Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2009.

20091001102734-amenazas-.jpg

      

            Por ssuposto, falan na lingua do imperio, e Gloria Lago, a vosa dereita, está ecuipada pra unha guerra química pra aniquila-lo galego

 

           O asunto dos Audis non é unha cuestión baladí, Despois de ser unha das armas, unha das bombas sucias, utilizadas polo PP en campaña, coa demagoxia típica do PP, que facía crer ós electores que o bipartito paseábase por Galicia en coches de luxo, marca Audi, deixando de lado os coches citroën; agora vainos regalar; vai regala-los coches que eles mesmos mercaron, namentres Sogama vai pagar unha fortuna por alugar coches similares ós que Feijoo vai regalar. !que cara!

         O dos Audis xa aburre, pero foi tal a insistencia no tema, polo PP, que fai difícil que esquezamos o asunto.  Eu quixera que o tema se tratara mais, que se relacionara coa austeridade que prometeron en campaña. O dos Audis, os que quere regalar. Touriño, o pusilámine Touriño, non lles respondeu en campaña e aclarou o tema, deixando que a mentira adquirira visos de certeza. O certo é que se atoparan fronte a dúas peras en doce; pois tanto Touriño como Quintana  puxéronlles as cousas fáciles.

             Tanto que pregoou a austeridade, que houbo quen o mellor llo creu; eso foron promesas electorais, que logo se esqueceu delas nadamais chegar ó poder. Na Administración Periférica é onde mais se nota o despilfarro   deste goberno, incrementouse o gasto, non solo polas creacións dese enxendro de Superdelegacións, senón polo incremento de retribucións dos Delegados Territoriais, os LD cesados e que seguen cobrando sen facer nada e os parques móbiles provinciais.  Deica agora, descoñezo que a oposición teña unha proposta sobre a Administración; gustaríame coce-la opinión, se é que a teñen.

            Algo que me resulta curioso é como dentro desa órbita política do poder se recorre á ameaza: pois dende Gloria Lago, o mesmo Feijoo, pasando   polo Conselleiro de Educación recorren á ameaza como algo que pon o punto final de calquera discusión. Eu recordaríalle ós ameazantes que é certo que Galicia é pequena e que todos nos coñecemos, pero Vigo aínda é mais pequeno.

            A    visualización da austeridade o actual goberno queda reflectida na partida de 150.000 euros qe Sogama, empresa da Xunta ten este ano pra alugar coches dunha gama similar ós que quere subhasta-la Xunta. ¿De qué sirve o comentario?.

 

 

01/10/2009 10:33 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

AMEAZAN O CONCELLO DE VIGO

20091002110649-uribito.jpg

             O Concello de Vigo saca unha  convocatoria pra  cubrir 28 prazas en urbanismo; esto irrita o PP, mais que nada porque non foron eles os cas convocaran, e amañaran as normas da convocatoria.

              O Director Xeral de Administración Local, íntimo  amigo de Rueda, do que foi compañeiro no Concello de Cambados,  e que ten no seu curriculum persoal a pertenza á  dereita mais nostálxica, mesmo figurou como  candidato nas listas de falanxe. Como dicía o  PP, por medio deste Director Xeral, cominou o Axuntamento de Vigo pra que suspenda as probas convocadas, xa que vai esixir unha proba de Galego, non eliminatoria.

              No caso de que as probas no foran paralizadas, ameazounos con suspendelas el directamente. Esta é a 4ª ameaza do goberno  da Xunta no que  vai de ano. Teñen modais de matóns de barrio.

             Funda a súa oposición en que a convocatoria incumpre a recente reforma da Lei da Función Pública de Galicia que o PP, unilateralmente, levou a cabo pra elimina-lo galego das probas de acceso.

             O Concello de Vigo alega o seu favor a Lei de Réxime Local, artigo  6. O mais importante é o afán do goberno da Xunta en suprimi-la autonomía municipal e gobernar Galicia dende San Caetano.

            Xa me parece dunha mesura e un escrupuloso ríspeto á legalidade o contido d convocatoria, na que o exercicio de galego non é eliminatorio.

            Esta leria que lle entrou o PP co galego, amais de facer patente a súa animosidade contra do galego, tamén pon de manifesto a súa falta de ríspeto  polos administrado; négalles o dereito a que as Administracións Públicas os atendan no seu idioma. Eso demostra que nos ven como unha colonia dun estado opresor, que nega tódolos dereitos, que ademais, vennos como súbditos, non como administrados, nin ciudadanos. 

            Os municipais que están de servicio no Concello de Vigo xa saben que teñen que ter coidado cun señor vestido de azul, que vai asalta-lo concello pra metelo en cintura, é poderoso, actúa e ameaza no nome do lado escuro.

 

02/10/2009 11:08 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MORAL DE RICOS E MORAL DE POBRES

20091003110917-amenazas.jpg

 

 

 

 

 

            O dereito ó aborto, na súa regulación legal, foi unha conquista  das mulleres, calquera modificación que se leve a cabo, pra lograr un adianto, tamén será un logro delas. Todo xira en torno seu, porque son as protagonistas e principais afectadas. Como non son muller, opinar dun tema que as mulleres lles afecta tan directamente, é meterse voluntariamente nunha discusión, que nunca se sabe como acabará, ademais, non me sinto lexitimado.

           Por evitar discutir dun tema, non vai desaparecer, polo que o mellor é sacalo á luz.  O asunto non se limita solo a se as mulleres poden decidir sobre o seu corpo,  tamén hai mais persoas implicadas no tema, que precisan ter as cousas claras pra non coquetear coa difuminada liña da legalidade; refírome en concreto ós profesionais da medicina, precisan ter un amparo legal pro exercicio da profesión, non lles podemos pedir que sexan funámbulos e que camiñen a cotío polo aramio.

             O exercicio da cláusula de conciencia parece un dereito lóxico, pero presenta problemas que é preciso matizar; pra empezar, é o mesmo que si negaran unha transfusión de sangre por razóns de crenzas relixiosas. Entón xurde a gran dúbida: é mais importante as crenzas persoais do galeno, ou a saúde da muller, xa sexa física ou moral, se é non centro público; porque se seguimos por ese camiño, o médico pode negar calquera intervención, mesmo coidados paliativos; xa vimos o que lle pasou o Dr Montes.

            Qué pasa cos médicos que nos centros públicos exercen a cláusula de obxección  e logo fan a intervención en centros privados. Eu prohibiríalles, de por vida, exerce-la medicina en centros públicos.

             Vense de aprobar a dispensa en farmacias, sen receta médica, da pílula  do día despois ou poscoital, penso que é un erro a falta de control médico, pois actúa como unha centrifugadora e o abuso, sen dúbida non pode ser san, haberá quen a tome tódolos fins de semana.  Leva tamén, moi importante, que se baixe a garda sobre doenzas de transmisión sexual. Eu poñeríalles unha condición: Terían a obriga de acudir a un exame médico posterior pra avalia-los efectos da droga e pra descarta-lo contaxio de enfermidades de transmisión sexual.

            Non quero pensar mal, pero vende-la pílula se receita médica, supón que non ha vai paga-la Seguridade Social, agudo o goberno.

            As ricas nunca tiveron problemas, nin límites pra abortar; o límite poñíao a carteira; é pois, un problema de pobres. O que nos leva a dobre moral; unha moral pra pobres e unha moral pra ricos.

             Mentres a Xunta, no seu bo goberno dálle unha xenerosa subvención a unha organización antiabortista e négalle unha axuda ó concello da Coruña pra restaurar topónimos, cousas distintas, con desenlaces tamén distintos.

             A xunta do PP ve ás mulleres como seres sen personalidade propia, o mesmo, exactamente o mesmo que as vía o fascismo durante a guerra civil e a posguerra: “como o descanso do guerrero”.

            Frase dun membro do goberno Autonómico: “Axudarémoslles a ser nais”; unha frase que estremece,  ¿e se elas non queren?. ¿haberá violacións en serie?. Haberá violacións das súas conciencias, terán que face-lo que lles diga o PP

             Algúns profesionais da farmacia queren exercer a obxección de conciencia. Que a exerzan e que lles quiten a concesión por non cumpri-la función da farmacia.  

03/10/2009 11:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PROGRAMA PRA VINDEIA SEMANA

20091004110615-axenda-21-novas.jpg

 

 

O GÜRTEL EN GALICIA

 O que parece se-lo inicio dun culebrón

 

 ¿ ESTAMOS NO 1936?

 

Parece que algúns viven atados o pasado e son incapaces de superalo

 

O     BEN AMADO

O Conselleiro de Educación médranlle os ananos

 

POLITICOS E MACARRAS

 

 A festa do PP en Silleda foi un espectáculo que non defraudo

 

COMO ERA VISTO O GURTEL MEDRA

 

O lixo chégalle a Telmo alcaldable do PP para Pontevedra

 

O AUTO DO EOLICO

Hai quen pensa que é unha insólita resolución xudicial, na aliña da do de Gürtel en Valencia; insólita si que é, pero lóxica tamén.

 

 

          Quedou sen saber quen era o pai do polo. Sabíamos que a nai era a galiña de Casares; mais ningunha das opinións atopou parecido dabondo para dar co pai. Sabemos que ten pluma, porque é ave, tamén que é azul: eso, a verdade é que nos confunde; polo que o mellor é facerlle as probas de paternidade

 

           Esto é solo orientativo

04/10/2009 11:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O GÜRTEL GALEGO

20091005090247-9788483025628.jpg

                                       

            Moi sospeitoso, pero que moi sospeitoso. O PSdeG di que a trama Gürtel tivo fortes implicacións en Galicia e cita a Negreirea  cando era Presidente do Grupo de Portos e Crespo  vocal. Daquela Feijoo era Vicepresidente do Goberno Galego e era notoria a súa amizade con Negreira, a mais de se-lo Conselleiro do que dependía o Grupo de  Portos; por eso, que agora renegue del, recórdame a San Pedro cando renegou de Xesucristo, e fai medralas sospeitas. Crespo, o agora detido pola trama Güertel, era vocal do Grupo de Portos. Os tres, pois, están no asunto e teñen que dar contas  no Parlamento, non poden seguir votándolle a culpa os grandes expresos europeos e o xudaísmo internacional; a teoría da conspiración xa no lles vale.

            Sitúan a Louzao, Presidente da Deputación de Pontevedra, como o home de Gürtel no sur de Galicia; que o mesmo fai convite con papancia e entradas á  corrida de touros, ó que  asisten políticos do PP, ós que antes agasallaba o Axuntamento, ata que o Bloque tomou o poder; pero tamén hai algún significado socialista nesta festa a conta do diñeiro público,- (sinvergonza quen o organiza e sinvergonza quen vai)-, Louzao que adxudica contratos a Güertel a cargo da Deputación; un home que sabe camiñar polo fío da navalla.

            Pachi Vázquez anunciou que seguira coa investigación da trama Gürtel e a súa conexión co PP de Galicia, aínda que o ameacen e lle manden aprendices de matón a súa porta, en  referencia ós membros de Novas Xeracións que o acosaron no seu domicilio.

              As novas evidencias de Gürtel co  PP, en especial co PP de Galicia e con Louzao, descóbrense a raiz da apertura dunha caixa de seguridade que Pablo Crespo tiña en Pontevedra.

               No informe do Tribunal de Contas do ano 2004 destápase a relación de Negreira coa trama Gürtel. Negreira e Crepo en Portos e Feijoo de Conselleiro de Ordenación do Territorio, foi un equipo que se marchou porque perderon as eleccións.

                A verdadeira conexión do PP de Galicia co grupo Gürtel aínda está por descubrirse, deica agora só aflorou a punta do Iceberg; pero dubido que estas perigosas amizades teñan unha repercusión electoral; o electorado actúa animado por outras cousa, aínda que sexan irreais, e teñen descontado a corruptela dalgúns políticos. nembargantes o electorado é cada vez mais crítico e pode pasar factura polo engano masivo e a propaganda sucia.  

05/10/2009 09:03 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

¿SEGUIMOS NO 1936?

20091006111803-250px-torture-inquisition.jpg

            Pra algúns,  despois de 70 anos, a crueldade da guerra  civil sigue; xa non son os protagonistas directos daquel horror; hoxe manteñen viva a chama do odio os herdeiros;  nade pode odiar tanto  e    durante tanto  tempo. Foron moitos anos de odio, unha noite moi pecha que se prolongou no tempo; un tempo, no que coexistiron dúas razas  de humanoides: os amos   que vivían no lado escuro e os explotados. Eran tempos nos que os explotados tiñan prohibido  pensar, e pra controlalo levaba un colar ó pescozo, que detectaba  calquera signo de actividade cerebral;  entón activábase o colar e voáballe a cabeza o suxeito. Solo se podían xuntar pra aparearse e reproducirse. O fornicar sen que fora con ese obxectivo era pecado e estaba prohibido, menos pros amos, ou señores do lado escuro; podían fornicar polo solo pracer; os guerreiros tiñan que   relaxarse, e as Vader femias tiñan a obriga de compracelos.

              Pretendeuse algo mais discreto e permanente que o control que se facía co colar; o doutor Esperimón inventou un sistema de manipulación xenética que desenrolaría individuos dóciles, moi útiles pra traballar e obedecer; a reproducción faríase en laboratorio, co  que se eliminaría calquera método anticonceptivo, que puidera priva-los amos dos servicios dos servos.

             Cando  Darth Vader morreu, apagouse o imperio do lado escuro, quitáronse os colares, e a xente xa puido pensar:  á xente xa non lle importaba que o acto de fornicar tivera que ser pra procreación, ou que fora pecado. As femias xa non era o descanso do guerrero, agora eran donas de si, dos seus actos e do seu corpo. Parecía que, o fin,  camiñabamos cara a liberdade.

            Algo non foi ben, os explotados estaban acostumados a transixir e a soportar privacións, pero os señores do lado escuro  non sabían vivir sen os seus privilexios. Neles, despois  de tanto tempo, produciuse unha mutación xenética, que a transmitían, e segundo a que xa non sabían vivir nun mundo compartido, de dereitos e obrigacións.

             Deixando o mundo das fabulacións, no que lle gustaría vivir a Álvaro  Cunqueiro, imos volver o día a día, e veredes que segue nesa irrealidade, dese mundo que antes pintamos.

              O PP oponse á aplicación da lei da memoria histórica, eso que xa levamos trinta anos de democracia; un xeito de vivir que eles aceptan de mala gana.

              Non pecharíamos unha relación citando A Coruña, Guadalaxara, ou o Val dos Caídos. O do Val dos Caídos é espeluznante; como non tiñan bastantes víctimas do seu bando, violaron as tumbas colectivas dos que asasinaron, e trasladaron os restos o Val dos Caídos; imaxinade o sufrimento engadido dos familiares dos asasinados cando souberon do feito. Solo pensar que os seus ían descansar nun medio hostil, tiña que ser horroroso.

            Agora, a Xunta do PP obstaculiza a aplicación da lei da memoria histórica, e poñen no mesmo cesto as víctimas e os verdugos. O PP segue a lexitimar o réxime franquista, unha dictadura tan cruel, que non se coñece na historia unha semellante, tendo que nos remontar a Nerón pra atopar algo parecido.

            A sublevación de Franco puido triunfar pronto e aforrar moitos mortos e a devastación do pais; pero el quería eliminar calquera tipo de resistencia, e asasinou, sen piedade, ata que reduciu o pais a cinzas pra crear o seu reinado de terror, que solo rematou cando morreu.

              A pervivencia de algunhas ideas e maneiras antidemocráticas, subsisten, pola peculiar transición española, onde non houbo ningunha depuración.

06/10/2009 11:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O BEN AMADO

20091007105706-mani-2009-gnsv.jpg

 

           O ben amado, ou non tan amado Conselleiro de Educación, ese que tira a pedra e esconde a man; amado polo ensino privado, pro que sempre sobran cartos, escapista e tacaño pro ensino público, ó que lle quita docentes, recorta As axudas pra material, a dotación económica ós Centros, as prazas de comedor, ó ensino do galego, etc., vótalles a culpa ós pais dos alumnos de que xiren os planetas, o bipartito dos problemas que non é capaz de resolver, porque a súa ciencia é limitada, ás protestas dos pais, porque non se moven por problemas reais, senón por criterios de opinión; claro, seguro que eses pais aínda non se entearon de que agora a opinión ten que coincidir coa súa; as demais son inspiradas polo ouro de Moscú, o xudaísmo internacional e os grandes expresos europeos. Non é normal que se declare persoa non grata ó conselleiro, como acordaron nunha escola de idiomas; pero en moitos centros, aínda que non fixeron eso, se se presenta ármanlla.

            A Austeridade, na que esconden as súas ideas de recortes dos gastos sociais, chocan coa liberalidade e o dispendio que fan con algunhas organizacións ultras, en Educación e outras consellerías.

            Recorte ou desorganización, falta de ideas; pois as poucas neuronas que teñen empregáronnas en destruír, e agora o músculo non lles funciona e o cerebro menos; os Colexios empezan o curso sen diñeiro pro mais básico. Xa vexo ós pais dos nenos levando papel hixiénico pros colexios, pra logo, unha vez  usado, levarllo á Consellería pra que o reciclen.

           Vin xente no monte, que pensei que andaban os cogomelos, pero non, eran pais da alumnos que apañaban leña pras vellas estufas que terán que acender no inverno pra que os nenos non pasen frío; porque o Conselleiro vai quentar solo o seu cu, e os Colexios quedaran sen calefacción

              A suba do 15% nas taxas de comedor choca co   feito da baixada de prezos dos productos usados, tamén coa crise económica que viven as familias. O Conselleiro debe pasar mala noite, por eso á mañá se lle ocorren estas cousas, aínda que o mellor é unha estratexia feixoniana de  desprestixio dos servicios públicos; facelos caros e malos pra acabar con eles.

07/10/2009 10:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

POLITICOS E MACARRAS

20091008115440-feijo-1.jpg

 

 

             Na festa de Silleda había de todo, do que había non  faltaba de nada. Moitos políticos, normal; tamén había macarras; houbo discursos mitineros, vamos, de todo.

            Os macarras son persoas, fundamentalme chulescas, cun xeito parasito de vivir, pagados de se mesmo e que pensan que todo lles  está permitido. 

            Entrando na política, podemos dicir que estes días foron días moi revoltos en  política, pero o ollo da política galega, o mais salientable, foi a xuntanza de Silleda; alí non foi solo un lugar pra luci-la mantilla española; non estar no evento podíache supoñer que te afastaran do poder; había que demostrar que se era un adepto da causa.

             A mesa, á que lle podíamos chamar presidencial, estaba moi poboada, non faltaba o caporal, e lucía, como un unto, a cabeza do Presidente da Deputación Pontevedra. Non sei se repartía tabaco ou outras cousas, porque aquela zona era moi visitada, o mellor solo era pra que os visen, ou pra luci-lo tipo.

             Canto mais próximo estabas o poder era sinal de que       eras dos afortunados, e eso notábase no lugar da mesa na que estabas; naquel sarao de mantillas españolas e banderilleros importaba,  e moito, estar perto do torero.

             Quero que, por un intre, pechedes os ollos e fagades unha representación imaxinaria da festa de Silleda: Empezamos polas das mantillas, con capas de pintura pra sacar anos, tantos anos que o final non se sabía que clase de animal era; mozas en idade de merecer, que paseaban inquedas, cunhos vestidos curtos e tacóns e unhas pernas largas, largas.......Os persoeiros vestidos de banderilleros, entre os que sobresaía Louzao, na primeira fila, a pelo, é un dicir, cunha cabeza como un unto brillando baixo o sol, o estreito traxe facía que as xenerosas carnes se lle desbordaran;   ningún gaiteiro; cando o toureiro fixo o paseillo pra ocupa-la presidencia da mesa, os muletillas tirábanlle os capotes o seu paso; as señora de peineta e mantilla lanzábanlle maliciosos bicos( algún home tamén), as mozas retorcíanse, xirando á dereita e esquerda pra qque se lle viran os perfiles. Negreira non estaba, fora o Cuartelillo pra presentar unha denuncia contra dun camareiro bébedo que lle quixo trincharlle a cara, o confundi-la cun molete de pan. Moitos pensaban que ía na Garda Civil pola trama Gürtel, pero non , de momento todo está ben atado; o día que se solte vai cubrir a moitos de merda.

             O goberno da Xunta recorta en gastos sociais, pero a festa de Silleda era a típica dunha casa grande. !                                        menuda enchenta!,

             A entrada á casa de Pachi Vázquez, estaba bloqueada por unha manifestación de unha ducia de seareiros do PP; Pachi aínda non sabe do poder dun alcalde do rural; a mais a que se lle ocorre reformala cociña da vivenda e cambiar as portas interiores e outras cousas, sen o permiso do alcalde. Se o Axuntamento lle corresponde cobrar unhas taxas polas obras que fixo, hai uns canles legais pra facelo; ou non está moi claro o devengo das taxas, ou se lle quere intimidar pra que non fale dós que con diñeiro público promoven mocións de censura,  provocan a inestabilidade nos Concellos e perverten o sistema democrático. Por certo, unha moción do Grupo Socialista do Parlamento Galego pra que o Tribunal de Contas investigara a contabilidade da Deputación de Pontevedra e uso que fai dos diñeiro de todos, foi rexeitada polo PP.

 

08/10/2009 11:54 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

VAISE DESDAPANO O GÜTEL

20091009113024-4700.jpg

 

            Con motivo do artigo que publiquei sobre o Gürtel  en Galicia, dicía que o que se sabía do Gürtel  en Galicia era solo a punta do iceberg.

              Con esto do quecemento global os xeos do polo norte vanse derretendo e despréndense bloques, ós que as correntes mariñas arrastran pra  Galicia. Nun deles ondeaba unha bandeira       de pirata, parecía unha gran illa deserta, que aboiaba no atlántico; non traía letreiro, pero xa a OTAN sospeitou de que podíaa ser o Gürtel, que se dirixía a Galicia, e que o artefacto solo era perigroso pro PP. Da parte sumerxida despréndese de cando en   vez unha boia  de  xeo co nome dun implicado. O iceberg viaxa lento i é unha incognita súa chegada e que segredos irá soltando no camiño. Os alcaldes do PP da costa xa se lles deron instrucción pro caso de que chegue o seu concello: 1º negalo todo, 2º decir que é un artiluxio dos Socialistas e dos Nacionalista pra  desprestixia-lo PP e en 3º lugar, manda-la policía municipal    a prende-lo artiluxio.

              Esto ensínanos que a merda, aínda que  a mandemos ó Polo Norte, termina volvendo.

              Telmo, exalcalde do PP en Sanxenxo, autorizou unha macrourbanización dunha empresa de Gürtel, que non tivo o visto e prace do goberno e foi paralizada polo Bipartito, imaxínome que  agora non  terá problemas. O proxecto contou coa oposición veciñal e de grupos ecoloxistas e gozou de importantes privilexios outorgados por Telmo, que parece comprender moi ben ós especuladores. Os socialistas de Pontevedra pídenlle que aclareo  financiamento da campaña municipal; el di estar tranquilo.  Non hai como ter a moral lasa,

             Pachi Vázquez, Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, dixo que non o ían a deter con ameazas, nin con chantaxes e seguiría denunciando as conexións do PP de G coa trama Gürtel. Recordemos que o PP lle mandou a un grupo de Novas Xeracións o seu domicilio particular, e eso debeu cabrear bastante a Pachi; pero xa lle buscaran por onde presionalo.

             Ignoro si hai investigación oficial en Galicia da trama Gürtel, de calquera xeito, de habela espero que non a tapen o mesmo que en Valencia, onde o dos traxes era unha anécdota, xa que o verdadeiramente importante era a financiación do PP valenciano.

             Eu non sei moito de logaritmos neperianos, nin de matemáticas financeiras, pero teño unha incógnita que non consigo resolver; na campaña das municipais de finais dos noventa,  mais nas autonómicas, parece que Gürtel financiou con diñeiro negro a metade do coste da campaña do PPg, segundo documentos que a policía achou nunha caixa de seguridade do Banco Santander; agora aparece como o segundo partido en gasto electoral, detrás do PSOE, na pasada campaña autonómica. Gastaron moitos cartos, non me saen as contas. ¿algún día saberase a verdade?, ¿irase sabendo, pouco a pouco?. Esto  continuará.

09/10/2009 11:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS VENTOS DA DISCORDIA

20091010090413-emule.jpg

 

           Zoa o vento en Pena Partida, son ventos que traen a chuvia do outono; nas carballeiras soa un mormullo lastimeiro que chora o tempo que pasou; un outono que esta deixando as polas dos carballos denudas, e o chan cuberto de follas secas, que agochan os ratos que andan á busca de landras pra pasa-lo inverno.

           No souto do lado as castañas seguen caendo cunha cadencia, solo alterada polos refachos de vento. Cando chegue a noite aquel tamén será o lugar dos porcos bravos.

           Son ruídos de sempre, cuxo orixe se perde na noite dos tempos; agora temos os dos xigantes plantados no outeiro grande; moven os seus enormes brazos como se quixeran coller o vento coa súas poderosas mans. Dicen que tamén os van a instalar nos outeiros pequenos. Antes coa repoboación forestal deixáronnos sen monte, agora quérennos deixar sen vento. Prometéronnos que íamos ter unha pequeniña parte no negocio, pero a cousa deu  a volta e quedamos sen vento e sen participación; foi como sacarlle unha lambetada a un neno, E se protestamos seguro quen nos mandan a Garda Civil.       

           O asunto vai traer rabo,   xa que agora o TSXG, dictou un acto conforme ó que se suspende provisionalmente a adxudicación do concurso eólico. Neste auto cada un parece       que ve o que lle convén; namentres a Xunta de Feijoo ve un respaldo a súa decisión de paraliza-lo proceso de adxudicación.  A doutrina científica amosa a sorpresa polo sorprendente auto, xa que se aparta do criterio seguido en actuacións precedentes, no que era moi restrictivo a hora de dicta-la suspensión, contra da eficacia inmediata dos actos administrativos.

           A opinión da Xunta carece de rigor científico e soamente ven a resolución como un seareiro de parte, pola contra, comentaristas expertos na materia, amosan a súa perplexidade polo auto, xa que o prexuízo sería maior coa paralización do proceso, que levará á perda de beneficios económicos que outorga a Administración Central, e o recorrente non se lle esixe caución pra responder, no seu caso, deses prexuízos.

            Da sociedade recorrente é accionista un alto cargo de La Voz de Galicia, de ai a campaña mediática que organizou a Voz de Galicia, co gallo do reparto, e  apostura do inxenuo de Touriño.

            Ó menos, dous beneficiarios do reparto do eólico personáronse como parte no proceso, pra opoñerse ó demandante, pero a Xunta non se personarse pra defensa dos seus propios actos.

            Pros beneficiarios no reparto o Auto non é malo, pois aínda que non crea xurisprudencia, porque eso é solo competencia do Supremo, si crea un precedente, no que apoiarán as súas peticións de suspensión. Esto vai ser un proceso longo e liado

 

10/10/2009 09:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A AXENDA DA SEMANA , e recordade

20091011111844-mani-2009-gnsv.jpg

 

                                            -PROLINGUA

            Nace vizosa e decidida a defende-la lingua; facía moita falta, ¿a ver ónde chega e o que dura?

 

-¿É FEIJOO   INOCENTE?

           Vendo dónde sopran os ventos, cada pao, palabras súas, que aguante a súa vela, que non faga como que o asunto non vai con el.

-NON ESQUECEMON O PRESTIGE

            A xustiza teno de actualidade, pero nade puido esquecer aquela traxedia.

 

-XA NON PODO MAIS

          As noticias coas que nos golpean os xornais, estropéannos o café

-OPERETAS

           Ó noso Presidente gústalle a farándula; monta o entremés e Madrid ou Bruxelas

-¿CARBALLO OU REBOLA?

 

            Entre eles veña o demo e escolla: Rajoy-Zapatero; Vázquez ou Ana Mato

 

          Si o goberno me deixa algún día libre, quixera dedicar ese día á literatura

11/10/2009 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PROLINGUA

20091012105908-ferrolfgfeijoojo1.jpg

 

          Galicia Monolingüe está a xerar certos radicalismos, ós que persoalmente non me opoño, nin os defendo, xa que lle corresponde opoñerse a eles quen lles da gasolina. Aínda que non é o mais ideal promover posturas radicais na defensa do idioma, creo que entra dentro do concepto de lexítima defensa. Dende logo non sería desexable que se xerara unha división na poboación e que se crearan barricadas ideolóxicas co gallo da lingua; mais ese é o camiño que segue o goberno da Xunta, animado polos ideólogos axitadores de Galicia Monolingüe.

          De momento ven de nacer PROLINGUA: unha organización apartidaria, sí política, na que se integra  xente de todo o arco ideolóxico galego, incluíndo xente do PP.

          A pregunta é inevitable: ¿ Cómo pode Galicia Monoligúe determinar, algo tan sensible, como é a política lingüística do goberno?. É sabido o escaso apoio popular de Galicia Monolingüe, nembargantes o goberno galego dálle un cuantioso apoio económico, cos cartos de todos, e asígnalle a calidade de interlocutor privilexiado pra  todo o relacionado co galego.

           Tamén na toponimia parece que ten que dicir Galicia Monolingüe, tanto este grupo como a mais tramontana rama do PP, queren eliminar todo vestixio do galego, incluso nos nomes dos lugares. Actúan borrachos de poder e coa ousadía que da a ignorancia.

           O topónimo de Sanxenxo, que os ignorantes, e pretendidamente sabidos, traduciron por Sangenjo, cando   si querían facer unha boa traducción  tiñan que ser San Ginés; o mesmo que “el niño de la guía”, traducción de  -niño da aguia- é dicir: -nido de águila- . eso é unha mostra do nivel cultural que tiñan e teñen.

           A Toponimia que pretende Galicia Monolingüe e algún sector do PP é un retorno a ese monumento da cultura franquista.

            De alucine a acusación a Galaxia de promociona-lo uso do galego; Galicia Monolingüe entende que a política da editorial Galaxia prexudica ó castelán.

            Do poucos que son, e o moito ruído que fan comprendémolo, cando o mesmísimo Presidente da Deputación de Pontevedra lle esixiu o presidente da Mesa de Normalización que de explicacións sobre o presuposto. E dicir o Presidente dunha Administración pública, sospeitoso de corrupción e malversación, esíxelle a unha entidade privada explicacións sobre o presuposto. A implicación de certos poderes públicos en Galicia Monolingüe é evidente, e utilizan esa formación pra que outros Poderes Público os sigan.

            A xunta    suprimiu as  axudas ós grupos de normalización do galego no ensino; espero que non quiten a do tabaco, porque aínda que o  tabaco é malo pra saúde, é bo pro peto dalgúns, sobretodo se non se paga á  Facenda, non hai mais que ver, parecen porcos cebados.          

12/10/2009 11:00 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿FEIJOO INOCENTE?

20091013103345-tolerancia-dialogo1.jpg

 

             A dereita, xunto onde pon datos meteorolóxicos de Santiago, tedes a opción de votar polo que consideredes o mellor artigo do mes de setembro

---    votade

            O levantamento parcial do segredo do sumario de Gürtel, orixinou ríos de tinta e os comentaristas, tanto na prensa escrita como na radio e na televisión parecen estrelas. Algunhas cousas xa se foran filtrando, outras sospeitábanse, pero algunhas fannos alucinar.

            A financiación irregular dos partidos era algo que se sospeitaba, pero eiqui hai algo mais; algunhos políticos  enriquecéronse persoalmente; foron moitos os que meteron a man, era unha corrupción xeneralizada alí onde o PP tiña poder.

            É salientable o caso do xenro de Aznar e o de Costa; tamén o de algunhos políticos de Concellos e os intermediarios cos pelotazos urbanísticos. Esta é, precisamente, a fonte de moitas mocións de censura nos Concellos; eu cando vexo unha, xa entro en sospeita. As mocións de censura, co cambio de chaqueta dalgunhos concellais debían estar mais reguladas, así, Louzao non tería tanto traballo.

            Centrémonos na trama galega. Que Feijoo diga que non coñecía a Crespo, que non oíra del, cando era o segundo do PPdeg e trallaba nun departamento da súa Consellería, é ter moito papo. Ser Vicepresidente dun goberno que financiou dúas campañas electorais con diñeiro negro e dicir que non sabe nada, fai falta ter moito rostro.

            Feijoo e Negreira discrepan do cesamento de Crespo; agora  vai resultar que Feijoo tampouco coñece  a Negreira. É normal que nade se queira ver implicado na trama Gürtel, por      eso, os amigos xa non se coñecen.

            Fáltanos saber algo moi importante, quén financiou a pasada campaña do PPg pras autonómicas, quén a longa precampaña, e  quén paga as papancias como as de Silleda.

            Agora xa atopei a razón da suba de prezo, e a baixada           de calidade nos comedores escolares. Coa a que es á cando, o PPg non  quere que Gürtel e outros semellantes lles paguen as  festas, por   eso lles sacaran a sopa os nenos nos comedores, pra poder

face-las súas papancias. 

               Feijoo que andaba polos foros de Madrid dando recetas e consellos a Camps, que os aplique a si mesmo, que falta lle fará.

13/10/2009 10:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON ESQUECEMOS O PRESTIGE

20091014103653-prestige.jpg

 

 

        Foi unha noite mais que estendeu o seu negro manto sobre as nosas costas, matando tódolos seres vivos que vivían no mar, pra logo encher de aquela viscosa merda os nosos areais, as rochas e as rías.

´       López Sors, entón Director Xeral da Mariña Mercante, intentaron imputalo en diversas ocasións; a súa imputación foi rexeitada tanto polos Xuíces instructores como pola Fiscalía, agora ven de ser admitida a súa imputación pola Audiencia da Coruña; aínda que pode que sexa notoria a súa responsabilidade no accidente, non debemos de cantar victoria. Ó marxe da súa presunta responsabilidade criminal, é un cabeza de turco. É un miserable,  o que se agocha tras del, dito no seu linguaxe

           Teño as miñas dúbidas de que esto teña un final nun  proceso, como moito despois do ruído e do cansazo haberá unha componenda,

           Tanto o elevado número de letrados e profesionais diversos que interveñen no proceso, como o volume das actuacións, con mais de 250.000 folios e os damnificados, aínda sen determinar, hai unha cousa clara a prexudicada foi Galicia, e os que fixeron algo pra remedia-lo mal foron os centos de voluntarios, os que nunca lles agradeceremos dabondo a súa axuda.

            Aquela traxedia xa pasou, aínda hoxe nos produce tremores, como se  a terra se movera baixo os nosos pes. Si miramos pra diante, asáltanos a dúbida: ¿ fíxose algo?, ¿estamos mais seguros e a salvo de outra catástrofe?. A resposta é contundente: non. Salvo que os petroleiros non poden navegar polas augas da Unión se dobre casco, nada de nada; o dos corredores, e o aloxamento da costa, non serve de nada, sen medidas punitivas serias; non se sabe de ningún barco que o fixeran entrar a porto por non respetar os corredores, nin a distancia  á cosa, que sería o que de verdade lles doería. Falta unha vixilancia  aérea cústante. non hai medios de prevención suficientes, nunca hai suficientes, pero os que hai son de pena; non hai porto de refuxio sinalado, non hai un protocolo de actuacións, que evite as decisións erráticas. Conclusión: si sucede algo, que por desgracia pasará, estamos igual de fodidos; non se pode estar fiando todo á sorte.

 

14/10/2009 10:37 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

XA NON PODO MAIS

20091015104114-iberdrola.jpg

15/10/2009 10:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XA NON PODO MAIS

20091015105330-iberdrola.jpg

<!-- /* Style Definitions */ p.MsoNormal, li.MsoNormal, div.MsoNormal {mso-style-parent:""; margin:0cm; margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:12.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-fareast-font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:GL;} @page Section1 {size:612.0pt 792.0pt; margin:72.0pt 90.0pt 72.0pt 90.0pt; mso-header-margin:36.0pt; mso-footer-margin:36.0pt; mso-paper-source:0;} div.Section1 {page:Section1;} -

 

             Á dereita, VOTAI

 

            O que está a facer Iberdrola no Sil ponme dos nervios, namentres a Xunta mira pra outro lado, ou trata de xustificar que fai algo, con simuladas actuacións, Iberdrola fai o que lle peta, secando o canle do río e producindo danos ecolóxicos.

           A prepotencia da empresa é tal que se permite intentar inmatricular parcelas do monte como súas.

           ¿Qué fai o presidente da comunidade de montes?: nada; suxeita-los veciños e controla-la situación; o fin de contas é empregado da empresa. Non digo que estea nese posto pra defender de tapádello  os intereses da empresa, pero o certo é que se tomou moitas molestias pra colle-lo cargo, un cargo que é incompatible co seu traballo,

          As actas de infracción de inspectores da Xunta ¿onde pararon?, ah, quén o sabe.

           As paradoxas da vida, o inexplicable non remata aí, qué pasa cos nosos ríos, qué pasa coas concesións das minicentrales, seguro que a culpa tena o bipartito, a crise e o susam corda, menos a Xunta de Feijoo.

            A xestión piscícula dos ríos e a súa limpeza no é un tema de importancia; porque eu non  me imaxino a Feijoo cunha cana.

             Fervíame a cachola, saquei  a boina e votei a cabeza pola xanela pra que me a arrefriara o vento do norte; debeu ser que o vento do norte non viña frío abondo, con esto do cambio climático xa se sabe. Pensei que era cousa de bruxas, que o demo se me metera na cabeza e que estaba cociñando dentro dela. Fun a xunto do crego, votoume unha chuvia d auga bendita e nada. Ó final fun o médico, ademais por urxencias, queríanme abri-la cabeza pra ver que tiña dentro, enchufáronme osíxeno pra que as furgonetas que o transportan o sangue foran mais   cargadas; pero nada, eu sentía mais calor, xa fora polo exceso de osixeno, ou de pensar que me querían abri-la cabeza. O final o ciruxano, logo de evalua-las probas, non viu a cousa nada clara e quixo que eu lle dixera como me empezou aquel terrible mal.  Recordo –dixenlle- que estaba leendo o xornal e decía que o bo xestor Feijoo ía suscribir 1800 millóns de euros de débeda pros orzamentos do vindeiro ano, o máximo que lle permitía a Lei; débeda que a pagaran os nosos netos e os netos dos nos netos. Deume de alta, cunhas pastillas pra durmir e recomendoume que nunca mais lera ó xornal. A ignorancia fai o home feliz.

            Que cabreoooooo.  

15/10/2009 10:53 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

20091015105855-mani-2009-gnsv.jpg
15/10/2009 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OPERETAS

20091016113410-pajareror.jpg

 

            A visita de Feijoo a Bruxelas e os seus supostos contactos con Autoridades Comunitarias, non pasaron, candos as houbo, de meros saúdos protocolarios. Xa vimos que nos medios de comunicación sae unha cargada axenda de asuntos tratados e de extensas entrevistas, amén do proveitoso que foi pro pais esta visita. Dende logo hai que admitir que ten un servicio de propaganda moi poderoso e imaxinativo, xa que non é doado crear da nada semellante historia. Deben de se-los mesmos que “impulsaron” sendas comentarios, en dous xornais sobre as súas destacadas aptitudes de xestor. !É que non no lo merecemos!.

           Se os cartos e o tempo que inverte en propaganda e en representacións de escenas teatreiras, tipo Quevedo, os empregara en algo, do moito que necesitamos, outro galo nos cantaría.

            Feijoo é moi dado a viaxar, xa parece o Papa viaxeiro; a metade do tempo pásaa en Madrid, o motivo será persoal, o que é dos asuntos da Xunta preocúpanlle pouco, pero os gastos e custos das viaxes pagámosllas os galegos.

            Vai sendo hora de baixa-lo lombo e traballar polo pais, non se pode estar permanentemente en campaña electoral, usando coartadas e votándolles as culpas a outros. Se non lle deixan traballar, ou un ten recursos limitados, e dicir, é un incapaz, debe recoñecelo. Visto o visto non imos pedir honradez, porque era verde e comeuna un burro; pero si, que deixe de actuar é      traballe; si lle gusta a farándula, equivocouse de traballo.

16/10/2009 11:34 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

CARBALLO OU REBOLA

20091017201215-soto.jpg

            Non  sei a que lado encomendarme, si optar por Zapatero, que todo o volve aire:. Promesas, fuxidas pra nade sabe onde; cada día vese mais incapaz de goberna-lo pais; ou Rajoy, incapaz de goberna-lo seu propio partido.

            A nivel estatal a cousa está mais ben escura; mentres que Rajoy ten un partido no que parece que a corrupción é un xeito habitual de facer política, unha corrupción consentida, regulada e institucionalizada, amparada dende Génova.

             Zapatero concibe que na vida e na política hai que elimina-la competencia, evita-la selección natural que a competencia produce, o que dará lugar a que as mediocridades florezan, amparadas por un sistema pretendidamente progresista.

            No goberno da Xunta, ademais danse outras paradoxas; a preocupación foi buscar xente cun perfil  baixo pros  cargos de goberno, tan baixo que algúns conselleiros parece que andan a gatas; dese xeito nade está mais alto que o emperador.

            Podemos emparella-los ós conselleiros por nivel de incompetencia e despropósitos; van  exemplos: ó Conselleiro de Educación pídelle un colexio de Vigo catro docentes pra materias específicas, O Conselleiro mándalle dous profesores de  relixión, !a l u c i n a n t e!.

             O paro entre os mozos galegos, comprendidos entre os 18 e os 30 anos alcanza límites alarmantes; pero os salarios na mesma franxa de idade entre os empregados son de explotación laboral.. O número de ERES, dende que este goberno da Xunta tomou posesión é vertixinoso. Os  altos cargos da Consellería compiten en leva-lo premio da incompetencia. O Presidente do Consorcio buscou furados negros nos orzamentos, foi incapaz de inventar nada, como fixeron outros membros do goberno, pero no Parlamento houbo un rifirrafe e acusouse o bipartito de nepotismo, pedíronlle probas, vermos que pasa; ó mellor solo foi pra alixeira-la presión do caso Gürtel, ou polo que xa dixemos: a reacción típica das mediocridades. Hai na Consellería do paro unha persoa que esconde a súa incompetencia votándolle a culpa ó bipartito, dicindo que tiñan no caixón 22.000 valorados, sen resolve-los expedientes. En 120 días ían arranxalo todo. Xa levamos mais de seis meses de goberno. ¿ A qué esperan pra gobernar?.

            Total, entre carballo é rebola, veña o demo é escolla; parece unha  carreira pra  ver quen é mais malo

 

17/10/2009 10:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AXENDA DA SEMANA

20091018193921-e2513-3.jpg

AXENDA DA SEMANA

 

-XOGAR CO  PAN

           O luns recordaremos ós que están traballando e o PP quérelles quitarlles o pan.

O DESMADRE   DAS LISTAS

            Nun momento, ou noutro as listas de espera da sanidade pódennos afectar

 

CRER

            Hai unha escura dúbida no horizonte co pago dun sobreprezo nun local de    sanidade, ¿acaso o sobreprezo foi pra costear a sede do PP en Santiago?

 

NON   SE CONTENTA QUEN NON QUERE

              Coa comparecencia, en roldade prensa do Conselleiro de medio Rural sobre os incendios, despexouse toda  dúbida, se aínda hai quen pensa que vale pra algo que  o leve pra casa.

MEGAPIXO

              Costa é un megapijo, xogou é perdeu, pero fixéronlle unha  cabronada os de Génova.

 

AS VÍTIMAS DO GÜRTEL

 

               Pode que algunha víctima sexa culpable, tamén hai víctimas de conveniencia, cabezas de turco e culpables libres.

18/10/2009 19:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XOGAR CO PAN

20091019191924-20091019113029-xogar-co-pan-b.jpg

 

 

 Á dereita, en resultados, podedes votar ó artigo de setembro.

 

                  Os traballadores do Consorcio viven momentos de inquedanza, o PPg xoga con eles sen miramentos. Non lles quere realizar probas selectivas obxectivas, o que queren é o camiño libre pra colocar a dedo.

                  O Consorcio non se librou de recortes orzamentarios; de feito a Consellería do paro e  a de Educación   foran   as que mais se viron minguadas economicamente, sen que eso afectara ás subvencións a Entidades privadas, algunhas sen ningunha utilidade pública. Todo elo, é froito da  concepción ideolóxica do goberno actual da Xunta

                  O Consorcio amagou con revisar de oficio probas xa convocadas, de feito a revisión é unha indirecta descualificación dos traballadores, aínda que el se cure en saúde, facendo aclaración de que non teñen nada contra dos traballadores. Que queredes que vos diga, os traballadores son os que pagan o pato destes amorais, que vulneran a seguridade xurídica e nos devolven as cesantías do século XIX. Da a impresión de que se equivocaron no movemento da moviola.

                 Pra que logo digan que o Bipartito non traballaba; segundo este personaxe do Consorcio, cando el chegou, no primeiro trimestre xa as arcas estaban valeiras, polo que non puideron prestar servicios, nin abrir centros xa rematados; non como pensaban algunhos, que dicían que era un inútil. Non xestionaba o consorcio porque se atopaba mirando baixo das alfombras, xa se sabe que teñen os seus mentores unha impecable moralidade na xestión dos servicios públicos, o de Gürtel é un invento

 

19/10/2009 11:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MEDRAN AS LISTAS DE ESPERA

20091020110350-espera-3.jpg

            Hoxe remata o prazo pra vota-lo artigo

 

            A supresión das peonadas en sanidade fai que as listas de espera medren e se desmadren, mentres o negocio das clínicas privadas está no seu mellor momento. As peonadas, que supoñía unha prolongación de xornada dos equipos de quirófano, establecéronse coa idea de que era un xeito de incrementa-la productividade e reduci-las listas de espera; as listas algo reducíronse, pero non na medida en que os xestores da sanidade  esperaban.

              Suprimi-las peonadas foi unha medida que a provocaron os mesmos que as facían, o abuso  facía imposible a súa continuidade, xerando diferencias salariais abismais na          sanidade e un  desprezo ó doente, do   que pasaban pra enche-los petos.

              As peonadas facíanse en xornada  de tarde, pagadas por  horas, co cal non había presa en que as operacións rematasen. E esaxerado, pero podían tomar un café ou xogar unha partida, porque o tempo corría e a conta medraba; o rendemento na xornada normal non  era o esperado, e a mañá solo se facían operacións sinxelas  que levaran pouco tempo; as grandes adiábanse pra tarde, pras peonadas: os doentes espertaban da operación na noite; pero que mais daba o equipo estaba agusto na súa cama, cos petos cheos. O abuso levou a eso.

               O malo é cando se muda un procedemento sen ofrecer, no seu lugar, unha alternativa. Estes, o goberno, andan en busca da neurona que perdeu e non a atopan.

 

20/10/2009 11:04 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

CREER

20091021110426-968cb2149cc05c673cb2da95ea81db0f.jpg

          Parece  que o PPg pagou sobreprezos por obras pra Xunta á mesma   empresa  que lle vendeu a sede de Santiago. Diante da sospeita de que a sede fora, por medio deses trapichos, pagada con diñeiro público, PSOE e BNG levaron o asunto o parlamento; Rueda, co   seu clásico sosonete e con cara de non saber porque se dubidaba  de algo tan obvio, intentou explicar, pero non ofreceu nada mais que vaguidades, derivando o problema a Sanidade,  que o explicará, dixo. Xa veremos o que inventan pra xustificar a rectificación de escrituras, coa eliminación dunha clausula que  beneficiaba á Xunta, a bestiada do sobreprezo e a curiosa coincidencia  de valores.

           Din que a mellor defensa é un ataque, así que lles atan ós socialistas coa sede de Sogama e co mobiliario; mesmo lles ameazan con facer unha auditoría; imaxínome que feita polo primo de Rueda.

             Ó lixo hai que atacalo con lixo, non fai falla que se fale     de cousas certas e reais, o asunto é esparexer merda, pra que todo cheire e non se saiba onde está o podre.

          Ribas, que saíu coa súa clásica cantinela na conferencia      de prensa, parecía un cura de pobo, solo lle  faltaba a sotana, votoulle a culpa ó PSOE E o BNG, por inventar corruptelas. Non  se, o final, os socialistas  e os nacionalistas teñen a culpa de que á xente lle chova en vacacións.

           Ó final sairá Feijoo con cara de místico e nos reprenderá por pensar mal.

           Os galegos somos pouco agradecidos, non nos  deixamos guiar por   estes líderes, que solo queren o noso ben; tíñamos que ser como o “Tío miseria”, de Labarta Pose; aquel si que  se conformaba, cada desgracia que lle pasaba, daba grazas a Deus, porque eso íalle a supoñer un ferrado mais de sembradura no ceo. Segúndo a súa dona era un avaricioso, quería o ceo solamente pra el debíalle deixar algo de ceo pros demais, non querer levar tódalas desgracias. Nos tamén, non debemos querer tantas corruptelas, debemos crer mais, si din que non hai corruptelas, hai que crelos; eles sempre din a verdade. Case que non.

 

21/10/2009 11:04 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

TOMAR COMO EXITO UN FRACASO

20091022105505--40860109-050223burros203b.jpg

 

 

 

          Malia a haber neste exercicio un 66%  mais de incendios que nos dous exercicios anteriores  o Conselleiro de medio Rural fixo un balance positivo  do mesmo e amosouse satisfeito da    campaña;  claro se este non fora un verán de chuvias, o  resultado sería de catástrofe.

           O dispositivo contraincendios deseñado polo bipartito non valía, porque eles teñen orde de borrar todo vestixio do goberno anterior, e eso é o único que fan. Non  sei si consideralos uns burros, uns irresponsables ou uns ineptos; pode que as tres cousas.

           Dicían que tiñan o mellor sistema contraincendios; tiñan razón. A chuvia natural é o mellor sistema contraincendios, e Feijoo, que manda mais que Deus, decidía  cando tiña que chover;  xa se veu o efectiva que é a auga contra ó lume, en canto paraba de chover ardía o monte.

            Si algo fallaba tiñan outra valiosa arma, a falla de información. Din que o que non se sabe é coma  si non pasara. Pra facer un engano masivo, pra ter  a un  pobo adormecido é necesario  telos mal informados, e  neso o PP é especialista.

22/10/2009 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MEGAPIXO

20091023105118-chulo.jpg

               Non me refiro ó órgano reproductor masculino, non se trata de ningún falo xigante. A palabra, como diría Cela, pode ter moitos significados; neste caso, é o dun tío con aspecto galáctico. (en castelán un megapijo). A reacción inmediata é de que se apodera de nos unha irracional gana de cargárnolo; alguén se nos  adiantou, é cubriuno de merda.

                 Do  xeito en que o cargaron, e a incongruencia   das  inculpacións fai xurdir  en nos  unha corrente de simpatía, hacia,o que outrora lle pisaríamos a cabeza.

                 Como el dixo, non formaba parte do goberno pra ter poder pra dicir a quen se lle adxudicaba un contrato; ademais, de antes, mito antes de ser nomeado pro cargo xa se viña traballando coas empresas da trama Gürtel.

                 Intentou votarlle un pulso a Génova,  esixindo que se abrira unha investigación. Eso debeu ser como un tremor, mentar a  corda na casa do aforcado. A corda, de sempre, rompe polo lado mais floxo; o  mais floxo era el. Non facía falta que tivera, ou non tivera algo que ver co tema; había que poñer un cortalumes, evitar que as labaradas chegaran a Génova; e   tocoulle.

                 El pensou que o seu cese ía ser temporal, que despois da investigación e que se demostrara a súa inocencia, ía volver o  cargo. Si era un inxenuo, A Cospedal, como pretoriana do PP, despexoulle toda dúbida: nunca mais volvería ó cargo.

                 O xogo da política é así; un xogo sucio, no que se pisa  a cabeza de quen sexa pre salva-la propia. Así, o que se mete neses xogos, sabe ó que se xoga e o que pode sacar. Moitos van coa idea de encherse, e consíguemo, outros queda sen pelotas.

 

23/10/2009 10:51 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

20091024103318-feijoo9.jpg
24/10/2009 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

20091024104524-lobos-1.jpg

 

24/10/2009 10:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MIL PRIMAVERAS MAIS

20091024205408-lobos-1.jpg

 

          Fai tempo que aquel bardo, chamado Álvaro Cunqueiro, pedía mil primaveras mais pra lingua galega. Nade pode negar que dende Rosalía, o galego vive hoxe un perigo meirande. A actual Xunta, ó mando de Feijoo, co guieiro de un reducido grupo de iluminados, pretende extermina-lo galego e deixalo reducido a unha representación folclórica.

          Non podemos seguir descansado na autocomplacencia, á que nos levou a livián, pero ilusiónante, política dos distintos gobernos da Xunta dende a restauración da democracia.

           Agora, inopinadamente, os lobos reproducíronse,  aínda non son moitos, pero fan moito ruído, e ameazan o xeito de vida tranquila que levabamos, son lobos famentos, adestrados pra atacar a todo o galego. Esta caste de lobos asilvestrados, conducidos polo xefe da manada, ó que chaman Feijoo, baixan dos montes ouveando, metendo medo á xente e tomando ó asalto Santiago. Se queremos que deixen as lobeiras nas que crían, tanto en San Caetano como no monte Pío e volvan pra fraga, arredados da xente, temos que traballar duro e sen pausa; non pensemos que porque son poucos non son perigosos, así empezaron tódolos fascismos. Non podemos deixar que se multiplique e que vivan agosto entre nos. 

          O día 18 houbo en Santiago unha multitudinaria xuntanza de homes, mulleres, nenos e nenas, marcharon polas rúas da cidade, facéndolle saber ó mundo, especialmente a Feijoo, que Galicia non se rende, loitará pola súa identidade; ningún líder ocasional, co seu grupo de iluminados, nos vai meter na caverna.

           Foi, a do día 18, unha manifestación multitudinaria e plural; segundo a policía municipal, mais de 50.000 persoas; unha marea semellante a do Prestige. Había xente galegofalante, a maioría, pero tamén había xente, que a cotío, non fala en galego, pero que é consciente do que supón a perda dunha cultura. A do día 18 foi unha marcha de conciencia e orgullo.

           Na manifestación había xente de todo o arco ideolóxico, mesmo do PP. todos loitando polo que nos une. Foi a marcha pola dignidade.

           A manifestación ten mais mérito, sabendo que non foi financiada, nin promovida, polos poderes públicos, eses que utilizan o noso diñeiro pra financiar accións contra do propio pobo

            Preguntáronlle a de Galicia Monolingüe que opina  da manifestación en prol do galego e contestou:  “que se manifesten, así, están entretidos”; así é como pensan; pola miña parte que conten co me desprezo.

            Non sei de nade que lle preguntara a Feijoo polo  tema, seguro  que está aillado na súa fortaleza de Monte Pío e solo escoita ós da panda, non escoita o que pasa na rúa. vaille a pasar algo parecido a Touriño; de feito xa está baixando nas enquisas.

            Galicia non se rende, vivamos en galego.  

24/10/2009 20:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

 

25/10/2009 14:39 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

AXENDA PRA SEMANA

20091026132012-20091025143939-axenda.jpg

AS VICTIMAS DO GÜRTEL

               Pode que algunha víctima sexa culpable, tamén hai víctimas de conveniencia, cabezas de turco e culpables libres.

 

A CORRUPCION NO GOBERNO DE FEIJOO

           Empresas investigadas e baixo sospeita no 2004, agora Volven a ter contratos coa Xunta. A compra da sede do PP en Santiago puido ser mercada con diñeiro público. Implicados no Gürtel atopan refuxio no goberno de Feijoo.

 

MANIFESTACION CONTA DO ABORTO

         A manifestación contra do aborto foi un revoltixo de curas con  sotana e a ultradereita ultramontana, con Aznar e os que formaron parte dos seus gobernos. A lei é mellorable e  debera ser de consenso, o malo é que non hai interlocutores.

 

NOVOS TEMPOS

            Os orzamentos do vindeiro ano son do mais escuro e retrógrado que alguén se lle pode ocurrir; son uns orzamentos que nos van a condicionar durante anos, pola débeda que  se contrae.

XENETICA

             As oposicións pra ingreso dos distintos grupos de persoal na Administración Autonómica está baixo a sospeita do trucaxe; unha tomadura de pelo pra moitos opositores.

 

AS CUCHIPANDAS

           En terras americanas o PP xa está adiantando as futuras campañas electorais, coidan os emigrantes como gando doméstico     e non reparan en gastos. Recortan gastos en sanidade, educación pública, servicios sociais e cultura, pra colleitar o voto emigrante.

 

25/10/2009 14:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS VICTIMAS DO GURTEL

20091026115643-dracula.jpg

 

 

            O PP gábase de que toma medidas; eso ten unha mensaxe subliminal, si estiveran no goberno tamén as tomarían; non quedarían paralizados polo medo escénico. O que me da medo e que as medidas que tomarían serían da mesma índole que as que tomaron no caso do Gürtel.  Sacrifícanse a peóns pra salva-la cabeza dos que verdadeiramente cortan o bacallao. Alguén cree que os sacrificados en Madrid eran os responsables; ou que Costa era o responsable último en Valencia. A tarifa do 3% por obras adxudicadas, ¿ quén a puxo?, non parece que sexa unha cuestión coincidente entre segundos, mais ben parece unha decisión concertada, por xente con poder, que pode que usara a vía da  circular, ou instrucción.

            Aínda na parálise, as decisións últimas sobre a xestión da crise tómanse en Génova; a resolución de Esperanza Aguirre  foi co beneplácito de Génova; si ben Esperanza quedou como unha persoa resolutiva, ó contrario que Rajoi, que deu unha imaxe de indecisión;  agarda que outros laven os trapos sucios,  e esperaba que eles lle resolveran o problema, porque carece  de forza pra enfrontarse a eles.

            As festas pra alcaldes e concelleiros do PP, con rapazas de moralidade distraída, co fin de recalificar terreos, organizadas por Gürtel, aseméllase ás festas de Berlusconi.

            Corrupción económica e prostitución coincidían, i é que a moralidade é un luxo que solo se poden permiti-los pobres.

             Despois de feitos incuestionables, aínda veñen coa teoría da conspiración pra prexudica-lo inmaculado PP; eu penso que os prexudicados somos os cidadáns, ós que non solo nos enganaron, roubáronnos os cartos e a esperanza. 

               Non  se espera que os verdadeiramente importantes dean a cara; esto estase parecendo demasiado á FILESA do PSOE; tamén garda semellanza co caso de Banca Catalana, na que estaba metida CIU; pero estes agora supéranmo todo, é como si quixeran te-la corrupción en exclusiva. Si roubades que sexa moito, si roubades solo pra comer, podedes ir ó caldeiro. Parece que iso é o  que nos queren dicir

26/10/2009 11:57 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

A CORRUPCIÓN NO GOBERNO DE FEIJOO

20091027134215-20091027113244-corrupcion140709.gif

                Empresas investigadas polo Tribunal de contas, agora son beneficiadas con contratos da Xunta.

                 A chamada cidade da cultura é un come cartos e un impresentable foco  de corrupción.

                 Cando se acordou a construcción do disparate, altos cargos da Xunta montaron empresas, que viviron á sombra de contratos, que lles foron adxudicados pra obras, suministros e chapuzas diversas; hai unha longa lista de empresas que se crearon ad hoc, algunhas pouco antes do contrato adxudicado e que non tiveron mais actividade.

                 O Tribunal de Contas tiña en investigación algunha destas empresas, que non tiveron relación coa Xunta durante o Bipartito; pero agora, curiosamente, aparecen con contratos coa Xunta de Feijoo, adxudicados a dedo, claro, entre eles a páxina web da Xunta, que se pretende converter, en lugar dun órgano de información, non medio de propaganda.

                  Estas son corruptelas á marxe de Gürtel, na que teñen o dubidoso pracer de figurar.

                  A amoralidade, ou mais ben, a podredume na que algunhos se desenvolven, failles ver como normais actos  de clara corrupción.

                   En Castela León a fiscalía está investigando á trama Gürtel na autonomía. En Galicia, de momento, parece que é un refuxio seguro. Coas sospeitas que hai, pregúntome: quén é o Don Vito na Comunidade autónoma, coa longa lista  de presuntos implicados.  Se o evento da Selección de Fútbol,  o organiza Gürtel, estába feito;  o Director Xeral de Deportes foi un alto cargo de Esperanza relacionado coa trama. Feijoo, pra despexar toda dúbida, vosoutros diredes ¡cal?, deulle unha aperta en público e ratificouno no cargo. Supoño que este xesto en nada se lle parece ós do fútbol, que cando se ratifica a un entrenador é pra cesalo; pero non creo que  sexa o caso, terían que chimpar a moitos, ó mellor, empezado por el mesmo; o xesto que lle vimos e outros do seu entorno, demostra que é un experto en navegar polas augas procelosas.

                   A oposición quere que  se investigue a compra do local da FEGAS (Escola Galega de Sanidade) e a sede do PP en Santiago. Pachi Vázquez do PSOE amosouse moi combativo no tema, e quere a que se cree unha comisión parlamentaria de investigación; o PPg  non está pola labor, di que non hai nada que investigar, xa abriu unha investigación interna e non atoparon nada. Eso faime pensar en que si hai algo sospeitoso; senón, ¿por qué tratan de votarlle terra ó asunto?. Pra intimidar a Pachi Vázquez encargaron ó primo unha auditoría da sede de SOGAMA e, oh milagre atoparon un sobreprezo nos moves de 200.000, euros, e lanzan a sospeita de que se utilizaron pra financia-lo PSOE, -reflexionado: 2.00.000, euros e moves-, !fóiselles a man!. O mais do mais, se o PSOE renuncia á investigación eles tamén o fan.

                 Acusar sen fundamento, solo pra camufla-lo propio cheiro irrita á xente. E os aludidos, neste caso o que foi xerente de SOGAMA, logo de precisar que tódolos  gastos se fixera co coñecemento e  asentimento do PPg. Anunciou a interposición dunha querela criminal contra Rueda  e Rivas.

 

27/10/2009 11:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O ALAKRANA

20091028114110-corsarios-preparandose.jpg

 

              As familias dos embarcados no ALAKRANA viven un sen vivir, despois de que os seus sigan secuestrados en augas de Somalia. De pronto, a profesión de pescador, ademais de dura, é unha profesión de alto risco.

              Os piratas teñen información da ruta dos barcos, características, lugares onde se atopan pescando e `pais de pavillón. ¿Quén lles da esa información?. Pode ser persoal das aseguradoras, ou das mesmas empresas. Os corsarios teñen moi boa información.

              O secuestro é moi serio pra que persoas que solo pensa no seu ego, como si o mundo non  existise, ignora o custe de inútiles procedementos, subordinando a vida dos secuestrados e o intres do estado ao seu egocentrismo.

              O cachondeo do pirata Abdul,  saíndo e entrando nos xulgados, con varios xuíces entendendo do asunto, sen poñerse   de acordo, deu unha imaxe lamentable do tema.

               Os piratas ameazan con entregarlles membros da tripulación ós familiares dos detidos, si estes non son liberados. O gasto económico que a operación lle ocasionou o reino de España xa pasa a segundo lugar. O barco parece que se atopaba nunha zoa, na que teñen competencia os Tribunais do pais; por tanto non é competencia de ningún xuíz español. ¿A Fiscalía que fai?.

              A seguridade dos buques é tratada polas Autoridades como si fora un asunto de pouca monta. É difícil pra os que están en Madrid, os de secano,  entender as cousas do mar.

              Se  temos un exército é pra defendernos, e eso ten que metérselles na cachola ós políticos.  Se non saben, que vexan o que fan os países da nosa entorna e que se poñan as pilas e os xuíces que non compliquen mais as cousas. Non todo esta no embigo, nin nos libros

28/10/2009 11:41 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

                  

                   

 

29/10/2009 11:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MANIFESTACION CONTRA DO ABORTO

                  

                    Nun ambiente festivo sectores ideolóxicos ultramontanos celebraron en Madrid unha manifestación contra do aborto; había sotanas e os mais modernos alzacuellos, xunto coa dereita mais rancia. Aznar e moitos dos que figuraron nos seus gobernos destacaban na marcha, unha marcha, segundo eles de mais de un millón de persoas. Unha empresa que inventou un sistema de reconto, cifra os asistentes en pouco mais de 50.000. De calquera xeito o número de asistentes non é o único e o mais importante: o importante é que unha minoría quere impoñer o pais unha moralidade e unhas regras, que segundo unha enquisa, recentemente publicada, no representan a mais de un 20% da poboación.

                        O que  se vota de menos na lei do 85 é a desprotección dos profesionais e a mesma protección da identidade das pacientes; aínda que o seu historial clínico goce da protección xeral, neste suposto tiña que ter un plus adicional.

                       A nova Lei non obriga a nade a abortar e conta co asentimento do 80% da poboación; ese asentimento debera chegar pra xustificar a norma. Posiblemente conte con suficiencia parlamentaria pra súa aprobación, aínda que se terá que pulir en trámite parlamentario pra que salia unha norma con mais aceptación. O ideal sería que saíra unha lei de consenso, aínda que o pulido fora mais fondo; pero despois de escoita-los representantes da dereita, as ilusións non  teñen cabida. Na Europa de noso entorno sería unha lei de consenso, pero a dereita española non ten moito parecido coa dereita de outros países. Pouco se pode esperar dunha  dereita que non é laica, que vai da man dos bispos.

                       A mesma dereita que facía turismo ás clínicas de Londres; entón as mulleres das clases privilexiadas podíanse permitir eses dispendios, as das clases proletarias non. Xa basta de hipocrisías e moral á carta,  que os curas no nos intenten impoñe-lo seu credo á forza. Eles non mudan cos anos, nin intentan convencer con argumentos, recorren sempre a unha suposta vontade divina, a un orde inescrutable; o mellor levábanse unha sorpresa si Deus nos comunicara a todos, non solo a eles, a súa opinión sobre algunhas cousas, que non falen do que non saben, nin do que non sofren.

           A Xunta recorta gastos sociais, pero á Asociación pro vida deulle unha subvención. Cuestión de afinidade ideolóxica, supoño.

29/10/2009 11:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

20091029111535-aborto.jpg
29/10/2009 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NOVOS TEMPOS

20091030115916-vereadores-bruno.jpg

 

 

            Non teñen porque ser mellores os vellos tempos, pero parece que sempre hai quen nos los quere recordar.

            Calquera que vira as contas que nos preparou Feijoo pro vindeiro ano quedase perplexo. Polo menos a min no me cadra as contas: De entrada, prometeu non subi-los impostos, pero emite débeda por mais de 1.700 millóns de euros; o que é o mesmo, pobreza pros vindeiros anos. Confeso que me pon dos nervios estes orzamentos; en liñas xerais, aínda que Sanidade i  Educación, que son servicios esenciais, cómense unha gran tallada dos orzamentos, metéronlles uns tiseirazos grandes, reducindo as súas partidas en 30 e 40 millóns de euros, respectivamente. Conxélanse as retribucións do persoal, minimizase os novos accesos á Administración pública, pero a partida orzamentaria incrementase non 2%; non hai recortes nalgunhas transferencias correntes, non se mantén un ritmo de inversión que axude a saír da crise, pero métennos nunha débeda de vértigo.

           Un principio esencial en economía  aconsella  as inversións públicas pra que tiren do consumo. Tamén é unha regra que solo se debe recorrer ó endebedamento pra inversión productivas; o contrario sería adiar o pago de unha carga tributaria ós futuros gobernos e xeracións.

             Se os orzamentos os fan con escuros inxenios, que solo entenden os iniciados; nestes foi unha técnica de enxeniería: as inversión van e ve veñen, ó final desaparecen; e solo nos queda o asombro de que será o capital privado o que inverte.

              Dáse entrada o capital privado en Sanidade, especialmente pros complexos hospitalarios de Vigo e Pontevedra; os efectos inmediatos é a privatización da Sanidade.

               Conxélase o acceso a Función Pública, eso é unha consecuencia inmediata. A reducción de prantilla e a dismininución do gasto de persoal; se a esto lle engadimos unha conxelación salarial, non nos cadran os datos, xa que presupostan un incremento pra este concepto de case un 2%, ¿Que esconde, cal é o obxectivo?. O que esconden é un ogo de maxia:       disminúen as retribucións do persoal directivo nun 3%, pero increméntalles os fondos   das súas tarxetas ouro nun 15%.

                 Desminuen a partida  de gastos correntes, logo, algunhos conceptos increméntanos; incrementan as transferencias a Entidades privadas. No capítulo de gastos sociais, fan dun xeito que semellan os dentes dunha serra, pra ó final constatar que, en conxunto, baixaron.

                   Fomento da lingua baixa un 20%, e gracias.

                   Esperan, digo ben,  esperan que a financiación privada cubra, polo menos un 10% das inversións. Falta a   letra pequena: un 10%  respecto a qué, en qué  condicións, en qué infraestructuras.

                  Os orzamentos semellan os ollos do Guadiana, cos que aparecen e desaparecen; foi a maxia.

                   Non e está  claro en que empregan a monumental débeda, pero dos incumprimentos, o mais socorrido, a culpa tena Zapatero

30/10/2009 12:01 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XENETICA

20091031123203-xenetica.jpg

 

             Din que o noso antepasado foi o mono: logo evolucionamos, e chegamos á raza actual, evolucionando e  adaptándonos ó medio, pero uns somos mas cercas o mono, outros adiantáronnos no desenrolo xenético.

            No gando, co obxecto de mellora-la raza buscouse a mellora xenética e moitas explotacións agrarias melloraron con este método. A mellora xenética, foise aplicando moitas sementes, así que non foi soamente o gando, o sometido á selección xenética. O sistema non se aparta do que a natureza houbera  feito cos anos; distinta é a manipulación  xenética, sistema polémico no que non  nos imos a ensarillar.

            Cando oímos falar de xenética sempre pensamos nos casos anteriores, pero mira por onde, algún prócer, presidente dunha Deputación galega, ocorréuselle recorrer á xenética pra explica-la razón de que a maioría das vacantes da oposición fora ocupadas por fillos do PP; segundo a súa teoría os aprobados, emparentados con cargos e militantes do PP, tiñan unha mellora xenética e eran mais intelixentes cos demais.

             Nas probas que a Xunta fixo recentemente en Silleda houbo algo curioso: os cinco que sacaron mellor nota inscribíronse nese prazo extraordinario que deu a actual Xunta, logo de modifica-las bases. Esas lumbreras en 45 días prepararon as oposición e sacaron as mellores notas, dos cinco, tres son parentes. Se alguén o quere crer, alá el.

             Os sindicatos afastáronnos do proceso selectivo, non queren testigos

            A algunhos repartíronlles uns “exames”, ou o que foran sospeitosos; cando un opositor quixo protestar, mandárono sentar, e colocouse o seu lado unha vixiante; eso  fai sospeitar que todo viña amañado das mais altas instancias e que hai mais casos cos citados. Visto, o visto; tódalas probas que fixo a Xunta son  sospeitosas.

            O episodio de Silleda pon sobre a mesa unha corrupción e uns pucheirazos dun descaro maiúsculo. O igual que os iceberg esa foi a parte mais visible, por debaixo e extrapolando a corrupción ten que ser de record. Aínda pretenden adornas mais o escándalo, nomean a Bouzada, funcionario cercan a Rueda pra que investigue o caso; non deixa participar a ningún sindicato, nin elemento alleo á Presidencia; filtran que a fuga de información foi por alguén alleo á Presidencia. Unha opositora, vendo sospeitosos manexos no exame fíxollo saber o Tribunal. Resultado, negáronlle calquera anomalía e puxéronlle un vixiante o seu lado. Eso si que foi un  xuízo con execución incluída. As intimidacións están aí, á xente ten medo, porque perciben que as anomalías veñen dende o mais alto.    

             Os opositores supoñen a existencia listas negras e teñen medo as represalias, pero os sindicatos e a oposición teñen que leva-lo asunto ó xulgado, ou onde faga falta, nin moito menos poden confia-lo asunto a investigación prometida pola Consellería da Presidencia; xa saben en que rematou o da Deputación: cousas  da xenética. Deus tamén debe ser do PP,  Descoidade xa está un amigo de Rueda investigando.    

              Cando votaron os sindicatos do proceso selectivo e abriron ese prazo extraordinario, díxenlle a un coñecido: están preparando algo, nade, en 45 días prepara unha oposición; non solo eso, tamén sacaron a mellor no. Cousas veredes que farán falar as pedras

31/10/2009 12:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris