Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2010.

O GUERRILLERO MUNICIPAL

20100802102902-trolebus.gif

      

            Os que sigan o desenrolo dos plenos municipais de Pontevedra terán a impresión de que asisten a un espectáculo grotesco, e verá como unha minucia ecolóxica a eliminación do trolebús a Marín.

             -Que di Lores que a rolda de  circunvalación debe ir por cerca do núcleo urbano, entón, o exfontanero, candidato do PP e líder da oposición, Telmo Martín, oponse; que Lores, buscando o consenso, propón que a rolda se faga mais lonxe do núcleo urbano, Telmo tamén se opón.

            Telmo non busca, nin pretende, ningunha mellora pra Pontevedra, o que realmente lle interesa é amolar a Lores, facerlle a vida imposible. Lores é un furuncho no cu  de toda a camarilla pepera. Telmo, a mais dos intereses urbanísticos seus e da camarilla, ten necesidade persoal de situarse dentro da sociedade capitalina. Solo será aceptado na medida en que encha as expectativas da impoluta sociedade.

            O que esperan de Pontevedra xa o anticipan co incomprensible proxecto do hospital en Montecarrasco. Queren facer de Pontevedra un gran solar.

02/08/2010 10:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AGORA SI, QUE SI

20100803110224-banquero.jpg

 

           As restriccións do bipartito á construcción na costa foi, no seu momento, un freo transitorio á febre dos  especuladores. Unha transitoriedade que desaparecería coa elaboración dun plan de urbanización da costa.

           As restriccións foron levantadas polas presións dos especuladores, favorecidos polo afán deconstructor do goberno Feijoo. Non se elaborou un plan xeral que sustituira a esta medida provisional. Simplemente se derrogaron as medidas provisionais  de protección.

            Feijoo vendeu a medida decido que agora se “protexería sen prohibir", que se incrementaba a area protexida nun 30%. Aí inclúense, pra facer ese incremento, zonas nas que a presión urbanística é nula; dese xeito inclúese como zona protexida a Serra de Meira e lugares similares.

 

03/08/2010 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PERIGO DE DISENTIR

20100804110138--e2-80-a2mv03-iluminati-2-cvr.jpg

 

 

         A Real Academia Galega ten criterio propio. Que non se deixe dirixir dende San Caetano supón un feito de rebeldía intolerable, afastarse do pensamento único, que dende o refuxio atómico de Monte Pío se dicta pra Galicia,

         Feijoo reconverteu os sotos de Monte Pío nun refuxio da súa ética política e, dende alí,  dicta suras contra dos que non  bendicen a súa política xenocida. Non podía ser doutro xeito, a Real Academia Galega non é partícipe da súa política de bilingüismo cordial, o que leva a Feijoo a ataca-la RAG. cunha virulencia descomunal.

         Esa política da RAG fana merecente,segundo se ve, dos ataques do Presidente da Xunta. Ata o de agora, nunca o presidente da Xunta se inmiscuira na labor da RAG. Agora intenta desprestixia-la Institución, acusándoa de estar actualmente ó servicio de ideoloxías sospeitosas, e obviando o discurso de Barreiro, anterior Presidente da RAG, no que acusaba a Feijoo de xenocida cultural

         Feijoo pretende algo así como unha reproducción do monte Medulio, no que os galegofalantes se suiciden colectivamente, no eido cultural, e se entreguen sen resistencia a Gloria Lago.

         Feijoo prometeulle a alma dos galegos a Gloria Lago, que lle segue esixindo mais contundencia contra ese irreductible grupo de galegos que se opón os seus aquelarres antigaleguistas.

           A RAG é unha árbore con fondas raíces que aguantará os ventos pezoñosos  de Gloria Lago e Feijoo. Permanecera,. cando  eles se vaian, o mesmo que o fixo noutros tempos do fascismo

 

04/08/2010 11:01 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

A SOCIEDADE ADORMECIDA

20100805105216-0.jpg

 

              A sociedade non está durmida, pero está adormecida, narcotizada polas proclamas dos políticos, polas nulas perspectivas de futuro. Xa nade cree nos políticos, pero a desesperación do pobo é tal, que está dispostos a creer en promesas de trileros; convencidos de que no xogo do engano están todos metidos, e todos menten. O mais malo da situación é que o baleiro de  credibilidade deixa o campo0 libre a calquera salvador da patria; por eso o mais importante  é que a clase política sexa mais consciente so seu papel e prescinda do engano como un xeito de facer política.

               O engano xa se está profesionalizando, e a Xunta convoca con frecuencia concursos pra facer publicidade de políticas súas, de suposta políticas de austeridade. Supoño que este prodigamento publicitario débese á necesidade de facerlle creer á xente na bondade dunha política que, no fondo, non é tan  boa.

05/08/2010 10:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O FONTANERO QUE QUIXO SER TOUPO

20100806103259-dscn0792.jpg

.

           Hai poucas cidades en Galicia que non dispoñan de roldas  de circunvalación. Tal circunstancia débese a que os núcleos urbanos non está deseñados pra soportar o tráfico rodado de hoxe. Tamén a conveniencia de crear espacios peatonais.

          Das grandes capitais, Pontevedra ven sendo a excepción. A culpa é dos gobernantes e da oposición. Non poden escudarse na oposición dos propietarios. A política comporta servidumes, e esa é unha delas.

          Os plenos municipais de Pontevedra, cando se trata do tráfico, son cómicos, moven á  hilaridade. Telmo, que ademais de ser oposición, oponse a todo, deu coa solución: a vía  de circunvalación debe ir soterrada; así, en superficie todo sería  edificable.

          A circunvalación soterrada nun espacio libre de edificacións é unha extravagancia, que solo se lle podía ocorrer a quen soña con tubos, ou ten complexo de toupa. Non solo resultaría inviable polo caro da construcción, deixaría pendentes as infraestructuras e urbanización; eso si, contentaría ós propietarios e os especuladores.

          Por si acaso, Telmo  conta con algúns caciquiños locais ós que lles prometeu que as súas leiras converteríanse en solares e a estrada iría polas leiras dos veciños.

          O de non estar a circunvalación feita a culpa é Lores, segundo é. Aínda que é evidente que a culpa súa e de Feijoo.

06/08/2010 10:32 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

A MULETILLA

20100807105708-cambados-20unhagrandechea-20queremos-20galego-20feijoo.jpg

 

           Menos mal que gobernar, o que se di gobernar, non é unha actividade principal de Feijoo, o seu tempo, na meirande parte, pásao fora de Galicia, ou tratando asuntos que  nada teñen que ver co seu cometido como Presidente de Galicia. Non teño escoitado a ningún Presidente autonómico tratar asuntos de política estatal e internacional, cousa que é propia dos políticos estatais. Feijoo busca horizontes mais amplos que os de Galicia, non lle importa ningunea-los líderes do seu partido. Necesita facerse notar fora de Galicia. As ovellas do seu feudo tenas tan domesticadas e aborregadas que non precisan pastor.

           Escoitarlle a Feijoo pedir que Zapatero Adiante as elección, ou falar  de asuntos de macroeconomía produce magoa. Si se dedicara a gobernar pros galegos sentiríamos que temos un Presidente, e el non faría o ridículo.

           A mais de prodiga-las súa dotes de estadista, de cando en vez vota man da socorrida muletilla e cara contra a financiación das autonomías, que non nos esquezamos el mesmo asinou , a veces acompañado por persoeiros como Camps, que ten a súa comunidade baixo alarma roxa pola súa mala xestión económica.

           Cando os presidentes  das CA se preocupen dos ingresos, non solo de gastar, será o momento de falar de financiación.

 

07/08/2010 10:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O MILAGRE

  •  
  • 

           O milagre da multiplicación do pan e os peixes que fixo Xesús, non é nada comparado co que fai o Conselleiro de Industria coas concesións eólicas. Nada menos que dez mil empregos van a produci-los muíños, segundo o Conselleiro.

           Moitas das empresas adxudicatarias creáronse co gallo do concurso. Moi sospeitoso. Que unha empresa teña unha participación testimonial de capital  galego, pona lonxe de ser unha empresa  galega. A meirande parte do volume de producción vai corresponder a compañías do ramo eléctrico, que por suposto nada teñen de galegas

           A acumulación de dous anos de atraso na repartición eólica, a vulneración de dereitos adquiridos, que   non sairán gratis, o descarado favoritismo a determinados grupos, non se pode agochar tras dun voluminoso emprego de man de obra, que dista moito da realidade.  Pra facer, que os datos ofrecidos polo especialista en deslocalización, sexan unha simple invención, basta ver canto emprego xeneran os campos eólicos en funcionamento.

           O Conselleiro de Industria, especialista en deslocalización, ofrece pouca, ou nula  credibilidade, e é o mesmo que se lle encargamos a garda do galiñeiro á raposa.

           Algunhos dos adxudicatarios do concurso anterior non aceptaron a  indemnización que lles ofreceu a Xunta, e o litixio  sigue.

 

 

09/08/2010 11:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FAISE O QE SE PODE

20100810101447-3-3.jpg

 

             Fase o que se pode, esa foi a resposta do Conselleiro de Ordenación Rural sobre os incendios.

             Non se sabe o número exacto, porque a Xunta oculta os datos, pero os que se moven no entorno falan dunha media de catro incendios diarios. Nesta campaña      van preto dos douscentos.

             Ignoro onde conduce este apagón informativo, ese afán en ocultar datos. O  monte é dos galegos, non é de Feijoo; como propietario, o pobo galego ten  dereito a saber que é o qué pasa no monte.

             Feijoo dixo estar conforme cos datos,   é, o seu xuízo, a mellor política informativa, non sei cal é a información; será unha información pra maiores, e nos somos menores de idade. Tamén o sistema contraincendios de Feijoo era o mellor de Europa, mentres chovía, agora xa se ve como vai.

             Foi dunha irresponsabilidade criminal rachar cun sistema que funcionaba. O complexo do actual goberno é o propio de ananos, na función de goberno, e a súa contribución ó desenrolo do pais é arrasar con todo, funcione ou non.. 

               O informe sobre os que provocan os incendios non aporta claridade á cuestión, non aporta nada novo e soslaia asuntos controvertidos como citar os que  provocan lumes por negocio, porque o lume tamén é un gran negocio..

 

 

10/08/2010 10:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

POUCA CREDIBILIDADE

20100811111317-bebe-meando-urna.jpg

  

         Ós  que coñecen a ría do Burgo  da Coruña vótanse as mans á cabeza. Nade pode  entende-la razón, en contra do sentido común, cómo a Consellería do Mar autoriza a comercialización do marisco da Ría do Burgo, que está feita unha cloaca. O descrédito e desvalorización do marisco galego será consecuencia de este un acontecemento catastrófico.

         Sería impensable que Feijoo recoñecera a gran equivocación  e o dano que lle vai causar ó sector, porque a   súa fachenda impídelle recoñecer erros.        

         A orixe do disparate está na decisión da Xunta de non  sanea-la ría. Si hai que gastar un euro, a Xunta  farao en publicidade, como Ven facendo. Droga pra adormece-los galegos; por eso non me creo o dos 90 millóns.

 

 

 

             

 

11/08/2010 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A CASTRACION

20100812111711-20080527194252-portapapeles03.gif

 

              Ó mes de sentarse na cadeira de Presidente, Feijoo mudou de oficio, sacou a coitela de capador e o chifro e dedicouse á castración de todo o que lle cheirara a galego.

              A RAG espertou do seu sosego, e a axitación dos membros da Academia, dende entón, foi constante. O punto culminante podémolo situar no pasado encontro de Celanova, no que o seu Presidente Barreiro lle reprochou á cara a Feijoo a división que estaba creando no seno da sociedade civil coa súa política de persecución do galego. Barreiro, home nada sospeitoso de extremismo, tocoulle dar ese inusual toque de atención, feito, que foi un doloroso momento pro Presidente da RAG, porque era a primeira vez na historia da RAG en que o Presidente, co asentimento unánime, repito unánime, dos académicos se vía na obriga de saírse dos límites das relacións protocolarias pra dar un puñetazo na mesa, Nada, desde ese día xa será igual.

              O nomeamento de Méndez Ferrín, como Presidente da RAG non foi do agrado de Feijoo, o seu perfil dista moito dos soños de Feijoo. Feijoo quixera ter de Presidente da RAG a alguén parexo os seus conselleiros; houbera sido feliz de ter a un Presidente como os Conselleiros de Cultura e Educación. .Houbera reunido o triunvirato perfecto. As descualificacións, os ataques e as insidias sen fundamento son propias dunha persoa mendaz e de poucas luces.

            

12/08/2010 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A TOURADA QUE PAGAMOS

20100813101403-toro1.jpg

 

            Blanco, Rajoy, Feijoo e outros gros panzas asistindo, de gorra, á Corrida de touros da Peregrina  en Pontevedra, formaban unha postal de verán que irrita, incluso ós aficionados ós touros.

            Sen entrar na conveniencia da autorización, ou da prohibición deste sanguento espectáculo, indígname que eses caras duras non paguen a entrada, como os demais espectadores, e lles paguemos a entrada entre todos.

              Quizá se deberan prohibir este tipo de espectáculos; pero o que non me cabe ningunha dúbida é que non debían subvencionarse con diñeiro público como fai o Presidente da Deputación de Pontevedra.  Se pra esto serven as Deputacións, teríamos unha razón mais pra suprimilas, e que o Presidente volvera de Bedel o axuntamento de Ribadumia, que é onde procede.

 

13/08/2010 10:14 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

CRIMINAIS

 

           Estou seguro que os que provocaron o incendio de  Fornelos non senten o mínimo remordemento por haberlles quitado a vida a dous mozos traballadores. En circunstancias normais, con xente normal, ese tráxico suceso houbera suposto que os incendiarios se tomaran unhas vacacións, que se dea unha inflexión na praga de lumes. Non sexamos optimistas; non apelemos á conciencia  de  quen non a  ten.

           É difícil pillar a estes delincuentes; os que non podemos equiparar co que prenden queimar uns restrollos, estes, como moito, son uns faltosos, incapaces de comprende-lo alcance dos seus actos.

           O lume é un negocio que move moitos cartos. Na parte visible, 6.000 persoas forman parte  das brigadas; pero é a parte escura onde se moven intereses pouco éticos, O goberno ten a obriga  de poñer tódolos medios pra  que os delicuentes, do sino que sexa, o teñan difícil.

           Sendo o anterior a premisa fundamental, no pode quedar en baleiro a actitude irresponsable do goberno da Xunta. Recordo que o Conselleiro de Medio Rural, dicía a comenzo da campaña , cando chovía, que por fin a Xunta tiña o mellor sistema contra lume coñecido, gabándose de esnaquizar a política do bipartito. Pronto o cuspe lle caeu  enriba, o tempo encargouse  da súa soberbia.

           O Portavoz Parlamentario do PP, facendo gala da súa estupidez, declarou que non  admitía leccións de nade en materia de apagalumes, menos da oposición.

           Non se chega a ningures facendo caso de ananos mentais, pero os lumes apáganse no inverno; é esencial unha política de prevención, a que o goberno de Feijoo rexeitou, e  mais vixilancia.

            Cando aquel verán tráxico do 2006, Feijoo cargou contra do Goberno, co gallo das vacacións. Nesta tráxica noite Feijoo estaba de copas, con todo o dereito, pero recollendo o sementado coas críticas que el fixera outrora, e recordando a Fraga, cando o do Prestige.

             Espero  que a oposición se porte mellor con el, que el o fixo coa oposición,  porque o patrimonio que arde é    de todos. Xa se encargaran os feitos de convencer a Feijoo que a arrogancia, a deconstrucción  e a chulería teñen un corto recorrido.

                 Os floridos discursos, as frases valeiras e a falla de compromiso co pais, coma a que dixo:”faremos unha investigación intensa hasta chegar ó fondo do asunto”, poden estar ben pra consumo interno, pero non amosan intención de mudar unha política pouco efectiva.

 

14/08/2010 11:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿CAL É O FIN?

 

             Os criminais non se toman un dia libre, eu tampouco

          Cando o eco da traxedia aínda está aí, a Xunta, excepcionalmente, deu unha cifra de hectáreas calcinadas, que dista moito da real. ´E posible que esta seudoinformación sexa un truco mais da política de ocultamento de  datos que practica o goberno de  Feijoo.

           Diversos colectivos relacionados coa natureza resaltan a pouco  eficaz política de loita contra do lume. A Xunta, din, centra a súa política na extinción e despreza a prevención. Non se incentiva, nin se esixe a limpeza en fincas privadas, tampouco se limpa o monte comunal. ¿Daquela que esperamos?. A política do lume é a que sempre levaron os gobernos do PP. Unha política que fracasou, ano tras ano; a mesma que estivo nas orixes dos incendios do 2.006. Catástrofe ecolóxica esta dos incendios, que  arruína os nosos montes, o mesmo que o acoso o  noso mar,  con vertidos e embarrancamentos non menos criminais.

         Con cara de cinismo e xesto teatral, compareceu Feijoo, pronunciando un discurso institucional, sen admitir preguntas, e instando a colaboración da oposición na loita contra da praga incendiaria. A oposición pronunciouse e condenou os feitos que deron orixe á traxedia, lonxe da súa política mezquina do 2006, que acusou ó goberno das mortes habidas; incluso algún cargo local do  PPg montara un chiringuito, os peperos son especialistas en chiringuitos, ecolóxico pra acosar ó goberno de entón. A Intervención de Feijoo non foi moi convincente, non recoñeceu responsabilidades, nin erros pasados ou presentes. Feijoo está destruíndo silenciosamente ó pais, non é solo o sector forestal. A política agraria, o mesmo que a acuícola, a enerxética, a sanitaria, de  infraestructuras, etc están concibidas como negocios especulativos

       Todo ocorre nunha Galicia  feliz, na que todo se oculta e se manipula; os nenos do urbano pensan que a leite nace nos centros comerciais, o marisco e de cor roxa, os mares infindos e o Presidente da Xunta un home sabio e traballador, que nos libra dos roxos e dos nacionalistas.

15/08/2010 11:18 mmarcos #. sin tema Hay 6 comentarios.

CARA DE ASCO

20100816104344-borrador-do-galego.jpg

UN MES SANGUENTO

 

           Cara de asco, de desprezo e de autosuficiencia, foi a actitude de Feijoo cando lle preguntaron sobre a admisión a trámite do recurso contra do decreto do galego.

           Con esa actitude de desdén respondeu Feijoo cando lle preguntaron polo recurso contra do  seu decreto xenocida da cultura galega.

          “ Xa o esperaba”, referíase á interposición do   recurso, co cal evidencia que sabe, ou ó menos supón que o decreto é polémico e bordea a legalidade,.

             Feijoo e o portavoz do Grupo Popular dan por    feito de que o representante da Mesa terá que pedir perdón por non aceptar unha decisión democrática, porque o recurso vai ser desestimado.

              Catro dúbidas: ¿Controlan e condicionan as resolucións xudiciais ? . ¿Saberán o qué é democracia?. ¿Lerían os clásicos?. ¿Saberán ler?.

                O Director de política lingüística, persoeiro singular, declara que a interposición de recursos contra do Decreto é unha mostra de que algúns non respetan as decisións democráticas. Esto demóstranos que, ademais de que temos un goberno de alieníxenas, son ignorantes..

 

16/08/2010 10:44 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

... ENTERRAN SEMENTE- Un mes sanguento-

20100817111050-17aug336.jpg

 

 

             Fillos  desta nobre terra, asasinados polos fascista, que regaron co  seu sangue o chan dos nos ancestros, nunca vos esqueceremos.

             Agosto do 1936 foi un mes sanguento, un mes que se perdeu na memoria. Tal  esquecemento houbo que nin Casal, nin o pai de Isaac Díaz Pardo, asasinados, igual que outros demócratas, a mediados de agosto do 36 pola falanxe, trataron de esquecelos. Estes días véuselles facendo modestos homenaxes de recoñecemento. 

             O Axuntamento de Teo, do que é alcalde o nacionalista, o doutor  Martiño Noriega, deixou testemuño do acto de lembranza do asasinato do alcalde socialista de Santiago, mediante unha pancarta colgada na beirarrúa da estrada, na parroquia  de Cacheiras, no lugar do asasinato  Se alguén se pregunta por qué non houbo antes actos de recordatorio, a contestación é que había moito medo; a  xente está guiada  por un instinto de supervivencia.

             Tal día coma hoxe, do 1936, foi asasinado en Poio Alexandre Bóveda, nunca foi esquecido, nin a dura represión, ni a longa noite conseguiron borrar aquela fatídica data do 17 de agosto. Un vez mais, no cementerio Pontevedrés de San Mauro, un puñado de demócratas homenaxean  o Ilustre persoeiro.  

             Sen homenaxe, pero sempre no íntimo convencemento e no recordo, non  esquecemos a tódolos mártires; a eses inocentes asasinados por as urdas fascistas,. O 17 de agosto,  en recordo de todos eles, é o día  de Galicia Mártir.

              Os mártires do Caurel,  e de tantos lugares, aínda que mortos, no noso corazón seguen vivos.

              Feijoo pon  atrancos pra recuperación dos seus corpos e a súa memoria. A Memoria histórica é algo mais que unha organización, ou a política dun partido, é un sentimento. Non se pode consentir que Feijoo volva asasinar, de novo, os mártires do fascismo.

 

17/08/2010 11:10 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

A HISTORIA É ESA

20100818105805-badajoz-fusilamiento-republicanos1936.jpg

            Un lector do blog  escribiu este relato, que a min produciume unha  descarga.  Impactoume  e pensei que sería bo colgalo.

            Un día eu quixen coñecer a Caeira, ver o lugar onde asasinaran a Alexandre Bóveda. O eucalipto contra o que o fusilaron. Cortáranmo por orde da autoridade. Pra min aquelo era unha peregrinación a un lugar sagrado, pero encargáranse de borrar todo recordo da traxedia.

            A represión  de Franco foi a mais cruel da historia; nin sequera foi superada pola recente guerra dos Balcanes. A aparición en Andalucía dunha fosa con case 300 restos  de nenos, xunto con milleiros de restos  de adultos, homes e mulleres,  así o  certifica. Que o PP aínda non condene aqueles feitos, danos moias claves do presente.. 

Moitas gracias MMarcos por este recordo. Aproveito para enviar a historia dos derradeiros momentos de Bóveda e Xosé Sesto:

Definiu Xosé Sesto a guerra incivil de 1936 como "Gran masacre cainesco que os catro xinetes apocalípticos -falanxistas, mouros, feixistas e nacionalsocialistas- desatarían sobre as terras pacíficas e esperanzadas das Españas".

Conta Sesto que, tratando de salvar a Alexandre, a tarde anterior fora e viñera por todas partes en Pontevedra, buscando de salvar un inocente. Esa mesma tarde pararon a Sesto. Un garda de asalto dixéralle que el ía ter a mesma sorte que Bóveda por tratar de salvalo, o vermello-separatista, "e ti es un deses, e vaiche pasar o mesmo que a el".

Outro garda de asalto, máis tarde, parouno para dicirlle, en galego, que el era amigo de Alexandre, que mesmo fora visitalo coa súa dona ao cárcere.

O garda dixéralle a Xosé Sesto que o escolleran para estar no pelotón de fusilamento que acabaría coa vida do seu amigo de infancia. Sesto díxolle que enfermase, ó que o garda lle contestou que lle poderían facer un Consello de Guerra.
-O que vou facer é negarme, dixo. Se me fusilan, que me fusilen por algo.
-Tes fillos?- preguntou Sesto.
-Teño, señor.
-Que vai conseguir con que o maten a vostede tamén?
-Que vou facer daquela, señor Sesto?
-É vostede católico?
-Si.
-Qué tal tirador é?
-Estou cualificado como de primeira.
-Pois ese valor tan extraordinario que vexo en vostede póñao ao servizo, serenamente, do seu pulso e apúntelle ao corazón, para que non sufra. E ofreza a súa dor por Alexandre e por Galiza.

Conta Sesto que marchou axiña e que ouviu tras de si un salouco. Non volve ver nunca aquel home, nin sabe cómo se chamaba. Só soubo despois que Alexandre Bóveda tiña un disparo no medio do corazón.

Sesto pasou con Alexandre Bóveda os seus derradeiros minutos de vida na cela. Confesaron e Alexandre pediulle a Sestiño que se achegase para rezar con el en galego.
Alexandre Bóveda pedíralle ó xuíz da causa, o comandante Vila, envolve-lo seu cadáver coa bandeira galega, ó que Vila respondeu que non había problema ningún.

A Bóveda notificáronlle a súa sentenza de morte un quince de agosto, e tivo que agardar tres días para a súa execución. O quince para o catolicismo espanol era día da Virxe, mal día para asasinar. O dezaseis cadraba domingo, mal día para asasinar tamén, así que o deixaron para o luns dezasete.
Ese luns 17 de agosto de 1936 saíu correndo Xosé Sesto ao Casino de Pontevedra buscar unha bandeira galega, precisamente no primeiro sitio no que se izou unha bandeira galega en Pontevedra.
Cando chegou ao lugar da execución, dezasete minutos despois de estar con Bóveda rezando, este era cadáver.
O comandante Vila negoulle a Sesto a posibilidade de envolver a Alexandre Bóveda coa bandeira galega que lle levara. Este replicoulle que ónde estaba a súa palabra, ónde a súa honra.

Correndo marchou á casa de Pepita Novás, que despois sería a súa cuñada, e pediulle que lle fixese unha pequena bandeira galega.
Volveu con esta outra vez onde o cadáver de Alexandre, bicouno e meteulla debaixo da ensanguentada chaqueta no peto do chaleco, unha pequena, minúscula bandeira que cinguiu a Alexandre todo, en nome de toda Galicia e de todas e tódolos galegos e galegas nesa viaxe de emigrante sen regreso que é a morte.

18/08/2010 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

INFORMACION CONTROLADA

20100819102035-censura-774350.jpg

 

          Non é unha obsesión, é mais que eso, é un sistema de control sobre a información que teñen que recibir as masas; aínda que é un sistema usado por tódalas dictaduras; Gobernos democráticos e seudodemocráticos, veñen utilizando este sistema de control .

          Os medios de comunicación, agás algunha  excepción están sendo xenerosamente subvencionados polo goberno. O  obxecto é claro condicionar a información  que dan, e a súa liña editorial.. Con todo, cada día faiselles mais difícil controlar o que se publica, e colase algo de luz, de cando en vez, nos medios.

             Co  caso dos incendios, houbo  algúns  deslices, que se saíron do apago informativo da Xunta, permítelles ós lectores, aínda que non a informarse, si, poñer en dúbida a información que se facilita. Mais, é tal a desinformación que nos leva a ter dúbidas de todo o que se  di.

          Atopámonos na situación en que  cada quen ten que escoller o que creer, e dubidar de todo

19/08/2010 10:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DESPOIS DO DUELO

20100820110424-incendio-forestal99.jpg

             Antes de que o fume dos incendios nos quite a visión do que pasa no pais; en recoñecemento ós que deron a  vida gañando un pequeno xornal, valoremos as accións dos dirixentes da Xunta no asunto.

            Con gran celeridade, se aclarar nada, poñendo toda responsabilidade nos pirómanos, Feijoo e Rueda fixeron unha investigación do suceso, coma a que fixeron das probas selectivas pra persoal da Xunta.

            Nada se di porque foi a Soutelo unha Brigada dende tan lonxe, por qué se disgregou a  Brigada, por qué se minimizou o lume, por qué non se limparon os montes públicos e os privados no inverno,  por qué non hai ceses dos responsables políticos. Cando o incendio de Guadalaxara o PP, na súa liña, pediu  ceses, e houboos.

            Un  informe da Garda Civil sobre o incendio, do que se fixo eco O Pais, desmonta o informe elaborado pola Xunta. Houbo descoordinación, non había contacto entre as brigadas, non houbo tres focos no incendio, senón un, aínda que semella foi intencionado.  A  vista deste informe, que a Xunta non esperaba, matizan o informe que fixeron, pero solo se arranxa se dimiten.

            Si mandaron sacar o vehículo é que viron que había perigo,. Non se preocuparon das persoas, así que houbo dous homicidios.

            Rueda mellor se houbera ido de copas con Feijoo, non se pode ir a enredar, hai que deixar traballar.

             A Xunta ignorou tódalas advertencias que os profesionais do sector lle fixeron dende marzo; desmontou as brigadas constituídas no goberno anterior, montou un operativo novo e sen a formación axeitada. A planificación foi encargada a unha empresa privada, un amigo, como non. Por eso non pode intentar eludir a responsabilidade.

           Os periodistas quixeron saber a opinión do que foi Conselleiro de Ordenación Rural co bipartito, acosado  cruelmente por Feijoo;  agora tiña a rébancha na man, pero negouse a opinar. Qué diferencia de comportarse. Si Feijoo tivera un mínimo de dignidade debía facer unha pública contr

20/08/2010 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CANDO SE ABUSA

20100821093437-abuson.jpg

 

           Feijoo durante estes últimos días, usou e abusou da devolución  de anticipos. Á oposición nun exercicio de responsabilidade mantivo un prudente silencio e, incluso, apoiou a Feijoo, implicitamente, na petición dunha ampliación do adiamento da devolución.

           Dos mais de 2.600 millóns que a Xunta debe devolver ó Estado 573 corresponden ó exercicio  de 2.008, xestionadas polo bipartito e o resto ó exercicio de 2009, xestionado por Feijoo.

             Quixera obter unha resposta e saber en que meteu Feijoo os  cartos, e en qué utilizou os cartos das obras en  execución, presupostadas, con reserva de crédito, que paralizou, con ese deixe de irresponsabilidade e capricho do que fixo gala.

                 A oposición, farta das sobreactuacións de Feijoo, saen ó trapo e insinúan que a verdadeira intención de Feijoo utilizando as devolucións é aproveita-la circunstancia pra privatizar servicios. Algo deber haber, algo debe argallar Feijoo, porque o prazo de adiamento das devolucións  xa fora acordado por el, e non puxo ningunha obxección ó novo sistema de financiación.

21/08/2010 09:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A VISTA ATRÁS

20100823104738-4444.jpg

 

     Camiñemos de fronte, pero sen perder de vista o pasado. A oposición apoia o goberno nesta vaga de incendios, unha verdadeira catástrofe ecolóxica, Volvendo a vista atrás, aínda temos aquela imaxe de Feijoo coa mangueira de xardín, simulando apagar un incendio; a esa grotesca imaxe uníase unha política  do mais rastreiro e inmoral, incluso, diría mais, sospeitosa de colaboración cos criminais. A elo hai que engadir que dende o PP da Coruña dirixirase unha circular ós concellos ordenándolles que non colaboraran con medio Rural, que atrasaran o posible a constitución de Brigadas apagalumes Acusaron ás brigadas de ineficaces por falar galego; deron unha cifra de superficie queimada triple da real, sacada de datos propios; e nada menos que da NASA.

     Pouco a pouco, pese as fortes subvencións ós medios pra controla-la la información, vai entrando algo de luz, por unha pequena raiola informativa e ímonos enteando do que ocorre, si ben a desinformación e o apago informativo continua.

     A actitude de transparencia e moderación da oposición choca con aquela política irresponsable e case criminal da oposición de Feijoo. Non dista moito daquelas actitudes, a chulería de algunhos cargos do PPg de hoxe

23/08/2010 10:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XACOBEO DE PARTIDO

20100824102428-peregrino-detalle-atuendo.gif

 

 

 

         Difícil que alguén se lle ocorrera apropiarse do Xacobeo  e facer del un negocio de partido.  Como aquela película de ciencia ficción: o imprevisto ocurreu xa.

           Non se inverte en acondiciona-lo camiño, nin os lugares de descanso, pero hai chupe pra empresas vinculadas ó PP, aínda que non veña a conto o  seu cometido

          A administración de Feijoo, pródiga en negocios privados, non podía deixa ningunha cousa fora da chupantina.

             Prometera que en  tres meses ía arranxar os atrasos en dependencia. Cando xa estamos no ecuador da lexislatura, mais dun tercio das solicitudes aínda está sen valorar. A Conselleira do paro abriu unha nova fonte de negocio, onde a nade se lle ocorrería,  unha empresa privada vai facer as valoracións. Outro problema nace, os datos persoais vai dispoñer deles unha empresa.privada, sen que haxa garantía algunha de privacidade.

               Namentres comprobouse que a Conselleira do Paro estivo bo cobrando indebidamente axudas de custo. Ela di que non foi intencionado. O peto abríuselle e coláronselle as dietas dentro.

24/08/2010 10:24 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

ENCHEDEVOS, GALICIA INVITA

20100825101810-comilon.gif

 

         Con descaro, sen inmutarse o mais mínimo, Feijoo fixo do público unha fonte de negocios pra xente do partido. O  Xacobeo  séguelle unha longa restra de bos negocios; en sanidade, desbótase un centro como o de Montecelo, en Pontevedra, onde, non fai moito,  se fixo unha inversión astronómica. Todo pra lle adxudicar un novo centro os amigos, ó mesmo tempo que Telmo e compañía dispoñen dunha nova zona pra especulación urbanística.

          O novo hospital pra Vigo estará presupostado en tres veces mais do que o valorara o bipartito; eso que o proxecto  do PP reduce o número de camas previsto nun 15%. Os beneficios teñen que ser gorentosos e inmediatos,  os amigos do PP teñen moita ambición de grades beneficios: os vigueses, os galegos en xeral, serán os que pagan. Este tipo de iniciativa supón un endeudamento encuberto; unha carga impositiva diferida. En definitiva, mentiras.

          No verán, calculadamente, pecháronse plantas enteiras dos hospitais públicos; como as doenzas non  respetan datas, os doentes derívanse a centros privados, que están facendo o agosto, nun ca mellor dito. O Sergas, é  dicir nos, paga..

 

     

25/08/2010 10:18 mmarcos #. sin tema Hay 5 comentarios.

GALIZA NO MAPA DE EUROPA

20100826103331-europa.gif

 

 

         Por fin, Galiza está no mapa de Europa. Xunto co norte de Portugal é a Zona  da UE con maior número de incendios e extensión de monte queimada.

          Non destacamos na UE por innovación, investigación e desenrolo. Cada vez, pese as promesas de Feijoo, alonxámonos mais en calidade de vida e desenrolo dos nosos socios europeos.

          Non é este xeito de situarnos en Europa o que  desexamos pro noso pais, pero a ineptitude dos nosos políticos sitúanos aí.

            Non solo a oposición  política, senón que cada vez son mais os colectivos que censuran a política do lume;. Xa non se trata de que Feijoo estea desaparecido, escondido, etc. Aínda que como di o portavoz popular estea agochado no bunker tomando importantes decisións 

              A vaga de incendios, a mais de salientar esa errada e gravísima política da Xunta contra o lume, descubre a traxedia na que viviron varios núcleos de poboación, abandonados a súa sorte pola Xunta.

                A experiencia da loita contraincendios do goberno anterior foi abandonada por Feijoo. Neste caso non se trata solo da decunstrución; tamén latexa o proxecto pepero de privatizalo todo, dende a política forestal á mesma  propiedade do monte. Como di o portavoz popular: os galegos poden estar tranquilos, o goberno está en boas mans. De feito xa prenderon a dous incendiarios, dous vellos de 73 anos, posiblemente con demencia senil, pero si facemos caso de persoeiros peperos, son áxiles áxiles, dotados de alas, co don da ubicuidade. O que me  recordou outro feito curioso o daquel desfalco de 2000 millóns que houbera en Facenda, do que se resonsabilizara a dous  auxiliares. Naquel caso segurol que Feijoo non tivera que  ver. 

26/08/2010 10:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O GALEGO SEGUE VIVO

20100827103354-gallina.jpg

 

           O intento de limpeza étnica e cultural de Feijoo constata un novo agromar da cultura galega, de tal xeito que os que realmente senten o galego,  resístense con mais intensidade do que Feijoo esperaba. As manifestacións en prol do galego, pensaron no PP g de San Caetano que non chegarían ó vindeiro curso, pero os indicios demostran que a loita en prol do galego non é flor dun día. Ó litixios xudiciais preocupan á Xunta, sexa cal sexa o resultado, amosan unha firme determinación das Institucións privadas de plantarlle cara a Feijoo e a súa política xenocida. Que os defensores da cultura están dispostos a loitar, non solo a falar,  que é unha resistencia viva e activa, demóstrao  ese proxecto de crear unha rede privada de Galescolas. A galiña falanxista de Feijoo. ten que ter coidado cos depredadores.

27/08/2010 10:33 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

LARGA VIDA

20100828104618-0d9edb654af7f031595302e8bfb24ccf.jpg

 

       Todos prometen acabar cos chiringuitos da Administración Autonómica, nade fixo nada. Feijoo quixo aparentar que os ía eliminar, polo menos ordenar, pero o que fixo foi darlles un plus de legalidade e consolidalos.

        Indignoume, que por riba de consolida-los intente facerlle creer ós súbditos que limitou e eliminou chiringuitos, e venda como unha  novidade unha norma que regule a creación de Organismos Autónomos, cando a elaboración de   disposicións de caracter xeral, e a creación de Organismos Autónomos  xa o regulara Franco.

          O novo proxecto de Lei da Administración Autonómica é un auténtico disparate: Privatiza partes da Administración, creando novos chiringuitos, consolida os comisarios políticos, que son eses Superdelegados feijonianos pra control político das provincias, e que incrementaron o gasto burocrático, non se aproveitan as novas tecnoloxías pra facer mais áxil a administración. Cando se consiga instaurar un réxime democrático e desterrar a Feijoo e o que representa, a Administración Galega terá que acometer concenciudas reformas pra volvelas cousas ó canle dun pais moderno e borrar a estructura e a lexislación que nos converteu nun pais medieval. A Lei da Administración terá que ser a primeira, pero sen caer no mesmo erro que levou á integración das Fundacións, creas por Feijoo, no SERGAS.

        O Consorcio non naceu con bo pe; necesario, pero feble. Os lobos viron nel unha presa coa que alimentar a súa insaciable fame de manipulación e poder. Se O Consorcio naceu xa mal. Feijoo utilizouno pra crearlle a cada alcalde do partido  un chiringuito.

        Larga  vida, pois, ós   chiringuitos.

 

 

28/08/2010 10:46 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LUME NO MONTE

 

             Non sabedes o peso que me acabo de sacar de enriba. Feijoo declaroulle os periodistas que o sistema contraincendios ben funcionando dun xeito óptimo. Nada comparable o do 2006, no que, segundo el, non había coordinación. Debe ser cuestión do calor do mes de agosto; este calor faille dicir e facer á xente  cousas raras.De tódolos xeitos, a Feijoo o mesmo que Aznar,  vailles a provocación, son chulos e prepotentes, esta debe de ser unha  das razóns do que dixo.

             Non chegou Feijoo a quitar toda a axuda pra limpeza de montes. Unha asociación forestal da provincia de Pontevedra foi subvencionada coa incrible cantidade de 440 euros. Papeleo, con informes técnicos, planos topográficos, etc, hasta dez documentos, en costo, xa multiplican por dez esa  cifra. As axudas solicítanse a primeiros de ano, e non se poden facer ningún traballo antes da resolución, senón quedan automaticamente excluidos. As resolucións están chegando agora; cando o lume xa ten feito o seu traballo.

             A contía das axudas debe ter como finalidade insultar, ou colaborar cos incendiarios; ó mellor as dúas. Se houbera outra gustaríame coñecela.

             O sistema contrainendios funcionou, segundo Feijoo, optimamente; vaite a ver que entende el por optimamente. Como responsabilidade política debera dimitir el e o Conselleiro de Medio Rural. Dame medo pensar que quedariamos nas mans  de Rueda: Portugal amosou intres no plan  de loita contra ó lume que desenrolara o bipartito, pero a Feijoo  non lle serve, así lle vai..

             Nun día de calmucio, do mes de agosto, con forte  vento de levante, cunhas condicións meteorolóxicas moi semellantes as de cando o da illa Perexil, Aznar    chega a Melilla. Pola rua abaixo camiñaba un amplo séquito; ó fronte, o presidente da cidade e Aznar. Non fixo adominales, nin sequera se achegou á fronteira, o seu era simplemente incordiar. Cousas do mes de agosto.

30/08/2010 11:05 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

EGOLATRIA

20100831114453-egolatr-c3-ada4.jpg

 

        Ter pechados centros despois de que se remataron fai dous anos, sen avances nas axudas os dependentes, aquelas que Feijoo prometera solucionar en tres meses, incremento paulatino do paro, nulas axudas ás mulleres como non leven un certificado de reza-lo rosario diariamente, son credenciais dabondo pra concederlle á conselleira do paro o título de coruñesa distinguida; o mellor os méritos teñen mais que  ver coa concesión dun millón de euros á empresa que lle deu o título. O mesmiño que Aznar cando quixo mercar a medalla do Congreso dos EEUU. Aquí parece que hai mais tomate. Hai quen vincula a empresa co financiamento do PP coruñés. De calquera xeito hai que ter en conta os seguintes datos: Negreira está no medio, un socio desa empresa está imputado, a empresa ten unha especial relación co PP e esta non foi a única  axuda. Canto contrasta coa subvención de 440 euros concedidos a unha asociación de Pontevedra pra limpeza de montes. Cada quen que saque as súas conclusións.

          Hai determinadas actuacións políticas difíciles de entender, mentres se lle enchen os petos a Crespo, as  axudas a dependentes levan un ano valorados e sen soltar un euro. Si hai cartos pros afíns, ¿cómo se abandona ós que a o necesitan mais?

31/08/2010 11:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris