Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2010.

¿QUE SE PODE FACER CON 2.280 MILLOS?

20100901113014-20100131185700-tiras-comicas-jubilacion.png

 

            Eu hai días que non os gano. 2800 millóns de euros servirían pra construír unha completa rede de hospitais públicos. Ese é o presuposto que a Xunta vai destinar ó que chama mobilidade. Mobilidade non; estudios de mobilidade. O que é o mesmo, reparti-los ós amigos.

            Nestes tempos de mingúa de recursos económicos, fase mais necesario que nunca a aplicación daquel principio elemental da asignación axeitada dentro duns recursos limitados.

            Este é o caso típico das accións de goberno  do réxime freixoliano.  Non goberna, espolia a Galicia; os mais culpables somos os propios galegos, empezando pola oposición. Parece que algúns a súa única función é quenta-lo escano.  Asómbrame a placidez dos cidadáns ante os desmáns de Feijoo. Parecería normal que os vigueses montaran en cólera, non solo polo asunto do hospital, senón polo xeito en que ten marxinado á cidade. O mesmo Pontevedra, aturando as ocurrencias e boicoteo ó goberno municipal de Telmo,  culminado co hospital e a paralización da rolda urbana. Non é menos a Coruña, co abandono da ría do Burgo, os caneos da terceira rolda, pra que apareza o alcalde como o culpable do atraso. 

01/09/2010 11:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS ENCANTOS DO PODER

20100902103216-0000000000111.jpg

 

           Non sei porque será, pero teñen a teima de presentarnos a Feijoo como un empedernido conquistador. Canto mais empeño poñen nilo, desconfío mais dos montaxes. Qué sería daquela noiva que nos amosaron hasta a saciedade cando as eleccións. Agora tócalle o turno a unha actriz galega, !que sucumbiu ós encantos seductores de Feijoo!. ¿escolleríana por ser actriz?. ¿ Será un acto mais da comedia política?

           Tanto Feijoo como a actriz seguro que conseguiron o que pretendían.

02/09/2010 10:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

INFORMACION TRANSPARENTE

20100903110219-manipulacion.jpg

 

            O voceiro do PP  Rodríguez Miranda, cun sorriso, que no sei como interpretala,  votoulle un capote os medios de comunicación propios, especialmente a tvg, tan criticada pola súa opacidade e tendenciosidade informativa, especialmente no tema dos incendios.

            Segundo Rodríguez Mirnda, agora non hai censura como cando gobernaba o bipartito, agora hai liberdade informativa. O PSOE tiña que arrima.lo ombro e deixar de criticar. O malo  do carro é que sequera ten rodas.

             Había que recordarlle a Rodríguez Miranda o que fixeron eles, sobre todo creando asociacións ecoloxistas, que non tiñan outra función que acosar ó goberno.

            Xúrovos por snupy que as festas do viño non    condicionan  as críticas., mais ben hai unha consigna do PP pra   atacar e repartir mandobles a eito

              A TVG non pode dar unha información veraz e independente; porque dende o seu director, á maioría dos empregados, responden a un perfil político,  son persoas  de partido antes que traballadores da información. A labor da TVG é controlada é manipulada, non solo dende a  Consellería  da Presidencia, senón internamente pola multitude de empregados do Ente, que actúan como comisarios políticos do PP. É chamativo que o Presidente da Xunta ocupe o 78% das emisións de contido político, que en moitos casos se oculte información sobre a oposición, e cando se da, fan cortes, pegan frases, introducen imaxes, pra darlle un sentido disinto á información e manipulala en intres do goberno.

                 En vista da pouca utilidade publica e do partidismo do Ente, débese prantexar, seriamente, a    supresión da TVG, ou a súa reestructuración e                  reducción de persoal, prescindindo do persoal de dependencia ideolóxica, aínda que esto sería difícil.  Como mostra un botón: a OPE está paralizada porque o PP pretende consolidar  a todo o persoal que enchufou Feijoo.

                 A manipulación informativa deterrmina unha notable baixada dos índices audiencia. A xente busca noutros medios unha información mais  fiable.

 

 

03/09/2010 11:02 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

20100904094246-4tz8qxi.jpg

      Xa nos imos a esquecer deses mais de 2000 millóns  que teñen previsto pra costear estudios de mobilidade. Algo mais cercan pódenos dar unha referencia exacta. Pra propaganda do decreto xenocida, polo que se cercena o uso do galego no ensino, a Xunta investirá un millón de euros, Os libros pro ensino, escritos en  galego, que se suprimiran, e qe a Xunta pagará, supoñen seis millóns de euros. Pra uns supostos cursos de formación pra parados, dáselle a Crespo un millón de euros. Pros equipos de normalización 14.000 euros. As comparanzas son inevitables e con resultados elocuentes.  Si eu fora dos equipos de normalización preferiría traballar en situacións   de necesidade extrema, pero con  dignidade, e diríalle ó enterrador cos metera naquel sitio por onde se empezan os cestos.

04/09/2010 09:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EMPOBRECEMENTO

20100906102529-chicos-pobreza-esp.jpg

 

 

       O crecemento económico e o emprego dos doce últimos anos, anteriores ó réxime de Feijoo, víronse   reducidos á metade en dous anos.  Visto así, resulta incomprensible o dato promulgado ós catro ventos pola Xunta, segundo o cal Galiza estaría nos postos de cabeza das rexións mais desenroladas. Equiparándoa a Navarra e o Pais Vasco.

      O que hai de certo é que nos últimos tempos emigraron 170.000 galegos. Non solo houbo unha inmigración hacia outras zonas de España, tamén se constata unha emigración fora do estado, que nos recorda ós anos negros do franquismo, o cal evidencia a situación de  dificultade económica do pais.

       Os xóvenes non atopan emprego, os eres aumentan, pero a conselleira do paro é galardoada como coruñesa do ano. Moi pouco fai fala pra acada-lo galardón de coruñesa do ano; solo un millón  de euros.

      O mais significativo non é ese galardón da conselleira do paro; o mais significativo é ese pais de fantasía que nos vende Feijoo, intentando facernos creer que vivimos nun mundo feliz, escondendo os problemas

06/09/2010 10:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COAS NAVALLAS PREPARADAS

20100907103628-lluvia.gif

         

          Hoxe si que a Xunta ten o mellor sistema contraincendios, Chove con ganas.

          Tanto apertar pode levar a algúns a unha situación límite; tal é o caso do gabinete de prensa da Consellería do Medio Rural. A desinformación que practican vólvese difícil de xestionar. No gabinete vívese unha situación de nervios. Xa non  era pouco o que esixía o Conselleiro. Rueda aínda quere mais. Un personaxe instalado na falsidade, como valor esencial da desinformación; dan tristura as súas roldas de prensa informais, nas que a falta doutro argumento, alega unha transparencia informativa moi superior á que tivo o bipartito. Simplemente acojonante. Si Rueda se dedicara ós  e outras lambonadas, mellor sería.

 

 

07/09/2010 10:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DENDE SOUTOMAIOR

20100908104106-220px-castelosoutomaior.jpg

  

   O castelo de Soutomaior aínda garda os ecos dos pezuños dos cabalos de Pedro Madruga, cando    recorría a bisbarra, e nas súas correrías chegaba a terras do que hoxe é Portugal.  Son  ecos medievais dun pasado. Mais é alí onde o PP se sente na  súa salsa; un pasado alongado no tempo, pero cércano no sentir. Pros líderes do PPg a figura de Pedro Madruga é mais celebrada que a de Rosalía, ou calquera intelectual galego. Se non chega con ver os feitos, se alguén o dubida.

     O Castelo de Soutomaior, propiedade da Deputación de Pontevedra, foio o marco elixido pra unha gran paparotada, na que centos de peperos deron boa conta de empanadas, polbo e viño; mentres Rajoy fixo vagas e engaioladoras promesas de goberno, destinadas, non solo ó consumo interno, senón a potenciais votantes. Si goberna vai promulgar unha lei, única no mundo, pra que o PP goberne, por lei divina, nos concellos. Á marxe dos resultados electorais. O PP que fai de calquera xuntanza unha festa medieval, con comidas regadas por viño abondoso, sen controles de alcoholemia e na que facemos de páganos.

     A coalición que concorre á seleccións baixo ás siglas do PP tería, pra concorrer con limpeza separasen as  distintas fraccións da dereita; logo xogamos; pero pretender gobernar  cunha minoría de votos, como fai na Xunta, e querer aínda mais,  é ter moito papo e pouca vergonza. 

    O PPg é a mais rancia expresión do réxime feudal. Os alcaldes son os señores feudais locais, que dependen dos señores  de Santiago. No vértice atopase Feijoo, rodeado de servos. Este PP galego, a mais de feudal, é moi vingativo, partidista e  revanchista, como o ven demostrando dende que goberna Feijoo. Ademais da ultra conservadora ideoloxía, ten un xen destructor, único, e un sentido franquista do poder.

 

 

08/09/2010 10:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MORTE POR ESGANAMENTO

        Galiza, salvo Feijoo, que non  é deste mundo, láianse da morte dun medio de comunicación en galego. Por moito tempo, A NOSA TERRA, foi un facho na escuridade, que daba luz na nosa cultura,   cando  escribir  en  galego era un desafío, polo que foi, xunto con GRIAL, unha publicación pioneira.

        As publicacións, dunha natureza similar á NOSA TERRA, non teñen doado sobrevivir sen axuda do goberno. Feijoo dende un principio vetou ás axudas a estas publicacións e volcouse con medios de comunicación poderosos, que o podía apoiar na súa política de arrasamento e asalto ó poder.

        A NOSA TERRA, ademais dun poder político hostil, tamén sufriu, como empresa, as restriccións do crédito. Entre todos  a esganaron e nesa política benefactora de Feijoo, na que se reparten cartos en subvencións, en función da afinidade política, ou beneficio a obter, e negocios coa súa política de privatización do público; diríxese a información pra que os galegos pensen que viven nun mundo de fantasía. Prohíbese o ensino na lingua propia,  dicindo que se ampara a liberdade, abandonase o agro, pra que os labregos se entreguen ós caciques.

        Temos que  ver como outros escriben a nosa historia, A NOSA TERRA xa a silenciaron. Augúrolles a outros medios unha difícil singradura polos procelosos mares da liberdade. O fouciño do poder axexa.

09/09/2010 10:32 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

INSTALADO NO PASADO

20100910102315-20100415elpepivin-3.gif

  

         Xa pasaron moitos anos daquel tráxico 18 de xullo, cando un grupo de militares se sublevou contra do goberno lexítimo. Hai tantos anos daquelo que se perde na memoria. Uns feitos que a maioría desexa esquecer. Xa hai 30 anos de réxime democrático, no que non solo se presume da existencia duns valores que rexen a nosa pacifica convivencia en paz e liberdade. O ríspeto as opinións alleas sería unha consecuencia inmediata  desa convivencia pacífica  e en liberdade, pero hai quen segue instalado no pasado e o seu espírito franquista lévaos a prohibir, incluso actividades culturais, co gallo dunha romaría local. A cultura sempre foi sospeitosa; se pra mais é distinta da oficial, promulgada por San Caetano, a un bruto non lle debe caber a mínima dubida.

          Cando ó gusto de prohibir, únese o desexo de agradar ós líderes, xa non hai dubida do vieiro. A prohibición. Tal foi o proceder do alcalde de Valga; unha localidade pontevedresa, que se alguén non ha coñecía, o seu alcalde situouna no mapa, ó prohibir que se montara na romaría local unha mesa coa sospeitosa e perigosa intención dun grupo cultural de festexa-la cultura galega.

10/09/2010 10:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN CANEO

20100911105249-2yonzwg.jpg

 

       O  austero Feijoo estaba atrapado coa pregunta    que o PSOE presentara no Parlamento pra que explicara por qué se rescindiu o contrato á empresa que estaba construíndo a vía rápida da Costa da Morte e se lle adxudicara a outra empresa con un sobrecusto de 400 millóns de euros. Xa facía tempo que o PSOE viña pedindo documentación do expediente, o   PP sempre respondía cunha táctica evasiva, facilitando documentos aislados e insubstanciais; polo cal o PSOE non tivo mis remedio que presentar unha pregunta sobre o particular no Parlamento; a resposta do PP foi cesar á Directora  de Infraestructuras; así intentan baleirar de contido a pregunta e responsabilizar da falcatruada á Directora, desviando á responsabilidade do cártel de Pontevedra e do mesmo Feijoo.  

      A construcción  da vía  da Costa  da Morte é un episodio mais da corrupción do goberno de Feijoo. Un vía que debía estar a punto de finalizarse, pero que parece que o PP vai demorar sine die. Hoxe aínda se  recordará a patética imaxe dos alcaldes peperos da Costa da Morte, ós que o Conselleiro de Infraestructuras despachou, como os indios, con abelorios e palmadiñas.

11/09/2010 10:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

REGRESION NO ENSINO

20100913110311-animated-teacher-2-000.gif

 

           O ensino público en Galiza camiña cara a marxinalidade e a precariedade. En tódolos niveis educativos se está reducindo efectivos, e se trata de facer un apostolado entre os docentes pra que secunden as políticas de Feijoo. Non é sorprendente este acoso ó ensino público, ó mesmo tempo que se incentiva o ensino privado, especialmente o relixioso e o comprometido ideoloxicamente coa causa. É no ensino público onde se prevee unha maior oposición á política   evanxelizadora  de Feijoo. O seu proxecto de converter os centros de ensino en reservas ideolóxicas  dun pensamento ultraconservador, choca  coa postura  de non poucos docentes, partidarios dun  ensino desleoxilizado.

          Co seu manido pretexto de preserva-la liberdade, está atacando os cimentos mesmos da convivencia e creando problemas onde non os houbo. Franco xa utilizou, nunha situación algo similar, o termo liberdade pra sumir ó pais nunha longa noite de atraso, ideoloxía e  represión. Con métodos mais sutiles, aínda  que non lle importaría, nin lle faría ascos á represión se fixera falta, Feijoo quere volvernos, con complicidade de múltiples caciques rurais   e baróns urbanos á senda  marcada por unha política de ultradereita, cun capitalismo feroz, e a destrucción sistemática de calquera atisvo de identidade do pais.

 

13/09/2010 11:03 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

SEGUIMOS: UN COMENZO SEN POLÉMICA

20100914105029-119vi-etas-agpi.jpg

           Como opinaban comentaristas do blog,  Feijoo practica unha política asovalladoras das minorias e salvaxemente liberal. Eu diría: unha política uniformadora, de  pensameto único e depredadora.

           Ese curioso personaxe encargado da area de educación do goberno Feijoo, manifestou que o curso escolar comezara sen problemas. Non mentiu, pero tampouco dixo a verdade. O  curso escolar comezou sen problemas no ensino privado, que debe ser o único que existe pro Conselleiro, aí non mentiu, Pero no público, sen material, con case mil docentes menos, sen apoio pra impartir un coñecemento aceptable de lingua estranxeira, xa non pra aplicación do Decreto de castración, comedores escolares pechados. O Conselleiro non mentiu, porque pra el o ensino público non  existe; deixémolo, pois, en que non dixo a verdade.

14/09/2010 10:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MAIS ENSINO

20100915094427-callate-silencio.jpg
  1.  
  2. 

    No diario O XORNAL, Telmo, candidato a alcalde en Pontevedra polo PPg, opina sobre a educación, en concreto sobre o ensino. Xa non se trata de que el non sexa o indicado pra falar do tema,  a mais de non ter ningunha cualificación académica que garante un mínimo de coñecemento pra saber do que fala. Un político con un mínimo de sentido común debe ter algo de coñecemento do que opina, senón mellor ser prudente e non mete-la zoca.

         Segundo Telmo García o axuntamento, con uns recursos moi limitados, debera abandonar outras funcións mais domésticas e destinar cartos ó ensino, enchendo así a lagoa creada pola Xunta ó dar preferencia ó ensino privado, de tipo relixioso e ideolóxico da dereita dura.

           Que o candidato a alcalde diga esto, debería ser suficiente pra unha reacción cidadá. Despois de que Feijoo recortara os recursos do ensino público, esta parrafeada dálle a un gañas de apearse do mundo. Cada pobo ten o que se busca.

         

15/09/2010 09:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PERVERSION

   Unha inteprrupción, e logo volvemos  critica-lo goberno

  Nunca  comprendín moi ben o da ofrenda ó apostol, pero o do mitin que deu Rajoy, na misa do peregrino, coa asistencia da florinata do PP, pareceume surrealista; que a política se confunda coa relixión e se solte un mitin ós asistentes á misa é unha pasada. O acto recordoume os sermóns que se pronunciaban no réxime de Franco; cando dende ós púlpitos se facía política e se levaba baixo palio ó causante de tantos asasinatos e principal artífice da guerra civil. Rajoy quere facer do apostol Santiago un seareiro do PP. Insuperable.

16/09/2010 10:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿QUÉN DIXO AUSTERIDADE?

 

          Se algún incauto se tragou o discurso, tan manido, que nos indilgou Feijoo, sobre a austeridade, o que o tempo encargouse de ir poñendo no seu sitio.

          Non imos falar das papancias que  se pegan os conselleiros e demais persoal  a conta da Xunta, sequera desa macropapancia que se pegaron centos de peperos na festa de Soutomaior. Tampouco das papancias da Deputación de Pontevedra e de certos concellos.

          Non hai diñeiro pra infraestructuras, a crise, a austeridade, o bo goberno; pero hainas pra subvencións  ós amigos.. A longa ringleira de subvencionados, únese a do irmán do Conselleiro de Cultura. Non se sabe moi ben se un  contrato a dedo, ou unha subvención; o que está claro é que se embolsa case 400.000 euros.

          Vendo como se enchen e se reparten subvencións, calquera diría que estamos en  crise.

          A austeridade de Feijoo aínda é mais incomprensible cando vemos a operación reconquista financiada polo PPg.

           Nada se soubo, e segue, dos contratos adxudicados a dedo a empresas do Gürtel. Subvencións, paparotadas. xugosos contratos, viaxes, etc  son propios da austeridade

18/09/2010 10:00 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

A PROBA DO ALGODÓN

20100920102507-media0000009132.jpg

 

 

           A votación no Congreso, da transferencia a Galicia en materia de tráfico, a mais dun resultado clarificador, tamén se viu a imaxe patética de deputados votando no Congreso o contrario do que antes votaran no Pazo do Hórreo.

           A transferencia da competencia en materia de tráfico non é unha cuestión tan esencial; pero si non a tomamos como unha cousa aislada, senón que examinamos o que está no conxunto da cuestión; entón si é importante. Polo de pronto  evidencia o nulo peso de Galiza na política do Estado. Nin o PSOE, nin o PP teñen a mínima dúbida en ningunea-lo Parlamento de Galiza e os líderes autonómicos dos seus partidos. Tamén salienta o papel e a personalidade dalgúns Deputados, meros pesebristas que solo está alí pra chuza-lo botón que lles ordenala pun.

           Pensei que Feijoo desta vez ía estar calado; pero este ínclito personaxe non se pode resistir cando lle poñen un micro diante.

           Como é normal nel, a culpa solo é do PSOE. Esta falta de realismo e de ríspeto á  verdade, colócalle fronte a súa responsabilidade de presidente, principal responsable  da autonomía que goberna, tanto de propios como de alleos.

           Xa vexo os policía autonómicos vestida de gaiteiros; en lugar de pistola levarán unha gaita, e en lugar de deter a un  delincuente tocaranlle unha muiñeira. Moi folclórico

20/09/2010 10:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS DEPREDADORES

20100921101037-20091127elpepivin-004.gif

 

       O Triunfo de Feijoo nas autonómicas supuxo, entre outras cousas, que determinados grupos de interese vexan a veda levantada pra facer negocios millonarios, á costa do empobrecemento e a ruína do pais. Iberdrola, non solo fai o que quere nos ríos, tamén se vai facer coa propiedade de montes comunais. Pescanova, que tiña un oso difícil de roer co bipartito, acadou o seu soño de facerse con  Touriñán. O da instalación dunha piscifactoría é un simple engado, pois non solo adquire a propiedade dos terreos, senón que logra que se descatalogue como espacio natural pra sementar, no futuro, aquela singular paisaxe de ladrillo. Recoletos tres, próximo ó PP, xa lle meteu o bocado o hospital do Centro Galego de Bos Airees. A sanidade galega é un magnifico campo de negocio. San Rosendo ocuparase das residencias, xa sexa  directamente, ou a través de terceiros. Pra impartir   cursos de formación está, ademais de Crespo, outros vencellados ó poder, e así un rosario. Alí onde se vexa un euro, sempre haberá alguén vencellado a Feijoo pra recollelo.

      Non hai diñeiro pra infraestructuras, educación pública ou sanidade pública; os servicios sociais, ou desaparecen ou se recortan, pero aí están esas axudas á prensa, recentemente aprobadas, por case dous millóns  de euros, que se repartiran con criterios de estricto beneficio electoral pro PPg.

21/09/2010 10:10 mmarcos #. sin tema Hay 5 comentarios.

DA PEOR SANIDADE

20100922101159-20100206111526-nueva-ley-k.jpg

 

       En moitas cousas os galegos somos os campións; por e exemplo temos a meirande densidade por metro cadrado de caciques; tamén somos unha comunidade punteira en emigración. Campións en incendios. O goberno mais manipulador e opaco de tódalas autonomías, e ter  este record non é doado. Si queremos tamén podemos poñernos de primeiros si nos colocamos pola cola; así somos das peores autonomías en Sanidade. O da sanidade aínda ten mais records. Subvencionan a empresas como Recoletos, que se papou mais de 47 millóns  de euros pra saquear o hospital do Centro Galego en Bos Aires. Os amigos teñen copado os suministros e as asistencias internas e externas. Sanidade manexa moito diñeiro e o dispilfarro, agrándase coa mala xestión, Non é doado xestionar esta area, pero queda claro que a demagoxia é o primeiro do que hai que fuxir. Infraestructuras, asistencia social e a dependetes, tamén imos en cabeza, por detrás. 

        A factura sanitaria de Galiza é das mais altas do estado. Dende   que tomou posesión o austero goberno de Feijoo non fixo outra cousa que medrar, o que evidencia a mala  xestión que  se está a facer.

        Mais laborare, menos parlare.

22/09/2010 10:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEN POLEMICA

20100923103558-inmigracion.jpg

 

 

            Non é politicamente correcto falar da emigración como algo negativo, de feito calquera opinión sobre o particular ten unha censura tácita  Comprendo que é un tema delicado, que se presta á demagoxia fácil; pero non pode ser un  tabu. Como o poder non pode dicirme o  que debo escribir, fágoo con total liberdade. .

            Xunto ós que  veñen a gaña-la  vida honradamente están os que  veñen a  vivir á costa dos contribuíntes. Nunha tertulia escoiteille a un funcionario de prisións que case o 75% dos presos eran inmigrantes, o cal me fixo reflexionar sobre o custe o Estado de cada preso: instalacións, persoal, manutención e outros gastos, con un subsidio de paro, etc. Seguro que sae moi barato pra esta xente delinquir, porque é un xeito  que teñen algúns de vivir, especialmente cando a recompensa vale a pena, xa que a tódalas demais teñen unha manutención asegura, como nun hotel,  cando moitas familias pasan  fame e non delinquen,. Outro contertulio, fillo de emigrantes a Suiza, dicía que en Suiza si un estranxeiro delinquía era expulsado. Tamén se falaba de inmigrantes con varias esposas e multitude de fillos, polos que devengan as suficientes axudas e  beneficios pra que non teñan que traballar.

            Cando a situación se volva insostible, en España, cunha economía feble,  hai mais do dobre de emigrantes que a media europea, e cando os medios de distracción non sexan capaces de oculta-lo que pasa, pode haber unha explosión de consecuencias imprevisibles. Sería tarde pra lamentarse.

            Pra redondear mais o tema, moitos imanes practican un proselitismo pra causas extremistas,  o mesmo tempo que chaman a practicas contrarias ó Dereito e a convivencia. Noutro pais houbéraselles expulsado e pechado o chiringuito.

 

 

23/09/2010 10:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DESCREIDOS

20100924100458-p-05-07-2010.jpg

 

 

         Xa o dixo Feijoo, con esa interpretación teatral tan característica, a visita  do PAPA non vai custar cartos, vaise a autofinanciar . Estaba eu preocupado con ese orzamento especial que a Xunta dixo que ía destinar á visita do PAPA, porque se ocultaban gastos que vai orixina-la visita. Con oportunidade, Feijoo adiantouse a calquera dúbida, a viaxe do PAPA non nos  vai  custar un euro,. Din eso e o mesmo tempo afirman descoñecer cales serán os gastos reais, que se pensa  van pasar dos catro millóns de euros presupostados . Eso é Fe, o demais son  gaitas.

           Agora xa vexo tamén mais claro a supresión da noite bus, que o PPg vía imprescindible cando estaba na oposición. O goberno  de Feijoo é austero. O bus das noites de marcha é un despilfarro pra un servicio que non se vai autofinanciar, ademais, é dubidosa a fidelidade desa xente o PPg. Os retoños do PPg teñen transporte propio.

            Galiza, que pertence a un estado que se di aconfesional, gasta, en profesores de relixión, 40 millóns de euros. Antóxaseme que non garda relación esa cantidade cos recortes en servicios sociais, nin no ensino público. É evidente que estamos ante unha austeridade selectiva. A negativa da Xunta a facilitar a estimación do gasto da viaxe papal, non  é mais que a consecuencia da ineptitude da Xunta.

 

24/09/2010 10:04 mmarcos #. sin tema Hay 4 comentarios.

ALGO AGACHA

 

       Estou seguro, vamos, tan seguro como que existe a morte e a  Axencia Tributaria, que o expediente da autovía da Costa da Morte agacha algo gordísimo. Custoulle, pero ó fin, o Superconselleiro mandou parte do expediente da Sospeitosisima adxudicación do concurso da autovía da Costa da Morte ó TSXG, como lle fora requirido. Xa no seu día o superconselleiro non facilitou o expediente completo, co gallo da pregunta parlamentaria do PSOEg. O superconselleiro di que non enviou o expediente completo porque a empresa declarou secretos datos do expediente. Esto é ofensivo, insultante, propio de quen despreza as Institucións e considera retrasados mentais ós cidadáns

       Nin o que asou a manteiga nun garabullo se lle ocorrería un argumento de tanto peso. O ínclito conselleiro establece e limita o ámbito do que debe coñecer o Tribunal.

       Si o PPg ten tanto intres e agochar o contido do expediente, espero que non teña nada que ver cunha financiación ilegal do PP 

 

 

25/09/2010 13:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA COVEIRA

20100927105138-3974818345-8135acc5c6.jpg

 

       En infraestructuras, esa area do desgoberno freixoniano manexada polo club de Pontevedra, ven intencionalidade política nas alegacións de concellos, asociacións, etc, ó plan de ordenación  do  territorio.

       Xa teñen substituta pra cesada directora xeral de infraestructuras; alguén que, pese a súa polémica xestión no posto que viña desempeñando, é unha garantía  de que a política anterior, pese o cambio de titular, ten garantido a continuidade do proxecto, xa que a súa fidelidade á política de Feijoo está probada.

       A vía da Costa da Morte queda en suspenso. O subrecusto  de 395 millóns de euros. O mellor  xa  estaban noutra man.

       Houbo  un conselleiro que cobraba o 4% ós adxudicatarios pra financiación do partido; foi cesado cando engadiu unha parte pra si.

       Con todo, non importa o atraso, o conselleiro Hernández xa repartiu abelorios e aloumiños entre os alcaldes da zona.

27/09/2010 10:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ESCOCE

20100928095735-estrangular.jpg

 

       A comunicación da Ministra de Facenda, reconsiderado a prohibición ós concellos para que se endebeden, distinguindo ós que teñen unha tesourería relativamente saneada, dos que teñen un endebedamento temerario, parece unha das rectificacións mais acertadas de Zapatero. Non é lóxico que a prohibición de endebedarse comprenda a tódolos concellos, sexa  cal sexa a súa xestión financeira. Pois ben, parece que hai quen se anoxou moito, entre eles a  Xunta feijoniana e a alcaldesa mais enfadada, a rexidora de San Ciprán das Viñas.  Son  reaccións que   non merecerían comentario, se non fora porque se destapa o intres que tiña o PPg en afoga-los concellos non gobernado por eles. Dende a Xunta, como xa se empezou a facer, íase a auxiliar con xenerosas axudas ós alcaldes do PPg,, non ó concello, (pois Feijoo e Rueda teñen claro que non é o mesmo). O da rectificación do endebedamento dos concellos foi como si a un gato lle sacaran un rato das uñas. Tomaaa imparcialidade.

 

28/09/2010 09:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON HAI CASUALIDADES

20100929103911-bruja.jpg

NON HAI  CASUALIDADES

 

             Non hai casualidades, Silleda representa pro PPg o centro xeográfico do municipalismo do PP, alí é territorio dominado por Louzán, pero Louzán, a mais de Presidente da Deputación de Pontevedra, é promotor de mais de media ducia  de mocións de censura, regazo de tránsfugas, etc., é  tamén un dente mais, moi importante da conexión pontevedresa do PPg,  da  que forman parte Feijoo, Rueda e    Hernández e Telmo.

             A xuntanza de Silleda, pagada polos galegos, non desbordou o entusiasmo doutrora. O PPg é unha plataforma electoral baixo a que conviven sensibilidades distantes entre si; dende un galeguismo moderado, pasando por un difuso conservadurismo á ala mais extremista que dirixe o goberno da Xunta. Non  ten doado Feijoo explicar ós militantes do PPg as carencias do seu réxime, a razón do seu ensañamento coa identidade do pais, a paralización de toda obra  pública, o endebedamento monstruoso da Facenda Autonómica, o deterioro de tódolos servicios públicos, o incremento do paro en 40.000 persoas. Solo os mais cegos seareiros poden crer que o culpable de tódolos males da Xunta é  Zapatero, como di Feijoo pra xustifica-la súa incompetencia; tampouco vale votarlle a culpa ó bipartito, ese cartucho xa está mollado. Nin os titulares pagados, nin a propaganda mais sútil, poden agochar  xa a desfeita dun goberno de inútiles.

 

             Non hai casualidades, Silleda representa pro PPg o centro xeográfico do municipalismo do PP, alí é territorio dominado por Louzán, pero Louzán, a mais de Presidente da Deputación de Pontevedra, é promotor de mais de media ducia  de mocións de censura, regazo de tránsfugas, etc., é  tamén un dente mais, moi importante da conexión pontevedresa do PPg,  da  que forman parte Feijoo, Rueda e    Hernández e Telmo.

             A xuntanza de Silleda, pagada polos galegos, non desbordou o entusiasmo doutrora. O PPg é unha plataforma electoral baixo a que conviven sensibilidades distantes entre si; dende un galeguismo moderado, pasando por un difuso conservadurismo á ala mais extremista que dirixe o goberno da Xunta. Non  ten doado Feijoo explicar ós militantes do PPg as carencias do seu réxime, a razón do seu ensañamento coa identidade do pais, a paralización de toda obra  pública, o endebedamento monstruoso da Facenda Autonómica, o deterioro de tódolos servicios públicos, o incremento do paro en 40.000 persoas. Solo os mais cegos seareiros poden crer que o culpable de tódolos males da Xunta é  Zapatero, como di Feijoo pra xustifica-la súa incompetencia; tampouco vale votarlle a culpa ó bipartito, ese cartucho xa está mollado. Nin os titulares pagados, nin a propaganda mais sútil, poden agochar  xa a desfeita dun goberno de inútiles.

            Nos  discursos de Silleda, os faladores non agocharon ningún contido antidemocrático, foron esplicitamente antidemocráticos, especialmente a conexión pontevedresa, os que se uniu o previsible Negreira. Oíndoos  daba gañas de berrar: !parade o mundo que eu báixome!

             En Soutomaior antes, en Silleda agora, curioso sempre en Pontevedra, notouse un desinflado do globo Feijoo e os municipalistas  do PPg están moi preocupados.

29/09/2010 10:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON É CULPA MIÑA

20100930111222-84822a.jpg

    

NON É CULPA MIÑA

 

          Diante do fracaso do goberno bonsai pra gobernar Galiza, méntese como sempre, buscase un culpable externo, o que  responsabilizar da parálise administrativa, das eivas clamorosos e entretense ó persoal con inimigos inventados; inimigos, en todo caso do PP, non de Galiza.    

         De pouco serve contar cuns ingresos elevados si non se empregan dun xeito adecuado; non chega con enganar, dicindo que se reduce o gasto na Administración e o incrementa en case 3 millóns de euros, coa creación dos Superdelegados, mantendo toda a infraestructura periférica, aínda que mudándolles o nome, (gasto en cartelería e incremento de niveis), o que orixinou un incremento de gasto, por   este concepto, de millón e medio de euros. A nivel Central refunde varias consellerías; o único que  suprime é os conselleiros, continua toda a organización administrativa, incluída a periférica. Hai un incremento de case 300.000 euros en nova              cartelería e outras menudezas. ¿Ónde está o aforro?.

          Tíranse mais de seis millóns de euros en libros de ensino en galego, dáselles unha financiación extra ós colexios privados que  asumen o decreto do xenocidio.

          Prescíndese do ingreso de quince millóns de euros polas segundas residencias.

          Repártense incomprensibles subvencións ós amigos, mentres mingúan os orzamentos de inversións; fanse fastosos actos; como os de Soutomaior ou Silleda, mentres se pechan comedores escolares.

            Non se gasta un euro nos saneamentos das rías de Ferrol e da Coruña, así como noutros focos de   degradación ambiental.

              O PPg está intentando achanza-lo terreo pra xustifica-lo deterioro dos servicios públicos, dicindo que Zapatero lle recorta a financiación a Galiza. A financiación é a pactada por Feijoo é a que se aplica; si está mal é  recoñecer que é un inepto. Se usa a financiación como coartada entón, ademais dun escapista, é algo mais que non se debe dicir. Se a Facenda galega está tan mal de recursos como se xustifica que prescinda de 15 millóns de euros que ingresaba polas segundas residencias. Ah, xa o sei: as segundas residencias téñenas xente que pode e pro PP os impostos solo os pagan os pobres, os que non  teñen, nin sequera, primeira residencia.

              

MAIS ENSINO  

 

    No diario O XORNAL, Telmo, candidato a alcalde en Pontevedra polo PPg, opina sobre a educación, en 

 

          Diante do fracaso do goberno bonsai pra gobernar Galiza, méntese como sempre, buscase un culpable externo, o que  responsabilizar da parálise administrativa, das eivas clamorosos e entretense ó persoal con inimigos inventados; inimigos, en todo caso do PP, non de Galiza.    

           De pouco serve contar cuns ingresos elevados si non se empregan dun xeito adecuado; non chega con enganar, dicindo que se reduce o gasto na Administración e o incrementa en case 3 millóns de euros, coa creación dos Superdelegados, mantendo toda a infraestructura periférica, aínda que mudándolles o nome, (gasto en cartelería e incremento de niveis), o que orixinou un incremento de gasto, por   este concepto, de millón e medio de euros. A nivel Central refunde varias consellerías; o único que  suprime é os conselleiros, continua toda a organización administrativa, incluída a periférica. Hai un incremento de case 300.000 euros en nova cartelería e outras menudezas. ¿Ónde está o aforro?.

          Tíranse mais de seis millóns de euros en libros de ensino en galego, dáselles unha financiación extra ós colexios privados que  asumen o decreto do xenocidio.

          Prescíndese do ingreso de quince millóns de euros polas segundas residencias.

          Repártense incomprensibles subvencións ós amigos, mentres mingúan os orzamentos de inversións; fanse fastosos actos; como os de Soutomaior ou Silleda, mentres se pechan comedores escolares.

           Non se gasta un euro nos saneamentos das rías de Ferrol e da Coruña, así como noutros focos de   degradación ambiental.

           O PPg está intentando achanza-lo terreo pra xustifica-lo deterioro dos servicios públicos, dicindo que Zapatero lle recorta a financiación a Galiza. A financiación é a pactada por Feijoo é a que se aplica; si está mal é  recoñecer que é un inepto. Se usa a financiación como coartada entón, ademais dun escapista, é algo mais que non se debe dicir. Se a Facenda galega está tan mal de recursos como se xustifica que prescinda de 15 millóns de euros que ingresaba polas segundas residencias. Ah, xa o sei: as segundas residencias téñenas xente que pode e pro PP os impostos solo os pagan os pobres, os que non  teñen, nin sequera, primeira residencia.

              

 

 

30/09/2010 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris