Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2010.

¿MAIS POBRES?

20100701105704-chaac.jpg

 

        O PSOE ten un problema con Zapatero, non so vive de costas o mundo, alleo ós problemas reais. Pra min vive nun mundo de fantasía e é incapaz de dar solucións a algo que se nega a recoñece-la súa  existencia.

        As decisións que adopta son froito de presións externas, e sempre en prexuízo dos mais febles, porque lle falta valor pra traslada-las medidas fiscais ós mais ricos.

        Os organismos internacionais non lle poden servir de escusa; porque non lle dixeron que sector da poboación tiña que paga-la factura.

        Nade dubida de que Zapatero é merecente do título do peor presidente da democracia.

        Dende hoxe, os pobres son aínda mais pobres, o incremento do IVE, cos tramos xa existentes, fai que os que menos teñen teñan que paga-los desatinos da súa incompetencia. Non lle deu por introducir un tramo novo de IVE pra gravar productos de luxo. O seu é foder ós fodidos. Mal imos e mal vai.

01/07/2010 10:57 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

20100702104023-austeridad-1.jpg

          Alberte, o austero, o que ía a arranxalos despilfarros en tres meses, descúbrase como o meirande fraude da democracia. Como home recto, adxudicoulle os contratos, sen publicidade, pra varios proxectos informáticos a una sobriña de Romay Becaría, seu padriño político. As necesidades do contrato, ó revés do normal, xurdiron dos contratos.  Anulou varios cotratos adxudicados en firme, indemnizou os beneficiarios e adxudicounos, por adxudicación directa a supostos patrozinadores da súa campaña. El, e o seu goberno íanse mover por Galicia  en transporte público, pero xa vemos a forma austera de xestionar o parque móbil, renovando a flota con modelos  de alta gama e adxudicando contratos de aluguer de vehículos a empresas creadas solo con ese fin. Lonxe de adelgaza-la Administración; consolida os chiringuitos,  creas as Superdelegacións da Xunta, co único obxectivo de te-lo  control político. Pra  presentar esta  reforma como un aforro di que suprime ás Delegacións Provinciais das Consellerías. O que fai, é simplemente mudarlles o nome, pasando a chamarlles Servicios Territoriais, equiparándoos a Subdirectores Xerais e incrementándolles o soldo en 300  euros,  Seguiremos.

02/07/2010 10:40 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ENQUISA

20100702204738-2009-12-14-1606.jpg

  Hai unha enquisa colgada, coa que remataremos o ciclo

02/07/2010 20:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FEIJOO O AUSTERO POSTRADO

20100703111315-bbl1034-p112.jpg

          Si xa non nos collen de sorpresa as machadas de Alberte, o austero. Cansa asistir impotentes os asaltos ó Tesouro da autonomía. Estou seguro que pensa que a caixa dos cartos da Xunta é súa, e que lles pode repartir ós seus o diñeiro de todos.

         Mais que facer unha relación das feitorías, que son moitas, pregúntome de si os electores son conscientes, e por  tanto, cómplices destas maneiras de gobernarnos.           

         Non se conforma Feijoo con repartir diñeiro ós seus, como no caso da estrada do norte, ou dos muíños de vento, tamén pensa en si mesmo e promociónase por España adiante á conta nosa.

          Estou asombrado do que soporta o pais. Cada vez convénzome mais de que o único importante dun goberno é saber vender ben a burra. Un bo servicio de propaganda fai ver dereito o camiño mais torto.

          Canto falou  da sala de consellos, do luxo das cadeiras, quizá tiña razón, pero a que tiña perdeuna usándoa e mercando as da cidade da incultura.

          Feijoo é  consciente da influencia da propaganda, a alguén recordaralle os tempos da guerra civil e o mais duro do franquismo Feijoo, ademais do goteo de subvencións puntuais a algúns medios, ten previsto iniciar unha campaña publicitaria de mil millóns das antigas pesetas. Menos austeridade, eso pode ser un xeito de despilfarro e alienación, inaudito.

03/07/2010 11:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TERRORISMO NO MAR

20100705111257-dinamita.jpg

 

 

              Cun,  -xa era hora-,  non  chega. Penso que a vaga de detencións polo uso de dinamita no mar, ofrécenos un panorama de amoralidade na pesca, que lixa a todo o sector.          

              O propios policiais de pesca e pescadores son cómplices.

              A destrucción sistemática de tódolos seres vivos, os danos ecolóxicos, empregando explosivos, non os diferencia o mais mínimo de outro tipo de terrorismo.

              A Ministra do ramo quitoulle importancia ó asunto. Unha cousa moi puntual

              Asómbrame que se consiga tan fácil a dinamita, que non haxa un procedemento penal, que estes elementos volvan ó mar e que lles dean a liberdade baixo una pequena fianza, que non garda relación co lucro obtido e co dano producido.

imeiro que se nos ocorre pensar, cómo unha práctica tan estendida, que non era oculta, nade lle puxo coto. Tanto as autoridades

05/07/2010 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MENUDA TROLADA

20100706104545-pp-troleiros-morre-xa-20k.jpg

           Mmanipulados pola Xunta, coa Telegaita á cabeza, enchéronse de repetir que o TC desestimara parte do recurso enuda trola que montaron os feijonianos coa Lei de Caixas. Os medios de comunicación interposto contra da Lei de Caixas. Pois ben, non houbo aínda sentencia, e polo tanto  non hai nada decido.

           O que realmente ocurreu, é que a suspensión cautelar dos artigos ós que alude, era por un período de tempo e agora declarase cumprido o prazo de suspensión, pero o procedemento sigue.

           Hai mais, o preacordo de fusión das caixas, autorizado pola Xunta, está en contradicción coa Lei de Caixas aprobada pola Xunta. Entre outras cousas Gayoso tería que xubilarse. Que expliquen a viaxe que ían facer coa Lei, ou pra que querían esas alforxas.

           Faría ben Feijoo en  reforma-la Lei de Caixas, antes de que a calquera cidadán lle dea por interpoñer un recurso contra da fusión. Aínda que, o mellor, eso é o que pretende Feijoo.

           A desinformación que deron do recurso contra da Lei de Caixas di a consideración na que nos teñen.

06/07/2010 10:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O ARIETE DE MADRID

20100707103330-ariete.jpg

           Feijoo, seguindo ordes de Xénova, retirouse na pasada lexislatura da Comisión de reforma do Estatuto. Daquela argumentaba cuestións insubstanciais pra retirarse, rematando por atopa-la oportunidade de rompe-la baralla cun suposto desacordo co texto proposto. Si un desacordo é motivo de face-la espantada, xa podemos dar por rotas as negociacións porque o que Alberte propón, seguindo ordes de Xénova, é unha adhesión, así que se repetirá a historia.

         O que o PP pretende é co Estatuto Galego sexa ó límite pra outras reformas que poidan xurdir. Un tapón. De aí ese repentino intres de Feijoo polo Estatuto.

07/07/2010 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CUESTIONADA

20100708111254-092007-guardando-la-c3-a9tica-en-el-armario.jpg

 

          Unha causa é prometer, e outra distinta facer. Os indicadores económicos de Galicia van peor do esperado. Non se poden tapa-las carencias, nin as falcatruadas dando xenerosas subvencións a medios pra que conten a  historia a xeito do protagonista. Certo é que, unha axeitada desinformación contribúe a formar un estado de opinión, que nos pode inducir a pensar que estamos no paraíso.

          Cando imos camiño do ecuador temos mas que dereito a saber toda a verdade sobre os éxitos e as miserias do goberno autonómico. Non me refiro a problemas de cotilleo, sobre cousas do corazón  dos conselleir@s. Moitos pregúntanse pola suposta noiva de Feijoo, qué había de realidade naquela relación, pero eso carece de importancia.

          O realmente importante é saber que pasa co paro. Non se pode dar por bo uns contratos feitos o abeiro dun acontecemento puntual  e dunha estacionalidade. Feijoo, nunha entrevista gabouse de que a destrucción de emprego diminuíra , xa non seguía  ó ritmo do que o facía co bipartito. Pensemos que a lixeira mellora é estacional, os contratos, na case totalidade foron provisionais, como no resto de España, polo que hai que ser mais realista. Incluso, chegará o momento en que se arranxe o do paro, por falta de material. Pouco nos importa o goberno pasado, non queremos camiñar de  cu, queremos ir pro  futuro de fronte e con ilusión.

08/07/2010 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A MEDIAS

20100709100240-586-img737124-1415649.jpg

      Na xunta votaron contas, e cada galego terá que pagar 520 euros o ano de impostos,  debido á subida do IVE. O xeito de face-las cousas e baixando os impostos como fixo a Xunta. En parte estou de acordo. Nembargantes votei contas e non sei donde sacaron eso dos 520. Demagoxia. Non é momento de demagogos, é momento de xente responsable.

      Zapatero  foi un irresponsable. O dos catrocentos euros, o do cheque  bebe supuxo o cese do entón Ministro de Facenda, porque non quería ser cómplice da desfeita de gastar o que non había, pero Feijoo deunos unha lección coa súa receta: baixa-los impostos pra compra da segunda vivenda, favorece-los mais ricos. Os mileuristas mal poden mercar unha vivenda, menos unha segunda, hai que axudar ós ricos, os pobres non merece a pena axuda-los, votaran o que lles manden.

      É doado ser demagogo posicionándose contra a subida de impostos, porque se pagan por imposición, non por vontade. Así que solo estou de acordo con Alberto, o austero, en que esto da suba do IVE  non é a solución, polo menos a única, nin a mais xusta.

      O colmo da demagoxia é esa baixada de impostos da que se gaba Feijoo; baixada simbólica pra segunda vivenda.¿ Poden os pobres mercar unha segunda vivenda?. ¿intentan volver a inchar a burbulla urbanística?. ¿Hai Intereses de promotores?. Seguro que de todo.

 

09/07/2010 10:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A MESMA BARALLA

20100710112925-album-299x300.jpg

            Prece que no xogamos todos coa mesma baralla. O Presidente da Comunidade Murciana, do PP, dixo que en Murcia non se aplicaría a Lei do Aborto; o PSOE, con razón queríano queimar na fogueira dos infieis por negarse a aplicar unha Lei.

            Montilla tamén fai o mesmo e promove unha manifestación, contra do que consideran unha aldraxe a Cataluña. A apropiación de Cataluña, como facía Puyol, e da bandeira catalana, tráenos unha lembranza do extremismo españolista. Conclusión os extremos son iguais.  

            No caso de Montilla nade do PSOE dixo nada. Debe ser que xogan con distinta baralla.

            Solo neste pais de pandeireta os representantes públicos se permiten publicitar estas actitudes contra dunha Lei.. Si non se toman medidas drásticas esto vaise a desmadrar; seguindo estes exemplos, cando unha lei non nos guste, non a cumpriremos.

            Os cargos públicos que boicoteen a aplicación das leises deben ser inhabilitados; o cal sería de aplicación a casos de cargos públicos que, sen manifesta-lo, obstaculicen a aplicación dunha lei.

 

10/07/2010 11:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS ESNQUISAS

20100712104336-pobre.jpg

            Das enquisas dos políticos que se fixeron ó longo do pasado mes e do presente, dedúcese a escasa aceptación dos políticos que dirixen os partidos actualmente. .

          No PP, Rodrigo Rato é o que goza da mellor aceptación; mentres que no PSOE é Bono o preferido. Así visto, da a impresión de que a xente quere políticos de solvencia recoñocida. Estimo que ós participantes lle lo puxen difícil, especialmente no PSOE. Tratábase de valorar ós políticos actuais, non de descubrir outros candidatos que non estean en cartel. No PSOE quixen poñer a Manuel Marín, pero era un personaxe do pasado.

         Ademais do pouco entusiasmo que suscitan os equipos directivos, pra min hai algo salientable, o divorcio que produce o actual sistema electoral, que nos obriga a que optemos polos partidos nun bloque monolítico, sen posibilidade de escoller ás persoas, co cal  os profesionais da política, trepadores e elementos de diverso pelaxe atopan acubillo nas listas pechadas.

         A nivel galego sorprende e destaca a figura de Teresa Táboas. Recoñezo que foi unha boa Conselleira do bipartito. É unha política atípica, que se separa da imaxe de político demagogo e trepador, que optou sempre pola eficacia, trasladando a súa experiencia e coñecementos da actividade privada ó sector público. Cando a puxen na lista non pensei que acadara o apoio da enquisa.

         Na selección de mellor candidato á Xunta foi unha segunda volta, tal como se concibe nos sistemas electorais que a teñen; os que votaron os distintos candidatos do  BNG  e do PSOE, e segunda vota optaron por Teresa Taboas. Como dicía Shakespeare: algo cheira a podrido Sospeitoso, moi sospeitoso; a votación da dereita concentrouse en Feijoo. Na segunda volta medraron os seus partidarios sospeitosamente. Nin non simple Blog estamos libres das pezuñas escuras.

         O contador non funciona ben; terá que seguir así hasta o vindeiro mes.

12/07/2010 10:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CHEIRO A XOFRE

20100713112233-022-mar-20-franco.gif

             Con ameazas, como é  típico neles, os xunteiros suprimiron o Consorcio. Como tiña que acordarse pola maioría dos membros do Consorcio, amenizouno ós concellos, e todos foron baixando a orella, acordando a disolución do Consorcio.

            O argumento definitivo pra que os alcaldes apoiaran a decisión da Xunta foi a posibilidade de que os alcaldes decidan a  quen contratar  pros Centros. Non se pretendía unha racionalización dos servicios de asistencia, como dicía o PP; senón a obsesión da Xunta por borrar todo o que fixo o goberno anterior. Non reparou en contradicirse e desorganiza-lo Consorcio, converténdoo nun reino de Taifas, no que cada Alcalde  reinará.    

             A obsesión co cheiro a xofre e a propensión natural do PP a gobernar caciquilmente, lévanos a este viaxe.

             A outra compoñente foi a distribución de fondos dende a Xunta; así, algúns   concellos reciben pra emprego vinte veces mais que outros. Nun bo goberno os fondos distribuiríanse en proporción ó número de parados; pois non, a color foi mais determinante. Sen comentarios que engadir.

 

       

13/07/2010 11:26 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

NON É TRIGO LIMPO

          O Delegado da Consellería de Infraestructuras en Pontevedra non é, precisamente, un exemplo de limpeza; é a antíteses da austeridade que vendeu Feijoo.

           O mellor alguén aínda non se enteara, pero a posta en papel de periódico deste político, revela un feito de sobra coñecido, pero moi manipulado; as Consellerías seguen tendo Delegados Provinciais. O aforro de Feijoo consistiu en cambiarlles o nome, conseguintemente a rotulación e papelería, e subirlles as retribucións.

           O señor en cuestión conta co apoio de Louzao; con eso basta pra retratado, mellor que a situación. particular; de feito, oín falar de xente con ostentosas residencias, con discoteca particular incluída e o que os xulgan é pola súa vida privada. Como político, o tribunal principal é a voz do pobo. Non importa como estea o  medio ambiente, a vivenda ou as infraestructuras. O pobo falou. s político o seu e os votantes que se amolen.

              

14/07/2010 11:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COMIDA DE TIBURONS

20100715113716-bs06e05-2001non-privatizacion-caixa-galiza590.jpg

                         

           O concepto que temos das caixas de aforros desaparece coa nova Lei de Caixas. Agora van a ser unhas  entidades financeiras que xa non se diferenciaran dos tradicionais bancos. Os intereses dos bancos apoiados por uns partidos políticos dependentes financeiramente deles, acaba cunha competencia que supoñía mais o 50% do mercado. Xa non haberá aquela identificación co territorio  que tiñan as caixas na súa orixe.

           Non solo se abre a posibilidade de que o capital privado entre nas caixas. Os bancos poderán xestionar caixas, o que é o mesmo, poderán ter caixas como marca comercial, que o mesmo tempo serían Fundacións pra escamotear impostos.

           Dise, como un gran avance, que os políticos con cargos non poderán formar parte dos consellos de administración. Moitos entenderan que se despolitizan os consellos; nada deso, serán os Consellos un  destino moi guloso pros políticos.

             A concentración das caixas galegas solo será un alto no camiño, foi, como os porcos, engordar pra morrer.

 

15/07/2010 11:42 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

GONDOMAR, ESA TERRA

20100716113415-megatronhead2.jpg

 

             Os socialistas piden que se interveña a gobernación local de Gondomar. Dan como razón determinante a vulneración constante da legalidade. A legalidade vulnerouse dende o momento da moción de censura; naquela acción, si ben foi promocionada  dende o PP provincial e dende a Xunta, o PSOE no pode agora pretender facerse alleo a aqueles feitos, cando no seu momento foron partícipes da acción. Quizá se deron conta agora da criatura que axudaron a crear, pero non poden renegar agora da responsabilidade na que incorreron.

             Non sei cando os políticos van a ser mais responsables. Comprendo a acción de Louzao, porque  de Gondomar parece ser que se proporcionaron medios pra   campaña do PP en Sudamérica, pero o PSOE ten que fiar mais fino, si ten algunha pretensión de poder.

             O caso Gondomar o PP non o admite como transfuguismo especialmente en materia urbanística, Xunta e Deputación dan cobertura.

             O concello de Gondomar debe ser moi valioso pro PP; o propio Rueda terciou cargando contra do PSOE e defendendo a impoluta corporación municipal, Os membros do goberno municipal, respaldados polo primo zumosol, votan peito,  e desafían a deputada socialista.           

16/07/2010 11:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

!CANTA MERDA!

20100717091555-merda-dartista.jpg

 

         Cada vez que escoito un comentario sobre probas selectivas celebradas pola Xunta, a miña úlcera medra.

          No é normal a cantidade de irregularidades nas probas selectivas; poñen en evidencia a nula limpeza do proceso selectivo. É unha novidade a postura escapista do   goberno, empeñado en desvia-la atención e esconde-las irregularidades.

          Póñome no lugar dos opositores e danme escalofríos. Non  se pode pasar polo que moitos están pasando, logo de estarse comendo as uñas e quedando sen pestanas, e ver que outros aproban sen despeitearse.

          O Director da Función Pública pasará ós museos  das persoas malvadas, pero non é mais que un home de Negreira e  fai o que lle ordenan. Non fai moito, cando Feijoo e Negreira, compañeiros inseparables, eran meritorios, interinos que xurdiron das agarimosas  e protectoras mas do Opus. Sen aparente esforzo, desembarcaron no grupo A da Xunta. Pode que eles sacaran a praza co seu esforzo, eso debíalles valer pra coidar moito os procesos selectivos.

          Non entendo o obxecto de ocultar a sentencia que ordena repeti-la oposición de Inspectores de Turismo. De certo, lévanos a somerxernos no pozo negro das oposicións da Xunta e intentar adiviñar, por qué a Xunta oculta as sentencias e non fai nada. Pode ser que tema unha cascada de sentencias desfavorables se fai  pública esta, ou unha caída da careta que esconde as facianas da corrupción.

17/07/2010 09:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NUNCA RETROCEDER

20100719102736-1214899753214-y291c2fzigrhihzpzgegy29waweuslbh-240x291-100q.jpg

 

       Eso é o que debeu que pensar o Conselleiro de Infraestructuras.

      Os Alcalde da Costa da Morte acudiron, coa pucha na man, a rendirlle pleitesía ó Conselleiro de Infraestructuras, e depaso, sen ofender, preguntarlle pola vía rápida da Costa da Morte. O Conselleiro non evitou a pregunta, e claramente lles respondeu, que a culpa era do bipartido. Dende logo, non lles dixo que eles anularan o proxecto, que rescindiran o contrato á empresa adxudicaltaria e a proxectaron con un sobrecusto de 400 millóns de euros, retrasando a realización da obra.

19/07/2010 10:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿QUEDOUVOS ALGO CLARO?

20100720103610-palestinian-terrorist.jpg

      O  debate do estado da nación non aclarou nada sobre as solucións co pais necesita. Xa debíamos saber, por experiencias anteriores, que nada claro se  saca destas actuacións; nembargantes quedounos claro unha cousa; tanto Zapatero como Rajoy non espertan ningunha esperanza de futuro. A min o debate non me aclarou nada que xa non soupera.

       Competiron pra  ver quen era o peor.

 

           

20/07/2010 10:36 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

PRIVILEXIOS

20100721103905-airport-control-tower-and-united-b747.jpg

 

         Os sufridos currantes, que se desloman todo ano pra ter dereito a unhas cortas vacacións, non contan que uns prvilixiados lles estropeen eses dias tan duramente gañados.

         É escandaloso que un colectivo laboral teña de xionllos ó estado, pero si a eso lle engadimos o apoio do PP, aínda ficamos mais sorprendidos.

         Será por que o PP venlle de casta apoiar ós privilixiados, amén pode ser un acto de revancha hacia o Ministro de Fomento, por chamarlle vago a Rajoy, polo asentismo parlamentario.

         Sexa cal sexa a razón, debía de haber mais responsabilidad e poñerlle freo, entre todos, ós controladores.

          A min no solo me parece ben que voten man dos militares pra garantizar o funcionamento do servicio; debían aproveitar pra poñer orde e expulsar a eses elementos, como fixeron no Estados Unidos cando despideron a oito mil controladores. Si o PP quere facer pais xa sabe o que ten que facer, senón que siga conspirando cos controladores.

 .  

          

21/07/2010 10:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PRIVILEXIOS

20100721103905-airport-control-tower-and-united-b747.jpg

 

         Os sufridos currantes, que se desloman todo ano pra ter dereito a unhas cortas vacacións, non contan que uns prvilixiados lles estropeen eses dias tan duramente gañados.

         É escandaloso que un colectivo laboral teña de xionllos ó estado, pero si a eso lle engadimos o apoio do PP, aínda ficamos mais sorprendidos.

         Será por que o PP venlle de casta apoiar ós privilixiados, amén pode ser un acto de revancha hacia o Ministro de Fomento, por chamarlle vago a Rajoy, polo asentismo parlamentario.

         Sexa cal sexa a razón, debía de haber mais responsabilidad e poñerlle freo, entre todos, ós controladores.

          A min no solo me parece ben que voten man dos militares pra garantizar o funcionamento do servicio; debían aproveitar pra poñer orde e expulsar a eses elementos, como fixeron no Estados Unidos cando despideron a oito mil controladores. Si o PP quere facer pais xa sabe o que ten que facer, senón que siga conspirando cos controladores.

 .  

          

21/07/2010 10:39 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

QUE TREME BRUXELAS

20100722112426-chichi-armas.gif

 

           O chamado decreto doo carbón é unha negra nube no horizonte da economía galega. Non vexo que  teña moitas solucións; tampouco se buscaron. Agra cando se está pendente do informe de Bruxelas, a Xunta bosteza e ameaza a Madrid e a Bruxelas con interpor unha querela.

           Despois de que pasara un ano dende que a Xunta tivo oportunidade de formular alegacións no proxecto da norma, asombra que sexa agora, fora de tempo, cando a Xunta parece interesarse polo asunto.

           Os procedementos pra elaboración de normas de caracter xeral ten uns vieiros marcados; fora do procedemento, como é o caso do que fai agora a Xunta, solo pode ter unha explicación, é unha actuación pro consumo interno da súa parroquia, sendo cómplice e participe desta feitoría.

           Como está Bruxelas, polo control do co2, o  desenlace está cantado.

           O Presidente, deberá preocuparse mais por Galicia, e menos pola súa promoción persoal por España adiante.

             No parlamento  de Madrid o PP apoiou a normativa do carbón, sabendo como anda Feijoo cos pantalóns,  cando se trata de Xénova, o asunto produce hilaridade.  

 

 

22/07/2010 11:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DE CHORON

20100723103507-14999.jpg

 

             Feijoo acudiu ó Parlamento, segundo o guión oficial, pra buscar consenso, pero non puido -subtraerse o seu estilo chulesco, menosvalorando á oposición e facéndoa culpable de todo. Mal camiño, si o que pretendía era a busca dun consenso. Demostrou, que mais ben, o que pretendía era aparecer como o único, o indiscutible líder, o único que ten solucións. O portavoz parlamentario do PP, chavacano e faltón, despexou toda dúbida; o PP non pretendía o consenso.

             É normal, e non debía selo, que o único que lle importa a Feijoo é protagonizar i escribi-la historia. Si o goberno fora un cortexo fúnebre, que é o que mais se parece, Feijoo iría de cadáver.

             Os que aman o pais, e lles preocupa, teñen que ser modestos e xenerosos; as súas comparecencias no Parlamento non deben ser programadas como un circo mediático, programado como un entremés na promoción persoal. Si realmente se quere consenso, as solucións teñen que ser todos protagonistas delas, e atopalas na intimidade de encontros multilaterais, fora da publicidade de autobombo.

 

23/07/2010 10:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VIAXANDO POLO PAIS

20100724110610-corredoira.jpg

 

        Viaxando polo pais é o mellor xeito de poñerse en contacto coa realidade. Facendo unha peregrinaxe por Galicia adiante constatamos tres feitos: As vías romanas, que aínda manteñen a pegada e dan testimonio da súa grandeza despois do paso de dous mil anos; as vías estatais, que por fin, superan o concepto do plan de accesos a Galicia de Fernández de la Mora; son vías deseñadas con sentido e aceptable mantemento, aínda que mellorable. Nun nivel distinto, emulando as vellas corredoiras, están as vías autonómicas, que nos fan imaxinar, cando saímos das  vías estatais pra entrar nas autonómicas, que entramos nun pais distinto.

          Despois de un percorrido polo pais, comprendemos que as estradas autonómicas son corredoiras que sortean propiedades; pensadas, non como unhas vías de comunicación, senón como unhas prebendas pra enriquecer ós amigos. Así nos explicamos os sobrecustos  e os arranxos por defectos de obra.

24/07/2010 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DIA DA PATRIA GALEGA

20100725101754-bandeira-galega11.jpg

 

          Non e un día festivo calquera o 25 de xullo, é a autoafirmación da nosa identidade, da nosa conciencia de pobo con identidade propia.

          O día 25 de xullo non ten un significado unívoco; pral algúns é o día de Galicia; pero aínda hai quen esta definición a ve como demasiado reivindicativa, transgresora dunha concepción imperial, na que aínda viven. Celebran unha misa pra purificarse e recibir, sen complexos, as racións d empanada e polbo. Ese é o concepto que teñen de Galicia, a Galicia vista dende dentro dunha sotana, con empanada gratis e polbo, ó que se lle engade uns polbos de adormecemento, amenizado cunha pandeireta.   

          Celebrar o día de Galicia, cun acto floral, nun lugar afastado, intentando facer o mínimo ruído; como si se avergoñaran de ser galegos, é un xeito de exteriorizar un sentimento de inferioridade que veu calando na conciencia dun pobo derrotado.

          Outros, sen complexos, no corazón de Galicia, co que queren deixar claro que levan a Galicia  no corazón, celebran o día da Patria Galega.

           A  vergoña, a timidez, os sentimentos reprimidos, o desprezo do propio, son froito de longos períodos de represión política e colonización cultural, que nos levan a esta visión do noso pais, así, lonxe de sentirnos orgullosos de ser galegos, sentimos vergonza de selo.

 

25/07/2010 10:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PEPE GOTERA E OTILIO

20100726104855-hugo-chavez-destruye-venezuela.jpg

          Os  dous teñen en común a súa especialidade en obras, ou en chapuzas. Hernández acumula unha chea de méritos que van deixar en paro a Otilio; polo de pronto é especialista en escamoteos; sabe votarlle un capote a tódolos atrancos legais e procedimentais que se lle atravesen no camiño. Vale como exemplo esa querela na que se atopa envolto por a asignación  dunha  certificación  de obra, antes de  que fora nomeado Conselleiro.

           En algúns casos, como no proxecto da Lei de Augas, contradícese, e non queda claro se o recibo terán que pagalo as Comunidades de Veciños e os particulares, que se abastecen de pozos; obras, en ambos casos, que non foron financiadas con fondos públicos. O que si quedou claro e que o recibo subirá cerca dun 400%.

           Temos que estarlle agradecidos a que as obras se adxudiquen á oferta mais cara, que coincida cunha empresa coa que ten ligazón, é unha simple coincidencia; tampouco se pode pensar mal, nin se debe, pero poder pódese, polo sobrecusto de 400 millóns de euros da vía da Costa da Morte; e así, mais, e mais...

26/07/2010 10:49 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XA NON VAI SER UN MAUSOLEO

20100727105959-g17p9f1.jpg

                                                   

           De xeito algún quero  despreza-la cultura, pero calquera ve que a  Cidade da Cultura é un  disparate colosal.

           Cos pes no chan, non é defendible o emprego de cantidades  astronómicas de diñeiro nun proxecto cultural, que aínda non  está definido, mentres o pais languidece  na        miseria e  asulugado coas necesidades

           Estou dacordo co uso  que a Xunta lle vai dar ó  complexo, aínda que eso supoña unha adaptación, incluso o cambio de nome. Que se centralice alí centros tecnolóxicos e de investigación. Será a única maneira de  construír algo con visión de  futuro. Postos a innovar debían  redifinir o proxecto e centralizar alí tódolos servicios administrativos. da Xunta. O mesmo tempo,  constatamos o fracaso dun proxecto megalómano dun Fraga, que  no seu declive, quixo deixar a súa pegada na historia de Galicia. A que se pretendía fora a Cidade da Cultura, un pozo sen fondo orzamentario e sen proxecto definido, será unha pegada na historia,  na que quedará de manifesto  a ma¡la  xestión do PPG e o desbaraxuste da súa administración.

 

27/07/2010 11:00 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

os bos e xenerosos

20100728105811-castelao.gif

 

         Solo os bos e xenerosos, como di o noso himno, asumen e comprenden  o compromiso de vida co pais. Temos que convivir cos deconstructores das tradicións, cos negadores da realidade, cos aducidos polo lado escuro.

        As Glorias Lago. Os Feijoo, son accidentes transplantados a Fisterra dende algún lugar do espacio, son inxertos do  mal, que intentan colonizar as  mentes dos galegos.

         Proclamamos un galeguismo integrador, fronte a ese chamado galeguismo amable de Feijoo e Gloria Lago.As diferencias entre un e outro non son sutís, son claras conceptos da convivencia. Mentres dende a integración se busca o acomodo na realidade do pais, de formas de. ser        e pensar distintas das tradicionais galegas. Dende o “galeguismo amable” de Gloria Lago e de Feijoo, pretenden unha domesticación do galego pra arrinconalo e deixalo como algo residual, eliminando calquera signo de resistencia.

 

28/07/2010 10:58 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

FONTANEIROS Ó PODER

20100729110120-20060131114845-fontanero.jpg

          Nada que obxectar a que un fontaneiro sexa alcalde de Pontevedra; eso non rebaixa o nivel dos electores, aínda que temos que  admitir que é un caso singular, pero non é o único, senón aí temos o caso do Presidente da Deputación. Curiosamente oriúndos da mesma zona.

          Telmo Martín débelle moito á especulación urbanística. Expedientado por irregularidades  na venta de vivendas de promoción pública . O expediente atópase pendente de resolución na Consellería de Infraestructuras. Pa este tipo de infraccións está prevista unha forte sanción económica e unha inhabilitación temporal. Que vos apostades a que non vai pasar nada.

          Unha dúbida, ¿ dónde lle saíron os cartos?

29/07/2010 11:01 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿AINDA ESTAMOS DE CAMPAÑA?

 

       Parece imposible, pero falar galego estase a converter nunha actividade de risco.

       Non é ningunha gracia, foi real, cando unha visitante de Santiago de Compostela se dirixiu a un policía e lle preguntou un enderezo en galego, por contestación recibiu un trato humillante e vexatorio.

       A Policía está pra protexer e axudar ó cidadán, que así non o entenda, debera ser expulsado do corpo de inmediato.

        Indígname que esto suceda, pero tamén a falta de reposta, a compracencia no asunto, dos poderes públicos. Non me estraña o mutismo de Feijoo, pero os demócratas tiñan que ser mis que impávidos miróns.

 

 

30/07/2010 11:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NOVO ADIAMENTO

20100731100547-feij-c3-b3o.jpg

 

 

               No Consello Fiscal do pasado decembro, Estado e Comunidades Autónoma fixaron uns prazos de devolución dos anticipos percibidos.

               Feijoo  convocou plenos no Parlamento, axitou á masas, publicou campañas nos medios de comunicación, especialmente nos afíns. Na petición de adiamento do anticipo solo foi secundado por Castela-León e por Murcia. Estas dúas comunidades, gobernadas polo PP, destacan, xunto con Galicia, pola súa belixerancia, contra do PSOE. O Presidente convidado ó Xacobeo, imaxínome que por cortesía, apoiouno.

               Feijoo asentiu no adiamento xa aprobado en decembro, consentiu nun sistema de financiación lesivo pra Galicia, porque llo ordenou Xénova. A devolución do anticipo é un pao gordo, pero choca coa súa política fiscal e orzamentaria. ¿ Qué se trae entre mans este conspirador?.

.                                                                            

31/07/2010 10:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris