Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2010.

O CREPUSCULO as boinas pisan forte

20100201105836-carraboxo-27dec.jpg

 

 

             O congreso provincial do PP en Ourense cecais non foi o crepúsculo de Feijoo, pero foi un baño de realismo, pra quen pretende ser líder absoluto, con menosprezo ós sentimentos do pobo, ó que pretende liderar, non gobernar. Esto último dígoo porque Feijoo pasa de gobernar Galicia, el quere liderala, ser o seu cacique único, pra gloria súa e de Génova.

             A súa teima coa lingua e con todo o que cheire a galego, cumprindo como fiel criado as ordes de Madrid, poden ser a súa tumba; unha tumba que lla están cavando xente na que se apoia, vivindo de costas o pobo e buscando o aloumiño doado de grupos ultraradicais da extrema dereita e do poder central, empeñados na alienación cultural de Galicia.

            O congreso de Ourense foi un aviso, e si eso o poñemos e relación coa enquisa de LA VOZ DE GALICIA, nada sospeiosa, veremos que este pobo aínda está vivo, e vaille custar moito enterralo como pobo. O guru Mirinda vai ter que descifrar mellor o futuro  nos pousos das cuncas de ribeiro, se non quer guindar todo polo precipicio.

               A batalla rematou, a guerra non; Baltar sabe que o lume segue prendido baixo dos seus pes e que solo agardan o momento oportuno pra facerse co poder. Baltar coñece ben os personaxes que se querían facer co poder e non se fía deles, non nos admitiu no equipo; porque eso sería como deitarse co inimigo.

              A voz trémula de Feijoo evidenciaba o seu estado tras a derrota.

              O perdedor, o Alcalde de Verín prometeu fidelidade o gañador, Pero eu non fiaría del, non é unha persoa de fiar. Os mentores vanlle a pedir contas do que fixo cos apoios que lle deron; despois de entregarlle unha conta libre pra gastos, o apoio do partido, a nivel nacional e autonómico,  sacou uns resultados pírricos e os colores ós líderes, mesmo Feijoo tivo que improvisa-lo discurso, un discurso lacrimoso apelando a unidade, daba magoa escoitalo, non lle saían as palabras, non disimulaba a dor da derrota. Rueda fracasou e o vello raposo triunfou, unha vez mais,  e  deixou unha mensaxe: cuidadín Feijoo, pisas ovos.

01/02/2010 10:59 mmarcos #. sin tema Hay 10 comentarios.

POLAS MIÑAS MAIORIAS

20100202113954-cara-de-culo.jpg

 

                   Alberte, !que despiste!, Alberto, cando quere  xustificar unha acción incomprensible, que deica agora é a norma, alega como fundamento incuestionable á consabida maioría, moi certo que é unha maioría moi xustiña e despois do de Ourense mais precaria, pero maioría, e calquera movemento a pode esnaquizar. Por elo o equipo de fontanería de San Caetano  está a todo  gas. Non creo  que lles chegue con amaña-las tubarias; esta Administración de Feijoo precisa de tubarias novas; fai pouco que empezou a gobernar, aínda non cumpriu o ano; o suficiente pra unha avaliación  e constatar que ningún membro do goberno chega o un, xa non digo ó cinco, estamos o albor dun goberno desnortado e incapaz, e nin el, como director da orquestra, nin os gaiteiros teñen idea do que fan. Teñen que mandarlles as partituras de Madrid, pero son distintas as composicións de Rajoy das de Faes, e os gaiteiros son tan malos, que semella un goberno pro Antroido de algún esquecido pobo. Era mais doado cumpri-la consigna de borra-los logros do bipartito, que aínda que modestos algunhos había. Agora que se trata de gobernar, debe dar conta da inoperancia, sería bo que falara e nos explicara os fracasos e a dirección que leva e, de paso, se o autobús vai sen chofer.

              Pra gobernar, se ten maioría hai que usala pra construír; esborrallar está o alcance de calquera.

02/02/2010 11:39 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

CONSULTAS OU APAÑOS

20100203105922-alcancia1.jpg

<!-- /* Style Definitions */ p.MsoNormal, li.MsoNormal, div.MsoNormal {mso-style-parent:""; margin:0cm; margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:12.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-fareast-font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:GL;} @page Section1 {size:612.0pt 792.0pt; margin:72.0pt 90.0pt 72.0pt 90.0pt; mso-header-margin:36.0pt; mso-footer-margin:36.0pt; mso-paper-source:0;} div.Section1 {page:Section1;} -->

 

             Pra  xustifica-la Lei de Caixas Feijoo precisaba un argumento contundente; precisaba dunha consultora de sona, non lle valía a do primo de Rueda, á que tanto recórreo pra    anular decisións do bipartito.

            Nade encarga unha auditoría pra que non lle dean a razón; cando encargan unha auditoría xa contan, por adiantado, coa proposta que pretenden, esa é unha das razóns da falta de credibilidade, así como o escaso rigor das auditorías. Esta custoulle a Feijoo un millón de euros, !demasiadas alforxas pra tan pouco viaxe!

            En artigos publicados no  ABC  e en EL PAIS, Blesa, o que foi director de Caja Madrid, recoméndalle a Rato que lle susurre      unhas palabriñas a orella de Rajoy, pra que Feijoo lle entregue as caixas galegas.

              O proxecto de Caja Madrid é do vrau, nade pode ignorar que non o coñecía, agora se non impugna a operación da Lei de Caixas, (Rajoy escandalizase con esa posibilidade), o seguinte paso será entregarlle a Rato as dúas caixas xa fusionadas; haberá unha auditoría co aconselle, que pagaremos nos; Feijoo incluso semellará resistirse, pro final dicir que é o mellor.     

             Triste e lamentable papel do BNG neste asunto. Incautos e inxenuos.

             Cando teñamos intres en algo, xa sabemos: unha auditoría, pagada cos cartos dos currantes.  Toooma austeridade.

            

03/02/2010 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿NON ENTENDO?, OU SI ENTENDO

20100204102717-20070410elpepivin-5.gif

 

 

              Segundo o circo que montou o Conselleiro Rueda,    teñen parados na garaxe unha vintena e coches, que Rueda dixo  que os mercará o bipartito, que eran uns despilfarradores; como             as mentiras teñen as patas cortas, prono se soubo que a maioría os mercara Feijoo  cando foi Vicepresidente, incluso tiña un Audi    de propiedade particular, o  que non sei se o mercou, ou llo       regalaron. O asunto é que, pra non contradicir a  prédica de austeridade recorreron á trampa de  mercar coches pros Altos Cargos, a través de empresas da xunta.

              O mais escandaloso é que por ese sistema levan adquirido, en menos dun ano, preto de catrocentos vehículos, por un importe superior ós mil millóns de pesetas.

                A compra de vehículos por varias  empresas sírvelle á Xunta pra face-la compra con opacidade, sen concurso e, curiosamente, figurando o mesmo operador.

                  O coche da Conselleira do Mar, adquirido por este procedemento, non deixa de ser unha area  nun deserto.

                  O mais indignante é que non hai unha interpelación no Parlamento, o que tamén se podía aproveitar pra que Rueda Explicara o do aforro de 500.000 euros,  e logo se gasta mais de seis millóns de euros . Non son un experto en matemáticas, pero non  me cadran as contas.  Tooooooma austeridade.

04/02/2010 10:27 mmarcos #. sin tema Hay 5 comentarios.

MALOS TEMPOS

20100205105240-el-cid-campeador.gif

 

 

              Eles ían arranxa-lo das listas de espera pra recibir atención sanitaria, levan camiño de logralo, as esperas son xa de desesperación  medran como unha bola de neve. Esto o mellor ten como obxectivo que estes doentes opten pola privada.

               Nunca hai un tempo bo pra estar doente, pero semella que na actualidade, aínda pode ser peor. A Conselleira de Sanidade, mais que Conselleira é unha costureira, que se dedica a votar  remendos ó xa feito, sen que faga proxectos  de futuro, que non vaian encamiñados a engordalos negocios privados dos amigos: O primeiro gran negocio foi a privatización da xestión do Hospital do Centro Galego de Bos Aires.

               A privatización da xestión xa está pensada pros centros sanitarios proxectados en Vigo e Pontevedra. Os centros construiranse con diñeiro público, pero a xestión dos mesmos será privada. Parece que á vaca non se lle pode sacar mais leite; pois si, este PP aproveita tódalas oportunidades  de negocio. O hospital de Pontevedra proxéctano construír no monte Carrasco, dese xeito, aínda que se gastan cartos en acondiciona-lo lugar,  énchense os petos dos amigos coa especulación urbanística, e pouco lles importa que o de menos custo houbera sido ampliar a residencia de Montecelo.

               No proxecto hospitalario de Vigo suprímense o número de camas que teñen en convenio en Povisa, dese xeito, esta clínica privada, aínda que lle remate o convenio, ten o negocio asegurado. O número de camas que se suprime chega as catrocentas. E digo eu: ¿qué di Louzán, presidente da Deputación,  desto. ¿Qué di Corina Porro, actualmente Presidenta do Porto de Vigo, candidata a alcaldesa de Vigo, cala e consinte, e non se lle oe, nin se lle ve. ¿Qué di Feijoo, candidato a Deputado por Vigo?, nade o sabe. ¿Qué di a ayatola de Galicia Bilingüe, viguesa ela? Que a súa guerra e outra, o seu reino é de outro mundo. Pra completa-la conexión pontevedresa: ¿E Rueda?, xira, e xira coma a roda dun muiño.

               Vigo, motor de Galicia. !que gran vasallo, se tivera un bo señor!

               Os cartos saen dos nosos petos, non dos seus. Toooooooma austeridade.

05/02/2010 10:52 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

DE CACHONDEO

20100206111526-nueva-ley-k.jpg

                    Hai unha enquisa

           A Xunta págalle a LA VOZ DE GALICIA 150.000 euros pra que informe  dos orzamentos; unha de dúas, ou son impresentables e queren que nos fagan comulgar con rodas de muíño, ou é a enésima subvención encuberta a LA VOZ DE GALICIA. Este non é o primeiro contrato adxudicado a este diario, sen concurso e sen publicidade, o que contradí o prometido por Feijoo en campaña electoral. Claro é unha mais das promesas incumpridas, que mais da, no Pazo  do Hórreo  solo se está pra que chegue o final  de mes.

                Esto dous contratos, non son un caso único, o Conselleiro de Cultura, segue espremendo a Cidade da incultura con contratos opacos, ó que hai que engadir o contrato de Meca, do que se  descoñece o importe,  o foi moi comentado: tamén atopou no xacobeo unha mina pra adxudicar contratos, sen publicitalos.

                Alucino que nada se mova, cando tódalas consellerías parece que están a competir por repartir prebendas entre os amigos. Feijoo e os seus colleron a Galicia como un botín, unha gran finca da súa propiedade, pras súas tropelías e os contratos son adxudicados ós amigos, a dedo, sen concorrencia e sen publicidade.

 

 

 

 

 

06/02/2010 11:15 mmarcos #. sin tema Hay 6 comentarios.

DANDO EXEMPLOS DE ETICA

20100208103839-ladron.jpg

 

 

               Sempre houbo tempos convulsos; é neses tempos  cando algunha xente destaca como guía, son un facho na noite escura. O malo é cando os simulados guías son perversos personaxes, que lonxe de cumpri-lo seu cometido nos conducen ó precipicio.

               A conexión pontevedresa, e con esto non quero que se identifique a provincia de Pontevedra con certos personaxes, formada esencialmente por Rajoy, Rueda, Feijoo e Louzao, non esquezamos a Gloria Lago, que dende Vigo dirixe, o que ela chama, Galicia Bilingüe, son unha banda. Pronto os van a contratar pra ameniza-las festas da Peregrina na cidade do Lérez. Telmo García, candidato do PP pra alcaldía, non solo proxecta negocios urbanísticos, tamén tenta dirixi-la cidade, e  dos medios que non se lle poñen de xeonllos e o  adulan di  que son uns fillos de puta.

                Hai un caso escandaloso que se debera resolve-la xustiza, que é un exemplo de ética: o Sr Ruiz Miranda, portavoz do PP, da  banda Ouresana de Feijoo, coñecido por Mirinda, cobrou o ano pasado a calderilla de 26.000 .euros  por desprazamentos, cando o facía en coche oficial. No Reino Unido, casos similares e de moito menos diñeiro, están na xustiza. O mais seguro é que algunhos pensen que poden roubar impunemente, e se contan co apio dos xefes, séntense  seguros e protexidos; xa é hora de que esta caste aprenda a que non se pode roubar impunemente.

08/02/2010 10:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O SAQUEO

20100209114011-n-c3-ba-c3-b1ez-feij-c3-b3o-galicia-la-voz-g17p5f1.jpg

  

                   A economía galega, o Pais, está sendo saqueado, non solo nos queren quita-la identidade como Pobo, tamén nos están saqueando as riquezas materiais. Non hai nin unha sola consellería que non faga uso e abuso da adxudicación de contratos a dedo, arrasando as empresas de fora. O mais felino é a lei de caixas, que queren controlalas, fusionalas e sanealas pra entregarllas a Caixa Madrid, creando un gran grupo financeiro do PP; mentres, inocentemente algúns falan dun ataque a Galicia do goberno de Madrid; eu sospeitaría oíndo a Rajoy, Feijoo, Rueda, Louzán, Telmo e Mirinda falar do tema; como mínimo mosquearíame.

                    A fusión das caixas non ten, como se podía pesar, o mesmo significado e os mesmos obxectivos pro PP e pro BNG.  Mentres pro Bloque sería a constitución dun grupo financeiro galego, no que se podería apoiar a estratexia económica do goberno, pro PP é facilitar a absorción por Caja Madrid, pra formar un grupo financeiro vinculado ó PP e, coincidindo coa idea do PSOE, bancariza-las caixas. Neste caso, a Lei de Caixas Galega, quítalle poder ós concellos dominados polo PSOE e favor da Xunta e esa é causa da discrepancia de PSOE  e PP.

                   Con moito o caso mais salientable dáse no campo de enerxía, onde Hiberdrola é a que marca a liña do goberno.

                   Sanidade e a asistencia social é ónde empresas vinculadas co PP están a florecer; resumindo Galicia é unha lonxa de negocio.

09/02/2010 11:40 mmarcos #. sin tema Hay 5 comentarios.

A CONFUSION DO PUBLICO

20100210104128-portada-amoral.jpg

  

                     A Conselleira do paro e malestar, Beatriz Mato, ten un acordo cunha empresa de altos cargos do PP, chamada PLEXUS,  pra valorar expedientes de asistencia. Os sindicatos denunciaron a Inspección de Traballo a presencia de,  polo menos, sesenta persoas contratadas por esta empresa, con acceso a documentación de administrados, desempeñando o papel de funcionarios públicos,  e usando medios públicos, etc, o que, de entrada, supón un delito de usurpación  de funcións.  A srª Mato compareceu e deu explicacións da presencia desta xente, mais ben, liou ós presentes e os confundiu. A culpa, como non, é do bipartito, que os contratou; apareceron agora por arte de maxia. A Fiscalía quizá estea nelo, o mellor está no de Garzón, quén o sabe; o mais seguro é que, nin os sindicatos, partidos políticos, ou Inspección de Traballo se denunciara nada. Confeso estou confundido, non acredito.

                     Pode que Beatriz Mato sexa competente, pero  disimúlao moi ben, non     demostra eficacia, nikn interés, converteu a Consellería de Traballo e Benestar, na consellería do paro e do malestar. Dende que goberna Feijoo o paro non deixou de medrar, según as súas palabras a culpa do paro en Galicia era do bipartito. Aplicando o mesmo argumento, agora a culpa é súa; certo que a que dirixe a area semella afogada polos problemas, non da mais de si, pero a culpa segue sendo súa, el a nomeou.

                        A xestión do Consorcio merece un apartado, xa que o converteu en múltiples chiringuitos do PP. As obras de galescolas en concellos da oposición quedaron paralizadas, alega que carecen de asignación orzamentaria. Si ela lle la sacou, si.  Estes argumentos choan co feito de que pra subastar unha obra ten que estar presupostada, algúns xa estaban na fase OK do gasto, cando a Conselleira decidiu suspendelas.

10/02/2010 10:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O RICTUS

20100211112305-genoma-rictus.jpg

 

                  Lonxe de poñerlle fin á guerra polo control do partido en Ourense, o dúo dinámico do PP, que dirixe  o partido a nivel rexional, seguen con un  ritus, unha contractura facial, que aconsella a intervención inmediata dun fisio experimentado, pra   que lles axude á distensión muscular; o do estreñimento, xa é outra cousa.

                  A Baltar pódeselle ocorrer non incluír nas listas a Mirinda e a Morán. Rueda xa se anticipou e dixolle a Baltar que as listas as facían en Santiago, eso chámase intimidación preventiva; ai, na confección das listas é onde van  xurdi-los conflictos, pero antes xa van a xurdir problemas entre eles, problemas que xa xurdiron dende o momento en que o dúo dinámico decidiu eliminar a Baltar.

                  O que xa probou unha doses de medicina foi Mirinda, que viaxaba no coche   de Baltar,e logo o apuñalou.         

                  O tema vai ser apaixonante, coma pra facer apostas. Eu véxoo moi  interesante; as opinións vosas na enquisa, de momento  van gañando os que opinan que as municipais van marcar a sorte de Baltar; penso que si. porque os oficialistas van a utilizar todo pra quitalo de en medio, pero eso si que destaparía a  caixa dos tronos.  

11/02/2010 11:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O ZORRO NO GALIÑEIRO

20100212111400-20090622160520-zorro-22.jpg

 

 

                  Condenado por defraudar coas axuda europeas, Emilio Aparicio, volve á primeira liña e Feijoo noméao pra xestión das axudas que deron lugar á condena. Pode ser legal o seu nomeamento pero, cando menos, non é ético, mais ben parece un acto de provocación e chulería de Feijoo.  Este personaxe, vinculado o Superdelegado de Ourense, ten xunto con el unha traxectoria pouco clara, dende  Arnoia, onde foron compañeiros na corporación.

                 Peña, o que destapou o caso Gürtel, manifesta que Rajoy coñecía o caso. Dicir Correa era como dicir Aznar; o que ven a ser lóxico, xa que non sería posible semellante caso de corrupción ó marxe da Institución; agora, como no caso anterior, o zorro encargarano de garda-las galiñas.

                 A Industria na Xunta encomendáselle a un empresario experto en deslocalización, sendo un dos Conselleiros peor valorados do goberno Feijoo. É difícil ser o peor dos malos, pero na súa  man está o desenrolo de Galicia. 

                 Telmo, concelleiro do PP no axuntamento de Pontevedra, é socio de parcelas que os populares pretenden que o axuntamento expropie pra construcción dalgunhos servicios públicos; non parece moi presentable  que o candidato a  alcalde teña intereses urbanísticos que condicionen o desenrolo da cidade.

12/02/2010 11:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O REPARTO

20100213102253-0183114b.jpg

 

                        A xente está conectada co tema das caixas de aforros e preocúpalle o asunto, pra mostra a manifestación de Vigo; tamén os lectores do blog  deixaron as súas  opinións  e resúltalles incomprensible  que Feijoo, que aniquila todo o que sexa de intres pra Galicia, se  envolva na bandeira galega e defenda a fusión, supostamente, pra costituir un grupo financeiro galego.

                        O alcalde Vigo invoca o Viguismo pra opoñerse á fusión e fai músculo coa manifestación cívica. O goberno central amaga co recurso e coa negociación; Feijoo préstase á negociación e deixase querer, quizá presionado desde Xénova.

                        Os políticos son uns actores  que defenden uns intereses que pouco  teñen que  ver cos dos votantes, eso si, utilízannos

                         As Caixas en Galicia  estaban controladas polo PSOE e Feijoo,  que quere ter todo o poder;  quere quitarllas o PSOE, con elo vulnera o pacto entre PSOE e PP, que se repartiron o poder financeiro das caixas a nivel estatal, de  aí todo o lío.

13/02/2010 10:23 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

POLA PORTA TRASEIRA

20100215110129-57955-azagra.jpg

 

                      Co invento das Fundacións, e coa colaboración necesaria do bipartito, multitude de profesionais coláronse na estructura do SERGAS, sen superar proba selectiva algunha

                      E un feito, que o PP ven desacreditando as probas selectivas pra acceso o  emprego público; dende os estraños feitos,  das probas pros grupos C da Xunta, non deixan de agromar sospeitosas irregularidades. Que mais da  Deputacións ou Xunta, digamos PP.

                       Nas do Sergas tamén se deron casos de opositores vinculados co poder que acadaron os primeiros postos. Como  diría Cacharro Pardo, non é nada raro, debemos pensar que eses opositores están dotados dun compoñente xenético que os fai superiores ós demais opositores; raro  que estes xenes solo agromen cando é o PP o  que fai a selección.

                      Intimamente vinculado co apartado anterior é a privatización da Sanidade, onde  será un xeito de colocar xente do PP, sen  ningún requisito, pra que logo pasen ó SERGAS.

                      Cando a sanidade que privatiza o PP sexa un caos, chegaran os salvadores e incorporarán o tinglado ó SERGAS. Resultado: pagaremos dúas veces o tinglado; ó privatizar e o incorporalo ó SERGAS. O persoal que entrou pola porta de atrás será persoal fixo do SERGAS, o mesmo que os que fixeron unha oposición, mentres os que levan anos contratados seguiran co posto de traballo  no aire.

15/02/2010 11:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O DO ZAPATO

20100216103256-zapata.jpg

 

                    Beiras será recordado como “o do zapatazo”, no tempo da súa solitaria travesía, cando nunha intervención no Parlamento, sacou un zapato e, golpeando con el o atril, dixo: “chámanme anano e quérenme esmagar”. Cando, como diría Sabina, o Bloque era o Bloque, e tiña tres Deputados no Parlamento de Galicia, todo parecía mais auténtico, era unha política mais crible. Non pretendo que se volva a  un pasado testimonial; pero algo se perdeu no camiño; o carácter asambleario, verdadeira seña de identidade do Bloque, xa non é o que era. O Bloque está evolucionando cara un partido político clásico, desto teñen moita culpa a UPG,  que é quen manexa  a  organización. O electorado  ten un sentimento de pais, de xeito algún se identifica coa UPG.

                      Beiras véxoo mais partidario dun BNG mais asembleario e plural e, aínda que pode ter unha formación marxista, non é un comunista homologable coa UPG, o seu é un marxismo académico e pragmático.

16/02/2010 10:32 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

COMPARANZAS

20100217101540-reverencia.gif

 

 

                    Os bispos, que ven a palla en ollo alleo, pero no ven a viga no seo, escandalízanse do que cobran os parlamentarios; estes responderon iradamente como se os picara unha cobra; uns e outros son unha pesada carga nas costas dos traballadores. Hai un vello dito, que se di de alguén que vive ben: “vive coma un cura”, pero debíamos engadir: “vive como un parlamentario”. Din que cobran menos que os seus colegas europeos, pode. O  que tiñan que ver é que o salario mínimo español non  ten comparanza co alemán, ni coas prestacións sociais, comparemos por aí.

                      A propósito dos políticos, onde  hai que incluír, ademais dos que están  no parlamento do Estado, os das autonomías, deputacións  e concellos.

                     Pérez Reverte escribiu :

Van pavoneándose graves, importantes, seguros de su papel en los destinos de España, camino del coche o del restaurante donde seguirán trazando líneas maestras de la política nacional y periférica. No pocos salen arrogantes y sobrados como estrellas de la tele, con trajes a medida, zapatos caros y maneras afectadas de nuevos ricos. Oportunistas advenedizos que cada mañana se miran al espejo para comprobar que están despiertos y celebrar su buena suerte. Diputados, nada menos. Sin tener, algunos, el bachillerato. Ni haber trabajado en su vida.

Sigo caminando carrera de San Jerónimo abajo, y me pregunto qué está pasando. Hasta qué punto los años, la vida que llevé en otro tiempo, los libros que he leído,

el panorama actual, me hacen ver las cosas de modo tan siniestro. Tan agresivo

y pesimista. Por qué creo ver sólo gentuza cuando los miro, pese a saber que entre ellos hay gente perfectamente honorable.

Por qué, de admirar y respetar a quienes ocuparon esos mismos escaños hace veinte o treinta años, he pasado a despreciar de este modo a sus mediocres reyezuelos sucesores. Por qué unas cuant as docenas de analfabetos irresponsables y pagados de sí mismos, sin distinción de partido ni ideología, pueden amargarme en un instante,

de este modo, la tarde, el día, el país y la vida.

Por qué, de admirar y respetar a quienes ocuparon esos mismos escaños hace veinte o treinta años, he pasado a despreciar de este modo a sus mediocres reyezuelos sucesores. Por qué unas cuant as docenas de analfabetos irresponsables y pagados de sí mismos, sin distinción de partido ni ideología, pueden amargarme en un instante,

de este modo, la tarde, el día, el país y la vida.

Algún día, si tengo la cabeza lo bastante fría, les detallaré a ustedes cómo se lo montan. Cómo y dónde comen y a costa de quién. Cómo se reparten las dietas, los privilegios y los coches oficiales. Cómo organizan entre ellos, en comisiones y visitas institucionales que a nadie importan una mierda, descarados e inútiles viajes turísticos que pagan los contribuyentes. Cómo se han trajinado –ahí no hay discrepancias ideológicas– el privilegio de cobrar la máxima pensión pública de jubilación tras sólo 7 años en el escaño, frente a los 35 de trabajo honrado que necesita un ciudadano común. Cómo quienes llegan a ministros tendrán, al jubilarse, sólidas pensiones compatibles con cualquier trabajo público o privado, pensiones vitalicias cuando lleguen a la edad de jubilación forzosa, e indemnizaciones mensuales del 100% de su salario al cesar en el cargo, cobradas completas y sin hacer cola en ventanillas, desde el primer día

17/02/2010 10:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ACTUALIDADE

20100218105114-libertad.jpg

 

 

               Xa fai anos que Franco nos deixou; foi un longo e negro período da nosa historia, do que non nos damos librado.Velaí o que lle pasa o xuíz Garzón, encausado polo tema  das fosas comúns do Franquismo; Os represores  xa morreron, na maioría, pero o franquismo vive. A imaxe que estamos dando no mundo é penosa, pero eso a esta xente non lle importa. Non está tipificado como delito de amparo do cruel réxime franquista e dos co ensalzan.

               A historia non cura as feridas, e a verdade faise esquiva; de aí que os investigadores non teñan doado reconstruí-lo pasado porque, ademais da época escura, o acceso ós documentos necesarios eran un camiño de obstáculos; é como si o pasado recente se escondera tras un belo.

               Todo o que está a pasar fainos pensar que a democracia española é unha democracia limitada. Seguiremos vivindo nunha democracia aparente; poderemos xogar á democracia, haberá quen, en nome dela, cometa excesos; poderémonos crer todo, pero nunca deberemos tocar certos temas; os herdeiros do franquismo vixíannos.

18/02/2010 10:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A GOLPE DE ENQUISA

20100219105844-audissssss.jpg

 

              Feijoo debátese entre segui-las enquisas e gobernar a golpe de enquisa, ou segui-lo seu mesiánico programa de aniquilamento. Xa son moitas horas de gobernar, e non vivi-la historia de cu e en permanente campaña electoral. Incluso, a estas alturas, segue votándolle a culpa da incapacidade do seu goberno o bipartito; se non subasta mais obra pública a culpa vótalla ó bipartito, aínda que non se esquece de Zapatero. A publicación dunha enquisa de intención de voto, segundo a que incrementa a súa cota de deputados en dous, a costa do PSOE, faime reflexionar, e admitir que é mais práctica a boa publicidade, que os feitos.

             Sigo con moito intres todo o que di Beiras; pra min é un dos políticos mais importantes que ten Galicia; destacou na dictadura e, especialmente, na etapa democrática. Culto, que vai coa verdade por diante, aínda que dici-la verdade, moitas veces, lle ocasione problemas, porque non é o mais convinte politicamente; vemos tódolos días a políticos oportunistas e superficiais, mediocres personaxes, que din o que a xente quere oír.  Beiras une a súa especial maneira de ser a de profesor universitario e erudito.

             Estas son palabras súas:(de Beiras)

            “Non hai Goberno. Sería un autoinsulto como cidadáns galegos dicir que hai un Goberno. Non existe, por primeira vez na historia da autonomía temos unha cousa que non é merecente de ser chamada Goberno. Só existe unha brigada de demolicións e de limpeza étnica. Ademais, non teñen lexitimación. Chegaron ao poder botando lixo por todas partes, intoxicando e creando unha campaña na que no se pararon en barras. Logo, aínda por riba, gañaron polos pelos. Se o bipartito conseguise fidelizar máis aos sectores pequenos, quizais non tan relevantes, pero máis conspicuamente comprometidos co proxecto político e non houbera a gran cantidade de votos brancos e nulos que houbo, o PP non gañaba as eleccións. Gañounas e leva un ano sen facer nada, o único que fai é destruír e violentar a seguridade xurídica. Cando se fai un concurso como foi o dos eólicos, que a pesar do que se diga se fixo cumprindo todas as normas e con cidadáns e con empresas que reciben unhas adxudicacións, ti non podes vir e cargarte o concurso porque queiras. O mesmo, aínda que en menor escala, pasou co Parador de Muxía. Non se lle pode chamar Goberno a iso, a non ser que pensemos que estamos gobernados por un grupo que vai en contra dos intereses da cidadanía. Están gobernando contra os cidadáns e, en especial, contra os cidadáns do común. A min non me oiredes nunca chamarlle Goberno ao que está en San Caetano”.

19/02/2010 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

HEROES DE ONTE

20100220101605-etica.jpg

                En pleno réxime franquista, un grupo de militares, que se autodenominaban UMD, apostou pola democracia, foron encarcerados e expulsados do exercito. Da vergoña que aínda hoxe, se lles recoñeza. A ministra de Defensa condecorounos, pero eso evidencia o mal e o tarde que lle pagamos os heroes, o pouco agradecida que é esta sociedade.

                Hai que recoñecer que o que fixeron, onde o fixeron e no momento en que o fixeron da fe do valor que tiñan, non daban vítores ó dictador, promovían nos cuarteis o desexo de democracia.

                Aqueles militares foron humillados por falar de democracia, o mesmo que lle pasa hoxe ó xuíz Garzón; mentres os políticos enchen os seus bandullos e solo se preocupan do pesebre. Estou cabreado  porque nade move un dedo por Garzón e pasaran anos, o mesmo que os militares de Unión Militar Democrática, hasta que alguén recoñeza o seu labor.

                 Haberá quen considere que as actuacións de Garzón son prepotentes e extravagantes, pero eso podía resolvelo internamente o Poder Xudicial, pero nunca admiti-la querela que da lugar ó proceso, sobre de todo, tendo en contra quen a inicia. Ó final vai ser que a neta de Negrín ten razón.

20/02/2010 10:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VILANS DE HOXE

20100222103833-charlesmontgomeryburns.jpg

 

 

                   Como contrapunto ós heroes de onte, temos os viláns de hoxe. Non é doado facer unha lista nominal de viláns; tanto porque algún quedaría no tinteiro, e tamén porque podíamos incluír na lista personaxes que non teñen cabida nela. Así que imos a denomina-la listaxe como persoas con conducta impropia; como non, o primeiro podía ser Ruiz Miranda, voceiro e nº 3 do PP, acusárono de cobrar indebidamente 26.000 euros en dietas, el quitoulle importancia o asunto; pra min tena, non os gano tódolos días pero. Despois de dar pasos adiante, pasos atrás, implora-la axuda da prensa mercada e intentar facer un escape pra  saca-lo asunto do debate; o PP presiona a Mirinda pra que aclare o das dietas, pero arróupano e mantéñeno como activo importante, pra que non arme unha lea.

                   Quén  dixo que do lixo non se pode sacar mais que lixo, altos executivos do complexo de Cerceda, cesados polo goberno anterior, repostos por Feijoo, dispoñen agora de coches do mesmo nivel que os conselleiros, ademais de outras prebendiñas; !viva a austeridade!

                   O Conselleiro de Educación foi apadriñado e proposto por Baltar, logo pagoullo traballando pola candidatura oficialista, chegando incluso a ameazar ós compromisarios. Baltar xa lle reprochou a postura en contra do galego, pero esto das eleccións xa foi a gota que colmo o vaso, e Balar xa o tren vetado.

                   Rueda, con pouca barba, pero moi chulo, votou toda a semán ameazando a Madrid polo asunto das Caixas de Aforros; despois de ter unha entrevista entre el e a Conselleira de Facenda, cun mando de segundo nivel do goberno central, sen sequera ser recibidos por un Ministro, volveu pra Santiago co rabo entre as pernas e non solo van a reforma-la lei de caixas aprobada, senón que foi advertido de que non se metera con Caixa Nova. Sinto vergonza allea.

                   Intento ver mais aló da cara do Conselleiro de Educación pra ver que descubro no seo interior, pero a careta que ten impídeme ver o que o personaxe esconde. De tódolos xeitos é un personaxe que produce hilaridade.

                   Hai mais, xa lles iremos dando aire.

22/02/2010 10:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SER E PARECELO

20100223110929-charlesmontgomeryburns.jpg

 

                  Non solo hai que ser honrado, tamén hai que parecelo. Ruiz Miranda declarou que non pensa reintegra-los custos de viaxe, a  menos que llos reclame o Parlamento. Xa non fai falta mais; toda a literatura sobra, o personaxe definiuse así mesmo.

                    O Presidente lanza unha inintilexible recomendación, sen contido e sen destinatario certo; ós Grupos Parlamentarios semellan escandalizarse; unha hipocrisía colectiva; todo  se oculta, todos son cómplices, hai moito que agochar. Namentres o PPg acende o ventilador pra espallar merda por tódolos recunchos, esperando así esconde-las súas falcatruadas.. 

                    Os que vemos os acontecementos dende o outro lado vémonos na tentación de simplificar e meter a todos no mesmo saco; certo que se creou unha caste social, cunhas varas de medir distintas dos demais cidadáns, pero tamén temos que admitir que non todos son Mirandas.

                      A mesa do Parlamento tiña que poñer orde no caos económico da casa pra  evitalo  descrédito da Institución, pero nada se move, e cada vez vaise  facer mais difícil e crible limpalo lixo.

                    O PP quixo poñer en marcha o ventilador pra espallar o lixo dos Mirindas, e directamente acusou á Deputada socialista Mar Barcón de cobrar dietas coma Ruiz Miranda; tivo que demostrar, esa deputada, a falsidade das acusacións. Nade lle pediu perdón, sería o mesmo, porque o dano esta feito.

                      O Conselleiro de cultura adxudícalle, creo que por seis millos de euros, o plan de medios do Xacobeo o que foi voceiro de Aznar, Miguel Angel Rodrígez. Non foi a sociedade mais valorada na preselección, pero conta co apio da FAES, todo queda na casa. E á vista do procedemento non foi o mais honrado, nin o mais ético, pero nin sequera se quixeron garda-las aparencias, e os medios publicitarios galegos a rañala: pra eso estamos gobernados por un goberno de ocupación.

                         Aznar pode que sexa educado, eu teño as miñas dúbidas, e a peineta que lles fixo ós que o increpaban en Oviedo despexa  toda dúbida, así que non solo non o é, senón que nin garda as aparencias.     

23/02/2010 11:09 mmarcos #. sin tema Hay 7 comentarios.

UNHA BAIXADA DE PANTALONS

 

                 O mellor ata o venden como un triunfo, pero despois de escoita-las bravuconadas de Rueda, admiti-la reforma da Lei de Caixas no límite que diga Madrid, faise como se o goberno nos conducira por un camiño de insospeitadas trabas, que se salvaran día a día, ou que nos estrelaremos contra delas. non podía ser de outro xeito, cando a división do poder financeiro se pactou en Madrid; solo foi, esta lea polo engreimeno de Feijoo.

                   Neste trato de compravenda do pais, a alguén lle baixaron os pantalóns, sen convidalo, a venda, e deixándoo co cu o aire. Blanco non terá mans que estreitar. Se o votar con Feijoo xa foi malo, porque solo é cuestión de tempo en que che faga perde-la virxindade e arrastre a túa honra polo chan, a mestura con  certos personaxe evidencia unha inxenuidade impropia dun político.

24/02/2010 11:21 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

GURTEL Á GALEGA

20100225100516-grtel-2.jpg

GURTEL A GALEGA

 

                       Era visto que coa chegada de Feijoo, Galicia tiña que destacar, e vaia se destaca. A promesa  de reducilo desemprego hai que ver como a cumpriu, incrementando o paro, neste ano de goberno, nun 20%. Os logros e fracasos da Conselleira son seus. Comprendo que Feijoo non é libre pra nomear e cesar  a membros do goberno; porque ten detrás o  grupo que o vixía e lle marca a política a seguir. A  Conselleira de Traballo pode parecer unha inepta, o mellor éo, pero é indubidable que presta un gran servicio, repartindo a Consellería pra que os amigos do goberno de Feijoo fagan negocios, é por eso, a pesar da súa notoria ineficacia polo que está aí, os favores hai que pagalos.

                         A operación RETABLO destapa un caso especifico de corrupción da actual Xunta, pero como non é o primeiro, nin será o último, contentémonos, pois, cos mitins triunfais de Feijoo, e marabillémonos do ramallo de promesas que nos ceiba, do que prometeu e non fixo, de como sigue a dividi-la sociedade galega; vivamos no esterco das corruptelas, xa sexa Miranda, Cerceda, Parque Móbil, oposicións, eólico, retablo, comedores escolares, Consorcio, Xacobeo, e un longo etc.

25/02/2010 10:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COMO O GATO BARRIGA ARRIBA

20100227101757-670805gato1.jpg

 

 

                 Rodríguez Miranda defendese como o gato barriga arriba. De dimitir nada; ve lícito mentir, falsear, defraudar, e todo aquilo polo que o común das persoas terminarían na cadea. Pra mellor defenderse, coa axuda do partido, puxo en marcha o ventilador pra esparexer lixo sobre os deputados dos outros grupos, demostrándose que solo son inventos do PP, pero o dano, aínda que sexa mentira, xa está feito, pero o Mirinda como non lle apliquen un mucólítico non se vai.

                  Un Deputado do PP por Lugo, Agustín Baamonde, tamén pringado coas dietas, di que se debe facer unha interpretación lasa das axudas a custos de viaxe; supoño que quere dicir que ós parlamentarios están por encima da Lei e desas cousas dos mortais, e debían poder cobrar dietas sen condicionamentos, á marxe de normas e regulamentos, enredos pras súas Señorías.

                  Como non, Feijoo saíu en defensa de Ruiz Miranda, unha vez mais, ni el mesmo o cree, avogou pola honestidade do seu goberno, el mesmo non está no caso dos fraudes, pero como di aquela sentencia: cando se dan explicacións sen pedilas, un mesmo se está acusando.

                   Miranda, ou Mirinda, declarou que non pensaba reintegrar o indebidamente cobrado, alguén o debeu convencer de que era mellor, polo seu ben e o do partido, que o fixera voluntariamente, a cambio sementarían toda clase de acusacións contra de deputados da oposición, pero o que mais lle doeu a Mirinda é ter que devolve-los cartos, !co lle custou gañalos!

                 En Irlanda reintegran os cartos, en Inglaterra, por menos, están no xulgado, pero a Mirinda haberá que darlle no cádavo pra que devolva o que indebidamente, e con engano, cobrou. Mirinda pode estar tranquilo, pertence a unha clase social con licencia pra facer o que lle peta; nin a Fiscalía, ni a presidenta do Parlamento entran no tema.

                 No Parlamento de Valencia, tanto Rita Barberá como Camps, asombran coas súas declaracións da renda. A obxección fiscal dos contribuíntes sería normal, a Inspección Fiscal non funciona, aínda que será nalgúns casos, claro.

                 Chungo o do deputado de NG do PP, que foi sorprendido conducindo borracho cando eran un dos membros da Comisión de Seguridade Vial; con todo, no seu haber ten que presentou a dimisión na Comisión, non como deputado.

                  Co que vemos, non é raro o distanciamento dos cidadáns da política, e aínda teñen cara a pedirnos compromiso e   sacrificio.

 

26/02/2010 10:25 mmarcos #. sin tema Hay 6 comentarios.

XA ESTAMOS EN CAMPAÑA

20100227110854-burro60.jpg

 

                      Chámanlle precampaña, e dicir, que a campaña virá despois, !cantos rebuznos nos     agardan!. Esto é face-las cousas con tempo, falta mais de un ano e medio pras eleccións, e xa teremos que escoitar novas promesas cando non se fixo nada do prometido, agás a deconstrucción do pais.

                       A esta xente temos que recoñecerlles un valor, pra eles non existen límites morais, nin recoñecen erros, nin fracasos, por eso iniciaron a súa longa precampaña en Allariz, concello no que Miranda está na oposición, unha oposición, na que o PP leva 20 anos.

                       O PP xa ten decidido cales serán os seus candidatos nas principais cidades, é unha lista de personaxes, dos que sobresae Negreira na Coruña e Telmo en Pontevedra, aínda que este último ten tantos intereses urbanísticos na cidade do Lérez que prefire estar agochado, manexar e facer negocio; Conde Roa e Corina parecen fixos nas listas, pero é significativa a incógnita de Ourense onde hai que contar con Baltar.

                       O Goberno de Feijoo recibe ós candidatos do PP como si xa foran alcaldes, mentres ningunea ós titulares das alcaldías, eso demostra que o goberno da Xunta non ten, sequera, aparencia de ética, nin vergoña.

                       !O que nos queda!; esto non debía estar permitido, !menudo costo de campaña!. tooooooma austeridade.

                        Quédame unha dúbida, ¿prestaralles Citroën un coche pra campaña, a cada candidato do PP, como fixo con Feijoo?

27/02/2010 11:09 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris