Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2009.

AS AUDIENCIAS MANDAN

20090901105947-television.jpg

 

          Que as audiencias mandan, non deixa de ser algo que ten un valor relativo; si fora algo matemático e inmediato a TVG tería  dado un golpe de temón pra endereita-lo se rumbo.  Din esas estatísticas, que non son as do famoso Miranda, que a TVG perdeu  audiencia.

              O PP ocorréselle poñer parches de urxencia pra saír da desfeita: entreles, reduci-los salarios; PSOE e BNG votaron en contra; non porque non comprendan que  dada a caída brutal de ingresos, non haxa que adecua-los gastos, pra  manter certo equilibrio financeiro, e non recorrer permanentemente ás subvencións. Hasta ai, todo é lóxico e todo entra dentro do guión; o desacordo xurdiu cando o PP pretendeu que o acordo non lle fora aplicable o Director Xeral da Compañía e a outros altos cargos.

          Non rebaixa-los ingresos ós máximos responsables da mala xestión da compañía, solo ten sentido si o PP o que quere e recompensalos por segui-las súas directrices e, en agradecemento, os faga intocables.

          Por qué será que a mínima dificultade ocorréselles sempre a mesma  recepta: meter man nos  salarios   dos que menos  ganan, pero gastos que podían suprimirse, nin se tocan.

          Por   certo a TVG  costa un pastón, unha pasta que todos temos que soportar pra que nos  adoutrinen, nos lancen de continuo mensaxes subliminares,  supriman programas culturais, ou que non lle gusten a San Caetano. Si emiten algún programa   popular,  utilízano pra ridiculizarnos.

          Din que tamén é   coma unha especie de   botín de guerra, que a usan como aparcamento de xente á que se lle debe favores. Algúns empregados, que viñan de vello, sentiron un xúbilo cando gañou Feijoo e  coñeceron a súa liña política; adeus ó galego: falado, escrito, rotulacións, etc. Agora parece Tele Madrid.

Etiquetas: , , ,

01/09/2009 11:00 mmarcos #. Politica Hay 1 comentario.

O CONTRATO

20090902101734-el-contrato-de-trabajo.jpg

 

 

 

          Na parte dereita,  baixa, tedes unha entrada, chuzando ali, podedes  votar o artigo do mes de agosto que mais os gustara, gracias por colaborar. 

 

          Non é normal que un político asigne a oferta electoral como un contrato que fai cos electores, a modo de garantía de que vai cumprir o que promete, a menos, que sexa unha das moitas artimañas que se gastan.

          En política, especialmente en campaña electoral, prometese moito, logo, a hora da verdade, é pouco o que se cumpre.

          Recordo que Feijoo, nunha intervención na TVG mostrou un  papel, dicindo que era o contrato que asinaba cos electores galegos, no que garantía que cumpriría tódalas promesas electorais que facía. Parece ser que aquel xesto repetíao en mitins e en tódolos actos de campaña.

           Non me lembrei mais daquel acto, pero recordo a súa promesa de transparencia  e moitas mais cousas, e xa vimos o que cumpriu Aproveitou o mes de agosto, no que todo o mundo se ía de vacacións pra dar moreas   de contratos a dedo. Veume á memoria o do contrato; dubido co papel que brandía con desafío ós crentes  e incautos electores tivera algo escrito, menos que tivera intención de comprometerse.

           Eu esquecérame daquela teatralidade, pero vendo un resumen do que foi a campaña, por certo que moi sucia, reparei no asunto, e pregunteinme, ¿qué foi daquel contrato?; mais sinxelo, ¿qué foi daquelas promesas?. ¿Tan barato sae prometer e esquecerse?.

           Naquel momento eu non lle crin nada do prometido, sobreactuaba e dáballe demasiada teatralidade ó acto; pero estou seguro que moitos llo crearon, o resultado demóstrao.           

           As diferencias e as distancias entre os da boina e os do birrete, seguen ai. Os sectores mais galeguistas do PP ven con  preocupación que unha secta e que un grupo tan minoritario como os de Galicia Monolingüe teñan tanto protagonismo na política do partido. É un feito indiscutible que eses grupos, xunto con intereses  económicos de fora de Galicia, son os que deciden a actuación de goberno da Xunta.

           Feijoo ten unha exigua maioría; solo un deputado lle da o poder, e tamén pode quitarllo. Din os de Galicia Monolingüe que a política de persecución da lingua galega lle deu tantos votos nas cidades e que eso xustifica a súa política contra   da cultura galega. Esto basease  nunha premisa falsa, cal é atribuírlles ós habitantes das vilas un sentimento antigaleguista; do mesmo xeito, non se lles pode atribuír ningún fanatismo relixioso, nin voluntade de favorecer grupos económicos alleos, que nin sequera coñecen.  O único certo é que a crise económica, derruba moitos gobernos, temos o exemplo de Xapón que despois de 55 anos gobernando, o mesmo partido, agora perdeu as eleccións;incluso a carismática Merkel sufriu un revés electoral, cando ten ai, á volta da esquina, as xerais.

          Velaí a razón esencial do éxito de Feijoo: unha campaña sucia, con acusacións de mal goberno; promesas de bonanza, que xa se ve onde nos levan; traballo pra todos, o que o quere  ten que ilo a buscar a Madrid ou a Barcelona.

            A maxia do poder ten un efecto balsámico, pero   cando a algún barón se sinta afogado ou demasiado presionado pódese rebotar  e a maioría saltar feita anacos.

             Feijoo trata de eliminar calquera disensión interna e presentarse como caudillo invicto, para elo conta cun grupo parlamentario de perfil baixo, sen parlamentarios destacados que pensen por si mesmos, e cunha oposición desnortada, preocupada de  lamberse as súas propias feridas.

            Feijoo ten moi servicio de información interna; sabe todo o que pasa no partido, ten moitos chivatos e orellas peludas, que o escoitan todo; eso sábeno moitos baróns e esperan mellores tempos; solo persoas como o fillo do finado Cuiñas, e algún outro, se atreven a dicir o que pensan en alto.

            As eleccións locais poden  ser a  bomba que lle explote a Feijoo, ou ser o que necesite pra afianza-lo seu liderazgo. Esto será o que verdadeiramente importe; non servirán as invocacións a galegos ilustres, nin a profanación das súas tumbas; como fixo fai pouco pra consumo dos sectores mais galeguistas do partido e quitarlle argumentos e mártires á oposición..

           Emisarios seus recorren as Américas, reforza as Delegacións da Xunta en Sudamérica; todo o contrario do que prometeu en campaña electora; os seus emisarios celebran coa comunidade galega no exterior comilonadas,  pagadas por todos nos. Os mellores restaurantes e Quintas privadas son testigos de bacanais. Todo fai que se deixe nunha anécdota os mojitos  da Conselleira Bugallo; comparado con esto, aquelo quedou nunha recepción frugal; eso si, moi ben explotada electoralmente.  

Etiquetas: , , , ,

02/09/2009 10:18 mmarcos #. Politica Hay 6 comentarios.

OBXECTO

20090905091853-20090903102846-porco.jpg

 

 

Xa estamos salvados, o PP de g, librounos dunha suba de impostos, eso é o que dixo o portavoz do PP Miranda. O Goberno do Bipartito era un goberno despilfarrador; a quen se lle ocorre gastalos cartos en Sanidade, Ensino e Servicios Sociais; ¿con qué se ían a financiar a sanidade privada a educación de centros de ensino, que vulneran a constitución, etc?

          De tódolos impostos o mais malo é a Débeda Pública. O  primeiro que  fixo Feijoo o chegar ó poder foi emitir Débeda, así fíxonos a todos n pouco mais pobres

          O recurso a Débeda Pública e a suba  de impostos indirectos soen ser habituais nos demagogos; que nos din que baixarán os impostos, e fano, baixando os impostos directos ós ricos.

          Sempre escoiten  nestes tempos de democracia mesma cantinela de baixada  de impostos; a nade lle gusta pagar mais impostos e con eso xogan; dinnos o que queremos oír, e sempre picamos; o final imos pagar mais,  esa é a realidade.

          As contas públicas son claras e nade ten unha variña máxica coa que facer medra-lo Tesouro Público sen entrar no peto dos contribuíntes.

          Os orzamentos teñen dúas partes; por unha parte os ingresos e por outra  os gastos, e entre eles ten que haber un certo equilibrio, senón virá o déficit e a Débeda; ata ai entendémolo todos. O que a min mais me preocupa é o gasto, e ai é onde me entra a gana de facerme obxector fiscal. Un gasto contido, nunha palabra austeridade no gasto axuda a controla-lo orzamento; pero sempre xorden opinións dispares a hora de  facer unha contención no gasto. Vemos o caso dos 400 euros, os 2500 do cheque bebe, etc, que no seu momento foron medidas populistas, pra  rabuñar  votos nas eleccións. En Galicia, o actual goberno  de Feijoo Subvenciona, co diñeiro de todos negocios privados; así é o caso do ensino concertado, nalgúns casos de dubidosa constitucionalidade, como é a segregación por xéneros, con adoutrinamento ideolóxico incluído; logo a segregación por status social, lingüística, etc . Eu declárome obxector fiscal, non quero que cos meus impostos se financien sectas relixiosas, nin negocios privados. Feijoo non atopa cartos pros servicios socias; despois da que se armou coa falta de medios pra poñer en funcionamento galiñoescolas xa rematadas; !o milagre! O Director do Consorcio atopa un furado de 4 millóns de euros. Coartatada: non pode poñer en funcionamento as galiñoescolas, nin os servicios de dependencia, tampouco o de xantar na casa; pola contra, !outro milagre!, si houbo cartos pro logo da galiña, ou como lle chaman algúns o pito disfrazado de presidiario e centros privados.

          Pero o que mais me asombrou foi o anuncio de devolverlle ó Estado os 1.600 millóns de euros dunha atacada, recorrendo, pra elo, o endebedamento máximo permitido. Como a Axencia de Valoración, venlle en rebaixar a credibilidade do Tesouro de Galicia de cara a un endebedamento, custaríanos a broma perto dos 2000 millóns de euros.

          O endebedamento, ó límite, deixaría a futuros gobernos coas mans atadas, sen poder facer novas inversións. Terra queimada ó inimigo

 

        

 

Etiquetas: , , , ,

03/09/2009 10:29 mmarcos #. Politica Hay 3 comentarios.

TOURIÑO, TARDE PIACHES

20090904102152-piolin.jpg

             Participai e votai, á dereita tedes a entrada pra facelo, graciñas

 

          O Secretario dos Socialistas Galegos acusa ó PP de ter dado concesións eólicas a dedo e querer seguir facendo o mesmo agora, anulando o Decreto do bipartito.

          A  espantada da Comisión dos eólicos fora unha decisión persoal de Touriño, quíxose desmarcar pra que non lle atacasen nos medio de comunicación afíns ó PP e, o mesmo  tempo, gaña-lo seu apoio; xa se veu o resultado. Unha oportuna aclaración de Pachi pode deixar as cousas onde teñen que estar, aínda que doia, rectificar é de sabios.

           Supostamente, Feijoo atopou ó menos tres motivos de ilegalidade no Decreto do  bipartito, non di cales son, deben de ser tan secretas que solo existen na súa imaxinación e en Génova.

          O resto dos mortais, que carecemos desa misteriosa ciencia, da que Deus dotou a Feijoo, queremos saber cales son eses motivos de ilegalidade, non subsanables, que o obrigan á anulación do Decreto e meterse nunha maraña de reclamacións, preitos xudiciais e indemnizacións. Pra empezar, queremos ver  ese informe que di ter e,  se é o caso, como se contradí a Asesoría Xurídica, que comparezan os autores a  dar contas no Parlamento; como é normal nunha  democracia, baixo a que vivimos, mais que lle pese a Feijoo.

          Non vos preocupedes, non terá cartos pra sanidade, educación ou servicios sociais, pero si terá pra preitos, liortas e indemnizacións. Os negocios privados dos amigos son o primeiro

04/09/2009 10:22 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS MORTOS VIVEN II

20090905202251-20090905171652-fusilado1959.jpg

 

 

           Son moitos os chamados, pero poucos os que responden á chamada, por favor, votade

 

          Os mortos morreran cando ninguen os lembre, pero mentres os lembremos a súa vida tivo un significado. Castelao e Bóveda son clásicos guieiros da vida de moitos galegos; pero faríamos mal reduci-los exemplos a estes dous personaxes. Xa  teño dito  que non se debe facer unha lista pechada, nin facer unha competición, pra outorgar mais mérito a quen nos consideremos mais merecente de encabeza-la lista. Ó caladiño, (a tódos eses exemplos anónimos, que nade coñece, o noso homenaxe), sen que moitas veces se saiba, hai xente que dende o anonimato fai pais; pra facer pais non hai que chegar a altura dun Castelao, o que podemos ter de exemplo, pero non  podemos sentirnos fracasados porque non sexamos como el; eso seranos bo, porque así tamén temos a seguridade de que Feijoo nos vai deixar descansar en paz.

          A Bóveda asasinárono novo, se vivira mais o seu legado sería maior; tamén tiña na súa contra ó comparalo con Castelao, en que este era moi coñecido como escritor e, especialmente, como debuxante.

          Feijoo pode ser un ignorante, pero ten o asesoramento de imaxe que tivo outro político de ámbito estatal, e a ousadía que lle da a ignorancia, ademais é arrogante e provocador. A visita á Santo Domingo de Bonaval, non a fixo porque lle teña agarimo á figura de Castelao, nin sequera ríspeto; foi un acto propagandístico de consumo interno, planeado polos seus asesores de imaxe, incluso as palabras, que sacándoas de contexto, as puxo en boca de  Castelao.  Tiña como obxectivo, por unha parte, satisfacer ó sector mais galeguista do seu partido, facéndolles ver que el tamén ten presente o maxisterio de Castelao, ó mesmo  tempo, quítalle a ese sector galeguista de outros partidos a exclusividade da súa figura, disolvéndoa nunha nebulosa sen valor real.  Así, pra el, o rianxeiro ten o mesmo valor simbólico que pode ter o vermout das dúas.    

          Vai cara trinta anos que Celso Emilio Ferreiro nos deixou; o poeta de Celanova morreu en Vigo ós 68  anos. De todos é coñecida  “longa noite de pedra, que a escribiu na cadea franquista, onde estaba condenado á morte; foi militante do Partido Galeguista, e aínda que o partido desaparecera, el ségueo  vivindo o ideario galeguista. Un amigo seu contoume unha anécdota del, que por non ser coñecida vo la resumo. –En Pontevedra, onde vivía, foi a un baile, nun lugar, que agora xa non existe, que lle chamaban O BARBARELLA. Seique tiña unha dona moi guapa, e  un cadete da Escola Naval non lle quitaba ollo; Celso Emilio, moi mosqueado chamou o cadete e levouno para tras duns setes, alí baixouse os pantalóns e ensinándolle a ferramenta e espetoulle: ¿vostede cree que con esto eu podo ser maricón?. O cadetete avergonzado liscou do baile.

         Vosoutros teredes as vosas lembranzas, saberedes algunha anécdota, teredes o voso personaxe preferido; todos son importantes, porque en nos deixaron a súa pegada.

          Debemos ser conscientes da transitoriedade da vida, pero algunhas persoas nunca morrerán, a outras non nos agardan eses recoñecementos, así que temos que debuxa-lo futuro que nos guste. Eu escribín un día este sinxelo testamento:

No pasamento

                                                    

Cando o seu fin

Chegue o meu tránsito,

Que nas cumes nevadas

Ou nas carballeiras caladas

 

Solten as miñas cinzas,

Sen outra cerimonia,

Que devolverme á terra

Que a miña vida motivaba

 

Sentireime así ceibe

Entre os piornos floridos

En ladeiras soleadas

De toxeiras estendidas

 

Pra volver de novo á vida

Transportado polos rios

Ó pé dunha branca praia.

Etiquetas: , , ,

05/09/2009 10:41 mmarcos #. sin tema Hay 7 comentarios.

Libro de visitas

Puxen na parte baixa da dereita do blog o tempo (podédelo personalizar) puxen Santiago por ser a capital de Galicia e o libro de visitas,  podeis deixar as vosas propostas ou mensaxes.

Grazas.

06/09/2009 10:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COMENZO CON POLEMICA

20090907104336-cal-educativa.png

 

 

 

 

          O comezo do curso en  educación iniciouse baixo unha  sementeira de polémicas.

           Redúcense o número de prazas de profesores neste curso,  entre 700 e 1000. O número de prazas a amortizar  saqueino de distintos medios de comunicación; de ser certos, ou   aproximados, estes datos, estariamos diante dun ERE bestial.  Estas prazas son a amortizar, non se incorporan novos profesionais.  É sabido que o   ensino queima moito, que os nenos cada vez son mais díscolos, especialmente no ensino medio. O problema agrávase pola concepción que os pais teñen dos  centros de ensino. Pra moitos é un aparcadoiro,  aparcan alí os rapaces e esquécense  deles; non lles importan que aprenda algo, e mais, dan por suposto que non aprenderían nada. Os alumn@s problemátic@s, xurdan non solo en secundaria, nos Institutos e FP; cada  vez mais en EXB. En EXB son moitas  veces en   que os pais acenden e alimentan os problemas  escolares, no canto de axudarlle o profesor a resolvelos.  

             Suprímense os profesores de apoio, especialmente pra axudarlles a algúns alumnos a alcanzar o nivel do curso e integrarse cos compañeiros

             Non se sabe que pasará coas substitucións.Ten que haber unha bolsa  de docentes ós que se poida recorrer no caso dunha baixa do titular

             Non  se  fai ningunha obra ou subministro que sexan a cargo da Consellería.              

             As  axudas pra mercar libros de texto son confusas e sen apoio administrativo; son tan xenéricas e restrictivas que converte o asunto nun imposible, que é o que queren.A xestión administrativa para  a tramitación de axudas para a compra de libros de texto, encoméndalla ós  directores dos Colexios,      que tiñan traballo dabondo e  agora ameazan  cunha  folga;   eso precisamente é o que busca o PP pra lle botar mais  merda á       ensinanza pública; tiñan que adiantárselles e pasárlle-la pelota a eles        

             Os comedores pasan a depender dos amigos. O normal é que foran servicios pro alumnado, pero fixeron deles un negocio pros amigos,

             A xunta de Feijoo xa pretendeu, de inicio, da educación unha torre de babel, xerou unha polémica onde non a había, dividiu a sociedade, gastou diñeiro con unha consulta ilegal, pra xustificar medidas antipedagóxicas.

          Obxectivo: cargarse o ensino público.

07/09/2009 10:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PREPARADEVOS PRA CLANDESTINIDADE

20090908104038-175-6388-a-fraga-7.jpg

 

 

 

 

 

          Barreiro, Presidente da RAG, por fin deu un puñetazo na mesa: Co gallo dun acto celebrado en Celanova, no que se homenaxeaba a Celso Emilio Ferreiro; Barreiro, no  seu discurso,  reprócholle a Feijoo que creara un problema lingüístico onde non o había. Barreiro, dende a mesura, e eu engadiría con incomodidade, coa mesma incomodidade que se notou entre as hostes  dos  Populares asistentes ó acto, fixo súa unha inquedanza da sociedade galega. Non se podía esperar menos do Presidente da RAG. !Xa era hora! . O final do discurso moita xente púxose en pe   e aplaudiu largamente o discurso de Barreiro, entre eles un fillo de Celso Emilio.

          Entendo que a presencia de Feijoo neste acto foi unha actitude deliberada de provocación. Cando lle tocou a quenda de pronunciar o discurso Institucional, fíxoo dun xeito chulesco e cun sorriso nos beizos. O mellor piropo foi pra RAG, da que dixo que era o faro espiritual; eso si, digo, moi espiritual e co faro apagado, como lle gustaría a el.

          O acto presidíao un retrato de Curros Enriquez; sabendo como as gastaba Curros; non me quero imaxina-lo que sófreo alí pendurado, aturando ós profanadores da cultura, aínda non sei como non se descolou e non  lle bateu na cabeza a ese provocador.

          Axeitos, presidente da Fundación Curros Enrquez e académico, dixo que un pobo que deixaba morrer a súa lingua é un pobo morto. Feijoo non quere deixar morrer a lingua, quere matala.

          Parece que ós asistentes o acto, empezando polo propio Núñez Feijoo, lles sorprendeu o discurso de Barreiro.  ¿Acaso xa daban á Institucións o valor dun oropel roído polo paso dos anos?, si a RAG quere seguir viva e respetada ten que adoptar, cando sexa necesario, posturas incómodas e mais  estrictas, non pode seguir durmindo e ignorando o que pasa o seu carón.

          Posiblemente despois desto Barreiro teña os días contados como Presidente da RAG, pero será unha despedida honrosa e a única que lle deixaron.

           Nunha rolda de prensa, un portavoz do PP, considerou unha actitude desconsiderada a de Barreiro con Feijoo, máxime cando Feijoo o único que fixo foi devolve-la paz e a liberdade ós galegos. !mannnnda carallo!.

          Xa non se fuma de batea en Galicia, e a presidenta de Galicia Monolingüe, Gloria Lago, dará unhas charlas en Pontevedra pra facer causa, acompañada dunha representación oficial da FAES, e co patrocinio da Excmª Deputación de Pontevedra. ¿Quén dixo que as Deputacións non valían pra nada?.

          Si esto sigue así, preparádevos pra clandestinidade, votaremos de menos a Franco. Tranquilos, aínda nos queda Negreira na Coruña.

08/09/2009 10:41 mmarcos #. sin tema Hay 8 comentarios.

COLLE A SUBVENCION E CORRE

20090909102251-03-picture-04.jpg

 

 

 

          Si se deron subvencións a medios de comunicación pra promociona-lo galego, eran subvencións cunha finalidade concreta; si esta non se cumpriu, incumpriuse a condición e teñen que devolvela

          Nos medios subvencionados, en poucos se cumpriu a condición  de promociona-lo galego e eses  medios tiñan que devolve-la subvención recibida. Quén lles vai esixi-la devolución.; dubido que o PP, como goberno, o faga; tampouco os afectados o  van facer por propia iniciativa; sería unha postura ética, pero ético houbera sido non acepta-la subvención coa condición que traía,  non colle-la subvención e votar a correr.

          Aínda hai mais, moitos deses medios, non solo non promocionaron o uso do galego, senón que levaron unha liña de aberto desprestixio do mesmo. Esta belixerancia rompe todo xesto de neutralidade, mesmo informativa.

           Non podemos esperar que o PP requira as devolucións, máxime cando nadamais gaña-las eleccións lles deu outra  subvención    sen condición; pode que  se sentira agradecido  por algo, e pagara os favores co noso diñeiro. Dende logo eu sería dos mais sorprendidos si PP esixira o cumprimento a obriga ou a devolución do diñeiro.

           A oposición pode pedir unha comisión parlamentaria de investigación, pode insta-la actuación do Tribunal de Contas, e pode, e debe, interpelar ó goberno sobre si hai algunha contrapartida nas subvencións que deu, e como xustifica esa actuación coa crise e a falla de orzamento que di ter.

            Coincidencia ou non, as promesas, os incumprimentos as excentricidades  do goberno Feijoo son silenciadas nos medios de comunicación. Hai que ver como se fan a vista gorda, como deixaron de  interesarlles noticias que son  como para avergoñar ata o mesmo Feijoo, e que conste que non é doado avergoñalo.

09/09/2009 10:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A RAPOSA VAI GARDA-LOS PITOS

20090910104106-2626006005-8e881be814-o.jpg

          

 

 

                                      

 

          As galiñoescolas, no que se transformaron as galescolas, fíxose co argumento de que se ían a desideoloxizar a educación infantil. E difícil de tragar ese argumento cando se pretende facer das galiñoescolas un monumento á intolerancia e segrega-los alumnos por razón do idioma.

             De entrada, o logo, se non é intencionado, si que é desafortunado. Non van moi desencamiñados os que o ven como un hibrido da aguia de Franco e a gaivota do PP, ou como un polo presidiario O único certo  e que non se parece á galiña de Casares, nin na forma, nin no espírito.

           Imos falar, e moito, do persoal contratado nestes Centros. Non se poden permitir acosos ideolóxicos e ameazas. Son traballadores que merecen un ríspeto.

           As galiñoescolas non son un chiringuito ideolóxico da extrema dereita, nin de nostálxicos do réxime de Franco, que parece que son os que  determinan as liñas políticas da Xunta, son o meirande insulto a un pobo. Acaso,  ¿vennos como un galiñeiro?, ¿son eles son os raposos?,  ¿é esa a mensaxe subliminal?. Algo debe haber, porque nas portas e cercanias das galiñoescolas que están por abrir,  está colocado o logo ese do polo presidiario. Tentan mandar a mensaxe á xente de que se moven, de que fan algo; o certo é que teñen unha ataxia política e de xestión. Non hai que lle pedir peras o olmo: son uns incapaces, e estanmo demostrando día a día. Despois de case un ano non se pode seguir mirando pra atrás e escudándose no goberno anterior, votándolle as culpas a quen deixou o goberno fai tempo, porque eso demostraría, a mais dunha ineptitude, unha covardía, escondéndose detrás de fantasmas.

            Puxeron a desculpa, pra desface-lo asunto, que ían a quitarlle ideoloxía as escolas de nenos de 0 a 3 anos. Teñen pollóns; bueno,  si non os teñen,  polo menos teñen cara. Xa se viu a onde van.

            Ós nenos quérennos descerebrar.

             !Coidado! Gloria Lago anda solta.

Etiquetas: , , ,

10/09/2009 10:41 mmarcos #. Politica Hay 4 comentarios.

MOJITOS, VIAXES E IMPOSTOS

20090911105956-mojitocubano.jpg

  

 

          ¿Cánto nos costa ós galegos esas xiras dos emisarios de Feijoo por Sudamérica? e en cánto nos vai a saír a viaxe que el mesmo pensa facer, logo de que os emisarios lle preparen o terreo.  ¿ vai sacar Galicia algún beneficio destas viaxes?, ou ¿os beneficios van a ser pro partido e os gastos pra nos?

          Os emisarios non reparan en gastos, son frecuentes as comilonadas nos mellores restaurantes, en estancias e os agasallos en Sociedades Culturais. Todo eso sácannolo do noso peto, logo virannos co conto de que baixan os impostos; eu   sígome declarando obxector fiscal; non quero que baixen os ingresos, quero unha austeridade real, que limiten os gastos, non que limiten os servicios sociais, que limiten os gastos de representación ó estrictamente protocolario, que eliminen os gastos suntuarios, que poden os gastos correntes, en especial as transferencias a entidades privadas.

          Ánxela Bugallo, detrás virá quen bo me fará. Os teus mojitos da Habana foron unha calderilla. O asunto dos mojitos foi moi ben explotado electoralmente, presentárono como se fora un gran convite, un banquete de luxo, a verdade e que o cambio foi como si celebrara a recepción cuns ribeiros, que seria mais exótico e mais caro, moi enxebre; imaxínome que unhas tazas de viño tiñan que ser algo moi orixinal; nin falar do que os do PP dicen que custou a recepción.: o gasto foi en pesos cubanos, pero o PP deu a mesma cifra en euros, ( un deslizo).

            Non fun, o que ese di un partidario de Ana Bugallo, tampouco un detractor; pra min, non era cuestión de pedigree, senón de ovarios, deveu darlle un xiro a cidade da cultura, non debera continuar con ese monstro comecartos, que empezou presupostado en 50 millóns de euros e xa vai en CINCOCENTOS; un despilfarro pra un pais con moitas necesidades e poucos medios, se ben hai que admitir que a cuestión, dada a transcendencia, tiña que ser cousa do Consello. 

          Xa vemos agora como espanforrean os enviados do emperador. O mellor aínda está por chegar, cando o emperador, en persoa, viaxe ás Américas.-

         Xa non somos menores de idade, nin estúpidos, que non entendemos de política fiscal e nos engaiole cunha baixada de impostos pra subilos por outro lado.

           Resístese a devolve-los 1.600 millóns  de euros que o Estado lle anticipou de mais, a conta da recadación; claro se vai baixa-los impostos e o mesmo tempo favorecer a negocios privados con fondos públicos, ese diñeiro viríalle de perlas. O Estado paga a  conta e el invita.

          Quere subscribir débeda pública ata o máximo permitido, e baixa-los impostos no tramo autonómico. !que cara ten! !que estúpidos nos fai!.

          O que nos  faltaba, tamén Zapatero vai subi-los impostos indirectos, os que imos pagar todos, independentemente do que ganemos. Non se atreve cos impostos directos.

           !Que xente!

11/09/2009 11:00 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

O DECRETO DA DISCORDIA

20090912104053-debatescz8.jpg

 

  

        O Decreto do galego no ensino, que a actual Xunta pretende derrogar, temos que lembrar que non é unha imposición do bipartito, gozou do consenso de tódolos grupos parlamentarios da  anterior lexislatura; e é desenrolo dunha Lei aprobada na era dos gobernos do PP. Non houbo problemas na aplicación das normas citadas; entón porque o PP emprende agora esta cruzada en contra do galego e se arrisca a crear un cisma dentro do propio PP de G. Con toda seguridade son ordes directas de Génova.

      Os deputados do PP falan dunha inmersión lingüística; unha de dúas:  ou son xente ignorante que non sabe o que é unha inmersión lingüística, ou saben o que é, e falan como si estiveran en campaña electoral; penso que ningunha das dúas, eles non son quen de ter unha opinión  propia, porque Génova é quen dicta as normas.

        É curioso que falen en nome da liberdade e da xustiza ós que lles queren privar de liberdade e lles negan a xustiza ós que non pensan coma eles.

        A transición política en España din que foi modélica, non sei pra quen. Aquí non se xulgou a ningún criminal do franquismo; as víctimas seguen, despois de sesenta anos esquecidas nas cunetas; e aínda hoxe non permiten os seus familiares que busquen os seus restos pra darlles unha sepultura digna. A Xunta de hoxe, pon todos los impedimentos que pode.

        Coincidencia, ou non, Organizacións como “manos limpias· “libertad y memoria”. “galicia bilingüe”, son o contrario do seu nome, e teñen un denominador común: vinculadas a extrema dereita, defensoras do pensamento único e da herdanza franquista.

Consecuencias da transición.

        Galicia Monolingüe, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, e dicir, con cartos públicos, está realizando en Pontevedra unhas xornadas contra do ensino do galego e con envío masivo de propaganda ós colexios.

        Non  se sabe canto costa o evento, é un segredo como o  da galiña azul, mesmo pra ocultalo e evitar unha fiscalización utilizan o Museo Provincial como escudo. Outra consecuencia da transición, modos e personaxes, que ocupan Institucións democráticas, sen cer na democracia.

         Galicia Bilingüe trae xente de tódolos rincóns do planeta. As súas vivencias e exposicións non terán moito co asunto, pero pra eso son especialistas da manipulación; o asunto é facer unha festa polo alto, e moito ruído; total, pagamos nos. Seguiremos o evento, pero sería interesante que alguén fixera un calculo do costo da festa.

        A Deputación de Pontevedra colócase nunha liña da dereita intolerante, do pensamento único, contraria á convivencia pacífica dos cidadáns, que nos sume na noite dos tempos e nos fai recordar feitos que quixéramos esquecer, como  aquela triste  data do 17 de agosto do 1916, cando fusilaron a Alexandre Bóveda. Todo esto é mais grave tendo en conta que usan o noso propio diñeiro.

12/09/2009 10:41 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

NA SEMANA

Quixestes que gañara a galiña azul, aínda que por moi pouco. Un participante do blog, no libro de visitas suxeriume que escribira unha segunda parte da galiña azul, vouno facer, aínda que cun ton surrealista e renunciando a atopar a orixe oculta do enxendro galiñaceo, deixando a imaxinación de cada quen se está nese orixe hibrido que dicen, unha na insoportable carraxe á bandeira galega, que ten Feijoo, ou simplemente é un fenómeno mais da deconstrucción deste goberno, cegado polo furor destructor do feito polos seus predecesores.
Un goberno non se valora polo que destrúe, senón polo que é capaz de facer.
Na vosa man está poñerlle a nota.
Tamén e suxeristeis que tratara sobre as municipais; nesta semana vai.
Non vos esquezades de ver as participacións no artigo do sábado, moi boas, sobretodo unha axudaravos a coñecer a historia política recente de Galicia.
13/09/2009 22:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DEPENDENCIA E PARO

20090914102939-dependencia3-20jpg.jpg

 

 

 

 

          A cantidade de ERES que leva aprobados a Conselleira do paro amosan que a Conselleira non lle trema a man a hora de asinalos. Nas formas e nos modos recórdanos a fel seguidora do franquismo; nembargantes seríamos uns demagogos, como o foron eles en campaña electoral, si dixéramos que tiñamos a receita pra rematar co paro. Todos recordamos que na campaña electoral Feijoo votáballe a culpa do paro ó mal goberno do bipartito, facendo a promesa solemne de que si el chegaba a gobernar eso arranxaríase de contado. Pois ben, leva cinco meses gobernando e o paro medrou. Pro que perdeu o traballo, deixa de ser un número, e é unha traxedia persoal; por eso non se pode facer tanta demagoxia cun problema tan serio. Unha cousa é predicar, e outra dar trigo.

          Prometeu que en 120 días, si cento vinte días, ía a paga-las axuda os dependentes; pois ben, levamos 180 días e esto non se move.

          Se a Conselleira é unha inepta, que a cese; se non será un dos moitos incumprimentos que o converten en charlatán de feira. Feijoo precísaa pra que se queime ela, e el estar a salvo.

           Centros de día, escolas infantís e a residencias de maiores, rematadas e sen entrar en funcionamento, obedecen a un plan ideolóxico de Feijoo, que quere elimina-los servicios públicos, e dende logo a competencia, e dar subvencións a centros privados;  dese xeito paga os apoios que recibiu.

            Pregúntome, que vai pasar cos parados que xa non teñen protección, as familias que teñen tódolos seus membros en paro, os que teñen idade de traballar  e non atopan emprego.

            Traballo e Servicios Sociais non poden ser os esquecidos.

14/09/2009 10:30 mmarcos #. sin tema Hay 5 comentarios.

SANIDADE

20090915120108-20090915104820-sanidad-1.jpg

 

.

 

 

 

 

          A Sanidade é un  touro  difícil  de lidiar  e con pouco interese  en   arranxalo. A intención do PP e converter a sanidade,  a educación e os servicios sociais, en servicios de beneficencia, e crear  negocios privados con fondos públicos.

          Suprimiron as peonadas, que  se crearan co obxectivo de     reduci-las listas de espera, pero que os profesionais sanitarios utilizaron para cobrar mais facendo o mesmo, eles mesmo mataron a galiña dos ovos douro.

           O malo da supresión das peonadas está en que o PP non creou nada alternativo, o deles é simplemente   destruír: o mesmo están a facer con tódalas xefaturas, nomeadas nos gobernos Fraga ou baixo o bipartito; chega con que prestaran servicio durante o goberno  anterior.

            Todo esto o único que demostra é a catadura moral de quen nos goberna, que lle importa pouco o funcionamento do sistema, o único que os move é un afán de revanchismo difícil de comprender, que solo unha mente enferma o pode levar a cabo.

             Os altos cargos da sanidade tráennos de Madrid, os profesionais do pais son uns inútiles pra eles.

            O PP non se lle ocorre remediar o inxustificado consumo de actos médicos, ou de farmacia, que nos levará irremediablemente ó copago; o que pretenden é que o sistema explote e se faga inviable pra privatizalo.

             Os centros de  primaria convértense en centros sociais de doentes da terceira idade, a falta de servicios propios, xa que nos centros de  maiores considéranse equipados cunha baralla e un periódico. Neses lugares debíanse equipar con un grupo médico axeitado, incluído un psiquiatra, así non  habería esa carga nos Centros de Saúde e poderían admitir urxencias, derivando os casos graves ós hospitais e os outros ó domicilio

             Houbo unha purga   nos cargos de libre designación, na sanidade seguiuse o guión do partido, nada orixinal se coceu. É de salientar que os hai incombustibles, resistiron o cambio. Cando vin que seguían á Conselleira nas súas presentacións como cadeliños, pensei nos moitos lambecús que hai; todo cambia pra   seguir igual; que me paren o mundo que eu báixome.

 

Etiquetas: , ,

15/09/2009 10:49 mmarcos #. Politica No hay comentarios. Comentar.

VIVEIRO DE TERRORISTAS

20090916110032-carasol-belchite.jpg

    

                         

                                          

            As organizacións de extremadereita medran como setas, protexidas por certos sectores do poder; e teñen o desparpaxo de quen se sente protexido.

            É preocupante, que dende o goberno central non se tomen medidas con organizacións que teñen un forte compoñente de intolerancia social, que a súa función e crear crispación e ser pebideiro de futuros terroristas.

            Comprendo que pro goberno a principal preocupación sexa ETA, porque é unha lacra que levamos soportado moito tempo, demasiado tempo.

            Pero hai unha  serie de organizacións, moi activas e moi coñecidas, que se están rearmando ideoloxicamente, e que, de non poñerlles remedio agora, van a dar moitos problemas.

            Teñen que ser persoas da rúa as que dean a voz de alarma, coma a nai de Palomino, que no xuizo pola morte do seu fillo, pediu que os grupos ultradereitistas sexan ilegalizados e que loitará para que sexan tipificados no Código Penal os delitos de terrorismo   fascista.

           Pese o tempo transcorrido, non nos podemos esquecer da matanza de Atocha no ano 1977, ó que hai que sumar o asasinato posterior de estudiantes,  por grupos da extrema   dereita.  Unha vez mais hai que loubar o sacrificio e responsabilidade de quenes, dende a dor, non responderon ás provocacións.   

           Son responsables, por cómplices e colaboradores, os poderes públicos que  amparan e promoven as súas actividades.

           As axudas millonarias da Xunta e da Deputación de Pontevedra a Galicia Monolingüe, que ademais de ser reprobables moralmente, son merecentes de investigación criminal. Gardan unha curiosa similitude coas que o PNV daba ós familiares de presos de ETA. Son coincidencias nos extremos. 

           A convivencia social é como unha cacharro que se rompe, e que despois, é imposible de recompoñer; esa é unha das razóns pola que considere a Feijoo como o personaxe mais sinistro da política galega, dende que a humanidade vive en comunidade.

          Non todo van a ser malas noticias; as xornadas de Galicia Monolingüe en Pontevedra son un fracaso de asistencia, eso non obsta pra que manteñamos moi viva, mais que nunca, a loita pola convivencia democrática e se lle esixa a dimisión a Feijoo  e o Presidente da Deputación de Pontevedra por promocionar a grupos extremistas. Son responsables politicamente.

 

 

16/09/2009 11:01 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

O PODER DISPUTARASE NAS MUNICIPAIS I

20090917151314-dumas-alain.jpg

          

          Non son analista político, e desto entendo pouco, pero  teño o mesmo dereito que se fora un analista en equivocarme. Considérome un observador modesto, sen mala intención, un espectador, que ve os xogos, zancadillas, codazos, puñadas, arrabuñaduras, rechinar  de dentes e demais dos políticos  

          Este tempo quen nos agarda, deica as eleccións locais, vai ser un  tempo moi revolto,  xa sexa entre os socios dos gobernos municipais, ou as malas artes do goberno da Xunta, que lles vai face-la vida moi difícil ós gobernos que non son do seu color.

           Louzán sempre está presto pra promover e financiar mocións de censura, tanto Rajoy como Feijoo actúan como autores intelectuais e consentidores das operacións. Dende as últimas eleccións municipais son mais de nove concellos, e outros en proceso, en Galicia,  nos que o PP se fixo coa alcaldía por este método.

           Curioso, moi curioso, os peperos berran, e rásganse as súas túnicas patricias por unha posible moción de censura nun concello de Andalucía; Galicia non conta; na política española, pra eles, Galicia ten un valor cero.

           Chegar a facerse coa alcaldía por eses métodos, non é  eticamente democrático, aínda que sexa legal, porque se apoian en   seres socialmente desprezables, con un prezo económico e sen razóns obxectivas; e mudar de alcalde pra que todo siga igual, ou defender algún intres privado.                                                         

           Si damos un repaso ós principais concellos, vemos quen na Coruña, cidade, tanto Losada como os seus socios do bloque non o van  a ter doado pra repetir goberno; enfronte van ter a un Negreira que é todo un mestre das marrullerías; non dan moito que falar das lóxicas diferencias entre os socios, lavan os trapos no patio interior,   como debe ser. Negreira, coa colaboración da Xunta, as residuais, especialmente a Ría do Burgo, e o lixo, de feito xa a Xunta lle está   creando problemas para o tratamento en Cerceda.

           No Ferrol hai unha deriva  no PSOE que pode prexudicar moito ás esquerdas, a tódolos partidos. Se rematan as obras da praza a tempo, o alcalde apuntase un tanto; vótase en falla uns accesos en condicións, e o Porto Exterior non ten mais que problemas. A ría é unha cloaca e a cidade precisa dun adecentamento, que faga esquecer vellos laureles, que non se    resolvan  eses problemas é culpa do goberno.

Etiquetas: , , , ,

17/09/2009 10:38 mmarcos #. Politica Hay 5 comentarios.

O PODER DISPUTARASE NAS MUNICIPAIS II

20090918102418-esp4290608.jpg

 

           Santiago, dende que falta Estévez e Encarna Otero, hai unha carencia de políticos carismáticos.  Bugallo é un triste, e eso en política ten un prezo; van lle votar en cara a falla de talla profesional, pois o mais que chegou foi auxiliar nun Centro médico, tamén carece dunha formación académica  co respalde, aínda que as alcaldías gañanse por elección e non por oposición; non esquezamos que Santiago é a capital de Galicia. O meu modo de ver, ten no seu haber unha urbanización da cidade, tanto en vías de comunicación interna como en xardíns, que permitiron darlle á cidade a categoría de capital, aínda que o deseño fora de Estéz. Os seus socios do Bloque tamén lles falta un líder que arrastre; quizás si volvera Encarna Otero, faría esquecer, incluso, as intrigas da UPG.

          Lugo tíñao doado, pero o alcalde, moi personalista, ten a cidade descoidada, fai promesas que xa nade cree, é, como si   dixeramos, un partidario da desorganización total; Non ten maioría, pero non pon reparos  en que o apoie o PP. Precisamente no PP saben dos seu afán de protagonismo, procuran que non se xunte ós socios naturais pra gobernar, danlle corda, e a esperar que a froita caia de madura, O último invento da estación intermodal pon de manifesto que ou ben viven un mundo irreal, ou ten unha consideración moi baixa da intelixencia dos lucenses. Ten un problema, que non é culpa súa; Lugo non están nos trazados do AVE, e ten que asumilo e buscar outras saídas realistas; o malo é que lle gusta escapar da realidade e vivir soños.

          Pontevedra é como un circo, o mais difícil  todavía. Teresa Casal, tenente de alcalde e líder do PSOE no Concello, socia de goberno do BNG, fai de oposición dende o goberno: é como si Telmo  a tivera en nómina. Din que é a tenente de alcalde mellor pagada de Galicia, a súa nómina é case como a do alcalde, pero os cartos non a frean; ela quere ser alcaldesa; é bo ter ambicións, pero eso non está reñido co sentidiño. Telmo, do PP, aínda que ten mais altas miras, fretarse as mans; quere que nada quede solto, todo ben amarrado;  por eso lle están a votar unha man a Teresa, tanto Telmo como o Conselleiro de Medioambiente, poñendo contra as cordas o concello na recollida do lixo. Os políticos de corto recorrido  non senten na caluga o alento do PP,  os métodos  mafioso e  demais lindezas. O futuro ven moi escuro no Lérez.

          Vigo é un bocado moi apetitoso, Corina vaino a intentar; o goberno municipal é compacto, pero o PP está tentando morderlle por varios lados. O Plan  de Ordenación Urbana, O Lixo, O Saneamento e mesmo o idioma. Corina préstalle mais atención á cidade que o Porto, do que é presidenta, parece unha raposa axexando a un galiñeiro; ás súas obsesións, gañe quen gañe as municipais, vanlle pasar factura a Vigo. Os partido xa `poden fiar fino, esquecerse de liortas fratricidas e concentrarse no verdadeiro inimigo

           En Ourense de todo pode  pasar, xa que os problemas de  coalición son domésticos. Feijoo tenta dictar a política de acoso, marxinando ó poderoso Baltar, xa veremos en que queda; porque pode leva-lo a apartar a Baltar do mando da provincia, ou fracasar, por eso,  mais de gana por gaña-la alcaldía é dominar a Baltar, se é preciso apartaríao da política provincial. A  nade lle estrañe que o nomee pra un cargo en Santiago, pra sacalo de Ourense. O Conselleiro do lixo tamén os está amolar.

           Feijoo xógase moito nas municipais, se perde votos, a súa estrela murcharase, e a súa política de apoio a grupos ultras e desmantelamento de servicios, cambiará. Polo tanto Galicia tamén se xoga moito.

            Nos concellos pequenos vanse a pagar caras as 13 mocións  de censura de outros tantos concellos.  

      

18/09/2009 10:24 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

A GALIÑA AZUL, OU A GALIÑA FALANXISTA II

20090919103922-enlcod.jpg

             

       Parece, aínda que por pouco, gañou a Galiña azul. Tiña diante miña unha encrucillada, non sabía que camiño tomar; metérame nun fregado coa enquisa e non sabía que solución darlle ó resultado; ocurríranseme varios, pero no libro de visitas un comentarista do blog deu a solución axeitada: farei nunha segunda parte da GALIÑA AZUL, aínda que dun xeito surrealista; non quero desfacer aquel dito de que: “nunca segundas partes foron boas”, pero non hai que ser fatalistas; non ten porque ser así.

-----No parque da vila, sentados nun banco,  dous avós tomaban o sol de outono, a cada lado do banco estaba atada unha corda, no extremo da corda estaban atadas  unhas pacificas crianzas fozando na terra; quen os vía agora pensaría que eran uns nenos pacíficos, pero  un anaco antes, cando chegaron con eles ó parque parecían auténticas feras. Os avós xa non tiñan enerxías pra loitar con eles, e vendo a unha señora pasear un perigoso doberman, ocorréuselles prender do mesmo xeito ás crianzas. Evidentemente, os pais das criaturas non o sabían,  pero a eles aquelo axudáballes. O malo foi cando un municipal paseaba, con traballo o seu corpo polo parque e lles chamou a atención, dicíndolles que os ía denunciar por malos tratos e levalos á cadea; xa xuntaran as mas pra que os prenderan, !por fin ían ter un fogar con comida e sen ter que traballar! O garda deu marcha atrás cando non soubo que facer cos nenos. Eles desatáronnos e leváronos da man; as cordas levábanas no peto á vista dos nenos, pra que non se esqueceran de que estaban alí. Non volveron utiliza-las cordas, nin fixo falla; os avós e os netos non volveron falar daquelo, e nade mais soubo do asunto; eles non deixaron de leva-las cordas no peto, nunca lles fixo falla falar delas. Os nenos sabían pro que valían e coñecían os límites.  

            Os avós, no fondo tiñan as mesmas preocupacións: as pensións, que  cada vez chegaban a menos; as doenzas, físicas e do corazón, a un deles morréralle a súa dona e agora xa non tiña con quen pelexar; o médico, o que acudían pra consulta, supoñía un oasis nas súas vidas, alí podían falar cos supostos doentes, mentres agardaban, a sala de espera era un lugar de tertulia, onde se escoitaba de todo, cando lles tocaba  a quenda, pregaban pra que o médico lles puidera adicar uns minutos pra contarlle as súas cuítas; logo recetaríanlles unhas pastillas, mais que nada pra dor da alma.

           A Xunta recortara moitos servicios socias, os cartos tiñan que destinalos a  subvencións pros amigos, e a corda sempre rompía polo mais froxo.

          Aquel fin de verán ía a  ser distinto, eso pensaban eles, o fin remataran a galescola e xa  non terían que ter conta dos netos.

           As cousas non  van sempre como se espera, e os avós tiñan que termar o remate do verán dos netos; a Galescola estaba lista, pero non se abrira, o seu caron había un enorme pito presidiario cunha camisa a rais en azul; parece ese sería o novo logo. Déranse presa  no cambio de nome, pero ai pararon as presas. A conciliación  da vida laboral e a familiar non era unha prioridade pro PP. O diñeiro necesario pra apertura da escola gastáronmo no cambio de logo, na carteleira e en propaganda.

            Os días seguintes pasáronnos falando da escola; según lles dixeron o  pito era fillo dunha galiña azul, o pai no se sabía quen era, podía ser alguén do goberno  presente, ou do pasado lonxano, a eles non lles preocuba quen tivera relacións coa galiña,  o que mais lles preoucapaba era que a escola non se abría.

               Aparte de que o polo de marras ten parecido cun presidiario, tamén o ten coa abella maia e cun do goberno.

            Pra evitar lios, xa que non calla o da galiña   de Mos , por aquelo de que é galega, e eles o galego failles dano; poñería unha galiña do Perú, que cando quixeran que puxera un ovo terían que meterlle  un dedo no cu.

              Propóñovos xogar ós detectives; hai que busca-lo pai do polo. Sabemos que a nai é a galiña de Casares, pero, ¿quén é o pai?. Vou ver de facer algo parecido ó que fixen pra votar polo artigo do mes; mentres, podeis usa-lo espacio pra comentar.

      

19/09/2009 10:40 mmarcos #. sin tema Hay 8 comentarios.

CONVITE

          Non é un convite a unha cea, nin siquera tedes que poñervos de gala, convidovos a votar na enquisa que figura á dereita. grazas, grazas, moito obrigado.

20/09/2009 12:03 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PLAN DE VIVENDA E CONTRATOS A DEDO

20090921110918-6058.jpg

            Non son os Conselleiros os que fan esa noxenta e impresentable practica de adxudicar a dedo  os contratos de obra é prestación de servicios públicos. Danos a impresión de que  o PP tomou a Administración da Xunta como un botín, que reparte entre tódolos amigos e  aqueles carroñentos que se enganchan ó poder pra zugar da teta.

            O  mes de agosto trdicionalmnte é un mes de baixa actividade administrativa ,pero o PP tiña presa e desfacer o que o bipartito había construído e asignar contratos a dedo á            camarilla, nunha palabra había que reparti-lo botín de guerra

            Hai trimestres que non se asignan tantos contratos, pero este mes de agosto, pese a  ser un mes en que a administración     está baixo mínimos, era un mes especial: había que reparti-lo botín de guerra entre os amigos, e para elo nada mellor que este momento en que todos estaban de vacacións e o Parlamento pechado. Foi unha actuación con aleivosía e ocultamente, sustraida a calquera fiscalización.

            Xa non me  asombra a cantidade de contratos que  a Xunta deu a  dedo, nin sequera que algúns os adxudicaran a empresas da trama Gürtel; pero o do Presidente xa non podo con el.

            Veredes, o Conselleiro ese de infraestructuras e moitas cousas, ( que ten un dedo que lle medrou como o de ET, polos moitos contratos que da a dedo), deulle un recentemente á empresa onde traballou, despois de que foi cesado na Xunta, un contratiño de nada; case 400 millóns de pesetas; pouco cousa, pero eu hai días que non os gano.

             Eso é o de menos, entra no xeito de gobernar desta xente. Pra eles Galicia foi o botín, e despois de ter ganado a guerra, hai que repartilo cos amigos.

             Nesto que sae Feijoo nos xornais, e sen que se lle movera un músculo, di que a culpa da adxudicación do contrato tívoa o bipartito. Este home, ademais de ser un mentiroso compulsivo, debe padecer algunha doenza, ¿ou será o aire de Monte Pio?; porque dicindo disparates é un ciclón.

              O conselleiro  vacilón suprimiu  as axudas pra arranxa-los cascos históricos; pode ser porque era  un proxecto do goberno  anterior, ou porque queren especular coas propiedades agora que aumentaron de valor coa crecente moda da rehabilitación.

            O mais  do mais, e a creación dun rexistro novo de petición de vivendas protexidas e  a supresión do rexistro anterior.  Por decreto, os demandantes de vivenda desaparecen; os motivos tamén poden ser: o rexistro é da época  do goberno anterior, ou precisan os cartos pra papancias, pros amigos, incluídos grupos de extrema  dereita; afórranse os cartos porque  este ano xa non se fan proxectos.

          Mentres  a vivir en tenda de campaña; o Presidente da Xunta  deixará instalalas nos xardíns da súa luxosa residencia de Monte Pío.

          Tamén ía presentar no Parlamento un plan de infraestructuras, coartada pra gardalos cartos e incorporalos como remanente os vindeiros orzamentos.

21/09/2009 11:09 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

BENEFICIENCIA

20090922111218-ano04037a.jpg

 

 

 

            Na Consellería do paro todo é posible. Mal imos se  a Conselleira do paro non arranxa a casa; unha Directora Xeral súa, que  ten o  seu  cargo a  vixilancia do cumprimento das normas de relacións laborais foi condenada por violar a súa empresa as normas, cuxo cumprimento ten que protexer; mal, moi mal anda a cousa.

            A citada Consellería é todo unha mostra do que pretende Feijoo, o peor  gobernante dende Godoy, a eliminación de tódolos servicios públicos.

            A muller fai o que pode, malia imaxe de extremismo ideolóxico. Son estereotipos que a perseguen.

            Que culpa ten ela de que haxa xente que teña a mobilidade reducida ou outras eivas; eso de xantar na casa non deixa de ser un capricho; ela mesma come fora da casa.    ( as facturas pagas a Xunta, e   dicir, nos).

            Tamén hai xente moi caprichosa. ¿ A que ven eso dos Canguros pra coida-los nenos mentres os pais saen?. Eses do bipartito non se enteraran de que os canguros son uns animais de Australia. Menos mal que esta muller tan lista, traballadora e preocupada da cousa pública e da humanidade chegou a tempo de poñer remedio.

           A   dependencia está paralizada;  Feijoo prometeu pagar e agora non se lle pode deixar co cu o aire; hai que  inventar algo, o problema é que non saben onde foi a neurona  pra  pensar; o mais socorrido: votarlle a culpa o bipartito.

            O Xerente do Consorcios anda moi ocupado buscando furados no orzamento; ten detectives examinando con  lupa  tódolos papeis do bipartito; así cando lle pregunten por qué ten paralizados ós servicios, pódelles dicir que o bipartito deixou un buraco orzamentario, que en dous meses gastaron o presupostado pro ano. Así plantexadas as cousas atópase nun dilema; ou ben os do   bipartito traballaban moito e eran moi eficientes, ou el é un inútil, incapaz de xestiona-los asuntos. Difícil elección.

22/09/2009 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COMENZO NO HORREO

20090923151227-pandora.jpg

 

          Despois da ausencia vacacional, que parecía un abandono da escena, e en cuxo período o goberno dedicouse comodamente a destruír. A oposición resucita no Pazo do Hórreo, Pachi Vázquez  pídelle o goberno que deixe de humillar ós galegofalantes, eu   engadiría e de acosalos; asemade fíxolle unha petición a Feijoo: “que sae deixe de chulerías e se poña a traballar.

           Feijoo é chulo, pero ademais é un provocador. Vaille a polémica.

          A súa maneira el xa está traballando; dirixe unha brigada de demolición e non está parado. Coido que a estas alturas xa pouco lle debe quedar por destruír. Agora é cando comeza a construcción  do imperio do mal. Recemos, recemos porque chova mansa e derretida.

          As tácticas parlamentarias son segundo o saber do orador; por exemplo: a unha pregunta que lle resultou incómoda, o Conselleiro de Educación respondeu cunha ameaza: “faría pública a lista dos deputados da oposición que mandaban os seus fillos a escola privada”. A ameaza move a risa, porque, que se saiba, non é ningún delito manda-los fillos a colexios privados; pero o ton airado e ameazante con que o fixo, lévanos á seguinte  reflexión: ¿de tan poucas razóns dispón,  que pra responder ten que recorre ó chantaxe.?.

          ¿Teñen vida privada os parlamentarios e os membros do goberno?, ¿ é o mesmo legalidade que inmoralidade?

          Nade  sacou feitos da vida privada de ninguén, nin se aireou as opcións sexuais de nade, porque son cousas da  esfera privada dos individuos e deben permanece nela; pero o amago do Conselleiro de Educación, pode  abri-la caixa de pándora é, polo menos, é impropia; é obriga o PP a pronunciarse publicamente sobre  tema.

          As ameazas do Conselleiro de Educación veñen a confirmar o baixo perfil do goberno; a falta de preparación, fai que á mínima presión estouren.

           As mediocridades, aínda en proceso de floración transitoria, traen reaccións extemporáneas, haberá mais reaccións como  esa, xa veredes.

Etiquetas: , , , , ,

23/09/2009 11:02 mmarcos #. Politica No hay comentarios. Comentar.

COMENZO NO HORREO

20090923171446-hombre-negocios-oratoria-car0201.jpg

 

 

 

          Despois da ausencia vacacional, que parecía un abandono da escena, e en cuxo período o goberno dedicouse comodamente a destruír. A oposición resucita no Pazo do Hórreo, Pachi Vázquez  pídelle o goberno que deixe de humillar ós galegofalantes, eu   engadiría e de acosalos; asemade fíxolle unha petición a Feijoo: “que sae deixe de chulerías e se poña a traballar.

           Feijoo é chulo, pero ademais é un provocador. Vaille a polémica.

          A súa maneira el xa está traballando; dirixe unha brigada de demolición e non está parado. Coido que a estas alturas xa pouco lle debe quedar por destruír. Agora é cando comeza a construcción  do imperio do mal. Recemos, recemos porque chova mansa e derretida.

          As tácticas parlamentarias son segundo o saber do orador; por exemplo: a unha pregunta que lle resultou incómoda, o Conselleiro de Educación respondeu cunha ameaza: “faría pública a lista dos deputados da oposición que mandaban os seus fillos a escola privada”. A ameaza move a risa, porque, que se saiba, non é ningún delito manda-los fillos a colexios privados; pero o ton airado e ameazante con que o fixo, lévanos á seguinte  reflexión: ¿de tan poucas razóns dispón,  que pra responder ten que recorre ó chantaxe.?.

          ¿Teñen vida privada os parlamentarios e os membros do goberno?, ¿ é o mesmo legalidade que inmoralidade?

          Nade  sacou feitos da vida privada de ninguén, nin se aireou as opcións sexuais de nade, porque son cousas da  esfera privada dos individuos e deben permanece nela; pero o amago do Conselleiro de Educación, pode  abri-la caixa de pándora é, polo menos, é impropia; é obriga o PP a pronunciarse publicamente sobre  tema.

          As ameazas do Conselleiro de Educación veñen a confirmar o baixo perfil do goberno; a falta de preparación, fai que á mínima presión estouren.

           As mediocridades, aínda en proceso de floración transitoria, traen reaccións extemporáneas, haberá mais reaccións como  esa, xa veredes.

23/09/2009 17:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿AINDA ESTAMOS DE CAMPAÑA?

20090924105240-mitinpromesa-0.jpg

 

          Os que seguiron as declaración de Núñez Feijoo, seguro que dubidan de se a campaña electoral  rematou; seguen coas rebaixas, eu pensei que xa estabamos en temporada de inverno, pero non, para algunhos a temporada de rebaixas segue. A Xunta vai reducir un 15% os gastos de funcionamento, segundo Feijoo.

           Todos estamos de acordo en que a austeridade debe ter como consecuencia inmediata a reducción dos gastos correntes. Feijoo xa cuantificou a reducción nun 15%, eso é o mesmo que prometeu en campaña; pero como vai reduci-los gastos de funcionamento, si o primeiro que fixo, nada mais tomar posesión foi aumenta-la estructura administrativa, sen que se compensara, nin de lonxe coa reducción nominal do número de Consellerías; digo reducción nominal porque as sedes, estructura administrativa e servicios anexos das Consellerías nominalmente suprimidas, segue intacta.

          Vendernos ese conto, insistindo na mesma mentira non ten sentido, a non ser que  se ateña a aquel dito de que unha mentira, a foza de repetila, a xente crea. Si quixera practicar unha austeridade orzamentaria ese sería un bo comezo. O malo son os feitos, que deixan en propaganda electoral as declaracións:

           1º.-incremento da estructura administrativa da Xunta coa creación de cinco superdelegacións, que nin de lonxe, son compensadas por supresións de Consellerías; insisto, non  da súa estructura..

            2º.-Incremento de altos cargos e asesores, así como outros cargos de libredesignación.

            3º.-Transferencias correntes, sen sequera estar presupostas.

            4º.-Diminución drástica en gastos sociais: educación, servicios sociais e dependencia.

            5º.-Diminución en gastos de inversión; especialmente en infraestructuras, xa presupostadas, sanidade, educación e servicios sociais, onde chegan a non abrir centros xa rematados.

            Qué pasa cos remanentes de crédito, é dicir co presupostado e non gastado. Que se saiba, a mais de dar cartos os amigos, non executaron os orzamentos, imaxínome que pro ano van ter moitos cartos.

              Non é cousa de que fagamos aquí un análise pormenorizado simplemente reseña-lo mais salientable.

              ¿Quén da mais?; agora contarannos milongas.

24/09/2009 10:53 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

O ARTE DA CHANTAXE

20090925110809-electronic-arts-vidaextra-chantaje.png

 

          Seguirein a  suxerencia que ffixo Piusillo no Libro de Viisitas e os domingos tratarein de facer un guión do que publicarein na semana.

 

         

Lin unha entrevista que lle fixeron a Gloria Lago, a de Galicia Monolingüe, profesora de inglés, ó remate das xornadas que lle organizou en Pontevedra o Presidente da Deputación, quedádevos con ese dato. A entrevista ía mais aló do desenrolo das xornadas, tanto o entrevistador como Gloria Lago poucos cartuchos se gardaron.

          Confeso que me resulta repugnante falar de Gloria Lago, considérome tolerante cos que non pensan coma eu, pero a miñas dificultades xorden cando se trata de baixar o infrainferno da inquisición e tratar de falar de seres irracionais.

          Directamente e sen disimulo, ameazou a Feijoo se non seguía as súas suxerencias, con esta frase textual: “ se Feijoo non cumpre o que prometeu podémoslle dar moitas sorpresas”. Faille chantaxe e ameaza ó Presidente do Goberno Galego., “chantaxe e ameaza a funcionario público no   exercicio   da súa función” intento de subverter a  orde democrática. Preguntaríalles ós profesionais do dereito si eso no está tipificado no Código Penal. Si coñecera a algún político ou parlamentario, tamén lle preguntaría sobre o asunto e lle pediría que actuaran.

           Chantaxear é unha arte, non é preciso que o chantaxeado se lle diga qué é o que vai facer o chantaxista, porque o chantaxeado xa o  sabe ou o intúe.

          Nas xornadas non había ningún filólogo, Galicia era representada pola mesma Gloria Lago e un señor encastrado na Consellería de Educación, Físico e vicepresidente de Galicia Monolingüe. Sobran os comentarios.

          Gloria Lago acusou á Universidade de Vigo de enviar ós colexios unha “nota” sobre o galego, contrarias ás teses de Galicia Monolingüe, utilizando para elo fondos públicos: Pois ben a Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo actuou dentro da súa competencia, Polo tanto, non hai uso indebido de fondos públicos; Galicia Monolingüe si os usou.

          Ela é bilingüe; domina o inglés e o  castelán, Non está o alcance de todos ser bilingüe; segundo o seu razoamento, os nenos galegos non son capaces; ¿acaso os considera retrasados mentais?

Etiquetas: , , , ,

25/09/2009 11:08 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

ESTRUCTURAS SANITARIAS

20090926104134-1.jpg

                                                                                       

          O goberno bipartito deixara deseñado un plan de infraestructuras sanitarias pra desenrolalas nesta lexislatura; pois  ben, como todo o  feito polo goberno anterior, os    estudio se os proxectos   foron  cartos e tempo perdidos.

          O novo  edificio  a construír no lugar que ocupa o Casares Quiro, case pegado ó clínico, albergaríaa s consultas esternans, doenzas en especiais e hospital de   día.

           Esto é moi importante, ollo o dato, non subiría o  seu costo por riba dos 30 millóns de euros. Os  financiamentos  de partidos con cargo a inversións en obras, cobrando unha coima, non pode admitirse nun pais decente.

           O cuarto hospital en Vigo, cun estudio xa avanzado,       tamén foi paralizado. O estudio custou cartos, pero tamén  Feijoo os tirou polo retrete. Parece que vai expropia-los terreos e paga-lo acordado polo bipartito cos propietarios. Non se resistiu a   deixar unha perla: o bipartito non soubo actuar, os terreos deberan ser gratis. De quén falaría; quén seria o estúpido. !Esta xente do Opus que lista é!. Seguro que lles cambiaría os terreos por unha fanega de sembradura no ceo.

           Vigo ten nunha necesidade urxente de servicios sanitarios; mentres tanto Corina e a Xunta están a afoga-la cidade pra que       de podrida lles caia nas súas garras e condenándoos a un terceiro mundismo.

          En Pontevedra xúntanse á desunión entre os dous partidos gobernantes. A Tenente de Alcalde do PSOE que non perde oportunidade pra contradicir e acosar ó Alcalde do BNG, Telmo do PP que  ve todo  con ollos  de especulación inmobiliaria. Total, non se dan posto de cordo pro emprazamento do hospital a construír. A Xunta   feliz, xa  que o seu é non   facer nada.

          En Ourense o maior problema é a falta de equipo directivo; están chocando os poderes provincias, que defende Baltar e o ordeno e mando de Feijoo.

           O de Lugo non se sabe cando entrará en funcionamento; a vella  residencia de Domingo Tallo xa deu bastante de si. O mellor, mira por onde, o Alcalde  sabe como anda o conto; tamén pode ser que non se entere de nada; o mais seguro é que quén sabe.

            Os coruñeses seguen co seu porto exterior; os     especuladores teñen as garras listas pra votarllas  a inmobiliaria, que medrará ó redor, alleos ós problemas de financiación. Os cartos  empréganse na cidade da incultura en Santiago. Aí é onde se ve unha inversión  productiva.

              Pilar Barjas acusou a un responsable do bipartito de esconde-las listas de solicitude de asistencia médica no queixón, ¿cándo lles enxeñaran en que as acusación falsas teñen consecuencias penais?; mentres temos que escoitar falsidades, ver como poñen en marcha o ventilador pra enche-lo pais de merda, co fin de esconde-la incompetencia e o desgoberno. ¿seique medran as listas, medra o  caos , a desorganización?

26/09/2009 10:42 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

PROGRAMA PRA VINDEIA SEMANA

20090927122938-programa-20y-20normas.gif

            Non é doado facer unha previsión de asuntos a tratar ó longo a semana, xa que o goberno sempre ten algunha parida a punto, así que, si   eles nos deixan, falaremos:

          CHINGUITOS

           A Xunta sempre foi dada a crear chiringuitos; o Conselleiro da Presidencia anunciou  que vai eliminar moitos.

           FÚBOL

           Non sinto unha paixón grande polo fútbol. Pero o anuncio  do Director de Deportes da Xunta de elimina-lo partido da   Selección Galega porque non hai  cartos mereceu n comentario

            A COARTADA

            O Estado adiantoulle á Xunta 1600 de mais, o estima-la recadación. O Estado pídelle a devolución en prazos; pero el xa utiliza o asunto como coartada pra reduci-los servicios. Nade sabe onde foron a  parar os 1.600 millóns.

             AUSTERIDADE POUCA, AMEEAZAS SEMPRE

             Non se ve a austeridade por ningún lado, o que si se lles ve  ameazar como si foran matóns de barrio.

              HAI UNHA MORALIDADE PRA RICOS, E OUTRA MORALIDAD PRA POBRES.

               Esto aínda que se da sempre, e mais salientable agora coa lei do aborto, que si ben é criticable nalgúns puntos, tamén ten aspectos positivos

                O CONCELLO DE VIGO AMEAZADO POLA XUNTA

                Fai unha convocatoria pra cubrir 38 vacantes, pero a Xunta non está conforme coas bases e ameázao.

 

                Mais asuntos que días, a ver o que pode facer. Por último un consello:

 

DEIXA-LA  LIBERDADE

 

Non poñas portas ó campo

Nin á liberdade fronteiras

No poñas cercas á amizade

Nin ó amor  barreiras

27/09/2009 12:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS CHIRINGUITOS

20090928103348-chiringuitocard2.jpg

              

  

                          

            Non son chiringuitos de praia, son unha dispersión incontrolada de Unidades Administrativas e de servicios diversos que crearon os arquitectos administrativos de  Fraga. Tódolos los gobernos criticaron a súa existencia, pero nunca se pechou ningún. O goberno bipartito estaba lexitimado pra eliminalos e debeu facelo, pero no seu lugar seguiu coa política  de engorde.

            A xente que desempeña postos de traballo nos chiringuitos ocupou o posto por   dedo, e son tan fixos como os funcionarios que se pelexan cunha multitude por unha praza e se deixan as pestanas estudiando temas.

            Agora que Rueda quere facer unha limpeza, a min éntrame o medo;  todos sabemos que suou a camiseta pra coller unha praza de funcionario de Administración Local, que sabe dos principios de mérito e capacidade pra acceder á Función Pública, que é moi respectuoso coas normas de incompatibilidade, etc; pero mira tí por onde, eso é o que mais me preocupa.

              En contra do que a xente pensa, os chinguitos non se localizan en Santiago, hainos noutras cidades, vilas, en Madrid e mesmo no estranxeiro.

             Rueda tentará pechar os que lle molesten, pero engordará os que lle conveña; venderanos a moto,  como o aforro dos catro millóns de euros coa reforma que fixeron na administración, e nos a tragar, poñeremos  cara de xilipollas e a créelo.

             Insultan á intelixencia, ¿Qué concepto terán de nos?, ¿´é posible que nos vexa así de estúpidos?.

 

28/09/2009 10:34 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

FUTBOL

20090929102351-0501611001199276457-.jpg

             

            Non son un seareiro deses  que precisan o fútbol pra vivir, pero recoñezo que é un fenómeno social, que alimenta paixóns e arrastra multitudes en todo o mundo; pero o goberno Feijoo, por boca do Director de Deportes, anúncianos que non haberá o tradicional partido de Fútbol que a Selección Galega xoga polo Nadal; o mais ofensivo foi como se mofou da selección e dos seareiros.

           Non deixa de asombrarnos a baixeza moral deste goberno; xa non se conforman con sacar calquera sino de identidade; non lles importa, nin o seu carácter, nin a aceptación popular; aínda teñen que ridiculiza-la Selección e os seareiros.

            Consciente de que metera mais que a pata, deu un xiro, e tratou de xustifica-lo asunto, alegando a austeridade da que fan gala sempre que lles interesa.

            Non son austeros e sóbranlles os cartos pra subvencionar organizacións de extrema dereita.

            O Sr. Domínguez, tenente de alcalde do Concello de Vigo, colleu a luva e dixo que o Concello de Vigo ofrecíase a organiza-lo evento e correr cos costos.

            Ó Concello de Vigo vanlle a saír mais competidores, xa que é un negocio rentable, pois, non  solo dinamiza os negocios da cidade onde se organiza, senón que os patrocinadores cobren os gastos do evento.Así que o problema non é económico, senón político.

            Eu, ademais de organiza-lo partido, no saque de honra soltaría un pito como o das galiñoescolas, mesmo tería unha mascota, ou disfrazaría os recollepelotas; por suposto se o Presidente da Xunta, ou calquera do seu Circo, quixera asistir ó partido, terían que paga-la entrada. Sería unha oportunidade de ouro pra reivindica-lo municipalismo, invitaría os Alcaldes, menos os transfugas.

             Co gallo do partido de fútbol que a Selección Española xogou en Riazor, uns energúmenos escúpironlle a un seareiro porque levaba a camiseta da Selección Española, son  esa xente a que lle da tan mala imaxe ó nacionalismo.

29/09/2009 10:28 mmarcos #. sin tema Hay 7 comentarios.

A COARTADA

20090930111803-la-coartada-de-la-religion.jpg

          Si o goberno ten que devolve-los 1600 millóns de euros  que a Xunta lle debe ó Estado, Feijoo xa dixo donde ían a saír: dos servicios sociais; naturalmente non se van a prexudicar as transferencias a particulares  e as subvencións ós amigos. Feijoo abunda en que non pode devolver o que non ten; leva menos de un ano no poder e xa fixo de Galicia un pais insolvente.

           As promesas electorais non as cumpriu, nin se molestou en intentalo. A dependencia, na que ía a actualiza-los pagos en dous meses, que fixo do tema unha das súas bandeiras de combate contra do goberno, segue esquecida; un asunto pra airealo nos xornais,  e que seguen tapándoo cun tupido velo; por certo, estes días pasados, a Presidencia da Xunta deulle outra subvención a La Voz de Galicia de 120.000 euros. ¿Terá relación con algo?, qué pensades?.

           Si sumáramos tódalas axudas, transferencias e  subvencións que leva feito ós amigos, sen estar presupostadas,  que solo existían na columna do debe dos favores recibidos, teriamos  cartos abondo pra paga-las axudas que prometeu os dependentes, abrir os centros de día rematados e parados, as residencias da terceira idade, e as escolas infantís, do mesmo xeito rematadas e sen abrir.

            Pra retorcerse coa risa, despois de ameazar ó  BNG con tirar da manta, pídelle que lle axude a conseguir mais cartos do Goberno Central. Eu pediríalle dúas cousas: 1º que tire dunha vez da manta pra ver que esconde; non se pode tira-la pedra e esconde-la man.  -Xa vos dixen no artigo publicado o 23 deste mes; habería mais reaccións coma as do Conselleiro de educación-, (que por certo, agora nega que ameazara); son as reaccións típicas de quen carece de argumentos e se sente acurralado, 2º  que  teña algo de testiculina e deixe de poñer coartadas e chorar, se necesita cartros, que suba os impostos.

            Pra mais inri, os cartos indebidamente adiantados non os ten que devolver xa; o primeiro, de tres prazos, ten que devolvelo o 2011, o cal confirma que os está usando como coartada pra recorta-los servicios sociais.  Ademais, ¿ónde meteu eses cartos?.

              É moi amigo de falar en Madrid, como un estadista, onde vota mais tempo que en Galicia, (¿Será por motivos persoais ou políticos?); quere unha lei electoral á medida, non lle importa gobernar contra da maioría, o único que quere e a garantía de que se perpetuará no poder, como Franco.   O que é tan normal en Europa, pactar entre os elixidos nas furnas, el quere prohibilo por lei, pra facilitarlle o camiño o PP, que é incapaz de pactar con nade; e nade quere pactar con eles, agás cun prezo como o que pagou Aznar o PNV na  súa primeira lexislatura.

            Si sumamos os votos da oposición son mais que os seus; gracias a esta Lei Electoral, chamada do sistema D´Hondt, a maioría sae primada no  reparto de escanos; concluíndo: goberna contra da maioría do pais.

30/09/2009 11:18 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris