, non pode ser financiado con fondos públicos. Espero que os sindicatos do ensino estean ó loro.

16/08/2009 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DIA DE GALICIA MARTIR

20090817103504-aboveda.jpg

 

          O 17 de agosto do 1936, foi fusilado na Caeira (Pontevedra), Alexandre Bóveda. Levaba un tempo detido, pero os fascistas de Pontevedra eran moi mirados e non querían estropea-las festas da Peregrina, polo que  non o  fusilaron ata que as festas remataron.

          Pros que non coñezan o sitio, direilles que a Caeira e un lugar perteneciente o concello  de Poio. Situada ó outro lado da ría, fronte a Pontevedra, á que está unida pola ponte da Barca.

          Naquel tempo a Caeira era medio monte; hoxe non queda rastro daquel feito; a Caira está totalmente urbanizada e, incluso, o eucalipto contra  o que o fusilaron cortárono, ó pouco dos feitos  pra non deixar rastro. Hoxe hai un sinxelo recordo, a modo de monumento, no lugar; é un monumento sinxelo, sinxelo como era el, pra recordar a un home tan grande, non se precisan mais monumentos que a súa obra.

          Os restos mortais de Alexandro Bóveda descansan no camposanto de San Mauro, en Pontevedra. Os 17 de agosto celébrase un acto de memoria fronte a súa tumba.

          Pros que fan lembranza  daquel 17 de agosto, non solo é o recordo do pasamento de Bóveda, é o día de Galicia Mártir, (que empregou por primeira vez Castelao) dedicado a tódolos que sufriron e deron a súa vida por Galicia.

          Castelao, cando se enterou, no exilio, do fusilamento de Alexandre Bóveda, pronunciou aquela frase: “non enterran cadáveres, enterran semente”.

         Bóveda naceu no seo dunha modesta familia de Ourense, estudiou peritaxe Mercantil, destacou como opositor do Ministerio de Facenda,  ofrecéronlle ir pra Madrid pero, por morriña, ou polo que fora, quedou en Galicia, nunhas segundas oposicións, tamén sacou praza e esta vez cólleo destino na Delegación de Facenda de Pontevedra, onde foi xefe de contabilidade. O meu modo de ver, destacou mais como persoa e como técnico, que coma político.

          No plano político, participou en tertulias que se celebraban nun café, situado cerca da Delegación de Facenda; tamén escribiu en revistas, dende a súa época de estudiante. Colaborou na redacción do estatuto; a parte facendística foi obra súa.

          Pros seus compañeiros da Delegación de Facenda era un membro moi querido daquela familia de funcionarios, e o seu recordo permaneceu nos seus corazóns.

          Foi o primeiro presidente da Caixa Provincial de Pontevedra. Daquela, no nacemento da Institución, primábanse os  criterios técnicos. Foi a Cataluña e o Pais Vasco pra coñece-lo funcionamento alí das  Caixa de Aforros

          Encargáranlle, na súa condición de técnico en facenda, unha distribución, a nivel provincial, da contribución; aquelo tróuxolle moitas enemistades. A súa morte foi unha vinganza cruel e ruín.

           Un garda da prisión aconséllolle que fuxira, pero el non quixo; tiña a conciencia limpa e pensaba que non  lle iba pasar nada; pero pasoulle, igual que a moitos inocentes.

          O noso recordo e agradecemento, non solo a Alexandre Bóveda, senón, a tódolos  bos e xenerosos.

17/08/2009 10:35 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

PERLAS SOLTAS

20090818101756-tulips.jpg

 

           O Bipartito é culpable do actual problema do galego, segundo dixo unha política do PP, eu pensei que os problemas crearos a Xunta de Feijoo, pero parece que non; o mellor na súa pelica ten razón; si o bipartito xa  tivera erradicado o galego, agora xa a xente do glorioso imperio non tiña esa area amolándoos no zapato.  

           O Conselleiro de medio rural informou, redondeando o que xa dixera o Director Xeral de Montes, que o actual goberno mellorou o sistema  contraincendios e culpou o bipartito de falta de organización e previsión. A auténtica verdade e  que viñeron dous días de verán e xa se cagan pola pata abaixo de medo.

          A Consellería de Sanidade que inventa o que sexa pra xustificar  unha privatización do servicio, elimina as consultas de tarde e non sustitue, na súa totalidade, á xente que toma vacacións. Que non digan que a muller non é efectiva, suprime as consultas de tarde e dálles vacacións as doenzas. A culpa é do bipartito, xa tíñamos doenzas abondo e inventan a gripe A.

          O conselleiro ese de tantas cousas, aínda que non deu unha conferencia de prensa mediante un vídeo gravado, (como Arenas), diante duns xornalistas controlados, informoulles de novos  e urxentes investimentos en Sogama, que tería que ter feito o bipartito, por suposto. Todo pra que non se falase da queima incontrolada de medicamentos, as emisións á atmosfera e o modelo e xestión.

          A construcción será o paradigma da desregularización, non se deben poñer trabas as ganancias doadas.

          A Cidade da Cultura traga millóns de euros, e o malo é que non se lle ve o fin, nin o final;  o Conselleiro está desbordado  e non ten ideas, recupera a idea do mausoleo, é o único que ten claro. Fixo algo importante: suprimiu as axudas á traducción, vixentes dende os gobernos Fraga

          Na nova Xunta non hai nepotismo, nin amíguesmo, por solto. O Conselleiro da Presidencia ten as ocorrencias mais peregrinas, aínda que é difícil saber que é o campión. Un parente seu, o mesmo lle fai un informe, un dictame ou unha auditoría; todo o seu gusto.

          A Consellería de Traballo, (aínda que non se traballe, nin haxa traballo); ten un xeito de interpreta-las estatísticas curioso: Si algo mellora o mérito é da Xunta, se empeora a culpa é de Zapatero.

            En Pesca, ademais de suprimi-los proxectos de seguridade pros mariñeiros, permitirase a construcción de piscifactorías onde queiran os interesados, especialmente Pescanova; esta, aínda que sexa en rede natura. Rescatouse un proxecto de López Viga, que fora anulado por sentencia xudicial.

         O de Industria, por entusiasta, encárgase de cargarse o eólico. Os muíños de vento iran onde lle pete a Iberdrola non hai rede natura, nin participación pros afectados.

          Iberdrola xa se posiciona: paralizou o proxecto das Somozas. É unha coartada que lle quere ofrecer a Feijoo.

          Os concesonariios de automóbiles non reciben as axudas prometidas pola Xunta.; ó mellor é  la Junta.

          Pero o que xa pon a guinda é o de Educación: contratos a dedo, acorralamento ó ensino público, protagonismo de interese privados, etc.

          “Un fermoso xardín bonsai.”

Etiquetas: , , , ,

18/08/2009 10:17 mmarcos #. Politica Hay 4 comentarios.

O CABALEIRO DE BARATARIA

20090819105133-cabaleiro2.gif

 

 

          Os seus acólitos fan un panexírico e loan o cabaleiro, que envolto na súa capa de branco armiño, pero é un cabaleiro de xoguete, que volve pra súa mansión de Monte Pío, logo de arremeter, lanza en ristre, contra dos muíños de vento, que o ignorante Blanco, (ignorante segundo el), autorizara plantar nos montes da súa Barataria a xente allea o gran negocio; menos mal que o tíñamos a el pra defendelos magnates das finanzas, os que lles garantirá negocios rendibles  sen oposición de advenedizos, sen que teñan que comparti-los beneficios coa Xunta, Concellos, gandeiros, conserveiros, Asociacións de veciños, etc.  Pra garda-las aparencias poñeralles un ridículo canon que non chegue o 4%. Tampouco hai que pasarse, diría o do abrazo do oso.

          O novo proxecto de Lei estase a cocer nos fornos de Xénova. Hai moito en xogo e hai que fiar fino, non   se pode confiar en  quen é tan limitado, que nos fai o traballo sucio e vende o seu pais.

          A mais  de dar corda, de non afogalos con impostos, os beneficiarios, que elixiremos nun procedemento legal feito a súa medida, determinarán, eles mesmos o canon que están dispostos a pagar. Pero que nade se chame a engano, quen mando son eu. Si fai falla mirarei pra cámara con cara de carneiro topón, subindo unha cella,  e  direi que o fixen porque eso e o que lle convén o pais.

          O PP culpou o anterior goberno de adxudíca-lo concurso eólico en altamar, e referencia a que Quintana subiu a un yate, que era dun cuñado, don primo dun que tiña unha participación na adxudicación dun parque eólico. A verdade é que Quintana non vale moito pra garda-las aparencias; e esta xente fai munición ata da manteiga.

          Raro, eso amosa que están lentos de reflexos, que nin nas Portavocías Parlamentarias do PSOE, nin do BNG, se insinúe que os concursos eólicos se darán na praza do Obradoiro, lugar do abrazo do oso. 

          Con ser manifesta a relación das grandes empresas co goberno de Feijoo; temos que ter presente que os manexos fanse dende Xénova, e solo lle deixan  a Feijoo liberdade nalgúns asuntillos menudos e domésticos. O mesmo Mariano, dende o seu lugar de vacacións, dixo, sen ningún disimulo, que lle ordenara a Feijoo a anulación do concurso eólico e que estaba contento co fixera.

          O que non ve a botella medio chea é porque non quere; un señor moi entusiasta, pero moi entusiasta, e posiblemente tamén miope, publicou un artigo, no que define a Feijoo como tecnócrata. O artigo con cheiro a naftalina do réxime, trata de que vexamos o moito que fai este gobérnate tecnócrata, o que evita chamar político, palabra maldita no réxime franquista, malia a desfeita que lle deixaron, a crise e os grandes expresos europeos. Sería recomendable o artigo ese pros que precisen moita fibra.

          Seguiremos en vindeiros días.

19/08/2009 11:21 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

SEDUCIDOS POLO LADO ESCURO

20090820101321-worth2.jpg

 

          Dende Touriño  a Gondomar vaise por un invisible vieiro, polo que transitan crédulos políticos, que pensan que contentando a medios económicos e de opinión; estes vanse a poñer da súa parte e vannos apoiar, permitíndolles gañar  espacio electoral.

          A Touriño, si non lle dixeron algo parecido, fixéronllo: os poderes fácticos non pagan a traidores, e déronllo a entender, por pasiva.

          Cando foi da adxudicación do concurso eólico, quíxose congraciar coa Voz de Galicia, facendo seguídesmo das súas campañas mediáticas, e deixándose seducir, o mesmo tempo, por fortes grupos  económicos que vían na adxudicación do eólico unha ameaza pros seus intereses, facendo unha espantada e deixando o BNG solo.

Esta seducción polo lado escuro da política deixou patente, fronte o electorado, unha desorganización no goberno galego, e unha falta e liderazgo, que o pagaron nas furnas ambos partidos.

           Non hai cartos, non había orzamento habilitado, pero La Voz de Galicia e El Faro de Vigo, asignoulles a Consellería da Presidencia unha cuantiosa subvención,  ¿por qué será?.

          Touriño foi víctima das acusación de luxo, etc, dos famosos Audis, que resulta que os mercara Feijoo, e que agora malvende; tamén a montaxe da sala do Consello e a da Prensa. Puido e debeu adianta-las eleccións, segundo lle aconsellaron de Madrid, así houbérase evitado a longa precampaña e os desprestixios na prensa, pensou que contentaría a prensa dándolle a cabeza do BNG, parece que non o logrou;  porque do que se trataba era do goberno.

          Quintana foi desprestixiado con saña, tanto na vida pública como na privada; votado os pes dos leóns por xente da que se fiou. Usaron ós dependentes e agora esquecéronse deles; de súpeto volvéronse invisibles.  A acaparación de cargos, coas conseguintes retribucións, no Parlamento e o apego ó coche oficial, vaino a deixar en mal lugar. Con el o BNG sufriu  unha  sangría de votos nas sucesivas eleccións; en todo caso, el non foi solo o único responsable, se está na mesa do Parlamento, e non é un parlamentario do montón, é por dous razóns: 1ª porque o apoiou o resto do grupo, 2º O seu sentido da responsabilidade non lle impide optar a cargos.

          Nos concellos priman moito criterios personalistas, e algúns concelleiros non se da conta do que teñen entre mans, e o perigo de  conqueri-lo poder collido por atallos e co abrazo do oso.

          Todos dicen persegui-lo transfuguismo, pero están constantemente buscando a concelleiros que se presten a desetabilización, e sempre hai quen se deixa seducir polo lado escuro.

Etiquetas: , , , , ,

20/08/2009 10:16 mmarcos #. Politica Hay 1 comentario.

ACUICULTURA

20090821104228-pcp5-4.gif

 

 

NUNHA LANCHA DE MARÍN

COA PROA DE CARBALLO

NUNHA LANCHA DE MARÍN

COA PROA DE CARBALLO

CATRO RAPACES DA PUEBLA

UI AI AI, UI AI AI

CATRO RAPACES DA PUEBLA

UI AI AI, UI AI AI

ROUBARON UN RODABALLO

 

O PATRÓN QUE ALÍ MANDABA

ERA UN RAPAZ DE MARÍN

ERA UN RAPAZ DE MARÍN

DICÍALLE O RODABALLO

UI AI AI UI AI AI

MOITO MIRAS PARA MIN

MOITO MIRAS PARA MIN

 

FORON A VENDELO A LONXA

FORON A VENDELO A LONXA

E CON MUITO DISIMULO

E QUEN O FOI A MERCARE

UI AI AI UI AI AI

E QUEN O FOI A MERCARE

UI AI AI UI AI AI

A FILLA DO CACHIRULO

 

          Falando de rodaballo, vin unha fotografía da Conselleira    de Pesca ou como se  chame, e uns declaracións súas, que ocupaban moito espacio,; segundo dicía: quere recuperar o proxecto  acuícola de Fraga, anulado por sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Será esto desacato os Tribunais, será prevaricación, qué será: a ignorancia e prepotencia desta xente non ten límite. Facémonos a pregunta: “que foi antes, ¿a galiña ou o ovo?”, “¿a ignorancia ou a prepotencia?” Intentei sabelo que dicía, pero solo saquei en conclusión que Pescanova pode facer o que lle dea a gana, e que teñen intención de  rescata-lo plan Acuícola da era Fraga, pra restaura-la legalidade.

         Despois de leer isto quedei acollonido; na sentencia que anula o plan acuiola de Fraga, o desestima-la demanda  de Pescanova, dice, moi claro que: Pescanova non ten dereito a indemnización algunha porque invoca un plan que é ilegal. Pois ben, non solo pode facer Pescanova o que lle de a gana, senón que aínda pretende indemnizala. Eso sería claramente desacato, malversación e prevaricación, todo xunto. Creo que alguén ten que dar un puñetazo enriba da mesa e poñer coto a as tropelías de esta xente. O de  restaura-la legalidade é unha tomadura de pelo e un insulto á intelixencia, por moi cativa que se teña. Restaura-la legalidade cun plan declarado Ilegal. O Bipartito fixo mal as cousas en materia de pesca. !que cara!, si, !que cara ten!. Pretendía oculta-la sentencia. !que cara mais grande!.

          A verdade é que  non puiden ler mais; tal era o cabreo que collín que tiven que irme a un mundo imaxinario no que non vira rodaballos na illa de Barataria.

          A guinda é a perda dos fondos europeos, a paralización de mais de unha  vintena de proxectos pero,  eso si, sigueu a folla de ruta: deixar terra queimada, !estamos nun novo réxime!.

21/08/2009 10:43 mmarcos #. sin tema Hay 5 comentarios.

GALIÑA AZUL OU GALIÑA FALANXISTA

20090822103423-1-gallina1.jpg

            A gañadora por elección vosa, aínda que por moi pouco. Por suxerencia dun lector do blog, escribirei unha segunda parten. 

            Nos comentarios do sábado hai unha colaboraión moi boa; recomendo a súa lectura,

 

          Un dos misterios xa se solucionou. As Galescolas xa son recordo dun pasado, no que, non se ensinaba, aleccionábanse ideoloxicamente ós nenos, entraban cantado a internacional e o mestre era o camarada X; agora entran en fila, vestidos de corto, separados por sexos, pra que non pequen, co  xugo e as frechas bordadas na camisa, brazo en alto, paso marcial, e cantando o cara el sol; dentro a mestra de pe, sen maquillaxe, peiteada con un moño; o seu carón o crego, cunha gran barriga, cuberto cunha tella e dándolles a man a bicar ós infantes. A sorpresa: dentro da aula hai unha enorme galiña azul. Dixen pra min: “unha galiña falanxista”, !pensaron en todo!.

          Aínda que é un puido ser, todo é posible na illa de Barataria, mais con estes personaxes. Do anterior borrouse ata o nome, e agora non se sabe onde está o ensino das crianzas, ou se todo se reduce a un elecionamento ideolóxico que todo réxime impón. Porque o esencial é que non estamos nunha alternancia democrática, senón nun cambio de réxime.

          Non sabemos o que cobran os herdeiros de Casares polo uso da ocorrencia. O goberno veulle como caída do ceo o da galiña azul; estou seguro que a interpretación da galiña azul era distinta pra Casares.  Ocúltanse outros custes co meirande celo de secreto de estado, solo se sabe que o custe da carteleira sube dos 22.000 euros. ! cantos cartos teñen!.

          Austeridade e bo goberno, era un lema pra gañar votos, mentres tanto a esperar si o pagan do seu patrimonio, ou van a cadea por despilfarro.

         O que mais doe é que se usen os nenos con fins políticos, que impoñan tanta carga ideolóxica no ensino, que se tire co diñeiro, que se faga, en definitiva, o contrario do que se di.

          Preocúpanme os centos de traballadores das que agora chaman escolas infantís, das que o bipartito creou 86 centros en catro anos, mentres que o PP creou 25 e 16 anos de goberno. O seu non son as escolas, porque non pensan volver a ser nenos, tampouco quitar negocio ós centros privados, e os pais que queiran mandar os fillos a estes  centros que o paguen do seu peto.

          Dento dese clima de austeridade que nos vendeu Feijoo, cámbianse os logos a todo, e non é precisamente pra aforrar: cambia-la casiña coa bandeira de Galicia no tellado, pra sustitui-la pola galiña azul, que tamén ten entre as plumas unha bandeira de Galicia, non pode ser alegado que se fai polo motivo de aforro; o que ocorre é que lle ofende a bandeira de Galicia na casiña, nos mandilóns e ata a de San Caetano. Oféndelles a lingua galega, o ser galegos; eiquí si que se vei a man que acanea o berce, que non é outra que as FAES.

          Intentar elimina-la lingua e os símbolos dun pobo, polo seu propio  goberno é  algo que nunca se veu, unha conducta criminal, que urxe unha petición de amparo xudicial O tribunal de Dereitos Humanos,  polo xenocidio a que están sometendo o noso pobo e da nosa cultura.          

          Hai que pensar que estamos en Barataria, esto non é Galicia, ningún símbolo que recorde ese pais de néboas pode quedar en pe. Ese é o xeito de gobernar desta dereita cavernícola.

          Eu cando me referín á galiña azul, como unha posible galiña falanxista, de ningún xeito asimilei a galiña de Casares cunha galiña falanxista; pero os ideólogos do réxime viron un logo axeitado pros seus fins, lanzando un mensaxe subliminal, que nos leva ós tempos do imperio e o glorioso azul; solo hai un problema: hai que facer desaparece-la bandeira de Galicia da galiña; espero que non se lles ocorra poñerlle cartucheiras e un fusil pra tapa-lo da bandeira.

          A gallinacea ocurrencia das galescolas  é mais que unha ocurrencia; é un insulto á  especie. Ben puideran elixir como logo a galiña de Mos,  pero  non é azul.

Etiquetas: , , , , ,

22/08/2009 10:34 mmarcos #. Politica Hay 18 comentarios.

VIRAN TEMPOS MELLORES

20090824111953-1157809182-f.jpg

 

 

 

        A economía é árida, pero convennos saber que a  consultora que valora a débeda galega ven de rebaixarlle cualificación, co que nos resultará mais caro endebedarnos; pra poñer un exemplo, sen que  sexa exacto: si emitimos un euro de débeda no  tesouro solo ingresaremos 100 céntimos, pero logo hai que devolve-lo euro, e cada vez peor. Calculan que haberá algo de melloría a finais do 2011; pero non temos de que preocuparnos, o goberno mira por nos, os mortais, os páganos, que somos nos.

          Seguro que oístes falar dun tal Miranda. Como todo    réxime totalitario que se precie, este, no que vivimos e sufrimos, hai un Miranda de turno, que no solo está solo de  miranda, tamén é o encargado de levanta-la moral o pobo, falando de logros incribles dos líderes, da sorte que temos de que nos goberne esta panda, e non os roxos e separatistas, de solta-las mentiras oficiais, levantar infundías sobre os inimigos, si, inimigos, non oposición nunha palabra, cando a nosa fe fraquea, ai está el, baténdose o cobre.

         Segundo Miranda, gracias a boa xestión da Consellería da Presidencia, fíxose un aforro nos orzamentos da Consellería dun 25%,; pregúntome eu: porque no lle poñemos un 50%. !moi esaxerado verdade!. Fagamos as contas da vella, sen ánimo de cadra-las contas ó céntimo, como si fóramos a Intervención Delegada da Consellería. Créanse eses cinco menstruos de Superdelegacións que cargan o presuposto da Consellería, ampliase o parque móbil, por culpa dunha bravata electoral e porque queren estrear coche, senta-lo cu no plástico, repártense teléfonos móbiles entre algúns funcionarios con cargo á Consellería, comprase mobiliario novo, o sustituido ten, a veces, menos de dous anos, pero era do anterior goberno, anúlanse contratos firmes e indennizanse ós beneficiarios. A lista sería interminable, pero mira ti por onde o Miranda lle sae un aforro do 25%. –seguro que suspendeu as matemáticas-

          Non podemos esquecer aquela promesa electoral de Feijoo de que si el chegaba a gobernar non habería paro, habería un goberno austero, non habería déficit orzamentario, etc , en parte cumpriuse: non hai paro pra el, hai un goberno austero, por exemplo: restrinxe o gasto en dependencia, paraliza as obras en marcha, pero danos unha floxeira co da galiña azul; o déficit orzamentario xa o escachou nada mais entrar emitindo débeda pública, doada de recadar, non hai que subi-los impostos, pero fainos mais pobres.

          Pero o Estado non lle vai mellor; ten un déficit orzamentario histórico, tanto así, que pola falta de disciplina orzamentaria  temos tódalas papeletas pra que nos voten da zona euro.

          Moito debémosllo o Ministro Sebastián, o seu foi unha pasarse de freada; pra gañar votos aconselloulle a ZP o dos 400, e logo 1500 por fillo, sen saber como estaba a caixa, resultado, fundiu o superávit e endebedou a Facenda. O normal sería saber de canto se dispoñía e canto nos ía custa-la ocorrencia. O custo das dúas medidas  pódese cifrar entre cinco mil e seis mil millos de euros no exercicio; eu hai meses que non os gano.

           Agora, que xa se venderon, na época de Aznar, as xoias da Coroa, xa non nos queda que vender pra equilibra-los orzamentos, e hai que recorrer a dúas medidas dolorosas e pouco rendibles electoralmente: 1º subilos impostos, 2º plan de austeridade.

          A supresión do imposto de Patrimonio, que recaia sobre as grandes fortunas suprimiuno ZP, como si fora a Dereita mais rancia. Poren non podemos esperar de ZP unha distribución xusta das cargas impositivas.

          Quédalles unha opción, que me da medo: subi-los impostos indirectos; as cargas fiscais non terán en conta os ingresos, haberá unha suba xeneralizada de prezos, subirá a inflación; o Estado non  precisará un soporte administrativo.

          Algún periódico económico estranxeiro suxería que se adelgazara ó Estado, empezando polas autonomías, que se converteran nun pozo sen fondo,  ¿quén lle pon o cascabel ó gato?.   

Etiquetas: , , , , ,

24/08/2009 11:20 mmarcos #. Administración Hay 4 comentarios.

TRADUCIR

20090825111112-hermanus-dalmata.jpg

                                                                                

          Neste goberno non hai moitas medidas ou accións de goberno congruentes, de feito eu non coñezo ningunha; nembargantes a  decisión do Conselleiro de Cultura de retira-las axudas a traducción  é unha medida congruente, casa perfectame coa política do conxunto do goberno con relación o galego. Dende a súa particular opción política non se pode incentiva-lo  espallamento da cultura nunha lingua que está morta; si non está morta xa se encargará o PP de matala.  (comigo que non conten).

          Volvendo ó tema, as traduccións ó galego de obras escritas noutras linguas, axudan a enriquece-la cultura galega, dándolle unha dimensión universal; o problema xurde cando o poder político colle un vieiro de belixerancia en contra do galego. A belixerancia é activa é manifesta. O golpe que lle deron a traducción foi tremendo; moitos proxectos non se poderán levar a cabo; alédame saber que editoriais como Galaxia e Xerais seguiran adiante. Malia a decisión de estas editoriais de seguir con proxectos de traducción xa en marcha, os efectos demoledores do goberno en contra da cultura galega, non se arranxan solo coa boa vontade e decisión arriscada das editoriais citadas. Certo que é unha maneira de resistencia, á menos transitoria, en tanto as cousas non volvan o seu; espero  que sexa pronto.

          A resistencia, sen dúbida, ten un límite, así que se   agoten os recursos propios haberá que encolle-los pes e limita-lo número de traduccións, cousa que esperamos ocorra no vindeiro exercicio.

          Nada sucede porque si; o galego, na idea do goberno, hai que ilo eliminando de certas areas, no canto de protexelo como reza no Estatuto de Autonomía. Si alguén é tan inxenuo que pense que a Panda vai protexe-lo idioma, é que non ve o que pasa ó seu redor.

          Polo de pronto, haberá moitas galiñoescolas nas que o galego, o mesmo que a bandeira de Galicia, non entrarán. Será un primeiro paso pra eliminar lectores futuros e facer que as traduccións sexan innecesarias.

          Sabemos que son capaces de alegar falta de orzamento, colaría, senón se dedicaran a saquealo pra transformar as Galescolas en galiñoescolas e outras ideas imperiais do réxime.

25/08/2009 11:11 mmarcos #. sin tema Hay 5 comentarios.

OS MORTOS VIVEN

20090826115210-20090826104036-nosos-4.jpg

 

          Os mortos, para moitos son recordos vivos, memoria dun pasado que nunca esqueceremos.

          Un comentarista deste blog suxeriu o tema; a min dáme medo falar de persoeiros que viviron, e nalgúns casos morreron por Galicia, polo menos dáme moito ríspeto.

          Hai unha longa lista de persoeiros que viviron por e pra Galicia, incluso, algúns deron a vida; son os mártires que regaron a nosa terra co seu sangue, os que eu chamo: os bos e xenerosos. Pero os que non regaron co seu sangue o cha patrio e, nembargantes sufriron autoexilio pra salva-la vida, como no caso de Castelao, son, igualmente, merecentes da nosa veneración.

          Moitos deles sabemos o nome, os de mais sona; pero tamén os anónimos, os que día a día  fan medrar o amilladoiro do servicio ó pais, son merecentes do noso recoñecemento.

          A todos nos queda a imaxe de Feijoo levando flores á tumba de Castelao, e irrítanos o seu fariseísmo. Certo que Castelao é patrimonio de tódolos galegos; pero ¿é Feijoo galego?, esa é a cuestión. Mellor estaría levándolle flores a Franco e a José Antonio, que ben seguro que son o seu modelo.

          Dicía o outro día un dos fillos de Bóveda que Feijoo non se atrevería a levarlle flores a tumba de seu pai; eu non estaría tan seguro, Feijoo ten cara pra eso e pra moito mais. Establecía unha diferencia, o fillo de Bóveda, entre Castelao e seu pai; a seu pai asesinaronno os fascistas, dos que Feijoo se presume herdeiro, pola contra a Castelao non.

          Pois ben, si a Castelao non o asasinaron foi porque puxo auga por medio, o mesmo que outros galegos, si o houberan collido a súa sorte estaba cantada. Non   se pode poñer en dubida a talla intelectual de Castelao, nin o seu compromiso con Galicia, sen que eso supoña desmerecer a outros.

          Se xa foi bochornosa a imaxe de Feijoo poñéndolle flores na tumba a Castelao; facer uso do seu pensamento, atribuíndolle cousas sacadas de contesto é ignominioso.

          Quizá fora necesario recordar o que dixo Castelao, cando e cómo, pero sería poñerse a altura de Feijoo e darlle credibilidade as súas palabras, eu négome a rebaixarme a debater con semellante home, pero coido que é necesaria unha segunda parte sobre os devanceiros, nentramentras, a ver que din os comentaristas do blog, e esto deixámolo de limiar. .

          Un día coma hoxe, atopábame tocado na fibra dos sentimentos e escribín esto, que con modestia, hoxe quero compartir con vos:  

Amor á terra

 

En vales escondidos

Entre serras anudadas

Que gardan os segredos

De liberdades soñadas

 

Naceu o amor intenso

Xurdiu o bacío  inmenso

Póla nazón maltratada

Pola terra asoballada

 

As bagoas derramadas

Os suspiros ceibados

As longas camiñadas

En camiños xa andados

 

Da terra de manto verde

A un ceo iluminado

Que a alma morde

Do que desta terra é ben nado

 

O tempo non borra

Os camiños xa trazados

Teñen que ser agora

Dos devanceiros herdados

 

Será o máximo alento

Dos que noutrora loitaron

Que con dor sufriron tanto

Que arreo traballaron

 

Por limpar esta nobre terra

De chupasangues infesta

Que funden as súas raíces

No sagrado chan amado

 

Son os mártires que chaman

Ás xeracións adormecidas

Pra que limpen o chan

Das malas herbas nacidas

 

Que non quede en baldeiro

Que marcaron o vieiro

Coa xenerosa entrega

Dos seus anos mozos

 

Nos que deron as súas vidas

Pra que sintamos a fachenda

Dunha raza que é digna

Que se nega a ser pisada.

Etiquetas: , ,

26/08/2009 10:41 mmarcos #. Politica Hay 2 comentarios.

AFORRO E ECOLOXIA

20090827102233-vertedero.jpg

 

          Si un pensa que as barbaridades dunha consellería non poden superarse estaría nun apuro. O Conselleiro de Infraestructuras e moitas cousas mais, posto a saltar retos non hai quen lle chegue, xa atopou un culpable pra falla de reciclaxe dos medicamentos: os traballadores, toooma xa.

          O mentado Conselleiro fora denunciado polo PSOE, por accións súas no derradeiro goberno de Fraga; a denuncia foi retirada polo actual goberno; si non tiña nada que ocultar por qué non deixar que a xustiza actuara e limpara o seu nome: ahh quén sabe?. O PSOE puido presentar antes a denuncia?, pode. De todos xeitos, as denuncias fanse cando se teñen coñecemento dos feitos, e si era tan inocente, ¿a qué ben tanta presa en retira-la denuncia?

        Desoíndo o criterio do Tribunal de Contas, repártense cinco millóns de euros de beneficios en Sogama, que os gastadores do bipartito tiñan aforrados pra facer fronte ás inversións que foran necesarias,  correspondían esas reservas ó exercicio do 2007. ¿Será que non hai en que invertelos?. Segundo el, fai pouco inverteu case dous millóns de euros, que debera haber feito o bipartito. As inversións outros, os beneficios pra el.  Seguro que recordais ós Consellos de Empresas  en quebra en EEUU, que se repartían as axudas como beneficios; xa vedes que non fai falta ir tan lonxe; o PP tróuxonolo  á casa.

          Ten paralizados unha morea de proxectos de infraestructuras; prometeu elaborar el un proxecto propio; non lle valen os do anterior goberno, ¿ non vos enterades que non se pode falar de alternancia política, senón da cambio de réxime?

          Criticaron o bipartito  por limpa-las cunetas  e facer obras de mantemento; agora non solo as fai el, senón que se quer poñe-las medallas  dicindo que fixo un plan.  !será caradura!.  Sendo obras habituais.

           Pra disimular un pouco de que non fai nada novo, da como súas obras que xa tiña en marcha  o bipartito.  ¿Sería que lle saía moi caro paralizalas?.

          O despilfarro económico non se concreta, entre outros coas nas galiñoescolas, o parque móbil, en informes a medida, con escuros contratos a dedo  ou coa cidade da incultura. O ínclito conselleiro de infraestructuras e tantas cousas, pasa dun plan de xestión de residuos elaborado polo goberno anterior, no que traballaron axencias medioambientales, técnicos e grupos ecoloxistas de todo España, e que custou a friolera de 240.000,- euros. O aforrador conselleiro, os cartos non son seus, vai elaborar o seu propio plan. Non solo vai a fundir recursos económicos, senón que  vai retrasar a aplicación da urxente resolución dun gran problema como é o do lixo. Parece que pra facer fronte ó adiamento da resolución do problema vai crear varios vertedoiros, volvendo a tempos que xa esqueceramos.

          Ademais da mala xestión, tamén pode haber dous delitos: un contra  a Facenda Pública e outro ecolóxico. Na cadea hai xente presa por menos; o mellor por roubar un pan pra comer

27/08/2009 10:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GALIÑOESCOLAS

20090828103748-00eba448ceebff99b4278ea57bef10f6.png

 

 

 

         A nova Xunta do PP, non solo non crea mais prazas de educación infantil, senón que corenta centros rematados non poden abrir por falta de dotación. A c o j o n a n t e.

         Fai pouco a Conselleira do paro e mais o seu colegui de educación, coñecidos pola súa aversión a todo o galego e os seus tics preconstitucionais, presentaban o novo logo das galilloescolas. No cambio de logo, carteleira e demais empregaron unha cantidade, cuxa contía a manteñen en segredo; hai quen calcula que gastaron, en total mais de 175.000 euros, outros dan unha cifra maior; de calquera xeito, que non poidan abrir corenta centros por falla de dotación e se gasten coa galiña todo o orzamento, é unha tomadura de pelo.

         Dicía Bieito Lobeira que o logo  da galiña azul esconde un hibrido entre a aguia de Franco e a gaivota do PP.

          Si queredes cousas que non se entenden, vai esta: A Xunta actual di que non poden abri-las aulas porque o bipartito non habilitou orzamento. Curioso, tampouco, supoño, tiña previsto orzamento  pro da galiña, nin para segregación; pero para eso si hai cartos.

          O logo, como di Pablo González Mariñas, ten unha carga ideolóxica e un mensaxe oculto, non é neutro, pretenden introducir ideoloxía en lugar de educación. Criar, non educar, roliñas de polos, que iran a poleiros distintos, e función  da lingua, creando fendas coa intención de elimina-lo galego.   

          Feijoo di   que o sol xira ó rededor   da terra, co mundo   foi     creado  en seis  días,   etc. Tamén di que pese a crises vai crear 500 prazas nas galiñoescolas. O Bloque, omite intencionadamente dicir o bipartito, non fixo nada en infantil  -moita e moi dura-.

         A súa besta negra parece ser que é o Bloque. O patético é como fala sen dicir ningunha verdade e que ton monótono ten o falar, parece a gravación dunha máquina; falando e mentindo, sen dicir nada e sen poñerse colorado; claro, el fala en clave interno, pros convencidos, pros que agardan a palabra do gran lider.  Disimulaba que Aymerich  lle descubrira as cartas. Hai que   recoñecer, o  tío ten oficio e unhas pulgas rabiosas,  por algo é o xefe da panda.

Etiquetas: , , , ,

28/08/2009 10:38 mmarcos #. Administración No hay comentarios. Comentar.

A VIXIANTE DA LEGALIDADE

20090829104022-esclavitud2.jpg

 

 

 

 

          Á Conselleira de Traballo parece que si lle trema a man á hora de cesar a unha Directora Xeral da súa Consellería. Esta muller con tics preconstitucionais ten no seu  equipo a unha persoa condenada por incumpri-las normas en materia laboral.

         Que a Directora Xeral, que ten o seu cargo vixia-lo cumprimento da legalidade das conductas laborais, fora condenada por incumprir, no ámbito privado,  as mesmas normas que ela ten a obriga de protexer, da pouca confianza ós sectores implicados.

          Parece que non é casual, nin é un acto aillado a conducta pola que foi condenada.

          Si o despedimento, por si, xa sería reprobable, que á traballadora non tivera contrato e non fora dada de alta na Seguridade Social é gravísimo, na conducta de calquera empregador, e mais na súa, dada as competencias do cargo que desempeña.

          Sería lóxico o cese; pero, ¿qué é eso da lóxica?. Ocórrenseme dúas contestacións á pregunta: ou a legalidade impórtalle un pemento á Conselleira, ou ten unha escala de valores, na que se confunden o ben e o mal.

          Feijoo saíu en defensa da súa conselleira do paro, e aclarou que a persoa  despedida traballaba no servicio doméstico pra familia da Directora Xeral e tamén na cafetería da estación de  autobuses, rexentada polo pai e un irmán, eso si sen seguro e  sen contrato; mellor que estivera calado. Que lle imos a facer,  home gústalle actuar, dicir algo; a veces mellor estaba                      calado .

          Feijoo vótalle un capote á Conselleira, co cal descubrimos que el é cómplice e que a traballadora era explotada como se fora unha escrava; pois estaba ó servicio de toda a familia, no domicilio e no negocio, sen contrato e sen seguro.

          Que se saiba, non houbo ningunha actuación da Xunta contra dos culpables.         Noooormal   A Inspección de Traballo non fixo nada, miraron pra outro lado.

           ¿Con que argumento se pode presenta-la Inspección de Traballo nunha empresa?; mais aínda, ¿actuará en casos similares?

29/08/2009 10:40 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O MAIS GUAPO

20090831102347--45551182-090310-simio300.jpg

 

 

 

          O mais importante non é se-lo mais guapo, senón créelo. O discurso que fixo Feijoo en Soutomaior, certo que era pra consumo interno, pero no que transcendeu ó público  en xeral.

          Na inauguración do exercicio político no Castelo de Soutomaior deuse  un  baño   de lealdades, aínda que mais  de un levara un  coitelo, alí non houbo mais sangre que a que  brotou das palmas  da mans, de  tanto como se aplaudiu.

          En Soutomaior  aplaudiuse  a rabiar, pero non era solo o  entusiasmo, aínda que había moito; pero tamén había medo ós controladores do aplauso.

           O balance dos días de goberno, son de éxito  rotundo de goberno, aplausos, aplausos.... Devolvemos á liberdade ó pobo,   -eu que pensei que a tíñamos, e eles nos la  sacaran,-

          Agora, dicía, cada pai pode escoller o  idioma no que  quere.escolarizar o seu fillo, que será en castelán, por suposto, e elixirá, tamén a forma de  educalo.

          Galicia Monolingüe e o  Opus estaban presentes, polo menos en espírito.

           Fai un ano había dous partidos no goberno, con dous programas, un orzamento nulo, si, eso demostraron que non servía pros seu intereses; agora  solo hai un solo partido, firme. Ai volveron a era preconstitucional. O de menos o beneficio pros gobernados.

           Co cambio en Galicia  demostramos que  o presidente ten que ser normal. Conclusión obvia: Touriño non o era.

           “Non vou tocar uns servicios socias eficientes nin unha sanidade pública eficiente, pese ós furados orzamentarios” Así que preparádevos que os vai, mais que tocar, triturar.

            Xa sabedes a invariable folla de ruta; primeiro descóbrense os buratos orzamentarios, logo unha xestión ideloxizada, e se fai falla encárgaselle unha auditoría ó primo de Rueda.

           O debate identitario non existe, pra eles este é un pais de ananos mentais.

          Fixemos mais nos días de goberno que o bipartito en catro; traballamos arreo. Visto: non hai autocrítica.

31/08/2009 10:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris