Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2011.

O VENDEDOR DE CONSELLOS

20110601105926-vendedor-de-periodicos.png

 

    Próximos a constituírse os gobernos municipais, Feijoo desfase en consellos ó BNG; quere que o BNG sexa cómplice da  súa Galicia única, dese xeito, o que foi incapaz de conseguir nas urnas, quere conseguilo coa axuda cómplice do BNG.

    Os peperos, fieis a súa concepción da propiedade do poder, argumentan que deben gobernar eles, porque son a lista mais votada e os pactos  vulneran a vontade dos votantes. Se as contas son certas, acadaron o 31% dos votos; ¿ qué pasa co 69 % do censo?. Pra esta   xente a democracia é un embude que apaña todo o que  se lles antolla e o leva pro seus bandullos.

    Teñen os peperos outro argumento contundente: Os bipartitos son caros. As contas son propias  deles. Pra súa mentalidade pode ser así, ou como mantra pra vender unha idea ós cidadáns. Por suposto non se ten en conta a corrupción, nada nas súas ringleiras, por falta  de control democrático. Solo lles falta dicir que a democracia é cara, e que o mellor era o do partido único. É aquí, onde se ve a súa bea fascista e antidemocrática.

 

01/06/2011 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DECIDIU QUE NON É COMPETENCIA SÚA

20110602105243-articulo-59.jpg

 

       Despois do profuso uso dos parados que fixo na campaña electoral das autonómicas, coa presentación teatral dun contrato con Galicia, na que se compremetía a loita contra do paro.  Feijoo decidiu que os parados non son competencia súa: son un incomodo. En verdade que o paro hai que velo como o que é, un problema alleo. Feijoo e os seus xa están empregados no goberno deste malpoucado pais.  Agora toca chupar do bote, e os parados, igual que os galegos no umbro da pobreza, o único que poden facer e amargarlle a súa marcha triunfal.  Dese xeito, o mellor é nega-lo fracaso e  votarlle a culpa a outro; sempre haberá quen o crea. Reduce ós fondos destinados  á loita contra do paro, e o que queda repárteo entre os amigos. Solo teño unha dúbida: De quén é a culpa de Feijoo, ou da Conselleira do paro.

02/06/2011 10:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN SUPERAVIT NA POBREZA

20110603104738-gonzal-1.jpg

 

         Como un logro do bo goberno, Feijoo presenta unhas contas orzamentarias con superávit. Iso non estaría mal si fora froito dun aforro en gastos non esenciais.  O problema xurde cando vemos onde se produce o aforro. As partidas sacrificadas son as políticas de emprego, as políticas  sociais, as inversións en  infraestruturas e a política cultural. Outras, como as deportivas, simplemente desapareceron.

           Unha cousa é predicar e outra dar trigo. Cando Feijoo estaba na oposición, fustigaba ó goberno, co que el alegaba pouco gasto social, prometía incrementalo gasto social se chegaba ó goberno. Dentro da sucia propaganda non sobresae solo a súa promesa de que remataría co paro en tres meses, nin a  teatralidade do seu contrato con Galicia; aínda está viva a imaxe vergoñenta dun dependente que usou na súa campaña, e os moitos trucos de usar necesitados pra chegar ó corazón dos electores. Foi chegar ó goberno é os recortes xeneralizáronse, incidindo nos mais esenciais pro desenrolo e cohesión do pais. Houbo partidas, que mesmo medraron escandalosamente; tal foi o caso dos gastos correntes, entre os que sobresaen os gastos en propaganda, aumento da burocracia, transferencias a concellos amigos, mentres afogaba ós dos contrarios; aumentos escandalosos  no ensino privado, mentres recortaba no público; e así con todo. Nembargantes, cánto hai de incapacidade pra gobernar, e como consecuencia prodúcese un superávit contable.  Esa é a cuestión.

 

03/06/2011 10:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A CORRUPCIÓN NA XUNTA

20110604102432-politicos-corruptos.jpg

 

 

     Dentro da concepción feijoniana de Galicia única, asistimos atónitos a ese goteo continuo dos casos de corrupción. Semella que o caso de Cerceda non vai ser un punto final, senón un punto seguido.

       As actuacións da Xunta son como unha chuvia sobre mollado. Lonxe de depurar responsabilidades, pon en marcha o ventilador; mais as mentiras son tan evidentes, que solo os fanáticos mais irredutibles as poden tomar por cribles.

     Non hai Departamento na Xunta libre de corrupción; si ben é certo que algúns, como o de Industria i Economía, fan méritos pra unha distinción especial. Guerra, ademais do eólico e outras chapuzas sae agora co IGAPE; pero non é o único, o Superconselleiro, do clan de Pontevedra, metido en varias leas, acaban de destaparlle o amaño dos contratos en SOGAMA. O mesmo que Pedro negara a Xesucristo, tamén nega os acusados e que tiveran relación coas adxudicación. A labor dos encausados, persoal de confianza da Xunta, quedou documentada, diante do que o Superconselleiro desdíxose  e deu unha nova versi+ón, aínda mais fantasiosa.    

04/06/2011 10:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O TRAMPOSO

20110606111143-0945403001222963296-o-lider-do-ppdeg-alberte-nunez-feijoo.jpg

 

       Semella que as contas que Feijoo mandou a  Madrid son unha burda creación contable; non incluíu algunhas partidas de gastos correntes e transferencias de capital e contabilizou como ingresos transferencias que, supostamente, lle debe o Goberno Central. O asunto sigue sendo, por qué non o documenta, cál foi o destino das emisións de débeda.

         Cansouse de dicir que a Xunta non  tiña facturas por pagar. ¿ por qué será que insiste tanto nelo?. Obras realizadas novas non ten; pero qué hai dos proveedores  do Sergas, dos proveedores dos comedores escolares, do transporte escolar, dos pagos a Residencias da 3º Idade, dos pagos a dependentes , e un longo etc. ¿ Será que se refire ás facturas de restaurante nos que se pegan papancias os gros panzas da Xunta?. Quedarémonos coa dúbida

06/06/2011 11:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CONTOS SEN FONDO

20110607103724-sorpresa.jpg

 

     Non acabo de comprender como se pode falar  de austeridade, de baixar impostos, de políticas de emprego, de apoiar o autoemprego, de apoiar ós emprendedores, e logo face-lo contrario. Esas e outras promesas fixeras Feijoo, pero tamén as fai Rajoy.

     No que vai de lexislatura, a austeridade de Feijoo está no aumento do parque móbil e a súa completa novación, imaxínome que sería pra pagarlle unha débeda do partido a algún concesionario. Os luxos, nalgunhas empresas da Xunta, como SOGAMA, ou dentro da propia Administración, como foi o caso das cadeiras da Cidade da Cultura, chocan coa pobreza do pais. Tamén prometera baixar impostos; as promesas traducíronse nun endebedamento bestial e a introdución no pais do mil ríos do imposto da auga. O gasto en políticas de autoemprego e nas de imnovación foi de 0 euros. Reduciu drasticamente os fondos á promoción de emprego. Dos fondos pra emprego transferidos polo Estado á Xunta, Feijoo muda os criterios de asignación o mais puro estilo caciquil. As políticas de gasto social, tales como ensino, sanidade, ou dependencia, sofren unha poda. Iso é o único certo.

07/06/2011 10:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS HERALDOS DO EVANXEO

20110608111614-f-16.jpg

      Esta secta ultracotólica non é o Opus Dei; non ten unha prelatura como  o Opus Dei, nin é tan sutil; pódense confundir porque teñen unha afinidade ideolóxica; mentres o Opus Dei utiliza, normalmente, a sutileza pra acada-los seus fins, os Heraldos son mais directos, e parecen, pola vestimenta e o seu  comportamento en grupo, unha unidade militar da Idade Media.  ¿Qué relación ten esta secta con Galicia.?; de momento ningunha, pero ollo á Xunta, especialmente a axentes, non incluídos no goberno autonómico, pero que, eventualmente, fan  encargos. 

08/06/2011 11:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AUTOEMPREGO

20110609102952-el-paro-cerca-a-nunez-feijoo.jpg

       Diante das dificultades pra atopar traballo, moitos demandantes, e os que perden emprego, quédalles a opción de converterse en autónomos. Feijoo fixera en campaña electoral a promesa de apoiar ós emprendedores. As promesas so verbas que se escriben no vento, e estas non foron mais aló dese aceno de contrato que Feijoo dixo asinar con Galicia. A Xunta facilítalles  0 euros pra monta-la súa empresa, ou pequeno negocio. Os bancos tampouco lles dan crédito; solo teñen a capitalización do paro. O IGAPE xa sabemos  como vai; era mellor suprimilo

09/06/2011 10:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CUN OBXECTIVO

20110610103055-grouchogafas.jpg

 

      A teima da Xunta cos prazos do AVE, ten a súa explicación; dunha  banda intentan desvia-la atención, pra que a xente mire pro infinito e non se fixe no que ten mais preto.  A Xunta está sumida nunha parálise, de feito as inversións en infraestruturas caeron un 60%, nin que dicir do gasto social.  Atoparon o xeito de que non se fale dos proxectos da Xunta, ou mais ben da ausencia deles. Doutra banda, a Xunta non lle move a preocupación por Galicia; ó goberno bonsai de San Caetano solo intenta agradar a Xénova e intentar colocar ó líder Feijoo nas veiras do poder, pra iso ten que amolar ó goberno do PSOE  o mais que poida. A estratexia non nace en  San Caetano, a súa capacidade non lles  da pra tanto. FAES  é a man que acanea o berce.

 

10/06/2011 10:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NADE O QUERE

20110611105440-0945403001222963296-o-lider-do-ppdeg-alberte-nunez-feijoo.jpg

 

    Ter razón non é o importante, o importante e repetir unha idea; xa que a base de repetila terminará por facerse crible. O PPg da por seguro un pacto a tres, PP, PSOE e  BNG; co que se aseguraría o goberno da maioría dos concellos. No conta o PPg que tal pacto non é posible; entre outras razóns porque Feijoo fixo unha semente de rancor, que fai inviable calquera acordo con algo que leve o seu recendo. Grazas a Feijoo, o PPg é un apestado; porque representa un partido contrario a todo progreso social e inquisidor de ideas.  É impensable que o BNG se alíe cun partido que persigue a cultura galega. O mérito de Feijoo, envelena-la  convivencia, crear mundos irreconciliables, facer de Galiza un pais que nos recorda a xéneses de Irlanda do Norte, é o seu mérito

11/06/2011 10:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN GOBERNO SERIO

20110613102912-imagesca0r5h1k.jpg

    Un dos mantras usado a cotío por Feijoo é que Galiza ten un goberno serio; así cando fala de calquera acción de goberno coroa coa sentencia de que Galiza ten un goberno serio; iso na súa apreciación, outros dirían que  é un goberno de impostores,  que teñen a Galiza secuestrada. Penso que os que así opinan teñen poderosas razóns, logo da actuación dos candidatos municipais e da campaña diseñada dende San Caetano.  O PPg sacou e reverdeceu o caciquismo mais noxento nos pequenos municipios, ben ofrecendo empregos, ou facendo de homes bos pra resolver problemas que o mesmo PPg lles creou de propósito.

 

 

13/06/2011 10:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS AMIGOS

20110614111809-feijoo-mangueira.jpg

 

 

       A política do amiguismo, prioritaria no desgoberno de Feijoo, impregna a Lei de Montes que proxecta a Xunta. Os grandes donos, os caciques rurais e o absentismo rural son prioritarios ás vidas e bens dos habitantes do rural. Segue o PP sen unha política de prevención; as limpezas no monte,, que establecera como obrigatorias o goberno bipartito, foron eliminadas polo goberno bonsai; agora o PP aperta mais a lei, e prioriza os intres dos propietarios de montes e dos absentistas, fronte ó intres xeral. Os habitantes do rural verán como cerca das súas casas medra un monte salvaxe, que en caso de incendio pode poñer en  perigo ás súas vidas. Non o deben ver tan grave, cando esa mesma xente é votante do PP. Isto parece unha contradición, e pode que o sexa, pero a maneira de decidi-lo voto viaxa por escuras corredoiras. Tal foi o caso de pequenos concellos de Lugo, onde dende a Xunta se impoñían ós cidadáns sancións pecunarias, que logo eran anuladas pola xestión  do candidato a alcalde do PP. Ademais, vista a redución de medios pra loitar contra do lume, non debe ser motivo de desacougo, sempre teremos a Feijoo, cunha mangueira de xardín, e perfectamente equipado, disposto a combatelo lume. El é o Enver Hoxha galego.

14/06/2011 11:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A XENTE É MERCADURÍA

20110615105907-gallinas-encerradas-360h.jpg

 

   O goberno bonsai concibe á xente como mercadoría sen valor, o único valor é o de recollerlle o voto coa urna, despois pasa á trastenda a ivernar, e os intereses ós que serven agroman e pasan a ocupa-lo lugar prioritario da súa política

15/06/2011 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿UN CONSELLEIRO?

20110616121306-predators.jpg

   ¿É a Lei de Montes un invento do Conselleiro do Rural?, ou, ¿é consecuencia da política de amíguesmo de Feijoo?. O Conselleiro do Medio Rural non dispón nada; solo é un xestor que vela polos intereses dos amigos de Feijoo; de aí que siga a inexplicable política  de menosprezo das vidas humanas, que sacrifique o intres xeral; polo que queda claro que a política de amíguesmo é a que manda. As dúas terceiras partes da superficie queimada en España está en Galiza. A política de prevención de incendios e protección da vida  dos cidadáns foi derrogada polo PPg. Non menos nefasta é a política seguida coa Rede Natura, que a vai entregar ós depredadores, permitindo a case total utilización da súa superficie. 

16/06/2011 12:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DOUS IGUAIS PRA HOXE

20110617112124-blog18.jpg

 

 

   Como  se de un cupón se tratara, Negreira repite aquilo da austeridade como se golpeara cun martelo pilón. Ós peperos saíulles ben o da austeridade, e agora é o seu mantra; non importa que baixen as inversións e incrementen os gastos correntes. A propaganda sempre é rendible. Votando contas Vigo ten mais residentes que A Coruña; en Vigo haberá Dous tenentes de Alcalde; na Coruña haberá cinco, mais un concellal de apoio, que actuará como o Subtenente, amén doutras parafernalias. O Alcalde de Vigo non fixo alarde de austeridade. Pola contra, Negreira, igual que Feijoo presume do que non vai facer. Non sei se será de fiar, pero creo mais no alcalde de O Ferrol; convénceme o seu discurso; e por suposto, en Lores.

 

17/06/2011 11:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS CAMBIOS DE GOBERNO

20110618110217-muerte-de-pizarro.jpg

 

 

       Sería desexable que os cambios de Goberno foran tranquilos, como o que fixo o bipartito cando tomou posesión, pero moitos alcaldes seguen  o modelo Feijoo da crispación, as medias verdades e as mentiras mais disparatadas. Nesta carreira de disparates, nade como o candidato de Santiago, tirouse á piscina e sacou un montante de tres millóns de euros non contabilizados. É moito si temos en conta que carece de datos reais. O disparate é tal que os voceiros do seu partido, aínda que  necesitados de munición, pasaron do asunto e deixaron a Conde Roa coas súas fabulacións.

 

 

18/06/2011 11:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EU

20110620111237-sorpresa.jpg

 

   O eu, propio dos ególatras, dos que viven nun mundo de fantasía, de edonismo; que nada ten que ver coa realidade, parece ser o mundo de Feijoo. É de dominio público, si hai dúbida  aí están a Hemerotecas, que o proxecto de Feijoo pras caixas galegas, era que Caixa Galicia absorbera a Caixa Nova, pra logo entregarllas a Rato; todo no proxecto de crear un gran grupo financeiro controlado polo PP. No proxecto de Feijoo estaba unha nova Lei  de Caixas, que lle achanzara o seu proxecto, e a xubilación do Director de Caixa  Nova porque non lle apoiaba a súa pretensión. O que as cousas non foran como pretendía Feijoo foi por mor do Banco de España. Que agora Feijoo pretenda atribuírse a solución financeira de NCG, é unha mostra inequívoca da súa amoralidade e arrogancia.

20/06/2011 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿ADIANTO ELECTORAL?

20110621103200-658925-844536451.jpg

 

          Non sería doado de entender que Feijoo adiante as eleccións, o non ter ningún tipo de atranco pra gobernar, apoiado na súa maioría absoluta,  e  facelas coincidir coas xerais. A existencia de motivos é o de menos; Feijoo atoparía razóns pra facelo, é un gran inventor de mentiras. Unhas eleccións adiantadas, sen motivos reais, suporía un gasto, nun momento en que o aforro é necesario; pero iso non vai ser motivo pra que Feijoo non faga unha machada dese estilo. Segundo os entendidos; si Rajoy gaña as eleccións; Feijoo abandonaría o discurso de reivindicación a Madrid, e xa non tería desculpas pra non gobernar, e o seu goberno bonsai xa carecería de argumentos nos que esconde—la súa incompetencia. Feijoo, é Presidente da Xunta, pero o seu é actuar de mosca cojonera de Zapatero, facendo méritos pra que o leven pra Madrid.   

 

21/06/2011 10:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CISCANDO MERDA

20110623103941-rajoy-barco.jpg

    Lonxe de explica-los casos  de corrupción, o PPg intenta dilui-la súa implicación en graves casos de corrupción; así o  acusado de multicorrupción, o inefable Conselleiro de Industria escorre o vulto e trata de responsabiliza-lo bipartito; cousa asombrosa, cando leva gobernando mais de dous anos, e é o seu goberno quen está sendo investigado. Similar procedemento segue o superconselleiro, cos casos de corrupción da súa Consellería; pero o mais insólito foi o caso da Consellería de Traballo, que levou ó Parlamento un feixe  de correspondencia do anterior conselleiro, relativa a peticións de recomendacións; nin unha sola das recomendacións fora atendida polo Conselleiro. Esa foi a razón pra que as deixara no seu despacho cando cesou. Si a Conselleira do Paro tivera dúas neuronas comprenderíao, pero a natureza non foi desprendida con ela.  

    Colea, imaxínome que pra morrer, o caso da corrupción das oposicións.  Rueda xa se apresurara a desvia-la atención, pra que as sospeitas foran pra outro lado. Cando o goberno da Xunta non está imputado, o resultado do proceso  xa está decidido.

 

23/06/2011 10:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VOLTA DE PORCA

20110625104449-parafuso-1287084568.jpg

    Segundo consta na Lei fundacional, a TVG creouse coa finalidade de que fora o soporte da difusión da cultura e da lingua do pais. Co gallo dunha nova Lei que regule a empresa TVG, Feijoo quería colar a introdución do castelán na súa programación e contar coa complicidade do PSOE. Afortunadamente, os socialistas déronse conta da xogada e non entraron ó trapo; doutro xeito a idea fundacional houbérase mudado.  O que se creou pra difundir e promociona-lo galego, houbera sido o instrumento pra desgaleguiza-lo pais. A TVG é o complemento do Estatuto de Autonomía, e a nova Lei houbera sido un bo medio pra impoñer orde financeira e mellora-la calidade. Mais non é un, nin outro caso, o que lle importa a Feijoo; FAES indicoulle un obxectivo e el teima coa idea. Nin a calidade, nin o despilfarro da  TVG, polo que se ve, son motivo de preocupación do PSOE, nin do PP.

     O Deputado Mirinda, do PP,  da outra volta de porca e, sen poñerse colorado, asegura que a información na TVG é obxectiva.

25/06/2011 10:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS PRIVILEXIOS

20110627102955-4.jpg

 

 

     Dise que o sistema electoral, que se rexe por un Decreto predeomocrático, favorece ó PSOE e o PP, en parte, solo en parte, é certo. Tamén ten o seu favor garantir unha meirande estabilidade de goberno. O certo é que non satisface a todos; a Presidenta da CA.de Madrid xa fixo a súa proposta, tamén os “indignados”. No primeiro caso hai unha intención de arrimar a brasa a súa sardiña. Dos indignados teño a sensación de que, igual que a maioría, teñen un cabreo difuso, pero fallan na concreción. O sistema maioritario xa rexe pras eleccións ó Senado e non se diferenza, nos resultados, do do Congreso; entón o que falla non é o sistema, aínda que axuda, o que fallan son os votantes.

     A conclusión é que os privilexios non se tocan, nade os ataca en serio. Cambiar pra seguir igual.

27/06/2011 10:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LETRICAR

20110628103901-can-po-1.jpg

 

      Cunha doses de demagoxia, os partidos  da dereita prometen baixa-los impostos. A promesa persegue dous obxectivos: por unha banda  baixan aqueles impostos directos, que gravan mais ós que mais teñen, e por outra, para compensa-la mingúa  de ingresos aumentan os impostos sobre o consumo, ou ben recorren o endebedamento. Isto último foi o que fixo o goberno grego de dereitas, co resultado sabido. Debíanos servir de advertencia o acontecido en  Grecia, pra que desconfiemos dos que prometen baixa-los impostos, xa que pra cadralas contas hai que recorrer ó préstamo, ou a un suba disimulada de outros impostos. Tamén é relevante unha disciplina orzamentaria, oposta o que fixo o PSOE, gastando o que non había, alegando política social, que en realidade era unha compra de votos. Todo é latricar.

 

28/06/2011 10:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AFOGADOS

20110629102415-imagescafeh254.jpg

 

 

     Posiblemente gasta-los cartos en propaganda; en definitiva comprar vontades informativas da mais rédito electoral que pagalas débedas. Pese o que dixo Feijoo no Parlamento, a Xunta é unha das autonomías que mais debe ós autónomos. Afogados como están pola banca, Feijoo adíalles, sen prazo fixo, o pago de  suministros e obras menores. Mentir no Parlamento non debe de ser difícil pra un mentireiro compulsivo. Agrava mais a consecuencia das mentiras, e preocupa, polo menos débenos preocupar moito, o desbaraxuste económico da Xunta. Adiase, sen data de abono, axudas e subvencións aprobadas, pero tamén se empeza a atrasar o abono dos salarios, e dicir, nade cobra no seu momento. As únicas  axudas que se abonan puntualmente son as destinadas a propaganda. O Goberno da Xunta vai de pintor; solo se ocupa do verniz, da propaganda

29/06/2011 10:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O XARDIN DO PPg

20110630111053-feijoo-mangueira.jpg

       A Política forestal do PP volve á imaxe cutre de Feijoo, pousando pra cámara, apagando un lume cunha mangueira de xardín e lucindo a indumentaria de oficinista pijo. O pasado fin de semana houbo mais de douscentos incendios; Galicia era un inmenso braseiro. Se ben ten que haber mais dun culpable pra tanta desgraza, hai que concluír que o  director da orquesta non se pode sustraer a súa responsabilidade. Despois da utilización demagóxica que fixo dos incendios, chegoulle o seu San Martiño; e agora é de esperar que estea altura das circunstancias, e que , polo menos dea unha información veraz do que pasa, e non oculte e terxiverse os feitos como está a acontecer.    

 

30/06/2011 11:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris