Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2009.

O PAI DA CRISE

 

 

                A crise pola que atravesamos ten pai e nai, claro que ten, pero dende logo non se lle pode atribuí-la paternidade  ós traballadores. A especulación, un sistema financeiro neoliberal, desregularizado. O afán de ganancias doadas e sen límite, foi o que nos levou o desastre, pretender que os traballadores sexan agora os que paguen o pato, é inmoral. O Presidente do Banco de España ben faría si se metera no seo, nos mercados financeiros; parece un empregado a soldo da gran patronal bancaria.

                 O Director do Banco de España receta unha reforma do mercado laboral, con maior flexibilidade; non sei que reforma pretende, cando case un 40% do mercado laboral está con contratos provisionais; acaso os traballadores terán que facer mais horas, é o único que se pode facer; en todo caso eso non beneficiaría ó pais, senón á patronal, que vería incrementando as marxines.

                   Van limpa-lo pais de Institucións financeiras que lle fan a competencia ós bancos; trátase de deixarlles espacio libre pra que fagan negocio sen competencia. O da concentración das Caixas de aforro, responden a ese proxecto da oligarquía financeira e o goberno xa está de brazos caídos, sen forza  sen idas, pero sobretodo, sen valor pra enfrontarse ó que lle dan cartos pras eleccións.

                      Fálase da recuperación económica de Alemania, pero temos que ter en conta, que ó marxe dos cinco grandes, ten multitude de pequenas institucións financeiras, que son as que levantaron o pais e lle axudan a saír da crise. En España, pola contra, facendo seguídesmo dos intereses da gran banca e do presidente do Banco de España, proxectase eliminalas incomodas Caixas e Aforros pra deixar espacio á   gran banca.

                       Noutros países de nosa area económica, inxectáronse suma inxentes  de diñeiro ós bancos, sen saber onde foron, ou que fixeron con elas Ó mellor desviáronnos pra facer negocios en economías emerxentes; así fannos a competencia financiados por o nosos orzamentos: por eso non entendo esa necesidade da fusión, porque si, das caixas e por  qué non seguimos o modelo alemán.                          

                        Xa sei que as súas Señorías están moi ocupadas, pero sería bo que tamén se ocuparan de cousa pequenas como da saída da crise, da reforma do sistema financeiro e que por unanimidade cesaran ó Presidente do Banco de España. Tamén no Pazo do Horreo se  debera abrir un debate sobre a crise e o sistema financeiro.

          

01/12/2009 10:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN XEITO DE VE-LA BOTELLA

20091202104801-olvidados-otra-vez-0.jpg

 

 

                            O sistema SITEL pra intercepta-las comunicacións foi adquirido polo PP, sendo Rajoy ministro do Interior; ese sistema axudou a interceptar comunicacións dos terroristas e de grupos mafiosos; con el, o Estado dotouse dun medio técnico pra loitar contra a delicuencia organizada, que cada vez utiliza mais as técnicas de nova xeración pra delinquir. Todo ía ben, ata que o sistema se utilizou pra destapar a trama Gürtel.

                          O PP xa puxera en marcha o ventilador pra sementar merda e desacreditar a xuíces, policía e  goberno, do mesmo xeito que fixera cos atentados do 11 M. Eu Pensei que a convención do PP de Barcelona ía a deixar fora ós corruptos e as vellas prácticas, pero parece que non, o PP volveu o seu; triste futuro habemus; si gañan as eleccións será por demérito do contrario, porque son incapaces de ilusionar o electorado.

02/12/2009 10:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O EOLICO A DEBATE

20091203104014-parque-eolico.jpg

 

 

                      O PP por boca do seu portavoz Gerra, intentou xustificar a nova normativa sobre o eólico e a deregoción de todo anterior, calificando ás anteriores actuacións de caóticas e ilegais, que atentaban contra a inseguridade xurídica. Non daba crédito o que oía, o que falaba parecíame cunha persoa normal, cun coeficiente intelectual, aínda que podería estar por debaixo da media, non podía dicir tantas incoherencias en  tampouco tempo, pero alí, no televexo había un señor que dicía eso. Aquelo pra min foi moi oportuno, levaba uns días co intestino parado e, de súpeto, entroume unha floxera, que precisei ir ver a roca urxentemente; ó menos eu saquei algo de positivo.

                   Sen sonroxo cárganse a inseguridade xurídica, e por riba vótanlle a culpa ó veciño, crean o caos e din que o caos é dos demais, calificaba de ilegais as actuacións do goberno anterior; non o dicía ningún Tribunal de Xustiza, dicíao el.

                   Si a Xunta do PP tiña adquiridas débedas con algún grupo ou operador, non debía ser Galicia a que pagara esas contas.

                     É indigno e indignante todo o procedemento que o PP levou a cabo co eólico, intentando aparecer como xusticeiros e legalistas e amosando a patiña por debaixo porta.

                      Os donos dos terreos, onde se instalen os muíños non recibiran ningunha compensación, suprímese a participación no negocio das Administracións Públicas e faise unha dobre  imposición os beneficiarios, que con seguridade terminaran pagando os consumidores no recibo da luz; farase unha compensación ós concellos, da recadación que se saque, que a distribuirá Presidencia, non Facenda, o cal é unha garantía de imparcialidade na man de Rueda.  

03/12/2009 10:40 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TAPAR AS TRAMPAS CON MENTIRAS

20091204113651-verfoto.jpg

 

VOTAI N A ENQUISA, AGRADECIDO

 

                A Fiscalía nega ter recibido comunicación da Función Pública sobre as irregularidades nas probas de acceso á Función Pública, malia que esta dixo que os mandara; se a Xunta se atopa piringada no asunto, é normal que maree a perdiz pra non chegar a ningures, e moi previsible que intente, con mentiras, tapa-las trampas.

                   É sospeitoso o escaso entusiasmo da Fiscalía por investiga-lo suceso, por que non pode deixar impune a comisión dun delito.

                  Na enquisa que colguei, destaca a opinión de que se deberan repeti-las probas nas que se probe a existencia de filtracións. É difícil de proba-las filtracións, aínda que haxa indicios razonables. A segunda opción mais votada é a do cese do Director Xeral da Función Pública; penso que é a mais factible, pero debía ir acompañado do Conselleiro da Presidencia que é o que referenda tódolos actos.

                   Da pena ver que solo a CIGa  presentou denuncia no Xulgado; no Parlamento solo Suárez Canal interpela ó goberno. Saco a conclusión de que lles importa pouco o asunto, e algúns incluso se amosan comprensivos.  ! que cheiro!      

                      Que a suposta investigación era un paripe viuse cando á Fiscalía non lle chegou a denuncia, que a Xunta dixo haber cursado, e ós sindicatos amosáronlles un papel, suposto resultado, da que eles chaman investigación, que era unha sinxela táboa estadística, carente de outros datos significativos. Vamos pra que os representantes sindicais perderan os papeis.

04/12/2009 11:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ANDO A OFENSA SAE GRATIS

20091205103920-galego-linua-de-libedade.jpg

 

 

 

                         Unha operadora de Unión Fenosa negouse a atender a un cliente porque lle falou en galego; a gravación da conversa, que a empresa se negaba a entregala, é dun desprezo ó cliente, por falarlle galego,  un insulto da operadora, non solo ó interlocutor, seno a todo un pobo, que debería motiva-lo despido inmediato da traballadora, no seu canto a empresa disculpou á traballadora, como se fora unha travesura dunha nena mala.

                        Dubido moito que un traballador se atreva, de moto propio, a actuar dese xeito. Aquí a principal responsable é a empresa e ten que dar unha satisfacción suficiente, e non esconderse. A menos que estea de acordo coa actitude da traballadora e non vexa empañada, por este feito, a súa imaxe.

                       Vistos os feitos, temos a opción, a única, de facer chamadas, en galego, á esa empresa, pra facerlle calquera consulta, pra que saiban que non estamos mortos, malia o seu empeño.

                       Outra compañía española sei que se apuntou ó carro e fai algo similar, aínda que con mais sutileza e mais mala leite.

                        A política de Feijoo trae estes lodos

05/12/2009 10:40 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿CAL É A PROPOSTA PROS DEPENDENTES?

20091206102918-ricos-pobres.jpg

 

                      A conselleira Mato participou nun debate na Coruña, no que  expuxo as liñas de actuación da Consellería         sobre a dependencia; o acto, por certo presentado por Negrera, foi de todo, menos un debate. Foi un monólogo, no que a  conselleira lle votou a culpa da parálise da Consellería o bipartito, ó Goberno  Central e os marcianos; non quixo responder ás preguntas sobre o conflicto no Consorcio, nin sobre as privatizacións dos servicios; ela ía alí a soltar un discurso de loa e gloria do PP, nunha cerimonia que era asistida por Negrera de Monaguillo, pero non a debater.

                      Non se  falou, ou si se  falou, da paralización da asistencia ós dependentes, pero a culpa era do bipartito, do Goberno Central, da sequía, si da sequía das arcas que  deixou o bipartito nun mes e pico de goberno, pra que logo digan que non traballaba.

                       Pra reduci-las listas de espera vaise recorrer a dúas grandiosas ideas: privatización de servicios, pra que os amigos fagan negocio, na línea do pensamento do PP e nova avaliación dos dependentes. Este é un proceso de eutanasia admitido pola ortodoxia pepera, segundo a cal, o que non morreu vaino a ter difícil; así, os inválidos andarán e os que necesiten asistencias mais específicas permitiráselles  que vexan antes ó Creador.

                           Asistencias de fisioterapia, podoloxía, etc suprímense; todo sexa polo aforro, dese xeito haberá mas cartos pros negocios privados. Falando de negocios privados, non penso que a Conselleira, nin a súa familia estean no negocio.

                            A Conselleira quere levar esto cara un modelo de sociedade, na que haberá uns ricos, que poderán paga-los servicios e os pobres que non  terán dereito a nada.

                         

06/12/2009 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DA CASA DE SEMPRE

20091207112614-rico.gif

           A Asociación SAN ROSENDO é unha creación da casa, vinculada ó PP e  o Opus, agora vai entrar no negocio da xestión dos Centros de Día e nas Residencias de Maiores.

              Non abrían os centros rematados porque llos había que entregar á San Rosendo sen cargas, nin ataduras; así farase negocio cos servicios públicos.

              Non sei se é relevante, pero a Asociación San Rosendo xa viña xestionando Residencias de Maiores; tamén xa visitou ós xulgados por irregularidades graves, e o Supremo confirmou no mes de maio pasado unha condena por estafa ó presidente da Asociación San Rosendo, pero esto semella non ser relevante pra  pra Conselleira que xestiona o asunto, nin pra Feijoo; pra eles o preocupante é que se atopan con Residencias e Centros de Día, lastrados por unha carga de persoal, de aí que os estean presionando pra que deixen lugar pra unha xestión privada do servicio.

              Ós traballadores do Consorcio e os familiares das persoas residentes están de uñas, pero a folla de ruta é a que é. O gracioso é que ó persoal acúsano de pertencer ó Bloque por non segui-la voluntade do PP,eso, comunistas e separatistas.

               O persoal do Consorcio, os usuarios e algún grupo político estanlle a crear problemas ó PP, pero ó final ganará.

                A resistencia dos alcaldes estase a vencer dicíndolles que a Xunta non pode abrilos e xestionalos, pero si subvencionalos, ademais, poderán presentar listas de persoas que queiran colocar, porque ó ser empresas privadas pódese meter  a quen queiran.

07/12/2009 11:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

REFORMULACION DO ESPACIO FINANCEIRO

20091208100410-paraisos.jpg

 

         Estamos asulugados nunha polémica financeira que pouco ten que ver coa economía doméstica dos cidadáns, e moi dubidoso, por non dicir nulo, o interese positivo que os clientes das caixas tiran deste terremoto financeiro; aquí o que realmente parece importante e deixar espacio pros negocios de algunhas entidades financeiras, non pra solvencia, nin a operatividade das caixas como instrumento de apoio financeiro o desenrolo dun territorio.

            Tanto Rajoy como Montoro sempre foron partidarios de reduci-lo protagonismo das caixas no sistema financeiro español, o que encaixa perfectamente na estratexia económica do pensamento conservador.

             Á vista do anterior, xurde a pregunta sobre cal é a estratexia dos progresistas, especialmente, do Partido Socialista, a contestación é simple, tan simple que descorazona, non teñen unha  definición, nin unha proposta. A razón é que se atopan atados, se contradín os intereses da gran banca, remátanselles os créditos pras eleccións  e hai que devolve-la  débeda.

               Por ser mais grande unha Entidade no se vai atopar a salvo de problemas, o seu éxito será unha boa xestión, ter un consello técnico que lle de o visto bo ás operacións de investimento.

                 É impresentable os razoamentos dos alcaldes da Coruña e Vigo, pra evitar estes localismos debera ser Santiago a sede da futura caixa., ou senón unha plataforma no mar.

08/12/2009 10:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O REPARTO DO PASTEL 1º PARTE

20091209105506-emigrante.jpg

 

 

                      Cautivos e derrotados os emigrantes galegos do Centro de Bos Aires, Feijoo entregoulle a xestión do Centro Sanitario a unha empresa do seu círculo, sen que houbera concurso e contra da vontade de unha parte dos socios. Consígueo que as agrupacións que lle son afíns, apoien o invento, e xa todo está atado, pra cando o emperador chegue de visita á Arxentina.

                      Á empresa á que lle adxudicaron a xestión, non ten ningunha experiencia na prestación de servicios médicos, o seu é a especulación inmobiliaria, pero o negocio non está no mellor momento e hai que diversificarse; tendo xente na Xunta, que traballan pros amigos, en lugar de facelo pra Galicia, todo está resolto.

                      A adxudicación directa dun contrato millonario ten un dubidoso encaixe legal, pero que por riba teña cláusulas secretas, como si se tratara dun asunto de seguridade  nacional, aínda o fai mais singular.

                        Nade da nada porque si, aí hai algo oculto que, quizá garde relación coas pasadas eleccións; ó mellor están pagando débedas que controuxeron .

09/12/2009 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ADOUTRINAMENTO DO PP

20091210101943-ediciones-serbal-monja.jpg

 

                 Este goberno da Xunta, que desacredita calquera alternancia democrática, pretende agora darlle unha volta de rosca ó ensino do galego implantando a posibilidade de que un tercio das materias se dean en inglés. Visto así parece que é un avance no ensino, pero ten varios e graves inconvintes: primeiro.- a falta de profesorado apropiado, segundo.-posibilita que haxa un ensino de varias clases, segundo o centro, xa que as materias que se impartiran en inglés será decisión dos pais. Se a Xunta, de entrada, non incrementa a dotación económica destinada ó ensino, se non prepara a profesorado, tanto nas materias a impartir como en inglés, esto non pasa de ser unha moi sospeitosa ocorrencia.

                  Non se pretende mellora-la calidade do ensino, senón que o que pretende a Xunta é saca-lo galego do ensino; así introducindo unha lingua mais no ensino, pra que non se conta con profesores nin medios, nin pensan proporcionalos, limítase o galego e crease un ensino privado de alto standing,  co que matan dous pombos dun tiro, elimínase o galego e termínase de desprestixia-lo ensino público; pois, xa vimos, ó ensino privado non lle vai faltar financiación mentres o PP goberne..

                    O modelo de decreto que propuxo Galicia Monolingüe na Coruña coincide, curiosamente, coas intencións da Consellería.

                    A finalidade non é que os nenos falen mais inglés, senón que falen menos galego. Hai que castrar Galicia, non se pode permitir que o galego se converta nun elemento diferenciador; aínda que non con estas palabras dicíallo un pepero a un contertulio nun bar.

                    Cos nosos impostos vaise financiar un ensino diferenciado, no ensino privado, é dicir, que imos ser páganos desa ideoloxía excluinte do PP.

                    Dende o punto de vista pedagóxico e social,  pretender crear varias clases sociais, co proxecto do PP; é inconstitucional e un disparate.

                      Dentro do PP estase a ver o proxecto con preocupación polo sector menos ultra, pero abrazado con entusiasmo polos radicais. Antes de aventuras sen pes, nin cabeza, debían saber que o ensino é un servicio público, non un negocio e, nunca, debe ser utilizado pra adoutrinar, nin confrontar

10/12/2009 10:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XOGO SUCIO

20091211113316-jack-the-ripper.jpg

 

                     As pasadas eleccións autonómicas foron o paradigma do xogo sucio,  as elección de tramposos e mentireiros, pero as vindeiras municipais van superar en sucidade ás autonómicas; algúns peperos afían os coitelos. Especialistas en patadas nas espinllas e en partes nobles son adestrados en locais clandestinos; pra motivalos puxéronselles vídeos de pelexas de cans. O lema: victoria ou morte, pra incentivalos houbo varias proxeccións de Gürtel e a loita parlamentaria pra acurrala-lo Estado e invalidar as probas inculpatorias dos camaradas pillados coas mans na masa.

                       Os peperos apuran en presentar mocións de censura; querendo demostran que tódalas vontades, as mais delas, están en venta e solo é cuestión de prezo, ou de presionar no punto axeitado; cando todo eso non da resultado recorren ó esperpento,  e se fai falla  a tácticas antidemocráticas de rebenta-los plenos, como fixeron recentemente en Santiago.

                       Do mesmo xeito que non teñen o mais mínimo reparo en ataca-las Institucións do Estado, tensan a convivencia veciñal, o que intensifican a medida en que se aveciñan as vindeiras eleccións municipais.

                       O de todo vale, e que as falcatruadas nos concellos son responsabilidade de Feijoo queda acreditado, se alguén tiña dúbidas, nese abrazo-refrendo a Louzao.

                       Sería lóxico que os que participaron nos actos de muda-las vontades populares non puideran ser elixibles no futuro, pero a idea do PP é a contraria; hai que premiar ós valentes loitadores polas liberdades civís, demócratas exemplares, que fomentan a convivencia pacífica entre os veciños e, sobretodo, muñidores de votos. Visto que o PP, sobordetodo determinados personaxes, deben modifica-la lei electoral pra darlles mais seriedade e estabilidade ós gobernos municipais.

11/12/2009 11:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O RUMBO DE FEIJOO

20091212105628-antilingua.jpg

 

                      Algo sabemos do que fixo Feijoo e o que non fixo, supoñemos tamén pra onde vai, aínda que ó mellor nin el mesmo o sabe; o único certo é que é un bo vasallo, que pasa de escrúpulos e outras monsergas; como sexa, sabemos que as tres patas da súa acción de goberno son:

                       O ataque ó galego, neste apartado, ademais das Institucións Académicas Galegas, a Comisión Europea fíxolle chegar unha advertencia de que estaba incumprindo o compromiso adquirido polo Estado Español sobre a protección  das linguas minoritarias; o efecto que terá nesa política de exterminio cultural; está por ver, e se ese tirón de orellas é  suficiente, aínda que Génova e o laboratorio de Aznar van seguir tensando a  corda.

                      O desmantelamento do goberno prestador de servicios socias queda feito coa privatización de residencias e Centros de Día. así como a prestación de servicios a dependentes

                      O reparto dos servicios públicos ós amigos pra que fagan negocio. A privatización de servicios, non supón ningún aforro pro goberno, solo cambia o prestador do servicio que, por adxudicación directa é un amigo de algún Conselleiro, ou empresa vinculada ó PP.

                      Asombra o xeito e modos das respostas á interpelación parlamentaria, non solo quere deslexitima-las iniciativas populares, senón que responde airado, con malos modos, insidias e provocacións. Non hai que entrarlle ó  trapo, caer as descalcificacións e linguaxe soez; a cousa é poñelo unha e outra vez fronte as súas contradiccións; e como a froita, caerá de maduro.

                     O mesmo que fixo el na oposición; as intimidacións a Alcaldes, traballadores e usuarios dos servicios, teñen que airearse a cotío, asi parecera un proceder mais abafante

12/12/2009 10:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN XACOBEO MOI ESPIRITUAL

20091214105821-santiago2.jpg

                       As obras no Xacobeo non se van traducir en ningunha  infraestructura no camiño, tampouco se pretende unha peregrinación de masas, non é cuestión de números, senón de almas. O obxectivo non é que veña mais xente, nin sequera moita  xente. Os responsables do camiño fixáronse a meta de recupera-la espiritualidade do camiño;  non é importante acometer obras de acondicionamento, nin humaniza-lo camiño; os que acometen a aventura teñen que ser conscientes de que o sufrimento  achéganos mais á gloria.

                  Dito así, queda a sospeita de si a Xunta é un goberno terreal, ou a guían sentimentos de piadosa santidade; o mellor, como arrasan coa cultura e co emprego, pechando fábricas, ó final sálvannos e incluso montan unha fábricas de cilicios.

                    Aínda  que ó evento non se lle pode negar unha base espiritual, non se debe permitir que os ultras o monopolicen e intenten privar ó camiño da imaxe cosmopolita que adquiriu, e     de vehículo de cultura, en sentido amplo; cada un fai o camiño polas súas razóns persoais e non temos dereito a obrigar a nade a seguir un credo á forza. A Deus o que é de Deus  e o Cesar o que é do Cesar.

 

 

14/12/2009 10:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A XUNTA E OS PRINCIPIOS DA FALANXE

20091215110938-galego68.jpg

 

                  O Director Xeral de Administración Local  de Galicia, amigo íntimo do Conselleiro Rueda, e falanxista militante  e moi  activo, ven de enviar unha circula ós concellos sobre o uso do galego.

                    A maioría dos concellos non seguían a política de belixerancia da Xunta en contra do galego, a súa cercanía ó administrado levounos a ser prácticos e, salvo excepcións, as ideoloxías que non tiveran encadre na vida local, sempre as foron sorteando.

                      Pero claro, chegou a Junta actual e a tolerancia chegou ó seu fin, as instruccións sobre o uso do galego, cursadas pola Dirección Xeral de Administración Local, ós   axuntamentos, non  deixa lugar a dúbidas, se alguén se desmarca do guión escrito pola Junta, o director xeral, ameaza con impugna-los acordos do Concellos.

                          O tirón de orellas da Comisión Europeas sobre a lingua, resbálalles. Segundo dixo o conselleiro de Educación, seguiran coa folla de ruta e non se apartaran do camiño trazado.                  

                         O pescado está vendido, si non somos capaces de chimpalos do poder, temos un problema.

 

15/12/2009 11:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O TREN DE ZAPATERO

20091216110319-mm.-zapatero-excluido-del-14.11-en-n.-york.231008.jpg

     

 

             O Goberno Central ocorréselle sacar unha lei coa Que pretenden sacarnos da crise. O que mais me asombra desta xente e que aprenderan tan pouco, que pensen que se vai a mudar o modelo sen mais, que todo se vai mover a golpe de decreto, pra eles o boletín, e como a frauta de hamelín

              Calquera sabe que o desenrolo económico do pais  non se pode basear no ladrillo; eso xa se sabía antes, aínda que eles parece que non o sabían. Ó quebrar o modelo, empresas constructoras, que antes amasaban millóns víronse  arrastradas ó precipicio, e con  elas Entidades Financeiras, empresas  auxiliares

e particulares

                Os economistas saben que pra ter unha base sólida hai que  diversificar riscos e agora temos que sufrir unha nova orientación dos sectores productivos e unha adecuación da man de obra.

                  A Lei non deixa de ser un catálogo de ideas, e non terá un efecto dinamizador da economía, nin sequera balsámico.

                   A Lei recorda ós brotes verdes, sobordetodo dende que Zapatero nos di que o tren está chegando a estación, o que pasa é que ven tan lento e escarallado, que vai precisar unhas rodas novas  e, o mellor, cambia-lo maquinista.

16/12/2009 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿FEIJOO TEN UN MODELO FIINANCIERO, CAL É?

20091217110511-botin.jpg

        Abrimos unha nova enquisa, pido a vosa participación

                    

                 Coas fusión bancarias, xurde a pregunta, de si estamos, ós que están, a traballar por unha solvencia bancaria, ou están seguindo as instruccións dos intereses financeiros privados, olu directrices polítcas; mais esa non é a única paradoxia; vemos unha sorprendente actitude, belixerante, de Feijoo a prol da fusión das caixas galegas, no que semella ser a defensa dun sistema financeiro galego.

                 A actitude deste neo converso do galeguismo é moi sospeitosa, pois fai pouco non tiña nin pajolera idea, nin opinión sobre ás fusións das caixas, e agora aparece, de repente, nunha actitude de  seareiro ultra montano.

                  Cando se dignou baixar a area, sabía de actitude de Caixa Nova, a que ben seguro, non era alleo; dese xeito, definidas as posicións, pode dicir que a culpa é de outros, que el intentouno.

                   Nin o mais inxenuo pode admitir que a posición de Feijoo sexa  sincera; Galicia pra el é un accidente é unha oportunidade, pero non lle interesa o mais mínimo, nin é como algo propio.

                     De entrada Feijoo quere, por vía de urxencia, reforma-la lei de caixas, con esta reforma, como el ha ten pensado, os concellos perden poder nos Consellos de Administración das Caixas e a Xunta controlará ditos órganos, nomeando conselleiros; dese xeito Feijoo terá o control das caixas e poderá facer, no futuro, o que lle pete, e a oposición, como parviños creen na palabra de Feijoo. Cando Feijoo poida goberna-lo asunto, a oposición vaise levar un chasco.

                    Sorprendeu ós cociñeiros do Banco de España coa súa posición sobre as fusións; un Banco de España que parece dirixido pola gran banca, que semella mais defender os seus  intereses  que a solvencia  das caixas e a estructuración dun sistema financeiro axeitado pro desenrolo do pais; pero a Feijoo tampouco lle interesa o desenrolo do  pais, el quere un pais que viva na idade de pedra e el se-lo rei; unha sociedade sumisa e atrasada é a ideal pros seus intereses, e aínda que o mellor coincida co proxecto do gobernador do Banco de España, non pode, de momento, descubri-lo seu proxecto.

                Sabido é que non lle preocupa o mais mínimo o  desenrolo de Galicia a Feijoo, inquirímonos sobre cal é o seu verdadeiro proxecto, porque si non ten un propio, entón é o de Montoro; non podía ser de outro xeito, nunha persoa tan obediente e sen criterio

 

17/12/2009 11:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

RESOLTO, ¿DE QUE XEITO?

20091218104128-223-262-large.jpg

 

             A  continuidade da fábrica de leite Pascual parece que está garantida, o malo é o xeito; cando xa estaba pechada a venda a Feiraco, o Conselleiro de Medio Rural, nunha xogada de tahúr mete cinco cooperativas leiteiras vinculadas ó PP e conseguen que Pascual dea marcha atrás e lle entregue a  fabrica a esas cinco cooperativas. Visto o resultado, debémonos felicitarnos de que se chegara a a un final feliz pros traballadores; o que xa non teño tan claro é se o acordo vai beneficiar ós gandeiros, nin cál é o prezo que temos que pagar tódolos galegos, ós contribuíntes, xa que o que parece claro é que houbo cartos da Xunta, e dicir de todos nos, por medio.

              A foto dos cinco representantes das cooperativas, que comparecían xuntos, transportábanos a outros lugares e, lonxe de despexar incertezas, deixábanos un desacougo indefinido.

                Foron  varios os noivos pra merca-la fabrica  do leite, ademais de FEIRACO; a Xunta sempre se quixo manter á marxe, alegando que estábamos nun libre mercado. Sorpresa, parece que o libre mercado, a liberdade de empresa é un pode ser, debe ser, ó mellor: quén sabe. Comparádeo co Eólico e teredes unha visión ampla e mais certeira.

               Este súpeto cambio de criterio púidose deber a que dende Xénova se deron instruccións: o partido ten que dominalo todo e as cooperativas serían un instrumento pra manter no redil ós gandeiros, xa que pola boca, neste caso, se chega ó voto; tamén puido influír as protestas dos gandeiros en Santiago, que mantiveron sitiada á Xunta.

                   O Conselleiro do Medio Rural nega que a Xunta teña algo que ver no acordo; non deixa de asombrarme a facilidade con que este goberno da Xunta minte. El mesmo tivo unha reunión co Pascual na  sede da Casa de Galicia en Madrid, onde saleu o acordo a base de talonario.

                  As formas, os métodos e os medios empregados pra conquerir un resultado, son importantes, e todo o mundo se quedou asombrado de que cooperativas, algunhas con gravísimas dificultades económicas, sen poderlle pagar ó persoal, se fagan coa factoría de Pascual; o futuro da factoría nace dunha dúbida, ¿saber cánto nos vai custa-la Feixooada?,  e tamén da solvencia do proxecto.

                     Que Feijoo nos diga: ¿ por qué non quere un grupo lácteo galego, por qué torpedeou calquera proxecto de solvencia, qué fai, no medio, Nova Rumasa, si hai unha financiación irregular do PP, a conta do leite?.

18/12/2009 10:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PARTIDO O PRIMEIRO

20091219113009-hipocrisia.jpg

 

             Na xuntanza de presidentes  das autonomías houbo, por parte dos Presidentes do PP un plantexamento de partido, e ningunha intención de  chegar a  acordos. Tampouco se  sabía moi ben a que acordos se podía chegar, de aí, ante as vaguidades do goberno, os dous bandos chegaron a reunión con posturas definidas, aleccionados polos seus partidos.

             Os Presidentes son tan guiadiños, que a reunión foi como un diálogo do xordos; Parece que se pretendía chegar a acordos sobre a economía sostible.

              Por parte do PP fixo de portavoz Feijoo, home moi mesurado, dado a chegar a acordos. Na xuntanza  fixo gala do seu talante dialogante, con monólogos escritos de antemán, e que pouco tiñan que ver co que era o tema da reunión.

               Pra poñerlle a guinda á xuntanza, houbera sido bo que o PSOE mandara á reunión a súa Ministra estrela, pra que falara sobre as membras, que había poucas.

                 A estas xuntanza hai que chegar cos deberes feitos, e o goberno debeu pensar que improvisando era dabondo

                   As xuntanzas de Presidentes íanse a celebrar, como mínimo, unha anual, e temas houbo, pero facía case dous anos que non se celebraban, e eso foi salientado por Feijoo; magoa que non se lembre que el tamén suprimiu o debate  do Estado da Autonomía, i é que as cousas non se ven o mesmo, aínda que debían.

                  PP e PSOE teñen foros nos que se poden tira-los trastos á cabeza, aquí debeu primar mais o carácter institucional da  xuntanza, pero os actores principais, Chávez e Feijoo son bos pra líala, pero demostraron ser uns inútiles pro importante.

 

 

 

19/12/2009 11:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PRECISASE UNHA FUNDACION

20091221202346-identidad-corporativa.jpg

 

 

 

                 En vista do acoso constante que o goberno da Xunta está sometendo á cultura galega e todo o que teña connotacións con Galicia, eu penso que é moi urxente que se constitúoa unha fundación que axude a preservar todo o que de diferenciador teñamos como pobo.

                   Os recursos da Fundación poderían previr dos particulares, ( empresas e persoas naturais), ós que lles deberan ser de aplicación os correspondentes beneficios fiscais, as Administración Públicas, Central, Autonómica, Deputacións e Concellos; tamén de calquera actividade mercantil que exerza, (venda de obxectos, publicación de traballos, etc).

                   O seu obxectivo a defensa e promoción da cultura galega, non limitándose solo o idioma, que é o mais a ameazado, pola Xunta, ou Junta, tamén outros a outros campos como pode ser a creación e a traducción literaria, teatro, prensa, radio  televisión, sen esquecer eventos  deportivos que reafirmen a nosa identidade, ou campos tan esquecidos como a arqueoloxía, a investigación e o apoio ó desenrolo.

                    Como o idioma é o que corre un perigo inminente, A Mesa pola normalización lingüística debera poñerse ä tarefa e tratar de aunar esforzos coas outras asociación, facendo, entre todas, o xermolo do que pode ser a  FUNDACION.

                       Pra cada campo de acción debera haber un responsable: de lingua, de ensino, de teatro, de eventos, etc.. E moi importante un tesoureiro, debendo publicar un número de conta pra recadar fondos

21/12/2009 20:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A CRISE NON VAI CON NOS

20091222110203-nosforramos-0.jpg

 

 

             Vendo a xente mercando como posesesos, ou vendo cheos os restaurantes de luxo, constatamos que a crise no vai con eles.

            Do mesmo xeito a austeridade, ben entendida, da que tanto presumía Feijoo, era unha austeridade en sentido poético e aplicada sempre ós currantes, non a eles, nin ós seus protexidos;cando lle afecta a un mesmo, o sentido do voto é distinto.

              Tiven a oportunidade de escoitarlle a un señor, con pinta de garulo, unha xustificación pra non celebrar o partido da Selección Galega de Fútbol; segundo el, non sería de bo goberno destinar fondos públicos pra paga-lo partido de fútbol, hasta ai ben, a austeridade tráenos ese regalo navideño.

               A austeridade da Xunta é unha austeridade segundo pra que, non é o mesmo, por exemplo, os dependentes, pros que non hai  cartos, que as asociacións de ideoloxía ultraconservadora, pras que si hai; tampouco é o mesmo a promoción da cultura, pra que non hai cartos, que as subvencións a empresas particulares dos amigos, pras que si hai cartos; tampouco é o mesmo o  custo do partido da Selección de Fútbol, pro que non hai cartos, que o plus de altos cargos: Delegados, Directores Xerais, Administradores, Conselleiros .etc. pros que si hai.

                No plus de altos cargos, houbo no parlamento a conivencia vergoñenta do PP e do PSOE, que votaron xuntos pra mante-lo plus, impedindo que prosperara unha iniciativa popular pra suprimilo.

                   A xustificación do voto, opoñéndose á supresión dos plus de cese, foi tan kafkiana, que fai do Parlamento o lugar dos desatinos. Feijoo incluso falou de hipocrisía, si hipocrisía; non é hipocrisía presumir de austeridade e manter, ese ofensivo privilexio; sí é austeridade intentar suprimir un complemento pras pensións mínimas; total os pobres xa están afeitos ás estreiteces. Moitos prados verían como unha lotería cobrar 15.000 euros ó ano, estes privilexiados vanmo a cobrar dunha atacada.

                   !Que mal repartido está o mundo!, !que mal goberno!

 

22/12/2009 11:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PANTEON DOS PROXECTOS

20091223202728-imagen-del-libro-de-panteones.jpg

 

 

            Moitos  din que Feijoo non fai nada constructivo, en parte é verdade, segundo como se mire. Cargouse, un por un, tódolos proxectos do bipartito; coido que non lle queda nada por arrasar; así que si fai, desfai, que sempre foi mais doado que facer, sobordetodo pra quen non  ten outro proxecto de goberno, que non sexan vaguidades.

             Fai anos do Prestige; no aniversario, Feijoo declarou que gracias o PP Galicia está agora mais preparada, imaxínome que pra sufrir, porque precisamente gracias ó PP ensaiamos a cotío, e xa pensamos que nada vai superalo presente.

             Quere arrasar Cabo Touriñán, os ecoloxistas que antes berraban, e que algúns medios de comunicación, ligados ó PP,  aireaban e lle facían de altoparlantes, agora están en silencio. Os danos que Feijoo vai ocasionar en cabo en Touriñán serán mais grandes que os ocasionados polo Prestige.

             Despois de estar rompendo os miolos pensando que poden meter na cidade da incultura, ocorréuseme que, como dicía Fraga, é moito carto pra un museo da gaita, tamén pra biblioteca,  non espacio en que os libros non teñen un recoñecemento popular aceptable e que, claro,  como de cultura, xa que logo, non andamos sobrados, nin a esperamos, e  por riba Feijoo, o insigne Torquemada, quere pecha-la cultura galega non rocho e tira-la chave, podíamos convertelo no panteón dos proxectos  rebentados

23/12/2009 20:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FELICES FESATAS A TOD@S

20091224104909-feliz-navidad.jpg

 

 

               Poñámonos hoxe a mellor roupa e ollémonos no espello, convidemos nestas festas os recordos dende a infancia, busquemos no fondo do caixón as fotos de nadales pasados, alí está a de ese amigo inesquecible, a lembraza dos agasallos que nos fixemos, o  baile de fin de  ano, convidemos os recordos de aqueles que compartiamos a cena de noite boa, convidamos ó espírito do nadal, ese desexo de paz e amor que sentimos, abracemos forte eses desexos e deamos un bico á ausencia: Cando te fuches levaches ó corpo, per o os recordos quedaron conmigo,

Feliz nadal e benfadado aninovo a tod@s

24/12/2009 10:49 mmarcos #. sin tema Hay 7 comentarios.

MAL EMPEZAMOS

20091225112454-ladron-motos-2.jpg

             O PP inventouse o do código de boa conducta. Eu  cando vin a noticia abrín os ollos como pratos, porque xusto antes  saíu a noticia de que o PP habíase feito cunha alcaldía en Canarias co apoio e dos concelleiros expulsados dun partido por corruptos. Esto non nos colle de novas; ese suposto código, que xa nace morto, parece que ten o único fin de  dar unha imaxe da cortiza do PP; en Galicia e onde lle sexa posible, non reparan en medios pra coller o poder. Se teñen que mentir, menten; Se teñen que recorrer a medios pouco éticos, recorren, a moralidade non existe.

             Pra poñe-la guinda, Rajoy apareceu cunha restra de tomates, como se foran allos contra o mal ollo; o del, non é mal ollo, é o mal tomate, querendo culpa-lo goberno dos males dos agricultores. Non aparece cunha vaca leiteira, defendendo ós gandeiros galegos; debe ser que os gandeiros galegos son doutro mundo e Feijoo xa se encarga de telos de xeonllos.

                O código que se sacaron da manga non deixa   de ser un intento de desvia-la atención dos moitos casos de corrupción nos que están inmersos, pra que a xente non fale deles.  

 

 

25/12/2009 11:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O VELLO ZORRO

20091226112703-zorra.jpg

 

              Feijoo respira tranquilo, o vello zorro, que lle podía dar moitos problemas, ábrese, e vaise para casa; por fin xa, ningún galo lle vai entrar no curral pra crearlle o mais mínimo atranco.

              Non vou facer unha loubanza de Baltar, e menos facer leña da árbore caída. Solo recoñecer que, a súa maneira, traballou por Galicia  e especialmente por Ourense.

              Xunto con Cuiña, defendía un galeguismo dentro do PP, que chocaba coa doutrina de Feijoo; agora, como representante do que algúns chamaron a corrente da boina,  estaba cada  vez mais acurralado, o aparato do partido quitábanlle o apoio dos Alcaldes, que eran  a base do seu poder. Fai uns meses que fixo un sóndeo entre os alcaldes da provincia prea saber con que apoios contaba, o que lle sentou moi mal a Feijoo. O proceso de minado continuo e agora chegara a un punto no que se sínteo traizoado por moitos dos que antes lle xuraran obediencia.

              Baltar era un político profesional e sabía que a hora  estaba a caer, que a súa estrela estaba a se apagar e preferiu irse cando a gloria aínda era súa.

              É hora de pensar e decidirse, se é mellor un cacique á galega, ou un vendepatrias.

              Baltar fillo xa lanzou a súa campaña a presidi-lo  o PP de Ourense; quere ofrecer un perfil de moderado galeguismo, o cal choca coa liña de Feijoo e que é o que impulsou o seu pai a abandona-la primeira liña da política; se o Baltar pai non foi quen de soste-la corrente política mais galeguista do PP Ourensán, os que veñan pra ocupa-lo se posto, vanmo a ter mal

26/12/2009 11:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS PROBAS TRUCADAS

20091228110442-4712001.jpg

 

 

                     Na pasada enquisa, na que houbo un pronunciamento a favor  de que as probas de acceso á Xunta se repetiran, seguiulle moi de cerca os que se inclinaban polo cese do Director Xeral da Función Pública. Os que menos opinaban que non foran unhas probas limpas, coido que esta opinión, aínda que minoritaria, era compartida por todos.

                      Certo de que se houbo graves irregularidades, que fan dubidar da limpeza do proceso  e eso víase vir dende o momento en que anulan unha convocatoria en curso pra nomear outros tribunais.

                        En vista das irregularidades detectadas, os blogueiros, por maioría, opinaron que as probas debían repetirse.; penso que aquí é onde a GIGa debera haber pedido ó xuíz que dictara auto suspendendo cautelarmente o proceso selectivo,  e motivos había dabondo.

                        Os que se pronunciaron polo cese do Director Xeral da Función Pública, perderon por pouco, pero tiñan moita razón; aínda que penso que de cesar ó Director Xeral, tamén debía cesar ó Conselleiro da Presidencia, que foi quen organizou a lea e é o máximo responsable, aínda que non se  deu esta opción; por certo, O Conselleiro da Presidencia declarou que o bipartito obrigaba á xente a ir os partidos da Selección Galega. Eu poño a el baixo a sospeita de ser o único responsable  da desfeita dos exames; resúltame incomprensible que suspendera os procesos selección de persoal, pra nomear novos tribunais e dar lugar a unha ampliación de prazo pra presentar solicitudes pra participar nas probas, sendo de ese sector os casos sospeitosos. Nade en 45 días prepara unha oposición, a menos que haxa gato encerrado, e el deses manexos, e de como sacar unha oposición sen machucar o temario, seguro que sabe

                          Por fin houbo interpelacións parlamentarias  sobre os escándalos de filtracións nas probas de acceso á Administración Autonómica; pero non se aclarou nada, o PP non foi; eu tampouco

28/12/2009 11:04 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

AS COUSAS VOLVEN O SEU

20091229110655-1247770311417-f.jpg

 

LIMMIAR : A viñeta do artigo de onte é a foto dun "COUSO". un couso era un tipo de construcción, algúns bastante     , hasta que lograban que se meteran no couso, o acoso continuaba hasta que caían no foso, que estaba disimulado con rgrandes, que consistia en duas paredes de pedra, e forma de uve, rematando nun foso, costruido na vértice,  no que cuncrrían as paredes. A finalidade do coso  era dar caza e morte ás alimañas e animais brabos en xeral. Ian  acosando os animaisamas e  daban alí morte ós animais. Preguntáronme que era un couso, e es a é, mais ou mewnos, a  resposta.

 

                 O TSXG quítalle a razón e ós argumentos ó PP pra suspende-lo eólico. A cuestión é: ¿agora que vai pasar?, sobretodo con esas adxudicacións que o PP estibo dando, sen amparo legal ningún, como a que lle deu agora a toda presa a Iberdrola, o amparo dunha norma administrativa do goberno Fraga, recuperada milagrosamente do baúl dos recordos, pro caso.

                 Unha vez escóitenlle a un profesional da saúde  que:  un médico intelixente, sendo cauto era bo médico, un médico pouco avisado sempre será un mal médico, pero un médico moi listo e pouco cauto é un perigo. Un mal político e con mala fe e o mais perigoso  dos profesionais, non solo lle fará dano a un o a moitos cidadáns, tamén fundirá o pais.

                 Coa resolución do TSXG parece que todo queda claro, pero estou seguro que quen fixo unha aposta con bens alleos non se rende; e fará o que sexa, non lle importará pagar indemnizacións, total os cartos non son seus e o pais non lle importa.

                 Teño o presentimento de que os xulgados van ter moito traballo coa política de Feijoo.el quere deixar pegada na historia e pagando a conta outros insistirá.

                  Dalgún xeito terá que indemnizar ó pobo galego polo dano  que lle fai; a cuestión é ¿cómo?

 

 

 

 

29/12/2009 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CAEN NA TRAMPA, nada é o que parece

20091230105825-engano.jpg

 

                 O BNG, coa mellor intención apoia a Feijoo na Lei de Caixas, o sorprendente é que os incautos se deixen seducir por semellante personaxe, que ten amosado a patiña varias veces. Feijoo quere sustitui-los conselleiros na administración das caixas por uns  afíns e quitarlle poder o PSOE.

 

               O mellor fusiona-las dúas caixas galegas pra que sexan absorbidas polo grupo que dispoña Xénova; os do BNG axudándolle.

                Se tedes un BNG a xeito, dádelle unha  chapada pra que esperten, porque é intolerable que o Bloque referende o asalto de Feijoo o sistema financeiro galego e poña en perigo os fondos  que as vilas reciben pra asistencia social.

                 Aínda que Feijoo repartira cartos  nestas festas como facían algúns emperadores, eu non os collería; seguro que Feijoo os ía a empezoñar pra  desfacerse dos necesitados, pra mais ir con el, como fixeron os incautos do BNG..

               Se Feijoo boicoteou a constitución dun grupo lácteo galego, hai que ser pinpín pra cre-lo do grupo  financeiro galego; el non é quen de contradicir a Xénova, e a estratexia está deseñada dende alí, o gran mestre Montoro é o que decide.

30/12/2009 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GALICIA PODE ESPERAR

20091231112402-galiza-non-se-vende.jpg

 

 

          Galicia é como unha nai á que lle saen tódolos fillos uns lampantíns, ou a noiva que pasa a vida esperando; ningún político a ten como o cerne da súa vida pública, indígname que a utilicen como unha mercadoría, que sempre estean dispostos a vendela por un intres cativo, ou unha gloria efémera

          Pensaba adicar o artigo de hoxe a facer un balance das promesas dos políticos e do cumprimento das mesmas durante este ano que remata; así como a valoración que me merece cada un deles, pero desisto, non merece a pena.  

          Feijoo non da asimilado que é presidente de Galicia e sempre que ten oportunidade de defender outros intereses, esquécese do seu papel institucional e a quen representa,  actuando como seareiro do PP.  A razón pode ser que el ten grandes esperanzas, que pronto se vai a ir pra Madrid; dese xeito Galicia é un amor de verán, un pasatempo, namentras no o chaman pra ser emperador.

            En Galicia pouco para, anda polas Españas, dando receitas políticas e participando en festexos populares, aínda que os asesores de imaxes non viron oportuno que asistira a unha  tenta privada, por si alguén quitaba fotos.

           A nivel Institucional é ninguneado por Madrid e asina o que Xénova lle di, aínda que sexa inasumible pra Galicia, como o asunto da financiación.

             El fai mais ben pouco, ou nada, por darse a valer cando representa a Galicia; a min dóeme o pouco  carisma Institucional que ten, pero vendo as súas actuacións nas reunións Institucionais, no se pode esperar outra cousa.

31/12/2009 11:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris