Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2010.

MAIS ENSINO

         No diario  O XORNAL, Telmo, candidato do PP  a alcalde en Pontevedra polo PPg, opina sobre a educación, en concreto sobre o ensino. Xa non se trata de que el non sexa o indicado pra falar do tema.  A mais de non ter ningunha cualificación académica que garante un mínimo de coñecemento pra saber do que fala. Un político con un mínimo de sentido común debe ter algo de coñecemento do que opina, senón mellor ser prudente e non mete-la zoca.

         Segundo Telmo García o axuntamento, con uns recursos moi limitados, debera abandonar outras funcións mais domésticas e destinar cartos ó ensino, enchendo así a lagoa creada pola Xunta ó dar preferencia ó ensino privado, de tipo relixioso e ideolóxico da dereita dura.

          Que o candidato a alcalde diga esto, debería ser suficiente pra unha reacción cidadá. Despois de que Feijoo recortara os recursos do ensino público, esta parrafeada dálle a un gañas de apearse do mundo. Cada pobo ten o que se busca.

          Teño unha inquedanza grande. O 40% dos pais que elixiron que fora o galego a lingua preferente no ensino dos seus fillos,solo un 12% foi atendido.

          Feijoo, que alimentou o menstruo de  Galicia Bilingüe, dorme gustoso nos seus brazos, e fai fintas, como a do ofrecemento do consenso lingüístico, a súas declaración dicindo que é o primeiro comezo de curso con paz lingüística.Tamén o enterrador fixo unha interpretación particular do Auto do TSXG, sobre a suspensión cautelar do Decreto, como si xa entrara no fondo do asunto.  Con todo, hai algo positivo, Telmo non opinou.

01/10/2010 10:46 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

IMAXE TENRA

20101002102824-1284317141-0.jpg

 

          En moitos medios de comunicación  publicouse unha imaxe que amosa a tenrura con que se miran ós ollos Feijoo e Cascos. Si non fora porque sería unha relación contranatura, e Cascos demostrou que é un faldeiro empedernido, a menos que lle tire a todo o que se mova, diriamos que hai algo. Si solo temos en conta a imaxe, diriamos que hai un romance á  vista.

          Feijoo, que foi de visita Institucional, suponse, a Asturias, remata nesa imaxe patética do líder dos populares galegos, mirando con ollos de ollo molo a Cascos, a  falta dunha imaxe do suposto acto Institucional.  Ese Cascos que tanto lle escamoteou a Galiza cando foi Ministro.

 

02/10/2010 10:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PIDO AXUDA

20101004100242-g5p34f1.jpg

            O anuncio da Xunta de que vai incrementa-la participación en Reganosa deixoume descolocado. A comparecencia do conselleiro de Industria, coñecido deslocalizador da producción industrial e antigaleguista  notorio, preséntanos, xunto con Feijoo o incremento da participación en Reganosa como un feito excelso de galeguismo é unha imaxe moi forte. Vendo estes dous personaxes  vestir este  feito de galeguismo xa produce arrepíos, pero a  miña dúbida era determinar quén dos dous tiña mais cara, quédeme coa dúbida.

            Reganosa é deficitaria é xa leva a Xunta, dende a época de Fraga, metendo cartos nela. Si a Xunta mete cartos nela é porque non é atractiva pra empresa privada, cartos que se detraen dos servicios públicos.Si se quere facer un galeguismo industrial, por qué se abondou Sargadelos, emblema do galeguismo; por qué se deixou que R pasara o dominio estranxeiro, sendo unha empresa moi rendible e punteira en tecnoloxía. 

            Reganosa contribúe, cos verquidos,  o deterioro da ría de Ferrol. Feijoo debía sanea-la ría e facernos menos gilipollas.

04/10/2010 10:02 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

A PALLA EN OLLO ALLEO

20101005095756-desinformacion.jpg

 

     No Parlamento do Estado acósase ó Ministro de Fomento pra que, non solo manteña as inversións en infraestructuras en Galicia, senón que presuposte outras novas. Vexo ven esta actitude reivindicativa, mesmo me identifiquei con  ela e sentinme orgulloso  da actitude do Deputado interpelante. A miña ledicia foi solo un espellismo. A Xunta  reduce a inversión en obra pública, pro vindeiro ano, nun 60%. A perplexidade non pode ser meirande, ¿ cómo se pode soster esa reivindicación no Parlamento do Estado?, especialmente cando a Xunta non está soamente parada, está conxelada.  Moi sinxelo, so fai falla ter cara dura e solta-la sen oso, sen outra finalidade que desvia-lo debate. Paréceme ben que se esixan mais inversión en infraestructuras, pero é unha petición baldía cando eles mesmos reducen as inversións a feitos aislados e testimoniais-

     O Ministro de Fomento, que en termos castizos, non rexeitou un cara a cara, simbólico, porque Feijoo so fala pras súas mesnadas, puxo ó Presidente da Xunta fronte as súas contradiccións e nula seriedade dos datos manexados e instoulle a cumpri-los seus compromisos,   dos que ultimamente fuxe.

 

 

05/10/2010 09:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GLORIA EFIMERA

20101006100608-ciclismo-muerte.jpg

        Os días de gloria do ciclismo galego son efémeros. Nesa austeridade selectiva de Feijoo, hai diñeiro pra comilonadas do PPg, pra subvencións ós amigos, pra mercar titulares, pra ataca-los alicerces do pais, aínda que non supoñan ningún beneficio pra comunidade, ou pra imaxe de Galiza, pero non hai diñeiro pra patrocinar ó Xacobeo, primeiro equipo ciclista de Galiza, que dignifica o nome de Galiza e espalla por todo ó mundo o acontecemento do xacobeo, tan importante pra Galiza.

          Remataba o contrato de patrocinio. que propiciara o bipartito, e o Xacobeo desaparecerá borrado do mapa por Feijoo.

          A desaparición do xacobeo xa estaba nos plans do austero Feijoo, pero a sombra dun posible dopaxe de dous corredores deulle a Feijoo a escusa pra racha-lo contrato. A dubida dun posible dopaxe, non comprobado aínda, é un   feo lixo na desaparición do equipo, pero no xustifica, de xeito algún, a actuación de Feijoo, estendendo a todo o equipo dous dúbidas na carreira de dous xogadores.

06/10/2010 10:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ONDE ERAN DUBIDAS

20101007101816-duda.jpg

 

       Había unha dúbida con pinta de acadar certeza. A xunta anulara tódalas convocatorias de probas selectivas, pra convocalas de novo, agora baixo a súa persoal guía e uns tribunais de oposicións propicios.

        Despois de moito tempo as oposicións aínda están no limbo, as irregularidades que as rodearon fan pouco crible o proceso. Si alguén  tiña dúbidas de que as irregularidades detectadas eran propiciadas dende a propia Xunta, que nada era casual, que todo respondía a unha corrupta xestión programada polo propio Feijoo, o nomeamento, por Feijoo, do presidente dun tribunal, que foi o sumo das irregularidades, unhas probas que o TSXG anulou, pra un alto cargo da Xunta, despexa toda dúbida.

 

 

 

 

07/10/2010 10:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O BRASEIRO

 

        Logo da folga xeral, na rúa solo quedou un braseiro apagado. Os folguistas, digamos os sindicatos, non foron capaces de conectar coa rúa, nin o pretenderon. Son incapaces de vivir na realidade presente; están inmersos na loita de clases decimonónica e non ofrecen solucións pros retos de hoxe. Asistimos a uns sindicatos domesticados, acomodados nun xeito de vida que lles garantiza a supervivencia persoal, arredándoos dos problemas reais dos traballadores, ós que din servir. Hoxendía xa non é un problema solo de  salarios e  condicións laborais. A política e a economía condicionan as relacións laborais, e fase preciso que os sindicatos afronten este feito, se non queren vivir nun pasado alleo. Mentres a dereita económica dirixe os países, utilizando os gobernos de esquerdas pra conquerir os seus obxectivos.

        Non prantexaron os sindicatos unha reforma do gasto, buscando a eficiencia e o aforro, porque se vería afectados eles mesmos. O mais cómodo é facer cae-los sacrificios sobre as costas  dos currantes e manter intactos os previlexios do poder económico, dos políticos e sindicatos. A  folga, un paripé, pra entrete-lo persoal.

08/10/2010 10:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MENTIRAS PRA MESNADA

20101009104432-ovejas.jpg

 

      As mentiras non gobernan, teñen as patas cortas e non chegan lonxe. Mais que se pode facer cando os que nos gobernan non teñen outro argumento que a mentira; pouco queda que facer, é dicir, non facer nada, non lée-los titulares mercados, nin escoita-las radios que repiten sempre as mesmas consignas, unhas consignas que semellan as do 1939; unha televisión que se envolve na neftalina do branco e negro, do servicio ó partido único. Nesta  caso usar tapóns pros oídos, pra non sufri-lo síndrome de hamelín,  e pasar da telegaita, amén de ler con espírito crítico.

     O paro vólvese a incrementar en toda España, pero o diferencial que tiña Galiza co resto do estado desapareceu, nembargantes, Feijoo coa súa estatística constructiva tempera e, incluso, saca datos positivos do paro. De certo que pouco se pode esperar dun persoeiro que ten abandonado a tarefa de goberna-lo pais  e se dedica a facer turismo por España, predicando doutrinas ultradereitistas, mentres esmorece a renda do que fixeron os seus predecesores e que foi incapaz de destruír, pero que tampouco é capaz de conservar.

 

  

09/10/2010 10:46 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

MISÓXENOS

20101011104206-mujer-maltratada-con-un-baston.jpg

 

        O ideario fascista concibe á muller como o descanso do guerrero, sendo a súa función esencial a procreación.

         Na Xunta de Feijoo quérese dar un verniz de modernidade a esa idea e non se fala coa  mesma linguaxe  do clásico  fascismo; pero a concepción do papel da muller na sociedade muda pouco. O papel de ariete e de cargar coa responsabilidade da mala xestión do goberno recae sobre as mulleres; entrementres os baróns manexan e  tutelan tódalas accións das mulleres con cargos no partido.

         Á Conselleira de Facenda é tutelada e guiada por Rueda, con moi pouca fortuna, nas súas viaxes a  Madrid; tutela que tamén se aprecia noutras conselleiras; pero é nos cargos considerados de segundo nivel, onde o papel  concibido pras mulleres se fai mais visible. En infraestructuras responsabilizase do meirande fiasco da Consellería, e teñen moitos, a unha Directora Xeral; do mesmo xeito en Cultura paga a desfeita  da chamada cidade  da Cultura unha muller; en ambos casos deberan ser  cesados os Conselleiros; pero non, utilizaron unhas mulleres pra agocharse tras as súas saias.

         Nas xa famosas probas selectivas, premiase a un presidente dun tribunal, masculino, con múltiples e probadas irregularidades, nomeándoo pra un alto cargo por Feijoo, mentres se cesa a responsable, muller, das probas no Sergas.

         A que chaman cidade da cultura, ese sumidoiro de cartos, ese lugar de incultura e corrupción, xa ten directora; así cando asome outro escándalo Feijoo xa ten a quen votarlle a culpa.

         Non se trata de bendici-las extravagancias de Zapatero, pero dereitos elementais que as mulleres acadaran, son ignorados na Xunta; e organizacións ultras son promocionadas pra que axuden a colocar ás mulleres no lugar asignado na etapa predemocrática, ó mais estilo das ideoloxías fascistas do século pasado.

11/10/2010 10:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

POBRES

 

        Presume dela, sendo Galiza unha autonomía secundaria, en tódolos sentidos: Feijoo busca situala en lugar destacado. En  menos de dous anos, xa endebedou a Comunidade no dobre do que debía; igualou a débeda de tódolos gobernos anteriores. Con ser notable a mala administración de Feijoo, o que resulta mais chungo é que se endebedara pra paga-los favores ós que o levaron ó poder.

        Galiza, con 2.700.000 habitantes, ten 500.000 pobres, un 20% deles en pobreza extrema, Namentres Feijoo báixalles os impostos ós ricos.

        ¿Votarán ese medio millón?, ou serán a maioría silenciosa. Case seguro que votan e serán votantes de Feijoo, algúns deles.

        Hai quen é pobre, incluso pobre de solemnidade, pero a pobreza, amais de ser obxectiva, precisa que o pobre o asuma, que teña conciencia da súa situación.

12/10/2010 10:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TRASLADO FORZOSO

 

         Dentro dun contexto de adecuación e redistribución de efectivos, Feijoo intenta introducir, camufladamente, un control partidista dos funcionarios; dese xeito, os funcionarios incómodos pro poder político pódeselles enviar a unha reserva de reeducación no Caurel pra facer un censo de castiñeiros. Hai que admitilo, é un xeito inxenioso de control político e partidista da Función Pública.

         Os que pensaban que o ataque a autonomía dos concellos, a Deconstrucción, o aniquilamento de políticas de asistencia ós dependentes, xa calmaría as invencións do caudillo, estaban nun erro.

         A asignación e distribución de funcionarios, acorde coas necesidades da Administración e un xeito de vender ben unha idea; pero cando falta a eso unha garantía de imparcialidade, uns baremos, que a sustraiga a calquera manipulación política, é unha perversión. Sabendo como  é Feijoo, que fai todo, con segundas, sempre cunha intención oculta. Hai que tomalo con medo.

 

 

 

13/10/2010 09:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O INVITADO

20101014105452-dudas-o-aclaraciones.jpg

 

      Cando alguén é invitado, dentro das regras de boa educación admítese, como norma de xeral comportamento, un correcto comportamento co anfitrión. O Conselleiro Hernández foi invitado a inauguración dun tramo da autovía do norte. Este saír gratuitamente na foto oficial non lle éncheo o Conselleiro, tampouco se pode dicir que tivo un educado comportamento Institucional. Normal que esixa mais, que reivindique; pero dun xeito correcto e dentro da lealdade Institucional que esixía o acto. No mais puro estilo Feijoniano, desprovisto de toda crítica o seu propio actuar, arremeteu contra do Ministro Blanco. Nada da paralización de tódalas obras, da reducción orzamentaria pra inversións da súa Consellería, nun 60%, lle restou argumentos. Cando o único argumento é a mala educación e a mentira, non se pode esperar outra cousa.

        Con esa cara, esa falta de cortesía, confiado en que o seu enfrontamento co Ministro lle agochara a súa ineficacia, acudiu ó Pazo do Horreo pra render contas da paralización das infraestructuras. Os Deputados resumiron que solo un Presidente inepto o mantén no cargo.

                                   

 

 

14/10/2010 10:54 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

XESTION AVANZADA

 

       Nade pode dubidar de que Feijoo leva unha xestión avanzada da cousa pública; en dous anos de goberno incrementou a débeda da Comunidade nun 70%.  Non é solo este incremento de débeda, que case duplica a de tódolos gobernos anteriores, senón que endebedou a Autonomía, sen que se saiba cál é a obra, ou a inversión que acometeu. Este Feijoo é o mesmo que prometeu baixa-los impostos   e que vai deixar afundida a Comunidade baixo do insoportable peso dunha monstruosa débeda; sen que se xustifique ese monstruoso endebedamento con ningunha infraestructura.

       Á Xunta sentoulle mal que o Goberno do Estado autorice ós concellos a contraer nova débeda, eso trastócalle os plans de afogar ós concellos que non goberna o PP. A fineza do planeamento, xunto coa incompetencia, lévalle a ter retidos 76 millóns de euros, que o Estado lle transferiu pra infraestructuras locais. Feijoo debe saber que eses cartos hai que comprometelos neste ano, e aínda hai que elaborar os proxectos e os expedientes das obras. No tempo que falta, imposible

15/10/2010 10:28 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

NON INVESTIGAR

     

        Propoñíase, pola oposición, que se investigara as múltiples irregularidades habidas na autovía da Costa da Morte. Feijoo, nada mais tomar posesión, rescindiulle o contrato á empresa que a estaba construíndo, coa correspondente indemnización á empresa que realizaba a obra. Dende entón houbo adxudicacións, que foron anuladas polas irregularidades que se deron. Entre as irregularidades curiosas, estaba a adxudicación por un prezo superior ó que tiña, en 395 millóns de euros. Pro PPg esta irregularidade, que non era a única, non tiña suficiente entidade e non era merecedora de ser investigada. O PP quixo espallar merda pra agochar unha suposta financiación ilegal, e unha vez mais, a honradez de Feijoo sigue na dubida.

16/10/2010 10:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FOGUETEIRO

20101018103421-3763705528-494c478d1f.jpg

                            

 

      A actitude de Feijoo co Decreto do carbón é do mais noxento fariseismo. Ben  sabe cando é o momento de facer alegacións na elaboración dunha disposición de carácter xeral, e non o fixo, agora, co único propósito de quedar ben ante os ignorantes, anúncianos que se está estudiando pola Xunta a interposición dun recurso contra do Decreto. Mellor sería que fora de fogueteiro  nas festas dos Peares.

18/10/2010 10:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ABANDOADOS

20101019103131-a-mia-gaita.jpg

 

        O sector de pesca, agás as grandes empresas e certos armadores, nunca foron uns beneficiarios da riqueza do mar; pola contra os asalariados e pequenos autónomos exporíanse os infortunios da profesión, ó non contar con un seguro que lles cubrira as costas.  Foi López Veiga, Conselleiro nun goberno de Fraga,, o que puxo remedio á carencia. ! que distintos os gobernos de Fraga dos de Feijoo!. O seguro fora potenciado polo bipartito, pero agora Feijoo anulou o seguro; o prezo da póliza era menor que o que lle costa mercar titulares informativos, pero menos rendible propagandisticamente, sen dubida.

        O sector agrario vive alleo á polémica, porque nade se preocupou, nin se preocupa dun seguro específico.

        Dende a Telegaita e dende a Radiogaita, emítense efluvios propagandísticos pra adormece-los sectores, potenciados polos caciques, e facerlles crer que lles preocupa a Feijoo. Espertade.  

19/10/2010 10:31 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ECHE O QUE HAI

20101020103523-23226676-1.jpg

       O que Feijoo incumpra a Lei da Memoria Histórica entra dentro do pensar dese sector, tan abondoso no PP, pros que a guerra civil non rematou. Non son capaces de condenar o réxime franquista. Dicía un fascista que as esquerdas intentaban roubarlles España; unha maneira de pensar que revive a noite mais tebra do fascismo español. Pros fascistas España é unha inmensa finca súa; séntense incómodos e a desgusto na democracia, porque é un xeito de gobernar que  lles é alleo. Dicía unha Deputada do PSOE  que a actitude de Feijoo era miserable. Cando menos é incrible, negando a posibilidade  de que os mortos da dictadura descansen dignamente e en paz. Feijoo, e os que lidera o PP galego, integran o rexurdir político de algo que nunca morreu, fascismo do século XX, unha sobrevivencia do franquismo, de aí, a raíz da súa postura sobre a memoria histórica.

20/10/2010 10:40 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EXERCENDO

                                                                       

      Houbo un tempo en que os nenos respondían na escola, con certo orgullo, que a profesión do seu pai era contrabandista. Coa miseria de moitos, amasáronse grandes fortunas por unha zona de Galiza, especialmente nas Rías Baixas, do que hoxe é actualidade os bens dos Charlíns. Hai moitas fortunas, moitos que viven, non  se sabe á conta de qué. Os contrabandistas foron persoas que evolucionaron, dende o contrabando sinxelo ó narcotráfico e a política; sempre no fío da navalla da ilegalidade, do que son verdadeiros expertos.

      Na política hai un profesionalismo, que fan dela un arte,  xa sexa como tránsfugas, muñidores do transfuguismo, ou como estremeiros da ideoloxía do partido. Afortunadamente aínda hai políticos honrados, pero a propaganda, os falsos curriculums; debíanos facer desconfiar da emerxencia repentina de líderes.   

                                                                                      

 

21/10/2010 10:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VERGOÑENTOS

 

           O control informativo é unha obsesión de Feijoo; mércanse, mediante xenerosas subvencións ós medios privados, as informacións que interesan, aínda que, de cando en vez, se escape algunha información, que contribúen a manter esa tensión de control. Tratándose dos medios de información propios, o control exérceo Rueda. As informacións molestas pra Feijoo son suprimidas. As roldas de prensa que da a oposición son ignoradas, ou censuradas. Joseph Goebbels, queda feito unha caricatura da propaganda política.

22/10/2010 10:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿É RARO?

 

      Nada hai de raro en que unha empresa vinculada a GÜRTEL vaia a face-la vindeira campaña electoral das municipais a Feijoo, o único raro é que a Fiscalía non investigara as relacións de Feijoo coa trama, que non son de agora, veñen de vello.

      Cando as vinculacións de Feijoo e Negreira coa trama GÜRTEL seguen sen investigar, cando  a inexplicable xestión orzamentaria de Feijoo é unha tebra, temos que admitir que non hai nada raro.

23/10/2010 10:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XA EXPORTAMOS

20101025114601-freemind.jpg

 

 

      Non vos preocupedes cidadáns do mundo, o goberno de Galiza está en boas mans, xa exportamos. O líder do PP balear está copiando a precampaña que fixo Feijoo en Galiza. Nin Baleares é Galiza, nin o goberno balear  é o bipartito, os países, as circunstancias son distintas, e o que lle deu resultado ó PP nun sitio, o mais seguro, que non llo dea noutro; aínda que unha cousa é certa, non importa a verdade, importa o método pra chegar ó obxectivo. Por moi raro que nos pareza, todo foi posto en práctica con anterioridade na Alemania nazi. Hoxe, actualizado, é o método de  Goebbels.  Queda por saber canto é obra   de Xénova, ou dos profusos viaxes de apostolado de Feijoo.

      Xa sexa obra de Feijoo, ou de Xénova, asistimos a un reponte do fascismo, a un Franquismo sen Franco.

25/10/2010 11:46 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MENTIRAS CREATIVAS

.

 

          Cando Feijoo tomou posesión do goberno  a execución orzamentaria pra obras en curso, tiña un total de mil catrocentos oitenta millóns de euros sen executar; eses cartos que se arrastraba dende os últimos gobernos de Fraga, transitaron polo bipartito, que foi incapaz de executalos, e así, frescos, chegaron ás mans do líder Feijoo. Ente o derradeiro ano de goberno do bipartito, con 475 millóns de euros, e o primeiro ano do goberno de Feijoo, con case 1.400 millóns de euros; transferidos a conta polo goberno do Estado, froito dunha estimación errónea dos ingresos por impostos. Feijoo vese na obriga de reintegrar o indebidamente percibido, o que dixire mal. A un bo administrador non lle sería difícil reintegrar o indebidamente percibido, votando man do superávit arrastrado e  da débeda emitida; pero hai prioridades, e os amigos, que o encambraron ó poder son o primeiro.

           Xa vemos que diñeiro hai, todo é cuestión de prioridades.

           Corina Porro tamén se apuntou o das mentiras creativas. Prometeu rescatar Vigo pros vigueses, e chamoulles a Zapatero e o Alcalde de Vigo Pinochos. Xa estamos: chamoulle o forno ó muíño aburado, estando el mais queimado.

           A amnesia selectiva, fíxolle esquecer que Feijoo lle quitou a Vigo o hospital proxectado, elaborando outro proxecto cun tamaño mais reducido, e entregándollo á iniciativa privada: dos orzamentos previstos pra súa construcción non se soubo mais. Pola súa parte , a mesma Corina, co concurso de Feijoo, aplicouse en subtraerlle a Vigo investimentos da Xunta. Eses son os que van rescatar Vigo. Si eu fora vigués non solo nos os votaría, convencería ós veciños pra que non o fixeran e impediríalles cruza-la ponte de Rande, e achegarse ós monos da Madroa

           Enfermeras, fontaneros e Bedeles ó poder. Vaites, !que pais!

26/10/2010 11:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MENTIRAS ORZAMENTARIAS

                                                               

           Zapatero merca apoios pros seus orzamentos, o PP pono a parir; razóns no lle faltan, aínda que cando o precisou fixo o mesmo.

           A Conselleira de  Facenda presentounos os orzamentos da Xunta como austeros, realistas e sociais. Pois ben,  De principio non son austeros; recorta-los, sen mais, non equivale a austeros. Serían austeros se recortaran os gastos correntes, en lugar dos gastos socias e as inversións,  que se recortan nun 45%., pola contra increméntanse os gastos corrente coa creación innecesaria dun novo órgano administrativo, a AXENCIA TRIBUTARIA GALEGA. Realistas, non o cree nin o que asou a manteiga nun garabullo.; en gran parte dependen  das transferencias de Madrid. Si Feijoo critica os orzamentos de Zapatero; ¿ en qué estimacións se basea?. Sociais; fai   falta mais morro que cen negros  cantando o aleiuuuu; Suprimiron comedores escolares, suprimen 1000 profesores no ensino, recortan o gasto sanitario, recortan as asistencias sociais; suprimen o seguro da pesca, eliminan incentivos á modernización do sector; no se inverte en medioambente, as infraestructuras, non solo se recortan, senón que o presupostado non se executa. Os recortes e os peches de líneas de investigación levaranos a unha Galiza medieval, atrasada, escura, gobernada por caciques.

             O apoio á lingua galega, en presuposto, é un tercio do goberno anterior; o normal dun goberno que quere extinguila.                

             A Conselleira de Facenda solo está entregada ós medios os que lles mercou os titulares; eso demostra que moi bos non son. Ter que pagar pra que che falen  ben deles evidencia que hasta a cos fixo non os cre.

            Menos infraestructuras, menos política social, menos sanidade, menos educación pública, menos cultura, mais paro, mais pobreza e, dende logo mais propaganda.

 

27/10/2010 10:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MENOS LUZ

 

         Non é que as electrizas nos quiten a luz; a menos, penso que eso non ocorrera mentres paguemos o recibo. Hai outra escuridade, que consiste en gobernar e tomar decisión, rodeadas do mais puro escurantismo. Estas mesmas medidas de goberno soen ser obxecto de campañas publicitarias do propio goberno, co que fan menos intelixibles as accións do poder. Eso demóstranos o importante que é a propaganda, facendo que a cousa mais banal a  vexamos como unha ocorrencia luminosa.

         Asistimos a un novo estilo de goberno, Feijoo marca o vieiro e xa nada volverá a ser igual. Resúltame incomprensible que opine de todo e sobre todo, a súa sabiduría sobre o universal, apoiada pola súa profusa presencia nos canles autonómicos, amén dos titulares mercados, fannos ter del a imaxe dun supermán, sabio, que o sabe todo, e nosoutros somos cada vez mais ananos, fronte a ese mundo mediático. 

         O rexurdimento de Goebbels, é como podíamos titular a ese circo propagandístico.

 

 

 

28/10/2010 10:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MALOS VENTOS

 

       Os que teñen un terreo susceptible de instalar muíños de vento viven co susto no corpo esperando, que dun momento a outro lles expropien, pra darllo a algún amigo de Feijoo pra que faga negocio. Ós propietarios, contra da mais elemental razón, non participan no negocio, e os seus terreos dáselles un valor simbólico pra incrementar a marxe de beneficio dos especuladores. Tal como  regulou o PP a concesión de parques eólicos, as concesións son discrecionais e, nin os propietarios dos terreos, nin as Administracións públicas, obteñen  beneficio algún do negocio. A regulación, que no seu día fixo o  bipartito foi tachada de ilegal polo PP e as concesións outorgadas o seu amparo impugnadas por ilegais. Os litixios aínda seguen nos tribunais; arranxados solo os casos indibiduais, en que se allanaron ás pretensións da Xunta, previo o pago dunha cuantiosa indemnización que lle abona a Xunta cos nosos cartos, A finalidade da promulgación  da nova regulación do eólico no é outra que deixarlle as mans libres a Feijoo pra facer subxectivas as adxudicacións. As adxudicacións que outorga Feijoo pra explota-la enerxía eólica son unha espoliación en toda regra.

                                                                                               

 

29/10/2010 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MUNICIPAIS

 

                                              

        As municipais están a caer. Un problema sen resolver agroma no horizonte. Non sei se alguén pensou que o PP ía cumpri-lo pacto antitransfuguismo. O mesmo Feijoo e o muñidor de mocións de censura se encargaron de despexar toda dúbida. Atoparon unha escusa no caso de Benidorm, tampouco lles facía falla. A folla de ruta dos apaños xa hai tempo que a tiñan trazada.

        É pouco comparable o caso de Benidorm cos de Galiza, non ten nada que  ver. En todo caso, o protagonista do caso Benidorm recolle a luva e propón que tódolos sospeitosos de transfuguismo se retiren. Eso é deixar a Feijoo e a Louzao co cu o aire.

        Nos casos de transfuguismo flota a sospeita da corrupción, unha corrupción atribuíble por igual ó corruptor e o corrupto. O nefasto transfuguismo houbérase evitado si a acta de concelleiro non fora persoal, senón do partido. Nunha suposta reforma electoral, ademais de non atribuí-la acta ó elixido, xa que as listas non son abertas, a maioría absoluta debería atender a un dobre concepto de maioría de deputados e de votos; dese xeito, nunca unha minoría imporía a súa vontade á maioría.

30/10/2010 10:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris