Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2010.

UNHA BAIXADA DE PANTALONS

20100401105428-bajada-pantalones-0.jpg

 

 

                Pro viaxe que fixemos coa  Lei de Caixas de Feijoo, houberámonos aforrado aquelas alforxas. Non é que me alede que nesta guerra haxa vencedores e vencidos, tampouco podemos cantar victoria, porque nos espera unha difícil negociación na que algúns van tragar moita quina; sen esperar o resultado da negociación xa temos unha visión da liorta, nela xacen derrotados os exércitos de Feijoo, Caixa Galicia e La Voz de Galicia e resucita un Xulio Fernández Gayoso, ó que quería enterrar en vida Feijoo. Pra esta viaxe non precisábamos armar esta guerra fracticida, que vai deixar fondas pegadas, sexa cal sexa o resultado, nin pelexarnos co famoso Zarrías; Feijoo, que demostrou ser un inepto en materia económica, pódelle a súa vena bullera; xa dividiu o pais co seu conflicto lingüístico e agora fabricou un conflicto financeiro pra enfronta-los galegos.

                Despois do que armou, querendo cargarse a Gayoso, ten o papo de erixirse en salvador do pais e facer que lidera as negociacións pra fusión das caixas, apropiándose deste feito, e poñendo a Gayoso como o cabaleiro branco, mellor faría, se é que quere facer algo positivo, sacarse de enmedio, deixar o protagonismo a outros e que siga dedicándose a cousas mais domésticas: oposicións, mocións de censura de Axuntamentos, vender fume, etc.; A fusión venlle grande.

                Se alguén mantivo a discreción, como se require nestes asuntos, foi o Director de Caixa Galicia, pero é tan zorro que en calquera momento pode sacar un coello do sombreiro. Si tivéramos que declarar a un vencedor sería a Gayoso; pero cuidadín, solo foi o primeiro asalto.

                 A Voz de Galicia resístese ó novo escenario e recórdalle a Feijoo a Lei recentemente aprobada, ó mesmo tempo que salienta a dimensión da Caixa Galicia, con mais sucursais que Caixa Nova, asustando ó persoal cunha división no territorio si prevalece o criterio de Caixa Nova. Hai dúas cousas que debemos ter en conta: non é cuestión do número de sucursais, senón de balance, é certo, as Caixas non son propiedade dos directores das mesmas, clara alusión ó director de Caixa Nova, pero tamén A Voz de Galicia debía deixar de enredar e deixar facer ós técnicos. Se non queren que haxa enfrontamentos Coruña-Vigo, que poñan a sede en Santiago, que fagan un edificio na que chaman Cidade da Cultura.

01/04/2010 10:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

METERLLE O DENTE

20100403104149-serpiente-a-punto-de-morder-692507.jpg

 

                         Pachi Vázquez quére meterlle o dente ó transfuga de Ourense e vingarse de quen lle da acubillo, pra procura-la súa vinganza, busca a complicidade de Feijoo, en troques, comprometeu o seu apoio Parlamentario a varias leis de Feijoo. O apoio a Lei de Ordenación do Territorio levantou tormentas nas fila socialistas e Pachi recolleu velas. Presionado por algun alcalde socialista da costa, Pachi non descarta poñé-la la pegada nos proxectos lexislativo-especulativos de Feijoo; pra  xustificar este baile da ienka, pretende que Feijoo non deixe construír a piscifactoría  de Pescanova en Cabo Touriñán; Feijoo non pode chegar a ese acordo, porque Pescanova é a que dicta a política pesqueira do goberno da Xunta e xa lle ten votado o ollo ó lugar; e mais, xa está mercando terreos, que pasaran a súa propiedade e cunha recalificación pasaran ó ladrillo. A Cabo Touriñán solo o pode salvar a Unión Europea, Cabo Touriñán e os demais espacios da Rede Natura.

                         Pachi columpiouse por moito que lle prometeran. Así chegamos a conclusión de que todo é negociable; se me apuran ata Cabo Touriñán.

03/04/2010 10:42 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

PALABRA DE SEÑORITO

20100405112109-villano.png

             

             Arenas, con unha mirada de desprezo e vista tendida ó infinito, sacando peito, leulles a cartilla ós votantes, pero especialmente ós votantes andaluces. Animado polas enquisas, xa falou como un estadista, aínda que eu diría mais ben como o señorito andaluz que nos pintaron; como se España fora o seu cortijo; mais que un mitin votounos unha regañina. Nosoutros que xa vivimos co lombo encorbado, posición a que nos levan as moitas cargas que temos que aguantar; aínda, pra mais, ven este home e repréndenos.

                Os moitos anos de exercicio do poder que leva o PSOE en Andalucía, cunha oposición mediocre, permitíronlle crear un clientelismo, co que se foi acomodando nas estructuras do poder, Nesta situación creáronse vicios que non son aceptables en ningún sistema democrático, pero eso non se soluciona co liderazgo dunha persoa, que ademais de ser un perdedor e un enredador, nega a existencia do evidente, nega que exista a corrupción, unha corrupción que non se limita solo a Gürtel de Valencia, Baleares, Madrid, Castela-Leon e Galicia, que é onde é mais notoria, senón que se  estende por toda España como unha mancha  de aceite, que a vemos e a sufrimos mais a menudo e con mais presencia do que fora desexable. Arenas, non solo nega a corrupción da que se fala, vótalle a culpa a Xuíces, á oposición e ós grandes expresos europeos; precisamente o que me da medo é esta negación sistemática da corrupción, o que nos leva a unha desconfianza do personaxe

05/04/2010 11:21 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

O CAOS

20100406111022-caos-urbano-2.jpg

 

                   España é un dos países mais corruptos de Europa, aínda que a culpa e dos corruptos, tamén os votantes  temos a culpa de que florezan estes gobernos. Asómbrame que haxa moitos que, definíndose como apolíticos, son os primeiros consentidores deste caos. Vexo lexítimo que haxa apartidarios, pero é de pouco avisados considerarse apolítico, xa que imos sufrir as consecuencias dos actos dos políticos e vannos alcanzar os seus  efectos, por moito que intentemos afastarnos da liorta dos partios porque non vivimos nunha burbulla alleos ó que pasa ó noso orrededor, ademais o exercer unha opción, incluida a non participación, xa estamos exercendo unha opción, pode que pouco intelixente, porque lles damos a oportunidade a que outro decidan por nos.

             Que estemos decepcionados dos políticos no poder non debe implicar que nos automarxinemos da política. Os políticos profesionais, os que  viven da política, non quere dicir que sexan mellores nin peores, son profesionais, carrapatas do poder; nos, que somos os aficionados, temos o, non desprezable, poder de limpa-lo pais de parasitos, somos os limpadores  Solo temos que créelo e exercelo.

             O Gürtel vaise facer público, dedicaresmolles un comentario.

06/04/2010 11:10 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

O NEGOCIO

20100407114624-agonia-privada-0.jpg

O NEGOCIO

 

                A preocupación da Consellería de Sanidade non é manter un sistema público de saúde, e menos melloralo, pola contra, pretenden ilo privando de recursos e desprestixiando a sanidade pública.

                As listas de espera increméntase alarmantemete, de xeito especial  en cirurxía, pero atoparon un xeito inxenioso de reducilas: A partires dun, tempo na lista, desapareces dela, bórrante, e volta a empezar.

                A mais da política de recorrer á mentira dos furados orzamentarios, na elaboración dos orzamentos de sanidade fixeron un  recorte na asignación á sanidade pública pra facer un incremento paralelo nos concertos con entidades privadas.

                Algunhos  profesionais da medicina nos lles interesa a Sanidade Pública e solo a utilizan pra captar clientes pras clínicas privas. Esto, xunto co abuso das medicinas, constitúen dous problemas que nade quere solucionar. 

                A sanidade ten que ser antes que un negocio un  servicio público, pero o proxecto de hospital pra Pontevedra e Vigo dinnos que a Farjas ve na sanidade un gran negocio,  aínda que non creo que sexa un invento seu, mais ben penso que hai que pagar facturas, algo parecido a Gürtel, pero adoptando un sistema distinto, porque ese medio xa se esgotou e agora hai que inventar algo novo.

07/04/2010 11:46 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN DEBATE QUE FOI UNHA ENTELEQUIA

20100408104054-debate.jpg

 

 

          Despois de ter pasado o debate do Estado da Autonomía, como se fora un sarampelo, algo segue a ferver na cachola;  penso que non se trataron asuntos esenciais, e os que se trataron foi como unha porfía de quén o fixo peor, pero nada sabemos por qué as ousas se fan así, si se podían facer doutra maneira e que programas hai pro futuro, se é que o hai.

           Na campaña falouse do paro, unha praga que é necesario combater; solo os parados saben o que é a desesperación da ausencia de futuro. Lonxe de ofrecer unha esperanza, ou unha autocrítica leáronse, oposición e goberno, a votarse reproches sobre quen o fai peor: concluímos non teñen solución. En precampaña e na campaña Feijoo fixo deste problema unha promesa de solución, ¿qué foi dela?.

             Cómo está a dependencia, cómo está a sanidade, cómo está a cultura, cómo está a educación, etc. Nada sabemos pra onde imos, si sabemos onde estamos, nun túnel si luz. O debate solo serviu pra cumprir unha formalidade.

              Non se falou de que tódalas resolución do goberno de Feijoo están motivadas pola corrupción, son un pago de favores; este goberno é prisioneiro das axudas recibidas pra conquista-lo goberno, e agora os co subiron ó poder pasan a gorra.

              O paro aumenta en toda España, pero o incremento en Galicia é mais acelerado; a estructura productiva galega está en descomposición, e eso que foi unha das promesas estrelas de Feijoo. No debate da autonomía retomouse o tema e acordaron facer un plan de reactivación económica, todo se arranxa coa promesa dun plan, poucos días despois xa renunciaron a executalo.

               As colas nas Oficinas do Inem medran, a traxedia e ve-la xente con cara de resignación, enfrontarse a impotencia do drama; vense caras de angustia. Si queredes ve-lo sufrimento humano ide a unha cola do paro.

              Aínda que se suscitaran os asuntos mais evidentes, estou seguro que Feijoo e Ruiz Rivas ían dar unha longa cambiada e ofenderse sen responder a nada, porque son especialistas do escapismo.

08/04/2010 10:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN DEBATE QUE FOI UNHA ENTELEQUIA

20100408104054-debate.jpg

 

 

          Despois de ter pasado o debate do Estado da Autonomía, como se fora un sarampelo, algo segue a ferver na cachola;  penso que non se trataron asuntos esenciais, e os que se trataron foi como unha porfía de quén o fixo peor, pero nada sabemos por qué as ousas se fan así, si se podían facer doutra maneira e que programas hai pro futuro, se é que o hai.

           Na campaña falouse do paro, unha praga que é necesario combater; solo os parados saben o que é a desesperación da ausencia de futuro. Lonxe de ofrecer unha esperanza, ou unha autocrítica leáronse, oposición e goberno, a votarse reproches sobre quen o fai peor: concluímos non teñen solución. En precampaña e na campaña Feijoo fixo deste problema unha promesa de solución, ¿qué foi dela?.

             Cómo está a dependencia, cómo está a sanidade, cómo está a cultura, cómo está a educación, etc. Nada sabemos pra onde imos, si sabemos onde estamos, nun túnel si luz. O debate solo serviu pra cumprir unha formalidade.

              Non se falou de que tódalas resolución do goberno de Feijoo están motivadas pola corrupción, son un pago de favores; este goberno é prisioneiro das axudas recibidas pra conquista-lo goberno, e agora os co subiron ó poder pasan a gorra.

              O paro aumenta en toda España, pero o incremento en Galicia é mais acelerado; a estructura productiva galega está en descomposición, e eso que foi unha das promesas estrelas de Feijoo. No debate da autonomía retomouse o tema e acordaron facer un plan de reactivación económica, todo se arranxa coa promesa dun plan, poucos días despois xa renunciaron a executalo.

               As colas nas Oficinas do Inem medran, a traxedia e ve-la xente con cara de resignación, enfrontarse a impotencia do drama; vense caras de angustia. Si queredes ve-lo sufrimento humano ide a unha cola do paro.

              Aínda que se suscitaran os asuntos mais evidentes, estou seguro que Feijoo e Ruiz Rivas ían dar unha longa cambiada e ofenderse sen responder a nada, porque son especialistas do escapismo.

08/04/2010 10:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN DEBATE QUE FOI UNHA ENTELEQUIA

20100408104054-debate.jpg

 

 

          Despois de ter pasado o debate do Estado da Autonomía, como se fora un sarampelo, algo segue a ferver na cachola;  penso que non se trataron asuntos esenciais, e os que se trataron foi como unha porfía de quén o fixo peor, pero nada sabemos por qué as ousas se fan así, si se podían facer doutra maneira e que programas hai pro futuro, se é que o hai.

           Na campaña falouse do paro, unha praga que é necesario combater; solo os parados saben o que é a desesperación da ausencia de futuro. Lonxe de ofrecer unha esperanza, ou unha autocrítica leáronse, oposición e goberno, a votarse reproches sobre quen o fai peor: concluímos non teñen solución. En precampaña e na campaña Feijoo fixo deste problema unha promesa de solución, ¿qué foi dela?.

             Cómo está a dependencia, cómo está a sanidade, cómo está a cultura, cómo está a educación, etc. Nada sabemos pra onde imos, si sabemos onde estamos, nun túnel si luz. O debate solo serviu pra cumprir unha formalidade.

              Non se falou de que tódalas resolución do goberno de Feijoo están motivadas pola corrupción, son un pago de favores; este goberno é prisioneiro das axudas recibidas pra conquista-lo goberno, e agora os co subiron ó poder pasan a gorra.

              O paro aumenta en toda España, pero o incremento en Galicia é mais acelerado; a estructura productiva galega está en descomposición, e eso que foi unha das promesas estrelas de Feijoo. No debate da autonomía retomouse o tema e acordaron facer un plan de reactivación económica, todo se arranxa coa promesa dun plan, poucos días despois xa renunciaron a executalo.

               As colas nas Oficinas do Inem medran, a traxedia e ve-la xente con cara de resignación, enfrontarse a impotencia do drama; vense caras de angustia. Si queredes ve-lo sufrimento humano ide a unha cola do paro.

              Aínda que se suscitaran os asuntos mais evidentes, estou seguro que Feijoo e Ruiz Rivas ían dar unha longa cambiada e ofenderse sen responder a nada, porque son especialistas do escapismo.

08/04/2010 10:45 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

O QUE O VETO AGOCHA

20100409104413-cinismo.jpg

 

              Rueda non foi ó Parlamento explica-las irregularidades, filtracións e demais cousas que se esconden nos amaños que a Xunta fai na selección de persoal; dubido que tivera vontade de facelo; do seu silencio  dedúcese que non; o Grupo Parlamentario do PP vetou a solicitude de comparecencia de Rueda, non deben querer que se desvele o que se esconde detrás dos numerosos escándalos  das distintas oposicións.

              Se temos que crer a palabra dos xunteiros do PP non hai irregularidades, eles son moi honrados. Mira ti por onde  os feitos empéñanse en demostra-lo contrario.

              Xa vai sendo hora que os responsables políticos dean a cara, e expliquen no Parlamento, o que nade comprende. Terán que explicar, si é que é explicable, por qué consideran a Xunta unha finca súa; un goberno serio non pode presenta-los feitos como anécdotas; si fora unha sola vez podía ser creible, pero cando se converte en norma xa é difícil explicalo.

              Feijoo crese deus, e non asume responsabilidades, tampouco as asume Rueda e o Director Xeral da Función Pública ten de padriño a Negreira, así que todo seguirá igual.

              As declaracións do Director Xeral da Función Pública,  votándolle a culpa do que sucedía ó bipartito, é un recoñecemento indirecto da trama do PP, e de que non ten argumentos que den unha mínima explicación crible ó caso.

              Derrogaron as normas de selección do persoal, que había vixentes, algunhas, na  súa maioría, incorporadas  da lexislación anterior a autonomía, anularon os concursos convocados, e fixeron  novas convocatorias pra dar cabida os seus canchullos; agora din que van a reformalos de novo; co sinxelo que houbera sido lexislar menos e cumprir mais a lei, claro, si non se tiña pensado face-los amaños que fixeron. O mais cínico é que traten de xustifica-las súas fecharías votándolle a culpa a unha lexislación anterior e a un procedemento que eles mesmos se cargaron nada mais chegar ó poder. Son uns desvergonzados, que non nos traten mais de imbéciles.

                 

09/04/2010 10:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CONRRUPCION E CINISMO

20100410100821-mafiosos.jpg

        Dentro dos comentaristas do  blog, seguro que haberá algún inxenioso, materia hai.

        Do contido do sumario de Gürtel non se desprende nada novo que xa non se intuira, acaso, eso, a confirmación do que xa se sospeitaba; un xeito de financiación de determinadas campañas electorais do PP, tanto a nivel estatal, autonómico ou local; o enriquecemento desmedido dalgunhas persoas; contratos con sobreprezo con pago de elevadas comisións; diñeiro que saíu do peto dos cidadáns; corruptos vivindo na opulencia, mentres un elevado número de cidadáns deste pais vive na miseria.

            O líder do PP quedou mudo e desaparecido; os vivarachos ollos da súa fel escudeira xa non brillan como antes, vénselle as pegadas que deixaron os serios acontecementos;  Rajoy non lle fai caso pra que alonxe os nubarros de Xénova; el non ten resolución pra cortar   cabezas. Os da panda de Aznar queren ser presente e futuro  no PP e non permiten que un dos seus sexa sacrificado, por moitas evidencias que haxa, e Bárcenas foise, ou non?.

            ¿Cal é a razón desta parálise de Rajoy?: En primeiro lugar é a resposta típica de Rajoy, é unha persoa que vive na indefinición, diante de calquera problema métese na súa cuncha e espera a que escampe; en segundo lugar foi proposto por Aznar, e o sector mais conservador exerce de  vixía e gardiáns da ortodoxia ideolóxica e de acción política; pode que esa sexa unha das razóns polas que non tomou unha resolución sobre Bárcenas; aínda  que pode ser que Bárcenas dispoña dalgunha información que aterroriza a Rajoy, moito mais aló da xa coñecida de que Gürtel financiaba e organizaba campañas e eventos do PP, entre os que hai dende  a voda do xenro de Aznar a proporcionar señoritas pra algunha festa privada.

               As declaracións de Aznar foron un exercicio de cinismo; Gürtel fundouse no 1993, co  visto e prace de Aznar, Arenas e demais camarilla do PP de entonces. A Barcenas puxérono eles, non é nada raro que agora o defendan.

              O líder do PP fai pouco por ser alternativa de Goberno, e limítase a esperar que o cadáver político de Zapatero pase pola súa porta.

                O que dende logo nade o pode dubidar e que o PP beneficiouse da trama, e a trama beneficiouse do PP.

10/04/2010 10:09 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

A HORA DE PASA-LA GORRA

20100412113134-311007-politicos-mensaje.jpg

             A primeira vista as cousas parecen sinxelas; gañado o poder, faise un reparto do público, do de todos, entre quenes nos axudaron a chegar ó poder.

             Os negociantes eses parece que non eran doados de contentar. Nade atopaba explicacións pra que residencias da Terceira Idade, Centros de Día e Galescolas, rematados polo goberno bipartito, seguiran pechados. Houbo tres razóns: 1.- había mais garras que bens a repartir, 2.- os beneficiarios pretende que a Xunta lles entregue os centros perfectamente equipados, eles veñen a encherse os petos non a investir, o 3º punto, quizá o mais polémico, o personal pra prestar servicio nestes centros sería, segundo pretendía o PP, proposto polo alcalde. Xurdían   dous problemas:  onde o PP non goberna o alcalde non pinta nada, en segundo lugar algunha persoa proposta polos alcaldes non era adecuadas pro desempeño do posto, dito suavemente. 

             O importante é como facer un bo negocio sen poñer un patacón. Hai unha condición previa hai que ter feito méritos; non todo se acabou co Gürtel.

             Todo o vai explicar Feijoo. Tomade asento.

 

12/04/2010 11:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NA VILA E CORTE

20100413111956-camarilla.jpg

 

 

              A mais das razóns que nos queiran dar, Feijoo ten unha querencia pola Vila e Corte, non perde a esperanza de que o chamen pra salvar  España; foi alí a promociona-lo camiño de Santiago; dende alí, contrastando co silencio de Rajoy, amosouse partidario dunha investigación a fondo.  O fondo debe ser pouco profundo, porque si fora consecuente co que dixo, comenzaría a investigación por si mesmo.

              Feijoo mantivo, contra  vento e marea, a Crespo de Vocal no Grupo de Portos Cando el era Conselleiro de Ordenación do Territorio.

               Rueda era compañeiro, non sei en que grado, de Crespo.

               O PP pagaba  parte da campaña electoral con diñeiro negro procedente da trama, e eso parece que facía a Crespo moi querido.

               Unha empresa d Gürtel, da que era presidenta a muller de Correa, participou  en campañas do PPg.

              Empresas de Gürtel Organizaban os actos multitudinarios do PPg.

              A propia campaña electoral de Feijoo foi desenrolada por unha empresa de Gürtel.

               Un total de oito empresas vinculadas a Gürtel recibían contratos da Xunta gobernada polo PP; non sei si en  fraude ou non, simplemente é un dato.

                Persoeiros como Romay, Rueda, Mª xesús Sainz e o meso Feijoo Estiveron moi ligados a Crespo.

               Mirinda, Deputado Autonómico do  PPg acusa Zapatero de mete-la man na ucha  da Xunta;  cando hai un problema  doméstico, os dictadores e os políticos mediocres, sempre se inventan un inimigo esterno e cúlpano de tódolos males. Teñen morro, falan de baixa-los impostos, e logo quéixanse de que a política de reducción fiscal lles quita ingresos. ¿En que quedamos?. Hai que administrar mellor, menos corrupción, menos paparotadas, menos festas, menos fastuos e mais pais.

               ¿Son algunhas políticas  da Xunta condicionadas pola  rede corrupta, ou por outros acredores?.

              Non sei si debe poñerse un límite de idade pra ter responsabilidades en política, quizá non, pero o bo sentido indícanos que hai postos, de especial responsabilidade, como é o caso do  encargado de finanzas dun partido en que debe haber algún límite.

              Posiblemente Romay esté en plenas facultade, do cal me alegro, pero cercano os oitenta anos non parece o momento ideal para controla-las finanzas do PP, aínda que o mellor é solo pra figurar, ou pra intentar votar terra sobre o a asunto.

              Romay foi ministro de Aznar, cercano, por tanto o asunto, de feito, ensalzou a labor de Bárcenas; estivo na liña de Arenas, Cascos e mesmo de Aznar. Actualmente era o comisario de boas practicas do PP; é visto que non fixo ben a labor. Agora é o zorro do galiñeiro. Foi padriño político de Feijoo. A Feijoo entusiasmoulle o nomeamento.   

              O PP obstaculizou a investigacións do caso Gürtel, e cando se atopou desbordado recórreo á teoría  da conspiración.

13/04/2010 11:21 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

ANIVERSARIO

20100414114714-bandera-republicana.jpg

 

           Os que non vivimos aquela data, compre que lembremos que o 14 de abril de 1931 proclamouse  a segunda república. Sería unha data mais da historia  de España, pero  hai un motivo que nos obriga a recordar esta data. Os inimigos da liberdade, os herdeiros dos fascistas que sementaron de morte os campos de España están a punto de sentar no banquiño dos  acusados a un xuíz que intentou abrir unha causa pra que os descendentes dos fusilados puideran recupera-los restos os seus ancestros e enterralos dignamente. Calquera ben nacido vería esto como o mais normal, pero hai quen non o  entende así, hai quen pensa que España é súa e quere perpetua-la división ente vencedores e vencidos. A Acción do xuíz presentáronnola como unha acción pra abrir vellas feridas, cando o que se pretendía era pechalas. Alegaron que se pretendía xulga-los asasinos;  cando a  realidade quedan moi poucos daquela traxedia. Indirectamente, aínda que non se xulgue a persoas concretas, xulgaríase un réxime, e eso foi o que provocou esta lea. Algunhos como o PP. e algún xuíz, viron a oportunidade de arranxar contas particulares con Garzón e lanzáronse a por el. Provocando esta reacción universal de difícil prognóstico. De ai a actualidade desta data.

           Pola miña parte,  non pretendo unha lección de historia; solo un recordo os que deron a vida, sen violencia, con tolerancia e co soño da liberdade.

 

14/04/2010 11:48 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

FUNCIONAIROS NON NATOS

20100415110603-gordi.jpg

 

          Algunhos créense que  tódolos servidores públicos teñen que servi-los seus intereses. Temos o exemplo da persecución polo PP ó xuíz Garzón  e as declaracións de Cospedal. Queren ós  

Corruptos  na rua  e os que cumpren  co seu traballo no  banquiño.

         A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística foi  creada polo bipartito co obxecto de poñer orde no caos urbanístico; no mesmo ano  de  creación executou mais de medio centenar de derribos, instruíu mais de dous mil expelentes de infracción. Os derribos tiñan que ser ordenados polos Tribunais Contenciosos. En toda a etapa do goberno do PP habíase executado un solo derribo. Os que se executaron baixo o réxime de Feijoo son, na súa maioría, execucións de sentencias por actas instruídas co  goberno anterior.

         Foi un proxecto do bipartito que pretendía que Axencia, a fin de evitar politizacións, funcionase ó marxe de interferencias políticas e baixo estrictos criterios técnicos; pra elo fíxose unha selección pública de persoal entre  profesionais do Dereito e de Arquitectura. A selección fíxose xa fai mais dun ano, pero os seleccionados aínda non foron nomeados. O réxime de Feijoo apurou en encher a Axencia de persoal procedente das mais dispares procedencias. Non sei si o requisito esencial foi a identidade ideolóxica,  pero a operatividade da Axencia caeu en picado. En paralelo reformou a operatividade da Axencia, e  agora os expedientes resólveos un órgano político. Non solo se reformou a estructura e competencias da Axencia, tamén se reformou o  ámbito normativo do urbanismo.

         Cousas do réxime.

 

15/04/2010 11:06 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

MORTE DIGNA E VIDA INDIGNA

20100416100223-eutanasia-00.jpg

 

 

                 De seu,   a morte ten pouco de digna, pero aínda pode ser peor cando dende determinadas opcións ideolóxicas se pretende agravar ese tránsito pra facer del un momento de expiación espiritual. Tampouco a vida ten por que ser indigna, facendo dela un sendeiro pra acadar o transcendente e inescrutable destino divino.  

                Vendo a Lei de Andalucía que garantiza unha morte digna e prohibe o ensañamento cos doentes, prolongándolles artificialmente a vida con tratamentos custosos, degradantes e inútiles, que o único que lle proporcionan os doentes son sufrimentos. Do outro lado temos unha concepción da prolongación artificial da vida, sen reparar nos sufrimentos causados. Venme á memoria a persecución á que foi sometido o Dr Montes, polo simple feito de  proporcionar  alivio á dor dos moribundos; son eses dous exemplos de entende-la vida e a menciña, tan distantes na ideoloxía que nos transporta a aquelas da dúas españas.

                Se a airexa defende a dignidade humana, gustaríame saber: Qué vida e qué dignidade humana defenden e cáles son eses parámetros. Quixera saber se pra airexa é vida a prolongación artificial do sufrimento, O normal sería rexeitar o inhumano, o retardo artificial do noso encontro  con Deus.

                É improbable que unha medida similar se aplique en Galicia, onde a piadosa Barjas xa introduzo na comisión de ética médica ó clero, dese xeito, non teremos garantida unha aplicación científica da medicina, pero temos seguro que acadaremos un anaco de ceo

16/04/2010 10:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

INMORALIDADE

20100417102042-ninos.jpg

 

 

           Mentres levamos mais dun trimestre en que a Consellería de Educación non libra ningún diñeiro pra paga-los provedores dos Comedores escolares, mentres se paga puntualmente campañas pra meternos como un supositorio con arameo de espino un Decreto que  é rexeitado maioritario pola Comunidade educativa e a sociedade civil.

            Cando a oposición lle recriminou que se estean pechando comedores e se  desatenda os que seguen abertos, Feijoo tirou de datos e dixo que neste curso se crearan 2500 prazas de comedor. Cando os pais teñen que manda-los fillos a escola cunha fiambrera, porque lle pecharon o comedor, comprendemos que algo non cuadra, que os datos dos comedores escolares poden ter o mesmo valor que os que da do paro.

           Os provedores dos Comedores Escolares son empresas privadas, que se xogan a  súa viabilidade,  corren  o perigo certo                   de ter que pechar e despedi-los empregados, todo por unha mala  administración dun goberno que se esquece de gobernar, mentres o presidente se prodiga polos platós  das televisións.

           É inmoral que se celebren as pompas dun ano de goberno, sen  reparar  en  gastos, mentres os escolares teñen que pasar cun bocadillo. É  inmoral que haxa cartos pra unha superfinanciación do ensino privado e teñamos que ve-las penurias dun ensino público; pero eses trapalleiros están aí pola gracia dos votos dos pais dos alumnos. Despois da que se armou, prometeron facer o libramento pronto. Temo que a situación se vaia a repetir no      futuro.

             Segundo Feijoo temos un gran avance económico, gracias ó cal, o paro medra a metade do que o facía co bipartito, e quedouse como se houbera dito unha verdade. Non por moito que se repita unha mentira se converterá en verdade, pero á xente éntranlle dubidas. Destrúense case unha centena de postos de trallo diarios, moitos pra un pais como o noso, e Feijoo gábase

17/04/2010 10:22 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

A PIÑAS

20100419101320-boxeo.jpg

 

             A CRTVG, deixou de ser unha canle de noticias, pra converterse ela mesma en noticia. O novo réxime trouxo moitos cambios. O esencial é servir de medio de propaganda ó Xefe máximo. Os profesionais da información non o teñen doado; a calquera nivel pódense atopar cun comisario político, con            xente sen cualificar colocados polo réxime, pouco dispostos a traballar, ou  con imprevistos, que serían chungos, se non houbera un transfundo político. O ambiente é enrarecido, de     desconfianza, nunca sabes a ciencia certa con quén falas. Os procesos selectivos públicos de persoal están paralizados, é que o problema é que xa non hai onde senta-lo persoal.

                A Canle diríxese dende San Caetano e as ordes execútanse mano militare. No é estraño, como pasou neste plácido abril, que o persoal ande a piñas; a primavera a sangue altera.

                Antes oías falar en galego, agora nos pasillos case non se escoita. Xa non está ben visto falar en galego, e o que o fala convértese en sospeitoso.

                Un comentario de ·groba· da pasada semana, amosaba coñecer moi ben algunhos personaxes do actual goberno da Xunta, faltoulle dicir algo da crtvg. Si en San Caetano hai tomate, alí hai unha tomateira.

19/04/2010 10:13 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

A CAIXA DE PANDORA

20100420094910-009-la-caja-de-pandora-3.jpg

 

.

            Os fascistas, que viviron a tranquilidade da transición, que por moitas e moi gordas contas que tiveran pendentes, nade lles molestou, crecéronse, e agora foron a por Garzón cando intentou escaravellar no franquismo. Eles non comprenden a dor allea, nin se  arrepinten do pasado.

             O PP non entende agora a defensa de Garzón que fai o pobo, falan da independencia do Poder Xudicial cando eles mesmos son os primeiros en atacala. Non atacaron solo a Garzón, como rébancha polo caso Gürtel; atacaron á policía, ós xuíces, á democracia, ós grandes expresos europeos, ó xudaísmo internacional e a todo aquel que lles destape os trapos sucios.

             Despois de mais de 30 anos da morte do dictador, o franquismo segue sendo tabú. Os mesmos franquistas, coa súa arrogante persecución a Garzón, destaparon a Caixa de Pandará, e nade é capaz de sabe-lo que vai saír de aí. Polo de pronto, é moi posible, pra nosa vergoña, que os  descendentes de exiliados inicien un carrusel de accións xudiciais en contra dos represores, deixando en ridículo á xustiza española.

             Tanto dentro de España como fora dela, nade entende que unha organización como a Falanxe vai camiño de sentar no  banquiño o único xuíz que hasta agora intentou facer algo polas víctimas da dictadura. Non se está acosando a un xuíz, estase atacando ó mais básico da dignidade, o xuíz é un medio  unha escusa.

                 A xustiza actúo alegremente, e agora atópase cunha pataca quente na mans. Deben  ter claro que O poder Xudicial é un órgano pra goberno dos xuíces, non da sociedade e non confundi-lo intres xeral coa  incomprensible postura dun xuíz que pretendeu que o Consello do Poder Xudicial prohibira o acto de apoio a Garzón celebrado na Complutense; pola súa parte o PP, lonxe de introducir sosego, vótalle gasolina ó asunto,  porque non ten sentido de Estado, nin sensibilidade coas víctimas, moita xenreira hacia Garzón e  demasiados franquistas na organización.

              En Galicia non houbo un fronte da guerra civil, pero houbo  xenocidio, vexacións e acoso, que é o relevante; por es estou co xuíz mais coñecido do mundo.

20/04/2010 09:49 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

A SOMBRA DO CAMARLENGO

20100421105732-elec.jpg

 

                Amagou con irse, pero solo se foi da primeira liña, na que se libran as loitas fracticidas, pero sempre estivo aí, manexando, conspirando, apoiando os seus.

                Cun amplo curriculum na vida pública, foi un coruñés de Betanzos que trascendeu as fronteiras locais pra vivir a política fora da súa provincia, non é un coruñés universal como Madariaga, pero estivo presente en tódolos niveis territoriais da política e do poder. Por moitos avatares polos que pasara a política nunca deixou de estar presente, en primeira fila ou na sombra. Foi, e é, un auténtico Carmalengo dentro do PP.

                Rajoy pediulle que volvera á primeira fila da política pra facerse cargo dos do  barulo da financiación, ó menos sobre o papel.

                Home de modos delicados, pódenos confundir e   parecer unha persoa de recto proceder; nalgunhas cousas serao, pero os actos, negando a trama de corrupción e as compañías coas que se relaciona, fainos situa-lo personaxe nun lugar da vida política, alexado desa primeira imaxe de persoa centrada.

                O seu protexido Feijoo sáese do guión da liña oficial, e fai como Esperanza Aguirre. Os responsables do Gürtel non son eles; son os medios de comunicación, e os que se levaron ós cartos; fronte a eles o PP non soubo reaccionar. Sobre os regalos e subornos recibidos por cargos do PP, as campañas financiadas con diñeiro negro e deseñadas pola trama, así como a implicación directa en contratos raros, e as amizades perigosas, hai unha conveniente amnesia.

21/04/2010 10:58 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

OS CUÑADOS

20100422110054-josito.jpg

 

 

           Somos un pais no que os cuñados son, e foron, xente con moito protagonismo; dende Palomino, cuñado de Felipe González, o protagonismo dos cuñados sempre estivo presente na política española. Os cuñados de mais sona son:

           O cuñado de Bárcenas, máximo responsable de seguridade do PP, que dende Xénova controla quén é quén dentro do PP,  onde  vai, qué fai, etc. Bárcenas segue controlando.

           O cuñado d Matas, moi famoso el.

           O cuñado de Esperanza Aguirre, moi poderoso na Comunidade de Madrid, gracias ó respaldo de Esperanza.

           O cuñado de Rajoy, auténtico factotum na Cidade da Cultura; con moita experiencia, unha vez nomeado pro cargo presentou un curriculum, que non enchía medio folio e con faltas de ortografía. Quén dixo que a Cidade da Cultura non valía pra nada. ¿ónde metíamos os cuñados?.

              Os cuñados putativos tamén están presentes na política; mellor non nomealos.

              Que me perdoen, pois, os que non nomeo, porque aínda hai mais  cuñados.

22/04/2010 11:01 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

TAMEN R

20100423113537-bancos.jpg

           A venta de R non se pode desligar da operación de fusión das caixas, o que nos leva a profundas reflexións: En primeiro lugar, o goberno galego estivo subvencionando R durante os últimos anos, deulle entre 40 e 50 millóns de euros. Si non é un accionista nominal, polo menos é un partícipe moral, e algo tería que dicir. 2º A operación de Caixa Nova e do mais puro e anónimo capitalismo, e si esa vai ser a liña das caixas, que se banquericen dunha vez. 3º As axudas da Xunta, co fin que se lles deron, supoñen un enriquecemento inxusto da Caixa de Gayoso, á costa de tódolos galegos, e un trato discriminatorio pra Caixa Galicia.

           Se as Caixas non van apoiar o tecido productivo, a innovación, e definitiva o desenvolvemento do pais, que compitan no sector financeiro, coas mesmas ferramentas, coa mesma baralla que a banca privada.

           Vai ser que Feijoo tiña razón, Gayoso é un gran no cu do sector financeiro galego. Tanto Gayoso como Méndez considéranse os donos das caixas; cando as caixas son de Galicia  eles uns empregados que xa debían estar xubilados.

           O tan inquedo alcalde de Vigo agora quedou calado, !será tamén que a súa hora está chegando!.

           Que Gayoso devolva as subvencións, sería o mais xusto, pero non o vai facer. Non entra no seu modus operandi  facer tal.

            A sociedade de capital risco que se fai con R vai a proceder como fan este tipo de sociedades; Galicia unha vez mais perde.

            Pola miña parte xa renuncio a ter un teléfono de R. e, tamén, teño un modelo menos ó que admirar, nesta vida, e neste pais. Os heroes teñen os pes de barro e, pra mais, de barro contaminado. Polo menos que nos deixen a dignidade.

23/04/2010 11:35 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

AVENTA DA BURRA, vender é o que importa

20100424102336-dsci0050-burra.jpg

 

                 Estaba fronte a unha pescadería vendo a exposición de productos, marabillosamente ordenados, destacando os rodaballos e os peixes sapo. Entón recordeime da canción do rodaballo, tamén da Conselleira de Pesca, dunhas declaracións súas ós medios de comunicación e decátome de que o mais importante, o que queda na memoria coléctiva é a venda acertada do producto. Facer cousas, desenrolar proxectos acertados, non é o importante, o importante é vendelos ben; a Conselleira do Mar así o entendeu, case un tercio do que gasta destínao a propaganda e a gastos suntuarios a eso hai que engadir inversións significativas a empresas privadas que executan a política de inversións, axudas e desenrolo.  Preguntaredevos, o mesmo que eu: ¿e logo qué fan na Consellería de Pesca?, eso é un misterio; o que si parece certo é  que a Conselleira tenta elimina-lo protagonismo da Xunta.

             As políticas de investimentos están dirixida polos intereses particulares, eles determinan os obxectivos e elixen o cómo e o ónde; tal é o caso mais coñecido de Pescanova. O verdadeiramente incomprensible é o apoio do PSOE a esta política, con invasión da Rede Natura e a privatización da costa.

             Na liña de austeridade da Xunta, recordemos que, nada mais tomar posesión, encargou un coche do trinque de gama alta; contrasta este despilfarro cos recortes o ensino, pra formación de profesionais da pesca, e coa anulación dun contrato de compra dun helicóptero de salvamento; ela non vai ó mar, ó menos a traballar, e un mariñeiro, mais ou menos, non importa. 

             Blanco, o Ministro de Fomento, vai suplir a desidia da Conselleira do Mar e o seu abandono das xentes do mar; comprometeu 21,5 millóns de euros pra mercar un helicóptero de salvamento pras costas galegas, esto á Conselleira faille un tremendo ardor de estómago, pero pra eso no hai como unha boa mariscada.

             Despois de oito anos desatasca o ferrocarril ó porto de Ferrol.  O mesmiño que Elena Alvarez.

 

24/04/2010 10:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ROMPEU A CORDA, detida a culpable

20100426102054-el-gato-y-la-pistola.jpg

 

             Cen mil galegos preparando oposicións, unha burrada, eso danos unha idea de como anda o pais. Xa teñen asumido que haberá pucheirazos, se a eso se sumamos que é unha OP reducida, podémonos facer idea da desesperación. Tranquilos, con Feijoo no goberno, o paro desaparecerá, eso prométeo.

            Rompeu a corda, e como sempre  rompeu polo mais froxo. Atoparon  á culpable dos desaguisados na Función Pública; non era o gato, pero case, era unha subdirectora.

            Neste pouco, e intenso período de desgoberno, na Función Pública da Xunta pasou de todo, o de mais sona é o do amaño nas distintas probas selectivas.

              Foi listo Feijoo e listo Rueda, non queren que os queimen as irregularidades da Función Pública, unhas irregularidades que levan a súa sinatura; xa que, aínda que a Función Pública a enviaron pra Facenda, eles seguen mandando nela.

               Pra demostrar que fan exercicio de limpeza, cesan a unha subdirectora Xeral. Nin eles, nin o Director Xeral cesan, que son os que cortan o bacallao. Si o Director Xeral da Función Pública, o home Negreira en San Caetano, segue despachando con Rueda, está claro quen manda aí.

                Dubido moito que remataran os escándalos na Función Pública co cese de unha Subdirectora. Pode que remate cando xa non teñan mais chanhullos que facer. Terminará a gripe cando xa non haxa mais persoal.

 

26/04/2010 10:20 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

O ENCANTADOR DE VOTANTES

20100427105401-008-l.jpg

 

              Cabe preguntarse qué foi daquelas promesas que Feijoo debullo na campaña electoral. Algunhos dirán que é típico; que é típico de que en  campaña electoral se fagan promesas que nunca se pensan cumprir. Pode que sexa certo que se trate de un brindes ó sol e que haxa moita xente que non as cree, pero si, hai xente   que cree nas promesas, especialmente si se lles atribúe o carácter de contrato cos electores, como o aceno que fixo Feijoo.

             As eleccións parecen un concurso pra ver quen promete mais e cumpre menos. Non chega con prometer moito, tamén hai que mentir ben e ser bo  actor. Si houbera un óscar, o premio sería de Feijoo.

            Non chega con dicir, que non se puido cumprir pola  crise, porque cando se fixeron as promesas xa sabían que a había.

            Os convencidos seareiros están convencidos de que cumpre o prometido. Está visto, non  fai falta ser cego, solo chega con non querer ver.

             As contas orzamentarias de Feijoo non responden a un  criterio de austeridade, eso é a escusa que se busca pra recortar partidas orzamentarias de servicios básicos, mentres tanto engórdanse outras partidas respondendo unicamente a criterios ideolóxicos. Nade pode negar a existencia de crise, pero o  cuestionable é a distribución das distintas partidas; así, non se reducen, antes ben increméntanse, as transferencias a particulares,  certos gastos suntuarios, gastos de propaganda. Nas Consellerías tamén hai un trato distinto: sube Presidencia, baixan  as que prestan servicios.

 

 

 

 

27/04/2010 10:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CABREADOS

20100428110602--10-.jpg

 

 

            Pra cabreados, coas falsas promesas de Feijoo, os vigueses. Votáronlle os cans a Feijoo cando pretendía facer un acto de propaganda, co gallo dunha inauguració, en Vigo. Impedíndolle celebralo. A Feijoo saíulle ben un acto similar celebrado en Pontevedra; pensou que todo o monte é ourego, e en Vigo saíulle o tiro pola culata. Os vigueses están moi cabreados por facerlles un hospital mais pequeno do proxectado polo bipartito, e por riba, de xestión privada. Feijoo quixo ser tan chulo como no acto celebrado en Pontevedra, menosprezou ós vigueses, e así lle foi.

              Un día despois do incidente, Feijoo  volveu a Vigo pra elevar ós altares das promesas municipais a Corina. Alí estaba a flamante candidata á alcaldía, prometendo un mundo feliz, aínda que sexa sen hospital. Pra eso ela é enfermeira. Os 30.000 parados que hai na cidade son por culpa do actual alcalde, non da inoperancia da Xunta,  segundo afirmación da inefable Corina, o PP sabe como crear emprego, palabras súas. E digo eu, si o PP sabe como crear emprego, ¿qué fan?. Gústame o certeira que é na diagnoses da doenza e o claro que ten quen é o culpable. Atérrame pensar que cesto pode facer con eses vimbios na alcaldía de Vigo. Pra mais recochineo felicitou, publicamente a Feijoo por ese magnífico hospital que vai facer en Vigo. Pra ver cousas hai que estar vivo.

               É graciosa a carantoña que lle fai Feijoo ó saudar a Corina. ¿Tería Corina alcatreo?. ¿Daranlle repelos as mulleres?.

28/04/2010 11:06 mmarcos #. sin tema Hay 5 comentarios.

PRESTAMOS E SINECURAS

20100429105350-20100326010133-prestamo.jpg

 

             As Pymes, os autónomos e as familias saben que non é  doado conseguir crédito e que a falta de financiación os afoga. Non todo  o mundo pasa esas estreiteces; empregados, membros dos consellos de administra e familiares, nos lles afectou a crises crediticia e non tiveron ningún atranco pra obter un crédito. Cífranse estes créditos en mais de cuarenta millóns de euros. Como diría Caneda: pata menuda.

             Os partidos políticos obtiveron da banca créditos a esgalla, nas mellores condicións pras súas campañas electorais.

             Todo ten unha explicación. As razóns financeiras e a súa relación coa banca obrígalles a paga-lo favor, acosando as caixas, pra deixar espacio libre á banca.

             Neste entremés teatral que representan as caixas co gallo da fusión, non solo vimos ese papel dos directores das caixas, presentándoas como algo seu, senón tamén eses instriónicos xestos dalgúns membros dos Consellos de Administración das Caixas. Claro, o asunto da fusión é un tema secundario; aquí o que verdadeiramente importa é o poder e repartirse ós cartos.

             Ser membro do Consello de Administración dunha Caixa vale mais que ser Conselleiro, de aí, unha das razóns das pelexas do Presidente da Xunta e os alcaldes.

             Visto o visto, o mellor é que sexa un banco mais. Non merece a pena  ter a mais mínima paixón polo asunto

29/04/2010 10:53 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿É RENDIBLE A CORRUPCION?

20100430103132-corrupcion-11.jpg

 

            Algúns próceres do PP din que o PP é incompatible coa corrupción; o  feito é que o PP é unha leira  ben  estercada; non será compatible o PP coa corrupción, pero hai que ver como se lle pega. Non solo é o caso Gürtel, que parece un caso de corrupción institucionalizada; Ana Mato e o seu ex, o presidente da Deputación de Castellón o expresidente de Baleares, os espionaxes de Madrid, o irmán dun Conselleiro da Xunta, as mocións dos concellos, concesións de explotación de servicios públicos, a TVG, o das Somozas, as probas de acceso á Función Pública e un longo etc.

            Malia o que chove, teño as miñas dúbidas de que lles pase factura electoral a corrupción. O PP ten un suelo electoral alto, e os seus electores son fieis ó partido, e nin a corrupción, nin a sarabia lles vai facer cambiar o sentido do voto. O mesmo que os demais votantes ocasionais, dan a corrupción como o feito normal de facer política, por  algúns políticos. Pra poñer un exemplo, si gobernando outra opción política pasara o que pasou nas probas de acceso á Función Pública, terminaríase armando unha boa, pero pro PPg será mais levadeiro que un espirro.

             Que o PP ve na corrupción un feito bastante habitual de facer política despréndense da postura que amosou na recente reforma do código penal. Por moito que lle tenderan pontes, incorporando tipos novos e agravantes pra outros, a inclusión da corrupción como un tipo de delicto, non foi do agrado dos Populares, que viron no Código Penal un perigoso elemento. Trillo buscou escusas pra non aproba-la reforma, aínda que no fondo todos sabían cal era o motivo

30/04/2010 10:31 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris