Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2010.

CACICADA

20100601101112-dib-pe-c3-b1as21.jpg

 

           O reparto de fondos da Xunta ós concellos fase dun xeito clientelar, atendendo a unha concepción feudal e patrimonial da Administración. Ó día de hoxe non se sabe se responde ó xeito de gobernar do clásico caciquismo.

           O descarado aopoio económio da Xunta ós concellos do PPg, acrecentase co apoio directo a veciños, vía concelleiros do PPg, naqueles concellos nos que o PPg non ten alcalde.

            Días pasados houbo unha protesta de alcaldes diante do edificio de San Caetano. As normas obxectivas de distribución de Fondos de Cooperación, publicadas polo bipartito foron derogadas; agora a distribución fase conforme a criterios discrecionais.

            En axudas polo paro, os concellos do PPg reciben un 105% mais que o ano anterior, pola contra os gobernados pola oposición reciben unha media do 35% dos concellos gobernados polo PPg.

            Feijoo presentou ós candidatos peperos ás sete poboacións mais importantes de Galicia. De aperitvo, acusou de dispilfarro ós concellos gobernados pola oposición,  A campaña do PPg  vai seguir polos mesmos vieiros que as autonómicas. Non importa que sexan certas ou falsas as acusacións que se fagan, sempre queda algo, e cando non se teñen proposta, queda a difamación como unha sombra de dúbida. 

            Mal empezamos con ese reparto do Fondos de Cooperación Local, repartindo case todo ós do PP, e logo ten o morro de acusar á oposición de despilfarro.

01/06/2010 10:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SUPRESION DO CONSORCIO

20100602105620-007-05.jpg

 

 

 

          Ós concellos non soamente lles cortan as alas da financiación, tamén se modifican unilateralmente as canles de colaboración coa Xunta.

          O Consorcio era un órgano no que non solo participaba a Xunta, senón tamén os concellos; dun xeito especial os concellos pequenos. No Consorcio os    axuntamentos tiñan voz e voto, como socios que eran. A disolución unilateral do Consorcio pode ter consecuencias de un acordo ilegal, pero a Xunta confía en que os concellos non rechisten, pra eso creou un fondo de apoio económico ós concellos, que o repartirá discrecionalmente. Se algún concello ousa protestar sabe as consecuencias, pero  a política da Xunta pódese volver contra súa, n medida en que intente afogar a algún concello.

           Axencia e Consorcio eran dúas cousas distintas. Mentindo tanto van ir ó inferno; nos xa estamos nel.

           Xa que os concellos se atopan chantaxeados, tería que se-los Deputados os que impugnaran a disolución do Consorcio.

          Con toda seguridade a asistencia a dependentes e outras obras sociais serán as primeiras víctimas duns concellos débiles, a menos que lle rendan obediencia e servidume a Feijoo.

          O concepto feudal e patrimonial que Feijoo ten da Xunta vai ser a norma desa relación clientelar cos concellos. Este concepto patrimonial reflíctese nesa doazón de 120.00 euros ó representante do PPg en  Venezuela. Un diñeiro de tódolos galegos. Feijoo dispuxo partidistamente del, porque pensa que a Xunta é súa.

           Cando lle pediron a Feijoo explicacións no Parlamento respostou iradamente, acusando á oposición. A min recordoume a sesión do Senado da comparecencia de Zapatero, cun gamberrismo nas bancadas do PP, que nada ten que ver coa seriedade que se require das Institucións.

02/06/2010 10:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FACENDO POBRES

20100603102716-pobres-22.jpg

 

          O ATRACO.-As medidas de Zapatero pra reduci-lo déficit son como unha triloxía.   

          Se as  cousa seguen así, o da viñeta non vai ser algo ficticio, vainos levar a un mundo sórdido, no que todo é posible.

          Os funcionarios non teñen uñas; porque ós mengüados salarios impónselles un recorte pra arranxar unha crise que non crearon e teñen que come-las uñas. Haianos mais osados, que non dubidan en asaltar un supermercado, pero son os menos, porque os funcionarios sempre foron xente de orden.

          A compra compulsiva, tirando de tarxeta, en lugares con estanterías repletas de productos,acabouse.

          Tódolos males dun pais en ruínas preténdeno arranxar á costa dos funcionarios e dos pensionistas, empobrecendo mais ós pobres. Os grospanzas, pra que non se diga, tamén se baixaran o soldo; solo espero que non fagan o mesmo que Feijoo, que lles  baixara o 3% pero compasóullelo por outro lado.

 

       OS ESMOLEIROS.-Paseando pola rua, atopeime a un famélico esmoleiro, votei man ó peto pra darlle unha moeda, foi un acto reflexo, do que espertei  cando non atopei nada no peto os meus petos estaban baleiros; limparamos Zapatero. Aquelo tróuxome ó recordo a fábula de Samaniego, e decateime que por ai fora hai mais pobres que eu. A sorpresa aínda foi meirande cando comprendín que o que pedía esmola era Ramón. Ramón fora compañeiro meu de Trallo. Ramón xubilárase fai uns meses, a pensión non lle alcanzaba mais aló de mediados de mes. Agora pedía esmola pra chegar a fin de mes

 

       O CONSUMO é a terceira pata  pra reducción do déficit topamos coa  subida do IVE. Aqui non solo o goberno se apunta, algunhas marcas están tan ansiosas por incrementa-los beneficios, que incrementaron os prezos coa escusa do incremento do IVE, a avaricia non ten límite.

Non importa o motivo, hai moitos que queren meternos a man no peto.

     Se baixan os salarios dos funcionarios e as pensións, o mesmo tempo que soben o IVE resentirase o consumo, haberá un estancamento da economía maior da economía, o caso é quitarlle o alpiste ó loro, que é o mais débil da familia.  

 

03/06/2010 10:27 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

O VENTILADOR DAS MUNICIPAIS

20100604110105-7d81426c5d1b14f82ffeb443fbf6.jpg

 

                                   

            O portavoz Popular dos deputados autonómicos, ese que ten nome  de refresco, dixo que o PSOE utilizara 600.000,- euros do diñeiro público pra gastalos nas últimas eleccións autonómicas pra capta-lo voto da emigración. Pode ser, o mais seguro que sexa mentira. O PPg usa a táctica do calamar. O PSOE anuncia a interposición dunha querela por difamación. Nesta cousa de xulgados, O PSOE acusa ó PPg de usar mais de medio millón de euros, concretamente os encausado de Gondomar, admiten ter recibido 540.000 euros de coimas, na pasada campaña das eleccións locais, destinados á campaña do PPg no Uruguay. A alcaldesa da Porqueira condénana por un uso indebido, ou desfalco de 30.000 euros.

            Os líderes do PPg fan un xira, con manifesta finalidade partidista e reparten subvencións, no seu recente viaxe a Sudamérica. Paga a Xunta, e dicir, nos.

            Feijoo vai a Andalucía a matines do PP, á costa da Xunta.

            O Conselleiro de Cultura gasta nun viaxe a China un disparate, 14.147, cando un billete de ida e volta costa algo mais de mil euros. A cantidade gastada permitiría  dar varias voltas ó mundo.

            O Conselleiro da Presidencia incrementa os gastos de funcionamento, gastos correntes, nun 6%, malia desprenderse da Dirección Xeral da Función Pública. Asegura que aforra en parque móbil, o que se contradí co gastado en conxunto. O gastado non se pode disimular dividindo as compras entre organismos e consellerías. Esta descentralización é, en todo caso, unha mala xestión, A este desbaraxuste hai que engadir a introducción do sistema de aluguer a empresas de amigos acredores quizá, creadas con este fin.

            Eso é solo o que se ve, a punta do iceberg, nun goberno que presume de ser austero.

            Co ventilador en marcha, o calamar soltando tinta, recórdanos Mirinda que a Conselleira de Cultura do Bipartito gastou 1.200.000 (un millón douscentos mil euros), nos mojitos (deu un viño na recepción do Centro Galego da Habana).  Mirinda cando dixo eso parecía sobrio. Pola súa parte o BNG, ante tamaño burrada, considerou que non ea necesario pronunciarse.

            Despois austeridade pros mais débiles. !que cara teñen!. Esto é un cachondeo.

  

04/06/2010 11:01 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SENTIDO DE ESTADO

20100605101719-integrismo1.jpg

                                

              No recente debate parlamentario Converxencia e Unió. Facilitou coa súa abstención a aprobación do Decreto de reducción do déficit. En determinados círculos gabouse o sentido de estado de Converxencia. Pra min este sentido d Estado hai que atemparalo, polo feito de que, en xeito algún, Converxencia quere que as eleccións catalanas coincida coa do Estado., ademais convenlle un goberno agónico en Madrid; o mesmo Durán calificou a Zapatero de cadáver político. Foi por todo eso polo que apuntalou ó goberno, prolongando a Agonía.

             Non é asumible o Decreto de insuficiente, así  que fagamos un burato mais pra aperta-lo cinto. É un Decreto insolidario, que fai recae-lo peso da crise sobre os mais débiles,

             O PP votou en contra e, dende sectores económicos reprocháronlle o nulo sentido de Estado. Certo que o decreto é inasumible, certo que o Decreto é un intento de respostar ás presión internacionais, pero o PP foi incapaz de ofrecer unha alternativa crible. Utiliza-la defensa dos pensionistas e funcionarios como escusa é a actitude dun carrañento e inmoral político.reducción do déficit, por insuficiente e insolidario. Os mesmos que forzaron  a ZP a tomar medidas de austeridade xa sinalaron que a reducción proposta por ZP é insuficiente, así que o peor aínda non chegou.

05/06/2010 10:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DIFICIL DE ENTENDER

20100607103034-vamos-a-perder-boca.jpg

 

 

           Fai poucos días o PP, que fai como Zapatero, cada día fala dun plan de aforro, ou crítica de goberno, con proxectos indefinidos, falou dun plan de aforro, nesta caso explícito, no que propoñía o recorte da campaña electoral; pois ben, nun exercicio de congruencia coa proposta, xa está colgando carteis con propaganda pras vindeiras municipais de dentro dun ano.

           Por fin, cansos de vaguidades, o PP vai presentar no  Senado un Plan de reducción do déficit, no que se contempla a supresión de catro Ministerios. Eu apúntome á proposta e penso que van polo único camiño válido; nembargantes póñolle a obxección de que o adelgazamento da Administración que propón  PP non é rigoroso é, mais ben, político. Da a  impresión que  fai a proposta co único afán de incomodar ó PSOE. Non trata das Autonomías, das Deputacións, dos Concellos das empresas públicas e das institucións  de  representación.

07/06/2010 10:30 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

DISCURSO GRAVADO

20100608110043-3333.jpg

 

 

            As opinións dos blogueiros, que deixaron nos comentarios de onte, fixéronme sorrir. Imaxineime a Rajoy deitado no sobrado, vendo pasa-lo cadáver de Zapatero; porque pra colle-lo poder non precisa facer mais; o PP non precisa gañar porque Zapatero empéñase en perder. Ós alemáns preguntándose quén será ese glorioso líder das terras de Brigantium, que coa súa voz pregoa na nación de Breogán milagrosas recetas pra crise.

           Que Feijoo repite, como un autómata, o mesmo discurso de sempre, reproducción do de Xénova, ou mais ben da factoría de FAES,  próbao que, a miúdo, diga que o PP é incompatible coa corrupción. Magoa que os feitos veñen contradicindo o seu discurso. Non fai falla rebuscar na operación retablo, en contratos, no parque móbil, e un longo etc. O caso de Gondomar, a mais de enrarece-las relacións políticas e sociais, trasládase ós foros de opinión. O pronunciamento do xurado popular, esixe que o PPg non pase de puntillas sobre o asunto. E busque desvia-la atención con imaxinarias corruptelas da oposición.

            As declaracións de Feijoo, lonxe de evidenciar unha ética, desataron unha viva polémica na redacción dixital de EL PROGRESO. Nin o PP, nin Feijoo saían moi ben parados. Concluían a maioría, sen xeneralizar, PP e corrupción teñen moitos encontros.

            A gran sorte do PP é ter quen lle leve ó poder sen que teñan que facer nada. Polo de pronto Feijoo xa anda na procura do padriño Aznar.

08/06/2010 11:02 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

PUNTEIROS

20100609104506-leon.jpg
En Galicia case somos punteiros: non en desenrolo, nin nesas gaitas; case somos punteiros en endebedamento. A Xunta ten que abonar case trescentos millóns de euros ó ano no capítulo de débeda. Non se lle pode vota-la culpa deste brutal endebedamento solo a Feijoo. En aras a austeridade de predica Feijoo e a súa promesa de alivia-la carga fiscal, era de esperar que non incrementara a débeda. Os gobernos que precederon ó actual Presidente recorreron con demasiada alegría a ese sistema de financiación, polo que os nosos alicerces financeiros non son nada sans.
Cando Feijoo tomou posesión, a emisión de débeda foi unha das súas primeiras medidas de goberno. Estando nunha situación de Tesourería tan feble, non parece que fora a medida mais acertada. A finalidade do endebedamento non foi efectuar un investimento, senón dar subvencións e pagar favores, co que se fai mais incomprensible esa medida de goberno. Nembargantes o disparate meirande é a Cidade da Cultura.

Os disparates non paran aí; o home de Finisterre, o estadista das terras de Brigantium ten pensado emitir mil millóns de euros ó ano en débeda. O importante xa non é pra qué, senón esa teima en nadar contra corrente. Cando se urxe unha reducción do déficit, decide entramparse mais e incrementa-lo déficit. Si con ese disparate pretende amolar a Zapatero e se-la punta de lanza do PP contra Zapatero, o que esta facendo é asulugarnos cunha monumental débeda, hipotecando o futuro do pais.
Os concellos, non todos, teñen unha débeda monstruosa. Din que si se aplica a mesma rigorosidade orzamentaria de Grecia, un 80% dos axuntamentos terían que desaparecer.
As Deputacións de Ourense e Pontevedra, ambas gobernadas polo PP, teñen unha elevada carga de débeda. Non me estraña. A xestión de ambas, repartindo subvencións e ganando vontades, con fines estrictamente partidarios, lévanos a onde estamos.
09/06/2010 10:45 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

MILAGRO

20100610102838-437719557-1b4720583e.jpg

 

 

           Un resiste do mellor xeito posible a propaganda, pero algunhas persoas teñen unha perseveranza na exposición dos seus argumentos que, cando menos prodúcenos un aturdimento, que nos impide discerni-la verdade da fantasía.

           Houbo un político que sentiu a necesidade de enche-lo seu ego facéndose notorio nun pais que el admiraba. Daba subvencións a universidades pra que o convidaran a dar conferencias. Dirixíndose dende a tarima ó seu público, nun macarrónico inglés, quería que sentiran a súa talla de estadista, non lle importaba ser pequeno, nin  sequera baixo; porque o home é solo home dos ombros pra riba. O de aquel francés que se refería a el como o pequeno español, non facía senón convencelo da decadencia da vella Europa.

          O que lle preocupaba era gaña-lo recoñecemento do pais por el admirado, destinou mais de dous millóns de euros en gañar vontades pra conquerir unha condecoración, pero non o conseguiu, eso foi o seu meirande fracaso persoal.

           Conseguiu colar a España na sociedade europea, aínda que pra dar cumprimento ós parámetros económicos tivera que vender todo o que de valor tiña o estado. O pais cumpriu cos parámetros, pero seguiu cos mesmos alicerces pro seu desenrolo económico. O que algúns chaman milagre español, non  deixou de ser un lostrego, que iluminou un momento o noso negro horizonte coa venta das nosas xoias. Cando a bonanza do ladrillo tocou o seu fin, o castelo de naipes derrubouse.

           Pra facer mais grande a desgracia, o novo inquilino da Moncloa viviu na fantasía, sen preocuparlle a realidade do pais.

           Desprestixia-lo pais en canto foro se atopa, mais que reivindica-la grandeza do personaxe, faino, ademais de baixo e pequeno, anano.

           Pros galegos deixounos no recordo a meirande catástrofe. O Prestige; pero tampouco podemos esquece-lo de Atocha, a guerra de Iran, etc. Hai personaxes que estaban mellor desaparecidos. Solo espero que o pobo siga tendo memoria.

 

10/06/2010 10:29 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

ENQUISA

20100610104240-2009-12-14-1606.jpg

                 Colguein unha enquisa sobre a valoración de líderes políticos. Nesta vai o PP, despois poñerein a de outros partidos.

10/06/2010 10:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CALCULO ERRADO

20100611103435-perro-caca.jpg

 

  

        O PPg quería que os focos no se centraran no xuizo de Gondomar, que aquelo non fora o centro dun Gürtel galego, ó líder podía quedar ó descuberto; poñer de manifesto a corrupción que hai nalgunhos concellos. O xurado popular xa se pronunciou, atopounos culpables. O caso non esta solucionado, solo foi un comezo. A partir de agora poderase desface-la madeixa e seguir investigando; ó mellor, o mais seguro, porque eran os que controlaban o PP en Pontevedra, Feijoo, Rueda e Louzao terán que verse coa corrupción que sementaron.

        A preocupación no PPg é grande. Acusaron a todo o mundo de corrupción, calumniaron a xente, acusacións que poden terminar en xuízo. Pra buscar munición con que defenderse comisionaron deputados que van levanta-las alfombras de San Caetano pra buscar no lixo do goberno anterior. Si atopan algo será un éxito da democracia. Hai que sacar todo á luz, pero como non atopen nada relacionado coas súas acusacións, fundiranse un pouco mais e, solo os incondicionais seareiros os creran no futuro.

        O calígrafo escollido polo PP pra certificar irregularidades nas solicitudes de axuda, completou o informe, amosando dúbidas sobre 16 solicitudes, pero non   se pronunciou sobre o que o PPg quería, xa que as dúbidas suscitadas non lle levaron a conclusións concluíntes. Medios de difusión do PPg e o mesmo PPg están dando un resultado concluínte e poñendo en  boca do perito cousas que non dixo. A razón é que a verdade do PPg nada ten que ver coa ciencia, senón cos seus intereses, e nosoutros a respirar estes cheiros.

11/06/2010 10:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

20100612104225-etica-y-negocios-roc-1610-etica.jpg

ETICA

 

              Feijoo tivo un cara a cara con Pachi Vázquez, no que lle reiterou o compromiso ético do seu goberno. Vázquez pediulle que explicara as contradiccións do seu goberno co que prometeu no discurso de investidura. A selección de persoal, onde está dando exemplos de sectarismo solo superados polas subvencións ós concellos afíns. O xeito do que o PPg responde as acusacións foi  acusando o PSOEg de chanchullo de subvencións a Entidades Agrarias afíns. A reacción do PSOE foi denunciar no  xulgado ó portavoz do PPg. Neste peloteo,       os cidadás rasos asistimos alleados ós riferrafes dos políticos.

           A ética é propiedade de Feijoo, non sabe en que consiste, ou semella non sabelo, pero usa a menudo esa palabrexa. Non sei si é certo o dito: “dime de que presumes e direiche do que careces”. Claro, débese referir á ética como unha parte da filosofía, o que non supón que se tome como un xeito de conducta. A ética de Feijoo é a utilización  de   calquera medio, calquera, pra conseguir un fin.

           Vimos, e lemos, nos xornais a rebusca dos parlamentarios do PPg nos arquivos de San Caetano na procura de papeis que fundamentaran a súa acusación.

              O PSOEg retou ó PPg pra que abrira unha comisión de investigación usando a súa maioría parlamentaria; parece que o PPg non vai recoller ese guante. De calquera xeito, as Comisións de Investigación non teñen antecedentes de resolver nada, sobre o que á maioría no lle interese.

           Feijoo, na linea da campaña electoral, dixo que lle preocupaban os mais de 200.000 galegos en paro. Non    deixa esa preocupación de ser unha demagoxia, visto o incremento do paro.

           A conselleira de traballo, responsable de xestiona-lo paro, respondeu á interpelación parlamentaria que lle fixeron sobre a promoción do emprego, como se quixera morder o interpelante, e ameazándoo con represalias. Non sei si hai algún pais, dos democráticos, nos que o goberno teña estes comportamentos. Coido que, en política comparada, a actitude do PP debe ser un caso moi singular.

 

12/06/2010 10:43 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

ENQUISA

20100612120027-2009-12-14-1606.jpg

 

    ímos facer unha enquisa por cada partido. Gracias por participar.

12/06/2010 12:01 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA LUZ NA NOITE

20100614102633-00001.jpg

Hai unha enquisa colgada

             

           Galicia pais idílico, faro do mundo mundial, dende que goberna Feijoo. É retratado o fenómeno Feijoo nun artigo do profesor e politólogo Barreiro, que se publicou no xornal A NOSA TERRA.

           O artigo ten a xenialidade do autor, que destaca, en clave irónica, o afán de notoriedade de Núñez Feijoo, convertido nun engreido personaxe que se cree a súas propias fantasías, levando o pais a un precipicio sen retorno.

           O famoso plan Feijoo, sen concretar, pretende, basicamente, converxer con Europa. O horizonte do 2020, que se fixa como obxectivo, da idea da ridiculez do plan.

            A pretensión de Feijoo ten algo de orixinal, o normal é  que Europa queira converxer con Galicia, non ó revés; un pais que  ten a  sorte de ser gobernada por un líder único, irrepetible, onde a xente é feliz. O esencial dun gobernante é facer feliz á xente, hai que ser un titiritero,un actor de feira, vender fume, conxeladores no Polo Norte. Eso a Feijoo dáselle ben. O pobo gústalle que o fodan, con fundamento.

           O artigo vai mais aló do plan Feijoo e pon de manifesto o egocentrismo e a egolatría do líder popular, pregúntase cómo é que os membros do Club Binderberg non o invitaron ás súas xuntanzas, cómo é que descoñecen a valía de Feijoo. Por certo, Aznar non conseguiu que o invitaran, pero aí está Berlusconi con esa Univesidade pra políticos na que Aznar, Blair e Busch serían os profesores.

          Un artigo que recomendo ler. O enderezo é: www.anosaterra.org. Pero si queredes póñovolo aquí, ou profundizamos nalgunha cousa.

14/06/2010 10:26 mmarcos #. sin tema Hay 3 comentarios.

A SANTA COMPAÑA

20100615113332-santa-compana.jpg

Hai dous Barreiros que escriben na Nosa Terra, o que eu digo asina como M. Barreiro, na foto que sale del ten barba e sen pelo.

 

         A Xunta, en mística procesión, non regatea esforzos, nin medios, en buscar unha financiación ilegal do PSOE, que o seu portavoz, Rodríguez Miranda denunciou, nunha comparecencia. A denuncia non tiña consistencia, foi unha bravuconada que, parodiando a Feijoo, diríamos que pinta mal, moi mal.

         O intentar desvia-la atención mediática do asunto de Gondomar vaille resultar custoso ó PP.

         Poñer a Administración ó servicio do PP, tanto en San Caetano como a visita simultánea dos Servicios de Inspección de traballo a 13 sedes de Unións Agrarias, ten indicios da comisión de varios delictos.

         A utilización dos medios de comunicación da Xunta como instrumentos de propaganda do PP, en lugar de  dar unha información rigorosa, evidencia a súa tendiosidade política, que os desacredita.         

15/06/2010 11:34 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

A CULPA E DO LADRILLO

20100616105909-bip99e.jpg

                    A  finais dos noventa, Aznar liberalizou o chan e promoveu unha construcción desaforada, coa axuda da banca, incitou ás familias españolas a endebedarse. Ós bancos pra atende-las peticións de crédito recorreron a pedir préstamos no estranxeiro.  Un bo día como tiña que ser, a oferta de vivenda era tan grande que xa non había suficiente demanda pra ela. Os bancos prestaban tomando como garantía o hipotecado, non a capacidade do endebedado pra pagar; así, atopáronse cun montón  de ladrillos e coas caixas baleiras; entrampados como as mesmas familias ás que empurraron a un gasto suicida.

            Alvarez Cascos atopaba unha explicación sinxela pra carestía da vivenda, dicía: a vivenda sube porque a economía vai moi ben. Parece que a economía non ía tan ben, que o desenrolo español tiña os pes de barro. Cando houbo que devolve-los préstamos, o castelo derrubouse e a economía fundiuse. Claro, algúns, como Zapatero non viron o que se lle viña enriba. Outros, como Aznar, aínda pensan que o fixo moi ben, que é un gran gobernante.

            Houbo quen acordou a tempo, que viu o que se aveciñaba, Jove vendeu FADESA a tempo, meteulle un bocado ó Bilbao e a vivir.

            Os bancos franceses e alemáns teñen grandes empréstitos no sector privado e público español. Parece que hai que devolver, xa, 600.000 de euros, que non temos, que non temos. Zapatero deulles ós sindicatos Iberoamericanos. Eu propoño que lles demos a Zapatero en prenda e en cirolas, como nos vai deixar a nos.

             A ministra de Economía española ten a mesma credibilidade en Europa que Zapatero. Temos moi próxima unha intervención europea na economía española. Deus nos acolla. Aínda que será a única maneira  de librarnos de Zapatero.

16/06/2010 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LEÑA NA CAMARA

20100617110937-gallo.jpg

 

         PP e PSOE déronse leña na Cámara do Pazo do Hórreo, facendo do lugar un calexo escuro dun barrio portuario. O debate non era tal, ámbolos dous xefes de Grupo: Feijoo e Pachi Vázquez interpretaban monólogos e evitaban escoitarse. As bancadas apupaban o seu líder, patexaban e aplaudían; era seareiros, autómatas sen criterio; a festa está montada así.

         O BNG asistía atónico, sen intervir, porque a regueifa era entre dous. Nesta pelexa estamos todos implicados, é imprescindible que tomemos partido. Como dicía Bertolt Brecht non podemos facernos alleos ó debate, porque o que se considere a salvo non o estará, a volta do camiño irán a por el.

         Feijoo defendíase atacando, non respóndeo a ningunha pregunta; no canto deso acusou ó interpelante de todo, bueno de todo non, faltoulle acusa-lo do cambio climático, mesmo votou man de traer a colección a Zapatero, que non pintaba nada no debate, pero servía pra irse polos cerros de Úbeda.   

         A liorta que se montou no Pazo do Hórreo poñía colorados ós da Tribuna. Feijoo pediu desculpas polo espectáculo, mentres Pachi Vázquez dicía que o espectáculo se houbera evitado si Feijoo acudira á Cámara pra responder ás interpelacións.

         Liorta á marxe, si non quedou nada claro ningún dos temas de debate, porque Feijoo non acudiu con ánimo de responder, unha cousa si quedou clara, a pouca calidade parlamentaria.

    

17/06/2010 11:10 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

¿ÚLA?

20100618114045-132.jpg

 

           Algunhas institucións perderon a credibilidade. A xente xa non segue ós líderes sindicais como se foran ovellas. Os sindicatos, acomodados nunha situación de privilexio, non se inmutaron por un paro do 20%, e en dous anos foron incapaces de acordar unha reforma laboral, polo que se gañaron a pulso a súa fama.

           O sindicalismo español recorda ó sindicalismo vertical; son protexidos do goberno, comen na súa man, a súa independencia e profesionalidade queda minguada, dende o momento en que reciben unha forte axuda económica do Estado pra subsistir. Esto, xunto coa protección xurídica dos seus membros, convérteos nunha casta privilexiada, allea ós problemas dos traballadores.  Si hai unha folga a eles non se lles desconta nada, si hai despedimentos son os últimos ós que lles afecta; por eso os traballadores vennos con récelo.

           As medidas económicas restrictivas, o mesmo que as reformas laborais son impostas dende fora, o que lles mingua calquera reacción.

           As reformas laborais son entendidas de distinto xeito, segundo quen as analice: Pros empresarios solo centran a reforma no despedimento libre; os sindicatos navegan nun mar de indecisións, e o único que lles preocupa perder protagonismo. Si se quere inventar algo novo, distinto do noso entorno, iremos mal. Do que se trata é de alivia-la carga sindical, que a negociación dos convenios sexa por empresas, non por sectores productivos, que se limite a contratación temporal, ó mesmo tempo que se rebaixen os privilexios dos contratos fixos, e se simplifiquen as modalidades de contratación; e sobretodo formar a man de obra.

            Os sindicatos está nun camiño de fuxida  empéñanse en que cada vez os comprendan menos. Seguro que hai razóns, segundo un criterio sindical, pra unha folga xeral, pero pensar que o goberno vai retira-lo Decreto, non  deixa de ser unha chorrada. Non asumen responsabilidades propias, non dan solucións, solo nos prometen a folga; elesir que o sana todo.

 

18/06/2010 11:40 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEMELLANZAS NOS EXTREMOS

20100619104108-carton-jornada-3.jpg

                                                     

           Os extremos soen ter semellanzas, será por aquelo de que as mesmas armas: repetición de obviedades, boa interpretación e o contrario perfecto.

           Ambos menten coa mesma naturalidade e poñendo unha imaxe de inxenuidade e seriedade pra facer mais cribles as súa mentiras. Son uns consumados demagogos e parece que non van romper un prato, pero se os deixan romperan a vaixela completa.

           As semellanzas son moitas. Pra moitos será como unha blasfemia buscar neles concomitancias, pero sería bo que todos reflexionaramos e buscáramos os paralelismos entre os dous, porque ben seguro que atopamos moitos.

           Feijoo é especialista en votarlle a culpa ó veciño, fai o mesmo que os nenos pequenos. Tamén Zapatero ten esa tendencia, agravada pola súa negativa a recoñecer o evidente.

             Zapatero tiña a fixación de chegar á Moncloa, non sabía pra que, pero sabía o que quería. O mesmo lle pasa a Feijoo, quere chegar á Moncloa, por que se considera uncido polo destino. A cuestión é si lle deixaran achegarse ó panal, utilizando a Xunta como trampolín. Dáme que non; de feito, en sectores da dereita xa lle empezaron a cortar as ás; queren que se limite o seu feudo.  rectas tenden a formar unha curva.

           Dando por feito de que a equipa de Rajoy vive na indefinición, quizá pra muda-lo rumbo e a opinión, cando as cousas o aconsellen. Zapatero ten en Feijoo un espello perfecto. Se obviamos o afán privatizador de Feijoo,  das políticas sociais, e nos centramos nos personaxes, veremos que usan a súa capacidade de comunicación utilizando as dotes interpretativas.

            A nivel europeo os dous líderes téñena moi crúa, mentres Zapatero xa perdeu todo o prestixio na Comunidade Europea, Feijoo atópase de fociños coa política de alianzas de Merkel e Cameron; pra mais, con Aznar detrás non vai gañar moitas simpatías europeas

19/06/2010 10:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LOA OS MORTOS

20100621105729-castelao-galeguista-3.gif

 

        É unha constante, sempre se é bo despois de morto. En parte pódese considerar que é camiño mais axeitado,  xa que non ten sentido facer unha crítica do morto, entre outras razóns, porque non se pode defender. Pero tampouco ten sentido que fagamos do morto unha fonte de virtudes. Nin unha cousa nin outra, deixemos que os mortos repousen no descanso  eterno.

        O desexo de que os mortos repousen no descanso eterno, nada ten que ver conque a historia conte os feitos mais salientables da vida dos que formaron parte dela.

        Vitorino Núñez foi un home de Franqueira, que foi o que o lanzou o estrelato da política galega; non  creo que respondera con lealdade o seu mentor; aínda que hai unha cousa, ó marxe deste feito, que merece a pena ser recordado: O amor ó pais implica antepoñelo o dun propio. Gracias os seus oficios evitou que se consolidara unha formación nacionalista similar a Converxencia, I Unió, entregándolle o poder a Fraga. Esto mereceulle a súa promoción a cargos na autonomía. Que cada quen xulgue.

         Non é nada bo que Feijoo saliente do finado solo dúas cousas: o seu apoio ó PP, e a el mesmo. 

        Que  descanse en paz, e a cada quen o seu.

 

21/06/2010 10:57 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

FISCALIDADE REGRESIVA

20100622103130-media0000008374.jpg

 

          Merquei un pazo do século XVI que necesita moitos arranxos. Gracias á política fiscal de Feijoo, anovalo vaime saír barato.

         Este Podía se o comentario modelo do que merque unha vivenda pra restaurala.

         Non importa que a vivenda mercada sexa a 1ª, a 2ª ou a 10ª. O único requisito é que a restaure; logo podo vendela ou utilizala como inversión, refuxio de diñeiro sobrante, Banco privado, etc.

        Os que dificilmente poden chegar a adquirir unha primeira vivenda, ou os que sequera non teñen posibilidade de soñar cunha miserenta choza, axudaranme, cos seus impostos, a que eu sexa mais rico. Esa é a política fiscal de Feijoo, rebaixar impostos pros mais ricos.

         A política fiscal de Feijoo parece inspirada no personaxe de Robin Hoot, cunha diferencia, roubase ós pobres pra darllo ós ricos.

         No imposto de Actos Xurídicos documentados o PPg tamén introduce unha rebaixa, 25% pra primeira vivenda  un 32% pra adquisición  da segunda vivenda. O porcentaxe parece alto, pero si temos en conta que o tipo é 0,50% da base impoñible. Pra incidencia recadatoria que ten podían poñer unha deducción maior. Eso solo se explica porque a reducción introducida ten soamente unha finalidade demagóxica. Deixan unha perla: nas deduccións non se teñen e conta a renda  do contribuínte. Outras rebaixas de mais calado quedaron en promesas electorais.

         Non esquezamos que a financiación mediante a débeda, é unha subida encuberta de impostos, mais prexudicial pras rendas baixas.

 

22/06/2010 10:31 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS CADEIRAS

20100623101115-magnetic-floating-sofa-kootouch-content.jpg

           A oposición montou nun tremendo rebumbio polas cadeiras do Gaias. Hai tres cousas que a oposición non comprende: O Gaias en si, xa é unha desfeita, alí todo é posible,menos o razoable; o que alí se gasta é do peto dos galegos, non do PP, polo que é normal, en contra da austeridade de Feijoo, que é un engano, xa nade cree nela, despilfarrar; os que se van sentar nas cadeiras son grospanzas, que necesitan asentos especiais pros seus    delicados traseiros.  Con todo, neste  tempo nade no seu san xuízo,  agás o PP, atopa razóns pra poñer cadeiras  de mil euros. 

           Xa no pasado, as cadeiras tiveron un lugar na historia. Chega con recordar cando o cura de Seipoeira puxo unha cadeira no escusado pra face-las necesidades sentado. Aclaremos co escusado era un simple furado, onde había que aniñarse pra evacuar.

           As pousadeiras, o cu en sentido amplo, hai que coidalo.            

23/06/2010 10:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EN CIROLAS

20100624110446-331.jpg

  

             En cirolas foi como nos deixou Aznar, logo de vender tódalas xoias da coroa. Non merece a pena lembrar outras calamidades que sufrimos no seu mandato, porque son  de sobra coñecidas. Pola súa parte Zapatero acabou de nos afundir; como non lle quedou que vender, afundiunos en débedas.

              Non importa que o mandatario sexa alto como Zapatero, ou baixo como Aznar, nin que se digan de esquerdas ou   dereitas; os mercados son os que manda, os que nos dictan o camiño que temos que seguir. Os gobernantes son inquilinos ocasionais da Moncloa; ilusos que se creen o papel. Non son actores independentes, solo interpretan o guión que outros lles escriben.

24/06/2010 11:05 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

20100624111357-2009-12-14-1606.jpg

           Hai unha enquisa colgada

24/06/2010 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SORPRESA

20100625100937-soto.jpg

 

             Xa temos a resposta ós nosos sufrimentos. Segundo a Conferencia Episcopal, o problema noso é que non  sabemos recoñecer o moito que lle debemos á Airexa e os nosos católicos dirixentes. Están ben empregados eses mais de 38.000 millóns de euros que o Estado lle da anualmente á Airexa. Segundo o seu voceiro; acontecementos como a visita do Papa e o camiño de Santiago xeneral mais diñeiro do que o Estado lle da á Airexa. Como galego, quedeime sorprendido, non  sabía que o Camiño de Santiago tiña peaxe. Seguro que Feijoo non sabe desta fonte de riqueza.

             Propoño pra sair da crise que se enxugue o déficit cos 38.000 de euros que os Estado lle  da a Airexa, que se deixe e paz ós pensionistas e os funcionarios. España é un estado laico, ¿non si?, o que queira cregos que lles pague.

25/06/2010 09:43 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

CARTOS POLO RETRETE

20100626210640-retrete.jpg

              A Política lingüista da Xunta en contra do galego cústalle a autonomía cerca de seis millóns de euros. Esta cantidade desglósase: en campañas de consulta, declaradas ilegais, promoción propagandística da política da Xunta de marxinación do galego, subvencións a entidades particulares afíns ideoloxicamente e perda de publicacións de texto pro ensino, escritos en galego. Non está mal o despilfarro dun goberno que nos vende austeridade. Pra Feijoo a cultura debe estar nos escusados.

                Unha enquisa do CIS salienta que as clases sociais medias e altas, en modo algún, rexeitan o galego; e aínda que non o falen, son partidarios do galego. É entre estas clases sociais é onde o BNG ten mais apoio.  

26/06/2010 11:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PAIS DAS SUBVENIÓNS

20100628101100-aduladores.jpg

 

          O bipartito repartiu subvencións, aínda que menos que gobernos anteriores. As subvencións en Galicia, que non é un caso único no Estado español, non teñen a finalidade de incentivar, nin protexer ningún sector social, ou productivo; a finalidade das subvencións é a de asegurarse o voto. Son casos moi recentes o das subvencións na emigración, en concellos nos que houbo cambios de goberno, así como naqueles concellos do color do goberno.

          O bipartito quixo mudar os criterios de adxudicación  das subvencións, e eso foi unha das moitas portas polas que se lle escaparon votos. Dende o punto de vista dunha ética política parecía unha medida correcta; os subvencionables non o entenderon así. Pensaron que se lles negaba algo ó que se crían con dereito

          A volta dos populares ó goberno implicou a recuperación das vellas  prácticas, feito que foi denunciado pola oposición no Parlamento. Como ven sendo habitual o PP irritouse, ameazou e puxo a pel dos interlocutores en busca

28/06/2010 10:11 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

OPINA

20100628221635-2009-12-14-1606.jpg

 

          Hai unha enquisa colgada

28/06/2010 22:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEN BOMBEIROS

20100629102729-cuadrigas5590.jpg

           O mellor apagalumes é a auga que cae do ceo. Eso foi o que pasou en Lugo. Unha tormenta apagou a festa romana e desfixo o tinglado. A culpa foi da Xunta, que malia que o PP dixo que eran unhas festas pra pasalo ben, Feijoo, no seu papel de Cesar de Finisterrae, quería protagonismo absoluto; non quería comparti-la gloria co cónsul Blanco. E votoulles o meigallos os lucenses.

         Feijoo aproveita a treboada pra votarlle a culpa de falta  de previsión ó PSOE, nembargantes eu teño dúbidas  de que non tivera algo que ver o Servicio contraincendios da Xunta, xa que é o xeito habitual que teñen de apaga-los lumes

       A atracción principal do ARDE LUCUS era a carreira de cuadrigas, na que ía a participar Feijoo, pero Orozco, con mala leite, ordenou que lle engancharan uns cabalos roxos. Xa sabemos da fixación que ten Feijoo co roxo. Total que se retirou, porque dixo que non ía permitir que os roxos foran diante del, non aturaba mirarlle pro cu a un roxo. O auriga Rueda solidarizouse con Feijoo, e traba de conve5ncelo de que os cabalos non eran os roxos que el aborrecía, ademais, solo eran un pouco colorados, como se os tinxiran pra festa. O séquito da Xunta emprendeu viaxe pra Santiago. 

       Feijoo viaxou mustio e calado todo o camiño, non era admisible que ó cesar se lle dera un trato tan vexatorio. Unha conselleira que formaba parte do séquito, non deixaba de preguntar sobre as vodas celtas. Rueda consolaba como podía a Feijoo, recordáballe que o reparto de fondos locais pronto se faría. Naquela comitiva de retorno parecía o retorno dos restos dun exercito vencido, e cada un, ía ó seo

29/06/2010 10:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CUSTOS ASTRONÓMICOS

20100630102402-index211.jpg

 

          Non comprendo como se poden gastar 90 millóns  de euros, por edificio, na cidade da cultura, cuns gastos estimados de mantemento de 30 millóns  de euros anuais, e o mesmo tempo se di que non hai cartos pra facer un hospital público en Vigo.

          Cómo se pode presupostar a vía rápida da Costa da morte cun sobrecusto inicial de 395 millóns  de euros, e se fai adxudicacións directas a empresas vinculadas ó PP. Esto da carraxe.

          O da vía rápida xa estaba en obras, pero Feijoo indemnizou a empresa con seis millóns de euros e rescindiu o contrato. Iniciou de novo o proxecto e adxudicouno con ese sobrecusto. Hai que comprendelo, ós amigos hai que pagarlles os favores, non andan gratis. Na historia da política ningún goberno saqueou o Tesouro Público como esta panda. Resulta difícil de entender ese salvaxe sobrecusto. Quixera saber, o mesmo que moitos, ónde foron parar eses cartos, qué se financia con eles realmente.  

          Como é posible que se pense en facer un faraónico proxecto na illa de San Simón, despois da mamonada da cidade da cultura.

          Cómo é posible que o PPg teña a intención de voto que din ter. Non acredito. O pobo é soberano, o que non quita que nos de gañas de emigrar.

          Ou se é un tanto me da, ou se indigna un con estas cousas.

 

30/06/2010 10:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris