Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2011.

O DELFIN

20110104100850-kitvm9ovzasl.jpg

 

          O delfín que non foi. Cuiña fillo, conta os amagos de Fraga pra nomear vicepresidente da Xunta a seu pai. Fraga nunca foi dado a nomear un sucesor, porque na súa mente estaba sucederse así mesmo; pero a lei da vida está aí, e aínda que o deterioro físico era evidente, no PP sabían que era un valor seguro, non lles importaba o seu estado, pero el tamén quería seguir no poder, non era partidario de ter a alguén o seu abeiro, sabendo q ue estaría agardando a vacante. Non era un secreto que o PPg atopábase divido; por un lado os da boina, que apoiaban a Cuíña, sendo  o sector galeguista do partido; polo outro lado os do barrete, próximos a Xénova. Os volanteiros, constituídos por un grupo acéfalo e  de estómagos xenerosos, un grupo que se deitaban ó sol que mai quentaba.

          Aznar non era partidario de Cuíña e impuxo a Feijoo, que era manexable; non primeiro momento coqueteou co sector mais galeguista pra evita-lo rexeitamento dese sector, pero sabían que non tiña unha personalidade propia e era un submarino manexado polo sector mais ultra do PP, o que motivou certas reticencias, que foron vencidas, pero que deixaron certo temor a un desafecto: grave coa escasa maioría coa que conta Feijoo.

          Cuíña tiña grandes inimigos dentro do partido, de Galicia, pero moitos en Xénova; de aí que o seu nomeamento quedara nunha simple intención de Fraga.

04/01/2011 10:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O GOBERNO DOS ANANOS

20110105105537-imagescakur6av.jpg

 

 

             Non falamos de Hitler, aínda co pareza, falamos do discurso de fin de ano de Feijoo; un discurso mais propio, no xa do Xefe do Goberno do Central, senón dun Xefe do Estado. Por un momento, si pecháramos os ollos, pareceríanos estar noutra dimensión do poder político. Feijoo é así de modesto, o seu ser está moito mais aló de Galicia, alén do Padornelo; os problemas domésticos non existen, e si existen, mellor ignoralos. Non deu explicacións coherentes sobre as eivas do seu goberno, mellor dito, no que é especialista, escurrindo o bulto, votándolle a culpa a outros. A culpa de que non cumprira ningunha das promesas electorais non foi súa. Ia arranxa-lo pais en 45 días, xa transcorridos case dous anos de reinado, o único que temos é o desgoberno, cunha sanidade camiño da privatización e cunha xestión ruinosa, un paro crecente, a meirande taxa relativa de España, unha paralización na construción de infraestruturas, Un mausoleo da cultura que se come os orzamentos, Un cerroxazo ós servizos  sociais,  concurso eólico á medida dos amigos, eliminación da axudas á investigación, Probas de ingreso na Función Pública, trucadas, subvencións sen límite pra propaganda e recadación de votos, endebedamento galopante, unhas consellerías, que mellor houbera sido eliminalas, porque non fan nada.

05/01/2011 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A LADY

20110106110030-0815889001241371391-os-maios-a-lingua.jpg

        Non se resiste a prudencia, quere figurar, ou a fixérona saír do baúl pra tratar de facer campaña electoral  nas municipais. A presidenta, do que ela chama Galicia Bilingüe, protéstalle a RAG pola defensa dos topónimos. Non é que esta señora sexa unha inculta, é que lle vai o protagonismo e a polémica e+ métese en  canto lameiro hai. Laiase esta representante do vello réxime en que se identifique a imposición do castelán co réxime franquista e co sometemento dos reis católicos. ¿por qué será?.

        Gloria Lago, o mesmo que Feijoo, é un peón de FAES,  non   ten ideas propias.  Iso non lle esculpa da súa ignorancia, nin do fanatismo.  O feito de que  tanto ela coma Feijoo interpreten o papel con indisimulado entusiasmo, convérteos en personaxes principais da traxedia por méritos propios.

06/01/2011 11:00 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SIGUIDISMO

20110107105809-qhxzvo649820-02.jpg

      A Lei do ensino que sacou a Xunta é un ditado das directrices de FAES. Non se trata de salienta-la presenza dos ensinantes como autoridade, antes ben, ós pais quéreselles dar un protagonismo exclusivo no ensino, renunciando a Xunta á función da Administración Educativa e fixar as directrices curriculares e convertendo os profesores en meros empregados domésticos.

      Coa Lei a Xunta pretende disimular a privatización do ensino, convertendo  os residuos que permanecen como ensino público, por falta de intres privado,  nun ensino de segunda clase.

      É patético que sexa a organización que rexenta Gloria Lago, inspirada por FAES, a que dirixa a política educativa da Xunta. Coa Lei do ensino Feijoo saca un instrumento co que lexitima o seu Decreto do plurilingüismo, rematando así unha imposición ideolóxica do 40% da poboación galega o resto do 60%.

 

07/01/2011 10:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Ó CARIBE

20110108111523-mojito-cubano.jpg

 

 

       O Presidente da Xunta, logo de pecha-la porta  do Ano  Santo, marchouse pro Caribe. Face-la parede da Porta Santa cansa o seu. Solo os profesionais, os canteiros de antes, saben do traballo que da levantar unha parede, pedra a pedra. Por iso, ese pedazo de presidente que temos precisaba dun descanso, nun areal á sombra dunha palmera, cun mojito na man e unha negra, ou un negro, ó lado; preparándose pra degustar unha  centola. Ten un encadre difícil predicar austeridade, e mentres seiscentos mil galegos viven no umbro da pobreza,  o seu presidente dáse unhas vacacións paradisiáticas a nosa costa. I N M O R A L. A pobreza, co seu mensaxeiro o paro, azouta Galicia. A Feijoo preocúpalle mais vivir unha aventura no Brasil, sen sentise incómodo pola marcha do pais que está arruinando. É moito mais allea e de mais doado illamento, atoparse fora de ollares indiscretos, coas contradicións da súa vida privada a salvo, e sen que a pobreza do pais que te a desgraza de sufrilo lle amargue os seus luxos; porque non ten de abondoso co illamento na fortaleza de Monte Pío. O problema do paro non existe, de feito é un problema Que solo afecta ós que non teñen traballo; pero aí está a Conselleira do paro, moi efectiva ela, co o ten demostrado, pra resolve-lo problema                            

08/01/2011 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A DESORDENACION DO TERRITORIO

20110110102836-corrupcionaa.jpg

 

       O PPg tiña unha folla de ruta sobre a ordenación do territorio, pero quería implicar a parte da oposición, intentando que lle aceptaran o seu plan, e así facelo aparecer como un gran plan froito do consenso. O plan pretendía, e logrouno, aínda que sen a cobertura que pretendían, unha desordenación do territorio, que enche as ansias dalgúns especuladores do ladrillo. Galicia, como pretendía o PP, xa é un gran solar; nin a calidade, nin a paisaxe importan; solo importa o beneficio. A construción foi unha fonte de ingresos para algúns concellos, de aí que algúns alcaldes se  froten as mans. O camiño á corrupción e o diñeiro fácil está libre.

10/01/2011 10:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XOGUEMOS

20110111102753-farjaspensando.jpg

 

            Os peixes morren pola boca. Tamén os políticos sofren as contradicións das súas declaracións; y é que pensan que teñen o poder de votar un sortilexio e que imos a esquecer o que dixeron. Non fai moito que a Conselleira Farjas encolerizouse , cando a anterior Ministra de Sanidade suxerira a necesidade de un acordo pra limitalo gasto farmacéutico. Naquela, sen necesidade de discutilo, a Conselleira xa se opuxo, e dende os medios de información lanzou toda clase de babosadas contra do goberno Central, dicindo que eran solo prantexamentos políticos. Curioso, agora tamén di que a posición do Goberno Central é solo política. A medida introducida pola Conselleira non alcanzará un significativo aforro, pero si unha gran lea. A prestación sanitaria é unha cousa moi seria pra que un goberno de irresponsables a utilicen como arma política. Aínda que é unha declaración solo formal, a Constitución proclama a prestación dun servizo igual a tódolos españois, con independencia do territorio onde residan. De aí que os xogos  da Barjas sexan perigosos. É comprensible, ata certo punto,  que un goberno que non concibe a Sanidade como un  servizo público, senón como un negocio, se permita politiza-lo tema e banalizar con algo tan serio. Se queremos manter viable a sanidade como servizo público haberá que racionaliza-lo gasto; cousa distinta é que intentemos sementa-lo caos pra privatizala, ou pra romper España.

11/01/2011 10:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O CREDITO

20110112105027-zorro-saco.jpg

        Pode que os medios de comunicación afíns e os que se manexan como propios, así como o adecuado engraxe, axude a crear e manter unha imaxe idílica eirreal da situación sociolóxica e económica do pais. Non fai falla ser un avezado analista pra  concluír que crédito de Feijoo esgotouse antes de chegar á metade da lexislatura,  xa que único logro que pode amosar é a súa política  de  deconstrución.

        A xestión de Feijoo realízase nos medios de comunicación, fora deles nada existe; a un pais que vive así nunha nube espéralle un triste futuro. Ós cidadáns son os que lles corresponde dar o veredicto nas furnas. Se eles se senten  ben estando en paro, se sente ben cunha sanidade privatizada, concibida unicamente como negocio, e na que as listas de espera medran de xeito exponencial, se se senten ben suprimíndolles o seguro ós mariñeiros, dando trato de favor a empresas vencelladas ó partido, esquecéndose da xente do mar, se  se senten mellor baixándolles os impostos directos, mentres se incrementan   os indirectos, cun crecemento monstruoso da débeda, se se senten mellor cunha política de enchufe e  todo tipo de escurantismos pra acceder á Función Pública, se se senten ben suprimíndolles os comedores escolares e marxinando o ensino público, superfinanciando o ensino privado, especialmente   o ideolóxico, se se senten ben co abandono do sector forestal, coa ruína do agro, boicoteando calquera industria   que non sexa afín ó partido, se se senten ben explotando os recursos naturais empresas sen outro mérito que a afinidade co PP, es se lles furta  calquera beneficio á xente do contorno e os propietarios dos  terreos, se se senten ben co incremento da desprotección social, se se senten ben vendo como dende a Xunta se da trato de privilexio ós concellos gobernados polo PP, se se senten  ben que dende Deputacións gobernadas polo PP se desestabilice ós gobernos dos concellos, se lles parece ben que a calidade na construción non importe, mentres se incrementa o beneficio dos promotores, Galicia pasa a ser un inmenso solar, as poucas estradas que se proxectan son de capital privado, pagando a Xunta un canon, e dicir nos, utilicemos ou non  esas vías. A min, que me paren o mundo, que me baixo.  Non me sinto ben.                                     

12/01/2011 10:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AXITADORA E DEMAGOGA

20110113111644-bruxa.jpg

        O PPg encargoulle a precampaña das municipais a Gloria Lago. Coa aplicación que lle caracteriza, non falo do seu traballo como profesional, que queda fora do tema, senón da súa paixón como axitadora política, centrará as soflamas nas grandes vilas, que é nas que o PPg ten postos os seu ollos. A batalla dos topónimos é solo un paso mais. Pros que se dominan bilingües, aberracións lingüísticas como Sangenjo ou  Niño de la Guía, son traducións correctas de Sanxenxo, ou Niño de Aguia; en lugar de San Ginés , ou Nido e Águila, como houbera traducido, non xa un filólogo, senón calquera persoa con nivel de   estudos primarios e un entendemento normal. Con isto saliéntase  que os títulos universitarios, si non va acompañados de cultura e intelixencia normal, son meros papeis que solo serven pra penduralos das paredes. Si a isto lle engadimos a demagoxia ó servizo de ideas  racistas e partidistas, a formación e a cultura sobran, e calquera aberración é xustificada como unha verdade incontrovertida.

        A autodenuncia, asinada por unha ducia de afíns ideolóxicos, intentando xustifica-lo acoso dende a Xunta o ensino do galego é, o mesmo tempo, outra estratexia deseñada por FAES, que non será a última, na liña da precampaña das autonómicas.

 

13/01/2011 11:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FRACASO

20110114102657-fracaso1.jpg

 

 

        A inauguración da Cidade da Cultura non se fixo no medio dunha ledicia, do que debería ser unha explosión de goce e orgullo, pola contra, foi un acto triste e frío, un reflexo do tamaño do disparate. A fría acollida, a indiferenza con que foi acollido o acto, dá idea do entusiasmo que provoca esa faraónica e inútil obra, un exemplo do mal uso do diñeiro público, ó que nos levaron as maiorías absolutas dun partido político caído no edonismo e na megalomanía.

      Non son os tempos de crise os que fan da Cidade da Cultura o  meirande disparate concibido por un ser humano; son as comparanzas no uso de fondos públicos; pois mentres se di que se ten recorrer á iniciativa privada pra construír estradas e hospitais, fúndense millóns de euros nun inútil proxecto, que unicamente responde a un afán de gloria, pra eternidade, como o Val dos Caídos, que foi donde naceu a idea.

        O BNG non asistiu o acto de inauguración, por non estar de  acordo co despropósito de emprega-los fondos públicos nunha obra inútil e costosísima, cando se di que non hai diñeiro pra asistencia socias, pra sanidade, pra infraestruturas.

          Cando gobernou o bipartito perdeuse unha oportunidade pra poñer un pouco de sentido común no asunto, pero á Conselleira Bugallo e a Touriño faltoulles  valor pra face-lo, e agora lamentarémolo sempre. Claro que iso sería darlle unha munición á demagoxia do PPg; É hora de que a oposición pida contas ó PP, se non quere ser cómplice.

            Os de visitantes son escasos, pero o m ais grave é que o principal motivo polo que acuden é pra comprobar en que se gastou o diñeiro.

14/01/2011 10:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CREDIBILIDADE

20110117105609-vietas-1.jpg

 

         Os nosos políticos, Xunteiros, escandalízanse por que lles reprochan luxos e despifarros.  Rreclámannos credibilidade. O gato de escaldado a auga fría ten medo. Os galegos sabemos das mentiras que nos contaron o par de trileros, sobre os audis, sobre as cadeiras, sobre as viaxes e tódalas historias que se lles ocorreron. Reclamar agora credibilidade en quen tanto mentiu e como pretender que creamos que os paxaros maman. Reclamar credibilidade en quen nos vende austeridade e se vai de garula, mentres a maioría dos galegos non chega a fin de mes; claro que os   probes non deben pretender comer tres veces o día, porque iso é un luxo. Reclamar credibilidade en quen se autoproclama responsable e deixa o goberno o pairo nun momento de urxencias, cunha fonda crises económica e social, á que se engadiu a natureza. Reclamar credibilidade en quen ía soluciona-lo paro e pasou a cabeza da destrución de emprego. Reclamar credibilidade en quen prometeu incrementa-la asistencia social e a ten conxelada. Reclamar credibilidade en quen practica o escurantismo informativo, a corrupción nas concesións administrativas e no acceso á función pública. É moito pedir.

17/01/2011 10:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEN COMPETENCIA

20110118110650-s320x240.jpg

       Noutra ocasión xa dicíamos que a concentración das caixas non obedecía solo a razóns económicas. Agora xa Zapatero e o gobernador do Banco de España, coa aprobación de Rajoy, esíxenlles que se privaticen. O que queren dicir é que se entreguen á voráxine dos bancos privados, atadas de pes e  mans e saneadas, e dicir, ben gordiñas. O que a patronal bancaria pretende é eliminar toda competencia e que os poderes públicos expropien os patrimonios das caixas e lle las entreguen, prohibindo toda competencia. A solidez e o patrimonio dalgunhas caixas é superior ó da banca, pero non se trata dese tema; trátase de eliminar unha competencia que opera con mais do 50% dos depósitos.

       De unha vez, por todas, o tamaño, nin garante solvencia, nin rentabilidade.

       Sempre  me chamou a atención a facilidade con que a banca daba créditos ós partidos políticos pra costea-las campañas electorais, Ben, agora chegou o momento de pasa a gorra. Non hai nada gratis. No Pais Vasco e en Cataluña, a música será outra; pero aquí está Feijoo, e o patrimonio do aforro dos galegos rematará no  bandullo dos especuladores.

 

18/01/2011 11:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PROVOCACION

20110119104422-burnsysmithers.png

              Baixo o engano dunha liberdade, que a reclaman como si non existira, un grupo de Deputados do Partido Popular, fan as intervencións no Parlamento de Galicia en castelán. Eses Deputados o que realmente pretenden é provocar.  Curiosamente non destacan pola súa labor parlamentaria, pero son moi activos no ataque sistemático, non solo á lingua, senón a todo o que lles cheire a galego. Realmente o pobo galego é especial,. Porque non é moi doado asimilar que a esa xente lle paguemos un bo salario pra que nos provoquen, fagan burla  de nos e chámennos de todo. Sen dúbida somos masocas, carecemos de valores éticos, e temos  unha baixa autoestima. Foi un asunto protocolario, o do Príncipe falando en galego na inauguración do Gaias, pero ó grupo dos meritorios non lles sentou ben.   

19/01/2011 10:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PURGATORIO

20110120110356-purgatorio.jpg

         Manolo Rivas, co seu típico inxenio, anunciou que atopara o purgatorio perdido, ese que segundo o PAPA xa non existe, Manolo Rivas achou o purgatorio galego na chamada cidade da cultura, ese pozo, monumento á megalomanía do líder Fraga, no que se soterran millóns de euros. Sería bo que o dinamitero lle puxera fin ó disparate.

         As previsións de visitas, sendo realistas, sitúanse moi por debaixo da que se rexistran  noutros museos de Comunidade. O gran despropósito, tampouco ten un fin definido. O futuro da Cidade da Cultura é escuro; pois á falta de un proxecto, únese unha dirección mais política que profesional. O que tiña que facer o dinamitero é privatizalo, facendo n equilibrio pra que tamén comeran ese oso, os que están comendo a carne deste pais. O meu modo de ver terá que vir un goberno que teña o valor de desfacer todo.

           Pilar García Negro publicou un artigo, que paso a reproducir:

“No 26 de Febreiro de 1999, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego solicitou a comparecencia no Pleno do Parlamento Galego do señor conselleiro de Cultura –que aínda está pendente de celebración–, verbo da chamada “Cidade da Cultura”. Seis meses despois, xa se procedeu á resolución do concurso de ideas do proxecto relativo á tal obra. Até o presente non houbo –a pesar da magnitude e trascendencia do proxecto– información nengunha do Goberno galego sobre este, no Parlamento de Galiza. Chama a atención que, por lei, indefectibelmente, ano após ano, o Goberno da Xunta de Galiza debe comparecer no Parlamento Galego para apresentar o Proxecto de Lei de Orzamentos, entre eles os da Consellaría de Cultura, que nunca chegaron, nunca, en diñeiros netos para Cultura, á cantidade aproximada de dezaoito mil millóns de pesetas, cifra –de certo, incrementábel– que se manexa para financiar a chamada “Cidade da Cultura”. En troca, aínda –reiteramos– non se ten producido información nengunha sobre o asunto en sede parlamentar. Por isto, formulamos a seguinte interpelación:

¿Cómo se explica un orzamento tan volumoso destinado a unha obra pretensamente cultural nunha cidade do noso país?

¿Cómo se compadece o gasto de dezaoito mil millóns de pesetas (ou moitos máis, eventualmente…) nunha obra ex novo, estando como está de (mal) atendido o patrimonio histórico-artístico galego no seu conxunto?

¿Cómo se compaxina coas minguadísimas cantidades que se destinan á produción, actividade e posibilidades de recepción da cultura galega actual?

¿Cómo se explica semellante desigualdade a respeito do país no seu conxunto?

¿Qué sentido ten que se acometan obras xigantescas que son redundantes, na parte infraestrutural, a respeito do que a capital da Galiza xa ten?

Nas “novidades” anunciadas (Sonomateca, Biblioteca Xeral…), ¿de que contido se vai encher este continente se son ridículas –por baixísimas– as cantidades orzamentarias dedicadas ás bibliotecas xa existentes e ao audiovisual galego?

¿Como se entende que unha boa parte dos monumentos de Santiago de Compostela xa existentes desde hai centos de anos continúen fechados e sen poder ser vistos, e se proxecte, megalomaniacamente, a urbanización ex novo do monte Gaiás na mesma cidade?

Se nunca a Consellaría de Cultura ‘gozou’ dun orzamento total de dezaoito mil millóns de pesetas, ¿como se xustifica que unha soa obra absorba esta cantidade, aínda que sexa en varias anualidades?

¿Como explica a Consellaría de Cultura o desembolso desta cantidade co entregado a bibliotecas, arquivos, teatro, música, danza, artes plásticas, museus, fotografía, videografía, comic, cinema, etcétera?

¿Por que, máis unha vez, diñeiros públicos van parar a profisionais estranxeiros no canto de se destinaren a competentes profisionais galegos no deseño dun proxecto de obra?

En fin: necesitando, como necesita, a cultura galega, no seu conxunto, de diñeiros públicos ben máis altos do que dezaoito mil millóns, sendo paupérrima a atención pública e orzamentaria que se dedica a necesidades ben básicas, ¿como se pode xustificar este despilfarro para obra tan faraónica canto inútil?”.

Amábeis e pacientes leitoras-es: o que acaban de ler, datado no 16 de setembro de 1999, é o texto dunha Interpelación que servidora rexistou no Parlamento Galego e cuxo debate se realizou naquel mesmo ano, prólogo doutras moitas iniciativas e intervencións parlamentares máis sobre este asunto. Aquí mesmo, cun No comment, podería rematar este meu artigo. Só advertirei que a amnesia propositada de moitos ten fácil curación: abonda con acudir aos Boletíns e Diarios de Sesións da Cámara galega. Por certo, non teño o menor interese en que se me recoñeza capacidade profética; simplesmente que se escreba a historia tal e como ela se produciu.

 

20/01/2011 11:03 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CON DISTINTO SIGNIFICADO

20110121105032-imagescamkcxmb.jpg

 

        O uso do galego no Senado puxo de manifesto que Galicia non ten o mesmo significado para todos; mentres para uns pode evocar  una tarde de toros, fumándose un puro, todo a costa do sufrido pobo; tamén un lugar onde comer unha boa mariscada, un lugar onde se pode sentir un mais opulento, frente ás carencias dos demais. É lóxico que esta xente non queira que nada cambie, que nada poña en dúbida os seus privilexios. Son os que pretenden borrar toda sinal de identidade, de aí que falen e despilfarro polo custe do uso de idiomas distintos do castelán no Senado. Son  os mesmos que defenden a continuidade das Deputacións, do pequenos e inviables concellos; os que crean Superdelegacións da Xunta para centraliza-lo poder político, os mesmos que nos venden unha redución das Consellerías, mentres se manteñen as estructuras adiministrativas, nos venden un aforro no parque móvil, renovando toda a flota, reparten o público  entre os amigos e os acreedores; coma si de un botín de guerra se tratara. É, esta xente a que fala de dispilfaro dos 12.000 euros no Senado, falan dun amor a Galicia, situado no bandullo, non no corazón.

        Afortunadamente queda xente con dignidade, para a que o amor a Galicia é un  sentimento, que non se reduce a unha situación de lucro, nin de servidume. A Senadora vasca que usou o galego deulles  una lección os populares, magoa que as orelleiras non lles deixen ter unha mirada mais ampla; tampouco aprenden, a falta de neuronas non lle lo permite.

21/01/2011 10:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

BEN VIDO

20110124103358-warrior.jpg

 

       Cun repentino e inesperado cambio de rumbo, facendo un caneo no seu programa, Rajoy, si é que ten programa, anúncianos a inmediata presentación dunha iniciativa parlamentaria que poña orde á privilexiada regulación das pensións dos Parlamentarios. Ben vido, ó fin. Mais de unha vez se intentou recorta-los privilexios das pensións, a última fai menos  dun mes, sempre contou coa oposición do PP. Por iso, aínda que o presenten como algo novo e con signo de evidente demagoxia; démoslles a ben vida. Non  se sabe o alcance da proposta porque se ignora o seu contido, pero que veñan ó rego xa é un  avance. Os soldos vitalicios dos expresidentes   non queren tocalos, Aznar non o permite. PP,  PSOE e os demais grupos políticos teñen un interés común en manter a situación de privilexio dos parlamenttarios.

 

24/01/2011 10:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN POR QUÉ

20110125101941-teletrabajo.jpg

 

     Antes de que os datos do paro se fixeran oficiais, a Xunta xa sabía os resultados. Nin o xacobeo  evitou que os resultados do paro en Galicia foran moi malos. Feijoo que é especialista en escorre-lo vulto liscou pro caribe; así non tiña que sufri-lo bochorno; aínda que penso que nada lle pon colorado, carece do sentido do ridículo. Tal feito queda de manifesto cando se postulou no congreso do PP como exemplo do mellor Presidente de Comunidade Autónoma. O rapaz é modesto e non ten sentido do ridículo. Sendo Galicia a Comunidade Autónoma onde mais aumenta o paro, debía agocharse no mais fondo do souto, pero il saca peito e non recoñece a realidade.

25/01/2011 10:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SALDO ELECTORAL

20110126103411-1266962987-75875878-1-fotos-de-mago-christian-kriss-magos-en-iguazu-misiones.jpg

             Todo vai segui-lo guión; nas eleccións que están a vir  e todo no lo venderan a prezo de saldo. Haberá rebaixas  de impostos e promesas de mellores e mais servizos. Os magos sacaran coellas das chisteras; os electores asistirán  aparvados  a estas puxas, e creranse que eses magos van face-los prodixios que pregoan,  non saben que son actores, que pra eles as eleccións son un teatro, que non teñen mais transcendencia. Veremos os mudachaquetas poñer cara de anxo, no fondo estarán pensando si haberá alguén que lles dea mais pra volver  a muda-la chaqueta; os líderes amosar un falso sorriso. Ensinan os dentes con intención intimidatoria, coma os monos. A clac  animando, e público en trance. De boa gana lle houbera a un gustado non ser desta especie de humanoides

                                                    

26/01/2011 10:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VAI DE CANEOS

20110127103023-buda2.jpg

                                                                                                                  

         Cando, no tempo, alguén volva a vista cara o pasado, e intente adiviña-lo que pasou durante o goberno de Zapatero, verá un goberno que transitou como un polo descabezado, mudando continuamente de rumbo. Non é solo a falta de rumbo do goberno, tamén os mercados  e os grupos de intres, de diversas tendencias, aproveitan as condicións de presión económica pra meter mais presión e aproveitarse dun goberno feble e leva-la auga pro seu muíño.

         O goberno político  das  caixas, afastounas de criterios estrictamente profesionais, que unido ás circunstancias económicas internacionais de especulación salvaxe e inversións pouco diversificadas, colocou a algunhas Entidades nunha situación de difícil viabilidade. Fai pouco que se deron instrucións de saneamento das caixas. Feito o saneamento parecía que  se camiñaba cara unha paz no sector. A  paz durou pouco, non lles  deu tempo a  afacerse a nova situación, cando o goberno mudou as regras do xogo e puxo as caixas de novo contra das cordas; tanto que case todas rematarán en mans privadas, que é o verdadeiro obxectivo das novas normas.

         Non é admisible que se faga unha diferenciación entre entidades privadas e  as caixas.

         PSOE e PP comparten a mesma estratexia de elimina-las caixas do mercado financeiro e deixar que a banca privada se faga co mercado.

27/01/2011 10:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SIN ANTIFAZ

20110128105341-ladrones-20con-20antifaz-5.jpg

 

 

       Hai unha novidade, moi nova, nas oposicións á Xunta, Feijoo impón normas de anonimato pra que se note a transparencia do seu goberno. Agora acabouse aquilo de que quere competir en colocación con Baltar. Dende xa, os membros dos tribunais de oposicións levarán un antifaz .

       Falar de irregularidades nas probas de acceso a postos de traballo á Xunta xa produce cansazo, porque   desgraciadamente o patrón repítese sempre; Feijoo, os vaticanistas, as FAES e os champiñóns, solo ven a Xunta como un lugar onde coloca-los seus pra que mamen do poder.  Pro común non é doado entende que se coloque a  xente onde sequera hai prazas presupostadas, as prazas creáronse despois de colocar o persoal como interino, a súa medida, e agora píntanlles unhas oposicións, tamén á medida, pra facelos fixos.

28/01/2011 10:53 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CORSARIOS DAS RIAS

20110129105534-tipo-corsarios.jpg

 

 

        Os conquistadores do novo mundo surcaban os mares en goletas, eran as grandezas dun imperio no que non se poñía o sol. O Imperio de Feijoo non é tan extenso na realidade; pero. no seu maxín séntese emperador da Barataria, e o seu imperio abrangue, non solo á reducido Fisterra, senón a todo lugar onde haxa un galego que lle poida votar. Iso non son delirios imperiais e de grandeza, é a realidade mesma.

        En toda ambición hai algo de loucura, cando menos extravagancia, unha extravagancia que se pode manifestar de moitos maneiras; a uns dálles por proxectos megalómanos, que deixen unha pegada do seu poder, unha pegada que sobreviva ó personaxe: como a Cidade da Cultura; outros buscan manifestar de xeito inmediato o seu poder,  como é o da construción dunha goleta pra navega-lo emperador polos seu dominios. Pra non cargar custos, suprímese o seguro do mar, e xa está. Tamén a xente do mar poderá ver o seu emperador, vestido de época, nunha luxosa goleta coa súa corte e lambe cus varios.                              

       Todo se supera, pero hai xeitos de superar que van mais aló do imaxinable nunha mente san. Cando o Secretario do BNG aceptou a invitación dun amigo pra visita-lo seu yate e pasar unha tarde nel. O PPg lanzara unha campaña feroz. Nada equiparable a que lle regalen un coche de luxo a Feijoo pra viaxar en campaña electoral, que como se viu, o  regalo non foi gratis.

 

29/01/2011 10:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AMARRANDO PODER

 

        A borrachera e os anceios do PP por alcanza-lo poder son comparables a dun menstruo famento; sen que aínda saibamos, a día de hoxe, que pretenden facer cos votos dos electores, fora de alcanza-lo poder; porque non teñen, nin dan sequera sinales dun programa que nos permita saber que van facer co noso voto,  logo de consegui-lo poder.  No eido local de Galicia, especialmente no sur, o obxectivo é mante-lo poder, e conserva-lo  caciquismo. O supercoselleiro acudíu,en persoa, a Tui pra anunciar que a Xunta aprobaba o plan urbanístico de Tui; un plan que fora rexeitado e obxecto de múltiples litixios xudiciais

 

31/01/2011 10:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris